Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

MARCADORES DO DISCURSO OU CONECTORES:

Contribúen a establecer o que o autor denomina coherencia , poden ser conxuncións, frases
conxuntivas, interxeccións, etc...
Tipoloxía:
A/Estruturadores da información:
Comentadores: pois, pois ben, así as cousas, dito isto/iso
Ordenadores:
– de apertura:
en primeiro lugar, primeiramente, por unha banda, por unha banda, dunha parte, dun
lado...
– de continuidade:
en segundo/terceiro/cuarto... lugar, por outra (parte), por outro (lado), pola súa banda,
doutra (parte), doutro (lado), así mesmo, igualmente, de igual forma/modo/xeito, logo,
despois...
– de pechadura:
para rematar, en último lugar, en último termo, en fin, por fin, finalmente.
Digresores:
Por certo, á mantenta, a todo isto, dito sexa de paso, dito sexa, entre parénteses, outra cousa.

B/ Conectores:
Aditivos:
ata, inclusive, é máis, por riba..
Consecutivos :
pois, así pois, xa que logo, por conseguinte, conseguintemente, consecuentemente, polo tanto, de
aí, en consecuencia, de resultas, así, entón.
Contraargumentativos:
en cambio, pola contra, por contra, así a todo, no entanto, emporiso, agora ben, agora, iso si.
Reformuladores explicativos:
ou sexa, é dicir, isto é, a saber, noutras palabras, dito doutro xeito/modo/forma, noutros termos.
Rectificativos:
mellor dito, mellor aínda, máis ben
Distanciadores:
en calquera caso, en todo caso, de tódolos xeitos/xeitos/formas, de calquera modo/xeito/forma,
calquera sorte, de todas sortes
Recapitulativos :
en suma, en conclusión, en resumo, en síntese, en resolución, nunha palabra, en dúas palabras, en
poucas palabras, en resumidas contas, en definitiva e a final de contas, en fin, total, á fin e ao
cabo, logo de todo
Operadores argumentativos:
de reforzo: en realidade, no fondo, de feito
de concreción : por exemplo, en concreto, en particular, por caso.
Marcadores conversacionais:
de evidencia: si, non, abofé, dende logo, por suposto, naturalmente, sen dúbida, efectivamente
orientadores: polo visto, ao parecer, ao meu parecer, ao parecer duns e doutros, segundo parece,
polo que parece

Conectores incorrectos
A influencia brutal do Español está a causar que determinados conectores, nomeadamente de tipo
textual, escoen no Galego e para moitos falantes sexan habituais, aínda que non son correctos. Eis
os principais:

* A PROPÓSITO
É incorrecto cando se usa no canto de a mantenta, adrede, de propósito, propositadamente
• Rompeu o televisor a propósito/ de propósito / a mantenta

pggztgBT.se
Porén, non é incorrecta a construción a propósito de (=a respecto de):
• Non comentou nada na xuntanza a propósito dos planos da concurrencia.
Tamén é correcto usado como conector que muda para un tema diferente do que xa hai referencias:
• A propósito / falando diso / por falar diso, cando celebras o teu día de anos?

*ASÍ COMO
Debe ser substituído por ben como:
• Tivo que pagar unha multa, así como/ ben como lles pedir desculpas ás vítimas

*ASIMESMO
Debe ser substituído por ademais, alén diso:
• Asimesmo/ademais/ alén diso, os estudantes han realizar outra proba posterior.

* EN CANTO

BESSETTE
debe ser substituído por así que, axiña que, da que
• En canto/axiña que chegou, xa o recoñeceron
Cómpre sinalar que en galego existe canto á equivalente ao español en cuanto a:
• Non teño nada que comentar canto á / a respecto da súa proposta.
• Canto ao / a respecto do que fixeron, paréceme atroz.

*POR CERTO
É totalmente incorrecto. Véxase enriba a propósito.

*POR SUPOSTO
debe ser substituído por certamente, sen dúbida, loxicamente; claro.
• O tipo era, por suposto/certamente, o culpábel

You might also like