Exercicios Noticia

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

TEXTOS XORNALÍSTICOS. TIPOS E CARACTERÍSTICAS.

1. A NOTICIA

A noticia é aquela información relacionada cun acontecemento actual e que ten interese público. Debe estar
escrita e transmitida a través dalgún medio de comunicación, en papel ou vía dixital. As noticias poden ir
acompañadas doutros elementos que completen ou enriquezan a información: fotos, vídeos (dixitais),
infografías, enquisas, etc.

A noticia debe respectar a verosimilitude e a obxectividade (sen emitir a opinión nin realizar xuízos de valor)
Debe ser clara e ordenada de maneira lóxica.

Unha noticia ben redactada debe achegar información sobre aspectos que responden a seis preguntas claves
(6W): Que? Cando? Quen? Onde? Como? Por que?

A súa estrutura confórmana os seguintes elementos:

a) Titular: serve para atraer a atención do lector. Está resaltado a un tamaño de fonte maior e en negriña.
b) Entrada ou subtítulo: tamén resaltado, aporta algúns datos relevantes. Non sempre aparece.
c) Corpo: desenvolvemento da noticia. O habitual é que a noticia aporte os datos relevantes ao comezo da
mesma, é o que se chama en xornalismo Pirámide Invertida (acumula a meirande parte da información
ao principio)

2. A REPORTAXE

A reportaxe nace dunha noticia ou dun tema de actualidade. A partir de aí, empréndese unha investigación para
afondar no tema e dar a coñecer os resultados.

A elaboración dunha boa reportaxe debe ter en conta unha serie de tarefas previas: reunir datos, coñecer as
causas en profundidade, buscar antecedentes, analizar as consecuencias, coñecer a opinión dos protagonistas e
confrontar diferentes interpretacións dos feitos. O resultado deste traballo de investigación é un artigo dunha
extensión ampla. Na prensa escrita, a reportaxe presenta unhas características propias:

a) Comeza cunha introdución onde sitúa o tema.


b) No corpo, a información agrúpase en bloques encabezados por epígrafes.
c) O titular e os epígrafes están redactados con intención literaria.
d) Combínanse os elementos xornalísticos cos literarios.

3. A CRÓNICA

É un artigo periodístico no que o autor dá a súa visión sobre un acontecemento informativo. O cronista relata e
analiza canto ve desde un lugar único: o seu punto de vista.

Como do que se trata é de dar unha visión persoal dun acontecemento, as crónicas van sempre asinadas polo
autor.

A crónica presenta unhas características propias:

a) Amosar con estilo ameno anécdotas e curiosidades.


b) Describir o contexto e o ambiente.
 “Aínda sigo tremendo co susto, foi unha pasada”. Esas son as palabras pronunciadas polo patrón do “Canizas
Veiga”, un pesqueiro de Noia que hoxe, á primeira hora da mañá, rescatou a tres tripulantes doutro barco noiés,
o “Camarón”, na ría de Muros.
 MARÍAHERMIDA
Ribeira 12 de decembro de 2014
 Tras unhas manobras un tanto complicadas para poder collelos, xa que estaban nunha zona con moita rocha e o
“Canizas Veiga” tamén podía acabar tendo problemas, logrouse que subisen ao barco. Púxose rumbo a
Portosín, onde desembarcaron. Segundo o patrón do barco que os rescatou “estaban ben, un deles deu un golpe
nunha man pero nada máis, iso si tiñan moito frío e o medo non corpo, como me pasou a min tamén despois”.
Ao parecer, aínda que non había un temporal de xeito extraordinario, o vento si molestaba un pouco. De
momento, non se sabe se o barco será reflotado ou non da zona onde está, próxima á localidade muradá de Tal.
 As persoas que ían a bordo do “Camarón” foron auxiliadas por outro barco noiés e atopábanse ben pero con
moito frío
 Rescatan a tres tripulantes dun barco de Noia cando xa estaban no mar despois de que case afundira o seu
pesqueiro
 Ao parecer, o motor desta última embarcación parouse. O barco quedou sen goberno. E, aínda que os tres
tripulantes intentaron amarralo, non lles deu tempo. Acabou encaixado contra unhas pedras. E eles na auga. A
duras penas puideron avisar pola emisora para pedir axuda e pórse os chalecos salvavidas. Ao seu encontro foi
o “Canizas Veiga” que faenaba a uns dez minutos da zona. O patrón recoñece que non pensou que ía toparse
aos tres tripulantes no mar. Pero alí estaban, “agarrados a un cabo e na auga, intentando non ir contra ás
pedras”.

 O fundador da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, Feliciano Miguel Rosendo dá Silva, chegou este
venres pasadas as 13.10 horas á súa mansión de Oia para asistir aos rexistros que a Garda Civil realiza na
sede oficial do grupo. O home chegou nun coche camuflado e custodiado por dous axentes ata a zona, onde
se xerou unha gran expectación mediática. Ata onde transcendeu a outra muller detida, Marta Paz, un dos
seus bastóns, non acudiu ao rexistro.
 A vivenda ten unha casa principal cunha superficie de 746 metros xunto a outros anexos, e está á venda
desde que os máis achegados ao grupo se desprazaron a Madrid. Alí chegaron despois de que o Bispado de
Tui destituíse a Miguel Rosendo por conduta moral inapropiada. Esta decisión estaría motivada por un
informe dun detective privado e o testemuño de varias familias vinculadas no pasado co grupo, que terían
denunciado comportamentos sectarios, abusos sexuais e movementos económicos irregulares.
 A Garda Civil finalizou o rexistro da mansión da seita da Orde Migueliana en Oia, segundo recolle Europa
Press. No rexistro participou un can e os axentes incautáronse polo menos de dous computadores
 O seu fillo Cristian, membro do grupo, atópase segundo EFE no exterior dos xulgados de Tui, en compañía
da súa muller e as súas dúas fillas, de 8 e 9 anos. Os pais da parella, José Manuel Lima e Carmen Santana,
foron dous dos familiares que organizaron esta mesma semana unha rolda de prensa na que tacharon de
seita ao grupo, do que eles marcharon xunto a unha das súas fillas.
 A Garda Civil finaliza o rexistro da mansión da seita de Oia
 Axentes da Garda Civil despregáronse na zona para continuar coas dilixencias do caso, que está baixo
segredo de sumario. Unha vez que se pechen esas dilixencias, tanto o líder como a súa man dereita, Marta
Paz, arrestados onte en Madrid, pasarán a disposición do xulgado de instrución número 1 de Tui,
encargado do caso, aínda que se descarta que vaian facelo durante este venres.
 Miguel Rosendo, líder do grupo, estivo presente durante as investigacións
2.- Os seguintes titulares presentan unha serie de erros. Debes localizalos. Aquí tes algunas pistas.

Un avión español estrélase en Turquía por terceira vez no que


vai de ano
1. Sobra texto
Carlos Casares xa ten a súa propia biografía
2. Ambigüidade
3. Signos de puntuacións A autopsia confirma ao 100% a morte do accidentado!
4. Siglas
A nova ponte da Rúa Castelao de Sarria está listo para ser
5. Falta información
sometido a probas de carga
6. Mala redacción
7. Erros gramaticais A adega de A Rúa celebra os seus 50 anos cun espumoso

Jesús Vázquez ve a familia e os xogos, onde menos se emprega


o galego

3.- En función das características que atopes, decide qué tipo de texto xornalístico é o
seguinte

Unha cadea humana contra o abandono da comarca ferrolá


A CIG organizou o acto na ponte das Pías para reclamar a
reindustrialización da comarca

Unha cadea humana conectou esta mañá os extremos ferrolán e fenés da ponte das
Pías nun acto reivindicativo organizado pola CIG para reclamar actuacións
inmediatas na comarca e unha aposta pola reindustrialización e diversificación
industrial da zona. Asistiron ademais dirixentes do BNG, AGE, traballadores, e
veciños de ambos os municipios.

Os participantes comezaron a percorrer a ponte preto das doce do mediodía desde


cada lado, ata atoparse no centro. Unha vez completa a cadea ataron globos a dous
barcos silueteados con lemas en contra do veto e a favor do dique, que seguidamente
lanzaron á ría nunha botadura simbólica. Dirixentes do sindicato explicaron que
buscan simbolizar a unión de ambos os estaleiros, defender un complexo integral da
ría de Ferrol con autonomía e reivindican medidas urxentes para a comarca.

La Voz de Galicia (13 de decembro de 2014 )

You might also like