Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

Faladoiro de recursos de animación 

sociocultural en Galicia 
 
Xornada de reflexión, coñecemento e exposición de recursos variados no sector da 
animación sociocultural; e, máis concretamente, da posibilidade do autoemprego como 
saída laboral no IES Primeiro de Marzo 
 
 

 
 
 
   
ÍNDICE DE RECURSOS 
 
● Introdución  
● Consideracións do traballo por conta propia 
● Directorio de empresas da contorna viguesa para traballar por conta allea 
● Dinámicas e xogos para sesións lúdicas  
● Materiais recomendados para traballar 
● Reflexións sobre metodoloxía, actitudes e valores 
● Webgrafía, recursos en liña e gratuítos accesibles na rede 
● Bibliografía útil ou inspiradora 
 
 
INTRODUCIÓN 
 
Ola  chicxs,  como vos vai todo? Espero que estedes ben! Neste documento vos axunto a modo de 
resumo  os  temas  que  tratamos  en  persoa  na  xornada  daquel  luns  de  febreiro  (perdoade  a 
tardanza!);  de  modo  que  sempre  que  teñades unha dúbida ou similar do tratado, pois vos poida 
servir un chisquiño como guía. 
 
Insisto  co  que  vos  dixen  no  propio  día,  isto  é  a  miña  experiencia  persoal​,  a  cal  non  é 
extrapolable  a  ningunha  outra  persoa;  así  que  ​collédea  con  pinzas  moi  grandes​.  O  ton  do 
documento  non  é  teórico  nin  moito  menos  serio  e  imparcial,  vos  escribo  dende  o  cariño,  o 
humor,  a  coloquialidade  típica  dunha  conversa  de  cafetería  e  dende  o  respeto  máximo;  xa  que 
creo  que,  o  feito  de  ver  como outras persoas abordan diferentes circunstancias e problemáticas 
pode servirvos para inspirarvos, ou polo menos ter unha idea de como afrontalas vós. 
 
Básicamente,  plantexei  tanto  a  xornada  como  este  documento  como  un  compendio  dos 
recursos  previos  que  a  min  gustaríame  saber,  e  non  ter  que  aprender  a  base  de  ensaio  e  erro, 
antes de comezares a miña aventura laboral.  
 
Por  último,  ante  calquera  outra  cousiña,  tendes  o  meu  correo 
lana@animacionsociocultural.gal​ e o meu teléfono:​ 623 11 24 11. 
 
Unha  aperta  mooooi  grande  e  grazas  por  acollerme!  Paseino  pipa  e  sodes  un  grupiño  do  máis 
cálido e riquiño, grazas jo, ah e perdoade o nerviosismo do día, a veces son un desastre! :)  

 
   
CONSIDERACIÓNS DO TRABALLO POR CONTA 
PROPIA 
O  traballo  por  conta  propia  como  animador  sociocultural  é  unha  saída  moooi  ​válida  e 
funcional​;  se  ben  tedes  que  ter  moi  presente  que  as  funcións  son  distintas  ​ás  de  séreno  por 
conta allea.  
 
Consideracións previas​ por se finalmente vos animades a embarcarvos no autoemprego.  
 
1. Ser  autónomo  é  ​depender  totalmente  ​de  vós  mesmos.  Estades  sos  e,  a  menos  que 
contratedes  a  alguén,  todo  ten  que  saír  de  vós  si  ou  si,  ninguén  vos  da  nada  feito,  polo 
que...  Sodes  TASOCT,  community  manager,  relacións  públicas,  contable,  deseñador 
gráfico,  programador,  redactor  de  proxectos,  encargado  de  loxística…  E  cantas  funcións 
haxa para que cada proxecto sexa viable.  
 
2. O  tempo  ​convértese  no  maior  recurso,  polo  que  ​aprender  a  valoralo  e  establecer 
prioridades  e  urxencias  é  vital  para  que  o  proxecto  sobreviva.  A  veces  é  complicado 
separar  a  vida  persoal  do  traballo;  e  polo  menos  xa  vos digo; no meu caso, os primeiros 
10  meses  foron  un  constante  traballar  de  24  h  sen  pensar  noutra  cousa,  sen  poder 
desconectar,  de  ir  pola  rúa  de  paseo  cun  amigo  e  todo  -literalmente  todo-  lembrarme á 
empresa.  Tamén  cabe  a  ALTA  posibilidade  de  que  vós  non  sexades  uns obsesivos coma 
min, hahahaha. 
 
3. Responsabilidade​:  Insisto,  ser  autónomo  é depender de vós mesmos, daí a importancia 
de  organizarse,  ser  esixente  e  ​pór  horarios que cumplades. Cando traballades por conta 
allea,  o feito de faltar ao traballo vos pode supor despido, pero cando vós sodes os vosos 
propios  “xefes”,  é  máis  doado  que a pereza se apodere do voso ser e a mantiña da cama 
pareza máis “cálida” e “acolledora” do normal. Compromiso e constancia! 
 
4. Experiencia  previa​:  Non  vos  aconsello  seren  autónomos  dun  sector  para  o  que 
previamente  non  traballarades  por  conta  allea.  Coñezo  algunhas  persoas  que  así  o 
fixeron  e  non  pasa  nada,  pero  a  veces  deu  lugar  a  que,  ao  non  ter  a  experiencia  como 
traballador,  se  esquezan  de  pequenos  detalles  que  son  claves  para que unha actividade 
saia ben.  
 
Un exemplo tonto? Nunha actividade na que se faga un simple debuxo, teredes que levar 
lapices,  bolígrafos,  gomas,  manteis…  Ter  toda a loxística do material ó día. O simple feito 
de  esquecer  o  cubo  de  lixo,  ou  non  meter  un  triste  sacapuntas,  pode  fastidiar  por 
completo  un  obradoiro,  e  convertelo  nun  fracaso.  Cando  sodes  traballadores  por  conta 
allea  este  esquecemento  dos  detalles  vos  permiten  aprender  e  mellorar  nas  próximas 
intervencións, pero cando sodes autoempregados, un erro como este, tan “tontiño”, xoga 
un  papel  crucial,  non  é  perdoable  e  pode  facer  que  o  cliente  se  descontente,  como  é 
lóxico. 
 
5. Moito  olliño!  ​Cando  un  é  autónomo  moita  xente  pensa  erroneamente  que  es  rico  ou 
similar,  que  es  unha  persoa  que  lles  pode  ‘enchufar’  en  traballos  ou  axudar  en  temas 
económicos;  porque  claro,  es  ‘empresario’.  Tanto  por  conta  allea  como  propia  haberá 
xente  interesada  que  tentará  sacar  proveito  dun,  iso  xa  depende  da  moralidade  e 
necesidade  de  cadaquen,  pero  insisto  que  baixo  a  miña  experiencia,  ao  seren 
‘empresaria’ isto nótase moito máis.  
 
Tede  coidado,  hai xente fermosísima, xenuína, transparente e realmente sinxela e bonita 
ca  que  colaborar,  seren  amiga,  axudarvos  mutuamente,  etc.  De  vós,  e  da  experiencia, 
dependerá  detectala.  Ánimo  que  non  é  tarefa  doada!  Ou polo menos para min non o foi 
hahaha.  Por norma xeral, se unha proposta que vos fagan cheira mal, non teñades medo 
en rexeitar e dicir que non. :)  
 
6. Eu  soamente  vos  recomendo  ​serdes  autónomos  daquel  sector  que vos apaixone ata 
as  trancas​,  que  non  vos  canse  a  priori  e  ​vos  namore  ​ata  a  médula!  Vos  garanto  que 
aprenderedes  e  creceredes  con  cada  proxecto,  así  que  non  teñades  medo  a cambiar de 
opinión, a reinvertarse, a decidir e a fallar. Seren autónomo dun proxecto que vos palpita 
é  como  regar  un  cactus  para  que  creza;  pode  ser  moooi  difícil,  pero é ​tremendamente 
gratificante​.  
 
7. A  financiación  para  comezar  pode  ser  complicada,  podedes  tirar  de  créditos  (non  volo 
recomendo,  todo  o  que  sexa  endeudarse...),  que  un  amigo/familiar  vos  axude  ao 
principio e llo devolvades co tempo (non hai a frialdade dun banco), etc.  
 
Eu  sempre  digo  o  mesmo,  para  min,  a  mellor  forma  de  comezar  é  mercando  moi 
pouquiño  material​,  algo  básico,  de  calidade  e  sinxelo  que  vos  permita  planificar varios 
proxectos  de  diferente  tipoloxía,  e  que  tiredes  dos  vosos  ​aforros  ​e  vos  ​informedes 
moito, pois habitualmente hai ​axudas e subvencións a ​ o emprendemento.  
 
Exemplos  de  axudas:  O  concello  de  Vigo  da  cada  ano  3000€  aos  novos  autónomos,  a 
Cámara  de  Comercio  de  Vigo  tamén  financia,  e  existe  a  tarifa  plana,  polo  que  en  vez de 
pagar  300€  mensuais  de  seguridade  social,  pagades  60€.  Hai  servizos públicos gratuítos 
que  vos  axudan  a  crear  páxinas  webs  (SmartPeme)  ou  que  vos  asesoran  en  temas 
económico-financeiros (VigoEmprende).  
 
Tamén  está  ben  que  estedes  ao  día  das  webs  das  Administracións  Públicas.  O  BOPPO, 
DOG, Eido Local, o concello no que residades... 
 
8. Polos  puntos  anteriores  pode  parecer  un  proceso  ardúo, e o é! Hahaha, pero insisto; 
se  vós facedes as cousas ​co máximo cariño, respeto e transparencia do mundo, ó final os 
clientes  virán  a  vós  polo  boca  a  boca​,  e  iso  pouquiño  a  pouco  daravos  maior  liberdade 
económica e de horarios para descansar. 
 
En  fin,  ao  final  seren  autónomo  é  ir  navegando  cun barquiño que vós construístedes e remades 
con  paciencia  e  esforzo.  Ó  principio  estaredes  sós,  pero  polo  camiño  atoparedes  xente  riquiña 
que  vos  axude  a  remar,  e  as  sinerxias,  colaboracións  con  outros  autónomos  coma  vós  e 
amizades  que  xorden  neste  mundiño  marcarán  o  voso  corazón  (en  serio  que  non  quero  sonar 
cursi!).  Seren  autónomo  é  sacrificado,  pero  cando  descubrides  que  ​hai  moitos  máis 
autónomos​,  e  que  vos  podedes  apoiar  mutuamente  en  vez  de  vervos  como  ‘competencia’, 
todo  é  moito  máis  levadeiro,  e  é  fermoso  se  tes  un  proxecto  polo  que  ​queres  ​loitar, e ademais 
sabes​ ou intúes como facelo. 

 
   
DIRECTORIO DE EMPRESAS DA CONTORNA VIGUESA 
 
Ocio lúdico e eventos, animación de rúa... 

Nome da entidade  Páxina web  Zona  Observacións opcionais 

Barafunda Animación  http://www.barafundaanimacion.com  Galicia  Globoflexia a gran escala 


 

AnimarT  http://www.animar-t.es  Ponteareas  Traballo con inchables 

Migueroa Ocio educativo  https://www.facebook.com/Migueroa-O Redondela   


cio-310077323192216/ 

Troula Animación  https://www.troula-animacion.com/  Galicia  Espectáculos de rúa medievais 

Falcatruada  https://www.facebook.com/falcatruadae Pontevedra   


ventos/ 

Mundoocio  https://www.mundoocio.es/  Galicia  Licencias oficiais de 


personaxes infantís 

Globiocio  https://www.facebook.com/globiocio/  Ribeira   

Fitciones  https://www.facebook.com/Fitciones  Vigo  Eventos deportivos 

Glup  https://www.facebook.com/Glup-78913 Vigo   


8064479059/ 

Imaxina  https://www.facebook.com/imaxina.serv Vigo   


izoseducativos 

Creative Animación  https://www.facebook.com/pages/categ Redondela  Animación de rúa e disfraces 


ory/Local-Business/Creative-Animacion-
496586221168231/ 
 
Actividades extraescolares, campamentos infantís e xuvenís 

Norgof  https://norgof.es/  Vigo   

Marexada  http://marexada.es/  Pontevedra   

Educaocio Animación  https://www.facebook.com/EducaocioA Pontevedra   


Sociocultural  nimacionSociocultural/ 

Matrácala  https://www.matracala.es/gl/  Vigo   

Kidkode  http://kidcode.es/  Vigo  Dedicadas á informática e 


tecnoloxías 

Logonautas  http://www.logonautas.es/  Vigo  Dedicadas á informática e 


tecnoloxía 

WeDu  http://wedu.pro/  Vigo   

Punto & Aparte  https://www.facebook.com/puntoyapart Vigo  Educación emocional. Centro 


ecentro/  de psicoloxía 

Cocofante  https://www.cocofante.es/  Vigo   


 
Ludotecas, espazos educativos e centros de ocio para nenxs, adolescentes e mocidade 

Espacio Foresta  http://espacioforesta.com/  Vincios -   


Gondomar 

Espacio Yai Yoga  https://www.facebook.com/espacioyaiy Vigo   


oga/ 

Centro Xuvenil Abertal  https://abertal.org/  Vigo  Actividades solidarias.  

Bosque de Beni  https://www.facebook.com/OBosqueDe Cangas  Espazo educativo na natureza 


Beni/photos/?ref=page_internal 

Ludoteca Parruliños  https://www.facebook.com/ludoteca.par Redondela   


rulinos.98 

Ludoteca Purrusquiños  https://purrusquinos.es/  Vigo  Ludoteca inspirada en Reggio 


Emilia 

Galopín Ocio Alternativo  https://www.facebook.com/galopinocio Porriño  Ludoteca inclusiva 


alternativo/ 

Escondite T  https://www.facebook.com/elescondite Vigo  Centro de ocio xuvenil  


devigo/ 

Cera de colores  https://ceradecolores.com/  Vigo   

La Mona Chita  www.facebook.com/lamonachita.es/  Vigo   

Espacio Piel con Piel  https://www.espaciopielconpiel.es/  Vigo   

La flauta Mágica  http://www.laflautamagica.es/  Vigo  Natación e terapia 

Mil Ramas  https://www.facebook.com/milramas/  Mañufe -   


Gondomar 

Arkhé Espacio Educativo  https://espacioarkhe.com/  Vigo  Natación, pilates, música... 

Ludiland  http://ludiland.eu/  Vigo   

Senses  www.facebook.com/edusenses/  Vigo   

Semente  https://www.facebook.com/sementedev Vigo  ANPA e escola de ed. infantil 


igo/ 
 
Asociacións e colectivos 

Educaflash  http://educaflash.com/  Vigo   

Lana Animación  https://animacionsociocultural.gal/  Vigo   


Sociocultural 

Ategal  https://www.ategal.com/  Vigo  Centro de día e aulas senior 

Lenda  https://lendasaudemental.com/  Redondela  Asociación enfocada á 


enfermidade mental 

Ecolectivo  http://ecolectivovigo.org/  Centro de  Espazo de encontro para 


Vigo  tódalas idades na natureza 

Paxaretas  https://www.facebook.com/Asemblea-F Redondela  Feminismo 


eminista-Paxaretas-290728918121962/ 

Andaina  https://www.facebook.com/AsociacionA Redondela  Asociación enfocada á 


ndainaRedondela  diversidade funcional 

APAMP   http://www.apamp.org/  Vigo  Asociación enfocada á persoas 


con parálise cerebral 

Avelaína Saúde Mental  avelaiña.es  Baiona  Asociación enfocada á 


enfermidade mental 

Érguete  www.facebook.com/asociacionerguete  Vigo  Asociacións enfocada á 


persoas con problemas de 
adicións 

Cogami  http://www.cogami.gal/  Vigo  Fundación de servizos para 


persoas con diversidade 
funcional 

Asociación San Francisco  www.asociacionsanfrancisco.org  Vigo  Asociación enfocada á 


diversidade funcional 

Xaruma  http://xaruma.org/  Vigo  ETL, asociación enfocada á 


diversidade funcional e 
enfermidade mental 

Centro Juan María  http://www.centrojuanmaria.org/  Nigrán  ANPA de discapacidade 


intelectual 

Arela  www.centrodediaredondela.com  Redondela  Centro de día maiores 

Nós mesmas  http://asonosmesmas.blogspot.com/  Vigo  Feminismo  

Amencer  http://amencer-aspace.org/  Vigo  Asociación enfocada á persoas 


con parálise cerebral 

ASPAVI  https://www.asociacionaspavi.org/  Vigo  Asociación enfocada á 


diversidade funcional 

   
DINÁMICAS E XOGOS PARA SESIÓNS LÚDICAS 
 
Se non entendedes algún en concreto, preguntádeme sen compromiso. :)  
 
● Xogos de presentación: 
 
Pelota  quente  (+2  anos): Sentados en círculo, x monitorx pásalle a pelota a un participante. Este 
terá  que  dicir  o  seu  nome,  idade,  de  onde  ven  e  algún  dato  curioso  que  queira  compartir 
libremente.  Cando  termine  de  presentarse,  os  demais participantes aplaudimos enérxicamente. 
Logo a persoa lanzará a pelota a unhx compañeirx, quen continuará co proceso. 
 
 
A  telaraña  (+2  anos):  En  círculo  sentadxs,  vanse  lanzando  un  ouvillo  de  la, ca única norma que, 
inda  que  o  pasen  a  unhx  compañeirx,  non  poden  soltar  o  fío.  A  idea  é  presentarse  cando  lles 
pasan  o  ouvillo  e  dicir  algo  curioso  propio,  mentres  vaise  formando  unha  telaraña  xigante  que 
logo  haberá  que  recoller  por  orde  inversa,  repasando  as  calidades de cada un dos participantes 
entre todxs. 
 
 
Dicir  os  nosos  nomes  cantando  diferentes  estilos  musicais  (+3  anos):  Xogo  de  ritmo. 
Cantamos  os  nosos  nomes  creando  frases  ca  sonoridade  que cadaquén lle atribúe á ópera, rap, 
rock, música clásica, reggaeton, flamenco… 
 
 
Sombras  (+4  anos):  Divídese  o  grupo  en  dous  tipos  de  participantes.  Unhxs  xogadorxs  son  as 
sombras  e  xs  outrxs  xs  imitadxs.  Os  participantes  bailan  ao  son  da  música  libremente  e  cando 
esta  se  pausa  xs  imitados  teñen  que  facer  unha  pose,  e  as  sombras  buscar  un  imitadx  e 
representar  a  súa  pose  da  maneira  máis  fiel  posible.  Hai  que  indagar  quen  imita a quen e facer 
parellas  ou  minigrupos.  Cas  parellas ou minigrupos feitos, estes teñen que falar e descubrir algo 
novo  das  persoas  que  lles tocou. Despois presentámonos en común en asemblea, dicindo o que 
descobrimos de novo de cada persoa. Logo cámbianse as sombras e os imitados outra vez. 
 
 
O  exame  (+5  anos):  Fanse  preguntas  aleatorias  sobre  cada  participante  e,  mentres  o  aludidx 
permanece caladx, os demais teñen que indagar a quen se refire cada pregunta.  
 
 
Presentación  acumulativa  (+6  anos):  Cada  unhx  di o seu nome e o dun animal que lle guste co 
seu  son.  O  seguinte  ten que dicir o nome da persoa anterior máis o animal que lle gusta e o son. 
Vanse acumulando os nomes, os animais e os sons ata que todos os participantes se presenten. 
 
 
Nomes  con  letras  raras  (+6  anos):  Dicimos  os  nosos  nomes  e  apelidos soamente empregando 
unha  vogal  ou  soamente  as  consonantes.  Os  demais  debemos  indagar  cal  é  o  seu  nome  real. 
Ideal para risoterapia. 
 
 
Dobre  roda  (+7  anos):  Dous  círculos  concéntricos  co  mesmo  número  de  xogadorxs.  Cada 
participante  memoriza  á  persoa  que  ten  no  círculo  contrario  en  fronte:  a  súa  parella.  Logo 
revíranse  os  círculos  e  ambas  rodas  comezan  a  xirar  ao  ritmo  da  música.  Cando  a música para, 
rapidamente  tódolos  xogadores  deben atopar a súa parella. A última parella en atoparse, sae do 
círculo. 
 
 
Dúas  verdades  e  unha  mentira  (+7  anos):  Cada  participante  lle di aos demais dúas verdades e 
unha mentira sobre a súa vida, e xs demais teñen que descubrir cal é a frase falsa. 
 
 
Busca  do  tesouro  ​(+8  anos):  Repártense  bolígrafos  e  follas  con  ítems  redactados,  cada 
participante  debe  cubrila a man escribindo o nome dos participantes do grupo que cumpran cos 
requisitos  dese  ítem  (exemplos  de  ítems:  busca  unha  persoa  que  teña  un  irmán  menor,  atopa 
unha  compañeiro  ao  que  lle  gusten as matemáticas, indaga quen visitou ó estranxeiro e anota o 
lugar que visitou, etc). 
 
 
 
● Dinámicas sociais: 
 
Torre  cooperativa  (+1  ano):  Entre  todos  teñen  que  construír  a  torre  máis  alta  posible  cos 
elementos que haxa na zona (cadeiras, mesas, zapatos, paracaídas…). 
 
 
Xogo  de imitacións (+2 anos): Fanse dous equipos, x monitorx susúrralle a un participante unha 
afición,  profesión,  animal,  emoción,  obxecto,  etc,  e  ese  participante  ten  que  representar  a 
situación  empregando  soamente  os  xestos  corporais  en  silencio:  a  mímica.  Xs  demais 
compañeirxs teñen que indagar que é o que está a imitar.  
•  Primeiro  nivel  animais  (con  sons  e  logo  sen  sons):  Serpe,  can,  gato,  paxaro,  tigre,  xirafa, 
elefante, peixe, porco, cabra, vaca, galo, león e balea. 30 secs ou rebote ao equipo contrario. 
•  Segundo  nivel  profesións:  Cociñeirx,  electricista,  informáticx,  bibliotecarix,  vendedorx, 
astronauta, carpinteirx, profesorx, políticx., 1'30 min ou rebote ao equipo contrario. 
•  Terceiro  nivel  emocións  sinxelas:  Terror,  rabia,  tristura,  contento,  sorprendidx,  noxo,  vergoña, 
pereza, 1'30 min ou rebote ao equipo contrario. 
•  Cuarto  nivel  obxectos:  Mesiña  de  noite,  axenda,  portaminas,  chuleta  de  porco,  boina,  cristal, 
saba, altofalante. 2 min ou rebote ao equipo contrario. 
•  Quinto  nivel  emocións  complexas  (+12  anos):  Fatigadx,  remordemento,  celosx,  desilusión, 
agoniadx,  bondadosx,  estrañeza,  morriña,  agradecemento,  baleiro,  tranquilidade, simpatía. 2'50 
min ou rebote ao equipo contrario.   
•  Sexto  nivel  abstractos  (+14  anos):  YouTube,  Vegetta777,  Asia,  imaxinación,  educación,  verán, 
autoestima... 3 min ou rebote ao equipo contrario. 
 
 
Conto  motor  emocional  (+2  anos):  A  idea  é  ir  montando  unha  historia  na  que  aparezan  as 
emocións  básicas  (ira,  tristeza,  ledicia,  noxo,  medo  e  sorpresa).  Ca  axuda  da  imaxinación,  entre 
todxs creamos unha historia común e a vivenciamos cos elementos do propio espazo.  
 
 
Pandeireta  ​(+2  anos):  Sentadxs  en  círculo  os  participantes  pásanse  unha  pandeireta  mentres 
unhx  voluntarix permanece sentadx no medio cos ollos vendados. Esta persoa do medio ten que 
sinalar onde cre que está pandeireta e xs demais teñen que pasala silenciosamente entre elxs. 
 
 
Esconder  obxecto  (+2  anos):  Todxs  pechan  os  ollos  e  un  participante  esconde  un  obxecto  no 
espazo  dispoñible  (un  cono  por  exemplo).  O  resto  teñen  que  indagar  logo  onde  este  está 
escondido. Pódese facer por equipos.  
 
 
Saba  redutora  (+4  anos):  Todxs  xuntxs  enriba  dunha  saba,  vaise  reducindo  o  espazo  para  ver 
canto  son  capaces  de  aguantar.  Logo  se  repite  intentando  superar  a  redución  de  espazo 
anterior.  
 
 
Directorx  de  orquestra  ​(+5  anos):  Póñense  en  círculo,  un  participante  sae  da  aula  e  o  resto 
escollen  x  directorx.  X  directorx  comeza  facendo  un  xesto  e  xs demais teñen que imitalx. Cando 
entra  a  persoa  de  fora,  esta  se  coloca  no  medio  do  círculo  e  procura  indagar  quen  é  a  persoa 
que  está  continuamente  cambiando  de  movementos,  mentres  xs  demais  procuran  despistalo 
imitando á vez x directxr de orquestra. 
 
 
Mazá  (+6  anos):  Todxs  de  pé  en  círculo  moi  xuntiñxs  agás  unhx  voluntarix  no  medio do círculo. 
Xs  do  exterior  pásanse  unha  mazá  polas  mans  disimuladamente  e,  de  vez en cando, cando elxs 
queiran,  a  morden.  X do medio ten que descubrir polo ruído da mordedura ou mirando as mans 
dxs compañeirxs onde está a mazá. 
 
 
Pasar  aros  ​(+6  anos):  Faise  un  círculo  no  que  todxs  se  agarran  das  mans.  Como  poidan, deben 
pasarse  un  aro  polas  extremidades  sen  soltar  de  ningunha  maneira  as  mans,  nin  romper  o 
círculo. 
 
 
Saba  reviravolta  (+6  anos)  Cunha  saba,  os  participantes  colócanse  enriba  da  mesma  e, 
negociando  e  argallando  entre  elxs,  deberán  conseguir  voltar  a  saba  (ou  un  paracaídas 
pequeno), ca única premisa de que o terán que lograr sen que ninguén pise outra cousa que non 
sexa a propia manta. 
 
 
O  ladrón  (+6  anos):  En  círculo  sentadxs,  unha  persoa  séntase no medio cos ollos vendados e lle 
colocamos  uns  cantos  bolis  diante  súa,  sen  que  os  poida  tocar.  Despois,  x  monitxr  lle  toca  na 
cabeza  a  unhx  dxs  que  están  sentadxs  no  círculo,  como  sinal  de  que  é  o  seu  turno.  Así,  o 
indicadx  levántase  paseniñamente,  tendo  que  rodear  en  silencio  á  persoa  do  medio  e,  tras 
completar  dita  volta,  collerlle  un  dos  bolígrafos  que  x  do  centro  custodia.  Se  durante  todo  este 
traxecto  a  persoa  vendada  escoita  o  ruído  dos  pasos  da  persoa  que  se  levantou,  pode  sinalar 
intentando  atinar  a  súa  posición.  Se  acerta  e  o  descobre,  a  persoa  que  se  levantou  ten  que 
volver  a  sentarse,  pero  se  non  atina,  pode  continuar  tentando  roubarlle  o  bolígrafo.  O  xogo 
acaba cando todos os bolígrafos son ‘roubados’ polos compañeirxs do círculo. 
 
 
Post  it’s  (+6  anos):  Cada  participante  ten  un  post  it  pegado nas costas cun personaxe ficticio ou 
real,  o  cal non poden ler. Así, os participantes teñen que adiviñar que personaxes teñen pegados 
nas  costas  facéndolles  preguntas aos demais compañeirxs (que si poden ler os post it’s alleos). A 
única premisa é que as preguntas se respondan soamente con “si” ou “non”. 
 
 
Xogo  da  autoestima  (+7  anos): En círculo, un participante sae ao medio e se lle vendan os ollos. 
Entre  xs  demais  de  forma  libre  lle  dicimos  cousas  -a  poder  ser  non  do  físico,  senón  da 
personalidade-  que  nos  gusten  desa  persoa  que  se  atopa  no  centro.  Ideal  para  finalizar  unha 
actividade  de  ocio  perdurable  no  tempo,  como  un  campamento  ou  un  programa nun centro de 
día. 
 
 
Os  chinos  (+8  anos):  Cada  persoa  ten  tres  pedras  ou  garavanzos.  Cada  xogadorx  pecha  a  súa 
man  con  ningunha,  unha,  dúas  ou  tres  garavanzos,  e  logo  á  de  tres,  débese  dicir  canto  é  o 
cómputo  global  de  garavanzos  entre todos os xogadores. Quen máis se acerque, -ou máis difícil, 
quen acerte-, gaña. 
 
 
Cartiñas  viaxeiras  (+12  anos):  Cada  participante  redacta  unha  carta  para  o  seu  “eu  futuro”. Na 
mesma  pode  darse  consellos,  autodedicarse  un  debuxo,  preguntarse  que  tal  lle  vai  no  futuro, 
comentarse  a  onde  lle  gustaría  chegar  nese  momento  do  pasado…  É  algo  totalmente  libre  e 
persoal;  deste  xeito, os participantes poden tomalo como algo moi íntimo ou simplemente como 
unha  broma  graciosa  a  autogastarse  no  futuro.  Tras  un  ano, as cartas se envían a dirección que 
puxeron  os  participantes,  asegurándose  a  equipa  de  monitorxs  que  realmente  sexa  un  lugar 
estable no tempo. 
 

 
   
● Xogos con paracaídas: 
 
Paracaídas  globos  (+2  anos):  Os  participantes  teñen  que  aguantar  os  globos  dentro  do 
paracaídas. Primeiro colócase un e pouco a pouco vanse sumando máis. 
 
 
Paracaídas  tutifruti  ​(+2  anos):  Cando  x  monitorx  unha  premisa  (“xs que fixeron caca hoxe”, “xs 
que  lles  gusta  cociñar”,  “xs  que  teñen  irmáns”,  etc),  entre  todxs  levántase  ao  máximo  o 
paracaídas  e  xs  participantes  que  cumplan  con  dita  premisa  teñen  que  soltar  o  paracaídas  e 
cambiar de sitio pasando por abaixo. 
 
 
Paracaídas  cores  (+2  anos):  Dise  o  nome  dunha  cor  e  as  persoas  que  estén  sostendo  dita  cor 
teñen que soltala e meterse dentro do paracaídas correndo durante 5sg.  
 
 
Paracaídas  segredos  (+3 anos): Estírase o paracaídas para arriba e para abaixo. Á de "XA", todxs 
o  empurran  cara  arriba  e  se  meten  dentro,  facendo  unha  casiña.  Unha  vez  dentro  podemos 
contar historias ou segredos divertidos. 
 
 
Paracaídas  fútbol  ​(+4  anos):  Fanse  dous  equipos que dividimos ca metade do paracaídas. Cada 
equipo  deberá  intentar  que  a  pelota  saia  do  paracaídas  pola  zona  do  equipo  contrario, 
simulando isto un gol. 
 
 
Paracaídas  sentados  ​(+4  anos):  Póñense  enriba  do  paracaídas,  cada  persoa  nunha  cor  do 
mesmo.  X  monitorx  di  unha  cor  e  os  participantes  que  estén  enriba  de  dita  cor  tense  que 
agachar  e  levantar  rapidamente  (unha  sentadilla).  O  monitor  pode  aumentar  a  dificultade 
subindo a velocidade das ordes. 
 
 
Paracaídas  gato – rato (+6 anos): Todxs sosteñen o paracaídas, menos dous participantes: unhx 
que  corre  por  enriba  do  paracaídas  (o  gato)  e  outrx  que  corre  por  debaixo (rato). Cántase unha 
canción  e  o  gato  ten  que  atrapar  ao  rato -tocándoo por enriba do paracaídas) antes de que esta 
termine.  Os  participantes  que  agarran o paracaídas teñen que intentar dificultarlle ao gato a súa 
labor axitando o paracaídas, o que dificulta ubicar ao rato de sitio. 
 
 
Paracaídas  tiburón  ​(+6  anos).  Todxs  están  sentados  agarrando  o  paracaídas  e  cas  pernas 
agochadas  baixo  o  mesmo,  como  se  fosen  bañistas  refrescando  as  pernas  no  mar  (o 
paracaídas).  Unhx  voluntarix  métese  debaixo  do  paracaídas  simulando  ser  unha  quenlla,  que 
deberá  coller  as  pernas  dxs  compañeirxs  e  arrastralas  dentro  do  paracaídas. Se un participante 
é  atrapado  pola  quenlla  e  é  metido  dentro  do  paracaídas,  convértese  tamén  en  quenlla.  Para 
salvarse,  un  dos  participantes  pode  ser  x  socorrista, quen, unha vez que detecta a un bañista en 
perigo  pola  quenlla,  pode correr onda el e agarralo para evitar que sexa arrastrado pola quenlla. 
O xogo remata cando tódolos participantes -menos x socorrista- son quenllas. 
 
 
 
● Dinámicas motrices: 
 
Carreiras  de  animais  (+2  anos):  Márcase  unha  liña  de  saída  e  outra  de  chegada.  Os 
participantes  teñen  que  camiñar/correr  coma  se  fosen:  un  can,  unha  serpe,  un  elefante,  unha 
formiga, unha xirafa, un gato, un peixe, un pingüín, un gato, un paxaro, un pingüín… 
 
 
A  galiña  (+2  anos):  Un  participante  é  a  galiña,  que  “dorme”  tranquila  acurrucada  no  chan.  Os 
demais  participantes  son  os  seus  pitiños,  que  trastemente  permanecen  despertos  bailando  ao 
redor  da  galiña.  Cando  a  galiña  desperta,  os  pitiños  escapan  e  a  galiña tenta atrapalos. O pitiño 
atrapado é a seguinte galiña. 
 
 
Tirar  pelotas  ao  outro  bando  (+2  anos):  Ponse  unha  liña  con  cinta  no  medio  e  fanse  dous 
equipos.  Ambos  téñense  que  tirar  pelotas  de  papel  de periódico ao outro bando durante 1 min. 
O final cóntase que equipo ten máis pelotas e cal menos. 
 
 
Tocar  cores  (+2  anos):  Bailase  unha  música  libremente  polo  espazo e, cando x monitorx a para, 
dise  unha  cor  que  haxa  no  lugar  e todxs xogadorxs teñen que ir correndo a tocar un obxecto de 
dita cor. 
 
 
Atopar  cores  (+2  anos):  Os  participantes  séntanse  en  círculo,  x  monitorx comeza a narrar unha 
historia  improvisada.  Cando  na  narración,  x  monitorx  di  unha  cor  (por  exemplo:  Había  unha 
rapaza  que  vivía  nunha  vila  costeira  onde o mar era moi azul…), cada participante, correndo, ten 
que levantarse e coller algo de dita cor.  
 
 
La  e  a  saltar  (+2  anos):  Dous  monitorxs  agarran  por  un  extremo  unha  corda  e os participantes 
teñen  que  pasar  por  arriba  sen  tocalos  fíos.  Variante:  Limbo,  en  vez  de  por arriba da corda, por 
abaixo. 
 
 
Percorrido  de  cadeiras  cos  ollos  pechados  ​(+2  anos):  Véndaselle  os  ollos  a  un  participante  e 
este ten que sortear unhas cadeiras coa axuda verbal ou corporal dxs compañeirxs. 
 
 
A  pescadilla  que  se  morde  a  cola  (+3  anos):  Faise  unha  fila  cos  participantes.  Á  sinal  dx 
monitorx,  x  última  da  fila  ten  que  tentar  tocar  ao  primeiro  e  o  primeiro  escapar  deste  último. 
Logo cámbianse os roles. 
 
 
Pasar  pelota  (+3  anos):  Dúas  filas  de  parellas,  un  enfronte  do  outro.  Cada  parella  tira  unha 
pelota  ao  seu  compañeiro,  e  cada  vez  que  a  parella  recibe a pelota correctamente (sen que caia 
ao chan), ambos participantes se alonxan un pasiño atrás. Se a pelota cae durante o lanzamento, 
achéganse un pasiño. 
 
 
Atención  palmada  (+4  anos):  X  monitrx  da  unha  palmada,  e  dependendo  do  número  de 
palmadas  hai  que  efectuar  unha  premisa  ou outra. Exemplo: 1. Rir esaxeradamente. 2. Reunirse 
cun compañeirx e falar. 3. Bailar. 4. Salto. 5. Cantar e correr. 
 
 
Lobos  vs  ovellas  ​(+4  anos):  Un é o lobo e o outro as ovellas. As ovellas lle preguntan balando ao 
lobo  "lobo,  lobo,  que  hora  é?",  e  o  lobo  responde  con  diferentes  premisas  ("é  a  hora  de  cantar 
ópera",  "é  a  hora  de  meter  os  dedos  nos  ollos  dos  demais",  etc),  e xs demais teñen que facelas. 
Sen  embargo,  cando  o  lobo  responda  "é  a  hora  de  comer"  (pódese  facer  xogo  con  merendar, 
cear, almorzar, etc), o resto teñen que escapar e o lobo ten que pillar ás ovellas. 
 
 
Escondite  inverso  (+4  anos):  Unhx  xogadorx  escóndese  e  xs  demais  o  buscan.  Cando  alguén 
atopa ao primeirx escondidx séntase con el a agocharse. O último que o atope perde. 
 
 
Zapatilla  por  detrás  tris  tras  (+5  anos):  En  círculo  sentadxs,  todxs  pechan  os  ollos.  Ao  ritmo 
dunha  canción,  unha  persoa  externa  ao  círculo  corre  arredor  do  mesmo.  Cando  a  canción 
remata,  esta  persoa  deposita  un  zapato  detrás  dun  dxs  xogadorxs  sentadxs.  Abren  todxs  os 
ollos  e  a  persoa  que  teña  o  zapato  tras  de  si  ten  que  atrapar  á  persoa  allea  ao  círculo,  e  esta 
sentarse ocupando o seu lugar. 
 
 
Balón  chino  (+5  anos):  Todxs  están  en  círculo  cas  pernas  abertas  e  pegando  os  zapatos  ao  do 
lado. Xogamos así tentando marcar gol pasando a pelota polas pernas dxs demais xogadorxs. 
 
 
Pilla  comecocos  (+6  anos):  Con  xiz,  márcanse  varias  liñas  no  chan  formando  un  circuíto 
pechado.  Xs  xogadorxs  terán  que  escapar  do  que panda movéndose exclusivamente polas liñas 
feitas. 
 
 
Lobo  ovellas  ​muralla  ​(+6 anos): Todxs fan un círculo de pé e se agarran das mans excepto dous 
xogadores.  Unhx  xogadorx  queda  fora  e  é  o  lobo.  Outrx  é  a  ovella.  O  lobo  ten  que  atrapar  á 
ovella,  pero  para  logralo,  debe  atravesar  a valla que forman cas mans o resto de xogadorxs, que 
llelo  trataran  de  impedir.  Unha  vez  o  lobo  meta  por  debaixo  dos  brazos  dxs  compañeirxs  a 
cabeza,  permíteselle  pasar  dentro  do  círculo,  co  inconvinte  de  que a ovella pode escapar e xoga 
ca  vantaxe de que a valla a deixan saír e entrar libremente. O xogo remata cando o lobo atrapa á 
ovella. 
 
 
Rabos  ​(+6  anos):  Cada  participante  ten  unha  cola  colocada  no  pantalón,  ao  sinal,  os 
participantes deberán capturar as colas dos demais á par que protexen a súa propia. 
 
 
Relevos  ​(+6  anos):  Con  obstáculos,  sentados,  con  pinzas,  vendas,  saltando  á  pata  coxa,  con 
globos, collendo obxecto á volta, con ovos e culler, etc. 
 
 
Fútbol  sen  balón  ​(+7  anos):  O  campo  divídese  visiblemente  en  dous  equipos.  Xs  xogadorxs 
deben  de  meterse  na  portería  do  equipo  contrario,  sendo  elxs  as  pelotas  en  si,  pero  se  son 
tocados  polo equipo contrario dentro do seu campo, teñen que quedar estáticos e esperar a que 
alguén, do seu equipo, os salve para poder volver a moverse. 
 

 
MATERIAIS RECOMENDADOS PARA TRABALLAR 
 
● Materiais básicos​ que enriquecen calquera animación infantil sinxela:  
○ x2 Balóns. 
○ x15 Conos ou setas. 
○ x2 Vendas para ollos.  
 
● Materiais extra​ para calquera animación infantil sinxela: 
○ Paracaídas. 
○ Maquillaxe. 
○ Globoflexia. 
○ x10 Aros. 
○ Altofalante con música. 
○ Zona de debuxo libre con pinturas. 
○ Zona de construcción con bloques e animais de xoguete. 
○ Zona de lectura de contos. 
○ Outras zonas de xogo non estruturado. 
 
● Marcas  de  maquillaxe  de  fantasía  para  caracterizacións  (hipoalerxénicas  e  de 
calidade): Grimas, Snazaroo, Kryolan, Jeffree Star, Laukrom, Pankro, Bioglitter... 
 
● Globoflexia biodegradable​: Sempertex, Qualatex, Liragram, Balloonia… 
 
● Propostas  curiosas  e  interesantes:  Kamishibai,  xogo  libre  con  caixas  de  cartón, 
instrumentos  musicais,  botellas  de  plástico,  teas  ou  coxíns…  Trátase  de  aproveitar 
elementos  cotiás  que normalmente non valoramos tirándoos ao lixo; e aproveitalos para 
facer unha proposta de xogo con elementos gratuítos do máis versátiles! 
 
● Contos chuliños:  
○ Busca  que  busca  -  Ángels  Navarro  (moi  visual  e  chamativo  con  cores  e 
desplegables) 
○ Fálame - Marco Berrettoni (ideal para crianzas con TEA) 
○ O libro dos porcos (coeducación, inda que un pouco agresivo) 
○ Non é unha caixa - Antoniette Portis (sobre imaxinación) 
○ Pétala 
○ Non fai falta a voz (Sobre comunicación e afectos non verbais) 
○ Que llega el lobo - Edelvives (un conto precioso sobre estereotipos de animais) 
○ Trabalinguas  para  xogar  -  Xulio  Cobas  (non  é  un  conto,  é  un  recopilatorio  moi 
chulo de trabalinguas!) 
○ A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza 
○ A escaleira (moi rítmico). 
○ El  niño  que  tenía  miedo  a  los  robots  |  El  robot  que  tenía  miedo  a  los  niños  (é  o 
mesmo conto) 
○ Cuentos  infantiles  políticamente  correctos  (ollo,  é  un  conto  para  adultos,  pero  é 
moi divertido, eu o emprego nas sesións de risoterapia). 
○ A vaca que puxo un ovo. 
 
 
 
 
 
   
 

Provedorxs de materiais lúdicos e educativos 

Miudinho.  Xogos  populares  e  tradicionais  de  madeira.  www.miudinho.gal 


Galicia. 

Lúcete.  Paracaídas,  camisetas  monitorxs  e  xogos  varios.  http://www.lucete.gal 


Galicia. 

Galicia FX  Venta de globoflexia, polvos holi e maquillaxe.  https://galiciafx.es/ 

As de trebol.  Material e xogos. Galicia.  www.asdetrebol.com 

Brazolinda.  Material e xogos. Galicia.  www.brazolinda.com 

Juegos Malabares.  Material e xogos.  https://www.juegosmalabares.com 

Multididácticos.  Material e xogos. Vigo.  www.multididacticos.com 

Gaia.  Material e xogos pedagóxicos.  https://www.gaiaecocrianza.com 

Baby Caprichos.  Material e xogos pedagóxicos.  https://babycaprichos.com/ 

Celesthadas.  Material e xogos pedagóxicos. Redondela.  https://www.facebook.com/celesthad


as/ 

Fun4us.  Material e xogos pedagóxicos. Vigo.  http://www.fun4us.es 

Alupé.  Material e xogos pedagóxicos.  www.alupe.es 

Patapum.  Material e xogos pedagóxicos ecolóxicos. Vigo.  https://patapum.es 

Tangram.  Material e xogos pedagóxicos ecolóxicos. Vigo.  www.tangram.es 

Kamchatkatoy.  Material e xogos pedagóxicos ecolóxicos.  www.kamchatkatoys.com 

El color de los besos.  Material e xogos pedagóxicos.  www.elcolordelosbesos.com 

Jugarijugar.  Material e xogos pedagóxicos.  www.jugarijugar.com 

Arte y Cerámica  Manualidades, Belas Artes. Vigo.  https://www.arteyceramica.es/ 

Elksport  Gran  tenda  con  material  de  ocio  e  deportivo.  www.elksport.com 


España. 

Infanity  Gran  tenda  con  material  de  ocio  e  educación.  www.infanity.es 


España. 

Federación Papelera.  Papelería. España.  www.federacionpapelera.com 

360 Imprimir.  Papelería. España.  www.360imprimir.es 

GiFi  Gran  multinacional  de  xoguetes  e  variedades.  http://www.gifi.es/ 


Vigo. 

Cash Record Vigo  Gran multinacional ao por maior. Vigo.  http://compraonline.cashrecord.com 

Etsy Artesanías  Multinacional de artesanías. España.  https://www.etsy.com/ 

DistriSantiago  Gran  tenda  con  material  de  papelería  e  oficina.  https://tienda.distrisantiago.es/tienda 


Galicia. 
 
REFLEXIÓNS SOBRE METODOLOXÍA, ACTITUDES E 
VALORES  
Os  valores  son  aqueles  constructos culturais que ​facilitan a convivencia en comunidade. Son a 
base de toda ética e moralidade e como animadores (e persoas) impregnan o noso día a día. 
 
A  educación  en  valores posibilita que as persoas comprendan as innumerables formas de sentir, 
analizar  e  entender  o  mundo.  Permítennos  ​valorar  a  diversidade  en  tanto  que  constrúe  e 
axuda a crecer en prol dunha sociedade máis xusta, inclusiva, respectuosa e empática.  
 
A  pesar  de  estarmos  no  sector  da  educación  non  formal,  e  polo  cal  poderíamos  deducir  que 
debería  estar  impregnada  de  Súperprofesionais  que  predican  co  exemplo,  a  realidade pode ser 
ben distinta.  
 
No  meu  traballo  coñecín  monitores  de  tempo  libre  e  TASOCT’s  que se burlaban e incomodaban 
a  adolescentes  diante  dos  demais  en  ton  xocoso,  que  impoñían  actividades  dirixidas  nos 
cumples  sen  escoitar  ás  propias  peticións  dos  nenos,  que  nos  campamentos  non amosaban un 
ápice  de  flexibilidade  cas  rutinas,  que  daban  de  comer  a  maiores  pola  forza  mentres  lles 
mandaban  calar,  vin  a  maquilladores  que  xiraban  a  face  dos  máis  peques  con  xestos  moi 
bruscos  e  monis  deixando  de  lado  nos  xogos a xente con TEA porque “custaba” moito adaptar a 
actividade.  O  máis  paradóxico  de  todos  foi  un  moni  que,  mentres  el  proxectaba  unha 
curtametraxe  para  xs  cativxs  sobre  a  importancia  do  respecto,  comezou  a berrarlle moitísimo a 
un rapaz porque non estaba calado durante o vídeo. 
 
Todo  isto  son  suaves  violencias.  Estou  segura  de  que  as  coñeceredes  e  mesmo  algún  as 
presenciaría,  e  o  máis  importante  de  todo:  sabede  que  ninguén está exento de exercelas. Sen ir 
máis  lonxe  e  para  ser  sincera,  a  veces,  co  “mosquita  branda’  que  me  considero,  eu  mesma  as 
cometo sen darme conta. De aí a importancia de estarse revisando ​sempre​.  
 
Agora  estades  estudando  e  tendes  toda  a  teoría  moi presente, o cal é marabilloso, pero co paso 
dos  anos,  vos  aseguro  que  moitos  dos  pequenos  conceptiños  se  vos  irán  esquecendo  -como  é 
lóxico-,  por  favor,  POR  FAVOR,  non  temades  a  equivocarvos,  pero  sede  sempre  críticos  co  voso 
facer,  tentade  sempre  mellorar  en  seren  uns  animadores  máis  ​xustos,  respectuosos, 
inclusivos  e  empáticos​.  O  ​pensamento  crítico  é  fundamental.  Non  vos  sintades  mal  nin  vos 
torturedes  se  fóstedes  duros  de  máis  nunha  actividade,  ou  se  pasados  uns  meses, descubrides 
que levades toda a vida cometendo un acto irrespetuoso do que non erades conscientes.  
 
Non  pasa  nada  por  trabucarse,  ​o  problema  é  conformarse  e  non  querer  mellorar​. Permitide 
que  vos  corrixan  con  cariño,  revisade  as  vosas  actitudes,  seguide  formándovos  en  cursos, 
xornadas e ponencias, falade e reflexionade con outros monis sobre os valores.  
 
Oxalá  podervos  transmitir  neste  mini  documento  todo  o  fermoso  que  é  ser  animador 
sociocultural.  Para  min  a  profesión máis fermosa de todas. Pero conleva unha responsabilidade, 
e  é  que  traballaredes  con  persoas,  e  polo  tanto,  con  emocións  e  sentimentos  fráxiles  que 
podedes  quebrar  e  danar.  Non  é  unha  profesión  para  todos,  o  tacto  e  o  cariño  polas persoas é 
imprescindible, pois hai xente moi diversa e moitos tipos de sensibilidades. 
 
Algunhas aprendizaxes miñas e t​ ruquiños extra ​para o traballo: 
● Ao  principio  de  cada  actividade,  deixade ben claras as normas e consecuencias (“respeto 
polos  demais”,  “respeto  polo material” e “pasalo ben” -a modo broma- son as miñas). Así, 
se alguén as incumple, xa saberá de antemán por que tomades x medida. 
● Mellor  ​poucas  normas,  necesarias  e  claras  que  moitas,  a  min  persoalmente  gústame 
moito  que  as normas as fagan xs usuarixs, ao principio poden bromearvos con que “bah, 
normas”,  pero ao final é moi interesante ver como se van animando a debatir, saen delxs 
e, finalmente, as interiorizan mellor que se llelas impoñedes vós. 
● O  ​bo  humor  é  marabilloso!  Sempre  axuda  a  xerar  un clima moi agradable e cálido entre 
os participantes e axuda a alixeirar tensións, probade!  
● Se  vos  pilla  un  mal  día  de  traballo,  vos  sentides  tristes  ou  vulnerables,  non  temades  en 
comentárllelo,  a  miúdo  isto  rompe  a  ​barreira  “profesional  -  educando”​; e ó fin e ao cabo 
somos  persoas,  non  robots;  estar  mal  un  día  non  significa  que  sexades  malos 
profesionais. 
● Vádeslle  rifar  a  alguén  que  cometeu  unha  falta?  Vale,  apartádeo,  ​nunca  riñades  diante 
doutras persoas​. 
● Baixo  a  miña  experiencia,  algunhas  persoas  disruptivas  o  que  máis  precisan é un pouco 
de  cariño,  ​escoita  e  comprensión  (ollo,  estou  xeralizando),  se  topades  cun  usuario  que 
non  para  de  berrar,  pegar,  ou  molestar  a  outros, aparte de aplicar a consecuencia inicial 
(se  realmente  hai  un  perigo  para  el  ou  outrxs),  tentade  indagar  máis, seren empáticos e 
escoitar  moito.  Moitos  dos  educandos  que  máis  marcaron  o  meu  corazonciño  foron 
complicados ao comezo da intervención, e auténticas xoias tras falar x tempo con elxs. 
● Se  algunha  actividade  non  está  tendo  o  resultado  que  esperabades  e  aos  usuarixs  non 
lles  gusta/motiva,  de  verdade,  ​sede  flexibles  e  non  teñades  problema  en  cambiala  en 
plena  intervención​!  Os  usuarixs  volo  agradecerán,  e,  sempre  que  se  cumpla o obxectivo 
da actividade, pois non hai maior dano! :)  
● Os  ​protagonistas  son  os  usuarixs​,  non  esquezades  nunca  que  elxs  levan  o  timón,  e  que 
os  TASOCT’s  simplemente  debemos  suxerir  propostas,  promover  a  cultura  e  os  valores 
respectuosos,  motivar  para  que  se  autodeterminen  e  organicen,  mediar  en  caso  de 
conflito e velar para que fagan vínculos afectivos sans e amizades entre elxs. 
 
E  se  seguides  lendo  ata  aquí,  tranquilxs,  non  me  cabe  dúbida  de  que  a  estas  alturas  do curso 
sodes  persoas  completamente  válidas,  profesionais  e  vocacionais​,  así  que  todo  se  trata  de 
ensaio, erro e moita aprendizaxe e formación continua! 
 
Mirádeo  así,  se  unha  tipa  tan  nerviosa  coma  min  lle  vai  ben  co  seu  negocio  e o desfruta a tope, 
malo será que a vós non vos vaia mellor! Hahahaha. 
 

   
WEBGRAFÍA RECURSOS EN LIÑA E GRATUÍTOS 
ACCESIBLES NA REDE 
 
● Xenéricos. 
Eido  local,  páxina  da  Xunta  onde  se  recollen  numerosos  procesos  de  selección,  licitacións, 
novas… Sobre as diferentes localidades rurais de Galicia. Interesante revisalo tódolos días. 
https://www.eidolocal.gal/portada 
 
Diario Oficial de Galicia. Interesante revisalo tódolos días. 
https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia 
 
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Interesante revisalo tódolos días. 
https://boppo.depo.gal/ 
 
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: 
https://rbgalicia.xunta.gal/ 
 
Confederación de Anpas Galegas: 
https://www.anpasgalegas.gal/anpas-galegas/ 
 
Ministerio  de  Educación  e  Formación  Profesional.  Información  sobre  o  sistema  e  o  currículo 
educativo español: 
http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos.html 
 
Préstamo de libros en formato dixital de Galicia: 
https://www.galiciale.gal/ 
 
Dialnet.  Poderosísimo  buscador  académico  que  recompila  infinitos  documentos,  artigos 
científicos,  estatísticas  e  traballos  profesionais  de  moitísimos  sectores  a  nivel  mundial. 
Totalmente recomendable para informarse e seguir aprendendo do sector social: 
https://dialnet.unirioja.es/ 
 
 
● Deseño gráfico. 
Deseño de cartaces, folletos, tarxetas de visita…: 
https://www.canva.com/ 
 
Deseño de cartaces, folletos, tarxetas de visita…: 
https://crello.com/es/home/ 
 
Páxina  con  tipografías  de  descarga  para  os  nosos  ordenadores.  Vixiade  que  as  que 
empreguedes no ámbito laboral cumpran co requisito de “Creative Commons”. 
https://www.dafont.com/es/ 
 
Programa  para  vectorizar  imaxes  en  Mapa  de  Bits.  Útil  para  escalar  imaxes  pequenas  a  gran 
formato sen perder calidade. 
https://www.autotracer.org/es.html 
 
 
● Recursos lúdicos. 
Directorio con ditos, refráns, adiviñas, xogos cantados de Galicia. Moi interesante: 
https://orellapendella.gal/ 
 
Para  min, dos mellores directorios de xogos e dinámicas para nenxs. Clasificados por obxectivos, 
duración, idades, etc: 
https://juegosdetiempolibre.org/ 
 
Amplo directorio de dinámicas, xogos e cancións: 
http://www.elhuevodechocolate.com/ 
 
Portal onde se recompila numerosa información sobre a figura galega do Apalpador: 
https://www.apalpador.gal/ 
 
Xogos motrices de TAFAD: 
http://www.tafadycursos.com/load/monitor_tiempo_libre/documentos/catalogo_juegos_monitor
es_de_tiempo_libre/109-1-0-1268 
 
 
● Recursos informativos. 
Portal das persoas con diversidade funcional: 
https://www.discapnet.es/ 
 
Portal galego de profesionais da educación social: 
http://www.eduso.net/ 
 
Información moi variada e interesante sobre discapacidade: 
https://sid.usal.es/default.aspx 
 
Información sobre sexualidade xuvenil da Xunta de Galicia: 
http://xuventude.xunta.es/querote-mais 
 
Proxecto para a prevención do bullying: 
https://www.felizsinbullying.com/ 
 
 
● Ferramentas útiles para planificar actividades. 
Páxina  aragonesa  cun  recurso  moi  potente  para  xerar  pictogramas,  ideal para traballar con TEA 
ou persoas con preferencia pola comunicación visual. 
http://www.arasaac.org/ 
 
Páxina  con  artigos  variopintos  sobre  diferentes  campos.  Eu  a  emprego  para  a  hora  de  crear 
proxectos culturais ou xincanas, facer probas con preguntas moi curiosas. 
https://www.wikisaber.es/ 
 
Páxina  onde  se  recompilan  pequenos  videoxogos  que  explican  diferentes  fenómenos 
sociolóxicos  e  culturais.  Sumamente  interesante.  Todos  os  videoxogos  teñen  opción  de 
traducirse ao español. Para traballar con adolescentes curiosos é unha marabilla de recurso: 
https://ncase.me/ 
 
Páxina  con  nocións  teóricas  a  preguntas  comúns  sobre  a  ciencia.  Moi interesante para elaborar 
programas lúdicos de divulgación científica. 
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2001/ciencia/index.html 
 
Recompilación de materiais e recursos para traballar a ciencia en galego con tódolos colectivos: 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php 
 
Oficina  de  Seguridade  do  Internauta.  Recurso  moi  interesante  para traballar con adolescentes e 
persoas  maiores  con  respecto  á  ciberseguridade.  Conta  con  testimonios  reaisi  e  moi  prácticos 
para visualizar problemas comúns neste eido: 
https://www.osi.es/es 
 
Guías  útiles  e  ferramentas  para  fomentar  a  ciberseguridade  na  infancia  e  na  adolescencia,  así 
como o uso responsable das tecnoloxías: 
https://www.is4k.es/ 
 
Páxina  do  Ministerio  para  promover  un  estilo  de  vida  saudable  en  tódolos ámbitos da vida. Moi 
interesante para concienciar e crear campañas de sensibilización: 
http://www.estilosdevidasaludable.mscbs.gob.es/home.htm 
 
Instituto  de  Maiores  e  Servizos  Sociais,  con  información  sobre  programas  actuais  de 
envellecemento activo, TIC’s, estatísticas…: 
http://www.espaciomayores.es/imserso_01/espaciomayores/index.htm 
 
 
● Blogues persoais. 
Blogue dunha educadora social con noticias e merchandising da profesión:  
https://www.creandoeducacionsocial.es/ 
 
Blogue dun animador sociocultural cun amplo directorio de dinámicas: 
https://animacionsociocultural.wordpress.com/ 
 
Blogue dunha nai onde sube ideas de actividades familiares moi curriñas: 
http://baballa.com/category/actividades-familiares/ 
 
Blogue con ideas de xogos, manualidades, etc. 
https://www.pequeocio.com/ 
 
Blogue  dun  monitor  de  tempo  libre  que  recén  está  comezando  a  subires  recursos.  Tenme  boa 
pinta: 
https://www.todorecursos.pro/ 
 
Blogue  dun  profesor  de  Animación  Sociocultural  e  Integración  Social.  Moi  pero  que  moi 
interesante a nivel de recursos e información: 
http://ascprofesional.blogspot.com/ 
 
 
● Canles de Youtube. 
James  Van  Der  Lust.  Youtuber  e  maestro  de  Primaria.  Na  súa  canle  de  Youtube  sube  consellos, 
dinámicas  para  as  clases,  e  material  moi  variado  de  interese  para  pais/nais  e  profesionais  da 
educación regrada: 
https://www.youtube.com/channel/UCBs8DzPNGr9JHeQQYjzm1RA 
 
Serie:  “Eso  no  se  pregunta”.  Axunto  lista  de  reprodución  de  Youtube  dunha  serie  que encandila 
nas  intervencións  máis  longas  que  efectúo.  Aos  usuarios  lles  fascinaba  ver  este  programa,  no 
mesmo  se  traballan  estereotipos  sociais  entrevistando  a  persoas  que  os  padecen  (racismo, 
homofobia, discapacidade…).  
https://www.youtube.com/watch?v=IGNFzGSsajk&list=PLiXm-KS76nsTo8oUAgMv2n3mKxPSYB7C

 
Edgar  Mozas  Fenoll  é  Youtuber  e  profesor  dos  ciclos  de  Educación  Infantil,  Integración  Social  e 
Animación  Sociocultural.  Na  súa  canle  sube  vídeos  das  súas  clases,  contidos  teóricos  moi  ben 
organizados para repasar o temario, autoreciclarse ou mesmamente, estudar unha oposición. 
https://www.youtube.com/user/EdgarInstituto/videos   
BIBLIOGRAFÍA ÚTIL OU INSPIRADORA 
 
● Pedagogías del siglo XXI - Jaume Carbonell 
● El arte de contar cuentos - Marie L Shedlock 
● Otra educación ya es posible - Almudena García 
● Manual del monitor de tiempo libre - Víctor J. Ventosa Pérez 
● Desarrolo y evaluación de proyectos socioculturales - Victor Juan Ventosa Pérez 
● Las escuelas que cambian el mundo - César Bona 
● Ser maestro - Raúl Bermejo 
● Psicopedagogía de las emociones - Rafael Bisquerra Alzina 
● Viviendo el barrio - Editorial Octaedro 
● Los secretos del cuentacuentos - Beatriz Montero 
● O xogo dramático - Mercedes Castro 
● Xogando ao teatro - Mercedes Castro 
● Teoría e Técnica teatral - Manuel F. Vieites 
● Más  de  150  juegos  para  divertirse  dentro  y  fuera  del  hospital  -  Lary  León  (xenial  para 
animación hospitalaria) 
● 99  juegos  de  expresión  corporal  y  musical  para  niños  de  0  a  3  años  -  Ildefonso Ramírez 
Carmona 
● Pedagogía del oprimido - Paulo Freire 
● Gracias Finlandia - Xavier Melgarejo 
● Piezas sueltas - Priscilla Vela y Mercedes Herrán 
● REDUvolution - María Acaso 
● Del dibujo infantil a la semiología de la Expresión - Arno Stern 
 
 

 
 

You might also like