Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

O MOVEMENTO OBREIRO (SEXENIO DEMOCRÁTICO E RESTAURACIÓN)

Durante boa parte do século XIX a maioría da clase obreira mantivo unha actitude pasiva. A pesar
das duras condicións de vida (cunha deficiente alimentación) e de traballo (o descanso dominical non se
recoñeceu ata 104, e a xornada de oito horas ata 1919), non foi ata 1868 cando xurdiu unha toma de
conciencia que deu inicio ao movemento organizado das clases traballadoras.

Os primeiros movementos sociais

Ata o último terzo do século XIX a loita obreira plasmouse en movementos de protesta de carácter
espontáneo, de ámbito local ou rexional. As primeiras asociacións obreiras xurdiron en Cataluña,
especialmente en Barcelona. Pero o primeiro episodio de loita obreira como tal, sucedeu en Alcoi (Alacant)
en 1821 coa destrución de máquinas de fiar, introducidas dous anos antes. Este tipo de accións de carácter
ludita repetíronse noutras ocasións e en 1835, en Barcelona, obreiros e as súas mulleres asaltaron a fábrica
téxtil dos irmáns Bonaplata e destruíron as máquinas. A loita contra o maquinismo tamén foi a causa da
primeira folga da historia de España en 1854 coa oposición obreira á introducción de novos teares e despois
en 1857 coa folga de cigarreiras da Coruña que destruíron as máquinas de facer cigarros. Noutros lugares,
como Asturias ou Bilbao, tamén tiveron lugar manifestacións do obreirismo. Pero axiña a folga amosouse
como o medio máis eficaz de loita; para ter éxito organizáronse caixas de resistencia e os primeiros
sindicatos de oficios.

Aínda que ata 1874 o republicanismo parecía representar a causa obreira, a partir de desta data foron
as ideas revolucionarias socialista e anarquista as que mellor representaron dita causa.

O movemento obreiro durante o Sexenio

O marxismo é a máis importante das teorías socialistas. A teoría marxista afirmaba que nas
sociedades industriais existe unha loita de clases entre a burguesía, propietaria das fábricas e outros
medios de produción, e os obreiros ou proletariado.

Marx propuña que os obreiros levasen a cabo unha revolución para destruír o capitalismo e darlles
o poder aos traballadores. Tras unha fase de ditadura do proletariado (na que o Estado dominaría e
regularía a sociedade) estableceríase a sociedade comunista, sen clases sociais nin propiedade privada, e o
Estado desaparecería.

Marx defendeu a participación das organizacións e partidos obreiros na loita política, o que deu
orixe aos partidos socialistas.

Os anarquistas opúñanse ao Estado e aspiraban a substituílo por algún tipo de asociación


voluntaria entre as persoas. Tamén rexeitaban a política, os partidos políticos e a participación en
eleccións. Destacaron o francés Proudhon e os rusos Bakunin e Kropotkin.

Nun principio, todas as asociacións obreiras intentaron unir as súas forzas na primeira Asociación
Internacional de Traballadores (AIT), creada en 1864, que desapereceu poucos anos despois polos
desacordos entre socialistas e anarquistas.
En España, o incipiente movemento obreiro inclinouse a partir de 1868 cara ao anarquismo de
tendencia bakuninista, sobre todo cando, pouco despois da revolución de setembro (a Gloriosa), o italiano
Giuseppe Fanelli e outros activistas levaron a cabo unha visita de propaganda por Cataluña e Valencia.

O primeiro congreso obreiro español celebrouse en Barcelona en 1870, onde se constituíu a


Federación Rexional Española, dentro da AIT, de tendencia bakuninista, algo que se afianzou coa división
dentro da AIT. Durante este periodo do Sexenio, e a partir da derrota do cantonalismo e da república, en
España xurdiu unha corrente partidaria da acción sindical, o anarcosindicalismo e outra corrente
insurreccional e violenta.

Pola súa banda, o marxismo foi introducido por Paul Lafargue (xenro de Marx) en 1871,
expandíndose de xeito especial polas zonas industriais do norte e por Madrid.

Pouco a pouco os sindicatos de oficios foron aglutinándose en federacións locais e en sindicatos


xerais, á par que se ían organizando partidos obreiros que esixían unha lexislación laboral favorable aos
intereses dos traballadores.

A organización dos traballadores na Restauración

Aínda que non será practicamente ata finais do século XIX cando xurdan de forma clara
organizacións obreristas ben diferenciadas, o movemento obreiro, ao longo das dúas últimas décadas do
século, adoptou varias formas como as sociedades de socorro mutuos, cooperativas ou as sociedades de
oficios.

Durante a Restauración, xunto ao anarquismo desenvolvéronse as organizacións obreiras socialistas.


Así en 1887 a Lei de Asociacións do “goberno longo” de Sagasta recoñeceu a liberdade sindical, co que ao
ano seguinte, 1888, legalizouse a Unión General de Trabajadores (UGT), así como tamén o Partido
Socialista Obrero Español (PSOE), fundado en 1979 en Madrid por Pablo Iglesias.

A meta do PSOE era a transformación revolucionaria da sociedade mediante a conquisa do poder


pola clase traballadora e a conversión da propiedade privada en social, entregada a colectividades de
obreiros que a explotarían en beneficio do interese común.

O crecemento do socialismo foi moi lento, e a finais do s. XIX só estaba ben implantado en Madrid,
Asturias e Biscaia. Pola súa parte, o anarquismo difundiuse con maior rapidez, sobre todo por Cataluña e
Andalucía (onde foi o campesiñado o protagonista partidario da “acción directa”), en gran medida grazas á
prensa, os libros e os ateneos libertarios. Cabe salientar a actuación en Andalucía en 1882-83 da
organización anarquista da Man Negra, magnificada pola policía e a prensa de época.

Con respecto a Galicia, destaca a existencia de algo menos dun millar de afiliados á federación
anarquista.

You might also like