Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

Tema 5 Ál- Ándalus

1. Da conquista de al-Ándalus ao califato


No 711, o reino visigodo estaba en guerra contra Rodrigo e Axila pola sucesión ao trono do último rei
visigodo. Axila pediu axuda aos musulmáns do norte de África. O gobernador da zona, Musa e o seu
xeneral Tariq, cruzaron o estreito de Xibraltar e derrotaron a Rodrigo na batalla de Guadalete. Despois
ocuparon Sevilla, Córdoba e no 713, Toledo. En catro anos ocuparon a maior parte da Península, aínda
que pronto abandonaron o norte do Sistema Central polo frío. Chamaron al-Ándalus ás terras que
conquistaron e estableceron capital en Córdoba. Organizouse como emirato dependente do califato de
Damasco, á fronte do emir ou gobernador.

No 750, a dinastía Abasida fíxose co poder do islam e a familia Omeia foi asasinada. Un dos seus
membros, escapou, chegou a al-ándalus e fíxose co poder. No 756 proclamouse emir independente de
Córdoba, co nome de Abderramán I. Deixouse de obedecer ao califa, aínda que se recoñecía a súa
autoridade relixiosa. Nos primeiros tempos de al-Ándalus os emires enfrontáronse a revoltas internas e
a incursións militares dos francos e dos cristiáns que se refuxiaran no norte.

No 912, Abderramán III herdou o trono. Calmou as sublevacións internas e as incursións cristiáns, o
que lle dou grande autoridade e no 929, proclamouse califa, polo que ademais de dirixilo goberno, era a
máxima autoridade relixiosa de al-Ándalus. Nas tarefas de goberno, o califa tiña a axuda do hayib ou
primeiro ministro e dos visires, unha especie de ministros. Os valís gobernaban nas provincias e nas
marcas fronteirizas.

No 976 Hisham II accedeu ao califato con 11 anos. O goberno quedou en mans de Almanzor, un xeneral
que emprendeu campañas de saqueo ou razzias contra os reinos cristiáns do norte.

O califato de Córdoba foi o período máis brillante da historia andalusí.

2. Da fragmentación do califato ao reino nazarí


Tras a morte de Almanzor, as loitas internas arrasaron al-Ándalus ata que se depuxo o último califa de
Córdoba en 1031. O califato dividiuse en reinos ou taifas. Este foi o comezo duna forte crise política
pero de gran brillantez cultural. As taifas enfrontáronse entre si permanentemente. A desunión
debilitounas, polo que tamén foron saqueadas polos cristiáns do norte. Para evitalos ataques, os reis das
taifas pagaban parias ou tributos aos reis cristiáns. A forza militar dos reinos cristiáns era cada vez máis
forte e en 1085, Toledo caeu en mans cristiáns. Os musulmáns chamaron na súa axuda aos almorábides,
guerreiros bérberes que formaban un imperio no norte de África.

Os almorábides chegaron para frear o avance dos reinos cristiáns, pero a impopularidade dalgunhas
medidas que provocaron revoltas, e o avance dos cristiáns, fixeron imposible impedir unha nova
fragmentación de al-Ándalus en pequenos Estados. No S. XII algunhas taifas volveron pedir axuda aos
bérberes, aos almohades esta vez. A unión militar dos cristiáns permitiu frealos na batalla das Navas
de Tolosa, en 1212. Tras esta derrota, o imperio almohade desintegrouse e os cristiáns conquistaron
case toda al-Ándalus.

O reino nazarí de Granada converteuse no último territorio musulmán da Península. Consolidou o seu
poder a dinastía Nasr ou nazarí. Era un reino débil, e foi vasalo de Castela. Os reis granadinos
pagaban un tributo aos monarcas casteláns e axudábanos en caso de guerra. Os enfrontamentos internos
debilitaron o reino e acabaron facilitando a conquista cristiá polos Reis Católicos en 1492.
1
Tema 5 Ál- Ándalus

3. A vida en al-Ándalus
A sociedade andalusí era heteroxénea. O grupo máis poderoso era o dos conquistadores e os seus
descendentes. A minoría era de orixe árabe e reservou para ela as mellores terras e cargos do goberno.
Os conquistadores de orixe bérber ocupaban unha posición inferior, polo que organizaban revoltas. O
resto da poboación organizábase segundo criterios relixiosos:

- Os muladís eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do islam
- Os mozárabes eran os cristiáns que continuaron practicando a súa relixión. Pagaban impostos.
- Os xudeus eran unha minoría moi activa economicamente. Residían en barrios separados, as
xudarías.

As mulleres estaban sometidas á autoridade do pai ou do marido, pero gozaban de maior liberdade ca no
resto do mundo islámico. O chanzo social máis baixo era o dos escravos.

A maior parte da poboación andalusí dedicábase á agricultura. Cultivaban cereais, vide e oliveira, e
árbores froiteiras. Desenvolveron técnicas de regadío e introduciron novos cultivos, arroz, algodón,
berenxenas,… vendían os seus produtos nos zocos.

Os artesáns desenvolveron nas cidades unha artesanía de calidade. A cerámica, o coiro, a ourivaría, as
armas e o traballo da seda era o máis destacado, pero tamén o esparto, o pergamiño, o marfil, a
capritarías… os artesáns xuntábanse por zocos e por barrios. As tendas eran pequenas e nelas estaba o
obradoiro.

Al-Ándalus foi tamén un activo centro comercial. Exportaba produtos artesáns e importaba ouro e
escravos. Utilizábanse dúas moedas: o dinar de ouro e o dirhem de prata. Nas cidades había alhóndigas,
que eran edificios con almacéns para as caravanas e hospedaxes para os mercadores.

4. A cultura e a arte andalusís.


Os arquitectos edificaron mesquitas, baños públicos, castelos e palacios. Construían con materiais
pobres, como o ladrillo, pero recubríanos con abundante decoración para aparentar. Empregaban
motivos vexetais e xeométricos, versos do Corán, etc… xa que o islam prohibe representar persoas e
animais.

Utilizaban columna e piares que sustentaban diversos tipos de arcos. Con celosías e vidreiras
conseguían xogos de luz e sombra creando ambientes agradables e frescos. O gusto pola auga
manifestouse nas fontes, estanques ou piscinas .

Os edificios cubríanse con teitos planos de madeira, pero tamén usaron a cúpula, decoradas con gran
riqueza.

Desenvolveuse unha cultura espléndida na cal influíron a prosperidade económica e a tolerancia


intelectual. O seu auxe comezou no S.X, coa creación dunha gran biblioteca. A poesía tivo un gran
desenvolvemento. Destacaron importantes pensadores musulmáns e xudeus, como Avicena, Avempace
ou Averroes.

2
Tema 5 Ál- Ándalus

Defines:
Al-Ándalus. Nome que daban os árabe á España musulmá na Idade Media.

abasida: dinatía musulmá que destronou a familia Omeia no ano 750. Gobernou ata 1258

alhóndiga: grande almacén onde os comerciantes islámicos gardaban as súas mercadorías.

Almohade: dinastía bérber que desttronou os almorábides. Estendeuse pola península ibérica a partir de
1146.

Bérber: pobo autóctono do norte de África que vivía agrupado en tribos.

Cadí: xuíz no mundo islámicos.

Califa: máxima autoridade política e relixiosa no mundo islámico.

Corán: libro sagrado dos musulmáns.

Emir: gobernador dunha provincia islámica.

Hayib: primeiro ministro que axudaba ao califa no goberno.

Medina: parte principal da cidade islámica, onde estaban os edificios máis destacados.

Mesquita: lugar de reunión para a oración dos musulmáns .

Mouraría: barrio das cidades dos reinos cristiáns da península ibérica onde vivía poboación islámica.

Mouriscos: musulmáns que quedaron en España tras o período de conquista islámica da Península e que
se converteron ao cristianismo.

Mozárabe. Cristiáns que permaneceron en al-Ándalus tras a súa conquista.

Mudéxares: musulmáns que vivían nos reinos cristiáns da Península entre os S. XI e XV.

Muladí: cristián que adoptou a relixión, a lingua e os costumes do islam.

Omeia: dinastía musulmá que chegou ao poder no ano 661. Tras a rebelión da familia Abasida, o último
descendente Omeia chegou a alÁndalus e esta dinastía gobernou desde o 750 ata o 1031.

Ourivaría: conxunto de obxectos artísticos realizados con outro, prata ou outros metais preciosos.

Valí: gobernador dunha provincia no imperio islámico.

Visir: ministro que axudaba ao califa no mundo islámico.

Xudaría: barrio das cidades musulmás ou cristiás onde vivían os xudeus.

Zoco: mercado das cidades musulmás..

You might also like