Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Tema 3 O desenvolvemento das cidades

1. Unha época de prosperidade.


A expansión agrícola
A partir do S. XII, a produción agrícola medrou en Europa. Aumentou a superficie ao desecarse os
pantanos e cortar árbores. Implantouse a rotación trienal de cultivos, que deixaba en barbeito unha
terceira parte das leiras. Tamén se introduciron novas técnicas agrícolas:
- O arado de ferro ou veso, labraba o terreo a maior profundidade.
- Estendeuse o regadío, o que permitiu a introdución de novos cultivos.
- Difundíronse os muíños, de vento ou auga, que liberaron man de obra no campo.

O incremento de produción fixo que houbera máis alimentos e reducíronse as fames e a saúde das
persoas. A mortalidade diminuíu, a natalidade aumentou e a poboación europea medrou moito.

O desenvolvemento do comercio e a banca

O crecemento da poboación aumentou as necesidades de produtos e provocou a aparición de moitos


artesáns. As manufacturas téxtiles eran as máis importantes.

O comercio experimentou un gran desenvolvemento a partir do S. XII:

- A ruta do Mediterráneo, unía as cidades españolas e italianas cos portos musulmáns e


bizantinos. Importábanse produtos de luxo ( perfumes, seda, porcelana, especies), e exportaban
tecidos e armas
- A ruta do Atlántico e do Báltico. Comunicaba os portos portugueses e do Cantábrico coas
cidades flamengas, alemás e rusas. Comercializábanse lás, viños, estaño, peles, madeira, trigo,…
Esta ruta estaba controlada pola Hansa, unha asociación de comerciantes.

Os mercadores reuníanse en feiras. A expansión do comercio trouxo novas técnicas bancarias.


Moitas viaxes financiábanse a crédito e para evitar roubos establecéronse as letras de cambio, que
facían innecesario viaxar con diñeiro.

2. O auxe das cidades.


O crecemento das cidades

A partir do SXI, moitas antigas cidades aumentaron a súa poboación . Tamén se crearon outras
novas cidades en lugares estratéxicos das rutas comerciais e en localizacións ben protexidas .As
cidades medievais eran pequenas.

. As cidades medraron por tres causas:


- As innovacións agrícolas provocaron un excedente de man de obra agrícola e moitos
campesiños marcharon ás cidades buscando traballo.
- Outros escaparon da servidume do señor feudal e emigraron ás cidades.
- Os mercadores instalábanse nas cidades buscando protección.

A sociedade urbana.

O habitante das cidades chamábase burgués. O termo designou os habitantes do burgo ou barrio en
que vivían os comerciantes e os artesáns, e máis tarde, pasou a referirse a todo habitante da cidade.

1
Tema 3 O desenvolvemento das cidades

Entre os habitantes había grandes diferenzas:

- A elite estaba formada polos principais mercadores e artesáns. Eran un grupo de familias moi
ricas e con grande arraigamento que controlaba o goberno da cidade. O alto clero urbano tamén
estaba neste grupo.
- A maioría da poboación eran artesáns e tendeiros, servizo doméstico, freires e sacerdotes, …
- Por debaixo estaban os pobres e marxinados, sen traballo e que mendigaban ou delinquían.

A maior parte da poboación era cristiá, pero tamén había xudeus e musulmáns, que vivían en barrios
separados: as xudarías para os xudeus e as mourarías para os musulmáns.

O foro

As cidades convertéronse no corazón da vida relixiosa, política e económica. Moitas estaban


sometidas ao señor do feudo en que se encontraban (ou rei ou señor laico ou eclesiástico). Os
burgueses loitaron por liberarse do señorío e por obter o dereito de gobernarse a sí mesmos. Cando
unha cidade o conseguía, o rei concedíalles un foro, que era un documento en que se estipulaban os
seus dereitos e os privilexios e a forma en que habían de gobernarse.

O concello

Cada cidade tiña o seu propio Goberno. Estaba formado, nun principio, por unha asemblea en que
participaban todos os veciños. Despois, as asembleas deron paso ao concello. Estaba presidido por
un xuíz e os alcaldes e formado polos rexedores. Ocupábase da seguridade e a defensa da cidade,
recadación de impostos , administración de escolas, … Había funcionarios, para realizar estes
labores.

3. Os artesáns e os gremios.
Os gremios
A partir do S XIII a artesanía tivo un gran desenvolvemento polo crecemento da poboación. Os
artesáns dun mesmo oficio asociáronse formando gremios e ninguén podía dedicarse a un oficios se
non pertencía ao gremio. Cada gremio elaboraba un estatuto que debían xurar todos os seus
membros. Nel estaban as normas do oficio, os dereitos e as obrigacións. Os gremios controlaban a
produción e ocupábanse da asistencia aos enfermos da familia dos do gremio. En ocasións creaban
hospitais. As mulleres eran admitidas en raras ocasións.
A actividade artesanal.
Os artesáns dedicábanse a actividades diversas. Todos elaboraban á man os seus produtos, coa axuda
de poucas ferramentas. Realizaban o seu traballo en pequenos obradoiros situados na casa do
propietarios e na cal tamén se realizaba a venda dos mesmos. Os artesáns que se dedicaban ao
mesmo, vivían na mesma rúa.
Os oficios artesanais
Os artesáns seguían unha carreira profesional definida en tres graos:
- Cando un rapaz quería aprender un oficio, firmaba un contrato cun artesán e convertíase no seu
aprendiz. Traballaba para el varios anos sen recibir salario, só era mantido por el e vivía na casa
do mestre.
- Tras a súa formación, o aprendiz convertíase en oficial e recibía un salario polo seu labor.

2
Tema 3 O desenvolvemento das cidades

- Cando un oficial se instalaba pola súa conta, pasaba a ser mestre tras realizar unha obra mestra
ou peza de calidade. Era dono do obradoiro, das ferramentas e das materias primas, e obtiña o
beneficio ou as perdas.
4. A renovación da cultura.
O auxe da vida urbana tivo importantes efectos no mundo cultural, como o furor arquitectónico.
As escolas urbanas.
Os burgueses que vivían nas cidades crearon as escolas urbanas para que os seus fillos adquirisen
saberes útiles para os negocios e o goberno. Grazas a estas, accederon á cultura máis persoas. Estas
escolas dependían do bispado ou do concello:
- As escolas que dependían do bispo recibían o nome de escolas catedralicias ou capitulares. Só
impartían ensinanzas de carácter relixioso, os mestres aos que o bispo concedía unha licenza
- As escolas creadas polos concellos eran as escolas municipais. Estudábanse materias
relacionadas coa relixión pero tamén lectura, escritura, contabilidade, …

En ambos tipos destacou a figura do mestre profesional, que se desprazaba dunha cidade a outra
para impartir as súas ensinanzas, seguidos polos discípulos. Non se admitían mulleres. Mentres se
estudaba, os alumnos adquirían a condición de clérigos, polo que levaban tonsura ( rasurado no
curuto da cabeza).

A literatura e a filosofía.

Aumentou o interese por ler obras literarias non relixiosas. Polo que xurdiron novos xéneros, como
os libros cabaleirescos, a poesía lírica ou os cantares de gesta. Moitas das novas obras
escribíronse en linguas vulgares que comezaron a substituír o latín. Redescubríronse obras de
filósofos da Antigüidade, como Aristóteles, que recuperou Tomé de Aquino.

5. A consolidación das monarquías.


O fortalecemento do poder real.
Desde o S XII os reis europeos fortaleceron o seu poder fronte aos señores feudais. Isto foi posible
grazas a:
- O crecemento das cidades e da súa influencia serviu para contrarrestar o poder dos nobres. Os
reis concederon foros a cambio do seu apoio.
- O crecemento económico permitiu recadar máis impostos e crear exércitos propios. Os reis
impuxeron a obediencia dos nobres.
- O desenvolvemento das universidades fixo posible contar con xuristas que fomentaron a
restauración do dereito romano, o que daba máis poder ao rei. A administración
profesionalizouse.

O reforzamento do poder real fixo que o emperador do Sacro Imperio fose perdendo poder pouco a
pouco e afianzáronse as grandes monarquías.

O goberno dos reinos medievais.

A partir do S. XII os reis europeos comezaron a convocar Cortes ou Parlamentos para buscar o apio
das cidades e rebaixar o poder da nobreza. As súas funcións eran establecer novos impostos e
aprobar gastos extraordinarios para sufragar as guerras. Eran moi diferentes aos actuais, só
estaban representados o rei, os nobres, os clérigos e os gobernantes das cidades e reuníanse cando o
rei o consideraba.

3
Tema 3 O desenvolvemento das cidades

Os enfrontamentos entre reinos

O fortalecemento do poder real e a creación dos primeiros exércitos estables tiveron como
consecuencia o incremento dos enfrontamentos no reino ou entre reinos. Os reis tentaron estender os
seus dominios. Moitos tiñan a súa orixe en disputas sucesorias, que se producían cando se
enfrontaban monarcas por obter o trono que quedara sen sucesor. Por exemplo, a guerra dos Cen
Anos, que enfrontou a Inglaterra e Francia (gañou Francia). Nesta guerra destacou a loita de Xoana
de Arco.

Outros conflitos estaban provocados polo desexo de impoñer fronteiras claras.

Os monarcas tamén se enfrontaban a nobres poderosos que non querían recoñecer a autoridade real.

A división da cristiandade

Ás loitas polo territorio uníronse as loitas relixiosas, nas que se enfrontaron os países europeos.
Trala morte do papa Gregorio XI, os cardeais de Roma elixiron un sucesor. Pero un grupo de
cardeais nomeou outro papa distinto. A cristiandade quedou dividida, uns reis apoiaron a uns e
outros a outros. Este enfrontamento coñécese como a Cisma de Occidente. Esta cisma terminou ao
elixirse un novo papa, tras haber tres diferentes con anterioridade.

6. A crise do S. XIV
O crecemento que se produciu en Europa entre o S XI e XIII deu paso a unha crise no S XIV
Os problemas da agricultura
O incremento das precipitacións tivo como consecuencia a perda de moitas colleitas. O crecemento
da poboación obrigou a unha intensa explotación dos terreos, que se esgotaron.
As malas colleitas, o esgotamento dos terreos e a falta de innovacións técnicas provocaron a suba dos
prezos e as crises de abastecemento. As fames xeneralizáronse e a desnutrición estendeuse.
Un século de guerras e revoltas.
O aumento de conflitos polo fortalecemento real provocou moitas guerras. A máis destrutiva e
prolongada foi a guerra dos Cen Anos.
Os reis alistaron campesiños nos exércitos e os campos quedaron sen cultivar. As guerras trouxeron
un incremento da mortalidade e a destrución das colleitas.
Para compensar a diminución dos ingresos pola perda das colleitas e a destrución das guerras,
incrementáronse os impostos. Isto e a carestía dos alimentos provocaron numerosas e violentas
rebelións campesiñas contra os señores feudais. En case todas as cidade houbo tamén revoltas
urbanas, nas que se pedían melloras nos salarios e nas condicións de traballo.
A peste negra
Entre 1348 e 1352, Europa sufriu unha terrible epidemia de peste negra. A enfermidade cebouse
sobre a poboación famenta, desnutrida e con medidas hixiénicas precarias, polo que a mortaldade
foi elevadísima.
A peste orixinouse en Asia, e os barcos xenoveses trouxérona a Europa. Estendeuse polo continente
con gran rapidez. As cidades foron as máis afectadas, debido á aglomeración de poboación e a
difusión da peste polas pulgas das ratas.
A enfermidade provocaba febres elevadas, calafríos e inflamación dos ganglios linfáticos. Causaba a
morte en poucos días.

You might also like