Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

APRENDEMOS A ANALIZAR

UNHA PAISAXE
TEMA 1 PAISAXE E SUSTENTABILIDADE
1º ESO
A Paisaxe é un recurso natural que posúe valores estéticos,
culturais e educativos.

É recoñecida como patrimonio natural e cultural


que inflúe no benestar dos seres humanos.

O recoñecemento e interpretación da paisaxe mediante a


descrición dos seus compoñentes e a análise de relacións entre
eles nos levará a valoraralos como recurso.
Que vamos a estudar:
1.- A PAISAXE XEOGRÁFICA: Definición.

2.- CLASIFICACIÓN, FUNCIONALIDADE E LOCALIZACIÓN DAS PAISAXES


- Paisaxes naturais-Paisaxes transformadas- Paisaxes mixtas
- Paisaxes de interior e de costa
- Funcionalidade: turística, urbana, rural e industrial
- Localizacion xeográfica: zona cálida, tépeda ou fría

3.- ELEMENTOS DUNHA PAISAXE:


- Elementos abióticos
- Elementos bióticos
- Elementos antrópicos

4.- COIDADO DAS PAISAXES:


- Ecoloxía da paisaxe
- Impacto sobre as paisaxes

5.- ANÁLISE DUNHA PAISAXE: Como se fai un comentario.


A Paisaxe é unha área da superficie terrestre que é
o resultado da interacción entre diversos factores
(bióticos, abióticos e antrópicos).
As accións que modelan a paisaxe son naturais e
antrópicas (acción humana).
E os elementos que compoñen unha paisaxe son:
Segundo a presenza de Segundo a súa localización
elementos humanos
• Natural • Interior
• Mixta • Costa
• Transformada
PAISAXE NATURAL PAISAXE TRANSFORMADA PAISAXE MIXTA
Paisaxe pouco ou nada A intervención humana produciu Conserva certo equilibrio entre a
modificada pola acción do ser cambios notables: asentamentos paisaxe natural e a intervención
humano, de maneira que mantén urbanos, paisaxes agrícolas, humana. Un exemplo son as
as formas naturais orixinarias. construcións de infraestruturas... zonas rurais pouco habitadas.
Hai abundancia de plantas,
animais.
• As paisaxes de interior se dan en • As paisaxes de costa danse en zonas
lugares lonxe do mar. preto do mar. Poden ser variados. Se
hai montañas que chegan ao mar
• Nas paisaxes de interior podemos fórmanse cantís. Se a costa é baixa e
atopar montañas, vals e chairas. arenosa fórmanse praias. Na paisaxe de
costa podemos atopar diferentes
formas de relevo: illas, golfos, cabos,
bahías e penínsulas.
A clasificación das paisaxes segundo a súa funcionalidade, é dicir, según as funcións que
poden establecer ao ser humano, poden clasificarse en:

NATURAL RURAL INDUSTRIAL URBANO TURÍSTICO

Paisaxe natural non Modificación da Modificación da Modificación da Modificación da


modificada, paisaxe natural para paisaxe natural para paisaxe natural para paisaxe natural para
consérvase sen uso gandeiro, uso industrial a urbanización de actividades turísticas.
modificacións, agrícola, forestal pobos, cidades...
parques naturais...
 LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA: Situar a paisaxe, na súa posición xeográfica ou climática.
- Zona climática: cálida, tépeda, fría
- Clima: Polar, tropical, mediterráneo, desértico...
- Situación xeográfica nun mapa.
Os factores abióticos son os distintos compoñentes que
determinan o espazo físico no cal habitan os seres vivos, entre os
máis importantes podemos atopar: a auga, a temperatura, a luz, o
chan... Son factores sen vida que forman un ecosistema.

Os factores abióticos son os principais freos do crecemento das


poboacións. Por exemplo: un factor biolimitante sería o deserto,
un glaciar, as montañas, minas...

Elementos abióticos son:


a) Topografía: montañas, chairas
b) Litoloxía: rochas, desprendementos
c) Auga na superficie: ríos, lagoas...
d) Atmosfera: Se hai nubes, choiva, neve
Fauna: É conveniente se aparecen animais mencionalos.

Flora: praderías, cultivos, arbustos, bosques perennes ou


caducifolios...

Por exemplo: as vacas, os cabalos e as cabras, pertencen ao grupo


biótico, conviven nun mesmo ecosistema, que pode ser un campo.
Para a súa subsistencia, necesitan de distintos factores abióticos
como o aire e a auga.
Fai referencia ao ser humano, xa que el é o único que transforma o
medio, como mellor lle parece, para satisfacer as súas necesidades.

 Extraccións e canteiras
 Cultivos
 Edificacións
 Polígonos industriais (fábricas, centrais eléctricas...)
 Infraestruturas de comunicación e transporte: vías férreas,
carreteiras, camiños, pontes, autovías...
Lembra que segundo os compoñentes predominantes podemos falar de:
– Paisaxes con predominio dos compoñentes abióticos
(p.ex. paisaxes glaciares, desertos)
– Paisaxes con predominio dos compoñentes bióticos
(p.ex. Bosque, matorral, prado)
– Paisaxes con predominio dos compoñentes antrópicos
(p.ex. cultivos en terraza)
As Paisaxes teñen un valor natural e cultural, ademais tamén teñen un valor económico. As paisaxes con interese natural como as
praias ou culturais como os cascos históricos proporcionan beneficios. (TURISMO)

Tamén as paisaxes urbanas e industriais teñen que estar ben coidadas e planificadas; de ser así, serán lugares máis apreciados para
vivir, traballar ou pasar unhas vacacións, xerando un movemento económico e social. Por outra banda, as paisaxes tamén son un
elemento de identidade, un espazo compartido por un grupo de persoas e, de esta maneira, adquire unha dimensión afectiva. Todas as
persoas sentímonos identificadas cas paisaxes das que formamos parte. Polo tanto, tamén existe un gran valor emocional e simbólico.

AMEAZAS DA PAISAXES: O modelo de desenrolo no que vivimos está supoñendo unha ameaza para a supervivencia das paisaxes
que caracterizan os lugares e as poboacións, ata tal punto que existen poucas paisaxes que poidan considerarse estritamente naturais.
Estas transformacións no noso entorno poden ser perigosas se supoñen a perda dos valores naturais, culturais, sociais e económicos.

COMO COIDAR AS PAISAXES: É fundamental planificar ben os usos no territorio, establecer unha normativa e actuar de forma
responsable, se queremos acadar un equilibrio entre vivir con comodidade e ter acceso a todos os ben de consumo e conservar a
paisaxe. É dicir, non se trata de renunciar a carreteiras, construcións ..., senón planificar como, cando e onde, para conseguir que o
impacto sobre a paisaxe sexa o menor posible. Todos podemos contribuír a manter as paisaxes que desexamos. Así lograremos
garantir a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras.
IMPACTO SOBRE AS PAISAXE: O impacto paisaxístico é unha alteración estrutural ou funcional nun ou en varios
dos compoñentes naturais e elementos visuais da paisaxe como consecuencia das intervencións humanas, lo que
provoca unha diminución da súa calidade ambiental e visual.

 Principais causas humanas das alteracións das paisaxe:


• Asentamentos urbanos e industriais, que supoñen a eliminación de vexetación e fauna.
• Obras públicas, tales como estradas, embalses, parque eólicos, liñas férreas, etc. Ademais de modificacións do
relevo por movementos de terra, favorecendo procesos de erosión. Tamén producen a fragmentación dos
hábitats, a interrupción dos corredores naturais, e a presencia de barreras que impiden o dificultan a
mobilidade das especies
• Actividades agrícolas e gandeiras. Supoñen a substitución de vexetación natural por especies de cultivos, a
aparición de liñas rectas, así como acumulación de residuos, abonos e pesticidas que poden degradar a paisaxe.
• Extracción de recursos mineiros. Tanto as canteiras como as minas a ceo aberto supoñen eliminación da
vexetación, modificación do relevo e acumulación de residuos
• Acumulación de residuos urbanos e industriais, consecuencia do incremento da poboación. Supoñen un
impacto visual e tamén olfativo, ademáis dun risco para a saúde.
• Explotación de recursos forestais, como por exemplo as construcción de cortafuegos e pistas forestais
(desbroce, incorporación de líneas rectas), talas, acumulación de residuos forestais, etc.
• Presencia humana en actividades de ocio, tanto no que se refiere a presencia de infraestructuras para o ocio
e turismo, como o impacto directo derivado da afluencia de personas pola presión turística (incremento erosión,
presencia de residuos, contaminación por vehículos, etc.)
Asentamentos urbanos Extracción de recursos
e industriáis Obras públicas
mineiros

Explotación de Actividades Acumulación de residuos Acumulación de residuos urbanos


recursos forestais agrícolas e urbanos e industriáis e industriáis
gandeiras
1) POÑER un TÍTULO á paisaxe
2) Describir o que se ve na paisaxe e o que se intúe.
3) Dicir onde se localiza a paisaxe (latitude-lonxitude, continente…) e a
zona climática (fría, cálida, tépeda, se sabemos o tipo de clima tamén o
escribimos e dicimos cales son as súas características. Por exemplo: seco,
chuvioso…)
4)Clasificamos o tipo de paisaxe en:
a. Natural /transformada/mixta
b. Costeira/Montaña/interior
5)Explicamos a funcionalidade da paisaxe:
- Natural /rural (uso agrícola, gandeiro,
forestal…)/industrial/Urbana/Turístico
6)Describimos os elementos da paisaxe e cal abunda nela:
Bióticos-fauna e vexetación é de que tipo é, por exemplo bosque, matorral,
Pasos a seguir prado. Abióticos -tipo de chan se hai montañas, chairas, mesetas, ou é
unha paisaxe de costa…; tipo de auga, por exemplo, mar, río…
Antrópicos -tipo de poboamento se é disperso ou concentrado ou si se
trata dunha cidade, pobo, aldea, construcións (fábricas, casas, edificios…),
vías de comunicación (estradas, pontes…)
7)Conclusión: Problemas que vemos na paisaxe, posibles solucións…
EXEMPLO DE COMENTARIO DUNHA PAISAXE:
Título: O castelo rodeado de viñedos

Descrición: Na imaxe vemos unha chaira e o final unhas montañas. Na chaira vemos
campos de cultivo e algunhas vivendas.

Localización: Localízase en Europa concretamente en Francia, na rexión de Borgoña


(47°N 4°E) famosa polos seus viños de borgoña. A área está entrecruzada por unha
rede de canles e ten grandes châteaux, dos cales na actualidade moitos son luxosos
hoteis. Podemos deducir que pertence a un clima tépedo polo tipo de vexetación que
se aprecia na fotografía e a zona climática na que se sitúa Francia.

Tipo de paisaxe: A fotografía amosa unha paisaxe mixta de interior.


Funcionalidade: Función agraria (rural).

Elementos que predominan: Os elementos bióticos, árbores e vexetación que son os


que predominan na imaxe poden tratarse de viñedos propios da zona. A vexetación
dominante polo tanto é totalmente humanizada (viñas plantadas en liña).
Os elementos antrópicos (humanos) dominantes son pequenas parcelas, limitadas por
camiños, o uso debe ser agrícola. Respecto ao poboamento vense casas de campo e un
castelo, pode tratarse dun châteaux propio desta zona como mencionei antes.
Observamos que se trata de casas de material de pedra ou barro.
Os elementos abióticos son o ceo e as montañas que se ven ao fondo. Na fotografía
non se aprecia auga, pero podemos deducir que os viñedos cultivados deben ser
regados a través de canles que transportarán augas de ríos e pozos.

Conclusión: En Francia atopamos unha gran industria vinícola pero os factores


ambientais como o cambio climático; os problemas biolóxicos: virus, fungos e
bacterias; as prácticas industriais; e as limitacións económicas están levando a unha
gran diminución da produtividade nos viñedos franceses, e polo tanto ameazan tamén
este tipo de paisaxe.

You might also like