Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

nº55 · 20novembro2021

O Monbus Obradoiro – Casademont Zaragoza


estará patrocinado polo CC As Cancelas
Hoxe disputamos un novo encontro na Caldeira! Recibimos ao Casademont Zaragoza e este partido
estará patrocinado polo Centro Comercial As Cancelas, membro do Club de Empresas Obradoiro.

Na rolda de prensa previa ao partido, o xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco,
inaugurou a quenda de palabra: “Benvidos a As Cancelas, á vosa casa. Esta colaboración que
emprendemos fainos moi felices. O Monbus Obradoiro como club deportivo ao longo destes 51 anos
da súa existencia realizou un excelente traballo. Cónstame que con moito esforzo e sacrificio foi capaz
de converterse nunha institución deportiva de referencia en Galicia. O acordo que arrincamos agora é
un compromiso coa nosa contorna co obxectivo de facer cidade. Que dúbida cabe de que compartimos
afeccionados e clientes entre todos os nosos veciños e estamos seguros de que este acordo será unha
experiencia moi positiva para ambas as entidades e para a promoción da nosa cidade”.

O director de Marketing e Comercial, Daniel Agra, explicou que “As Cancelas e Monbus Obradoiro
aúnan os seus camiños. Dúas entidades de referencia para a cidade estaban destinadas a unirse e
precisamente este acordo baséase en xerar cidade. Temos moitos seguidores de Santiago e de
arredores que son potenciais clientes tamén de As Cancelas. O obxectivo é xerar as mellores
experiencias para os que decidan vir aos partidos e a este centro comercial. E comezamos por esta fin
de semana xa que o partido estará patrocinado por CC As Cancelas e faremos diferentes activacións.
Unha delas é que contaremos coa presenza de Celi, a súa mascota, durante o encontro. Estamos moi
contentos de poder camiñar xuntos nesta etapa tan especial para ambos porque, no noso caso,
acabamos de cumprir 51 anos e As Cancelas cumpre, nin máis nin menos, que 10 anos”.
MONBUS OBRADOIRO

CASADEMONT ZARAGOZA
O INFANTIL CENOR OBRADOIRO
DISPUTARÁ A FASE PREVIA DA
MINICOPA ENDESA EN VALENCIA
Os xogadores do equipo infantil Cenor Obradoiro viaxarán a Valencia para disputar a Fase
Previa da Minicopa Endesa entre o 6 e 8 de decembro en L'Alqueria del Basket.

Os rapaces, adestrados por Dan Petts, enfrontaránse ao Joventut Badalona, ao Herbalife


Gran Canaria e ao Fundación Bilbao Basket BBK.

Os equipos de cada grupo xogarán todos contra todos, a unha volta, entre o luns 6 e o
martes 7 de decembro. Clasificaránse para a Fase Final os líderes de cada grupo, mentres
que os segundos disputarán un ‘play in’ o mércores 8 para decidir as últimas dúas prazas:
o segundo do Grupo A contra o do Grupo B, e o do C contra o do D.

Moi pronto coñeceremos o calendario completo dos encontros, as plantillas e todas as


novidades desta Fase Previa da Minicopa Endesa.
CENOR OBRADOIRO

YAGO ÁLVARO HAILE XOEL XOEL NICOLÁS


REY SONEIRA APARICIO MEIJIDE IGLESIAS FUENTES
CONDE BOO RODRÍGUEZ CARRO CODESIDO PRADO

ENRIQUE MATEO MANUEL ANTONIO ADRIÁN GABRIEL


OTERO BLANCO MACEIRA CODESIDO CARNEIRO TOREA
PIÑEIRO LÓPEZ LOIRA LORENZO CAJARAVILLE OBELLEIRO

ADESTRADORES: DAN PETTS (PRINCIPAL), HUGO PÉREZ VALTIERRA E NICOLÁS VÁZQUEZ


PREPARADOR FÍSICO: NICOLÁS VÁZQUEZ

#-"$,'3*%":%PBP
$VSTPTEFJOHMÏTQBSBCFCÏT 
OFOPT YØWFOFTFBEVMUPT
5FMFQSFTFODJBMPQSFTFODJBM5JFMJYFT

   


&TUVEJPCJPNFDÉOJDP 2VJSPQPEJB 4FSWJDJPTEFGJTJPUFSBQJB %FMVOTBYPWFT

13&4&/5"/%00"#0/0%0.0/#640#3"%0*30
/POBDVNVMBCMFDPOPVUSBTQSPNPDJØOT
PRÓXIMO PARTIDO
PRÓXIMO PARTIDO EN SAR EN SAR
XORNADA 14 · SÁBADO 18/12/2021 · 18:00
Síguenos!

MONBUS vs HEREDA SAN


OBRADOIRO PABLO BURGOS
XORNADA 08 (MARTES 27/10/2020 - 21:15H.)
MONBUS OBRADOIRO - VALENCIA BASKET CLUB

You might also like