SAMAÍN

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Queridas familias:

Achégase o Samaín!

Un ano maís chegamos a esta época que aos nenos e nenas tanto lles gusta. É tempo de ilusión

e de medo, de bruxas e pantasmas e é tempo de adornar e tallar cabazas de mil maneiras e

formas distintas. Despois da pandemia, debemos retomar algunas das nosas tradicións case

con normalidade, así que animemos aos nosos pequenos a que dunha maneira ou doutra,

celebremos esta festa.

Como xa ben sendo costume tódolos anos neste cole, ambientaremos as clases e os

corredores e faremos un concurso de cabazas con premios para as mellores en diferentes

categorías: cabaza máis enxebre, máis inxeniosa, máis elegante… así que, que voe a vosa

imaxinación!

Os que queiran participar poderán traer as cabazas ao cole a partir do luns 25 e contando

como data tope o 28 de outubro. A entrega de premios será o venres 29.

Animámosvos a que participedes e a que fagades esta actividade individual ou aínda mellor, en

familia. Estamos seguros de que a creatividade será infinita! Contamos coa vosa colaboración!

Moitas grazas e un saúdo.

Nota: As cabazas teñen que vir cun “seudónimo” e o curso/clase á que pertence. Xa a profe, na

clase, encargarase de anotar o nome de cada alumno/a que participe.

You might also like