Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

MAGOSTO

DATA DE CELEBRACIÓN: venres, 12 de novembro

ACTIVIDADES
Taller de asado de castañas: correrá a cargo da ANPA do
cole. Tamén repartirán bolos preñados. Repartirase un
horario para que todos os cursos podan visitar o asado das
castañas.
Ao compás dunha muiñeira: A ANPA ten previsto traer un
grupo de baile tradicional galego e o noso profe de música
está preparando co alumnado unha coreografía sinxela para
bailar ese día.
Taller artístico "naturalizARTE": taller de arte efímero nos
patios dos dous coles despois do recreo. Nos días previos
iranse recollendo c@s peques diferentes elementos naturais
propios do outono para que o día 12 poidan dar renda solta á
sua imaxinación e crear diferentes composicións artísticas de
tema libre (pódese ir facendo un brainstorming na clase sobre
o tema). @s titoras/es estarán a cargo desta actividade co seu
grupo mentras que @s especialista axudarán onde sexa
preciso e encargaranse de ir sacando fotos. Entregarase un
plano coa ubicacón das clases no patio.
RECORDATORIO
4 de novembro: visita ao cole do contacontos Anxo
Moure, con "o carballo con botas" (30' aprox.) André
xa entregou o horario.
Taller literario do mes do medo: creación literaria
libre sobre a criatura mitolóxica e gravación en audio.
Ir cogando os audios na aula virtual ata o 15 de
novembro.

You might also like