Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 8

Arte.

1.Análise e comentario.

Trátase dun relevo (escultura labrada sobre unha das superficies dun bloque)
realizada en en pedra.

O relevo está enmarcado por unha arquitectura, dúas columnas, unha de orde dórica
e a outra xónica e por un arco de medio punto (equivalente a media circunferencia e
con un só centro). A temática é relixiosa.

A escena está dividida en dúas seccións, na parte superior temos representado o


enterro e resurrección de Cristo, no centro da imaxe destacan Nicodemo e Xosé de
Arimatea que introducen a Xesús no sepulcro. A lousa do sepulcro está aberta
(observamos a Xesús tumbado) e a lousa corta diagonalmente a escena dividíndoa
en dúas partes. Na superior tres personaxes que poderían ser as tres Marías, así como
a figura dun anxo; que anuncia o milagre da resurrección, coa colocación en
diagonal da lousa o que se fai e crear sensación de profundidade na escena ao que
contribúen os distintos tipos de relevo. Así vemos representado nun baixo relevo (as
figuras case non sobresaen do fondo), a representación das mans de Cristo, temos
tamén relevo escavado xa que os contornos das figuras están escavados
proporcionando maior claridade e contribuíndo aos efectos de claroscuro, de tal
forma que hai partes máis iluminadas que outras.

Excepto a figura de Cristo, o resto están labradas en alto relevo, xa que están talladas
case en vulto redondo, máis están adheridas ao plano do muro.

Outros recursos artísticos que tamén potencian a profundidade do relevo son:

- A disposición dos corpos en diferentes planos, nun primeiro plano representa


corpos enteiros, nun segundo máis pequenos e finalmente só cabezas, é o que se
denomina perspectiva invertida.

- Colocación dos corpos formando escorzos, que ao non contemplar un canon


clásico, por adaptarse ao marco non consiguen realmente a súa finalidade.

É visible a isocefalia, é dicir, todas as cabezas teñen a mesma altura.

En canto á escena inferior, o que se representa é a resurrección de Cristo, aos lados


as figuras dos dous gardiáns do sepulcro que están tumbados e durmindo, nun plano
secundario as tres Marías e o anxo da resurrección, polo tanto o que intenta o autor
ao superpoñer escenas é dar sensación de profundidade. Asi mesmo nesta escena as
figuras están labradas nun medio relevo xa que non sobresae do espazo
arquitectónico toda a figura, só a metade.

Nas escenas é visible a adaptación ao marco arquitectónico, é dicir, o tamaño e


proporción das figuras dependen do lugar no que se atopan, por exemplo alónganse
nas xambas ou no parteluz, e achátanse nos capiteis ou ángulos dos tímpanos.

A xerarquización espacial tamén é visible; é dicir, a súa localización condiciona o


significado, así non pode lerse da mesma maneira a figura situada nun tímpano que
nun canzorro.

Son figuras inexpresivas, aínda que aquí a diferencia do que ocorre ao principio do
románico comeza a haber xestualidade e as figuras non son tan hieráticas e os corpos
inclínanse.

É visible tamén a gradación do tamaño así a figura de maior tamaño (neste caso,
Cristo), determina a preponderancia relixiosa sobre as outras figuras.

Por todo isto podemos dicir que se trata dun relevo románico, concretamente de
mediados do século XII e que sería un dos relevos dos machóns do claustro de Santo
Domingo de Silos.

O emprego de perspectiva xerárquica remarca a importancia do programa


iconográfico de carácter cristolóxico de todo o claustro, no que os motivos escollidos
parecen responder a un programa coherente, pero o certo é que a súa execución
prolongouse durante séculos e que, ademais, non están colocados en orden. Na
actualidade existe acordo en considerar a autoría do Claustro Historiado de Silos,
piso inferior, de dous talleres diferentes, e dentro destes a diferenciación entre
mestres e alumnos, visibles na diferente execución da talla. O primeiro, traballaría
dende finais do século XI a comezos do XII, nas partes Leste e Norte do claustro, as cales
pertence o noso relevo do Enterro e Resurrección de Cristo. Trataríase dun alumnos do
primeiro mestre pola intención de superar as limitacións da primeira escultura románica. .

Neste claustro pódese observar a pegada de dous mestres diferentes. O primeiro


demostra nas súas figuras gran dominio do cincel e do trépano, o que leva a
emparentar esta arte co estilo andalusí e a talla de marfil. Os seus capiteis presentan
motivos vexetais, de cestería e numerosos animais fantásticos atenazados polos talos
vexetais como vítimas do pecado.

O segundo distínguese por colocar xuntos dous fustes de columnas baixo os capiteis.
O seu estilo ao que pertencería o relevo que se nos mostra na imaxe, caracterízase
por ser máis tridimensional e con formas máis redondeadas.

Nesta imaxe non é visible, pero noutros relevos é visible o artificioso cruzamento
das pernas das figuras, visible por exemplo no relevo da dúbida de Santo Tomás.
Outros relevos importantes son o Descendemento da Cruz, os Discípulos de
Emaús...

Finalmente sinalar que ao tratarse dunha escena relixiosa, o seu fin é didáctico, é
dicir, como a maior parte do pobo non sabía ler nin escribir, a única forma que tiñan
de interpretar a Biblia era a través das esculturas e das pinturas.

Os claustros historiados comezan a ser elaborados unha vez que se tiña acadado a
ordenación da representación escultórica na basílica romana. O Claustro de Cluny III,
rematado no 1049, foi o primeiro en recibir unha decoración escultórica. Será seguido
polos de Santo Domingo de Silos e San Pedro de Moissac, dentro do ámbito cluniacense,
facendo cambios moi significativos ao facer as primeiras aplicacións monumentais de
relevos e capiteis historiados. Agora non se trataba de enriquecer ornamentalmente ao
conxunto, senón de plasmar a través de ciclos narrativos a mensaxe doutrinal que quería
transmitirse aos crentes.

O claustro de Silos, iniciado antes do 1073 non será rematado hasta o século XIII.
Ademais dos oito baixorrelevos, dispostos nas esquinas interiores de cada un dos
piares laterais, nos que se tratan diferentes momentos do ciclo da Paixón, Morte e
Resurrección, destacan os espléndidos capiteis.

2.Contexto histórico-artístico.

O contexto histórico no que se localiza esta imaxe é a Idade Media, concretamente a


Plena Idade Media, época que se caracteriza polo asentamento de pobos no norte,
leste e oeste de Europa e por ser a época do Feudalismo Pleno.

O século XII é o século do Románico por excelencia en España, onde hai que ter en
conta o auxe das peregrinacións, Santiago será o gran centro de peregrinación en
occidente xunto a Xerusalén e Roma, e no Camiño de Santiago está asentado este
mosteiro, lugar de acollida dos peregrinos, e no que tamén terán transcendencia o
culto ás reliquias.

3.Conclusión.

A medida que avanza o século XII, este tipo de figuras irá abandonando o hieratismo
e o estatismo, chegando á obra cume da escultura románica en España, O Pórtico da
Gloria, na que é visible maior naturalismo das figuras a través dos seus xestos, que
dan a impresión de estar dialogando e que nos anticipan o Gótico.

Historia.
1.Natureza do texto.

Estamos ante unha carta, na cal se conta un acontecemento bélico, da Idade Media.

2.Contexto histórico.

O texto podemos ubicalo na Idade Media, concretamente na Plena Idade Media,


entre os séculos XI-XIII; é a época do Feudalismo. Nesta época ten lugar o
desenvolvemento económico, o asentamento de pobos xermánicos no norte, leste e
oeste de Europa e o renacer das cidades o que dará lugar ao establecemento de rutas
comerciais.

3.Análise.

Como idea principal hai que subliñar a Batalla levada a cabo entre os pobos cristiáns
liderados polo rei Alfonso VIII de Castela e os musulmáns no ano 1212.

Como ideas secundarias hai que ter en conta que no texto cita ao rei de Aragón e ao
rei de Navarra, e polo tanto hai que ter en conta a creación destes reinos.

4.Comentario.

A caída do Califato de Córdoba na primeira metade do século XI foi o punto de


partida para o avance dos reinos cristiáns.

No século XII o exército almorábide entra na Península Ibérica, hai que ter en conta
neste momento que as segundas taifas están divididas.

Entre os reis cristiáns neste momento tamén hai que ter en conta divisións, posto que
teñen que retroceder ao val do Texo debido á presenza dos almohades.

Hai que ter en conta o papel do Papa Inocencio III, que pretende nesta época
recuperar a unidade de acción cristiá a través das cruzadas.

Coa toma por parte dos musulmáns do Castelo de Salvaterra (liña 14) comeza a
ofensiva cristiá, cuxo feito fundamental é a Batalla das Navas de Tolosa, que ten
lugar o 16 de xullo de 1212, na que se enfrontan os reinos cristiáns coordinados por
Alfonso VIII de Castela contra as forzas almohades a cuxa fronte está o coñecido
polas fontes cristiás da época como Miramamolin. Foi unha batalla excepcional para
as tropas cristiás, posto que abre a porta á conquista do sur, é dicir ao Val do
Guadalquivir e serve como data para fixar a desaparición do poder militar dos
almohades na Península Ibérica, aínda que permanecen na península ata 1492 cando
son expulsados polos Reis Católicos.

Así mesmo hai que sinalar que a victoria cristiá da lugar á expansión cristiá no
século XIII.

Finalizar dicindo que non sempre se produciron loitas entre os cristiáns e os


musulmáns, xa que existiron entre eles períodos de paz.

5.Conclusión.

Para Pirenne o Mediterráneo convérteuse polo impacto do Islam nun “factor de


unidade e foso de civilizacións”. Bizancio en Oriente, o mundo romano-xermánico
en occindente e o mundo musulmán no sur.

Sanchez Albornoz indica que a chegada dos musulmáns foi deciva posto que supuxo
un curtocircuito no normal desenvolvemento da historia peninsular.

Según Américo Castro, a invasión musulmana é de importancia singular, xa que a


coexistencia ou a tensión entre muslmáns, xudeos e cristiáns deu orixe á esencia de
España.

6.Bibliografía.

A bibliografía empregada no tema parte de manuais de síntese xeral como o libro de


Claramunt, “Historia de la Edad Media”, Mitre, E, “La España medieval”,
Bonnassie, P: “Las Españas Medievales”. Outras obras importantes no tema son:
Rui, M.: “Edad Media 711-1500. Historia de España”, Valdeón, J.:”El feudalismo y
consolidación de los reinos hispánicos”.
Xeografía.

1.Introdución.

Estamos ante un perfil topográfico, é dicir, un gráfico liñal no que se mostra o relevo
dun terreo a través de dous eixes, que mostran a altitude e a lonxitude.

O inicio e o final do perfil comeza nos 0 metros, polo tanto correspóndense con
zonas costeiras. As máximas altitudes corresponderían aos sistemas Béticos, polo
tanto podería ser Serra Nevada así como na cordilleira cantábrica, cos picos de
Europa.

A dirección do perfil polo tanto é norte-sur.

No relevo podemos observar as seguintes unidades: a Cordilleira Cantábrica cos


Picos de Europa, a Submeseta Norte na que se inclúe a Depresión do Douro, o
Sistema Central coa Serra do Guadarrama, a Submeseta sur, na que hai que destacar
o Rio Texo, os Montes de Toledo co Río Guadiana, Serra Morena, Val do
Guadalquivir e a Cordilleira Bética.

2.Comentario.

Polo tanto o que temos no Perfil son as principais unidades do relevo da Península
Ibérica.

Asi na Cordilleira Cantábrica hai que destacar en primeiro lugar que se trata dunha
alineación montañosa elevada no norte peninsular. Os Picos de Europa ocupan a súa
parte central. Sinalar que a orixe da Cordilleira Cantábrica remóntase ao final da Era
Terciaria, como resultado da Oroxenia Alpina. Asi os Picos de Europa son o
resultado dun pregamento Alpino, con altitudes de máis de 2500 metros. Son
importantes así mesmo os restos de glaciarismo, polo que son visibles lagos
glaciares, crestas e circos de glaciar.

A litoloxía varía, mentres no Macizo Occidental atopamos unha litoloxía granítica,


ríxida e cristalina, na zona central que corresponde cos Picos de Europa, a orixe dos
materiais é sedimentaria, como resultado da calma oroxénica do Mesozoico e como
consecuencia ten a formación de estratos superpostos pregados na Oroxenia Alpina.
Sinalar que nos Picos de Europa nacen ríos de percorrido curto, pola desembocadura
no Cantábrico, así mesmo o clíma é tépedo oceánico, caracterizado pola abundancia
e regularidade das precipitacións polo que os ríos son caudalosos. A Cordilleira
Cantábrica é unha montaña Atlántica.

A Submeseta norte, forma parte do Macizo Galaico. Trátase dun Escudo, unha masa
continental ríxida que emerxe na Oroxenia Caledoniana, durante o Precámbrico. Foi
arrasada pola erosión e volve a emerxer na Era Primaria, quedando arrasada pola
erosión. A finais da Era Terciaria, coa Oroxenia Alpina, prodúcese unha fractura no
macizo pola litoloxía ríxida de materiais antigos e pouco flexibles.

O Douro realiza a súa acción fluvial importante. Trátase dun río cun rexime
irregular, xa que discurre por unha zona de clima mediterráneo continentalizado.

En canto ao Sistema Central é a Unidade interior da Meseta, configura o relevo do


interior peninsular. A súa orixe está no zócalo Hercínico, hoxe erosionado, elevado
durante a Era Terciaria coincidindo coa Oroxenia Alpina. As serras teñen altitudes
de máis de 2500 metros, polo que é observable glaciarismo, polo tanto o clima
correspóndese a unha zona de montaña continentalizado e con amplitudes térmicas.

En canto á Submeseta sur, é de menor altitude, trátase dun macizo Hercínico que
emerxe na Era Primaria, hoxe aplanado e arrasado. Os Montes de Toledo marcan a
división entre a Submeseta norte e a sur. Ao Norte sitúase a depresión do Texo e ao
sur a do Gudaiana. Sinalar que a erosión fluvial da lugar a estas dúas cuncas fluviais,
polos que discorren estes rios de réxime continentalizado, como consecuencia do
clima mediterráneo de invernos fríos e veráns longos e cálidos.

Os Montes de Toledo son relevos apalachenses ou de penichaira de pouca altitude.

Serra Morena é o borde sur da Meseta, con unha altitude en torno aos 1300 metros,
sitúase entre a meseta e a Depresión do Guadalquivir, chaira aberta ao Atlántico,
afundida na Oroxenia Alpina e que foi recheada por materiais mariños. Trátase
dunha paisaxe formada por suaves colinas. O clima da depresión é Mediterráneo con
temperaturas como altas no veran debido ao caracter de cunca.

Finalmente a Bética, é a Cordilleira máis elevada da península. A súa orixe está na


acumulación de materiais brandos de orixe mariña durante a Era Secundaria. Consta
de dúas alineacións: ao norte a Subbética: Cazorla, Segura... e ao sur a Penibética
con Serra Nevada onde están as maiores altitudes.

You might also like