Mezquita de Córdoba

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 10

1.Ficha.

-Obra. Mesquita de Córdoba. -Estilo. Arte Islámica

-Autor. -Cronoloxía. 795-990.

2.Contexto histórico.

En primeiro lugar sinalar que a España Islámica vai dende o ano 711 ata o 1492,
alcanzando o seu esplendor político, económico e cultural durante o Califato de
Córdoba.

Na arte Islámica podemos destacar varias etapas:

-Os Reinos Taifas.

-As invasións africanas levadas a cabo por Almorábides e Almohades. Os


Alomorábides usan máis o piar que a columna, a mampostería e o ladrillo como
materiais e gran variedade de arcos e bóvedas. Mentres os Almohades caracterízanse
por construír a Mesquita de Sevilla, a Xiralda e Torre do Ouro.

-Reino Nazarí de Granada que alcanza o seu esplendor no século XIV. A obra máis
importante desta etapa é a Alambra de Granada.

3.Introdución.

Estamos ante unha planta, debuxo da sección horizontal dun edificio, consta de un
espacio cadrado, rodeado dun muro, reforzado con contrafortes e no que observamos
tamén a apertura de portas e vans. Así mesmo sinalar que consta de 19 naves
lonxitudinais e situadas perpendicular ao muro, e dun patio no que observamos no
medio unha edificación que se trataría dunha fonte, e pegado ao muro unha
construción de planta cadrada, polo tanto unha torre, Polo tanto trátase da planta da
Mezquita de Córdoba.

Así mesmo podemos observar que as naves están separadas mediante columnas e
están cubertas mediante teitume plana., unha das naves é mais alta que as demáis
que conduce cara un nicho con planta en forma de ferradura e que está situado no
testero. A ambos lados do nicho, cinco cámaras, case todas comunicadas entre si.
Nesta mesma nave observamos un tramo de planta centralizada, diferenciado tamén
mediante columnas. Observamos así mesmo uns piares que marcan as sucesivas
ampliacións que viviu o edificio.
4.Análise.

Os materiais utilizados son o mármore nas columnas, as calizas e ladrillos.

Como soportes destaca o muro reforzados por contrafortes, que só no testero parecen
ter unha función constructiva de reforzo, para contrarrestar a presión das arcadas. No
interior úsanse piares e columnas, auténticas protagonistas da obra. Sinalar que as
columnas son de fuste liso, monolitas, carecen de basa e teñen un capitel de pencas
que recorda, aínda que máis tosco, aos capiteis compostos romanos, rematan nun
cimacio. Sobre as columnas superpóñense uns piares de sección rectangular,
rematados na súa parte inferior en modillóns de rolo. Os piares van unidos por arcos
de medio punto e por debaixo destes arcos de ferradura enxarxados, ambos
presentan bicromía nas doelas: brancas e vermellas.

En canto á cuberta, sinalar que é abovedada e de época posterior e que posiblemente


fora anteriormente plana de madeira.

A decoración das naves realízase a través dos capiteis e da bicromía das doelas dos
arcos.

Sinalar que o exterior do edificio carece de importancia. A través da planta e das


proporcións do edificio, intuímos que non hai un concepto claro da fachada e que o
que domina é o propio muro, horizontal e cuxa planitude ráchase cos contrafortes e
coa abertura de portas e vans.

É o espazo interior o que se valora e está marcado pola sucesión de naves idénticas
perpendiculares ao muro.

Dado o desenvolvemento en anchura e profundidade, o interior é escuro, precisando


lámpadas para a súa ilumninación, a pouca luz natural que se filtra faino a través das
acrcadas de acceso ao patio e dos escasos vans situados no muro e nalgunhas capelas
lucernarios. A bicromía das doelas e a esbeltez das arcadas superpostas
proporcionan ao interior un ambiente único.

5.Comentario.

A ausencia de focalidade do espacio indeferenciado, o número tan elevado de naves,


o interior como un bosque de columnas, a decoración, a presencia do patio como
parte importante do edificio, levannos a clasificalo como unha Mesquita Hipóstila,
construída durante o Emirato e Califato, entre os séculos VIII e X.
Dentro do mundo islámico a mesquita é o edificio fundamental, é a sala de oración
para os fieis. A súa función é relixiosa, máis dadas as características do credo
musulmán, nela non hai que facer sacrificios senón só rezar. Isto explica a ausencia
do altar e a falta de focalidade. A oración no islám faise mirando cara a Meca,
cidade santa, de ahí que en toda mesquita haxa sempre un muro orientado cara esa
dirección, chamado muro da Quibla, sinalandoo temos o Mihrab (pequeno nicho
aberto no muro), diante a Maqsura, xunto a ela o mimbar e un pouco máis lonxe a
Dikka. Todo este espacio cuberto constitúe o Haram ou sala de oración. Adoita estar
precedido dun patio ou salón onde está a fonte das ablucións e nun dos seus lados o
Alminar ou Minarete, torre dende a cal o almuédano chama aos fieis á oración.

A mesquita de Córdoba responde ao tipo hipóstila que xurdiu en Siria e que ten na
Mesquita Maior de Damasco un dos seus primeiros exemplos. Sinalar que se
caracterizan polo elevado número de naves e columnas do Haram, a planta adoita ser
rectangular e patio disponse nos pés do edificio, sitúandose nun dos lados o único
minarete.

A Mesquita de Córdoba era unha Alxama ou mesquita de venres, isto supoñía que
ese día, día do descanso no Islám, a poboación reuníase nela para rezar
continuamente. Dado que Córdoba era a capital do Emirato-Califato, a mesquita é a
máis importante de Al Andalus. Construída entre o 785 e o 990. É unha obra que
sempre vai estar ligada ao Estado, serán os emires e califas os que aocmetan a súa
construción e sucesivas ampliacións, as cales virán marcadas polo crecemento
demográfico da cidade.

Hai que destacar as seguintes etapas constructivas:

Na primeira etapa o edificio primitivo, orientado erroneamente ao sur, foi levantado


en tempos do Emir Abd Al Raman I, sobre un antigo cenobio visigodo, a Igrexa de
San Vicente. Construiuse en pedra con un aparello moi romano, a soga e tizón. Tiña
11 naves perpendiculares á Quibla, a central máis ancha, alminar e un patio non
porticado. Presentaba as características básicas desta mesquita que se respetarán nas
sucesivas reformas:

-Superposición de soportes, debido ao interese por dar altura ás naves.

-Superposición de arcos actuando os inferiores como entibos. Os superiores de


medio punto e de un grosor superior.
-Bicromía das doelas ao alternar caliza e ladrillo, realízabase a través da aplicación
de pintura.

-Muro con contrafortes.

-Teitume de madeira nas naves con cuberta a dobre vertente no exterior.

En canto á distribución das naves hai que sinalar que as dúas primeiras eran máis
angostas e pénsase que estaban separadas por reixas para que servisen de oratorio
para as mulleres. O patio da mesquita non tiña pórticos e comunicábase coa sala de
oración mediante portas situadas entre macizos piares de planta en forma de T que
contrarrestaban o empuxe das arcadas das naves.

Entre o 821 e o 852 Abd al Raman II fai a primeira ampliación prolongando as


naves en 8 tramos para elo tira o muro da Quibla, levantando un novo. Na planta o
primeiro tramo de piares desde os pes do edificio reflicte a situación da Quibla
primitiva, de ahí ao segundo tramo de piares teríamos a ampliación deste emir. Así
mesmo hai que ter en conta o material dos arcos, nos que se usan pezas de ladrillo ex
profeso en 11 capiteis.

O seu sucesor Muhamed I remodelou a porta de Santo Estevo, que quedou resolta
mediante un arco de ferradura enmarcado por un alfíz. A disposición das primeiras
doelas é horizontal. A fachada segue unha disposición tripartita.

O califa Abd Al Rahman III amplia o patio e o portica e como soportes utiliza
columnas e piares, solución que ten orixe na Mesquita Maior de Damasco. Constrúe
un novo minarete con dobre escada, actualmente enmascarado polo campanario de
orixe cristiá.

Entre o 961 e o 969 Al Hakam II leva a cabo a súa ampliación, a máis importante de
todas polas súas innovacións. Prolonga as naves 12 tramos e levanta unha nova
Quibla, a que actualmente ten a mesquita. Introduce capelas lucernario que resaltan
o eixe central e a profundidade. Unha atópoase nos dous primeiros tramos da nave
central e as otras tres na Maqsura. Todas están cubertas con bóvedas de nervios,
denominadas califais, sobre trompas, en cuxos centros se lévantan bóvedas
esquifadas ou gallonadas. A orixe destas bóvedas parece oriental. Introduce tamén o
arco lobulado de orixe oriental e os entrecruzamentos de arcos. O Mihrab é unha
cámara de planta octogonal, cúbreo mediante bóveda en forma de cuncha, realizada
en xeso, novo material que terá moita transcendencia na arte islámica española. No
Mihrab é onde a decoración alcanza o cume, a maior parte da mesma está formado
por un mosaico de teselas de pasta vítrea que manifesta a presencia dun artesá
bizantino. O despece dos arcos faise ao centro da liña de imposta. A decoración a
través de ataurique, lacería, inscripcións cúficas, é moi coidada. Marca o apoxeo da
calidade e o refinamento da arte cordobesa. Estas novidades usaranse moito
posteriormente, non só en Al Andalus senón tamén no Norte de África, e nos reinos
cristiáns da Península, a onde chegarán elementos como o arco lobulado e a bóveda
de nervios, ainda que o seu uso non se xeralice.

Entre os anos 987 e 990 Almanzor leva a cabo a última ampliacíon, neste caso
lateral, polo lado leste. Consiste en 8 naves e a parte correspondente do patio. Non
aporta novidades e a calidade da obra e decoración son inferiores. Provoca o
descentramento do Mihrab pero a mesquita mantivo a mesma estrutura base que tiña
cando a comenzou Abd Al Rahman I. Posteriormente destrúese parte do edificio
para construír unha catedral.

Finalmente sinalar que a mesquita de Córdoba aparece ao final do século X como


resultado dun proceso histórico que comezará a finais do século VIII. Todas as
adicións trataron de seguir a disposición orixinal de arcos e columnas do primeiro
edificio, mantendo así toda a mesquita unha sorprendente unidade estilística. En
todos os casos o motivo das modificacións é o mesmo, aumento demográfico da
cidade.

6.Conclusión.

A arte islámica é variada e ten gran extensión xeográfica e cronolíxica. O seu


influxo na arte románica e gótica chega a ser considerada unha nova forma artística,
o mudexar. A pervivencia do islam nas manifestacións artísticas europeas sufrirá un
parón a medida que se consolidan as formas culturais que asentan o poder das
monarquías autoritarias, vencelladas á idea de “nación” polo que se centran en
formas que se consideran propias do seu país e do mundo clásico.

Hoxe en dia hai que destacar o influxo da arquitectura islámica no mundo


occidental.

7.Bibliografía.

Como bibliografía empregada destacar a obra de Ramirez, J.A.: Historia del arte. La
Edad Media, Grabar, O.: La formación del arte islamico, VVAA. Diccionario de
términos artísticos, Ed. Alianza, VVAA, Atlas de arquitectura, volumen I,
Ed.Alianza.

1.Ficha.

-Obra: Catedral de Santiago de Compostela. Estilo: Románico.

-Autor. Cronoloxía.1075-1188.

-Material: Pedra.

2.Contexto histórico artístico.

Hai que enmarcar a obra na Idade Media, concretamente na Plena Idade Media,
entre os séculos XI-XIII. Esta época coincide coa pacificación dos pobos
xermánicos no norte, leste e oeste de Europa, é a época do Feudalismo Pleno.
A nivel artístico no século XII hai que ter en conta o Románico, que para algúns
autores ten a súa orixe en Francia e para outros en España, pero é algo complexo ao
tratarse dunha arte común de iniciativa eclesiástica. Hai que ter en conta a orde
monástica de Cluny quenes inician a peregrinación a Roma e a Santiago de
Compostela. Os pobos que gardan reliquias de mártires van atraer a atracción dos
peregrinos, formando camiños de peregrinación secundarios igualmente importantes.

Hai que ter en conta que as igrexas e a relixión van contar co apoio do reino e de
Alfonso VI, fillo de Fernando I, quen non só mantén a donación de Cluny senón que
a dobra.

Sinalar que o Románico trátase do primeiro estilo internacional e que por primeira
vez aparecen na mesma obra, arquitectura, escultura e pintura monumentais.

3.Análise e comentario.

Na imaxe móstrase a nave central da Catedral de Santiago de Compostela. Nela é


posible observar o alzado interior (proxecta o edificio en proxección vertical) que
conta con dous corpos, o primeiro corpo de arquerias formadas por arcos dobrados
(arco maior que acubilla no seu interior un de menor tamaño) de medio punto
(equivalente a media circunferencia) que separan as naves e o segundo corpo no que
temos a tribuna, que é un espazo situado sobre as naves laterais, polo cal se pode
transitar, así mesmo é posible observar a articulación por medio de pilastras (piar de
sección poligonal) que ten adosadas columnas e que e sobre os que descargan o peso
as bóvedas. En canto á cubrición observamos que se fai mediante bóveda de canón
(desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixe lonxitudinal) e que está
reforzada por arcos faixóns (que cortan a bóveda en sentido transversal).Como
observamos na imaxe hai que destacar a verticalidade e a esbeltez do edificio.

En primeiro lugar sinalar que a catedral consta dunha planta de cruz latina ou brazos
iguais, con tres naves lonxitudinais precededias dun nartex, a central máis alta e
ancha que as laterais e cuberta como apreciamos na imaxe e dixemos anteriormente
con bóveda de canón reforzada por arcos faixóns, mentres as laterais están cubertas
con bóveda de aresta, formada polo cruzamento de dous arcos de medio punto. Así
mesmo como e visible na imaxe superior, están separadas as naves por arcos de
medio punto dobrados apoiados en pilastras con columnas adosadas, sobre as que
descargan o peso das bóvedas. Sobre as naves laterais a tribuna. O transepto consta
tamén de tres naves. Conta así mesmo con unha carola ou deambulatorio para
recorrer a catedral sen molestar mentres se está a celebrar a Eucaristía. Remata con
unha absida semicircular con capelas absidiais semicirculares. Sinalar que
actualmente a ábsida non é visible debido ás reformas feitas en diferentes etapas.

Existe unha direccionalidade que organiza o espazo cara o altar. Xa que o románico
busca un equilibrio entre horizontalidade e verticalidade. Está concebida coma un
camiño que só adquire sentido na salvación, o cal se reproduce visualmente: o
itinerario ritmicamente marcado polas arcadas laterais leva cara o transepto e a
ábsida que simbolizan coa luz a salvación, a meta do traxecto. A iconostase
desaparece para que dende a entrada o fiel poida ver a súa meta no altar. As
proporcións manifestan verticalidade, subliñada polas formas arquitectónicas, o
peralte das arcadas, as columnas adosadas e o cimborrio.

En canto ao material hai que destacar que usa a pedra granítica, de gran grosor. Hai
un predominio do muro sobre o van, e os vans, debido a que o muro ten unha
función estructural, de soporte.

En canto á articulación dos muros hai que sinalar que está ben resolta, ten unha
función estética.

Sinalar que no século IX existía unha basílica (Alfonso III). de pequenas


dimensións, destruída no 997 polos musulmans, Almanzor queima a Basílica e na
restauración atopáronse madeiras carbonizadas que levan a pensar que o teito era de
madeira. O Bispo Pedro de Mezonzo comeza a restauración que permite no 1003
reaunudar o culto, permanecendo en pe esta basílica ata 1112, cando se se manda
derrubar para continuar coas obras da actual catedral. Comezase no século XI (1075)
unha nova catedral para acoller a tumba do Apóstolo Santiago, edificio que perdurou
ata os nosos días aínda que debido as diferentes modificacións nas diferentes etapas
artísticas, o románico que chegou ata nós está moi desvirtuado.

A catedral románica iniciouse no ano 1075 baixo mandato do Arcebispo Diego


Peláez. Construiuse para dar cabida aos peregrinos que visitaban a tumba do
apóstolo, xa que a anterior basílica quedaba pequena. Na cripta acolle os restos do
apóstolo.

A obra completa realizouse durante 100 anos con diversas interrupcións, por iso
poden diferenciarse catro fases na súa construcción. Na primeira fase, o mestre de
obras foi Bernardo o Vello, durante esta etapa levantouse a cabeceira ata a carola,
cuxa unidade estilística é evidente, ao igual que a dos muros contiguos a estes.
Tamén realizou os sete trapecios centrais do abovedamento da carola (con
decoración animalística e abacos decorados). Na segunda etapa, o director das obras
foi o Mestre Estevo, quen dirixe as obras ata o 1101, durante esta etapa realizase o
tramo do transepto, tras o cal volveron a interromperse as obras durante anos. No
ano 1105 conságranse os altares da catedral. Na terceira etapa (dende 1109),
acabáronse as bóvedas do brazo do transepto e realizouse o brazo central coas súas
tres naves, as obras nesta etapa foron dirixidas por Bernardo o Novo. A última etapa
baixo dirección do Mestre Mateo, realizouse o peche da catedral, o Pórtico da
Gloria. Sinalar que segundo aparece reflexado no Códice Calixtino a obra remata en
1122.

Sinalar que o edificio presenta unididade estilística, xa que a simple vista non se
aprecian as diferenzas no seu interior, dando como resultado un edificio armónico.

En canto ao exterior sinalar que existía gradación de volumes, típico do románico,


máis actualmente está moi transformado e o único que se conserva do edificio
románico é a fachada de Praterías. Sinalar que exteriormente tamén é apreciable a
preponderancia do muro sobre o van, así como a robustez destes, dando ao edificio
un aspecto macizo. Os vans que hai son de medio punto, pequenos e abucinados
(arco que na súa cara exterior presenta a maior anchura, diminuíndo a medida que se
vai cara o interior do arco).

4.Conclusión.

Sinalar que durante o Gótico a concepción arquitectónica románica cambia por unha
arquitectura máis diáfana, coa desmaterialización dos muros a través de grandes
ventanais con vidreiras.

5.Bibliografia.

Para a realización do práctico usei manuais xerais como o de Ramirez: “Historia del
arte Medieval, tomo II”, Ed Alianza, Koneman: “El arte Románico”, VVAA,
Summa Artis. Para os términos artísticos; VVAA: “Atlas de arquitectura tomo I”,
editorial alianza; Rosina Lajo y Jose Surroca, “léxico de arte”, editorial Akal. Usei
manuais adicados á arte galega, VVAA “Historia del arte gallego”, editorial
Alhamnbra.

You might also like