As Propiedades Do Texto

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

AS PROPIEDADES DO TEXTO

Un texto, xa sexa oral ou escrito, debe reunir tres propiedades: adecuación, coherencia e cohesión.

A adecuación establece que calquera texto se debe adaptar a un contexto ou situación comunicativa
determinada. Non é o mesmo comunicarnos cun profesor/a, xuíz/a que facelo cun amigo/a.

Relacionados coa adecuación están os diferentes rexistros lingüísticos: (revisar características)

 Rexistro formal: caracterízase polo uso dun vocabulario máis preciso, con estruturas máis
elaboradas.
 Rexistro informal: vocabulario de uso cotián, estruturas sintácticas máis simples....

A coherencia é unha propiedade que pon en relación todos os elementos dun texto, dotándoo dun
significado global que permite entender a información. Depende de dous factores:

 Que resulte adecuado.


 Que teña unidade de sentido. Os enunciados débense referir a un mesmo tema, e non saltar
arbitrariamente dun asunto a outro.

A cohesión é a forma en que se presentan conectados ou enlazados entre si os enunciados que forman
un texto. Empréganse diferentes procedementos lingüísticos.

Os principais mecanismos lingüísticos de cohesión dun texto son:

 Recorrencia. Certos elementos remiten a outros que resultan necesarios para a súa
interpretación. Existen varios procedementos:
 A repetición de palabras: Xoán foi comprar un traxe para a voda dos seus amigos.
Quería que o traxe fose elegante e discreto.
 A substitución por sinónimos: Os rapaces chegaron tarde a clase. Estes mozos
sempre fan o mesmo.
 O uso de hiperónimos e hipónimos
 Hiperónimos: Xoán posúe moita paciencia. Outra das súas virtudes é a constancia.
 Hipónimos: Gústanme todas as flores, pero as miñas favoritas son as margaridas e as
hortensias.
 A referencia ou deíxe. Procedemento mediante o que determinadas palabras remiten a outros
elementos do texto. Os elementos deícticos son:
 Emprego de pronomes persoais, que se refire a substantivos aparecidos con
anterioridade: Susana e Lola son curmás. Elas sempre andan xuntas.
 Os posesivos e os demostrativos: Non quero recibir malas novas, iso retrasaría os
meus proxectos.
 Os adverbios: No romaría do monte todo o mundo era feliz. Alí esquecíanse as
duras tarefas da vida cotiá.
 Substitución.Consiste na colocación dun elemento en lugar doutro ou doutros no texto para
evitar a súa repetición: As últimas investigacións pensan que o aceite de palma é nocivo para a
saúde, eu tamén penso así.
 Elipse. É a omisión dun elemento e que se pode entender polo contexto: Iredes mañá ao cine?
Iremos.(mañá ao cine). Tamén é moi común a omisión do suxeito: Meu irmán convidoume a
comer no mellor restaurante da cidade, pero cando chegou o día esquecérao por completo.

OS CONECTORES

Os conectores ou marcadores discursivos son pezas lingüísticas(adverbios, locucións,


conxuncións..)que enlazan os parágrafos e as oracións dun texto, contribuíndo á súa cohesión.

Temporais Ordenan as distintas accións Antes, agora, despois, a


ás que se alude nun texto seguir, sempre
Explicativos Aclaran palabras, ideas, Isto é, ou sexa, noutras
expresións aparecidas con palabras, por certo,
anterioridade.
De orde Indican as distintas partes nas En primeiro/segundo lugar,
que se organiza ou distribúe por unha banda, pola outra...
un texto
De contraste Expresan a oposición entre En troques, pola contra,
dúas ideas ou ben matizan porén, non obstante...
unha conclusión
Aditivos Engaden información Ademais, á parte de, é máis,
permitindo a dedución de incluso, mesmo, máis aínda...
conclusións
De causa ou consecuencia Establecen unha relación de Así pois, entón, daquela, xa
causa efecto entre dúas ideas que logo, en consecuencia...
sucesivas
Espaciais Sitúan as accións, os obxecto,
Aquí, aí, á esquerda, preto
ideas do texto de...
Conclusivos Conclúena a idea presentada En síntese, en suma, en
nun parágrafo, texto resumo, finalmente, para
concluír...
De reforzo ou concreción Reforzan un argumento ou En realidade, en rigor, por
exemplifican unha parte do exemplo, de feito, a verdade...
discurso
De contacto Reforzan ou xustifican un Anda, olla, oe, non é?, non
razoamento e establecen a si?, entendes?...
relación entre os falantes
Anafóricos Indican cal é o tema que se En relación con, polo que
desenvolve nesa parte do respecta a, no tocante a....
texto, en relación con algo
que se dixo antes.

You might also like