Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Ramalho Ortigão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Duarte Ramalho Ortigão (Porto, Santo


Ildefonso, Casa de Germalde, 24 de outubro de 1836 Ramalho Ortigão
— Lisboa, Mercês, 27 de setembro de 1915) foi un
escritor portugués.[1]

José Duarte Ramalho Ortigão naceu no Porto, na Casa


de Germalde, freguesía de Santo Ildefonso. Era o máis
vello de nove irmáns e irmás, fillos e fillas do primeiro-
tenente de artillaría Joaquim da Costa Ramalho Ortigão
e de súa muller Antónia Alves Duarte Silva.

Viviu a súa infancia nunha quinta do Porto coa avoa


materna, coa educación a cargo dun tío avó e padriño
Frei José do Sacramento. Na Facultade de Dereito da
Universidade de Coímbra, frecuentou brevemente a
carreira de Dereito. Ensinou francés e dirixiu o Colexio
da Lapa no Porto, do cal seu pai fora director. Iniciouse
no xornalismo colaborando no Jornal do Porto e no Alcume Joăo Ribaixo
xornal de cariz monárquico O Correio: Semanário
Nacemento 24 de outubro de 1836
Monárquico (1912-1913).[2] Tamén foi colaborador en
diversas publicacións periódicas, nalgúns casos Lugar de Porto
postumamente, entre as cales se destaca: Acción realista nacemento
(1924-1926); O António Maria (1879-1885;1891- Falecemento 27 de setembro de 1915
1898)[3]; Branco e Negro (1896-1898); Brasil-
Lugar de Lisboa
Portugal[4] (1899-1914); Contemporânea (1915-1926);
falecemento
A Esperança (1865-1866; Galeria republicana (1882-
1883); Gazeta Literária do Porto (1868), Ideia Nacionalidade Modelo:PRT1830
Nacional (1915), A Prensa (1885-1891); O Occidente Ocupación tradutor, xornalista e
(1878-1915); Renascença (1878-1879?[5]); Revista de escritor
Estudos Libres (1883-1886), A semana de Lisboa
(1893-1895); A Arte Portuguesa (1895); Tiro e Sport Coñecido por As Farpas
(1904-1913); Serões (1901-1911); O Thalassa: Premios Comendador da Ordem de
semanário humorístico e de caricaturas (1913-1915) e, Cristo
a título póstumo, no periódico O Azeitonense (1919-
1920).[6]

O 24 de outubro de 1859, casou con D.ª Emília Isaura


Vilaça de Araújo Vieira, de quen tivo tres fillos: Vasco,
Berta e Maria Feliciana.
[ editar datos en Wikidata ]
Aínda no Porto, envolveuse na Questão Coimbrã co
folleto «Literatura de hoje», acabando por enfrontarse a
Antero de Quental nun duelo de espadas, a quen apodou de covarde por insultar o cego e velliño António
Feliciano de Castilho. Ramalho ficou fisicamente ferido no duelo efectuado o 6 de febreiro de 1866, no
Jardín de Arca d'Áuga.

O ano seguinte, en 1867, visitou a Exposición Universal en París, da que resultou o libro Em Paris,
primeiro dunha serie de libros de viaxes. Insatisfeito coa súa situación no Porto, mudouse para Lisboa coa
familia, obtendo unha vacante para oficial da Academia das Ciências de Lisboa.

Reencontrou en Lisboa o seu ex-alumno Eça de Queirós e con el escribiu unha «novela execrável»
(clasificación dos autores no prefacio de 1884): O Misterio da Estrada de Sintra (1870), que marcou a
aparición da novela policial en Portugal. O mesmo ano, Ramalho Ortigão publicou ademais Histórias cor-
de-rosa e iniciou a publicación de Correio de Hoxe (1870-71).[1] En xuntanza con Eça de Queiroz,
xurdiron en 1871 os primeiros folletos de As Farpas, do que veu a resultar a recompilación en dous
volumes so o título Uma Campanha Alegre. A finais de 1872, o seu amigo Eça de Queiroz partiu para A
Habana exercer o seu primeiro cargo consular no estranxeiro, continuando Ramalho Ortigão a redactar só
As Farpas.

Non obstante, Ramalho Ortigão tornárase unha das principais figuras da chamada Xeración de 70.
Aconteceulle o que aconteceu a case todos os membros desa xeración. Nunha primeira fase, pretendían
aproximar Portugal das sociedades modernas europeas, cosmopolitas e anticlericais. Desilusionados coas
luces europeas do progreso material, porén, volvéronse, nunha segunda fase, para as raíces de Portugal e
para o programa dun «reaportuguesamento de Portugal». Foi desa segunda fase que resultou a constitución
do grupo «Os Vencidos da Vida», do cal formaron parte, alén de Ramalho Ortigão, o Conde de Sabugosa,
o Conde de Ficalho, o Marqués de Soveral, o Conde de Arnoso, Antero de Quental, Oliveira Martins,
Guerra Junqueiro, Carlos Lobo de Ávila, Carlos de Lima Mayer e António Cândido. Á intelectualidade
proeminente da época xuntábase entón a nobreza, nun último esforzo para restaurar o prestixio da
Monarquía, tendo o Rei D. Carlos I, significativamente, sido elixido por unanimidade «confrade suplente
do grupo».[1]

Tras o asasinato do Rei, en 1908, escribiu Rei D. Carlos: o martyrizado. Coa implantación da República,
en 1910, pediu inmediatamente a Teófilo Braga a dimisión do cargo de bibliotecario da Real Biblioteca da
Ajuda, escribíndolle que rexeitaba adherirse á República «engrossando assim o abjecto número de
percevejos que de um buraco estou vendo nojosamente cobrir o leito da governação».[7] Saíu axiña para
un exilio voluntario en París, onde comezou a escribir as Últimas Farpas (1911-1914) contra o réxime
republicano. O conxunto de As Farpas, máis tarde reunidas en quince volumes, a que hai que engadir os
dous volumes das Farpas Esquecidas, e o referido volume das Últimas Farpas, foi a obra que máis o
notabilizou, escrita nun portugués moi rico, con intencións pedagóxicas, sempre moi crítico e revelando
unha fina capacidade de observación. Eça de Queiroz escribiu que Ramalho Ortigão, nas Farpas, «estudou
e pintou o seu país na alma e no corpo».[8]

Regresou a Portugal en 1912 e, en 1914, dirixiu a célebre Carta dun velho a um novo, a João do Amaral,
onde saudou o lanzamento do movemento de ideas políticas denominado Integralismo Lusitano:

«A orientação mental da mocidade contemporânea comparada à orientação dos rapazes do meu tempo
estabelece entre as nossas respectivas cerebrações uma diferença de nível que desloca o eixo do respeito
na sociedade em que vivemos obrigando a elite dos velhos a inclinar-se rendidamente à elite dos
novos»».[9]

Vítima de cancro, recolleuse na casa de saúde do Dr. Henrique de Barros, na entón Praça do Rio de
Janeiro, en Lisboa, falecendo en 27 de setembro de 1915, na súa casa da Calçada dos Caetanos, na
Freguesía da Lapa.
Foi Comendador da Orde de Cristo e Comendador da Imperial Orde da Rosa do Brasil. Alén de
bibliotecario na Real Biblioteca da Ajuda, foi secretario e oficial da Academia Nacional de Ciencias, vogal
do Consello dos Monumentos Nacionais, membro da Sociedade Portuguesa de Xeografía, da Academia
das Belas Artes de Lisboa, do Grémio Literario, do Despacho Portugués de Leitura do Rio de Janeiro, e da
Sociedade de Concertos Clássicos do Rio de Janeiro.[10] En España, foille atribuído o grao de
Excelentísimo Señor Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica e foi membro da Academia de Historia
de Madrid, da Sociedad Geográfica de Madrid, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da
Unión Iberoamericana e da Real Academia Sevillana de Buenas Letras.

Foron impresos dous billetes de 50$00 Chapa 6 e 6A de Portugal coa súa imaxe.

Índice
Obra
Bibliografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas

Obra
Litteratura de hoje (1866).
Em Pariz (1868).
Historias cor-de-rosa (1869).
O mysterio da estrada de Cintra (1870, con Eça de
Queiroz). (eBook)
Correio de hoje (1870-71).
Biographia de Emília Adelaide Pimentel (1871).
As Farpas (1871-72, con Eça de Queiroz).
As Farpas (1871-1882).
Banhos de caldas e aguas mineraes (1875).
As praias de Portugal (1876).
Theophilo Braga: esboço biographico (1879).
Notas de viagem, Pariz e a exposic̦ão universal (1878-
1879) (1879).
A Instrucção Secundaria na Camara dos Senhores
Deputados (1883).
A Hollanda (1883). Estatua de Ramalho Ortigão no
John Bull, depoimento de uma testemunha ácerca de Porto.
alguns aspectos da vida e da civilisação ingleza. (1887).
O culto da Arte em Portugal (1896). (eBook)
Rei D. Carlos: o martyrizado (1908).
Últimas Farpas (1911-14).
Carta de um Velho a um Novo (1914).
Pela terra alheia; notas de viagem, 1878-1910 (1916).
Bibliografía
1997 - Quintas, José Manuel - O Integralismo Lusitano e
a herança de «Os Vencidos da Vida», Sintra, Academia
da Força Aérea, 1997.
1999 - Oliveira, Maria João L. Ortigão de - O essencial
sobre Ramalho Ortigão, Lisboa, INCM, 1999.
2000 - Oliveira, Rodrigo Ortigão de - A Família Ramalho
Ortigão, Porto, Ed. Lit. Rodrigo Ortigão de Oliveira, 2000,
368 p. ISBN 972-95094-8-4
António Cândido [et al.] - Os vencidos da vida, Porto,
Fronteira do Caos, 2006.

Notas
1. Infopédia. "Ramalho Ortigão - Infopédia". Infopédia - Estatua de Ramalho Ortigão por
Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o Leopoldo de Almeida (Parque D.
2020-03-22. Carlos I, Caldas da Rainha.)
2. "O CORREIO. SEMANARIO MONARQUICO" (PDF).
hemerotecadigital.cm (en portugués).
3. "António María (O)" (PDF). hemerotecadigital.cm-
lisboa.pt (en portugués).
4. "BRANCO E NEGRO. SEMANÁRIO ILUSTRADO"
(PDF) . hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués).
5. "A Renascença: órgão dos trabalhos da geração
moderna" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en
portugués).
6. "O AZEITONENSE :orgão independente defensor dos
interesses de Azeitão e arredores" (PDF).
hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués).
7. "1910 - Ramalho Ortigão, Carta a Teófilo Braga em 16
de Outubro". web.archive.org (en portugués). 2008-01-
19. Consultado o 2020-03-22.
8. Novas cartas inéditas de Eça de Queirós, Camilo, etc., a
Ramalho Ortigão. Rio de Janeiro, Alba Editora,. 1940.
9. Quintas, José Manuel. " Integralismo Lusitano e a
herança de «Os Vencidos da Vida ". Sintra: Academia
da Força Aérea.
10. "Ramalho Ortigão".

Véxase tamén

Ligazóns externas
Alexandre Herculano de Carvalho Araújo (1810-1877), hemerotecadigital.cm, pdf (http://he
merotecadigital.cm-lisboa.pt/RecursosInformativos/Biografias/Textos/AHerculano.pdf)
Obra do autor (https://web.archive.org/web/20051019184635/http://purl.pt/index/PT/autor/31
891.html) na Biblioteca Nacional Digital (http://bnd.bn.pt/)
Geração de 70 (https://web.archive.org/web/20080222193756/http://ge70.com.sapo.pt/inde
x.htm)
Obra do autor (http://www.gutenberg.org/browse/authors/o#a4827) na Gutenberg
Acção realista (http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/Periodicos/AccaoRealista/Accaorealist
a.htm) (cópia dixital)
Contemporânea (http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/OBRAS/CONTEMPORANEA/Conte
mporanea.htm) (cópia dixital)
Galeria republicana (http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/Periodicos/GaleriaRepublicana/G
aleriaRepublicana.htm) (cópia dixital)
A imprensa: revista scientifica, litteraria e artistica (http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/OBR
AS/IMPRENSA/AImprensa.htm) (cópia dixital)
A semana de Lisboa: supplemento do Jornal do Commercio (http://hemerotecadigital.cm-lis
boa.pt/Periodicos/ASemanadeLisboa/ASemanadeLx.htm) (cópia dixital)
O Thalassa: semanario humoristico e de caricaturas (http://hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/P
eriodicos/OThalassa/OThalassa.htm) (cópia dixital)
Wikimedia Commons ten
máis contidos multimedia
na categoría:  Ramalho
Ortigão

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ramalho_Ortigão&oldid=5905177»

A última edición desta páxina foi o 4 de novembro de 2021 ás 21:21.

Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar
termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
Wikipedia® é unha marca rexistrada da Wikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos.

You might also like