Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

O depurador (debugger) de NetBeans

 O depurador (Debugger): Como acceder


 O depurador (Debugger): Barra de ferramentas
 O depurador (Debugger): Os puntos de ruptura
 O depurador (Debugger): As ventás de depuración

O depurador/debugger de NetBeans permite realizar as seguintes accións:

 Executar pasiño a pasiño, o código fonte e os métodos


 Coñecer os valores que van tomando as variables/expresións, segundo o código se vaia
executando
 Modificar valores das variables sobre o análise do código e poder continuar ca
execución do mesmo
 Utilizar breakpoint (puntos de ruptura) para deter a execución do programa e poder
analizar as variables

Estas accións axudarannos a encontrar de forma rápida e sinxela , erros nos programas
desenvolvidos... así como, entender o fluxo da execución dos mesmos.

O depurador (Debugger): Como acceder

Existen tres formas, para acceder o depurador/debugger de NetBeans. Citámolas a


continuación:

1. Debug » Debug Main Project


 Accederemos ó explorador de proxectos, elixiremos un deles e pulsando co botón
dereito enriba do mesmo, seleccionaremos Debug. O programa executarase,
situándose no primeiro breakpoint. No caso de que non se marcasen breakpoints, o
programa executarase ata o final do mesmo.

2. Debug » Run to cursor


 Execútase o programa ata a instrucción onde se encontra o cursor.

3. Debug » Step into


 Comeza a depuración dende a 1ª liña do método main. O depurador detense,
esperando, por parte do usuario, o modo de depuración elixido. Unha vez iniciada
a depuración, o depurador detense na seguinte liña de código que se vai a
executar, aparecendo en verde e cunha frecha na parte esquerda.
0
O depurador (Debugger): Barra de ferramentas

A continuación, vamos a describir a barra de ferramentas do depurador/debugger de


Netbeans, para coñecer cada unha das opcións da mesma, de forma máis detallada.

ICONA NOME DA ACCIÓN ACCIÓN QUE DESENROLA

Finish Debugger Session  Finaliza a depuración do programa

Pause  Pausa a depuración do programa

 Execútase o programa ata o seguinte breakpoint. Se


Continue non existise ningún breakpoint, executaríase o
programa ata ó final

 Execútase unha única liña de código. Se a instrucción é


Step Over unha chamada a un método, executa o citado, sen
entrar dentro do código do mesmo

Step Over Expression  Compórtase igual que a acción “Step Over”

 Execútase unha única liña de código. Se ha instrucción


Step Into é unha chamada a un método, salta ó método e
continúa a execución na primeira liña do mesmo

 Execútase unha única liña de código. Se a liña na que


nos encontramos, contén un método, executaranse
Step Out todas as instruccións que están dentro do mesmo e
volve á instrucción dende a que se fixo o chamamento
do método

 Execútase o programa, ata a instrucción onde se


Run to Cursor
encontra o cursor

 Aplica os cambios realizados no código (xerados da


Apply Code Changes depuración do programa), insertándoos onde son
precisos
O depurador (Debugger): Os puntos de ruptura

Un breakpoint ou punto de ruptura é unha sinal que indica ó depurador, a detección na


mesma, cando a execución do programa chega a mesma.
Cando un programa, se detén nun breakpoint podemos realizar as seguintes opcións:

 Examinar os valores das variables


 Continuar a depuración do programa, liña a liña
 Detectar cando se crea un obxecto

Para crear un novo breakpoint, dispoñemos de dúas formas:


1. Seleccionar a opción de menú Debug » New Breakpoint

Pinchar sobre o nº da liña, onde se desexa insertar, quedando resaltada a mesma en vermello,
cunha marca dun cadrado, na parte esquerda.

Para eliminar un breakpoint debemos pinchar sobre o cadrado vermello, que aparece na parte
esquerda do mesmo.
Para desactivar un breakpoint, debemos pinchar o botón dereito e seleccionaremos a opción
Breakpoint » Enabled. Os breakpoints desactivados mostraranse en gris.
O depurador (Debugger): As ventás de depuración

Cando estamos a levar a cabo a depuración dun programa, utilízanse varias ventás que nos
axudan a seguir de forma sinxela a depuración, ó mesmo tempo... que nos aportan
información.
Para poder acceder a estas ventás, debemos seleccionar a opción de menú Window »
Debugging, aínda que algunhas delas xa se visualizan de forma automática, grazas a dito
proceso.
Algunhas das máis importantes son:

 Variables
o Mostrará as variables, o tipo e valor das mesmas

 Breakpoints
o Mostrará os breakpoints, a liña onde se sitúa e se están
habilitados/inhabilitados

 Watches
o Mostrará o valor dunha variable, así como os cambios na mesma, segundo a
depuración levada a cabo

 Call Stack
o Mostrará as chamadas realizadas a métodos, por exemplo puntos de ruptura +
nº de liña

 Etc...

You might also like