Professional Documents
Culture Documents
07 - A Arquitectura Do Camiño
07 - A Arquitectura Do Camiño
07 - A Arquitectura Do Camiño
a catedral de Santiago
A arquitectura do Camiño: a Catedral de Santiago p. 1
O desenvolvemento dos camiños de peregrinación durante os ss. XI e XII deu
lugar á construción en Francia e en España dunha serie grandes igrexas de
semellantes características. Entre elas cómpre destacar as de Saint Sernin de
Toulouse, Sainte Foy de Conques e Santiago de Compostela. As semellanzas
entre elas respondían, por unha banda, a unha función común (a recepción dun
intenso tráfico de peregrinos) e, pola outra, á difusión de trazos arquitectónicos
comúns favorecida pola mobilidade das cuadrillas de canteiros, maiormente
franceses, que se trasladaban dun lugar a outro na procura de traballo seguindo as
principais rotas de peregrinación.
Estas igrexas de peregrinación, representativas do Románico Pleno, ofrecen
algúns trazos comúns:
● As enormes proporcións eran necesarias para dara acollida ás grandes
multitudes de peregrinos que acudían a estes templos. Ademáis, a
grandiosidade convertiuse na época medieval nunha forma de expresar a
beleza, manifestación da presencia de Deus, e, polo tanto, de provocar a
emoción relixiosa dos fieis.
● O emprego como material dunha sillería grande, regular e ben
labrada.
● A planta de cruz latina presenta 3 ou 5 naves, tanto en sentido
lonxitudinal como no transepto, e unha cabeceira con xirola ou
deambulatorio que permite a circulación dos fieis arredor do presbiterio
e prestar culto ás reliquias veneradas no templo, ubicadas polo xeral baixo
o altar maior. A esta xirola ábrense unha serie de capelas radiais que
poden continuarse ó longo do transepto.
● O alzado presenta unha serie de elementos peculiares:
• a bóveda de canón con arcos faixóns sobre a nave central
acompañada bóvedas de arista sobre as laterais;
• os pilares crucíformes separando as naves;
• as amplas tribunas sobre as naves laterais, destinadas a acoller ós
pereginos, que se abren á nave central a través de arcos xemelgos;
• un sentido ascensional moito máis acusado que nas igrexas
románicas comúns.
● O exterior caracterízase por:
• o tratamento monumental da fachada, flanqueada por grandes
torres e cunha elaborada decoración escultórica nas portadas,
A arquitectura do Camiño: a Catedral de Santiago p. 2