Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

V EDICIÓN DO CONCURSO DE

PORTADA DE LIBROS
CPI «AS MIRANDAS

O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG), a Biblioteca Escolar Carabela e o Proxecto


Erasmus+ “Artworks from European Festivities and Traditions” do CPI As Mirandas organizan a
V Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese
fomentar a lectura e así mesmo potenciar as capacidades creativas do alumnado.

BASES

1.- Dirixido a: Todos os alumnos/as do CPI As Mirandas, que poderán participar cun máximo
de 2 obras. En infantil o traballo a presentar será de aula.

2.- Tema: O concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou
cuberta dun libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nome
do autor do libro ademais da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos ,
debuxos, distintos tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera
xénero: poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o nome e
curso do alumno/a participante.

3.- Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo un A3 (29,7x42 cm.)

4.- Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis,
témperas, collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a
ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións
feitas con volume e despois fotografiadas, etc.

5.- Soporte: En función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina,
cartón, lenzo ou como un arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.

6.- Data e lugar de entrega: A data de entrega remata o 28 de abril e os traballos se


entregarán na biblioteca Carabela do noso centro.

7.-Premios: Outorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios
de aula.

Con todos os traballos presentados farase unha exposición no centro así como a
presentación dos mesmos a través dos blogs do EDLG e da Biblioteca.

You might also like