Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

MATERIA E ENERXÍA

1.- Que é a materia

A materia é todo aquilo que ten masa e volumen. A materia esta formada por átomos, que
son unhas partículas moi pequenas e teñen un volumen e unha masa diminutos.
A masa é a cantidade de materia que ten un corpo. O volumen é o espazo que ocupa un
corpo.

Cambios na materia

Sólido Teñen forma propia e mateñen o seu volumen


Líquido Non teñen forma propia pero manteñen o seu
volumen constante
Gas Non teñen forma propia e poden variar o seu
volumen

Para describir a materia facémolo medindo o valor das súas propiedades:

• Propiedades xerais, son comúns a todos os tipos de materia. Son a masa e o volumen.
• Propiedades características, teñen un valor propio para cada tipo de materia. As
propiedades características fan que cada tipo de materia se poida usar con fins diferentes.

Podemos organizar os cambios en diferentes tipos:

• Segundo a súa permanencia


• Reversibles, se a materia pode recuperar o seu estado inicial.
• Irreversibles, se a materia non pode recuperar o seu estado inicial.
• Segundo a súa natureza
• Os cambios químicos, ocorren cando un tipo de materia se transforma noutra. As
substancias iniciais chámanse reactivos e as substancias que se obteñen son productos.
Nos cambios químicos a materia tranfórmase, no se crea nin se destrúe, polo que a síua
masa se conserva. Nas reaccións químicas máis habituais son a fermentación, a
oxidación e a combustión.
• Os cambios físicos, cando a composición da materia é a mesma pero cambia o seu
aspecto, o seu tamaño ou temperatura. Tamén son cambios físicos os cambios de
posición, forma ou estado.
• Dilatación e contración, producidas pola calor.
• Dilatación, se un corpo recibe calor, aumenta o seu volumen.
• Contración, se un corpo emite calor, diminúe o seu volumen.
• Os cambios de estado, son reversibles. Prodúcense polo efecto da calor.
• Fusión, é o proceso mediante o que a materia en estado sólido pasa a estado
líquido.
• Evaporación, é o proceso mediante o que materia en estado líquido pasa a
estado gasoso.
• Condensación é o proceso mediante o que a materia en estado gasoso pasa a
estado líquido.
• Solidificación, é o proceso mediante o que a materia en estado liquido pasa a
estado a sólido.
• Sublimación, é o proceso mediante o que a materia en estado sólido pasa a
estado gasoso, se pasar polo estado líquido.
• Sublimación inversa, é o proceso mediante o que a materia en estado gasoso
pasa a estado sólido, sen pasar polo estado líquido.

Propiedades características

• Densidad, é a relación entre a masa e o volumen dun corpo. Se dividimos a masa do corpo
entre o volumen obtemos a súa densidade.
• Dureza, indica a resistencia que ofrece a materia a se raiada ou perforada.
• Solubilidade, é a capacidade que ten un tipo de materia para disolverse noutra.
Diferenciamos o soluto, substancia que se disolve, e disolvente, no que se disolve.
• Condutividade térmica, é a capacidade que ten a materia de conducir a calor.

Cambios nos corpos por acción das forzas.

Cando unha forza actúa sobre un corpo pode causar en deformacións ou cambiar o seu
estado de movemento ou repouso.
• Deformacións, cando se aplica unha forza sobre un corpo este defórmase.
◦ Corpos elásticos, defórmanse cando unha forza actúa sobre eles pero recuperan a súa
forma cando a forza desaparece.
◦ Corpos plásticos, defórmanse cando unha forza actúa sobre eles pero non recuperan a
forma ao cesar a forza.
◦ Corpos ríxidos, non se deforman cando unha forza actúa sobre eles pero se esta é moi
grande poden romper.
Un corpo móvese e cambia de posición, pero cando non hai ningunha forza actuando o
corpo esta en repouso. Cando aplicamos unha forza sobre un corpo en repouso, este empeza a
moverse, e se un corpo esta en movemento, e exercemos unha forza contraria o movemento o corpo
deterase.

2.- Mesturas

Nas mesturas podemos diferenciar:


• Substancias puras, a súa composición non varía, non se poden separar noutras substancias
mediante mñetodos físicos.
• Mesturas, a súa composición varía, formadas por dous ou máis tipos de substancias puras
que si se poden separar por métodos físicos.
◦ Mesturas heteroxénas, é posible diferenciar as substancias que a forman a simple vista
ou ben empregando instrumentos ópticos.
◦ Mesturas homxéneas ou disolucións, non é posible diferenciar as substancias que a
forman a simple vista nin empregando instrumentos ópticos.
A substancia máis abundante dunha disolución é o disolvente e a menos abundante é o
soluto.

Métodos de separación
• Filtración, emprégase para separar mesturas heteroxéneas formadas por un líquido e un
sólido que non se pode disolver nel.
• Evaporación, empregase para separar os compoñontes dunha mestura homoxénea formada
por un sólido disolto nun líquido.
• Destilación, empregase este método para separar dous líquidos que se poden mesturar entre
si.
• Disolución, empregase este método cando temos unha mestura de dous ou máis sólidos que
presentan diferente solubilidade nun líquido.

RETO PAX 5

Neste reto preguntanos se os alimentos que prepararon tiñen que ver como tema sobre as
mesturas, si teñen que ver, porque estamos a utilizar distintas materias que cociñamos, mesturamos
e mezclamos. Si se poderia separar os alimentos que fixeron, o caldo a través de un coador,
poderemos separar o liquido dos anacos que son mais grandes. E a infusión, a través da
evaporación,

Ademais na cociña poderemos a topar mais mesturas, como heteroxéneas, ensalada de


leituga e tomate, auga e aceite, mesturas homexéneas, auga con sal, deterxente con auga.

3.- Enerxía

A enerxía é a capacidade de producir cambios. Non se pode crear nin tampouco destruír,
pero pode transformar un tipo de enerxía noutra.

Tipos.-

• Enerxía mecánica, é a que está relacionada co movemento dun corpo.


• Enerxía lumínica, é a que provén de corpos que emiten luz.
• Enerxía sonora, é a enerxía que xeran os corpos que emiten sons.
• Enerxía eléctrica, é a que está relacionada con partículas dotadas de carga que forman parte
dos átomos.
• Enerxía térmica, é a que pasa dun corpo quente a outro máis frío.
• Enerxía química, é a que se pon de manifesto cando se producen reaccións químicas.

Os recursos natuaris como fontes de enerxía poden ser renovables ou non renovables, están
presentes en cantidades limitadas e poden esgotarse.
Fontes de enerxía renovables.-
• Enerxía solar, transforma a enerxía do sol en electricidade ou en calor.
• Enerxía do mar, aproveita a enerxía dos mares e océanos.
• Enerxía eólica, transforma a enerxía do vento en electricidade.
• Enerxía xeotérmica, consiste no aproveitamento da enerxía acumulada en forma de
calor debaixo da superficie da terra.
• Biomasa, obtense a partir de restos biodegradables ou productos biolóxicos.
• Enerxía hidráulica, é a que usa a caída da auga desde unha certa altura para xerar
enerxía eléctrica.
Fontes de enerxía non renovables.-
• Carbón, petróleo e gas natural, combustibles fósiles. Orixináronse nun proceso moi
lento a partires de restos de seres vivos
• Uranio, poden obterse importanstísimas cantidades de enerxía nas centrais nucleares,
neste proceso xéranse residuos radiactivos perigosos para a saúde e para o medio
ambiente.

4.- A Luz
A luz é unha forma de enerxía. Pode transformase noutras formas de enerxía.

Propiedades da luz

• Reflexión, é un fenómeno que se produce cando un raio de luz choca contra unha superficie
lisa e pulida. A dirección coa que viaxaba cambia e volve de novo ao medio polo que
viaxaba sen atravesar en ningún momento o obxeto.
• Refracción, a luz pode viaxar por diferentes medios, cando cambia dun medio a outro
prodúcese un cambio na velocidade e na dirección á que viaxaba, a luz desvíase.

A luz e a materia

• Corpos transparentes, deixan pasar a luz a través deles sen desviala, podemos ver
claramente outros obxectos a través deles.
• Corpos translúcidos, deixan pasar a luz a través deles pero desvíana, vemos obxectos a
través deles pero de forma borrosa.
• Corpos opacos, non deixan pasar a luz a través deles.

5.- O Son

O son é unha forma de enerxía. Cando un corpo vibra produce un son.

Características.-

• Ton, permítenos diferenciar un son agudo dun débil.


• Intensidad, permítenos diferenciar un son forte dun débil.
• Timbre, permítenos distinguir un son doutro. Cada material vibra dunha forma diferente
producindo un son característico.
• Duración, esta característica está relacionada co tempo que a fonte do son está vibrando.

Os sons reflíctense

Os sons reflíctense, rebotar cando atopa un obstáculo.

Se o son reflectido chega ao oínte antes de que o son orixinal deixe de escoitarse prodúcese
un fenómeno coñecido como reverberación.

Se o son reflectido chega ao oínte despois de que o son orixinal deixe de escoitarse
prodúcese un fenómeno que se chama eco.

You might also like