Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 3

1,- Que é a materia?

2,- Cales son as propiedades xerais da materia? Explica en que consisten e como se miden.

3,- Indica algunhas propiedades características da materia:

4,- Indica as propiedades das seguintes materias:

- Sólidos

- Líquidos

- Gases

5,- Explica os seguintes conceptos e pon exemplos:

- Cambio sen transformación

- Cambio de estado

- Cambio con transformación


A MATERIA
Todo o que nos arrodea está formado por materia. Pero non todos os corpos están formados pola
mesma materia. Cando unha materia ten un conxunto de propiedades fixas chámase substancia.
Exemplos de substancias son: sangue, azucre, agua, dióxido de carbono…

As substancias que utilizamos para formar obxectos chámanse materiais.

As propiedades xerais da materia:

Toda a materia ten 2 propiedades:

- Masa: É a cantidade de materia que ten un corpo, mídese coas balanzas e as báculas, .

- Volume: É o espazo que ocupa un corpo, mídese utilizando recipientes graduados coma probetas
ou xerras medidoras.

As propiedades características da materia:

Son propiedades características de cada materia:

- Densidade: É a relación entre a masa e o volume. Canta máis densidade menos flotabilidade.
Calcúlase dividindo a masa entre o volume.

Propiedades de sólidos:

- Resistencia
- Flexibilidade
- Fraxilidade
- Condutividade térmica
- Dureza

Propiedades dos líquidos:

- Viscosidade
- Volatilidade

Propiedades dos gases

- Expandirse
- Comprimirse

Os sólidos e os líquidos teñen un volume constante, os gases non. A forma dos sólidos é fixa, os
líquidos e gases adaptan a súa forma á do recipiente que os contén.
Cambios sen transformación de substancias:

As substancias seguen sendo as mesmas a pesar dos cambios, cambian de forma ou rompen.

Cambios de Estado:

Cando a materia pasa dun estado a outro; Fusión, Solidificación, Evaporación, Condensación.

Cambios con transformación de substancias:

Ocorren cando as substancias se transforman noutras diferentes; Combustión, Oxidación,


Fermentación.

A materia pode experimentar cambios en que as substancias non se transforman e cambios en que as
substancias se transforman noutras diferentes.

Os cambios de estado son cambios en que non se produce ningunha transformación de substancias.

You might also like