Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

Libros, camelias, gastronomía e música

para o Día de Rosalía


A Deputación de Pontevedra realizará os actos institucionais os
días 23 e 24 de febreiro nas súas sedes de Pontevedra e Vigo

Presentación das actividades do Día de Rosalía (Foto: Deputación de Pontevedra).

A Deputación de nosa Rosalía', que este concurso: Campaíñas: 1º,


Pontevedra celebrará o ano adopta o formato 2º e 3º de primaria (de 6 a
Día de Rosalía cunha musical, no que cada aula 9 anos) e Airiños: 4º, 5º e
dobre xornada, os días 23 ou grupo do colexio 6º de primaria (de 9 a 12
e 24 de febreiro, nas poderá presentar un anos).
sedes coas que conta en vídeo breve coa súa
proposta de poema de O prazo de presentación
Pontevedra e Vigo. Este
Rosalía musicado. das propostas remata o
ano a celebración
día 17 de febreiro. Os
adiántase ao 23 de
Este poderá ir grupos premiados
febreiro, data acordada acompañado dunha anunciaranse nos actos
pola Fundación Rosalía e coreografía, un baile, un que a Deputación de
as principais institucións movemento ou calquera Pontevedra realizará con
implicadas, tras basearse tipo de complemento. motivo do Día de Rosalía
nos resultados do traballo o 23 de febreiro no pazo
do investigadora Sagrario Esta convocatoria está provincial en Pontevedra
Abilleira, no que se dirixida a todo o e o 24 na sede da
acredita que este foi o día alumnado dos centros de Deputación en Vigo.
de nacemento da autora. educación primaria das
comarcas de Pontevedra, Ademais, seguindo a
Co obxectivo de achegar a que poderán participar de chamada da AELG desde
figura da poeta ao público maneira colectiva (por 2010, todas as persoas
máis novo, a Deputación aulas ou grupos e sen que participen nos actos
pon en marcha unha nova límite por centro de Pontevedra e Vigo
edición do concurso para educativo). Haberá dúas levarán un libro en
centros educativos 'A categorías neste galego.
PREPARACIÓN 1º PARCIAL 2º TRIMESTRE LINGUA GALEGA 1º ESO
EXERCICIOS DE REPASO FEBREIRO 2022

Os seguintes exercicios son totalmente voluntarios, e non se terá en conta a súa realización para
a nota do exame. De todos os xeitos, serviranche de moita axuda para preparalo ben, xa que o
exame conterá exercicios similares.

1. PREGUNTAS SOBRE ANÁLISE DE TEXTOS

a) O texto que vés de ler, sería literario ou non literario? Por que?
______________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

b) A que xénero pertence o texto? Xustifica a túa resposta .


_______________________________________________________________________
___________________________________________________________________
c) Xustifica en que sección se incluiría a noticia que acabas de ler.
_______________________________________________________________________
______________________________________________________________
d) Sinala as partes fundamentais que contén esa noticia.
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
__________________________
e) Analiza o contido da noticia (6W).
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
2. PREGUNTAS DE ORTOGRAFÍA/ACENTUACIÓN

a) Acentúa o seguinte enunciado


A rexion artica é, pola sua natureza, unha area unica. Ten un papel importantisimo no

equilibrio fisico, quimico e bioloxico do mundo. Desde a perspectiva da investigacion sobre

o cambio climatico, considerase un sistema de aviso temperan. Non obstante, os pobos

indixenas da zona adaptaronse de maneira incrible ás condicions frias extremas que hai

acotio.

b) Separa en sílabas as seguintes palabras. Marca tamén os hiatos e os


ditongos cun H ou un D debaixo. Se é ditongo, di se é DC (crecente), DD
(decrecente) ou ( DH (homoxéneo).
FIESTRA: PUIDO:

SAÚDE: MUÍÑO

CEO SAUNA:

c) Subliña a sílaba tónica das seguintes palabras e clasifícaas segundo sexan


agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E):

RÉPTIL, CHOFER, DÉUNOLO, HEROE, ATMOSFERA, OLIMPÍADA,

PÓRTICO, PAXARO, XADREZ.

d) Algúns pares diacríticos diferéncianse pola pronuncia da súa vogal tónica,


acentuándose graficamente as palabras que conteñen a pronuncia semiaberta,
por exemplo óso (parte do esqueleto) / oso (animal).

• Localiza os pares diacríticos nestes enunciados, pronuncia as dúas palabras


do par e acentúa graficamente a que teña pronuncia semiaberta.

- Aquel xogo de te tiña un fermoso te maiúsculo tallado en todas as pezas.


- A pola subiu enriba dunha pola de maceira e agora non é capaz de baixar.
- Compre o que queira, pero compre que lle sexa de utilidade.
- Adornaron as bolas de pan con pequenas bolas de chocolate.
- Tesme aquí presa e non te decides: ves comigo ou non?, non ves que teño
presa?
- Se non fora polos cartos que lle deron, non podería estudar fora.
- No museo vimos osos de osos de hai milleiros de anos.

e) Escribe oracións con estas palabras, de xeito que fique claro o seu
significado:
− présa: ______________________________________________
− presa: ____________________________________________
− té: ___________________________________________
− fóra: ___________________________________________
− cómpre: ________________________________________
− vós: _______________________________________
− póla: _________________________________________
− mais: ____________________________________________
− oso: __________________________________________________

3. PREGUNTAS DE GRAMÁTICA
a) Analiza os seguinte substantivos segundo o seu significado:
− aceite: _______________________________________________
− Sofía: ____________________________________________
− bandada: ___________________________________________
− movemento: ________________________________________
− ledicia: __________________________________________
− Ouzande: _______________________________________

b) Coloca o artigo (O/A) que corresponda diante dos seguintes termos:

ponte dor cume nariz paisaxe


mel análise apendicite arte suor

c) Escribe o plural das seguintes palabras:


albanel bíceps réptil álbum raíz deus lei rei sol noz
______________________________________________________________________

d) Escribe o feminino das seguintes palabras:

cidadán aldeán catalán lerchán ladrón rei heroe sapo femia xornalista

e) Reescribe en feminino estes enunciados:


− O rei abdicou en favor do príncipe.
___________________________________________________
− O patrón da miña pensión é poeta e actor no seu tempo libre.
_____________________________________________________________
− O xenro de Lucía mercou un cabalo, un carneiro e un boi.
_____________________________________________________
− Ese rapaz lacazán ten un amigo americano, un fisterrán e outro catalán.
____________________________________________________________
− O cónsul de Francia é padriño do meu compadre.
_____________________________________________

f) Introduce nos ocos a conxunción comparativa axeitada:


o A miña irmá xoga máis _________________ estuda.
o Pasei menos frío ____________ ti.
o Marchastes tan pronto ______________ min.
o O xersei é máis barato _____________ a camisa.
o O agasallo é máis fermoso ___________ pensaba.

g) Subliña os adxectivos nos seguintes enunciados e sinala en que grao están


− A noite foi máis fría do que dixeran
− Este foi o exame máis malo da miña vida.
− Esa actriz é celebérrima desde tempos antiquísimos.
− O doutor é moi atento e súper agradable.

h) Escribe os superlativos absolutos de: pobre, célebre, amable, fiel, bo, pequeno.

i) Segmenta estas formas verbais nos seus constituíntes, tal e como se fai no exemplo:

Forma verbal RAÍZ VT MMT MNP


CANTASES CANT A SE S
COMERADES
PERDESEN
ANDARÍAN
COLLERAS
VARRERÁ

j) Xustifica que modo e tempo verbal se corresponde coas seguintes formas. Fíxate
no morfema que conteñen, tal e como se fai no exemplo:

− CHOVERA: é o pluscuamperfecto de indicativo porque contén o morfema de


modo-tempo RA.
− ANDÁSEMOS:
− CANTABAS:
− SAIRÁ:
− PODERÍA:

k) Se o pretérito de subxuntivo se forma co morfema SE, cal é o pretérito de


subxuntivo do verbo ANDAR?

l) Cal é o morfema que usamos para formar o condicional? Pon un exemplo.
__________________________________________________________________
m) Do verbo varrer, sinala:
− O pretérito perfecto de indicativo:
− O pretérito imperfecto de indicativo:
− O condicional:
− O pretérito de subxuntivo:

n) Como é o presente de indicativo do verbo SENTIR? Sinala ti outros dous que se


conxuguen igual que ese.

o) Como é o presente de indicativo do verbo SUBIR? Pon ti outros dous verbos máis
que se conxuguen igual.

p) Subliña os verbos deste texto a analízaos, tal e como se fai no exemplo:

O presidente do Consello Xeral de médicos afirma que cada ano morren no noso
país máis de tres mil persoas vítimas do tabaquismo pasivo. Non dixo cantos
fumadores morren, que polo menos serán outros tantos, pero a min, que queren
que lles diga, iso impórtame menos, aínda que teño algúns amigos fumadores que
non querería incluír nesa tétrica porcentaxe.
O verdadeiramente triste é o dos fumadores pasivos, que morreremos sen recibir a
cambio ningún pracer, afumados por fumes alleos toda a vida. Oxalá que os oito
tristes mortos diarios sirvan para concienciar a sociedade e axuden a salvar as
vidas que comezan.

• afirma: 3ª p. sg. presente de indicativo.

4. PREGUNTA DE ELABORACIÓN DUN TEXTO

Construír un breve texto narrativo non literario (unha noticia) respectando as súas
características e utilizando tipos de palabras vistos na aula:

-Unha palabra con ditongo e outra con hiato.


-Un substantivo antropónimo e un topónimo.
-Un substantivo incontable e un abstracto.
-Un adxectivo en grao comparativo.
-Verbos en distintos modos e tempos...

You might also like