Wuolah Free ABAU 12

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

ABAU-12.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
ELABORA UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS.

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
(PROPOSTA ABAU)

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o movemento obreiro no
último terzo do século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender
cando menos ao proceso de consolidación das sociedades obreiras en España, á
identificación das principais organizacións da época e á delimitación das súas diferenzas
ideolóxicas e estratéxicas.

Doc. 1. A AIT aos obreiros españois. Xenebra, 26 de decembro de 1868: “O pobo español
expulsou a raíña Isabel; nós posuímos a convicción de que non sufrirá máis o restablecemento do
realismo. […] Reivindicade polo tanto as reformas que a revolución política por si soa é incapaz de
producir para o ben do pobo, para o ben de todos. […] Irmáns de España: Vinde, adherídevos en

Reservados todos los derechos.


masa á nosa obra; que as vosas sociedades obreiras veñan afiliarse á nosa asociación, que as
seccións da Internacional se funden e multipliquen en todas as vosas cidades, en todas as vosas
aldeas. O porvir é voso”.

Doc. 2. Proclama dirixida pola Comisión federal da Federación Rexional Española a todos
os internacionais (Alcoi, 24 de febreiro de 1873): “[…] A base principal da revolución que
anhelamos cremos que consiste na completa descentralización, ou mellor dito, na destrución total
dos poderes autoritarios, eternos inimigos do progreso, da liberdade e da xustiza. […] É preciso ir
adiante cara ao triunfo da Anarquía e do Colectivismo, é dicir, a destrución de todos os poderes
autoritarios e dos monopolios de clase, onde NON HABERÁ NIN PAPAS, NIN REIS, NIN
BURGUESES, NIN CURAS, NIN MILITARES, NIN AVOGADOS, NIN XUÍCES, NIN ESCRIBÁNS
NIN POLÍTICOS; pero si unha libre federación universal de libres asociacións obreiras agrícolas e
industriais […].”

Doc. 3. Estatutos da UXT, aprobados en Barcelona en 1888: “Artigo 1º. A Unión Xeral de
Traballadores de España ten por obxecto: 1º. Reunir no seu seo as Sociedades, Federacións e
Unións de Resistencia. 2º. Crear novas Seccións de oficio e constituílas en Federacións Nacionais.
3º. Mellorar as condicións de traballo. 4º. Manter estreitas relacións coas organizacións obreiras
dos demais países que persigan o mesmo fin ca esta Unión, e practicar con elas, sempre que sexa
posible, o principio da solidariedade. Artigo 2º. A Unión Xeral de Traballadores de España
proponse realizar o seu obxecto apelando á folga ben organizada e solicitando dos Poderes
públicos cantas leis favorezan os intereses do traballo, tales como a xornada legal de oito horas,
fixación dun salario mínimo, igualdade de salario para os obreiros dun e outro sexo, etc. […].”

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3102225
ABAU 12

O movemento obreiro inclúese na 2ª metade do século XIX, nun contexto de conflictividade


social e de 1ª Revolución Industrial. Todo isto vai provocar unha grande desigualdade social,
fracturada na burguesía (propietarios) e proletariado (obreiros asalariados). Desta maneira,
con esta situación vai rematar o século XIX no aspecto social, mais no século seguinte vai
continuar este movemento.

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Con respecto á velocidade de Europa, en España a Revolución Industrial chega algo atrasada.
Coa súa chegada introdúcense tamén o novo sistema fabril, a imposición das fábricas e
numerosas máquinas, co obxectivo de obter o máximo beneficio (mentalidade capitalista). Con
todos estes factores, sobre todo a introdución de máquinas, prodúcese unha gran
desigualdade social, e xorden dous grupos sociais diferenciados. A burguesía é a que posúe
todas as fábricas, e tamén a que contrata ao outro gran grupo, o proletariado. Estes
traballadores, non obstante, sofren unhas condicións laborais pésimas, xa que os burgueses
aproveitan o seu poder fabril para obter o maior beneficio, sen importar a calidade de vida dos
seus traballadores. Ante esta desigualdade e as duras condicións de vida do proletariado,
aparecen os chamados movementos obreiros, que son a resposta do mundo obreiro á

Reservados todos los derechos.


desigualdade e explotación da burguesía.

Estes movementos obreiros organízanse, segundo os seus principios, en ideoloxías obreiras.


Dentro de estas agrupacións, atopamos tanto ideoloxías asociacionistas, como o ludismo ou os
partidos políticos por exemplo socialistas, e tamén anarcosindicalistas, como son o anarquismo
ou o marxismo. Todos estes grupos teñen unha grande actividade durante o século XIX,
realizando revoltas e folgas, incluso con atentados e destruccións, como é o caso do ludismo
ou o anarquismo. Esta conflictividade social vén dada por varias causas. En primeiro lugar,
prodúcese un movemento en contra do Estado e en contra da subida dos impostos. A isto
únenselle os abusos polos terratenentes, a pobre calidade de vida que impoñen os burgueses
como diciamos antes, e ademáis o forte anticlericalismo que se apodera destes grupos
obreiros. Así mesmo, esta conflictividade social desplázase cara as grandes zonas industriais,
onde estas novas ideoloxías van a concentrarse, darse a coñecer e realizar os seus actos de
protesta.

Comezamos falando das ideoloxías asociacionistas, en concreto do ludismo. O ludismo é a


resposta dos obreiros ante a introdución de máquinas que lles substitúen e lles quitan o
traballo. Colle o seu nome do seu fundador, Ned Ludd, un obreiro inglés que inicia este
movemento. En España, onde xorde sobre o 1820 e o 1830, destacamos as primeiras accións
ludistas en Alcoi, Alicante, e en Cataluña, coa queima da fábrica de Bonaplata. Pouco a pouco,
estas accións organízanse en folgas, protestas organizadas onde había tanto reivindicacións
laborais como tamén revolucións para defender os obxetivos políticos que a ideoloxía
profesaba. Trátase dunha revolución que se basea no abandono do traballo por parte dos
obreiros, tentando conseguir un aumento de salario, redución da xornada laboral ou unha
mellora das condicións laborais. Pódese distinguir 2 tipos de folgas: unha folga parcial, propia
dun solo sector laboral, ou xeral, onde todos os sectores da cidade ou país pónse de acordo

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3102225
para manifestarse (estas últimas son as que inclúen moitas veces obxectivos políticos). Así
mesmo, este tipo de revolución esténdese a todas as ideoloxías obreiras. Esta folga vai
continuar tanto no Sexenio Revolucionario e tamén durante a Restauración Borbónica,
durante o século XIX, e algunhas acábanse estendendo durante o século XX, ata case a
actualidade.

Por outra parte, neste século XIX comezan a formarse as primeiras asociacións políticas
obreiras, así como sindicatos. Esta formación ao principio camúflase tras unha aparencia
mutualista e benéfica, mas a partir da publicación dunha lei en 1839 (aínda que é suprimida en

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
1844) que permitía a formación de sociedades co obxectivo de loitar polas melloras da
calidade de vida obreiras, cambian a súa estrutura. Agora estas sociedades loitan polas
melloras de salarios e as reducións das xornadas laborais, e polo tanto están caracterizadas
polo seu carácter reivindicativo. Estas asociacións non eran aceptados polos gobernos
conservadores e moderados, mais si polos progresistas (que os toleraban) e os demócratas
(que eran partidarios da súa legalización). Durante as sucesivas prohibicións durante todo o
século, estas asociacións mantivéronse na clandestinidade.

Cara a metades de século, ademais, xorden 2 novas grandes ideoloxías obreiras


anarcosindicalistas, o anarquismo e o marxismo, as cales causan unha forte repercusión nos
movementos sociais e sindicalistas. O anarquismo ten como dirixente principal a Bakunin

Reservados todos los derechos.


(ruso, ateo, filósofo e político) e o seu punto de partida é crear unha sociedade baseada na
liberdade individual fronte a colectividade, polo tanto, todo o que se atopa en contra do
individuo elimínase. As súas bases céntranse ao redor de esta idea, e algunhas incluso
pódense ver no doc 2, xa que esta ideoloxía repercute tamén nos sindicatos, dos que
falaremos máis adiante. O anarquismo baséase na destrucción do Estado (destrucción dos
poderes autoritarios, l.4), así como a eliminación de calquera tipo de poder (l 5,6,7 Non haberá
xuíces, nin politicos...), a educación debía ser científica e laica, sen intervención do Estado, a
eliminación das diferenzas socioeconómicas baseándose na supresión da propiedade privada e
a abolición do dereito á herdanza, polo que se crea unha sociedade máis xusta. Esta nova
sociedade se distribúe en comunas gobernadas co autoxestión, non habería autoridade, solo
pactos e acordos libres entre os habitantes, que serían copropietarios dos medios de
produción. E o máis importante, esta transformación debería ser realizada polos traballadores,
y para iso, empregábase a loita revolucionaria (folga revolucionaria, creación de sindicatos e
de organizacións clandestinas, antentados, violencia...) Esta ideoloxía chega a España da man
de Giuseppe Fanelli , durante o Sexenio Revolucionario, e esténdese sobre todo por Andalucía,
Levante e Cataluña (o documento 2 está publicado en Alcoi, Alicante).

O marxismo é a outra ideoloxía que xorde en España a partir da segunda metade do século
XIX. Os seus fundadores son Karl Marx y Hengels, e ten como punto de partida que as
condicións materiais e económicas determinan as condicións sociopolíticas dunha
comunidade. Esta base implica que a loita de clases é o medio máis eficaz para conseguir a
modificación da sociedade, e que o proletariado, organizado en sindicatos e partidos, debía
conseguir este obxectivo, anulando a propiedade privada, e conquistar o poder, utilizando o
Estado como instrumento de nivelación social. Pretenden que o Estado colectivice e socialice
os medios de produción e a propiedade privada, polo que se establece unha dictadura do
proletariado. Como o anarquismo, esta ideoloxía chega a España da man de Pau Lafargue, mais

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3102225
adquire moita importancia a partir do Sexenio revolucionario, cando este político ponse en

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
contacto con Pablo Iglesias e ambos reorganizan o socialismo e o marxismo, implantándolos de
forma verdadeira na Restauración, coa fundación do PSOE en 1879.

Estas ideoloxías van ter moita repercusión na fundación de sindicatos e partidos obreiros, xa
que a gran maioría se basean nos seus principios. Dentro dos sindicatos máis importantes
atopamos a AIT, que xorde en Londres en 1864, e que se estende a España en 1870, coa
fundación en Barcelona da Federación Rexional Española (FRE). Estas asociacións defenden as
consignas anarquistas. Podemos ver como a AIT, coincidindo coa fecha de comezo do Sexenio
Democrático, induce aos españoles a crear unha sociedade coas mesmas bases, representado
no doc 1. A AIT, defende que tras a expulsión da raíña Isabel, o realismo non debería
establecerse no goberno de novo (l.2), polo que a solución é a formación dunha sociedade
como ela. Debíanse reivindicar as reformas mirando cara o pobo, e así facer que as seccións da
AIT se distribuísen por toda España (l. 6,7). Seguindo estas bases, créase a FRE en 1870, tamén

Reservados todos los derechos.


representada no doc 2. Como diciamos antes, defende os bases anarquistas, e exténdese
sobre todo por Cataluña, Andalucía e Levante. Realiza ademais levantamentos como o
levantamento en 1873 en Alcoi, grazas ao cal, como consecuencia, as actividades da AIT
quedan prohibidas.

Así mesmo, temos organizacións puramente anarquistas, caracterizadas pola súa fractura
interna, sobre todo polas diferenzas ideolóxicas. Centran os seus puntos de vista no terreo
sindical, e se centran sobre todo no colectivismo e antiautoritarismo. Destacamos a FTRE
(Federación de Traballadores da Rexión Española), que bebe das fontes da FRE e que defende
sobre todo o mundo agrario e industrial(no doc 2 pódese ver un lixeiro matiz na última liña),
que logo pasa á Federación de Resistencia ao Capital. Xa case a finais de século, estas
organizacións intentan crear unha unidade e unificar as súas tendencias, polo que crean
sociedades como Solidariedade Obreira, ou unha das máis importantes, a Confederación
Nacional do Traballo en 1910, que é unha das primeiras asociacións creadas no século XX. Coa
ditadura de Primo de Rivera queda en clandestinidade, pero máis adiante algúns dos seus
membros máis radicais van a fundar a FAI. Por outra banda, os anarquistas radicais defendían
o que chamaban a propaganda pola acción, e polo tanto os atentados e asasinatos (Canovas,
Canalejas, Dato...) Dentro destes grupos atopamos a chamada Man Negra, de corta duración
pero moi significativa.

Ademais das asociacións anarquistas, atopamos organizacións socialistas marxistas, derivadas


da unión entre Pau Lafargue e Pablo Iglesias Posse, que comezan a xurdir durante a
Restauración Borbónica. Debemos destacar sobre todo a fundación clandestina do PSOE en
1879, que defendía a posesión do poder político por parte dos obreiros e a transformación da
propiedade privada en colectiva. Así mesmo, á vez que o PSOE celebra o seu primeiro
Congreso en 1888, fúndase a UXT, da cal podemos ver os estatutos principais no doc 3. Estas
organizacións socialistas ten éxito tanto no mundo rural como nas zonas industriais principais,
Cataluña, Asturias, Biscaia e Madrid. En 1889, baixo o mandato de Pablo Iglesias, fúndase en
París a Segunda Internacional, continuación da reunión no 64 da AIT, onde se acorda a
conquista do poder político polos traballadores, o establecemento de Primeiro de Maio como
dia da clase obreira e a loita pola xornada de oito horas, así como a defensa da paz e a loita
contra a explotación colonial.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3102225
Pola influencia da revolución soviética a principios do século XX e a III Internacional Comunista
convocada por Lenin, os socialistas debaten sobre si seguir ou non o modelo soviético, que
establece que os comunistas non poden ser socialistas, polo que se produce unha división de
opinións. Algúns continuan no PSOE e na UXT e outro fusionan o Partido Comunista Español e
o Partido Comunista Obreiro Español no PCE en 1921.

Ao mesmo tempo, xorden as sociedades obreiras católicas, que defenden os obxectivos


obreiros pero dende unha óptica cristiá, e tamén as protestas polos consumos, que xorden
durante o reinado de Sabela II, durante a década moderada. Ademais, unha das consecuencias

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
principais do movemento obreiro foi a constitución por parte dos patronos, comerciantes... de
asociacións como Xuntas de Comercio, Cámaras oficiais ou a Confederación Patronal Española,
agora chamada CEE. Ante esta situación, prodúcese unha resposta do Estado liberal, cunha
actitude vixiante e agresiva, utilizando medios como a Garda Civil ou a Policía para manter a
raia ás asociacións (todo isto antes do 87, Lei de asociacións).

Polo tanto, o movemento obreiro consegue obrigar ao Estado Liberal a aceptar unha
lexislación laboral favorable para os obreiros. Dentro das institucións que favorecen este
cambio son o Instituto de Reformas Sociais (facía un estudo socioprofesional do país para
asesorar o goberno) e o Instituto Nacional de Previsión. Grazas a estas institucións concédese
o dereito a folga en 1909 e a redución da xornada laboral a 8 horas. Polo tanto, este

Reservados todos los derechos.


movemento obreiro, a pesar de conseguiren os seus obxectivos, van continuar, con lixeiras
variacións nas súas políticas, defendendo os dereitos obreiros ata a actualidade.

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3102225

You might also like