Professional Documents
Culture Documents
RRII Guerra de Bosnia
RRII Guerra de Bosnia
RRII Guerra de Bosnia
Este traballo ten por ebxetivo determinar a natureza do conflito da Guerra dos Balcáns
en canto ás variables que determinaron o inicio do mesmo así como a súa implicación a
nivel internacional. Tamén se busca determinar se este periodo bélico nesta rexión
constituiu unha etapa relevante para a metodoloxía politolóxica no que se refere a
conflitos militares, así como se constitúe un aporte para a operacionalización de
determinados conceptos relacionados con esta materia de cara a futuros análises.
Para chegar ás nosas conclusións cabe situarse primeiro no contexto historico a partir do
que xurde o citado conflito, para así considerar cales son as variables pertinentes no
estalido do mesmo, como poden ser o descontento popular, o grao de militarismo, as
inxerencias interestatais no seo das repúblicas yugoslavas, a relixiosidade ou a
distribución demográfica dos distintos grupos étnicos, así como a influenza dos mesmos
a nivel político en función da densidade poboacional.
O conflito das Guerras Yugoslavas ou tamén coñecido como Guerra dos Balcáns,
acontecido entre 1991 e 2001, ten a súa orixe na segunda metade do século XX durante
a guerra fría. Durante este periodo a antiga Yugoslavia estaba gobernada baixo un
réxime socialista encabezado polo ditador Josip Broz Tito, cuxa política destacaba en
materia teritorial por un modelo unificado. Logo da desaparición do bloque oriental
Yugoslavia fragmentouse en varias repúblicas independentes nas que existían diversos
grupos étnicos convivindo nun espazo xeográfico relativamente reducido.
O comezo do conflito ten como unha das súas variables relevantes o feito de que, entre estas
repúblicas intependentes, disputábanse as hexemonías musulmana e cristiana ortodoxa entre
serbios, cróatas, bosnios e albaneses. Non obstante, o detonante principal do conflito foi a
supresión da autonomía de Kosovo por parte do goberno serbio de Slobodan Milošević.
Unha ver acontece isto tanto Croacia como Eslovenia proclamaron unilateralmente a
súa independencia de Serbia como resposta a súa supremacía política e demográfica, é
dicir, a poboación serbia era a maioritariamente distribuída entre os distintos grupos
étnicos.
Este feito acentuaba un descontento popular caracterizado por un forte nacionalismo
aparecido posteriormente á caída do bloque socialista que buscaba precisamente a
secesión dos distintos territorios que conformaban o estado serbio. O crecemento
poblacional albanés tamén tivo influencia na contundencia da resposta go goberno
serbio ante este escenario.
En canto a Kosovo, esta rexión xa gozaba dunha autonomía concedida previamente polo
goberno de Tito en 1974. Outro factor relevante era o descontento das repúblicas mais
desenvolvidas, Croacia e Eslovenia, que consideraban que contribuían demasiado ao
desenvolvemento das repúblicas mais pobres a costa a súa falta de prosperidade.
Cando Milošević asumiu a presidencia de Serbia en 1989 optou por unha liña
pragmática encamiñada ao nacionalismo serbio para contarrestar os nacionalismos
periféricos por parte de Bosnia, Croacia e Eslovenia. Tamén eran habituais os
enfrontamentos entre albaneses e serbios na rexión de Kosovo.
Esta liña política ocasionou que nas eleccións de 1990 as forzas nacionalistas obtivesen
a vitoria eleitoral en todas as repúblicas yugoslavas, de maneira que en 1991 o
Parlamento esloveno proclamou a súa independencia. O proceso de independencia
esloveno xa estaba en marcha dende 1989, cando o país aprobou unha nova
constitución. Este novo ordenamento xurídico otorgaba principalmente a Eslovenia a
potestade para decidir a non contribución na carga impositiva do estado yugoslavo e
impedía a participación eleitoral de partidos políticos non eslovenos nas eleccións.
Unha das pecularidades deste conflito foi a culpabilidade internacional cara a figura de
Milosevic, o primeiro ministro serbio. É por tanto que nos surxe unha dúbida
sustanciosa en termos investigadores. ¿Foi o conflicto da guerra de Bosnia un conflicto
nacionalista? Polo tanto a nosa primeira hipótesis nesta investigación é a seguinte: o
conflicto de Bosnia foi un conflicto nacionalista.
Para facernos esta pregunta debemos centrarnos no conflicto que supuxo o punto de
inflexión internacional cara o establecemento posterior dun novo concepto de guerra.
Este foi a guerra de Bosnia, que propiciou o nacemento da noción Novas Guerras.
O último dato arróxanos un pouco de luz nesta investigación, xa que previo á disolución
de Yugoslavia só o 1% aproximadamente da poboación se consideraba yugoslava, o que
pode querer dicir que estes membros cidadáns tiñan como visión social a integración de
tódolos pobos e a posterior consideración do que coñecemos en España como nación de
nación.
Para atopar solución a esta hipótese, creamos un pequeño esquema onde recollemos os
principais grupos paramilitares participes no conflicto, vinculándoos ás súas posibles
motivacións neste conflicto:
A causa de que se asuma de maneira taxante que as limpezas foron étnicas é moi clara,
o resto das etnias, croatas (católicos), bosnios (musulmáns) formaban parte doutras
congregacións relixiosas que non eran permitidas polos serbios (adxuntamos un cadro
explicativo de como estaban distribuídas estas etnias no mapa da antigua República
Federativa Socialista de Yugoslavia)
Esta distribución xeográfica e tendo en conta cales foron onde aconteceron os diferentes
conflitos, demóstranos dunha maneira un pouco maís clara cales foron as verdadeiras
motivacións das forzas serbias. A visión das forzas serbias non era outra que a de
establecer en base á antigua unión federal que supuxo a República Federativa Socialista
de Yugoslavia a unificación de tódolos territorios que tiñan pobación de etnia serbia nas
súas fronteiras. Isto conlevou a un conflito armado desta magnitude. A pesares do que
poida parecer, entendemos máis este conflicto como unha guerra civil entre diferentes
etnias dun mesmo territorio, que reivindicaban diferentes escenarios dependendo da súa
procedencia tanto étnica como relixiosa. Estes escenarios dividíanse en dous grupos, os
serbios, partidarios dunha república federal que unificase tódolos territorios onde
existise poboación de etnia serbia, fronte ao escenario plantexado por croatas e bosnios,
máis proclives á defensa da autodeterminación dun territorio para a autoxestión e a
exerción da soberanía do mesmo.
Tras este plan, onde se tendía claramente cara un espazo pacífico, Estados Unidos
comezou a apoiar militarmente ás forzas militares bosnias e croatas a través das
unidades de muyahidines, partidarias dun réxime de carácter islámico en Bosnia.
En contraposición a este apoio militar por parte de Estados Unidos, os serbios contaron
co apoio militar de pequenas unidades rusas que engrosaron as filas das forzas serbias.
É por tanto que podemos concretar que o apoio de diferentes bandos por parte das dúas
superpotencias militares naquel momento, EEUU e Rusia, definiron o comportamento
mediático desta guerra.
Conclusións
1º. O conflicto armado non foi como tal un conflicto nacionalista, se non tamén de
carácter relixioso.
2º. O feito de que este conflicto fose un conflicto tamén de carácter relixioso puido
influenciar enormemente na aparición de grupos paramilitares afíns a determinadas
forzas do conflicto.
3º. O feito de que o conflicto fose de carácter internacional, onde ambos bandos
escolleron aliados militares contrapostos definiu o comportamento mediático do
conflicto.
Bibliografía
Ferreira Navarro, Marcos, Crisis y conflictos en el siglo XX. Yugoslavia: Desde la idea
nacional hasta la Guerra de Croacia, Tiempo y sociedad, Núm. 18, 2015, pp. 87-132.