Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

En primeira persoa:

Ángel Vizoso (Alfoz, 1993).

A actuación —sempre en modo afeccionado— chegou case de súpeto á miña vida, aínda que é
ben certo que levo contándolle cousas á xente dende moi pequeno. Coma todo o mundo,
comecei de pastor cun chaleco de lá na representación do colexio. No instituto comecei a facer
teatro, dando “o salto” posteriormente ao Grupo Teatral Raiolas de Alfoz, co que percorrín as
estradas de Galicia e Asturias representando obras como “A Lotería” ou “O Gran Raiolo”. No
apartado audiovisual, ademais de participar como actor de reparto nos filmes “A Encrucillada”,
“Malos tempos” ou “Tristeza na herba”, interpretei o papel protagonista na longametraxe
“Lume na alma” (Pepe Peinó, 2008) e na curta “Quen son hoxe?” (Sabela Rodríguez, 2011).

En terceira persoa:

Ángel Vizoso (Alfoz, 1993).

Xornalista e profesor de xornalismo. No terreo artístico, ten participado en máis dunha ducia
de obras, tanto co Grupo Teatral do IES Alfoz-Valadouro, como co Grupo Teatral Raiolas ou o
Grupo Teatral A Maseira. No apartado audiovisual, participou como actor de reparto nos
filmes “A Encrucillada”, “Malos Tempos” ou “Tristeza na herba”, entre outras, ademais de
protagonizar a longametraxe “Lume na alma” (Pepe Peinó, 2008) e a curta “Quen son hoxe?”
(Sabela Rodríguez, 2011).

You might also like