Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 20

PROTOCOLO DE

FUNCIONAMENTO DO

COMEDOR ESCOLAR

IES O MOSTEIRÓN
I.INTRODUCIÓN......................................................................................................................3

1. Lexislación...................................................................................................................3
2. Clasificación do comedor...........................................................................................4
3. Horario do comedor....................................................................................................4
4. Funcións do persoal colaborador de atención e apoio ao alumnado...................5
5. Funcións do persoal de cociña do servizo de comedor.........................................5
6. Funcións do encargado de comedor........................................................................6
7. Funcións do director do Centro.................................................................................6
8. Comisión do servizo de comedor..............................................................................7

II.-OBXECTIVOS......................................................................................................................7
1. Educación para a saúde...............................................................................................7
2. Educación para a convivencia.....................................................................................8

III.-NORMAS DE CONVIVENCIA.............................................................................................8
1. Normas xerais.............................................................................................................8
2. Normas específicas de uso do comedor..................................................................9

IV.-TEMPO DE LECER..........................................................................................................11

V.- PAGAMENTO DOS PREZOS PÚBLICOS.......................................................................11

VI.-FALTA DE ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR.....................................................12

VII.-USO DO COMEDOR ESCOLAR POR ALUMNOS PROCEDENTES DE OUTROS


CENTROS..............................................................................................................................12

VIII.-PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN EN CASO DE COMIDA SOBRANTE.................13

IX-.REDE DE ECOCOMEDORES ESCOLARES..................................................................13

X-. MENÚ BASE.....................................................................................................................14

XI-.MEDIDAS DE USO DO COMEDOR ANTE A SITUACIÓN DE PANDEMIS COVID-19..16

2
I.-INTRODUCIÓN
O ámbito de aplicación deste regulamento comprende aos usuarios de dous Centros
educativos: IES Mosteirón e CEIP Plurilingüe O Mosteirón con alumnado de Ed. Infantil, Ed.
Primaria e ESO.
1. LEXISLACIÓN
O regulamento está baseado na seguinte normativa:
 Decreto 132/2013 do 1 de agosto (DOG de 13 de agosto de 2013)
 Orde do 21 de Febreiro de 2007 (DOG de 5 de Marzo de 2007)
 Instrución 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores
escolares de xestión directa no curso 2010/2021.
 Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nos comedores dos centros
educativos non universitarios (versión:16/09/2020).

-CLÁUSULA ADICIONAL DE SALVAGARDA (recollida na Instrución 2/2019 da


Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares
de xestión directa no curso 2010/2021) :
“ A PRESENTE INSTRUCIÓN DÍTASE CON OBXECTO DE FIXAR PARA O CURSO
2020-2021 AS LIÑAS XERAIS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DOS
COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS DE XEITO DIRECTO POLA
CONSELLERÍA .
PORÉN A SITUACIÓN XERAL PRODUCIDA COA PANDEMIA DO COVID-19 PODE
SUPOÑER A IMPOSICIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN E SEGURIDADE
IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN SANITARIA, QUE DETERMINEN A
APROBACIÓN POLA CONSELLERÍA DUN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE
PROTECCIÓN E SEGURIDADE NA APERTURA XERAL DOS CENTROS DE
ENSINO E A INCORPORACIÓN ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS E
COMPLEMENTARIAS DOS ESCOLARES GALEGOS PARA O CURSO 2020-2021.
ASÍ POIS, A PRESENTE INSTRUCIÓN PODE RESULTAR CONDICIONADA
POLAS MEDIDAS QUE, EN MATERIA DE COMEDORES ESCOLARES DE
XESTIÓN DIRECTA, ESTABLEZA, NO SEU CASO, O PROTOCOLO QUE DITE A
CONSELLERÍA.
DE RESULTAR REINTERPRETADAS OU MODIFICADAS DETERMINADAS
DETERMINACIÓNS RECOLLIDAS NA PRESENTE INSTRUCIÓN, AS MESMAS
SERÁN COMUNICADAS PUNTUALMENTE AOS CENTROS EDUCATIVOS CO
SEU NOVO CONTIDO POLAS CANLES ESTABLECIDAS”.

3
2. CLASIFICACIÓN DO COMEDOR
- Segundo o Decreto 132/2013 do 1 de agosto, o comedor de “O Mosteirón” está
clasificado como tipo F (máis de 500 comensais), e a modalidade de prestación de servizos
é a de Xestión directa da Consellería.
- Segundo a orde do 21 de febreiro de 2007 a esta clasificación correspóndelle “1 oficial 2ª
de cociña e 4 axudantes de cociña”, aínda que excepcionalmente pode contar cun reforzo
de persoal “cando un centro conte cun nº de comensais superior a 400 ou que o servizo de
comedor conte con máis dunha quenda”.
- Segundo a orde do 21 de febreiro de 2007 no seu artigo 8, “o persoal de atención ao
comedor virá determinado en función do total dos alumnos e alumnas comensais, de acordo
coa seguinte ratio.....”
 IES O Mosteirón: 107 alumnos de educación secundaria.
Nº de alumnado secundaria: máis de 100
Persoal de atención: 4 persoas
 CEIP Plurilingüe O Mosteirón: 184 alumnos de educación primaria e 69 alumnos de
educación infantil.
Nº de alumnado primaria: máis de 120
Persoal de atención: 5 persoas
Nº de alumnado infantil: de 51 a 70
Persoal de atención: 4 persoas

3.- HORARIO DO COMEDOR.


Ante a situación que estase a vivir por mor da pandemia COVID-19, reorganízase o
seu funcionamento para o curso 2020-21 en dúas quendas:
 1ª quenda atenderase ó alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteirón, de 14:00h a
14:45h. Saída do transporte ás 14:45h;
 2ª quenda atenderase ó alumnado do IES O Mosteirón, de 14:45h a 15:20h.
Saída do transporte ás 15:20h.
Con isto o que se pretende é aumentar a distancia social entre o alumnado,
diminuíndo o número de comensais por mesa e evitar que o alumnado de ambos
centros coincida nun mesmo espazo á vez, sen ter que reducir a ratio do servizo.

Os responsables, colaboradores e traballadores de comedor comen nunha única quenda

4
4.- FUNCIÓNS DO PERSOAL COLABORADOR DE ATENCIÓN E APOIO Ó ALUMNADO.
Atendendo á Orde do 21 de Febreiro de 2007, as funcións do persoal colaborador son as
seguintes:
 Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades
establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.
 Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais
e unha correcta utilización e conservación do enxoval de comedor.
 Axudar aos alumnos que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais
específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas
actividades de alimentación e aseo.
 Informar ao equipo directivo do centro correspondente, no modelo de impreso que
este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo
de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias.
 Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois do xantar, basicamente no
exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para eses períodos,
atendendo ás orientacións do encargado do servizo de comedor escolar.
 En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a
colaboración do alumnado a partir de 5º Ed. Primaria, sen que iso supoña a ausencia
física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito
servizo.

5.- FUNCIÓNS DO PERSOAL DE COCIÑA DO SERVICIO DE COMEDOR


Atendendo á Orde do 21 de Febreiro de 2007, as funcións do persoal do servizo de
comedor son as seguintes:
 Elaboración de comidas de acordo co menú aprobado polo Consello Escolar.
 Velar pola calidade e conservación dos alimentos, cumprindo as normas de
seguridade e hixiene.
 Servizo de atención ás mesas dos usuarios.
 Limpeza das instalacións e equipamentos do servizo de comedor escolar, coidando o
seu uso e conservación.
 Informar ao encargado do servizo de comedor daquelas outras cuestións que afecten
ao funcionamento do servizo.
 Colaborar no seguimento dos protocolos de seguranza e hixiene e de riscos laborais.
 Asistir, se é o caso, ás actividades específicas programadas dentro do Plan de
formación continuada.

5
6.-FUNCIÓNS DO ENCARGADO/A DE COMEDOR
Atendendo á Orde do 21 de Febreiro de 2007, as funcións do encargado/a de comedor
son as seguintes:
 Coordinar un plan de actividades que permita o desenvolvemento de aspectos e
normas relacionadas co hábito de saber comer, e de relación social no contorno do
servizo de comedor escolar.
 Potenciar o desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre para dinamizar a
atención e vixilancia do alumnado usuario.
 Executar as tarefas propias de coordinación e supervisión necesarios para o
funcionamento do servizo de comedor.
 Organizar o funcionamento do servizo de comida de mediodía.
 Elaborar a actualización periódica do inventario do equipamento do servizo de
comedor e a súa reposición.
 Elevar á dirección do centro propostas sobre control e mellora de menús, así como
da distribución do orzamento e control do gasto, a través da comisión do servizo de
comedor escolar.

7.- FUNCIÓNS DO DIRECTOR/A DO CENTRO


Atendendo á Orde do 21 de Febreiro de 2007, as funcións do director/a do centro son as
seguintes:
 Elaborar co equipo directivo, e de acordo coa comisión do servizo de comedor, o
protocolo de funcionamento do servizo como parte integrante da programación xeral
anual do centro.
 Dirixir e coordinar o servizo de comedor e designar o persoal docente que
voluntariamente participe nas tarefas de atención ao alumnado.
 Supervisar o correcto funcionamento do servizo de comedor prestado polo centro.
 Estudar e elaborar o proxecto de orzamento do servizo de comedor.
 Autorizar os gastos e ordenar os pagamentos necesarios para o seu bo
funcionamento.
 Verificar o cobramento das cantidades correspondentes do servizo de comedor aos
usuarios del.
 Facer as contratacións de subministración, se for o caso, de acordo coa lexislación
vixente.
 Coordinar as tarefas do persoal que preste servizos no comedor escolar.
 Presidir, se for o caso, a comisión do servizo de comedor escolar.
 Velar polo cumprimento das normas sobre sanidade e hixiene, de acordo cos
protocolos que para o efecto remitirá a Consellería de Educación e Ordenación
6
Universitaria.
 Calquera outra función necesaria para o correcto funcionamento do servizo.

8.- COMISIÓN DO SERVICIO DE COMEDOR


Atendendo á Orde do 21 de Febreiro de 2007, será a mesma comisión económica do
centro pero integrada, ademais, pola persoa encargada do servizo de comedor. Serán
funcións da Comisión:
 Elaborar o borrador de anteproxecto de orzamento do servizo de comedor.
 Colaborar co equipo directivo e o encargado do servizo de comedor, se for o caso,
na xestión económico-administrativa dos fondos do servizo de comedor.
 Propoñer ao Consello Escolar os menús, de acordo cun programa de alimentación
sa e equilibrada.
 Elaborar e propoñer ao Consello Escolar un plan de actividades que desenvolverá o
alumnado que utilice o servizo de comedor escolar.
 Seguimento do servizo de comedor, formulando propostas de mellora, se é o caso,
ante o Consello escolar.
 Velar polo cumprimento das normas vixentes sobre sanidade e hixiene.
 Calquera outra función necesaria para o correcto desenvolvemento do servizo de
comedor.

II.- OBXECTIVOS
O funcionamento do comedor escolar afecta á vida do centro e a súa utilización por parte
dos alumnos non debe considerarse como algo alleo aos valores que se ensinan nas aulas.
O comedor escolar é un servizo complementario e, como tal, os usuarios deben respectar as
normas de organización, funcionamento e convivencia (NOFC) que rexen no Centro;
tratarase de acadar os seguintes obxectivos:

1.-EDUCACIÓN PARA A SAÚDE:


1. Fomentar e desenvolver hábitos persoais de hixiene e boa alimentación como base
dunha correcta educación para a saúde.
2. Poñer en práctica normas hixiénicas e sanitarias estudadas nas aulas.
3. Promover o consumo de tódolos alimentos (educar no gusto polos diferentes
sabores).
4. Manter posturas correctas na mesa.
5. Desenvolver hábitos sobre o uso axeitado dos utensilios de comida.
6. Adquirir e poñer en práctica hábitos relacionados coas normas de educación básicas
na mesa.
7
7. Concienciar ás familias dos beneficios que poden obterse dunha colaboración cos
responsables do comedor, tanto respecto á saúde como á educación nutricional dos
seus fillos, así como na adquisición e desenvolvemento de hábitos correctos.

2.-EDUCACIÓN PARA A CONVIVENCIA:


1. Adquirir e poñer en práctica hábitos de convivencia e cooperación nas tarefas
comúns.
2. Promover a cooperación dos alumnos implicándoos, segundo as súas posibilidades,
en tarefas de comedor.
3. Fomentar o compañeirismo e as actitudes de respecto e tolerancia cara tódolos
membros da comunidade escolar.
4. Lograr un comportamento correcto na mesa.
5. Lograr un ambiente agradable evitando o exceso de ruídos.
6. Coidar e respectar os locais, mobiliarios, aparellos e utensilios de uso común.
7. Lograr que as entradas e saídas ao comedor sexan ordenadas.
8. Favorecer a comunicación cos compañeiros en actividades non académicas,
fomentando o compañeirismo e as actitudes de respecto e tolerancia.
9. Valorar e respectar outro tipo de traballos (persoal colaborador, cociñeiros,
camareiras, etc).

III.- NORMAS DE CONVIVENCIA.


Tal e como se recolle no punto 1, artigo 12, da LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e
participación da comunidade educativa:
“serán obxecto de corrección disciplinaria as condutas contrarias ás normas de convivencia
realizadas polo alumnado dentro do recinto escolar ou durante o desenvolvemento de
actividades complementarias e extraescolares, así como durante a prestación dos servizos
de comedor e transporte escolar.”
Así mesmo, nas NOFC do Ies O Mosteirón queda recollido que, como norma xeral, o
comedor escolar rexerase polas normas de convivencia establecidas para o resto dos
espazos escolares.
En caso necesario, a dirección de cada centro usuario do comedor escolar aplicará a
corrección disciplinaria oportuna recollida nas súas NOFC.

1-. NORMAS XERAIS


1. Os alumnos alérxicos a alimentos ou que padezan calquera enfermidade que precise
dunha alimentación especial deberá presentar un informe médico á dirección do
seu centro educativo, que o comunicará á encargada do comedor escolar.

8
2. As condutas contrarias ás normas de convivencia do alumnado a cargo, serán
amoestadas verbalmente polos colaboradores/as do comedor escolar. En ningún
caso as nais/pais colaboradores poderán aplicar unha medida correctora. É labor do
profesorado colaborador ou, de ser o caso, da dirección do centro educativo
correspondente aplicar as medidas correctoras oportunas.
3. A información sobre os menús estará na páxina web do IES O Mosteirón:
prográmanse menús para 4 semanas que se van repetindo ao longo do curso. No
caso de que se produzan variacións significativas nos mesmos, informarase ás
familias a través da páxina Web. As dúbidas ou suxestións relacionadas coa
elaboración do menú xeral deben trasladarse á dirección do IES O Mosteirón.
4. En caso de ACCIDENTE as pautas a seguir son:
 accidente leve: Atenderase ao alumno/a e darase aviso á persoa responsable
de comedor do centro correspondente que actuará segundo as NOFC
establecidas no mesmo.
 accidente grave: Chamarase ao 112 na maior brevidade e seguiranse a súas
instrucións. Darase aviso ao responsable de comedor mais próximo
(responsable de comedor de calquera dos centros ou encargada), que
adoptará as medidas oportunas.

2-. NORMAS ESPECÍFICAS DE USO DO COMEDOR


 Alumnado: Os alumnos/as están obrigados a manter unha conduta apropiada no
comedor escolar, da mesma maneira que en calquera outra actividade das que se
desenvolven no centro.
1. Todos os alumnos deben respectar as NOFC do seu centro educativo e as normas
específicas de uso do comedor (dispoñibles en cada un dos centros educativos
usuarios do mesmo e na páxina WEB do IES O Mosteirón).
2. Os alumnos non poderán saír do recinto escolar durante el período de comedor.
3. Seguir as indicacións que en cada momento lles fagan as persoas encargadas da
súa vixilancia.
4. Antes do inicio da comida os alumnos deberán lavar as mans e ir ao baño se o
precisan (neste sentido terase especial atención cos alumnos de Ed. Infantil e
Primaria para o que contarán coa axuda do profesor que imparta a última clase e/ou
persoal colaborador do comedor).
5. Os alumnos accederán ás instalacións cando a encargada ou colaboradores/as o
indiquen.
6. A entrada ao comedor dos alumnos farase por grupos, con orde e tranquilidade, sen
correr, nin berrar, nin empurrar aos compañeiros. En Ed. Primaria os profesores da

9
última clase da mañá baixarán ao seu grupo de alumnos ata o corredor da entrada
ao comedor onde os esperará o persoal colaborador. En Ed. Infantil o profesor terá a
axuda do persoal colaborador en todo o proceso.
7. Os alumnos sentaranse no lugar que lles sexa asignado e permanecerán nel sen
poder levantarse salvo co permiso dalgún responsable. Os colaboradores poderán
cambiar ó alumnado de sitio previa consulta aos responsables do centro educativo
correspondente.
8. Os alumnos estarán informados de quen é o persoal colaborador encargado de
atender ás súas mesas.
9. Manterase en todo momento o respecto entre todos os usuarios do comedor escolar.
10. Os alumnos están obrigados a respectar aos colaboradores/as nos mesmos termos
que ao profesorado do centro, seguindo as súas indicacións.
11. Co fin de lograr un ambiente tranquilo e relaxado os alumnos e persoal, dirixiranse
aos demais nun ton de voz adecuado, evitando falar cos compañeiros doutras
mesas.
12. Durante a comida os alumnos empregarán os utensilios e comerán dun xeito
correcto, sen xogar entre eles nin facelo coa comida.
13. Os alumnos serán responsables do deterioro por mal uso do material e utensilios do
comedor.
14. Os alumnos deberán adaptarse ao menú establecido (salvo no caso do apartado 1
das normas xerais).
15. Para o alumnado de ESO e de 5º e 6º de EP, cada semana, haberá un alumno/a
encargado de recoller a mesa. O persoal colaborador supervisará que isto se
cumpra.
16. Antes de saír, as mesas deben quedar recollidas e sen restos de comida.
17. Os alumnos non sairán do comedor ata que o persoal responsable llo indique.

 Familias
1. Asumir o presente protocolo en todos os seus apartados, que estará dispoñible no
centro e na páxina Web para toda a comunidade educativa.
2. Orientar aos seus fillos sobre como deben comportarse durante a comida e os
períodos anterior e posterior á mesma.
3. Cooperar para o adecuado cumprimento das normas establecidas.
4. A recollida do alumno antes do inicio do comedor, seguirá o procedemento xeneral
establecido por cada centro de recollida en horario lectivo.
5. Comunicar ao centro, mediante informe médico, as posibles alerxias o enfermidades
que requiran un réxeme.

10
6. Aceptar e levar a cabo as correccións que se lle apliquen aos seus fillos ante as
condutas contrarias ás normas de convivencia.
7. Presentar, por escrito, calquera suxestión ou observación sobre o comedor na
Dirección do centro correspondente (CEIP O Mosteirón e IES O Mosteirón), xa que
so así se poderá transmitir exactamente e darlle cumprida resposta.

É imprescindible contar coa implicación das familias dos alumnos usuarios do comedor para
que adquiran valores educativos.

IV.- TEMPO DE LECER


1. Os colaboradores/as de comedor, distribuiranse de forma que poidan controlar
tódolos espazos, farán unha amoestación verbal aos alumnos que estean ao seu
cargo no caso de que presenten unha conduta contraria ás normas de convivencia e,
en caso de reincidencia ou conduta prexudicial ou gravemente prexudicial para a
convivencia do Centro, informarán por escrito (segundo o modelo de impreso que se
lles facilitará) á dirección do centro educativo correspondente
2. Non se permite a circulación de vehículos. O persoal colaborador deberá aparcar
fora do recinto e entrar polo acceso peonil da entrada principal.
3. Non se permite a práctica de xogos perigosos, entendéndose como tais os que
poidan poñer en perigo a integridade física das persoas.

V.- PAGAMENTO DOS PREZOS PÚBLICOS (punto 6.2.6 da instrución 2/2019):


1. Os usuarios deberán facer o pagamento mensual dos prezos públicos entre o día 1
e 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo,
2. Os usuarios deberán comunicarlle obrigatoriamente ao centro de ensino os días que
non van a facer uso do comedor escolar antes das 9:45h de cada día, para así non
ter que aboalos.
3. Entenderanse notificadas as liquidacións dos prezos públicos coa posta a disposición
dos obrigados tributarios, nos 5 primeiros días naturais de cada mes, dos impresos
de pagamento nos que constarán os elementos esenciais das cantidades a aboar.
En calquera caso, a liquidación dos prezos públicos entenderase efectuada para
todos os efectos o día 5 de cada mes.
4. En xeral, o pagamento dos prezos públicos poderase efectuar:
-Nas entidades de deposito autorizadas pola Consellería de Facenda,
mediante os correspondentes impresos de pagamento; conservando o xustificante
do “pagamento para o interesado” e presentando nos centros, nos 20 primeiros días

11
de cada mes, os xustificantes de “pagamento para a Administración” debidamente
validados polas entidades de cobro.
-A través do Espazo Abalar.
-A través da oficina virtual tributaria.
5. A falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios,
será causa de perda da praza de comedor por acordo do Consello Escolar do centro
correspondente.
6. O incumprimento no pagamento dos prezos públicos de cada mes impedirán a
utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna
regularización dos pagamentos, para o cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

VI.- FALTA DE ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR (instrución 2/2019, punto 5)


1. Os usuarios do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito
continuado non fagan uso do mesmo, causarán automaticamente baixa no servizo,
agás causas debidamente xustificadas polos usuarios ante a dirección do respectivo
centro educativo.
2. Os usuarios do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a
súa ausencia antes das 9:45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser
suspendidos pola dirección do centro correspondente do dereito ao servizo por un
período de 10 días.

VII.- USO DO COMEDOR ESCOLAR POR ALUMNOS PROCEDENTES DE OUTROS


CENTROS (punto 8 da instrución 2/2019):
Segundo a instrución 2/2019 do 16 de xuño, no apartado 8 que fai referencia ao Uso do
comedor escolar por alumnado procedente doutros centros indícase que:
“A Secretaría Xeral técnica da Consellería,... poderá autorizar que alumnos/as dun centro
escolar accedan a un comedor que funcione noutro centro distinto.
A autorización condicionarase a que o centro que non conta con comedor achegue o
número de colaboradores que corresponda en función do número de alumnos comensais
incorporados ao comedor, de acordo coa ratio establecida no artigo 8.5.f da orde do 21 de
febreiro de 2007.
Estes colaboradores deberán ter, preferentemente, a condición de persoal do citado centro
e, en todo caso polo menos un deles, que será quen exerza facultades de garda, control
e disciplina deberá ser membro do equipo docente do centro que careza de comedor”.

12
VIII.- PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN EN CASO DE COMIDA SOBRANTE (punto 1.2
da instrución 2/2019):
A instrución 2/2019 no seu apartado 1.2 indica que no protocolo de comedor regularase o
procedemento que se levará a cabo no caso de comida sobrante, o cal se distribuirá
exclusivamente a familias e persoas en risco de exclusión social, a través do Concello e de
entidades sen ánimo de lucro dedicadas aos servizos sociais de Sada, de conformidade co
previsto na Instrución 3/2017 do 23 de marzo.
Isto púxose en coñecemento do Concello e da Cruz Vermella, a través do Consello Escolar,
en cursos anteriores pero non se chegou a adoptar ningunha actuación. Proporase de novo
ao Concello, no primeiro Consello Escolar do curso 2020/21, establecer unhas liñas de
actuación para poder levar a cabo esta medida se fora posible ante a situación de pandemia
COVID-19.

IX.- REDE DE ECOCOMEDORES ESCOLARES.


Ofrecer aos nosos nenos alimentos de calidade e menús equilibrados é un deber da nosa
sociedade. O servizo de comedor escolar é un espazo máis de educación, no que debemos
transmitir o valor dunha alimentación sa, equilibrada e variada; baseada en procesos
produtivos, de transporte e comercialización respectuosos co medio ambiente.
Durante o curso 2019-2020 o comedor escolar do IES O Mosteirón entra a formar parte da
rede de ecocomedores escolares, nun proxecto dirixido a centros educativos con cocina in
situ, que parte da necesidade de mellorar a alimentación da poboación infantil e xuvenil
introducindo nos menús alimentos de proximidade, de tempada e ecolóxicos; mellorando así
o equilibrio nutricional do menú escolar e fomentado a economía local, o desenvolvemento
rural e xerando vínculos entre a agricultura local e as familias.

13
X.- MENÚ BASE

Este curso escolar, o comedor deste Centro incorpórase ao proxecto de ecocomedores,


polo que subministraremos como mínimo dúas veces por semana verduras e hortalizas de
orixe ecolóxico e de proximidade; tamén introdúcese peixe fresco de tempada no menú.

1ª Semana 2ª Semana
Luns Sopa de fideos. Luns Lentellas con chourizo
Lombo con ensalada mixta Tortilla francesa con xamón e
Froita leituga.
Froita
Marte Macarróns con bonito Martes Ensalada mixta con millo, mazá,
s Peixe do día á romana e olivas e cangrexo
ensalada Pastel de bonito
Froita Froita
Mérc. Lentellas con cebola e allo Mérc. Xudías con allada
Ovos fritidos, chourizo e arroz Milanesa de porco con pataca
Froita fritida
Froita
Xoves Enseladiña Rusa Xoves Fideos con polo e tomate natural
Peixe ó forno con ensalada Luras con ensalada.
Froita Froita
Venre Ensalada Mixta con millo, Venre Ensalada con leituga, tomate,
s cangrexo e espárragos. s cebola, cenoria, atún, olivas
Raxo de porco con pataca Filete de polo con Espaguete.
cocida Iogur
Iogur

3ª Semana 4ª Semana
Luns Sopa de estrelas. Luns Ensalada mixta de leituga, tomate,
San Xacobe con ensalada atún, millo e piña.
mixta. Paella de tenreira e luras e vexetais.
Froita Froita
Martes Lentellas con chourizo Martes Macarróns con tomate
Peixe do día con ensalada peixe á romana con ensalada
Froita Froita
Mérc. Ensalada mixta de leituga, Mérc. Brócoli con patacas.
tomate, cebola atún, cenoria, Polo e patacas asadas
olivas Froita
Ovos fritidos, salchichas e
arroz.
Froita
Xoves Crema de verduras. Xoves
Espaguetes boloñesa
Caldeirada de peixe Hamburguesa de peixe con
Froita ensalada
Froita
Venres Ensalada Mixta de leituga, Venres Ensalada mixta de leituga, tomate,
tomate, cangrexo, millo, mazá cebola, atún, cenoria e olivas
e olivas Tortilla francesa con atún e pataca
Raxo de polo con patacas cocida
cocidas Iogur Iogur

14
Suxestións para introducir ó longo do curso:

- Distintos peixes que non teñan espiñas, ou que teñan poucas. (salmón, peixe
espada, raia, bonito, bacalao, melva, maruca, lirio, abadexo, cazón, etc)
- Fideos con chipiróns / polo/ tenreira
- Macarróns con bonito / tomate / tenreira
- Espaguetes boloñesa / tomate / champiñóns / carbonara
- Lasaña de carne / atún
- Pastel de bonito
- Ensalada de pasta / de arroz / rusa
- Sopas de pescado / verdura / Fideos / cus-cus / estrelas.
- Cremas de verduras con cabaciña / cenoria / cabaza
- Caldo de nabizas / repolo
- Xudias con xamón / ovo cocido / salsa de tomate natural
- Chícharos con xamón / ovo cocido
- Brócoli / Minestra / Coliflor
- Repolo guisado
- Callos
- Fabada
- Lentellas
- Potaxe
- Empanada
- Empanadillas
- Croquetas
- Ovos fritidos con chistorra / chourizo/ salchichas acompañados de patacas ou arroz.
- Tortilla española
- Tortilla francesa con xamón / queixo / atún
- Cocido con repolo costela e chourizo
- San Xacobe
- Hamburguesas de peixe fresco
- Hamburguesas de polo / tenreira / mixtas
- Albóndegas con arroz ou patacas
- Xamón asado / Codillo asado
- Roti de porco recheo
- Tenreira asada / guisada / á xardineira
- Raxo de porco / polo
- Zorza
- Filetes rusos
- Milanesa

15
XI. MEDIDAS DE USO DO COMEDOR ANTE A SITUACIÖN DE PANDEMIA COVID-19

A/ Organización xeral. Anexo II: PLANO COMEDOR.


Atendendo ó Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nos comedores dos
centros educativos non universitarios (versión:16/09/2020):

-Os pratos serán individuais e non poderán ser compartidos entre o alumnado. A auga
servirase nunha xerra, e deberá servila sempre unha persoa colaboradora. Non se poñerán
na mesa utensilios de uso común, como aceiteiras e vinagreiras, cestos de pan para a
mesa, etc...
- Na liña de autoservizo, o alumnado deberá manter nesta, de forma xenérica, a distancia de
seguridade de 1,5 metros entre eles.
- O Equipo Covid de cada centro dispón dun plano de situación no que constarán os postos
fixos asignados a cada alumno/a para garantir o control e seguimento epidemiolóxico.
Levarase control diario da asistencia do alumnado ao comedor co mesmo fin.
- Recolleranse os distintos grupos de convivencia estable na porta da aula e serán
acompañados ao comedor, utilizando mascara polos corredores e mantendo o
distanciamento entre os grupos.
- Antes e despois de acceder ao comedor, o alumnado, mantendo o grupo de convivencia
estable, deberá ir ao baño do andar que lle corresponda para realizar a hixiene de mans. Os
centros garantirán a existencia de xabón e papel para secar as mans nos aseos, así como
dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada e saída dos comedores.
- Será obriga do alumnado levar, como mínimo, unha segunda máscara de recambio, así
como un estoxo específico para gardala en caso necesario.
-Queda eliminada a opción de cepillado dos dentes, que deberá adiarse á chegada ao fogar
ou residencia.
- Ventilarase o comedor tras cada quenda un mínimo de 15 minutos.
- Cando remate a comida, o alumnado sairá por orde segundo están sentados nas cadeiras.
O alumnado de EP agruparanse nos patios dos recreos, ou outros espazos habilitados para
o efecto, ata que os familiares os recollan por grupos de convivencia estable. O alumnado
de ESO sairá por orde agrupado por aulas cara o transporte.
- No caso de detección de síntomas compatibles coa Covid-19 nun usuario durante o servizo
de comedor, informarase á dirección do centro e ao Equipo Covid e contactarase coa súa
familia que deberá presentarse no servizo o antes posible. Illarase ao menor no espazo
destinado polo centro para tal fin.

16
B/ Quendas
-Coa finalidade de prestar o servizo ao maior número do alumnado, reducir o aforo do
comedor, e evitar que alumnado de dous centros distintos coincidan no mesmo espazo,
establecerase dúas quendas de comida:

 1ª QUENDA: Alumnado do CEIP Plurilingüe o Mosteirón. 14:00h-14:40h


-Alumnado de EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP, entrada polas portas 1, 2, 3, 4 de xeito escalonado
segundo a distribución da dirección do CEIP Plurilingüe O Mosteirón.
- O Alumnado de 5º e 6º de EP entrada pola porta 5.
-A saída será pola mesma porta na que realizouse a entrada.
-O alumnado comerá na ZONA 2 (EI e 1º, 2º ,3º e 4º de EP) e na ZONA 1 (5º e 6º de EP).
Todo o comedor será previamente desinfectado polo persoal de limpeza.
- O alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas de xeito que se manteña a
continuidade do grupo de pertenza. O postos serán fixos.
- Farase un rexistro dos lugares que ocupan cada un dos nenos, co obxectivo de facilitar a
localización dos contactos en caso de gromos.
- Alumnado de EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP comerán formando grupos estables de convivencia
(os grupos estarán separados entre si un mínimo de 1,5m). O alumnado do de 5º e 6º de EP
comerán en mesas separados a unha distancia de 1,5m en oblicuo.
-Todo o alumnado de EP debe entrar con máscara e permanecer con ela ata o momento no
que a súa comida estea servida na mesa e el/ela sentado no seu sitio. Asemade debe poñer
a máscara de novo cando remate de xantar.
-O alumnado de EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP, será servido na mesa polo persoal colaborador.
-O alumnado de 5º e 6º de EP, circulará en ringleiras de 1 en 1 ata o office, onde recollera a
súa bandexa individual coa comida servida. Dirixirase ao seu posto na súa mesa
correspondente
-Desinfección de mans con hidroxel á entrada do comedor.
-As mochilas e os abrigos permanecerán colgados nas cadeiras.
-O alumnado non pode levantarse das súas cadeiras en ningún momento.
-Para calquera necesidade, o alumnado levantará a man e agardará ser atendido polo seu
colaborador/a correspondente.
-O alumando usará exclusivamente o seu enxoval, non tocando o enxoval dos seus
compañeiros/as.
-Unha vez rematado o xantar, o persoal colaborador recollerá as mesas. O alumnado de 5º
e 6º de EP deixará o vaso e os cubertos dentro da súa bandexa.

17
 2ª QUENDA: Alumnado do IES O Mosteirón. 14:50h-15:20h
-Entrada pola porta 5:
14:45h 1º e 2º da ESO
14:40h 3º e 4º da ESO
-A saída realizarase pola mesma porta entrada e de xeito escalonado: ás 15:15 para 1º e 2º
da ESO e ás 15:20h para 3º e 4º da ESO.
-O alumnado comerá na ZONA 1. Esta zona será previamente desinfectada polo persoal de
limpeza unha vez o alumnado de 5º e 6º de EP rematen de xantar.
-O uso do comedor escolar para o alumnado da ESO quedará limitado á capacidade
suficiente para ter ao alumnado separado por 1,5 metros de distancia sentados en oblicuo e
sempre que non estean encarados. Asignaranse postos fixos durante todo o ano para o
alumnado e garantirase a estanqueidade.
- O alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas, de xeito que se manteña a
continuidade do grupo de pertenza.
- Farase un rexistro dos lugares que ocupan cada un dos nenos, co obxectivo de facilitar a
localización dos contactos en caso de gromos.
-Entrada con máscara. O alumnado permanecerá coa máscara ata o momento no que a súa
bandexa de comida estea colocada na mesa e el/ela sentado no seu sitio. Poñerase a
máscara de novo cando remate de xantar.
-Desinfección de mans con hidroxel á entrada do comedor.
-O alumnado circulará en ringleiras de 1 en 1 ata o office mantendo a distancia de
seguridade de 1,5m, onde recollera a súa bandexa individual coa comida servida. Dirixirase
ao seu posto na súa mesa correspondente.
-As mochilas e os abrigos permanecerán colgados nas cadeiras.
-O alumnado non pode levantarse das súas cadeiras en ningún momento.
-Para calquera necesidade, o alumnado levantará a man e agardará ser atendido polo seu
colaborador/a correspondente.
-O alumando usará exclusivamente o seu enxoval, non tocando o enxoval dos seus
compañeiros/as.
-Unha vez rematado o xantar, cada alumno/a colocarase a máscara e deixará a súa
bandexa individual, co vaso e os cubertos dentro, no borde da mesa para ser recollidos polo
persoal colaborador.

B/ Previsión sobre o persoal colaborador


-IES O Mosteirón: 4 colaboradores
-CEIP O Mosteirón: 12 colaboradores

18
-O persoal colaborador utilizará en todo momento a máscara de protección con
independencia do mantemento da distancia de seguridade. Seralle de aplicación todo o
previsto con carácter xeral para o persoal de centros educativos. A tal fin deberá realizar o
cuestionario de Autoavaliación Covid-19 antes da incorporación á súa quenda de traballo.
-O persoal colaborador terá un número concreto de mesas (grupo) e sempre o mesmo.
-Para os grupos de EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP recollerá os carros coa bandexa de comida á
entrada do office e servirá a comida a o alumnado do seu grupo de mesas.
-O persoal colaborador debe recoller o enxoval do alumnado unha vez rematado o xantar e
baleirar os desperdicios nos cubos correspondentes.
- Atenderá as necesidades do seu grupo de alumnos e velará porque se cumpran as normas
de seguridade, hixiene e organización. Calquera incumprimento das mesmas, será
trasladado ao persoal docente responsable do centro correspondente, o cal aplicará as
medidas correctoras recollidas nas súas NOFC.

C/ Previsión sobre o persoal de cociña e a limpeza da mesma.


--O persoal de cociña utilizará en todo momento a máscara de protección con
independencia do mantemento da distancia de seguridade. Seralle de aplicación todo o
previsto con carácter xeral para o persoal de centros educativos. A tal fin deberá realizar o
cuestionario de Autoavaliación Covid-19 antes da incorporación á súa quenda de traballo.
-1 Cociñeira e 4 axudantes de cociña. Solicitouse en xullo á Consellería un reforzo de
cociña para o curso 2020-2021, sen obter por agora resposta.
-Os menús serán os utilizados habitualmente segundo a tempada.
-Para EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP, os menús serán empratados polo persoal de cociña en
bandexas colocadas en carros que servirán o persoal colaborador.
-O persoal de cociña servirá ao alumnado de secundaria e 5º e 6º de EP nas súas bandexas
individuais dende o office.
-O persoal de cociña ten a obriga de lavar e desinfectar todo o enxoval, e electrodomésticos
e utensilios que se utilicen no proceso de elaboración dos menús.

O presente documento está sometido a revisión constante


e pode ser obxecto de modificacións en versións
sucesivas froito da modificación da normativa vixente.

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI APROBADO


NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO NO IES O MOSTEIRÓN O 5 DE DECEMBRO
DE 2013.

19
ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI
ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 1/2014 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 27 DE OUTUBRO DE
2014.

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 1/2015 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 29 DE SETEMBRO DE
2015 (ANEXO I).

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 1/2016 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 13 DE SETEMBRO DE
2016 (ANEXO I).

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 4/2017 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 12 DE SETEMBRO DE
2017 (ANEXO I).

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 1/2018 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 11 DE SETEMBRO DE
2018 (ANEXO I).

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 2/2019 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 12 DE SETEMBRO DE
2019 (ANEXO I).

ESTE PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR FOI


ACTUALIZADO SEGUNDO A INSTRUCCIÓN 2/2019 E APROBADA ESTA
ACTUALIZACIÓN NO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 8 DE OUTOBRO DE 2020
(ANEXO I).

20

You might also like