Otero Alberto 2020 Pedras Transformacións Na Fábrica Da Catedral de Santiago Do Século XII Ao XVIII

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 95

OPUS ARTIFICUM UNIVERSA

(...todo (isto) é obra de artistas)

Xeremías 10:9
PEDRAS
Transformacións na fábrica da catedral de Santiago dende o século XII ao XVIII

OTERO PÉREZ, ALBERTO


Traballo de fin de grao
Titor: Francisco Xabier Louzao Martínez
Grao en Estudos de Arquitectura
Universidade da Coruña
Maria... seguimos.

Ao meu titor pola sua axuda nestes tempos difíciles,

a Alfredo Vigo e Ramón Yzquierdo por falar comigo alá atrás antes da concepción deste traballo,

aos amigos de Santiago pola súa axuda cando lla pedín,

a todos os demais polos que o traballo é o que é,

e aos meus por poñerme un lapis na man cando era neno

gracias.
Datos

Alumno: Alberto Otero Pérez

D.N.I.: 46095408-G

Titor: Francisco Xabier Louzao Martínez

Curso: 2019/2020

Data de entrega: 04/09/2020


Índice

Índice ................................................................................................................................ 1
Resumo / Abstract / Resumen ......................................................................................... 2
Metodoloxía ...................................................................................................................... 3
Acotación .......................................................................................................................... 4
Mutacións ......................................................................................................................... 6
1. Introdución ............................................................................................................ 7
2. Catedral Románica ................................................................................................ 7
a. Proxecto orixinal ................................................................................................ 7
b. Xeometría .......................................................................................................... 9
c. Ciborio románico ............................................................................................. 14
d. Obra finalizada ................................................................................................ 18
3. A catedral de Xoán Arias..................................................................................... 19
a. Claustro ............................................................................................................ 19
b. Cabeceira .......................................................................................................... 19
4. O castelo do Bispo ............................................................................................... 22
a. Rodrigo de Padrón (1307-1316) ....................................................................... 24
b. Berenguel de Landoira(1317-1330) ................................................................. 26
c. Outras torres ..................................................................................................... 26
d. Capelas ............................................................................................................. 27
5. Un castelo de postureo ......................................................................................... 28
a. Desencastelamentos ......................................................................................... 28
b. Ciborio gótico .................................................................................................. 28
c. Torres ............................................................................................................... 30
6. Un claustro meseteiro .......................................................................................... 36
7. Embelishment ...................................................................................................... 37
8. “Un toque de dignidade clásica” ......................................................................... 54
Conclusións .................................................................................................................... 59
Anexos ............................................................................................................................ 62
Bibliografía ..................................................................................................................... 85

1
Resumo / Abstract / Resumen

Galego A catedral de Santiago é a obra central da historia da arte de Galicia. As


sucesivas intervencións que forman o fragmentario conxunto foron escaparate
catedral e vangarda da arquitectura do país en cada tempo.
arquitectura Este traballo é un percorrido por esas intervencións, os seus contextos
historia individuais, cando se construíron e aquilo que substituíron. Pero trata tamén
transformacións das partes que non chegaron ata nós e de cuestionar as interpretacións
imaxe convencionalmente aceptadas sobre o aspecto do conxunto noutras épocas.
Este traballo ten vocación visual, trata de ampliar o imaxinario colectivo sobre
esta obra, debuxar o que solo está escrito nos libros, dar a coñecer o aspecto
da catedral no seu devir histórico, e non solo no seus xa coñecidos estados
actual e románico.

English The cathedral of Santiago is the centerpiece of Galician art history. The
successive interventions that shape its fragmentary image are a compilation of
Cathedral each time’s architectural avant-garde.
Architecture This project is a stroll through these interventions and their individual context,
History the time when they were built, the constructions they replaced, and the parts
Transformations of the building that didn’t make it to our time. But also, about questioning the
image conventional ideas on what the complex looked like in each epoque.
In its imaginistic vocation, this work aims to widen our collective imaginary
on this piece of architecture, drawing what was until now only described, and
throwing light on its appearance throughout history apart from the widely
known original Romanesque state and its current Baroque reality.

Castellano La catedral de Santiago es obra central de la historia del arte de Galicia. Las
sucesivas intervenciones que forman el fragmentario conjunto fueron
catedral escaparate y vanguardia de la arquitectura del país.
arquitectura Este trabajo es un recorrido por esas intervenciones, sus contextos
historia individuales, cando se construyeron y aquello que reemplazaron. Pero también
transformaciónes de las partes que no se conservan, y de cuestionar las interpretaciones
imagen convencionalmente aceptadas do aspecto do conjunto en otras épocas.
La vocación de este trabajo es visual, trata de ampliar o imaginario colectivo
sobre esta obra, dibujar lo que solo está escrito en los libros, dar a conocer la
apariencia de la catedral en su devenir histórico, y no solo en sus
conocidísimos estados actual y románico.

2
Metodoloxía
Este traballo xorde dunha investigación persoal, motivada pola vontade de completar a
miña imaxe mental do proceso de formación da mazá catedralicia que vemos hoxe.

O debuxo foi a ferramenta esencial.

A necesidade de completar un debuxo orientou a investigación. Debuxar, someterse ao


rigor da liña obriga a escoller entre unha hipótese ou outra. Imposible escudarse na
abstracción do significado dunha palabra.

Usamos planos para definir os espazos pola súa exactitude intransixente.

Debuxar planos a partir de hipóteses é un traballo difícil que require a consulta de diversas
fontes. Por un lado unha ampla bibliografía composta de obras antigas e recentes, entre
elas, as que xurdiron do amplo programa de restauración no que aínda está inmersa a
basílica. Por outro a comparación con exemplos arquitectónicos análogos, a
interpretación dos restos in situ, e inevitablemente facer suposicións e aceptar que as
conclusións, aínda que razoadas, non son máis que hipóteses.

Todos os debuxos contidos no corpo principal do traballo (Mutacións) son de produción


propia e están numerados como “Deb.00” e representan as miñas interpretacións dos
distintos estados da obra. Todas as figuras numeradas como “(Fig.00)” están contidas no
anexo ao final do traballo e son as imaxes, planos, debuxos, esquemas e edificios nos que
se basean as hipóteses.

3
Acotación
Por motivos de extensión non me é posible abarcar a totalidade da idea inicial. Quedan
fóra elementos tan importantes para a catedral como unha análise minuciosa da obra
mateana e o Pórtico da Gloria; practicamente todo o interior da igrexa (decoración,
percorridos, funcionalidade, culto...); ou un percorrido en detalle polas capelas que co
tempo foron rodeando o edificio central.

Tamén me gustaría ter falado das restauracións levadas a cabo sobre o conxunto dende o
século XIX, algunhas mais acertadas ca outras, e mesmo propoñer algúns proxectos de
intervención propios, que foron xurdindo tentadoramente a medida que estudaba en
detalle o estado actual das distintas partes do edificio.

Non son tampouco obxecto deste traballo a contorna urbanística do conxunto nin os
edificios aos que substituíu (basílicas paleocristiás, mosteiro primitivo de San Paio de
Antealtares, primitivo pazo episcopal, muralla de Cresconio…).

Todos estes temas quedan para outra ocasión.

4
5
Mutacións

6
1. Introdución
A catedral de Santiago, o claustro e o pazo arcebispal anexos forman un conxunto edilicio
clave na historia da arquitectura de Galiza. A súa complexidade de volumes, capelas,
engadidos, telóns de pedra e balaustres, son un relato sobre a evolución artística e política
da nosa terra, de maneira semellante a como as capas de sedimentos nun terreo nos
permiten deducir o seu pasado xeolóxico.

Malia isto, ou quizais por iso mesmo, a historiografía sobre a obra está chea de incógnitas,
suposicións e teorías en conflito.

Entre mentres, os únicos estados cuxa morfoloxía é relativamente coñecida e consensuada


son o actual, e o suposto estado orixinal prístinamente románico. (fig.1)

2. Catedral Románica
Sobre este primeiro gran período da obra xa está case todo dito. Describíndoo non aporto
nada novo, pero é necesario debuxalo e concretar algúns detalles a fin de ter un substrato
forte para as seguintes intervencións a estudar.

a. Proxecto orixinal
No 1075-1078 o bispo Diego Páez comeza a construción da catedral con Bernardo o Vello
como mestre de obras.1

A igrexa previa, construída por Afonso III (fig.2) quedara pequena e non representaba a
importancia do santo como era debido. A nova igrexa construiríase á maneira das grandes
igrexas francesas xurdidas en torno ao camiño de Santiago, un edificio románico e
pertencente á tipoloxía da “Igrexa de peregrinación”, de dimensións importantes, con
amplo transepto, xirola con absidiolos, tribuna, profusamente decorada e completamente
abovedada en pedra.

Bernardo o Vello e o bispo Páez non chegarían a ver rematado mais que un pequeno
fragmento da xirola, coa capela do Salvador, non obstante, está aceptado que o proxecto
orixinal foi respectado salvo en pequenos detalles por todos os mestres ata a chegada de
Mateo, quen alteraría a fachada do Obradoiro, engrandecéndoa.

1
José Luis Senra, “Reflexiones en torno a los principios y fundamentos de la catedral románica de
Santiago de Compostela (ca. 1075-1105)” Revista Chilena de Estudios Medievales, 10, 2016, 9-46.

7
O Códice Calixtino2 describe unha igrexa rematada, pero presenta certas discrepancias no
número de columnas, fiestras e medidas coa catedral que apreciamos hoxe e o aspecto
que sabemos que tiña unha vez rematada no 1188.

Deb.01 A catedral que describe o


Códice.

Esta é a igrexa que describe o códice e o posible aspecto da catedral entre o 1128 e o
11683 cando o mestre Mateo entra a traballar no extremo occidental. A catedral que o
bispo Xelmírez atoparía cando chegara por vez primeira á cátedra de Santiago.

Na parte leste, o mosteiro de San Paio sería retrasado ata o espazo que hoxe ocupa a Praza
da Quintana tras moita negociación, para deixar sitio á nova igrexa.

A igrexa da Corticela sería acortada para deixar sitio ao brazo norte do transepto (Fig.3).
Fronte á futura cara norte do brazo maior, agazapado, o bispo Páez constrúe un novo pazo
episcopal.

Adosado á cara sur do brazo maior o Códice Calixtino fala dun claustro románico, pero
non se atoparon restos dese claustro en ningunha escavación realizada in situ, o que fai
dubidar da súa existencia.

Fronte á igrexa, ao oeste, no que hoxe coñecemos como praza do Obradoiro, non habería
nada, solo un descampado entre a muralla de Cresconio e as obras.

A fachada oeste sería posteriormente derribada e substituída pola obra mateana.

2
Liber Sancti Iacobi, obra fundamental que non obstante debe tomarse con cautela xa que a súa
veracidade é dubidosa en moitos puntos.
3
Liber Sancti Iacobi, libro V, capítulo IX.

8
Non obstante, é probable que cando se escribiu o Códice, a igrexa seguira en obras, e que
simplemente se estivera especulando sobre o resultado final a partir dos planos do
proxecto.

Se esta hipótese fora certa, a nave maior permanecería aberta ata a chegada de Mateo.

b. Xeometría

Como sabemos, o Códice (1ª metade do s. XII) describe unha igrexa que non encaixa coa
obra románica que chegou ata nos.
Estas discrepancias son:

-Inexactitude no reconto dos pilares, conta “14 a la derecha y otros tantos a la izquierda”4,
hai 15.

-Descrición do ciborio como a torre “maior”, ignorando ás torres do obradoiro, das cales,
arrancando no terreo, a do lado sur, xa en época románica alcanzaba en altura ao ciborio.

-As medidas das lonxitudes dos brazos maior e menor non coinciden en proporción ás da
igrexa que vemos hoxe.

-Podemos engadir como discrepancia a diferencia de exactitude na descrición do


programa escultórico das fachadas norte e sur (rematadas antes de escribirse o
documento) e a fachada oeste, vagamente descrita.

Estes feitos veñen desconcertando aos estudosos dende hai anos dando lugar a múltiples
teorías sobre a amplitude da intervención mateana, o aspecto do proxecto orixinal e o
estado das obras no momento da redacción do Códice Calixtino.

Realicei uns sinxelos cálculos a fin de decantarme por unha teoría ou outra, cousa
imprescindible para poder debuxar.

Concluín que a igrexa que describe o Códice (debuxada anteriormente) é un tramo mais
curta que o que finalmente se construíu.

Se a igrexa realmente for rematada como di o Códice e despois a súa fachada occidental
co seu nártex foron demolidas, ou se directamente non chegaron a ser construídos non o
sei.

4
(11/7/2020) Codex Calixtinus. Libro V. Capitulo IX. Editorial Buen Camino.
https://www.editorialbuencamino.com/codex-calixtinus-codice-calixtino/codex-calixtinus-capitulo-ix/

9
Parece que o Mestre Mateo alongou un tramo a nave maior, construíu a fachada románica
do obradoiro, a cripta e as torres na súa totalidade e como unha alteración importante do
proxecto orixinal. A maiores, a vaga descrición que fai o documento da fachada oeste,
moi similar ás outras, non coincide en absoluto coa obra de Mateo, nin formal nin
estruturalmente, o pórtico e a fachada románica non poden ser unha reforma da fachada
que describe o Códice.

Atrévome a dicir mais, creo que o proxecto de Mateo para o Pórtico da Gloria co gran
tímpano e o arco con 8m de luz que o cubre así como o arco de iguais dimensións que
abría o centro da fachada a occidente foron proxectados cando as obras da cripta xa
estaban rematadas ou bastante avanzadas.

Así o suxire o sobredimensionamento dos pilares centrais da cripta, que dividen o espazo
de maneira torpe e non se xustifican estruturalmente xa que a carga que transmitirían seria
virtualmente nula.

O pilar mais interno recibiría unicamente a carga do parteluz (que non é seguro que
estivera alí no proxecto orixinal e está algo desviado respecto ao do pilar da cripta) e a do
tímpano, e o outro, o mais grande non sustentaría absolutamente nada, xa que sobre el se
situaría o gran arco de acceso.

Deb.02 Comparación entre alzado interiores:


esquerda. suposto proxecto orixinal do pórtico occidental; dereita. modificacións mateanas.5

5
Estes debuxos (o da esquerda solo unha aproximación, xa que non está claro como se resolvería o
encontro das naves coas torres do obradoiro), serven para demostrar como é estruturalmente imposible
que Mateo modificara unha fachada bífora existente, pois a cantidade de pedra a manter é demasiado
grande e inestable para apeala, pero suficientemente pequena para que pague a pena tirala e reconstruíla

10
É certo que a cripta non se podería cubrir cunha única bóveda que salvara toda a luz, xa
que ocuparía demasiado espazo verticalmente, son necesarias dúas mais pequenas cun
apoio central. Pero estes pilares, polo seu tamaño non se xustifican como meros apoios
da cubrición da cripta (fig.4).

Creo que no momento da construción da cripta (fig. 5), a fachada que estaba proxectada
enriba era bífora, como a que describe o códice e como seguramente estaría pensada no
proxecto orixinal. Mais conservadora.

Deb.03 Reconstrución da fachada


descrita polo Códice Calixtino,
hipótese a partir das fachadas norte e
sur e torres de igrexas coetáneas e de
tradicións construtivas similares
(fig.6).

Todo suxire que a obra mateana non era unha reforma senón como unha continuación,
que a nave nunca fora rematada como describe o Códice e que o deseño do Pórtico da
Gloria e a gran fachada foi desenvolvéndose paralelamente á súa construción.

Os cálculos:

Unidades:

O códice emprega como unidade de medida a “alzada de home”(ADH), que sería a altura
do mestre de obras.

idénticamente. Non obstante, esa fachada bífora harmonizaría mellor coas proporcións da cripta e as
galerías superiores.

11
Para saber a equivalencia a metros é necesario tomar unha medida de referencia que
coñezamos nos dous sistemas de unidades

Medidas da catedral (segundo o Códice)

-brazo maior: 53 ADH (de porta a altar do


salvador)
-brazo menor: 39 ADH (de porta a porta)
-altura:14 ADH (non se aclara onde está tomada
a medida)

Medidas da catedral en metros

-brazo maior: 97m (da porta ao altar do


salvador)
-brazo menor: 65m (de porta a porta medidos
nunha planta escalada para 97m de brazo
maior)
Deb.04 Esquema de medidas.
-altura: 22m (nalgun punto da nave)

A altura da nave varía dun extremo ao outro debido a que o pavimento está en lixeira
pendente cara o oeste.
A única medida que coñecemos en metros que saibamos que non sufriu cambios dende
antes da redacción do Códice Calixtino é a do brazo menor. É dicir 53 ADH = 65m, polo
tanto:
1ADH=1.66m

Medidas da nave maior:

53 ADH(códice) x1.66=88m<<<97m(medidas actuais)


Unha diferencia duns 9m é moito maior que as diferencias explicables por inexactitudes
de medida.

A pronunciada diferencia de 9m entre as medidas actuais e as do Códice so se pode


explicar cun aumento de lonxitude da nave maior de entre 1 e 2 tramos entre o ano 1128
e a intervención de Mateo.

A miña falta de medios para medir en primeira persoa a igrexa ou para conseguir
documentos históricos e técnicos faime traballar con grados inaceptables de incertidume,
pero a menos que todas as plantas da catedral estean mal proporcionadas, co reconto de

12
columnas e a seguinte conta referente ao ratio brazo maior-brazo menor basta para
xustificar as miñas teses antes expostas:

Proporcións:

ratio BM-Bm códice:


53/39=1.36
ratio BM-Bm actual:
97/65=1.49 1.49>>>1.36

A continuación unha reconstrución da planta do proxecto orixinal e a do finalmente


construído.

Deb.05 Planta hipotética do proxecto de Bernardo o Vello e Planta do construído finalmente

As diferencias son escasas pero mencionables, concentradas na súa maioría no extremo


Oeste (abaixo) onde a nave maior se alonga e o pequeno nártex coa fachada bífora se
transforman nun gran espazo que acolle o Pórtico da Gloria tras dunha fachada tripartita
moito mais monumental flanqueada non por pequenas torretas senón por dous enormes
campanarios macizos impoñentes e altos para a época (con Mateo o gótico peta nas portas
da catedral aínda que sen atreverse a entrar).

Ademais, extrapolando o que se construíu na primeira fase da igrexa, co mestre Bernardo,


ao resto dela, temos unha primeira planta na que todos os absidiolos son semicirculares e
non hai arcos faixóns nin nas naves laterais nin na nave central.

Cabe engadir que a primeira planta hipotética do debuxo asume que o Mestre Bernardo
xa tiña a intención de construír unha igrexa das dimensións que describe o códice. É
posible que as ambicións do bispo Páez foran mais discretas e que nese primeiro proxecto,
os brazos do transepto e maior foran mais curtos, e que mesmo a catedral enteira estivera
contida dentro do Locus Sancti Iacobi.

13
c. Ciborio románico

O ciborio sufriu modificacións ao longo da súa historia. O orixinal foi fortificado, despois
substituído por outro de estilo gótico, e o remate deste deixou paso a unha cúpula barroca
no século XVII.

Conservamos debuxos do ciborio gótico pero toda imaxe do orixinal románico é pura
especulación, reconstrución artística.

O primeiro en debuxar unha hipótese do ciborio románico foi Conant, e o seu debuxo foi
tomado como modelo posteriormente (Fig.8), pero é altamente improbable que fora asi.

O seguinte debuxo en alzado e sección representa unha das variantes dese suposto ciborio
románico. Entre un debuxo e outro do propio autor e en cada unha das reconstrucións
seguintes hai pequenas variacións na forma das ventás ou na morfoloxía xeral. Pero
moitos comparten dúas características que son as que chirrían:

-Dous niveis de ventás, os dous meten luz ao interior.


-Contrafortes nas 8 esquinas.

Deb.06 Alzado e sección do ciborio románico convencionalmente aceptados.

En alzado ou axonometría, todo vai ben, pero se debuxamos a sección as cousas non
concordan:

Como se cubre? Os dous niveis de vans ocupan toda a altura dos lenzos murarios do
torreón. Unha cúpula de pedra é improbale na parte superior xa que intuitivamente, os
empuxes horizontais farían peligrar os muros. Podería ser así6 pero sería unha solución
extremadamente rara, non se estilaba na tradición construtiva da que forma parte a
catedral.

6
As estruturas de pedra sorprenden ás veces, como o ciborio do mosteiro de Noravank en Armenia, mais
ou menos da mesma época, que tiven a oportunidade de visitar. Alí unha cúpula de pedra está sustentada
por unha coroa de finísimos pilares.

14
Unha cuberta de madeira (como a que está debuxada) non é digna dunha catedral dese
tamaño e época, tampouco era costume en edificios similares, e contradí a lóxica do
edificio.

Estes debuxos do ciborio parecen asumir que a solución orixinal contaba cunha bóveda
nervada octogonal como a que vemos hoxe no interior, pero estas non eran comúns na
Europa cristiá da época, debido á complexidade técnica e un control da estereotomía
necesarios. Tampouco creo razoable especular sobre unha solución de filiación árabe
tendo en conta que a cubrición dun ciborio románico é unha cousa mais que ensaiada na
Europa cristiá.

Consecuentemente, sen bóveda nervada, os contrafortes carecen de sentido.

Parece que estas reconstrucións son debedoras do ciborio gótico, e que o toman como
modelo travestíndoo de románico.

Propúxenme ofrecer unha alternativa a partir dos datos que temos do ciborio románico e
de ciborios doutras igrexas do románico francés.

Sabemos que:
-Era octogonal (Codex Calixtinus)
-Construíuse sobre trompas (todavía existen e eran solución habitual, aínda que as da
catedral son raras, arrincan dos pilares como pechinas que despois son cortadas polos
arcos tendidos das trompas en si)
-As principais influencias estilísticas da catedral veñen directamente de Francia.
-O bispo Rodrigo de Padrón verá factible a súa fortificación.
-O códice di que é a torre mais alta do conxunto (non conta as do obradoiro, como xa
vimos)

Podemos supoñer:
-Polo grosor dos pilares que o soportan (moito mais esbeltos que os de Toulouse) que non
se trataba dunha torre desproporcionadamente alta.
-Non sería mais (ou non moito mais) alto que o seu substituto gótico
-Gardará relación cos exemplos franceses conservados (Fig.9)

Estes exemplos son entre outros:


-St. Etienne de Nevers
-Basilica de Orcival
-Paray le Monial
-Cluny
-Anzy le Duc

15
-Sant Pere de Ponts
-San Vicente de Cardona

Todas estas igrexas, pertencentes a diferentes correntes dentro do románico do occidente


de Europa teñen dúas cousas en común: conservan un ciborio románico intacto, e a
morfoloxía dese ciborio.

Nin Santa Fe de Conques nin San Saturnino de Toulouse nin a Catedral de Ourense,
quizais os tres exemplos mais próximos a Santiago, conservan o ciborio orixinal.

Todos os anteriores seguen a mesma configuración: sobre


base cadrada formada por catro columnas con arcos tendidos
entre elas, catro trompas forman un octógono, e sobre el,
unha cúpula semiesférica (normalmente cun óculo no medio,
o encontro coa base octogonal é difuso), sobre ela unha
estancia octogonal sobreelevase e nos seus muros se abren
ventás.

O solado desa estancia é un recheo sobre a cúpula contido


polo muro octogonal. A cuberta realizase en madeira e por
economía probablemente fora mais tendida do que se adoita Deb.07 Esquema
debuxar (sospeito da influencia de Viollet le Duc e a cuberta ciborio románico
do posterior ciborio gótico) tipo

Dende o interior so se percibe a cúpula, o espacio octogonal sobre ela ten diversos usos e
alturas según o caso, nalguns é campanario, noutros ten dous niveis de ventás...

No exterior non vemos contrafortes e so haberia ventás a unha altura tal que o lenzo de
muro baixo ela oculte a cúpula. É probable que os panos murarios opacos tiveran algun
tipo de ornamento. Unha torreta na esquina noroeste contería unhas escaleiras
comunicando coa sala octogonal.

16
Deb.08 Alzado hipotético Deb.09 Sección hipotética

Deb.10 Alzado da mesma hipótese coa cuberta mais


tendida, similar á pendente das cubertas da catedral, as
torres do Obradoiro (fig.22)

17
Outro motivo para crer que este ciborio pode ser considerado mais
verídico que o comunmente debuxado é que coa cúpula de pedra
como solado e defensa, si se podería fortificar esta torre, mentres
que un ciborio aberto como o outro non, pois esixiría tender un
forxado de madeira que non solo deturparía a dignidade do edificio
senón que sería moi vulnerable ao lume.

Non descubro a pólvora, o mesmo Conant describe un ciborio así


(como recolle mais adiante Ramon Yzquierdo7), aínda que nos seus
propios debuxos non parecen coincidir co escrito por el, e así os
interpretan erróneamente os que o seguiron.

É un misterio a discrepancia entre o consenso académico e


diversidade d
Deb.11 Cruceiro en época
as distintas e sucesivas representacións.
románica

d. Obra finalizada

O seguinte debuxo representa o estado da catedral despois da intervención do Mestre


Mateo, a catedral románica que a todos nos é familiar antes de entrar en materia coas
modificacións posteriores.

Deb.12 Catedral románica.

7
Ramón J. Yzquierdo Perrín, “El cimborrio de la catedral de Santiago a través de los siglos”,
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, LXVI Núm. 132 (enero-diciembre 2019), págs.: 237-283.

18
3. A catedral de Xoán Arias
No terzo central do século XIII, o novo Arcebispo Xoán Arias emprende o primeiro gran
programa de reformas.
Constrúe unha nova ala do pazo arcebispal8, con orientación S-N, conecta a torre norte
do westwerk mateano co existente pazo románico e continúa ata o pasadizo que aínda
hoxe conecta o Obradoiro coa praza de Acibecheria, sobrepasándoo nunha lonxitude
descoñecida, xa que esa parte non se conserva.
A ausencia de información sobre este edificio impediume concretar mais.

Sobre a catedral románica na que probablemente xa existira algún tipo de fortificación


como resposta ás revoltas contra Xelmírez, o novo arcebispo propón dúas intervención:

a. Claustro
Pegado á fachada meridional da nave maior e a occidental do transepto sur constrúese un
claustro gótico, similar ao da catedral de Tui (fig.10), o primeiro do que temos restos
arqueolóxicos. De planta cadrada e significativamente mais pequeno que o actual, situado
un nivel por debaixo da igrexa. A el accederíase a través dunhas escaleiras dende as naves.
Probablemente contaría solo con unha altura, deixando libres todas as fiestras das naves
e contaba con dependencias claustrais tan so nas bandas opostas ás que se conectan á
catedral.

b. Cabeceira
O gran proxecto do arcebispo foi
a construción dunha nova
cabeceira gótica, que substituiría á
orixinal e prolongaría a catedral
sobre o espazo da actual praza da
Quintana ata os 134m de
lonxitude. Como paso previo, o
bispo negociou cos frades de
Antealtares mover o mosteiro ata
a súa posición actual. Deb.13 Planta con ampliación gótica

A cabeceira é inusualmente longa comparada con outros exemplos do estilo. Mesmo


asumindo unha hipotética influencia da tradición inglesa (xa presente na posición das
torres da fachada occidental) na que as proporcións en planta se alongan, o uso dese gran
espacio é un misterio, xa que é impensable variar a posición do altar maior e a tumba do

8
Ramón Yzquierdo Perrín, “Los palacios arzobispales de Santiago en la Historia y el Arte”, en Ramón
Yzquierdo Perrín, [et al.], Instrumentos de corda medievais, Lugo, Diputación Provincial de Lugo; Centro
de Artesanía e Deseño de Galicia, 2000, págs. 19-89.

19
apóstolo. Quizais tería pensado acoller o coro que nese momento ocupaba e bloqueaba a
nave maior.9

Tamén é posible que a lonxitude se deba a estar proporcionada respecto á tamén


inusualmente longa nave maior, coma no caso da moi similar cabeceira de Notre Dame
de Tournai (Fig.11). Quizais o modelo mais próximo.

Non me resistín a hipotizar sobre a


volumetría da obra. A planta conta con
cinco naves, das cales as mais externas
están divididas en capelas por grosos
muros que se suxiren como a base de
grandes contrafortes que absorberían os
empuxes das naves superiores, a través
de arcobotantes. É unha solución similar
(en planta) ás catedrais do gótico
mediterráneo, pero tamén ás de Burgos
(na cabeceira) e Notre Dame de Paris
(con distinto número de naves) mais
próximas á tradición construtiva de
Santiago, sempre de influencia francesa,
como se pode comprobar polos restos
conservados, o arranque dos muros e
pilares é moi similar ao gótico da Sainte
Chapelle. Deb.14 sección hipotética da cabeceira

En sección ten sentido que a tribuna continuase sobre o deambulatorio, o que de novo
reforzaría a adhesión ao modelo de Notre Dame de Paris ou Noyon, moi primitivos xa
nese tempo, pero adecuados en morfoloxía. (fig.12)

Sería posible supoñer a altura da nave central a partir da planta aplicando as reglas de
Trivium ou Quadrivium segundo se facía na época. Pola miña parte, e xulgando pola
anchura da planta e a (enorme) potencia deses muros-contraforte antes citados, supoño
que a altura sobrepasaría decididamente a da catedral románica (como en Tournai). Altura
tomada para o debuxo, 27m, está entre a das catedrais do gótico peninsular.

9
Alfredo Vigo Trasancos. La catedral de Santiago en la Ilustración. Proyecto clásico y memoria
histórica. (Madrid. Electa 1999):34-35

20
Deb.15 Sección lonxitudinal

A inestabilidade política fixo imposible realizar a obra, as campañas edificatorias de Xoán


Arias dirixíronse á construción e mellora de infraestruturas e fortalezas, como a famosa
“Rocha Forte” en Conxo.

O espazo liberado polo desprazamento do convento de Antealtares pasou a ser utilizado


como cemiterio principal da cidade e posteriormente transformarase na praza da
Quintana.

O gótico non deixou en Galicia ningunha gran catedral, pero a influencia dos canteiros
que viñeron a construír esta obra, síntese noutras como as igrexas de San Domingos de
Bonaval, e Pontevedra, ou san Francisco de Betanzos, obras en nada comparables.

Deb.16 Catedral de terminarse a cabeceira gótica

21
4. O castelo do Bispo
Xa dende o arcebispado de Xelmírez, as tensións entre os burgueses composteláns e o
señorío eclesiástico (loitas sociais de 1116-1117 e 1136) como o sufrido polo propio
arcebispo e a raíña Urraca a principios do século XII10, fixeron necesarias reformas no
templo coa fin de fortificalo. A violencia continuaría de maneira inconstante ata as
guerras irmandiñas.

As primeiras fortificacións deberon ser de pequena entidade. Especúlase que entre elas
está a modificación da parte superior da fachada de pratarías polo obradoiro do mestre
mateo, que consistiu nun engrosamento dos muros por medio dunhas arquivoltas
profusamente decoradas entre os contrafortes que dividen as catro calles da fachada, e
que probablemente sostiveran algún tipo de peto ameado.

Deb.17 Fachada románica de Pratarías.

10
Isidro G. Bango Torviso “El verdadero significado del aspecto de los edificios. De lo simbólico a la
realidad funcional. La iglesia encastillada.”.Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte
(U.A.M.). Vols. IX-X, (1997-1998): 55-56.

22
Deb.18 Fachada románica despois da fortificación.

Aínda que é probable que a adición das arquivoltas non tivera función militar, debido ao
seu preciosismo, e que solo formaran parte do gran proxecto mateano de embellishment
complesivo da catedral.

Deb.19 Pratarías mateana, estado probable sen peto.

23
a. Rodrigo de Padrón (1307-1316)
É a este arcebispo ao que debemos o primeiro gran proxecto de fortificación da catedral,
en resposta aos disturbios do turbulento século XIV. Non coñecemos a extensión exacta
deste proxecto, xa que será continuado, ampliado e finalizado polo seu sucesor, Berenguel
de Landoira. A intervención comprendía a construción da “Torre da Trinidade” (un
pequeno alcázar no obradoiro)11 ademais das seguintes intervencións sobre a basílica12:

-Fortificación do ciborio románico (1312-1315).


Probablemente se engadiría un paseo de garda ameado sobre a cornixa e pouco mais,
quizais se diminuisen os ocos, o ciborio xa funcionara como torre defensiva no seu estado
orixinal13. Pero isto é especulación.

Deb.20 Alzado e Sección do ciborio fortificado

-Fortificación das torres do obradoiro,


Ameando os remates.

-Construción dun paseo de garda ameado


Ao longo da cornixa perimetral da basílica, rodeando tamén a xirola, onde se engaden
unhas escaleiras e ameas nos dous niveis.

11
Ao lado da porta da trinidade, baixo o actual Pazo de Raxoi.
12
Julio Vázquez Castro, “La fortaleza del Apóstol Santiago. imagen real e imaginario colectivo de la
catedral de Santiago de Compostela en la edad media” Codex Aquilarensis Cuadernos de investigación
del Monasterio de Santa María la Real 31 (2015): 151-165
13
Ramón J. Yzquierdo Perrín, “EL CIMBORRIO DE LA CATEDRAL DE SANTIAGO A TRAVÉS DE
LOS SIGLOS” Cuadernos de estudios gallegos, LXVI Núm. 132 (2019), 237-283.

24
Sobreelevouse un peto e colocouse un solado firme detrás, canalizando as augas da chuvia
a través de canles e discretas gárgolas (fig.13). Neste momento Pratarías xa si contaría
con ameas (como no debuxo dúas paxinas mais arriba).

-Fortificación do pazo arcebispal e o claustro


Tamén con paseos de garda, como no caso de Tui.

-Substitución da cuberta
Pasa de ser de tella sobre viguetas de madeira a lousas graníticas sobre recheo de
escombros. Esta solución permite o paso de maquinaria e persoal bélico, pero polo seu
peso, acabará deformando as bóvedas da nave nalgunhas partes. Sumado á súa deficiente
impermeabilidade, será substituída nalgúns puntos, e noutros simplemente se lle
sobreporá unha nova cuberta de tella que se conservaría ata o século XX.

Deb.21 Sección tipo románica Deb.22 Sección tipo trala fortificación

25
b. Berenguel de Landoira(1317-1330)
De orixe francesa, sucede a Rodrigo de Padrón. A súa entrada na sé compostelá é
conflitiva, e non se culmina ata 2 anos despois do seu nomeamento por loitas coa nobreza
e a presenza doutro pretendente á cátedra compostelá.
Á súa chegada, e con motivo de afianzarse no poder, repara os destrozos na igrexa
sufridos durante as loitas contra el e expande o programa defensivo do seu predecesor sen
modificalo, aínda que destaca unha obra:

-A finalización do alcázar
Conclúe a “torre da Trinidade” e constrúe ao seu carón doutra aínda maior, a (verdadeira)
“Berenguela”, que serviría de residencia arcebispal en caso de asedio á catedral14. Estaría
unida á outra con algún tipo de paso protexido e sobre ela colocouse unha máquina de
guerra que, segundo contan, era capaz de sufocar calquera revolta solo co ruído que facía
a corda ao tensala15.

Don Berenguel ademais, abandona definitivamente o proxecto de construción da


cabeceira de Xoán Arias, que ata o momento permanecía parada

c. Outras torres
Trala morte de Berenguel, outros bispos fixeron a súa algo mais modesta aportación ao
perfil de fortaleza que adquirira a basílica.
Durante o arcebispado de Gómez Manrique (1351-1362) constrúese unha enorme torre
destinada a sala de reunións do cabildo, biblioteca catedralicia, tesouro, e cárcere
eclesiástica. A “Torre de Gómez Manrique” (fig.14) situábase adosada á panda norte do
claustro de Xoán Arias, polo menos alcanzaba en altura ás naves da catedral,
probablemente sobrepasándoas, e estaba rematada cunha azotea transitable e ameada.
Da torre conservamos algúns fragmentos e o basamento16, que foi descuberto durante
unhas escavacións nos anos 1963-1964 con motivo das obras de consolidación na catedral
levadas a cabo por Pons Sorolla e Chamoso Lamas17 (fig.15).

Anos despois, outro arcebispo, Rodrigo de Luna construirá a maior das 11 torres que
chegará a ter a Basílica Compostelá. A súa localización exacta é unha incógnita pero
estaría no extremo norte do pazo arcebispal. Sabemos que era maior que a Berenguela e
a torre de Gómez Manrique.

14
Julio Vazquez Castro, “La Berenguela y la Torre del Reloj de la Catedral de Santiago”, Semata,
Ciencias sociais e humanidades 10. (1998):111-148
15
Lenda popular oral picheleira.
16
Eduardo Carrero Santamaría. “La Capilla de los Arzobispos, el Tesoro y la Torre de don Gómez
Manrique en la Catedral de Santiago de Compostela”, Anuario del Departamento de Historia y Teoría del
Arte (U.A.M.). Vols. IX-X, (1997-1998):35-51
17
Ramon Yzquierdo Perrín, “Aproximación al estudio del Claustro Medieval de la Catedral de Santiago”,
Seminario “Fontan-Sarmiento” de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia. Provisto polo
autor: 1-36

26
d. Capelas
Neste punto, a configuración orixinal do extremo oriental da igrexa xa empezou a ser
distorsionada pola aparición de pequenos edificios que acabarían por escondelo
completamente, para disgusto da futura sensibilidade ilustrada.
A finais do século XIII fundase a capela funeraria do Espírito Santo, conectando a catedral
coa capela da Corticela, e será ampliada no século XIV e reformada varias veces. No
mesmo século, constrúese conectada ao norte da capela do salvador outra chamada “de
nosa señora a branca”.

Así, chegamos ao ano 1460 coa catedral no seu momento álxido como edificio militar.
Ata tal punto a igrexa está fortificada, que moitos peregrinos europeos que relatan a súa
chegada a Santiago din que o apóstolo está enterrado nunha “torre” ou “fortaleza”, algúns
mesmo identifican o edificio co lendario “pazo da raíña Lupa” que lles tería regalado aos
discípulos de Santiago para a súa transformación en igrexa18.
A catedral non duraría moitos anos mais con esta conformación, pero nese tempo resistiu
ataques e asedios, como o do conde de Trastámara en 1459, ou o de Yáñez de Moscoso
en 1466 e erixiuse entre as fortalezas mais poderosas da Galicia medieval.

Deb.23 A catedral como castelo.

18
Julio Vázquez Castro, “La fortaleza del Apóstol Santiago. imagen real e imaginario colectivo de la
catedral de Santiago de Compostela en la edad media” Codex Aquilarensis
Cuadernos de investigación del Monasterio de Santa María la Real 31 (2015): 151-165

27
5. Un castelo de postureo
Entre 1467 e 1469, os irmandiños atacan a basílica e a danan fortemente. A reconstrución
do alcázar do obradoiro (coñecido como “Torres da Praza”)(fig.16) será solo parcial, e
para o seu uso como cárcere. A Torre de Luna non se reconstrúe, e algunhas partes da
estrutura están danadas ata o punto de precisar “fincapés” como os que se engaden á
fachada de pratarías no ángulo leste xa en 1468 (“Fincapé dos ourives”).
A catedral xa nunca recuperará a súa fortificación máxima, e en torno a 1480, os Reis
Católicos, na súa política de pacificación dos seus reinos ordenan a Fernando de Acuña,
gobernador do Reino de Galicia, facerse co poder da igrexa de Santiago e eliminar dela
os elementos bélicos engadidos, ameados, torres, murallas... Manobra política a destinada
a eliminar calquera ameaza da Sé Compostelá ao poder real, pero foi apoiada tamén polos
burgueses e os nobres vasalos de Compostela, e mesmo polo Papa Sixto IV.

a. Desencastelamentos
Unha das primeiras e principais actuacións foi a de substituír as ameas por outras
ornamentais. Este proceso non se levou a cabo en toda a catedral como mostran os restos
conservados na banda sur do brazo maior e nos debuxos de Vega y Verdugo(fig.17), se
non que afectou solo a algunhas partes da igrexa, como as fachadas de Acibechería e
Pratarías, na que ademais se engadiu un friso ornamental de bolas e dúas imaxes baixo
pequenos chapiteis. (fig.18)
Un pode pensar que malia non estaren optimizadas, as ameas ornamentais son ameas ao
fin e ao cabo, e poderían seguir sendo utilizadas

b. Ciborio gótico
A primeira obra que parece romper co carácter militar da catedral é a substitución do
ciborio románico fortificado por outro gótico nos anos 20 do século XV19. O ciborio puido
ser danado nalgunha revolta das que a catedral sufrira nos anos anteriores, ou quizais foi
un raio o que o deteriorou obrigando a substituílo. Quizais foi unha operación estética
destinada a iluminar o interior da igrexa. A hipótese do ataque militar parece estrana, pola
súa situación protexida no centro da igrexa, localización que á xustifica a construción
dunha delicada obra gótica nun edificio que daquela aínda era unha fortaleza funcional.

A nova obra manten a forma octogonal pero abrese en toda a súa altura por medio dunha
bóveda nervada octogonal contrarrestada por grandes contrafortes sobresaíntes ao
exterior. Nos lenzos murarios, sen cargas, como en todo bo edificio gótico, abrense
ventanais ao xeito do gótico mendicante galego20. Catro deles (N, NE,E,SE) de toda a
altura, outros tres (S, SO, O) solo alcanzan a metade do prisma, sen explicación aparente.

19
Julio Vázquez Castro “Castillos en el aire, El inicio del cimborrio gótico de la catedral compostelana”.
Quintana N.8. (2009) Santiago de Compostela.
20
Ramón J. Yzquierdo Perrín, “EL CIMBORRIO DE LA CATEDRAL DE SANTIAGO A TRAVÉS
DE LOS SIGLOS” Cuadernos de estudios gallegos, LXVI Núm. 132 (2019), 237-283.

28
No ángulo noroeste non hai van, pois por esa cara sube a escaleira de caracol que da
acceso á cuberta.
O remate do prisma consiste nunha cuberta piramidal rodeada por un paseo de garda e un
peto ameado que parecen contradicir a natureza fráxil do gótico e eses amplos vans cunha
arquitectura defensiva, militar.
Sobre a cuberta estaría colocada unha estatua de Santiago.

Deb.24 Ciborio gótico, alzado sur e sección correspondente

Deb.25 A catedral en 1500

29
c. Torres
Baixo a política pacificadora da monarquía, non estaba permitido construír arquitecturas
defensivas, pero antes do 1500, durante o arcebispado de Alonso II de Fonseca,
construíronse tres torres, supostamente civís pero con características peculiares:

-Torre do Anxo
Cara 147021 existía unha torre no lado oeste da fachada de pratarías, que identificamos
coa misteriosa Torre do Anxo. Conservamos poucas probas documentais e non son
concluíntes nin describindo a torre en si nin a súa situación nin a data da súa construción.
Non obstante, Julio Vázquez Castro fai unha reconstrución convincente (fig.19) do seu
aspecto baseándose nun grabado de Pier Maria Baldi (fig.20) e varios documentos da
época.
Trataríase dunha estilizada torreta cilíndrica de aspecto pintoresco, situada sobre a torreta
medieval, pero con distinto diámetro e descentrada. Contería unha escaleira de caracol
que daría acceso a unha azotea ameada por medio dun pequeno corpo cilíndrico con
cuberta cónica.
Parece un minarete. Endeble
para uso militar, pero de gran
altura, parece unha torre de
vixilancia ou un conxuratorio.
En calquera caso, resulta
estrano pensar que a torre se
asenta de maneira tan endeble
como na reconstrución antes
citada sobre o ángulo da
fachada, especialmente cando
(como o propio autor indica)
esa zona fora danada nun
asedio previo e fora necesario
construír un “fincapé” para
asegurar ese ángulo, igual que
outro no lado oposto (“fincapé
dos ourives”).
É posible que ese fincapé sexa
o corpo rectangular que aínda
hoxe vemos sobresaíndo sobre
o “Pasadizo do Tesouro” e que
a torre da que falamos se
Deb.26 Praterías con torre do Galo.

21
Julio Vazquez Castro “A falta de torres buenos son campanarios. Las desaparecidas torres del ángel y
del gallo en la catedral de Santiago de Compostela”,Universidade de Santiago de Compostela (2007)

30
asentara mais firmemente sobre el, colaborando á súa función como un pináculo gótico.
Vázquez Castro parece asimilar esta estrutura a mero soporte do pasadizo, moi posterior.
A miña hipótese propia por tanto, solo difire da súa neste último punto.

-Torre do Galo
No extremo oposto do transepto, no ángulo oriental da fachada de Acibechería, aparece
outro campanario, construído entre 1466 e 1470.
A torre consiste nun volume cúbico colocado sobre a cuberta, colocado interrompendo o
paseo de garda, apoiándose nos lados norte e este sobre os muros exteriores da basílica,
nos outros sobre os arcos faixóns da bóveda da tribuna, e no ángulo sur occidental sobre
o último pilar da nave. Así foi reconstruída por Conant (fig.21) e aparece no debuxo de
Vega y Verdugo.
No interior probablemente habería dous niveis, separados por un forxado de madeira, no
inferior estaría o acceso dende a cuberta e no superior, con dous alongados vans en cada
fronte, estarían as campás. A cuberta sería piramidal e estaría culminada por unha veleta
(en forma de galo) que anos despois é substituída por unha imaxe do apóstolo.
Un ameado decorativo non accesible remataba o conxunto.

A Fachada de Acibecharía (do Paraíso) sufriu unha transformación semellante á das


Pratarías (dos Ourives) nos séculos trala súa construción. O orixinal románico, similar a
Pratarías agás detalles de deseño e proporcións (achatadas debido ao terreo) foi
reformado e fortificado22, no século XV construíuse nela esta torre do Galo, e substituíuse
o ameado por outro decorativo.

Deb.27 Acibechería románica. Deb.28 Acibechería fortificada.

22
Posiblemente sufriu danos durante os ataques á catedral, e puidera ser que fora necesario construir algún
fincapé nos ángulos baixo as torreciñas cilíndricas. Este hipotético fincapé podería ser a explicación de que
no século XVII Lucas Ferro Caaveiro reconstrúa a catedral románica con torres de planta cadrada nas
esquinas, algo que resulta estrano, tendo en conta que coñeceu a fachada románica antes de encargarse de
substituíla pola obra barroca. Non dispoño de confirmación documental desta hipótese.

31
Deb.29 Situación probable do pórtico de Acibecherías antes da construción da actual fachada
barroca.

-Torre das Campás do rei de Francia / do reloxo.


Coñecida popularmente como “A Berenguela” (por confusión coa torre construída por
Berenguel), comezouse en 1484 como un enorme campanario gótico para acoller unhas
campás doadas polo rei Luis XI de Francia sobre o fincapé antes citado do ángulo leste
da fachada de pratarías.23
Tratase dun enorme cubo macizo de granito, cunha sala abovedada no alto e unha azotea
plana cun peto ameado.
A torre é unha mole ambigua, de aspecto militar pero inapropiada para ese uso.
Innecesariamente maciza (esaxerada mesmo pola súa función de fincapé e soporte de
pesadas campás) e culminada por merlóns. Pero é inadecuada como fortaleza, xa que
carece de saeteiras, matacáns, garitas ou troneiras de ningún tipo. Carece de muros en
talude, interrompe o paseo de ronda existente e está perigosamente cerca das edificacións

23
Julio Vazquez Castro, “La Berenguela y la Torre del Reloj de la Catedral de Santiago”, Semata,
Ciencias sociais e humanidades 10. (1998): 111-148

32
de pratarías, facéndoa vulnerable a incendios. Tamén conta cunha decoración demasiado
delicada (fig.22) para un edificio militar.

Por último, na cara oeste da torre, aprécianse os arranques dun gran arco (fig.23) que non
se chegou a construír e que cubriría a area fronte a porta de Pratarías. O arco
necesariamente requiriría outro apoio importante no outro lado da fachada. Quizais outra
torre, quizais prevendo un claustro renacentista que non chegou a tempo para rematar o
arco.

Esta estrutura hipotética (que estaría limitada superiormente polo re-arranque das
pilastras interrompidas por ela), sería completamente incompatible cunha función
defensiva, xa que daría acubillo a posibles atacantes.

Non cabe dubidar que


unha construción
pétrea tan alta e
sólida é susceptible
de ser usada con fins
militares24, pero vista
a situación política do
momento, estando a
catedral baixo
dominio directo de
Fernando de Acuña,
quen permitiu
construíla, é evidente
que o seu propósito
principal non era ese.

A apariencia da torre
invita a imaxinar un
“goberno na sombra”
do Cabildo, ou o
arcebispo
conspirando dende a
corte para construír
unha fortificación
baixo a prohibición
expresa dos
poderosos, oculta a
plena vista como Deb.30 Volumetría conceptual do arco inacabado
campanario. Pero o mais probable

24
Julio Vazquez Castro, “La Berenguela y...”, (1998): 111-148

33
é que o seu aspecto teña que ver coa estética militar estritamente simbólica que a catedral
conservou neste período.25

Aínda que estas torres non tiveran un propósito militar, é certo que serían todas elas
facilmente adaptables a ese uso. Isto explicaría algunhas características xa mencionadas
das torres.
É certo que non estarían optimizadas como fortaleza convencional, pero teñamos en conta
que os ataques aos castelos non adoitaban ser como os imaxinamos hoxe. Quen era o
primeiro en poñerse baixo o muro de pedra?. Pola contra, como se demostra nalgunhas
crónicas da época, a toma dunha fortaleza medieval consistía en negociacións, asedios,
pactos mesmo permitindo visitas , mais que en acción directa. O castelo tiña unha función
de estatus e disuasoria. Neste contexto, a fortaleza moitas veces non tiña que ser forte,
senón parecelo (fig.24).

Deb.31 Pratarías rematadas


as obras da “torre do rei de
Francia”, coa torre do
anxo, o seu fincapé, as
ameas ornamentais e o
friso-imposta de bolas.

25
Isidro G Bango Torviso. “El verdadero significado del aspecto de los edificios. De lo simbólico a la
realidad funcional. La iglesia encastillada” en Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte
(U.A.M) . IX-X, (1997-1998): 53-72

34
Deb.32 A catedral no ano 1495.

35
6. Un claustro meseteiro
No 1521 comezase un novo claustro en substitución do medieval, que quedara pequeno e
estaba en mal estado. O novo claustro acapara a practica totalidade do presuposto da sé
dedicado a edificación durante un século, e non será finalizado ata entrado o período
barroco.
As obras comezan seguindo os planos de Juan de Álava, nun gótico tardío, case
plateresco, de influencia castelá. O claustro terá unhas dimensións considerablemente
maiores ao anterior en planta, pero tamén en sección. O seu predecesor estaba a un nivel
inferior, a cota do novo patio está a nivel da basílica, e os edificios das pandas norte e
leste cegan os vans das naves colindantes, chegando a alcanzalas en altura.
O vello claustro foise demolendo a medida que avanzaban as obras, comezando pola
panda norte, alí, parte da torre de Gómez Manrique é demolida, pero parte dos seus muros
son reaprobeitados e algúns restos aínda son visibles nas capelas de San Fernando e das
Reliquias.
Á morte de Juan de Álava está rematado o lado norte e comezado o lado leste, o seu
sucesor, Rodrigo Gil de Hontañón conclúe a arquería seguindo os plans orixinais e
constrúe a “Fachada do Tesouro”, obra puramente plateresca e riqueza decorativa que
acolle as tendas dos ourives cuxas casas foron demolidas para deixar sitio ao novo
edificio. No extremo erguese a torre do tesouro, cuxo remate inspirou diversas teorías,
que se se basea nas pirámides precolombinas... nas pagodas asiáticas... O mais probable
é que sexa unha reprodución do Mausoleo de Halicarnaso, unha referencia clásica da que
grabados circulaban por toda Europa.
O dilatado proceso de conclusión do claustro correu a cargo de diversos mestres que
traballaron noutras partes da catedral.

Deb.33 Catedral a finais do século XVI.

36
7. Embelishment
Co claustro concluído (aínda que sufrirá reformas posteriores) Vega y verdugo presenta
en 1657 a “Memoria sobre as obras na Catedral de Santiago” ao cabido compostelán, cos
seus tres debuxos da catedral representando: o estado da cabeceira (fig.17) e o
Obradoiro(Fig.25) nese tempo, e un proxecto de modernización da fachada do obradoiro
(Fig.26). Nestes tres debuxos expóñense as preocupacións do cóengo sobre a apariencia
da catedral, basicamente que está anticuada e carece dunha imaxe unitaria, consistindo
nunha acumulación de engadidos ao longo dos séculos. Pero tamén se expoñen as
intencións, as ideas que guiarán un novo gran período de intervención na catedral. A
irrupción do Barroco.
Esta nova vaga construtiva consiste nunha serie de intervencións superpostas, engadidas,
que non modifican substancialmente o edificio, pero que si lle outorgan a dignidade
correspondente á casa do Adalid de las Españas
Podemos listalas cronolóxicamente:

-Telón de pedra
En 1658 encargase a José Peña de Toro a construción dunha pantalla de pedra en torno á
cabeceira que oculte tras de si a variedade de capelas patios e sancristías que a
distorsionaban, que son comparados con fornos polo propio Vega y Verdugo, e que
seguramente cos seus recunchos e ángulos eran espazo propenso para todo tipo de actos
impíos dos composteláns ao abeiro da noite.
Tratase dun muro bastante sobrio que se extendía dende a torre do reloxo ata a capela da
Corticela, no que se abrían o Pórtico Real, a Porta Santa, na que se reutilizan esculturas
do desmantelado coro pétreo mateano, e a Porta dos Abades.
Un elemento transcendental desta obra é a balaustrada con pináculos que a remata. Este
mesmo deseño será replicado no resto das obras barrocas a fin de dar unidade ao
conxunto.
Con esta intervención ademais pavimentase a praza da Quintana tal e como a coñecemos
hoxe, aínda que non é o primeiro pavimento que tería, tal e como se pode ver no debuxo
de Vega y Verdugo.

37
-Ciborio
Substitución do remate gótico por
unha balaustrada e unha cúpula
de pedra, tamén a cargo de Peña
de Toro nos anos 60 do S XVII.
Aproveito este apartado para falar
do estado das cubertas. A estas
alturas, á das naves fora
superposta unha nova cuberta de
tella (Fig.27) sobre morteiro e
escombro de madeira que aínda
existía ata mediados do século
XX. O motivo é que a anterior, de
pedra, que en partes foi
eliminada, obra de Rodrigo de
Padron e Berenguel de Landoira
pesaba demais e deformara as
bóvedas, ademais de ter
problemas de infiltración de auga.
Disto último sofre tamén a nova
cúpula barroca, polo que nalgún
momento construíuse un tellado
funcional no seu interior.

Deb.34 Peña de Toro. Cúpula sobre o ciborio.

-Outro Campanario
En 1670 volvese a confiar en Peña de Toro, esta vez para levar a cabo a remodelación do
Obradoiro, pero do seu proxecto so se chega a construír parcialmente. Volverei sobre este
asunto mais adiante pero esta intervención pode verse no debuxo de Pier María Baldi da
cidade de Santiago (Fig.28)

38
-Berenguela
Entre 1676 e 1680 Domingo de
Andrade constrúe un enorme
campanario sobre a torre do Rei de
Francia, duplicando a súa altura
alcanzando os 75m. A ampliación
consistiu na adición dun primeiro
corpo cúbico moi ornamentado e con
catro enormes vans apuntando aos
puntos cardinais e rodeado por catro
Deb.35 Ampliación da torre do
templetes octogonais cupulados, a reloxo por Domingo de
modo de conxuratorios, entre os cales Andrade.
se colocan as catro esferas do reloxo.
Un segundo corpo eríxese sobre o
primeiro, esta vez octogonal, con vans
en cadanseu lado e culminado cunha
cúpula ornamentada con
representacións da arca apostólica en
cada cara. Este segundo corpo está
rodeado por outros catro templetes,
esta vez moito mais calados que os do
corpo inferior, e sobre a cúpula, unha
lanterna de apariencia inestable
acollía unha luz que guiaba os
peregrinos a modo de faro, e aínda
hoxe se acende en datas especiais.
No corpo existente, as aperturas
góticas son cegadas agás polas que
daban á Quintana son substituídas por
unha soa, mais ancha e balconada.
Esta torre influenciará como ningunha
outra a construción de campanarios en
todo o territorio galego, chegando ata
o rural mais profundo.
Domingo de Andrade tamén modifica
o pórtico real, situado ao pe da torre.

39
-Fachada norte (streetfight de estilos e política)
En 1758 arde a fachada de Acibecharía, probablemente a causa dun raio, oportunidade de
levar a cabo unha idea que había anos que flotaba no aire: reconstruír a vella portada no
novo estilo barroco.
Enseguida comezan as obras nesta porta, tradicionalmente a principal do templo, pola que
accedían os peregrinos. Orixinariamente, encargase a Lucas Ferro Caaveiro, un dos mais
grandes expoñentes do barroco compostelán e mestre de obras da catedral entre 1756 e
1763 que presente un proxecto.
Pero a él so lle corresponde a demolición da fachada románica (cuxas esculturas foron
transplantadas á porta de Pratarías de modo un tanto caótico), o rebaixe da torre do Galo,
e a construción do primeiro corpo e o pano murario do segundo.
Conservamos aínda un debuxo do que puido ser o remate desta fachada de concluírse
segundo os seus planos (Fig.29).

Por desgraza26, a esas alturas do proxecto decídese relevalo do posto. Xa dende o inicio,
o proxecto de Ferro Caaveiro sufrira a oposición do arcebispo e o fabriqueiro, quen
alegaban que o proxecto era custoso e mesmo antiestético. Non lle permitiron rebaixar a
praza ata o nivel da nave como pretendía, suprimindo as escaleiras internas e dando altura
e monumentalidade á fachada.

En 1763 el e o seu axudante Clemente Fernández Sarela (outro grande) son despedidos
fulminantemente e comezase a buscar un substituto fora de Galicia, un que siga a nova
arquitectura clasicista da academia de San Fernando, favorecida pola monarquía.
Ventura Rodríguez figura eminente da academia acepta o encargo e manda a Domingo
Lois Monteagudo, galego, a dirixir as obras. A eles debemos o remate actual, coa peita
cega sostida por atlantes, as cráteras clasicistas, os medallóns e a sobriedade xeral do
conxunto.

O seguinte debuxo é unha reconstrución hipotética o aspecto xeral que podia ter a fachada
segundo o proxecto de Lucas.

Pese ao aventurado que poida parecer, limítome a colocar o citado debuxo en substitución
do remate actual, e elimino a decoración do segundo corpo que atribuímos á reforma
posterior.
Agora ben, non coñecemos en absoluto como sería o segundo corpo, pero sabendo que o
pano murario pertence a este proxecto, podemos supoñer que os vans serían
substancialmente os mesmos, xa que a súa modificación sería complexa
estruturalmente27. En cambio, o groso da ornamentación e molduras sería distinto,
probablemente consistente nunha complexa composición de placas e esculturas.

26
Na miña opinión, obviamente, pero tamén na doutros autores, o barroco compostelán, na primeira
metade do século XVIII é unha época de esplendor e particularidade, e moi superior en calidade e interese
ao clasicismo insípido que a sucedeu.
27
Se Ferro Caaveiro pretendese construir un gran van central, por exemplo, e iso fora modificado por
Ventura Rodriguez, parte da bóveda debería reedificarse. Recordemos que se trata dun proxecto feito a

40
Deb.36 Primeira hipótese para a conclusión da fachada segundo o proxecto de Ferro Caaveiro

Se nos fixamos na parte inferior do debuxo do remate, apreciamos dúas cousas:


No centro, baixo a estatua de Santiago, unha placa acolle un motivo en forma de estrela
de 16 puntas que aparece cortado pola metade. Probablemente unha estrela de Santiago,
que se extendería cara abaixo. Non me atrevo a supoñer unha urna apostólica baixo ela,
como o da fachada do obradoiro (Fig.30), pero é tentador pensalo, xa que ocupa
exactamente o mesmo lugar (aos pes do apóstolo), e ese lugar, centrado na fachada,
preeminente, hoxe está ocupado por unha escultura da Fe, que sabemos que corresponde
ao proxecto neoclásico.

Obviamente este lugar central poderia estar ocupado por outros elementos, tipo a cruz de
santiago dobre o parteluz da porta do obradoiro(Fig.31) ou algunha outra escultura. Aínda
que non sabemos nada dela, e en cambio si coñecemos outras esculturas encargadas para
este primeiro proxecto: as catro virtudes cardinais e catro anxos (quizais pensadas para o
coronamento orixinal).

distancia a partir dalguns debuxos e no que se percibe un talante de austeridade e aprobeitamento do


existente.

41
Baixo o intrincado entablamento, aparecen catro capiteis xónicos, quizais con grilandas,
pero que non se aprecia ben se son planos ou en volume. Isto é importante porque según
Ceán Bermúdez28, as columnas do segundo corpo foron engadidas no proxecto
neoclásico. Puidera ser que o autor se refira a que as columnas foron construidas
modificandoas respecto ao proxecto orixinal adaptándoas a un gusto mais clásico. Pero
puidera ser tamén que non estiveran no proxecto de Ferro Caaveiro e que no seu lugar
estivesen as citadas estatuas das Virtudes Cardinais29. Nese caso os capiteis citados
corresponderían a meras pilastras, como as que aínda existen detras das columnas.
Quedaría así:

Deb.37 Segunda hipótese para a conclusión da fachada segundo o proxecto de Ferro Caaveiro.
Esculturas no nivel intermedio.

28
E. Llaguno y Amirola y J. A. Ceán Bermúdez. Noticias de los arquitectos y arquitectura de España
desde su restauración / por el Excmo. Señor D. Eugenio Llaguno y Amirola ; ilustradas y acrecentadas
con notas, adiciones y documentos por Juan Agustín Cean-Bermúdez. Vol. IV (Madrid: Imprenta Real,
1829): 228
29
Como no Escorial, Sta. Mª Assunta de Venecia o una catedral de Valladolid.

42
-Pazo
Unha das principais oposicións que tivo Ferro Caaveiro foi que no seu primeiro proxecto,
a fachada avanzaba uns metros invadindo a praza. O arcebispo sostiña que isto
interactuaría mal co pazo arcebispal, que como se ve nun grabado 30 de 1838 (Fig.32)
chegaba á esquina da fachada cun corpo renacentista que xa non existe. E é que o Pazo
de Xelmírez sufriu unha evolución similar e paralela á da catedral, con adicións e
modificacións.
Como xa vimos, Xoan Arias ampliou o edificio xelmiriano cunha longa ala perpendicular
a el. Nos séculos seguintes Berenguel de Landoira construíu unha torre e Pedro de Luna
outra.
Construíronse tamén engadidos como o citado renacentista, engadiuse unha planta sobre
o edificio gótico e, a fins do século XVI, sendo Arcebispo Maximiliano de Austria,
constrúese a fachada que da ao obradoiro, ocultando tras de si a obra gótica e os masivos
contrafortes construídos para compensar os empuxes das bóvedas do refectorio.
Por último, como se ve no meu debuxo do conxunto, a parte norte do pazo (a partir do
pasadizo do obradoiro) e a colindante coa porta do paraíso son substituída por un edificio
clásico, rematando de configurar a mazá catedralicia á extensión que coñecemos. Neste
proceso perdeuse unha parte importante do edificio medieval e a torre de Luna, gran
edificio que, por descarte, estaría situado nesta zona.

Deb.38 A catedral barroca

30
Obra de J. Gil Rey, en: Alfredo Vigo Trasancos. La catedral de Santiago y la ilustración. Memoria
histórica y proyecto clásico (1757-1808). Madrid. Sociedad Editorial Electa. 1999:127-132

43
-Obradoiros
Pecho este período coa intervención mais emblemática de todas, a fachada do Obradoiro,
obra de Fernando de Casas y Novoa. O proxecto data de 1838, anterior a algúns dos
citados antes. Aprobeito para facer un percorrido polas transformacións que sufriu este
fronte dende os seus inicios no século XII.
A fachada do obradoiro segue en esencia as mesmas etapas que o resto da catedral: un
estado orixinal románico, seguido dunha serie de engadidos e modificacións
desordenadas, e unha reunificación espectacular baixo vestiduras barrocas.

O primeiro mestre de obras, Bernardo o Vello, probablemente non chegou a plantexarse


ningunha das portadas, pero entre as primeiras ideas para a do obradoiro estaría a
construción dalgo similar ás portas norte e sur, pero mais ornamentado. Como xa
mencionei ao principio deste traballo, isto parece ser o que describe o Calixtino.

Deb.39 Suposto proxecto orixinal.

Non obstante, parece que este proxecto non chegou a levarse a cabo, e que o primeiro
peche occidental da catedral debémosllo ao Mestre Mateo, quen alongou a nave un tramo
mais, construíu as enormes torres, e a gran obra do Pórtico da Gloria31, coa gran

31
Ignorado conscientemente neste traballo por motivos de extensión e de falta de interés no que eu poida
dicir sobre el.

44
sobreelevación da tribuna sobre el, e baixo el unha cripta32 para salvar o desnivel que de
non alongar a nave, quizais podería salvarse con escaleiras33.

Deb.40 Proxecto mateano.

Non se sabe se existían escaleiras exteriores nun primeiro momento ou se o acceso se


realizaba (se é que en absoluto) por medio das pequenas escaleiriñas laterais da cripta.
Ésta solución parece contraintuitiva para unha fachada principal, pero os argumentos ao
seu favor acumúlanse.
Por unha banda, esta fachada carecía de relevancia funcional ou urbana, ante ela abríase
un descampado e estaba moi lonxe do transito dos peregrinos34 ou da actividade urbana.

32
Isto non é seguro, algúns datos apuntan a que Mateo modificou superficialmente unha construción
existente.
33
Se é que se quería facer tal cousa.
34
O camiño de Santiago remataba na fachada norte, por onde entraban os peregrinos percorrendo a nave
da catedral, rodeando a xirola, e de novo a nave ata saír pola porta de Pratarías.

45
Por outra, a catedral de Ourense, tremendamente influenciada pola de Santiago, carecía
de acceso pola fachada ata o século XX (Fig.33). Ademais, algúns argumentos35 apuntan
a que o pórtico estaba pensado para ser visto dende un certo ángulo e a unha distancia
próxima a nivel do solo exterior, algo que viría dificultado por esa hipotética primeira
escalinata.

Deb.41 Obras concluídas.

As torres terían proxectado un remate consistente nalgún tipo de galería, unha solución
aberta sobre unhas torres macizas. Non coñecemos a natureza dese remate orixinal, nin
se chegou a levarse a cabo.
Porque, se ben é certo que no proxecto mateano as torres serían de igual altura, a
constución foi interrompida e non se construiu o corpo superior da torre norte.

35
X.R. Soraluce Blond e X. Fernández Fernández (directores) Arquitecturas da provincia da Coruña. Vol
XI. Santiago de Compostela (A Coruña:Editorial Deputación Provincial,1997), 72

46
Deb.42 Primeiras modificacións

Suponse que nalgun momento entre a súa construción e o proxecto de fortificación do


século XIV, o remate das torres foi substituído por un ameado. Pero isto, ainda que
razonable, non é seguro. Unha das principais probas é unha interpretación do debuxo de
Vega y Verdugo, que dista moito de ser claro, e que o propio cóengo comparaba con
“pombais” e non con construcións militares, aínda que isto puidera ser froito de
modificacións posteriores.

Tardíamente, no 1520, a gran arcada aberta do Pórtico da Gloria é pechada por orde do
arcebispo Alonso III de Fonseca o que fai pensar que para ese momento (se non dende o
principio) xa existe algún tipo de escalinata. Construese un lintel de pedra clasicista cun
“estanfix”36 e unha pilastra a cada lado, nos ocos laterais, pequenos linteis con frontons
triangulares. Nestas estruturas ancoraríanse as novas portas.
Constrúese tamén nestas datas a capela da Nosa Señora do Portal, fundación privada
pegada ao claustro (cuxas obras xa estarían avanzadas nesta fachada).

36
Nome que lle da López Ferreiro ao novo parteluz en A. López Ferreiro. Historia de la Santa A. M.
Iglesia de Santiago de Compostela / por el Lic. Antonio López Ferreiro. (Santiago : Imp. y Enc. del
Seminario Conciliar Central, 1898-1911.): 56

47
Deb.43 Construción da escalinata

O Arcebispo Maximiliano de Austria chega a Santiago a principios do século XVII


acompañado polo seu protexido, o arquitecto Ginés Martinez de Aranda, quen no ano
1606 proxecta a gloriosa escalinata que vemos hoxe. De estilo clasicista, e cunha
complexa composición romboidal composto en realidade por catro desarroios de
escaleiras, adianta a irrupción do Barroco na catedral e constitúe unha peza clave do
conxunto escenográfico do Obradoiro.

48
Deb.44 Fachada con estribos

A torre das sur empeza a mostrar signos de inestabilidade estrutural, é alta e estilizada, e
carece de arriostramento. Empeza a inclinarse cara o claustro e a praza. Decídese construír
un reforzo, un fincapé, unha masa maciza de pedra que rodea a base da torre a modo de
torreón adosado ou contraforte, culminada por unha balaustrada.
Neste momento a capela de Nosa Señora do Portal é desmantelada, pero conservándose
o seu portal integrado no estribo.
A intervención de Ginés Martínez resulta insuficiente37 e Fernando González de Araújo,
novo mestre de obras engade un segundo volume e un pequeno templete macizo na
esquina. O conxunto parece funcionar estruturalmente pero desequilibra
compositivamente a xa asimétrica fachada.

37
Alfredo Vigo Trasancos. La Fachada del Obradoiro de la catedral de Santiago (Madrid. Electa
1996):25

49
Deb.45 Proposta de Vega y Verdugo

Coa catedral nese estado, Vega y Verdugo (introdutor do barroco en Galicia) propón
segunda metade do século XVII unha remodelación da fachada, parte do seu gran
programa de renovación do templo.
Tratábase unha reforma sinxela, consistente en igualar a torre norte en altura á torre sur,
engadir unhas galerías abertas con vans cubertos con arcos a substitución das cubertas de
tella piramidais por chapiteis ao mais puro estilo do primeiro barroco madrileño.38
Non se construíu.

38
Con exemplos como o alcázar dos Austrias, a praza Maior ou a “Casa de la Villa”.

50
Deb.46 Fachada con campanario de Peña de Toro

No ano 1664 comezan as obras dunha reforma da torre das campás. De novo, é Xosé Peña
de Toro, quen constrúe aquí un novo corpo de remate sobre a torre medieval, un
campanario protobarroco coas balaustradas que xa ensaiara nas outras obras realizadas na
catedral. A torre, non obstante aínda non acada o seu aspecto final.
Esta é a situación representada no debuxo de Pier María Baldi (Fig.28), cunha torre
inacabada, xa que o proxecto contaría cun remate en agulla, probablemente o que aínda
vemos hoxe, pero que se levou a cabo moito despois, por Andrade, ou mesmo Casas y
Novoa39, nalgún momento entre 1669 e 1738 (cando se empezan as obras da fachada
actual). A idea, ademais era que a torre da carraca (norte) se reformara tamén para facerse
simétrica á das campás, pero non se levará a cabo ata moito despois da morte do
arquitecto, incluída na reforma final da fachada.

39
Alfredo Vigo Trasancos. La Fachada del Obradoiro ... (Madrid. Electa 1996):29-36

51
Deb.47 Estado actual da fachada do obradoiro. Casas y Novoa.

Este último debuxo representa o seu estado definitivo.


Xa ben entrado o barroco, no 1738, Casas y Novoa proxecta a súa obra mestra.
A intervención é maxistral na súa habilidade de integrar todas as modificacións que
acabamos de repasar nun proxecto unitario e glorioso. A obra abarca varias frontes, por
un lado require unha operación de simetrización total, polo que se constrúe baixo a torre

52
norte un volume idéntico ao fincapé da torre sur e se iguala a altura de ambas. Por outra
banda, forrase todo o conxunto no estilo barroco: engádense pilastras, cornixas e
balaustradas nos fincapés, ornamentos nos templetes das esquinas... Tamén, como parte
principal da reforma reconstrúese “O Espello”: sobre a fachada románica e aprobeitando
a súa estrutura e composición básicas ábrense e reordénanse ocos, colocase
ornamentación profusa e sepáranse as calles con columnas exentas. Rematase o conxunto
cunha peita de composición triangular a base de templetes, frontóns partidos, pináculos,
esculturas...
A fachada incorporaría pedras de distintos tons, vidros reflectantes, carpintarías pintadas
(a cor orixinal é tema de debate), ornamentos de bronce e dourados e cruces de Santiago
sobre os pináculos, estatuas pintadas de branco... recen rematado seria todo un
espectáculo case psicodélico de contrastes cor luces sombras cor movemento e
desequilibrio que excitaría as mentes dos espectadores da época barroca e a nosa.

53
8. “Un toque de dignidade clásica”
Fins do século XVIII, o neoclásico toma o relevo do barroco no recubrimento exterior e
reforma modernizadora da catedral á vez que as ideas ilustradas irrompen con novas
esixencias de sobriedade e espazos diáfanos asi como outros cambios na liturxia.

Tres cabeceiras fantasmagóricas


O ancestral coro ocupaba a nave maior e actuaba como barreira visual e psicolóxica entre
o oficiante e os fieis, que pasaban a cerimonia falando de porcalladas e dedicandose a
cousas pouco decorosas. Era necesario movelo, pero non hai espazo. Ademais, o templo
precisaba un lavado de cara para ser unha verdadeira igrexa ilustrada.
Decidese ampliar a cabeceira para acoller un retrocoro detrás da inamovible tumba
apostólica, retomando sen sabelo a gran ambición de Xoán Arias.
O arcebispo Sebastián Malvar y Pinto, convoca a dous arquitectos para presentar as súas
propostas.Se na súa primeira aparición, en Azabacherías, o resultado foi cuestionable, o
neoclasicismo produciu obras de grandísimo interese
Miguel Ferro Caaveiro, fillo de Lucas, o gran mestre barroco presenta un primeiro
anteproxecto, tímido, que engade un corpo rectangular ao muro da Quintana onde se aloxa
o coro, separado de dúas sacristías por columnas idénticas en planta ás da catedral
románica, e separado por un muro do Panteón dos arcebispos, unha gran sala rectangular
pola que se accede á basílica dende a Quintana. Unhas reixas conectan a nova obra coa
capela maior.

Deb.48 Anteproxecto de
Miguel Ferro Caaveiro.

54
Este anteproxecto, do que non coñecemos alzados nin seccións presenta varios
problemas40 e é probablemente rexeitado, levando ao arquitecto a presentar outro, moito
mais intenso e extenso, que busca ademais dos requirimentos esixidos, conseguir unha
harmonía maior e unha simetría case perfecta en toda a catedral.

Deb.49 Planta da segunda


proposta de Miguel Ferro
Caaveiro.

40
Presenta unha serie de problemas, sobre todo de circulación, nos que non me vou a meter, considero
que son evidentes a calquera que lea a planta, e ademáis están de sobra analizados en Alfredo Vigo
Trasancos. La catedral de Santiago y la ilustración. Memoria histórica y proyecto clásico (1757-1808).
Madrid. Sociedad Editorial Electa. 1999:127-132

55
Este novo proxecto resolve os problemas de
circulación, crea os espazos necesarios coa dignidade e
adecuación apropiadas e consegue unidade
compositiva no conxunto (polo menos en planta).
Está moito mais conseguido, pero tamén é
desmesurado e custoso. Como punto e interese está o
ambiguo respecto polo edificio orixinal, cuxa cabeceira
desfigura brutalmente pero mantendo o muro curvo da
xirola, e imitando as columnas románicas na extensión
do deambulatorio.

Non temos alzados, pero atrevinme a aproximar o que


sería a fachada de Praterías, neste proxecto, onde é
ambiguamente ocultada/protexida por unha nova
fachada curiosamente similar en planta á da
compostelá igrexa das Ánimas(Fig.34), tamén obra de
Miguel Ferro Caaveiro.

Deb.50 Aspecto aproximado do


proxecto de Miguel Ferro Caaveiro
para a fachada de Praterías.

56
Pero será Melchor de Prado Mariño, arquitecto novo, protexido do arcebispo, quen o
enviou a Madrid a estudar na Academia de San Fernando, quen propón o proxecto mais
acertado dende o meu punto de vista.

Por sorte, chegou a nos moita documentación deste


proxecto, seccións e alzados, grazas aos que podemos
ver que no interior, a parte ampliada imita a arquitectura
da catedral románica alongándoa Utiliza a mesma
modulación e integra completamente a nova obra coa
antiga, o retrocoro está aberto á capela maior, non
nunha sala aparte. A xirola continúa arredor do
retrocoro (agora sen curvas) e a ela se abren capelas
correspondentes ás que serían demolidas, a nova porta
santa, grandiosa e columnada, unhas escaleiras de
acceso ao nivel superior habilmente escondidas na
masa entre a curva interior do retrocoro e a
Deb.51 Planta e sección do proxecto
rectangularidade da xirola. se ao interior a nova obra é de Mariño co resto da catedral.
historicista (algo avanzado para a época), os espazos
anexos e o aspecto exterior son rigorosamente clásicos.

57
Deb.52 Porta Santa e fachada da Quintana no proxecto de
Mariño

58
Conclusións

A calidade de moitos destes debuxos é mellorable, algúns deles son meras


reformulacións, interpretacións ou mesmo reproducións doutros xa
existentes. O seu valor non radica na beleza, senón nas transformacións que
describen en conxunto.
Porque na catedral, o que xa non está e o que non chegou a ser son tanto ou
mais interesantes que o edificio na forma que chegou a nós. Un edificio
complexo, que reflicte as complexidades da sociedade que o creou.
Construída nun clima político-relixioso determinado, foi escenario de
conflitos internos e externos, entre igrexa e estamentos da mesma, e nobreza,
e pobo, poderes estranxeiros e outros acubillados entre os seus muros.
A catedral é unha pequena cidade na que diferentes personaxes deixaron a súa
pegada construtiva ao longo dos séculos. Estivo á vangarda do románico, e o
protogótico, a piques estivo de figurar entre as grandes catedrais góticas de
Europa, despois foi transformada en fortaleza e asediada como tal, e todo isto
ante as olladas de milleiros de peregrinos.
Na idade moderna o templo perde a súa función de fortaleza pero segue a
simbolizar a fortaleza da fe cristiá mediante a súa imaxe, ao tempo que esta
se desfigura con engadidos, modificacións, capelas privadas e moitas, moitas
torres.
O edificio pasa a percibirse coma unha mole vella, venerable pero en absoluto
á altura da súa importancia relixioso-política, e unha nova baga construtiva
reforma todo, sen cambiar nada. A catedral segue sendo ese edificio do século
XII rodeado das pegadas das distintas épocas.
O barroco concedelle a imaxe que vemos hoxe, harmoniosa, e á que estamos
tan afeitos. Foi resultado dun proceso complexo, nunca unitario, no que as
mellores mentes da arquitectura do momento deron o mellor de si durante un
século.
Pero ese non foi o final. O neoclasicismo tentou tomar o relevo do barroco,
completando a súa labor de reinvención, chegando a propor a substitución das
primeiras intervencións do pasado estilo.

59
As pantasmas arquitectónicas de todos estes cambios poboan a catedral, pero
o groso do coñecemento destas realidades limítase a descricións e
comentarios en artigos científicos, historias e mesmo lendas. Traducir a
imaxes estas realidades supón aumentar o noso coñecemento deses períodos
e apreciar o valor do patrimonio herdado, e unha perspectiva sobre a
intervención sobre o construído.
O valor arquitectónico da catedral non ven demostrado senon que é producido
pola súa pervivencia espontánea a través de todos eses cambios. O seu
interese non ten fin, é a suma dos valores artísticos, estratéxicos,
performativos, simbólicos... e de todo tipo que tivo ao longo do tempo e en
todas as súas formas.
Na historia recente a catedral foi lugar de encontro dos composteláns, unha
rúa mais, un obxecto de estudo arqueolóxico, unha icona turística, escenario
de historias de misterio... Hoxe está un tanto taxidermizada, con percorridos
marcados e cintas que impiden tocar as pedras. Pero tamén é escenario dunha
das campañas de restauración mais ambiciosas da historia, que nos devolverá
a catedral nunha nova etapa. Ao final, a restauración coidadosa é o tipo de
intervención característico da nosa época, e igualmente, como no pasado, é
un reflexo dos nosos gustos e criterios actuais.
Un non pode evitar preguntarse polo futuro. Volverá a policromía ao
obradoiro?
A tentación de poñerse propositivo está aí, pero non procede neste texto que
solo se mergulla unha mínima parte do océano de complexidade e riqueza que
é a historia da catedral.

Gustaríame que este traballo ampliara o imaxinario colectivo da catedral de


Santiago.

60
Deb.53 Pedras.

61
Anexos

62
Figura 1: representación tradicional da catedral románica de Santiago

Figura 2: A igrexa de Afonso III

Figura 3: Igrexa da corticela, acortada

63
Figura 4: Cripta, pilares centrais sobredimensionados e desaliñados co parteluz.

Figura 5: Probablemente a cripta se construira nunha fase previa á entrada de Mateo


como mestre de obras, como suxire a presenza no seu testeiro do mesmo motivo que no
testeiro da capela do salvador e no remate da cuberta na fachada norte (non na sur).
Un arco de medio punto flanqueado de dous triangulares.

64
Figura 6: Fachadas do Románico francés vencelladas estilísticamente á catedral de
Santiago.

Santa Fe de Conques Paray le-Monial

Figura 8: O ciborio románico nas representacións de Conant e outros.

65
Figura 9: varios exemplos de ciborios románicos de diversas tradicións do románico
francés

-St. Etienne de Nevers


(non conserva os pisos superiores)

66
-Basilica de Notre Dame D’Orcival

-Paray le Monial

-Anzy le Duc (con patron de nervios debuxados sobre a superficie continua)

67
-Cluny (no que queda da ultima basílica e tamen probablemente en Cluny II)

Figura 10: Claustro da catedral de Tui

68
Figura 11: Comparación da planta da cabeceira de Xoán Arias con exemplos góticos
relevantes

Santiago

Tournai, Bélxica

69
Notre Dame de París, Francia (contrafortes separando capelas)

Burgos, Planta orixinal (contrafortes dividindo as capelas laterais e absidiais de toda a cabeceira,
estructura das capelas radiais e deambulatorio coinciden coas de santiago)

Narbona, Francia

70
Noyon, Francia

Figura 12: Comparación en sección

Santiago hipotética Notre dame de Paris

Noyon, gótico, mesmo numero de naves, tribuna, curiosamente sen arbotantes de importancia
Figura 13: Gárgola

71
Figura 14: Reconstrución hipotética da torre de Gómez Manrique segundo Alejandro
Barral.

72
Figura 15: Planta e isometria dos restos descubertos durante as excavacións de Pons
Sorolla e Chamoso Lamas

Figura 16: As Torres da Praza, ao longo do tempo, coas reconstrucións e seguras


construcións anexas terían un aspecto similar ás desaparecidas Torres Arcebispais de
Pontevedra, das que conservamos documentos gráficos:

73
Figura 17: debuxo do cóengo fabriqueiro Vega y Verdugo sobre o estado da cabeceira
da catedral tralo seu desencastelamento, no que se aprecian a torre do reloxo antes da súa
barroquización, o ciborio gótico, a torre do galo, o estado das capelas engadidas, e a
substitución das ameas medievais por outras ornamentais (solo no brazo norte nesta
vista). Tamén aparece xa o claustro renacentista, do que falarei mais adiante.

Figura 18: friso renacentista e esculturas engadidas á fachada de Pratarías

74
Figura 19:Reconstrución da fachada de pratarías coas torres do Anxo e do reloxo
realizada por Julio Vázquez Castro

Figura 20: detalle do grabado de Pier María Baldi no que aparecen torres que podemos
identificar como a do galo e o anxo de acordo con algúns autores.

75
Figura 21: Reconstrución de Conant do testeiro da catedral coa torre do Galo

Figura 22: decoración gótica da torre do reloxo

76
Figura 23: arranque de arco na cara oeste da torre

Figura 24: Algúns dos castelos medievais mais inespugnabeis xamais chegaron a ser
atacados, e por tanto postos a proba. Outros estaban construidos de maneira que os
elementos defensivos, non estaban optimizados, útiles ou mesmo eran contraproducentes
para a función defensiva, como é o caso de matacáns cegos, que dificultan a visión e a
defensa da base do muro que deben protexer, pero que cumplen unha función simbólica

Esquema de matacáns funcionais que permiten a defensa en vertical do muro

77
Pequenos matacáns cegos, que supoñen unha debilidade para o muro que sosteñen e forzan ao
defensor a asomarse.

Figura 25: estado da fachada do obradoiro en 1657 segundo Vega y Verdugo

78
Figura 26: proposta de Vega y Verdugo para a reforma da fachada do obradoiro.

O que o ano seguinte seria nomeado cóengo fabriqueiro da catedral nacera en Madrid. A terra
tira, e non puido evitar facer un proxecto de estética castelá, para a fachada, con chapiteis á moda
dos Austrias, que recordan aos do Escorial ou a praza Maior de Madrid.

79
Figura 27: cuberta de tella sobre a cuberta de pedra
Foto dende a “Berenguela”, dende a torre das campás e detalle do sistema construtivo e a cuberta
de pedra baixo ela.

80
Figura 28: Detalle da panorámica de Pier María Baldi que se aprecia o estado da catedral
durante a súa visita en 1669 co cubo de Peña de Toro sobre a torre das campás e a cúpula
sobre o ciborio xa construída.

Figura 29: Proxecto de Lucas Ferro Caaveiro para o remate da fachada de


Acibecherías.
Barroco de Placas. Non se trata do proxecto orixinal, do que non conservamos planos, senón
dunha modificación presentada tres anos despois do inicio das obras, supostamente, porque o
primeiro non agradaba ao seu cliente.
Ista tese ven apoiada polo propio proxecto. Non coñecemos a apariencia da primeira opción , pero
é probable que neste segundo xogase a baza de ser continuista para ser aceptado (sen iñorar a súa
similitude coa igrexa de San Fructuoso).
A solución inclúe unha balaustrada como a do resto da catedral, con pináculos, solo que algúns
deles veñen substituídos por estatuas, unha solución en liña co clasicismo entrante. E no centro
unha peita cun van central (que acubilla a estatua de Santiago) como na porta Real da Quintana,
tamén cun frontón curvo, partido, e coa separación ocupada por un elemento vertical de remate
plano, sobre o que neste caso se coloca unha escultura.
A porta Real e a fachada de Acibecherías con esta coroación gardarían unha proporción moi
semellante.

81
Figura 30: detalle Fachada do obradoiro

Figura 31: Placa con cruz de Santiago que divide o gran arco sobre as portas da fachada
do Obradoiro. Composición que encaixaría na fachada de Acibechería.

82
Figura 32: Grabado da praza do Paraíso 1838 de J. Gil Rey

Figura 33: postal antiga de Ourense na que se mostra a porta oeste da catedral antes da
construción das escaleiras polo arquitecto Antonio Palacios

83
Figura 34: Igrexa das ánimas, Santiago de Compostela. Obra de Miguel Ferro Caaveiro

84
Bibliografía

Alonso de la Peña, Javier e Sobrino barroco en Compostela”. Cuaderno de


González, Miguel. “Notas sobre el Estudios Gallegos. Tomo IL. Madrid.
cimborrio gótico de la Catedral de (1961): 194-217
Santiago de Compostela” en Actas del
Décimo Congreso Nacional y Segundo Codex Calixtinus. Libro V. Capitulo IX.
Congreso Internacional Editorial Buen Camino.
Hispanoamericano de Historia de la https://www.editorialbuencamino.com/c
Construcción Donostia-San Sebastián
odex-calixtinus-codice-calixtino/codex-
2017: 11-17
calixtinus-capitulo-ix/ (consultado
Bango Torviso, Isidro G. “El verdadero 11/7/2020)
significado del aspecto de los edificios.
De lo simbólico a la realidad funcional. Conant, Kenneth John. Arquitectura
La iglesia encastillada” en Anuario del carolingia y románica. Madrid. 1983.
Departamento de Historia y Teoría del
Arte (U.A.M) . IX-X, (1997-1998): 53-72
Conant, Kenneth John. Arquitectura
Beiras García, Eduardo. Lucas Ferro románica de la catedral de santiago de
Caaveiro e a cidade de Santiago de compostela. Santiago.1983.
Compostela Santiago: Fundación
Caixagalicia, 2008. García Iglesias, Xosé Manuel. Fernando
de Casas y Novoa Santiago 1993
Bonet Correa, Antonio. La arquitectura
en Galicia durante el siglo XVII. Madrid.
García Iglesias, Xosé Manuel. A catedral
(1966): 300-301.
de Santiago e o barroco. Santiago 1990
Carrasco y Cifuentes, Lorena M. “La
venganza en la conflictividad señorial de González Martín, Cristina “Las
la Galicia de finales del siglo XV. intervenciones de Francisco Pons-
Luchas entre los Sotomayor y los señores Sorolla en la catedral
eclesiásticos (1474-1486)” en e-
de Santiago de Compostela entre 1962 y
Stratégica, 1, (2017): 7-38
1975” Actas del Cuarto Congreso
Carrero Santamaría, Eduardo. “La Nacional de Historia de la
Capilla de los Arzobispos, el Tesoro y la Construcción. Cádiz (2005):499-509
Torre de don Gómez Manrique en la
Catedral de Santiago de Compostela”, Heyman, Jacques. Teoria historia y
Anuario del Departamento de Historia y restauracion de estructuras de fabrica .
Teoría del Arte (U.A.M.). Vols. IX-X,
I , II, Madrid: Instituto Juan de Herrera,
(1997-1998):35-51
2015.

Carro García, J. “El canónigo don Jose


de Vega y Verdugo, propulsor del

85
Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus. Otero Túñez, Ramón.“Rajoy:
Tra ducción y edición de MORALEJO, constructor” Cátedra: revista eumesa de
TORRES Y FEO. Santiago, 1951. estudios nº 8 (2001): 57-78

López Ferreiro, Antonio. El Pórtico de la Otero Túñez, Ramón.“Sugerencias sobre


Gloria : estudio sobre este célebre la fachada exterior del Pórtico de la
monumento de la basilica compostelana Gloria” Abrente: Boletín de la Real
/ por el M.I. Sr. Licenciado D. Antonio Academia Gallega de Bellas Artes de
López Ferreiro; dibujos de A. Bar ; Nuestra Señora del Rosario, nº 31
grabados de E. Mayer. Santiago, 1893 (1999): 7-36

López Ferreiro, Antonio. Historia de la Picaud, Aymeric. Liber Sancti Iacobi.


Santa A.M. Iglesia de Santiago de Codex Calixtinus. Trad. A. Moralejo, C.
Compostela. II, Torres e J. Feo. Santiago 1951
III,IV,V,VI,VII,VIII,IX,X,XI, Santiago
1899 Puente Míguez, Jose Antonio. “La
fachada exterior del Pórtico de la Gloria
Manso Porto, Carmen. “Un tímpano y el problema de sus accesos”, en O
singular vinculado al arzobispo Fray Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo,
Berenguel de Landoira (1317-1330) en Actas del Simposio Internacional,
Santa Cristina de Fecha (Santiago de Santiago (1991): 117 y ss.
Compostela)” : en Abrente: Boletín de la
Real Academia Gallega de Bellas Artes Puente Míguez, Jose Antonio.”La
de Nuestra Señora del Rosario, (2006- catedral gótica de Santiago de
2007):75-117 Compostela: Un proyecto frustrado de D.
Juan Arias (1238-
Nodar Fernández, Victoriano Los inicios 1266)”,Compostellanum, XXX,
de la catedral románica de Santiago el Santiago,(1985):245-275
ambicioso programa iconográfico de
Diego Peláez Santiago de Compostela : Ramon Yzquierdo Perrín,
Xunta de Galicia, Consellería de Cultura “Aproximación al estudio del Claustro
Comunicación Social e Turismo, Medieval de la Catedral de Santiago”,
Xerencia de Promoción do Camiño de Seminario “Fontan-Sarmiento” de
Santiago, 2004. Hagiografía, Toponimia y Onomástica
de Galicia. Provisto polo autor: 1-36
Ortega Romero, Mª do Socorro Dolores.
“La iglesia de Nuestra señora de la Rouco Collazo, Jorge. “Las funciones de
Angustia -San Fructuoso- en Santiago de una fortaleza bajomedieval: el caso de
Compostela” Cuaderno de estudios Pambre” en CUADERNOS DE
gallegos, Tomo XLIV, Fascículo 109. ESTUDIOS GALLEGOS, LXIV Núm.
Santiago. (1997): 221-242 130 (2017): 167-197

86
Sánchez Sánchez, Xosé Manuel. “El Santa María la Real nº31 (2015): 151-
legado histórico de la catedral 165
compostelana. Episcopologios
medievales de la iglesia de Santiago y Vigo Trasancos, Alfredo. La catedral de
notas históricas de los siglos IX-XV” en Santiago y la ilustración. Memoria
SEMATA, Ciencias Sociais e histórica y proyecto clásico (1757-
Humanidades 2010, vol. 22: 177-194 1808). Madrid. Sociedad Editorial
Electa. 1999
Senra, José L. “Reflexiones en torno a
los principios y fundamentos de la Vigo Trasancos, Alfredo. La fachada del
catedral románica de Santiago de Obradoiro de la catedral de Santiago.
Compostela (ca. 1075-1105)” Revista Madrid. Sociedad Editorial Electa. 1996
Chilena de Estudios Medievales nº 10
(2016): 9-46. Yzquierdo Perrín, Ramón J. “El
cimborrio de la catedral de Santiago a
Soraluce Blond, X.R. e Fernández través de los siglos” Cuadernos de
Fernández, X. (directores) Arquitecturas estudios gallegos, LXVI nº 132 (2019):
da provincia da Coruña. Vol XI. 237-283.
Santiago de Compostela, A Coruña:
Editorial Deputación Provincial,1997. Yzquierdo Perrín, Ramón.
“Aproximación al estudio del Claustro
Vazquez Castro, Julio “A falta de torres Medieval de la Catedral de Santiago”,
buenos son campanarios. Las Seminario “Fontan-Sarmiento” de
desaparecidas torres del ángel y del gallo Hagiografía, Toponimia y Onomástica
en la catedral de Santiago de de Galicia 1-36 Aportado polo propio
Compostela”. Quintana, nº 6 (2007). autor.

Vázquez Castro, Julio “Castillos en el Yzquierdo Perrín, Ramón. “La


aire, El inicio del cimborrio gótico de la construcción de la Catedral Románica de
catedral compostelana”. Quintana nº8 Santiago” en La Meta del Camino de
(2009). Santiago, Santiago (1995): 59-82

Vazquez Castro, Julio. “La Berenguela y Yzquierdo Perrín, Ramón. “Maestro


la Torre del Reloj de la Catedral de Mateo y el arte de Galicia”. Diputación
Santiago.” Semata, Ciencias sociais e Provincial da Coruña, 2015.
humanidades nº10 (1998):111-148
Nicolai, Bernd.” Nuevas investigaciones
Vázquez Castro, Julio. “La fortaleza del sobre la historia de la construcción de la
Apóstol Santiago. imagen real e catedral de Santiago de Compostela” Ad
imaginario colectivo de la catedral de Limina Vol 1 N.º 1 Santiago de
Santiago de Compostela en la edad Compostela (2010):53-79
media” Codex Aquilarensis. Cuadernos
de investigación del Monasterio de

87
Puente Míguez, Jose Antonio.” Wunderwald, Anke e Münchmeyer,
Catedrales góticas e iglesias de Annette. “Una subestructura temprana
Peregrinación: La proyectada con ropajes nuevos. La cripta occidental
remodelación de la basílica y su relación con el cuerpo occidental de
compostelana en el s. XVIII y su la catedral de Santiago de Compostela”
incidencia en el marco urbano” Los SEMATA, Ciencias Sociais e
caminos y el arte:VI Congreso Nacional Humanidades, vol. 22 (2010): 369-390
de Historia del Arte, Santiago de
Compostela, 16-20 de junio, 1986 Vol 2, Vázquez Castro, Julio. “Las obras
Santiago de Compostela (1989):267-277 góticas de la catedral de Orense” Porta
da aira: revista de historia del arte
Castiñeiras, Manuel.”La meta del orensano, Nº. 6, (1994-1995): 37-95
camino: La catedral de Santiago de
Compostela en tiempos de Diego Karge, Henrik. “De la portada románica
Gelmirez” Los caminos de Santiago. de la transfiguración al Pórtico de la
Arte, Historia y Literatura / coord. por Gloria. Nuevas investigaciones sobre la
María del Carmen Lacarra Ducay, fachada occidental de la catedral de
(2005): 213-252 Santiago de Compostela” BSAA arte
LXXV (2009): 17-30
Yzquierdo Perrín, Ramón. “El maestro
Mateo y la terminación de la Catedral Castiñeiras, Manuel. “La Porta
Románica de Santiago” Los caminos de Francigena: una encrucijada en el
Santiago. Arte, Historia y Literatura / nacimiento del gran portal románico”
coord. por María del Carmen Lacarra Anales de Historia del Arte, Volumen
Ducay, (2005): 253-284 Extraordinario (2011): 93-122

Yzquierdo Perrín, Ramón. “El románico Otero Túñez, Ramón. “Rajoy,


en Galicia de sus inicios a mediados del Constructor” Cátedra: revista eumesa de
siglo XII” Abrente: Boletín de la Real estudios, Nº. 8, (2001): 57-78
Academia Gallega de Bellas Artes de
Nuestra Señora del Rosario, Nº. 45 Vigo Trasancos, Alfredo.
(2013): 33-65 “Transformación, utopía y
redescubrimiento. La catedral desde el
Yzquierdo Perrín, Ramón. “La barroco a nuestros días.” En Santiago, la
desaparecida fachada del Pórtico de la catedral y la memoria del arte.
Gloria.” Ferrol Análisis: revista de Consorcio de Santiago (2000): 187-242
pensamiento y cultura, Nº. 27 (2012):
11-23 Vigo Trasancos, Alfredo. “A cidade de
Santiago na encrucillada de 1700. Urbs
Yzquierdo Perrín, Ramón.”Diego mirabilis, felix civitas e Nova
Gelmirez y los inicios del románico en Xerusalén” Domingos de Andrade.
Galicia” O século de Xelmírez Consello Excelencia do barroco.Fundación
da Cultura Galega, Santiago (2013): 207- Antonio Fraguas Fraguas e Museo do
244

88
Pobo Galego. Santiago de Compostela
(2012):191-204

Sobre_2. “Restauración del cimborrio de


la catedral de Santiago de Compostela”
Sobre2.https://sobredos.com/restauracio
n-del-cimborrio-de-la-catedral-de-
santiago-de-compostela/(Consultado
20/8/2020).

89
90

You might also like