Cuaderno Lomce Gal

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 20

lomce

en resumo
secunDArIA eso
BAcHArelATo
Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro (BOE, n.º 3, de 3 de xaneiro de 2015), polo que se establece
o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa


(BOE, n.º 295, de 10 de decembro de 2013).
´ NDICE
LOMCE e currículo.............................................................................  2
• Currículo e competencias

Educación Secundaria Obrigatoria................................................... 3


• Principais cambios
• Materias en Educación Secundaria Obrigatoria
• Atención á diversidade e organización flexible das ensinanzas
--Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR)
--Ciclos de Formación Profesional Básica (FPB)
• A avaliación

Bacharelato........................................................................................  8
• Principais cambios
• Materias en Bacharelato
• A avaliación

Competencias no sistema educativo................................................ 13

Etapas educativas. Principais cambios............................................ 14

Calendario de implantación.............................................................. 15

Estrutura do sistema educativo........................................................ 16


LOMCE E CURRÍCULO
Os cambios propostos perseguen u­­nha simplificación Os contidos ordénanse en materias, que se clasifican
do currículo e un reforzo das aprendizaxes instrumen- en áreas, ámbitos e módulos en función das ensi-
tais. nanzas, as etapas educativas ou os programas en

1 Novo concepto
que participen os alumnos.
d)  A metodoloxía didáctica, que comprende tanto a
Aos efectos do disposto na LOMCE, enténdese por cu- descrición das prácticas docentes como a organiza-
rrículo a regulación dos elementos que determinan os ción do traballo do profesorado.
procesos de ensinanza e aprendizaxe para cada u­nha e)  Os criterios de avaliación do grao de adquisición das
das etapas educativas. competencias e do logro dos obxectivos de cada en-

2 Elementos que o integran


sinanza e etapa educativa.
f)  Os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables.

a) Os obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. 3 Novo elemento do currículo:


b)  As competencias, ou capacidades para aplicar de estándares de aprendizaxe avaliables
forma integrada os contidos propios de cada ensi- Especificacións dos criterios de avaliación que permiten
nanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización definir os resultados de aprendizaxe, e que concretan o
adecuada de actividades e a resolución eficaz de pro- que o alumno debe saber, comprender e facer en cada
blemas complexos. materia (nivel de adquisición das competencias clave).
c)  Os contidos, ou conxuntos de coñecementos, habili- Deben ser observables, medibles e avaliables, e permi-
dades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro tir graduar o rendemento ou logro alcanzado. A súa for-
dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e mulación debe contribuír e facilitar o deseño de probas
á adquisición de competencias. estandarizadas e comparables.

Currículo e competencias

GOBERNO MECd CCAA CENTROS


Contidos comúns Complementar bloque Complementar contidos
Estándares de contidos Configurar a súa oferta
de aprendizaxe Horario lectivo máximo formativa
MateriaS
Horario mínimo(*) Complementar criterios Implantar e deseñar
TRONCAIS de avaliación metodoloxías propias
Criterios de
avaliación Recomendacións Determinar carga horaria
de metodoloxía didáctica
Estándares Contidos Complementar contidos
de aprendizaxe Horario Configurar oferta formativa
MateriaS Criterios Complementar criterios Implantar e deseñar
ESPECÍFICAS de avaliación de avaliación metodoloxías propias
Recomendacións Determinar carga horaria
de metodoloxía didáctica
Contidos Complementar contidos
Horario Configurar oferta formativa
MateriaS
Criterios de avaliación Implantar e deseñar
DE LIBRE metodoloxías propias
CONFIGURACIÓN Estándares de aprendizaxe
Recomendacións Determinar carga horaria
de metodoloxía didáctica
Educación Primaria: ESO e Bacharelato:
Criterios Criterios de avaliación
AvaliACIÓns de de avaliación
final Características das
Características probas
de etapa das probas Deseño e contido
das probas

(*) Non inferior ao 50% do horario lectivo fixado polas comunidades autónomas.

LOMCE | 2
educación
secundaria obrigatoria
Principais cambios

Currículo
▪▪ Introdúcese o elemento estándar de aprendizaxe.
▪▪ As Competencias básicas son denominadas Competencias clave.
▪▪ A LOMCE establece os obxectivos a nivel da etapa. Non se fixan obxectivos para as materias.

Organización
▪▪ A etapa de Educación Secundaria Obrigatoria comprende dous ciclos, o primeiro de tres cursos escolares e o
segundo dun.
▪▪ No primeiro ciclo, co fin de facilitar o tránsito do alumnado entre a Educación Primaria e o primeiro curso de
Educación Secundaria Obrigatoria, as administracións educativas e, no seu caso, os centros docentes, poderán
agrupar as materias do primeiro curso en ámbitos de coñecemento.
▪▪ O segundo ciclo, ou cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria, terá un carácter fundamentalmente
propedéutico.

Materias
▪▪ As materias agrúpanse en tres bloques: materias troncais, materias específicas e materias de libre configura-
ción autonómica. Cada un destes bloques inclúe as materias de etapa.
▪▪ A distribución das materias en bloques non obedece á importancia ou ao carácter instrumental ou fundamental
destas, senón á distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.
▪▪ Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgu­­nhas das materias do ciclo, a comprensión lectora, a expresión
oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento
e a educación cívica e constitucional traballaranse en todas as materias.
▪▪ Proponse a elección entre Relixión ou Valores Éticos.
▪▪ Desaparecen as materias Educación para a Cidadanía e Educación Ético Cívica.

Atención á diversidade e organización flexible das ensinanzas


Entre outras medidas encontramos:
▪▪ Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento nos cursos de 2.º e 3.º da etapa substitúen
os Programas de Diversificación Curricular (medida de atención á diversidade establecida pola LOE nos cursos
de 3.º e 4.º da ESO).
▪▪ Establécense Programas de Reforzo para o alumnado que promocione con materias non superadas.
▪▪ Os pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, os alumnos poderán escoller como materia de opción, no bloque de
materias troncais no terceiro curso da etapa, Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas, ou ben Mate-
máticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
▪▪ Os pais ou titores legais ou, no seu caso, os alumnos poderán escoller cursar o cuarto curso da Educación
Secundaria Obrigatoria por u­­nha das dúas seguintes opcións:
a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato.
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional
▪▪ As Administracións educativas e, no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar os alumnos na
elección das materias troncais de opción.
▪▪ Establécese un novo nivel da Formación Profesional, a Formación Profesional Básica. Proponse o acceso a es-
tas ensinanzas aos alumnos con quince anos que cursen o primeiro ciclo da ESO ou, excepcionalmente, tras
cursar o curso 2.º da ESO. (Substitúe Programas de Cualificación Profesional inicial, PCPI).

LOMCE | 3
Avaliación
▪▪ Introdúcese a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria, cuxa superación é necesaria para
conseguir o título de Graduado de Educación Secundaria Obrigatoria. Os alumnos poderán realizar a avalia-
ción por calquera das dúas opcións de ensinanzas académicas ou de ensinanzas aplicadas, con independencia
da opción cursada en cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, ou por ambas as opcións na mesma
ocasión.
▪▪ Suprímese a Avaliación de Diagnóstico establecida pola LOE ao finalizar o segundo curso da etapa.
▪▪ A avaliación positiva de todas as materias da etapa, sen superar a avaliación final, non permite o acceso nin ás
ensinanzas de Bacharelato nin ás ensinanzas de Formación Profesional de Grao Medio.
▪▪ A repetición de curso considerarase u­­nha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar o resto de
medidas ordinarias de reforzo e apoio para solventar as dificultades de aprendizaxe do alumno.

Materias en Educación Secundaria Obrigatoria

Primeiro, segundo e terceiro

Primeiro ciclo Primeiro segundo Terceiro


Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Bioloxía e Xeoloxía
Materias Xeografía e Historia Xeografía e Historia Física e Química
troncais Lengua Castellana y Literatura Lengua Castellana y Literatura Xeografía e Historia
(O horario lectivo Matemáticas Matemáticas Lengua Castellana y Literatura
mínimo de todas as Primeira Lingua Estranxeira Primeira Lingua Estranxeira Primeira Lingua Estranxeira
materias troncais non Materia de opción:
será inferior Matemáticas Orientadas
ao 50% do total ás Ensinanzas Académicas
do horario)
Matemáticas Orientadas
ás Ensinanzas Aplicadas
Educación Física
Relixión ou Valores Éticos
Un mínimo de 1 e un máximo de 4 das seguintes (que poderán ser diferentes
en cada un dos cursos):
Materias
específicas Cultura Clásica Tecnoloxía
(En cada un Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial Educación Plástica, Visual e Audiovisual
dos cursos) Música Segunda Lingua Estranxeira
Se os pais ou titores legais, ou no seu caso o alumno, non a escolleron anteriormente:
Relixión
Valores Éticos
Lingua Galega e Literatura (recibirá un tratamento análogo ao da área de Lengua Castellana
Materias de libre y Literaura).
configuración Algu­­nha materia máis, que poderá ser diferente en cada un dos cursos:
Materias do bloque de materias específicas non cursadas
Materias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

LOMCE | 4
Cuarto

segundo ciclo ensinanzas académicas ensinanzas aplicadas


ou 4.º eso (iniciación ao bacharelato) (iniciación á formac. profesional)
Materias xerais
Xeografía e Historia
Lengua Castellana y Literatura
Materias Primeira Lingua Estranxeira
troncais
Matemáticas Orientadas Matemáticas Orientadas
(O horario lectivo ás Ensinanzas Académicas ás Ensinanzas Aplicadas
mínimo de todas as
materias troncais non Materias de opción
será inferior
ao 50% do total Polo menos 2 para elixir entre as seguintes: Polo menos 2 para elixir entre as seguintes:
do horario) Biología e Xeoloxía Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional
Economía Iniciación á Actividade Emprendedora
Física e Química e Empresarial
Latín Tecnoloxía
Educación Física
Relixión ou Valores Éticos
Un mínimo de 1 e un máximo de 4 das seguintes:
Artes Escénicas e Danza Tecnoloxías da Información U­­nha materia do bloque
Materias Cultura Científica e a Comunicación de materias troncais
específicas Segunda Lingua Estranxeira non cursada
Cultura Clásica
Educación Plástica, Visual U­­nha materia de ampliación
Filosofía
e Audiovisual dalgu­­nha materia do bloque de
Música materias troncais
Se os pais ou titores legais, ou no seu caso o alumno, non a escolleron anteriormente:
Relixión
Valores Éticos
Lingua Galega e Literatura (recibirá un tratamento análogo ao da área de Lengua Castellana
y Literatura).
Materias Algu­­nha materia máis que poderá ser:
de libre Materias específicas non cursadas
configuración Materias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros
Materias de ampliación dos contidos dalgu­­nha das materias dos bloques de materias troncais ou
específicas

Atención á diversidade e organización flexible das ensinanzas


▪▪ As medidas organizativas e curriculares para a atención á diversidade e a organización flexible das ensinanzas
contemplarán as adaptacións do currículo, a integración de materias en ámbitos, os agrupamentos flexibles, o apoio
en grupos ordinarios, os desdobramentos de grupos, a oferta de materias específicas, os Programas de Mellora da
Aprendizaxe e o Rendemento, e outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade
específica de apoio educativo.

Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR)


▪▪ Dirixidos, preferentemente, a aqueles alumnos que presenten dificultades relevantes de aprendizaxe non
imputables a falta de estudo ou esforzo.
▪▪ Proporase para aqueles alumnos que repetisen polo menos un curso en calquera etapa, e que u­­nha vez cursado o
primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria non estean en condicións de promocionar ao segundo curso,
ou que u­­nha vez cursado segundo curso non estean en condicións de promocionar ao terceiro.
▪▪ O programa desenvolverase ao longo dos cursos 2.º e 3.º no primeiro suposto, ou só en 3.º no segundo supos-
to. Poderán incorporarse excepcionalmente a un Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento para
repetir 3.º
▪▪ As administracións educativas poderán optar por organizar estes programas:
-- En grupos ordinarios, de forma integrada, cu­­nha proposta curricular específica.
-- En grupos específicos, con materias diferentes ás establecidas con carácter xeral (ámbito lingüístico e
social, científico e matemático, linguas estranxeiras).

LOMCE | 5
Ciclos de Formación Profesional Básica (FPB)
▪▪ Dirixidos aos alumnos que cumpran simultaneamente as seguintes condicións:
a) Ter feitos os quince anos, ou facelos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de
idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
b) Ter cursado o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o
segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Ter proposto o equipo docente aos pais ou titores legais a incorporación do alumno a un ciclo de Formación
Profesional Básica.
▪▪ Garantirán polo menos a formación necesaria para obter u­­nha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das
Cualificacións Profesionais a que se refire o artigo 7 da Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e
da Formación Profesional.
▪▪ Os criterios pedagóxicos cos que se desenvolverán os programas formativos destes ciclos adaptaranse ás
características específicas do alumnado e fomentarán o traballo en equipo. Así mesmo, a titoría e a orientación
educativa e profesional terán u­­nha especial consideración.
▪▪ Os ciclos terán dous anos de duración, e serán implantados nos centros que determinen as administracións
educativas.
▪▪ Poderán permanecer cursando un ciclo de Formación Profesional Básica durante un máximo de catro anos.
▪▪ A superación do ciclo de FPB conduce á obtención do título Profesional Básico, que permite o acceso aos ciclos
formativos de grao medio da Formación Profesional do sistema educativo
▪▪ Os alumnos co título Profesional Básico poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
por calquera das dúas opcións previstas na LOMCE, mediante a superación da avaliación final de Educación
Secundaria Obrigatoria en relación coas materias do bloque de materias troncais que como mínimo se deban
cursar na opción que escolla o alumno.
▪▪ O título profesional básico terá os mesmos efectos laborais que o título de Graduado en Educación Secundaria
Obrigatoria para o acceso a empregos públicos e privados.

a Avaliación

Carácter da avaliación
▪▪ A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria será continua,
formativa e integradora.
▪▪ As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de forma
colexiada polo conxunto de profesores do alumno respectivo, atendendo ao logro dos obxectivos e ao grao de
adquisición das competencias correspondentes.
▪▪ Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en
dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou
en dúas se son Lingua Galega e Literatura, Lengua Castellana y Literatura e Matemáticas de forma simultánea.
▪▪ O alumno poderá repetir o mesmo curso u­­nha soa vez, e dúas veces como máximo dentro da etapa.
▪▪ Só se computarán a efectos de promoción as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos
bloques da etapa.
▪▪ O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirá acceder ás ensinanzas postobrigatorias
recollidas no artigo 3.4 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de acordo cos requisitos que se establecen para cada
ensinanza.
▪▪ Tales ensinanzas son: o bacharelato, a formación profesional de grao medio, as ensinanzas profesionais de artes
plásticas e deseño de grao medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio.

LOMCE | 6
Avaliación final da Educación Secundaria Obrigatoria
A avaliación externa de fin de etapa constitúe u­­nha das principais novidades da LOMCE.

Para que serve?


Debe servir para garantir que todos os alumnos alcancen os niveis de aprendizaxe adecuados para o normal
desenvolvemento da vida persoal e profesional conforme ao título pretendido, e ademais debe permitir orientar os
alumnos nas súas decisións escolares de acordo cos coñecementos e competencias que realmente posúan.
Por outra banda, estas probas normalizan os estándares de titulación en toda España, indicando de forma clara
ao conxunto da comunidade educativa cales son os niveis de esixencia requiridos e introducindo elementos de
certeza, obxectividade e comparabilidade de resultados.

De que materias?
-- Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais, agás Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química,
das que o alumno será avaliado se as escolle entre as materias de opción.
-- Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en cuarto curso.
-- U­­nha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física
nin Relixión, ou Valores Éticos.
Os alumnos poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinanzas académicas ou de
ensinanzas aplicadas, con independencia da opción cursada en cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria,
ou por ambas as opcións na mesma ocasión.

Que alumnos poden presentarse?


Aqueles alumnos que obtivesen avaliación positiva en todas as materias, ou negativa nun máximo de dúas materias
sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura, Lengua Castellana y Literatura e Matemáticas.

Competencias para o deseño?


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, previa consulta coas comunidades autónomas, establecerá para
todo o sistema educativo español os criterios de avaliación e as características da proba, e deseñará e establecerá
o seu contido para cada convocatoria.

Quen aplica a proba?


A proba será aplicada e cualificada por profesorado do sistema educativo español externo ao centro.

Como se supera a proba?


A superación desta avaliación requirirá u­­nha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

É necesaria a súa aprobación para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria?
Si será necesaria a superación da avaliación final,

Como se deducirá a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria?


Deducirase da seguinte ponderación:
- Cun peso do 70%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada u­­nha das materias cursadas en
Educación Secundaria Obrigatoria.
- Cun peso do 30%, a nota obtida na avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria.

Obtense algu­­nha titulación sen aprobar a proba final?


Os alumnos que cursen a Educación Secundaria Obrigatoria e non obteñan o título recibirán u­­nha certificación
oficial na que constará o número de anos cursados, así como o grao de logro dos obxectivos da etapa e de
adquisición das competencias correspondentes.

Pode repetirse a avaliación?


Os alumnos que non superen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Educación Secundaria
Obrigatoria, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, previa solicitude.
Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorrese.
Celebraranse polo menos dúas convocatorias anuais, u­­nha ordinaria e outra extraordinaria
As administracións educativas poderán establecer medidas de atención personalizada dirixidas a alumnos que,
tras superar todas as materias de Educación Secundaria Obrigatoria, non obtivesen o título por non superar a
avaliación final.

LOMCE | 7
bacharelato
Principais cambios

Currículo
▪▪ Introdúcese o elemento estándar de aprendizaxe.
▪▪ As Competencias básicas son denominadas Competencias clave.
▪▪ A LOMCE establece os obxectivos a nivel da etapa. Non se fixan obxectivos para as materias.

Acceso
▪▪ O acceso ao Bacharelato require, de maneira xeral, o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria con
superación da avaliación final desa etapa pola opción de ensinanzas académicas.

Organización
▪▪ Mantéñense as modalidades de Artes e de Humanidades e Ciencias Sociais. A modalidade de Ciencias e Tecnoloxía
queda como Ciencias.
▪▪ As administracións educativas e, no seu caso, os centros poderán elaborar itinerarios para orientar os alumnos na
elección das materias troncais de opción.

Materias
▪▪ De materias comúns, de modalidade e optativas, do Bacharelato establecido na Lei Orgánica de Educación (LOE,
2006), pásase aos bloques de materias troncais (con materias xerais e materias de opción), específicas e de libre
configuración autonómica, cu­­nha distribución de competencias para o seu deseño e desenvolvemento. Establéce-
nse por cursos.
▪▪ A distribución das materias en bloques non obedece á importancia ou ao carácter instrumental ou fundamental
destas, senón á distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.
▪▪ Desaparece a materia común de Bacharelato LOE materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Atención á diversidade
▪▪ Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos con necesidade específica
de apoio educativo.
▪▪ Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás
necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais.

Avaliación
▪▪ Introdúcese a avaliación final de Bacharelato, cuxa superación é necesaria para conseguir o título de Bacharel.
▪▪ Desaparece a Proba de Acceso á Universidade e a admisión realízase, directamente, co criterio da cualificación
final obtida no Bacharelato (que se pondera nun 60% coa media das cualificacións das materias cursadas e nun
40% coa cualificación da avaliación final de Bacharelato). Porén, as universidades poderán fixar outros procede-
mentos complementarios de admisión, de acordo coa normativa básica que estableza o Goberno.

LOMCE | 8
Materias en bacharelato

Primeiro curso

Modalidades
humanidades e cc sociais
CIENCIAS ARTES
Humanidades Ciencias Sociais
Materias xerais
Filosofía Filosofía Filosofía
Lengua Castellana y Literatura I Lengua Castellana y Literatura I Fundamentos da Arte I
Materias Matemáticas I Primeira Lingua Estranxeira I Lengua Castellana
troncais y Literatura I
Primeira Lingua Estranxeira I Latín I Matemáticas
(O horario lectivo Primeira Lingua
mínimo de todas Aplicadas ás
Ciencias Sociais I Estranxeira I
as materias
troncais non será Materias de opción
inferior ao 50%
do total Polo menos 2 das seguintes: Polo menos 2 das seguintes: Polo menos 2 das
do horario) Bioloxía e Xeoloxía Economía seguintes:
Debuxo Técnico I Grego I Cultura Audiovisual I
Física e Química Historia do Mundo Contemporáneo Historia do Mundo
Contemporáneo
Literatura Universal
MateriaS

Literatura Universal
Educación Física
Un mínimo de 2 e un máximo de 3 de entre as seguintes:
Análise Musical I Debuxo Artístico I
Segunda Lingua Estranxeira I Volume
Materias
específicas Anatomía Aplicada Debuxo Técnico I (*)
Tecnoloxía Industrial I Linguaxe e Práctica Musical
Cultura Científica Relixión
Tecnoloxías da Información U­­nha materia do bloque de materias troncais
e a Comunicación I non cursada polo alumno
Lingua Galega e Literatura
Algu­­nha materia máis que poderá ser:
Libre Materias do bloque de materias específicas non cursadas
configuración Materias de ampliación dos contidos dalgu­­nha das materias dos bloques de materias troncais ou
específicas
Materias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

 alvo que os pais ou titores legais ou o alumno xa escollesen Debuxo Técnico I como materia de opción dentro do bloque de materias
(*) S
troncais.

LOMCE | 9
Segundo curso

Modalidades
HUMANIDADES e CC SOCIAIS
CIENCIAS ARTES
Humanidades Ciencias Sociais
Materias xerais
Historia de España Historia de España Historia de España
Lengua Castellana y Literatura II Lengua Castellana y Literatura II Fundamentos da Arte II
Matemáticas II Primeira Lingua Estranxeira II Lengua Castellana
Materias y Literatura II
troncais Primeira Lingua Estranxeira II
Primeira Lingua
(O horario lectivo Latín II Matemáticas Estranxeira II
mínimo de todas Aplicadas ás
as materias Ciencias Sociais II
troncais non será
inferior ao 50% Materias de opción
do total Polo menos 2 das seguintes: Polo menos 2 das seguintes: Polo menos 2 das
do horario) seguintes:
Bioloxía Economía da Empresa
Cultura Audiovisual II
Debuxo Técnico II Grego II
Artes Escénicas
Xeoloxía Historia da Arte
Deseño
Física Historia da Filosofía
MateriaS

Química Xeografía
Un mínimo de 2 e un máximo de 3 de entre as seguintes:
Análise Musical II Psicoloxía
Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Técnicas de Expresión Gráfico-plástica
Debuxo Artístico II Segunda Lingua Estranxeira II
Materias Debuxo Técnico II (*) Tecnoloxía Industrial II
específicas
Fundamentos de Administración e Xestión Tecnoloxías da Información e a Comunicación II
Relixión Historia da Filosofía (*)
Historia da Música e a Danza U­­nha materia do bloque de materias troncais non
cursada polo alumno
Imaxe e Son
Lingua Galega e Literatura
Algu­­nha materia máis, que poderá ser:
Educación Física
Libre
configuración Materias do bloque de materias específicas non cursadas
Materias de ampliación dos contidos dalgu­­nha das materias dos bloques de materias troncais ou
específicas
Materias por determinar polas administracións educativas ou polos propios centros

(*) Salvo que os pais ou titores legais ou o alumno xa a escollesen como materia de opción dentro do bloque de materias troncais.

LOMCE | 10
A Avaliación

Carácter da avaliación
▪▪ A avaliación da aprendizaxe dos alumnos será continua e diferenciada segundo as distintas materias. O profesor
de cada materia decidirá, ao termo do curso, se o alumno logrou os obxectivos e alcanzou o adecuado grao de
adquisición das competencias correspondentes.
▪▪ Os alumnos promocionarán de primeiro a segundo de Bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan
avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das
materias pendentes de primeiro. Os centros docentes deberán organizar as conseguintes actividades de recupera-
ción e a avaliación das materias pendentes.
▪▪ Sen superar o prazo máximo para cursar o Bacharelato (catro anos), os alumnos poderán repetir cada un dos
cursos de Bacharelato u­­nha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos u­­nha
segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.

Avaliación final de Bacharelato


Que se avalía? De que materias?
Os alumnos realizarán u­­nha avaliación individualizada ao finalizar Bacharelato, na que se comprobará o logro
dos obxectivos desta etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes
materias:

-- Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais (*).


-- Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos (*).
-- U­­nha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física
nin Relixión.
(*) No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a materia cursada en 2.º curso.

Que alumnos poden presentarse?


Só poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos que obtivesen avaliación positiva en todas as materias.

Aos efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un
dos bloques. Ademais, en relación con aqueles alumnos que cursen Lingua Galega e Literatura, só se computará
u­­nha materia no bloque de materias de libre configuración autonómica, con independencia de que os alumnos
poidan cursar máis materias deste bloque.

Competencias para o deseño?


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, previa consulta ás comunidades autónomas, establecerá para todo
o sistema educativo español os criterios de avaliación e as características da proba, e deseñará e establecerá o
seu contido para cada convocatoria.

Como se supera a proba?


A superación desta avaliación requirirá u­­nha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

É necesaria a súa aprobación para obter o título de Bacharel?


Si será necesaria a superación da avaliación final, así como u­­nha cualificación final.

Como se deducirá a cualificación final de Bacharelato?


A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:
-- Cun peso do 60%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada u­­nha das materias cursadas en
Bacharelato.
-- Cun peso do 40%, a nota obtida na avaliación final de Bacharelato.
O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior, polo que
desaparece a actual Proba de Acceso á Universidade.

LOMCE | 11
Obtense algu­­nha titulación sen aprobar a avaliación final?
A avaliación positiva en todas as materias sen superar a avaliación final desta etapa dará dereito ao alumno a
obter un certificado con efectos laborais e académicos (acceso aos ciclos de grao medio, de grao superior, ao grao
superior das ensinanzas deportivas se se dispón do título de Técnico deportivo, grao medio).

Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorrese. Celebraranse
polo menos dúas convocatorias anuais, u­­nha ordinaria e outra extraordinaria.
Pode repetirse a avaliación?
Os alumnos que non superen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Bacharelato,
poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, previa solicitude.

LOMCE | 12
COMPETENCIAS
No SISTEMA EDUCAtivo
▪▪ Capacidades para activar e aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa,
co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.
▪▪ A competencia supón u­­nha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos,
actitudes, emocións, e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para
lograr u­­nha acción eficaz.
▪▪ As competencias, por tanto, conceptualízanse como un "saber facer" que se aplica a u­­nha diversidade de con-
textos académicos, sociais e profesionais.
▪▪ Para que a transferencia a distintos contextos sexa posible resulta indispensable u­­nha comprensión do coñece-
mento presente nas competencias, e a vinculación deste coas habilidades prácticas ou destrezas que
as integran.
▪▪ A aprendizaxe por competencias favorece os procesos e a motivación para aprender, debido á forte interrelación
entre os seus compoñentes. O concepto apréndese de forma conxunta ao procedemento.
▪▪ O papel do docente é fundamental, pois debe ser capaz de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que
posibiliten a resolución de problemas, a aplicación dos coñecementos aprendidos e a promoción da actividade
dos estudantes.
▪▪ A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carác-
ter integral.
▪▪ O proceso de ensinanza-aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas a áreas de coñecemento,
e por parte de todas as instancias que conforman a comunidade educativa.
▪▪ O dinamismo da aprendizaxe por competencias alude a que estas non se adquiren en determinado momento
e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos
van adquirindo maiores niveis de desempeño no uso destas.
▪▪ Adóptase a denominación de “competencias clave” formulada pola Unión Europea. En tal sentido, "as competen-
cias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal, así como
para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego". (Recomendación 2006/962/EC, do Parlamento Europeo e
do Consello, de 18 de decembro de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente).

As COMPETENCIAS No SISTEMA EDUCATIVO

LOE (2006) LOMCE (2013)

Competencia lingüística Competencia lingüística

Competencia matemática
Competencia matemática e competencias básicas
Competencia no coñecemento e na interacción en ciencia e tecnoloxía
co medio físico

Tratamento da información e competencia dixital Competencia dixital

Competencia social e cidadá Competencias sociais e cívicas

Competencia cultural e artística Conciencia e expresións culturais

Competencia para aprender a aprender Aprender a aprender

Autonomía e iniciativa persoal Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

LOMCE | 13
etapas educativas.
principais cambios
PARA TODAS As ETAPAS
▪▪ Establecemento de estándares de aprendizaxe: os referentes para a avaliación dos obxectivos e contidos e o nivel de adquisi-
ción das competencias.
▪▪ Organización das materias en troncais, específicas e de libre configuración autonómica.

▪▪ O Goberno fixará os obxectivos, competencia, contidos, criterios de avaliación


do currículo básico, que requirirán o 55% dos horarios escolares para as co-
Educación Infantil munidades autónomas que teñan lingua cooficial e o 65% para aquelas que
non a teñan.

1.º ▪▪ Organización por cursos, non por ciclos.


▪▪ Desagregación da área de Coñecemento do Medio natural, social e cultural en
2.º Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.
Primaria

▪▪ Desaparece Educación para a Cidadanía e Dereitos Humanos.


3.º Avaliación ▪▪ Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgu­­nhas das áreas da etapa, a
comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual,
4.º
as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a edu-
5.º cación cívica e constitucional traballaranse en todas as áreas.
▪▪ Levaranse a cabo dúas avaliacións de etapa: ao finalizar 3.º e 6.º de Educación
6.º Primaria, respectivamente.

Avaliación Final de EP

1.º ▪▪ O primeiro ciclo comprende os cursos de 1.º a 3.º.


▪▪ O segundo ciclo refírese ao 4.º curso.
▪▪ Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento substitúen os Pro-
2.º Primeiro Ciclo gramas de diversificación curricular.
ESO

▪▪ Obrigación de cursar 4.º, a través du­­nha das opcións: Ensinanzas Académi-


cas para a Iniciación ao Bacharelato e Ensinanzas Aplicadas para a Iniciación
3.º
á Formación Profesional.
▪▪ Para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria será ne-
4.º EAIB EAIFP cesaria a superación da avaliación final da etapa.

Avaliación Final de ESO

título de graduado en ESO

▪▪ Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final


1.º Ciencias de Bacharelato.
bacharelato

▪▪ O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que cons-


Humanidades titúen a educación superior, polo que desaparece a actual Proba de Acceso á
Universidade.
e Ciencias Sociais ▪▪ Tales ensinanzas son: a ensinanza universitaria, as ensinanzas artísticas
superiores, a formación profesional de grao superior, as ensinanzas profesio-
2.º Artes nais de artes plásticas e deseño de grao superior, e as ensinanzas deportivas
de grao superior.

Avaliación Final de bach.

título de bacharel

universidade

LOMCE | 14
calendario
de implantación
2014-2015 2015-2016 2016-2017*

Primeiro ciclo 0-3 anos (1)


Infantil
Segundo ciclo 3-6 anos (1)

Primeiro

Segundo

Proba de
Terceiro
avaliación
Primaria Non hai ciclos
Cuarto

Quinto

Proba final
Sexto
de etapa

Primeiro

Primeiro ciclo Segundo


ESO
Terceiro

Proba final
Segundo ciclo Cuarto
de etapa (2)

Primeiro
BacharelATO Sen ciclos
Proba final
Segundo
de etapa (3)

formación 1.º (4)


profesional
básica 2.º

▪▪ (1) Os dous ciclos de Educación Infantil non teñen cambios organizativos nin curriculares.
▪▪ (2) A avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria correspondente á convocatoria que se realice no ano 2017 non terá
efectos académicos. Neste curso haberá u­­nha única convocatoria.
▪▪ (3) A avaliación final de Bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 unicamente se terá
en conta para o acceso á Universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de Bacharel.
▪▪ (4) Os ciclos formativos de Formación Profesional Básica substituirán progresivamente os Programas de Cualificación Pro-
fesional Inicial (PCPI).
* As modificacións introducidas nas condicións de acceso e admisión ás ensinanzas reguladas na LOMCE serán de aplicación
no curso escolar 2016-2017.

Aceso á universidade
O acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao realizarase da seguinte forma polos alumnos
que obtivesen o título de Bacharel ou equivalente:
▪▪ Quen acceda con anterioridade ao curso escolar 2017-2018 deberá ter superada a Proba de Acceso á Universida-
de que establecía o artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, ou as probas establecidas en
normativas anteriores con obxecto similar.
▪▪ Quen acceda no curso escolar 2017-2018 ou en cursos posteriores deberá cumprir os requisitos indicados no
novo artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio.

LOMCE | 15
ESTRUtURA
Do SISTEMA EDUCATIVO
Títulos de Doutor
Estudos de Doutoramento

Título de Máster

Ensinanza Universitaria
Educación superior

Estudos de posgrao

Título superior Título de Grao


Ensinanzas Artísticas

Música e danza
Superiores

Arte dramática
Conservación
e restauración Estudos de grao
de bens culturais
Artes plásticas
Deseño

C1 / C2
Título de Técnico Superior

Grao Superior de FP
Ciclos Grao Nivel
formativos Superior Técnico Avanzado
de Grao de Artes deportivo
Superior Plásticas de Grao
de FP e Deseño Superior
B1 / B2

Nivel
Medio

Título profesional Título de Bacharel Tïtulo de Técnico A1 / A2


Humanidades e CCSS

Grao Medio de FP

6.º
(16-18 anos)
Bacharelato

Ciclos Grao Nivel


2.º Técnico Básico
formativos Medio de
Ciencias

deportivo
Ensinanzas profesionais de música e danza

Artes

de Grao Artes
5.º de Grao
Medio de Plásticas
Medio
Educación secundaria

1.º FP e Deseño

4.º

3.º
Título Graduado en ESO

2.o Título Profesional Básico


2.º
(12-16 anos)

FP básica

4.º Ensinanzas 4.º Ensinanzas


ciclo
Académicas Aplicadas 2.º
ESO

3.º Programa de mellora 1.º


1.o
1.º 2.º Programa de mellora
ciclo
1.º
Educación primaria

Educación Primaria

6.º
(6-12 anos)

5.º
Ensinanzas elementais

4.º
de música e danza

3.º Ensinanza gratuíta


2.º
Ensinanzas de idiomas
1.º
Formación Profesional

Ensinanzas artísticas
Educación infantil

2.o ciclo
Educación Infantil

(3-6 anos) Ensinanzas deportivas

Acceso sen Título de Bacharel

1.o ciclo Probas de final de etapa



(0-3 anos)
Probas de acceso
Se queres descargar este caderno
(en galego ou en castelán)
entra en

www.smeducacion.com/LOMCE

1 6 5 2 2 1

You might also like