AnuncioV0654 020822 0001 - GL

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

DOG Núm.

152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43317

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza


e Deportes

DECRETO 143/2022, do 27 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación,


para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a
realización das obras do proxecto denominado Proxecto básico e de execución
de ampliación da vía rúa da Fonte, no termo municipal de Arteixo (A Coruña).

O Concello de Arteixo, en sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2022, acordou solici-
tarlle á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados
pola expropiación forzosa do proxecto denominado Proxecto básico e de execución de
ampliación da vía rúa da Fonte, ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación
forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no


expediente que se someteu a información pública.

O 10 de xuño de 2022 tivo entrada no Rexistro da Dirección Xeral de Administración


Local da Xunta de Galicia a solicitude do Concello de Arteixo de declaración de urxente
ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens necesarios para realizar as
obras do Proxecto básico e de execución de ampliación da vía rúa da Fonte. Con datas do
16 de xuño e do 11 de xullo de 2022 o concello achegou documentación complementaria á
súa solicitude inicial. O expediente contén a xustificación acreditativa da motivación para a
declaración de urxente ocupación.
CVE-DOG: frogbpd6-st29-imh9-f0i9-buw8usp1uct3

O expediente tratouse na Comisión de Secretarios Xerais logo da súa elevación ao


Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de


decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no arti-
go 52 da Lei de expropiación forzosa.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos


para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que a actuación, consistente
na realización de traballos de ampliación da vía rúa da Fonte, servirá para completar as
obras de urbanización deste, creando prazas de estacionamento, ampliando as beirarrúas

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43318

e mellorando a zona de manobra dos autobuses. O mal estado das beirarrúas existentes,
a inexistencia de aparcadoiro, que implica o uso como tal da propio vía, a falta de espazo
para as manobras dos autobuses escolares e o progresivo aumento de viandantes na zona
do colexio e do pavillón deportivo evidencian a urxente necesidade de acometer obras para
acadar a suficiente seguridade viaria nesa contorna, e así facilitar o tráfico dos autobuses
e dos propios peóns.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da


Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de autonomía de
Galicia.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,


Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión
do vinte e sete de xullo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a


urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concre-
tados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución
das obras do Proxecto básico e de execución de ampliación da vía rúa da Fonte, no termo
municipal de Arteixo (A Coruña). Unha vez ocupados os terreos necesarios, deberanse
obter, de ser o caso, as autorizacións que sexan necesarias dos organismos competentes,
con carácter previo ao inicio das obras.
CVE-DOG: frogbpd6-st29-imh9-f0i9-buw8usp1uct3

Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela


Presidente

Diego Calvo Pouso


Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like