Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 27

DOG Núm.

153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43481

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza


e Deportes

DECRETO 145/2022, do 27 de xullo, polo que se crea o Consello Galego dos


Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia e se aproban os seus estatutos.

De acordo co establecido no artigo 150.2 da Constitución española, a Lei orgáni-


ca 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Au-
tónoma galega, transfire, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento
lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de
intereses económicos e profesionais.

A propia lei orgánica prevé, tal como expón o mandato constitucional, a transferencia
de servizos necesarios, que se leva a cabo de forma efectiva a través do Real decre-
to 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Esta-
do en materia de colexios oficiais ou profesionais.

Tendo en conta o dito traspaso, o Decreto 337/1996, do 13 de setembro, estableceu


a asunción de funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real
decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asignoulle as funcións á Consellería de Xustiza, In-
terior e Relacións Laborais (na actualidade Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo a estrutura establecida no Decreto 58/2022,
do 15 de maio).

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 23 que os co-
lexios profesionais dunha mesma profesión, con ámbito territorial circunscrito á Comunida-
de Autónoma de Galicia, poderán constituír o correspondente consello galego de colexios
e que a súa creación se realizará mediante decreto, que deberá, así mesmo, aprobar os
correspondentes estatutos. O artigo 28 da mesma norma establece que a aprobación dos
estatutos se efectuará logo de verificación da súa legalidade pola consellería competente
en materia de colexios profesionais e que se publicarán no Diario Oficial de Galicia o refe-
rido decreto aprobatorio e os ditos estatutos.

En virtude do anterior, e verificada a adecuación á legalidade dos estatutos pre-


sentados, en uso das facultades que me foron conferidas, logo de deliberación do

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43482

Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de xullo de dous mil
vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1.  Creación do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de


Galicia

Créase o Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia co ámbito


territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2.  Aprobación dos estatutos do Consello Galego dos Colexios de Mediadores
de Seguros de Galicia

Apróbanse, por seren adecuados á legalidade, os estatutos do dito consello, que figuran
como anexo a este decreto.

Artigo 3.  Publicación e inscrición

Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a inscrición correspondente


no Rexistro de Colexios Profesionais e os seus consellos da Comunidade Autónoma de
Galicia.

Disposición derradeira única.  Entrada en vigor


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de xullo de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela


Presidente

Diego Calvo Pouso


Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43483

ANEXO
Estatutos do Consello Galego dos Colexios de Mediadores
de Seguros de Galicia

TÍTULO I
Disposicións xerais

CAPÍTULO I
Denominación, composición, natureza e domicilio

Artigo 1.  Denominación

A denominación será Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Ga-


licia.

O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia terá como em-
blema o utilizado polo Consello Xeral dos Colexios de Mediadores de Seguros, conxunta-
mente coa denominación «Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de
Galicia», «Consello Galego» ou «Consello».

Artigo 2.  Composición

O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia está integrado


polos colexios de mediadores de seguros da Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Artigo 3.  Natureza

O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia é unha corpora-


ción de dereito público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cum-
primento dos seus fins, e rexerase polas disposicións legais estatais e autonómicas que o
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

afecten, por este estatuto, polos seus regulamentos de réxime interior e polos acordos apro-
bados polos diferentes órganos corporativos no ámbito das súas respectivas competencias.

No seu respectivo ámbito de actuación, cada un dos colexios que compoñen este con-
sello é autónomo e ten, separada e individualmente, personalidade xurídica e plena capa-
cidade de obrar para cumprir os seus fins.

Artigo 4.  Domicilio

O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia terá a súa sede
na Coruña, na rúa Benito Blanco Rajoy, 1, 1º, 15006. O cambio de domicilio requirirá os
mesmos trámites que unha modificación estatutaria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43484

CAPÍTULO II
Finalidades e funcións

Artigo 5.  Finalidades

O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia terá as seguintes


finalidades:

a) A coordinación dos colexios profesionais que o integren e a representación da pro-


fesión no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, naquelas cuestións de
interese común ante as administracións públicas e, en xeral, ante calquera organismo,
institución ou persoa, física ou xurídica, que sexa necesario para o cumprimento dos seus
fins, sen prexuízo da autonomía e competencia de cada colexio, defendendo e protexendo
os intereses profesionais dos mediadores de seguros no ámbito territorial da súa compe-
tencia.

b) As relacións coas institucións e as administracións públicas para facilitar a mutua


colaboración para a mellor satisfacción dos intereses sociais e profesionais, cuxa defensa
teñen encomendada.

c) Todas aquelas que, de acordo coa lei, os seus estatutos xerais e regulamentos, se
establezan.

Artigo 6.  Funcións

No ámbito territorial da súa competencia terá as seguintes funcións:

a) As atribuídas ao Consello Xeral dos Colexios de Mediadores de Seguros pola Lei de


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

colexios profesionais, en canto teñan ámbito ou repercusión só no territorio da Comunida-


de Autónoma galega, e cantas outras lle fosen encomendadas por virtude de disposicións
xerais ou especiais, sempre que non interfiran na autonomía e nas competencias propias
de cada colexio.

b) Elaborar e aprobar os seus propios estatutos e emitir informe sobre os dos colexios
que o integren.

c) Coordinar as actuacións dos colexios que o integren.

d) Representar a profesión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e ante o


correspondente consello xeral, cando así se permita nas súas normas reguladoras.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43485

e) Formar e manter o Censo dos mediadores de seguros incorporados aos colexios de


mediadores de seguros que o integran.

f) Exercer as funcións disciplinarias respecto dos membros dos órganos de goberno dos
colexios que o integran e os do propio Consello.

g) Fomentar, crear e organizar servizos e actividades, con relación á profesión de me-


diador de seguros, que teñan por obxecto a formación e o perfeccionamento profesional, a
promoción cultural, a asistencia social e sanitaria, a previsión, a cooperación e o mutualis-
mo, o fomento da ocupación e outras actuacións convenientes.

Para tales fins, establecer os concertos ou acordos máis oportunos coa Administración
e as institucións ou entidades, públicas ou privadas, que correspondan.

h) Convocar e celebrar congresos, xornadas, simposios e actos similares relaciona-


dos coa mediación de seguros e co exercicio da mediación de seguros na Comunidade
Autónoma. Así mesmo, terá a función, compartida neste caso con todos ou con calquera
dos colexios que integran o Consello, de convocar ou patrocinar outros actos científicos e
culturais.

i) Editar informes e traballos relacionados coa mediación de seguros en Galicia e publi-


car as normas e disposicións de interese para os mediadores de seguros de Galicia, así
como os proxectos de modificación da lexislación que resulten de utilidade para o exercicio
da profesión.

j) Defender os dereitos dos colexios de mediadores de seguros que o integran, así como
os dos seus colexiados, ante os organismos autonómicos galegos, cando sexa requirido
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

polo colexio respectivo ou así estea legalmente establecido, e resolver os conflitos que
poidan xurdir entre os colexios que o integran, sen prexuízo dos ulteriores recursos que
procedan.

k) O exercicio e a xestión daquelas competencias públicas que lle sexan delegadas ou


encomendadas pola Xunta de Galicia, pola normativa aplicable ou por calquera outra Ad-
ministración pública competente.

l) Designar representantes de mediadores de seguros para participar, cando así estea


establecido, nos consellos e organismos consultivos das administracións públicas no ám-
bito de Galicia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43486

m) Coñecer e resolver os recursos que se poidan interpor contra os acordos dos co-
lexios de mediadores de seguros que o integran.

n) Elaborar e aprobar o orzamento de ingresos e gastos e contas anuais do Consello,


así como o seu propio réxime económico.

ñ) Fixar equitativamente a cooperación dos colexios aos gastos do Consello, por ache-
gas fixas, eventuais ou contribucións extraordinarias.

o) Establecer os ingresos propios que poida ter por dereitos e retribucións como conse-
cuencia dos servizos e actividades que preste.

p) Realizar, no relativo ao patrimonio propio do Consello, toda clase de actos de admi-


nistración, disposición e gravame.

q) Emitir ditames e informes que lle sexan solicitados ou suxeridos e, sobre todo, os que
soliciten a Xunta de Galicia ou o Parlamento de Galicia sobre proxectos ou anteproxectos
de disposicións de carácter xeral que afecten o exercicio da profesión de mediador de se-
guros.

r) Adoptar acordos xerais e elaborar normas de desenvolvemento en materia de deonto-


loxía profesional, sen prexuízo da normativa recollida e aprobada polo Consello Xeral dos
Colexios de Mediadores de Seguros.

s) Calquera outra función similar ás contidas nos puntos anteriores, non expresamente
determinada neles, así como aquelas que lle sexan transferidas ou delegadas polo Conse-
llo Xeral dos Colexios de Mediadores de Seguros.

Artigo 7.  Portelo único


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

1. O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia disporá dunha


páxina web para que, a través do portelo único recollido na normativa vixente, os profe-
sionais poidan realizar todos os trámites necesarios para a colexiación, o seu exercicio
e a súa baixa en calquera dos colexios do seu ámbito, a través dun único punto, por vía
electrónica e a distancia.

2. A través do referido portelo único, o Consello Galego dos Colexios de Mediadores


de Seguros de Galicia ofrecerá aos consumidores e usuarios a información seguinte, a cal
deberá clara, inequívoca e gratuíta:

a) Os medios e as condicións de acceso aos rexistros públicos de profesionais colexiados.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43487

b) As vías de reclamación e os recursos que se poderán interpor en caso de conflito


entre un colexiado e un destinatario do servizo profesional.

c) O acceso ao Rexistro de Colexiados, que estará permanentemente actualizado e no


cal constarán, polo menos, os datos seguintes: o nome e os apelidos dos profesionais co-
lexiados, o número de colexiación, os títulos académicos oficiais, o enderezo profesional e
a situación de habilitación profesional.

d) O acceso ao Rexistro de Sociedades Profesionais, que terá o contido descrito no


artigo 8 da Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais.

e) O contido dos códigos deontolóxicos.

3. O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia deberá de


adoptar as medidas necesarias para o cumprimento do previsto neste artigo e incorporar
para iso no seu ámbito tecnoloxías compatibles que garantan o intercambio de datos cos
colexios profesionais.

4. Para o cumprimento do disposto no artigo 10.4 da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre


colexios profesionais, para a elaboración dun censo autonómico os colexios provinciais
que o integran facilitarán ao Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de
Galicia a información concernente ás altas, baixas dos colexiados e calquera outra modi-
ficación que afecte os rexistros de colexiados e de sociedades profesionais, para o seu
coñecemento e anotación nos rexistros autonómicos.

TÍTULO II
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Órganos do Consello Galego

CAPÍTULO I
Órganos de goberno

Artigo 8.  Da Xunta Directiva

1. O órgano de goberno do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros


de Galicia é a Xunta Directiva, a cal estará composta por:

a) Os presidentes dos catro colexios que integran o Consello Galego dos Colexios de
Mediadores de Seguros de Galicia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43488

b) Ademais do presidente, cada colexio designará un representante por cada 100 dos
seus colexiados.

c) Os colexios que non acaden o número de colexiados previsto no punto anterior desig-
narán un único representante.

2. Os representantes na Xunta Directiva do Consello Galego dos Colexios de Media-


dores de Seguros de Galicia -excepto os presidentes- serán designados polos colexios
respectivos de entre os membros das súas xuntas directivas, que terán, así mesmo, a
facultade de revogar a designación dos seus representantes ante o Consello, excepto a
dos presidentes.

3. A Xunta Directiva elixirá democraticamente un presidente de entre os catro presi-


dentes dos colexios que integran o Consello. Proclamarase presidente ao candidato que
obteña, na primeira votación, as dúas terceiras partes dos votos emitidos válidos, ou, en
segunda, a maioría simple dos votos emitidos válidos.

Ocuparán o cargo de vicepresidentes os tres presidentes restantes, ordenados segundo


criterio do presidente.

4. Por proposta do presidente electo, a Xunta Directiva nomeará, de entre os seus mem-
bros, un secretario, un vicesecretario e un tesoureiro. A renovación dos cargos da Xunta
Directiva realizarase de acordo co disposto nos puntos seguintes:

a) Cando, por medio de proceso electoral, se produza a renovación da Xunta de Gober-


no de calquera dos colexios integrantes do Consello, estes deberán designar novamente
os seus representantes na Xunta Directiva do Consello Galego, excepto o presidente elec-
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

to, que directamente formará parte da Xunta Directiva.

b) Se entre os representantes que se van renovar se encontran aqueles que teñan o


cargo de presidente, vicepresidentes, secretario, vicesecretario ou tesoureiro, o dito cargo
deberase someter a elección ou nomeamento, de acordo co procedemento establecido
nos puntos anteriores, salvo que resulten reelixidos ou ratificados polas súas respectivas
xuntas de goberno.

c) En calquera caso, se, transcorridos cuatro (4) anos desde a elección do presidente,
este cargo segue sendo exercido pola mesma persoa, deberase someter novamente a
elección, e por proposta do presidente electo, deberase proceder á renovación dos cargos

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43489

de secretario, vicesecretario e tesoureiro, e á designación da prelación dos cargos de vi-


cepresidentes.

CAPÍTULO II
Funcionamento

Artigo 9.  Competencias

É competencia da Xunta Directiva:

a) Elaborar as normas básicas de organización do Consello, así como os seus estatutos.

b) Acordar sobre todas aquelas finalidades e funcións, asignadas nos artigos 5 e 6 des-
tes estatutos, e velar pola execución dos correspondentes acordos.

c) Elixir o presidente e nomear os demais cargos da Xunta Directiva.

d) Aprobar ou desaprobar a xestión do presidente, exixirlle a responsabilidade que lle


corresponda, mediante o debate e a votación da pertinente moción de censura, que deberá
ser proposta para a súa admisión a trámite por un terzo, polo menos, dos membros da Xun-
ta Directiva, mediante solicitude de convocatoria expresamente cursada para o dito fin con
este único punto da orde do día. A súa aprobación requirirá o voto favorable de dous terzos
do número total de membros da Xunta Directiva, presentes ou ausentes. A aprobación da
moción de censura comportará a celebración, dentro do prazo máximo dun mes, de nova
elección de presidente do Consello.

Artigo 10.  Reunións


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

1. A Xunta Directiva reunirase, con carácter ordinario, dúas veces ao ano: no primeiro
trimestre para aprobar as contas anuais, a memoria anual e examinar a xestión do ano
anterior, e no segundo semestre para aprobar os orzamentos. Con carácter extraordinario,
convocarase por iniciativa do presidente ou cando o soliciten, polo menos, un terzo dos
seus membros.

2. Á convocatoria da Xunta Directiva xuntaranse a orde do día e a documentación per-


tinente, e a Secretaría cursaraa, por decisión da Presidencia, polo menos con cinco días
de antelación, salvo nos casos de urxencia excepcional, nos cales será convocada cunha
antelación mínima de corenta e oito horas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43490

A convocatoria sinalará o lugar e a hora de realización, así como os puntos que se van
tratar na reunión.

A convocatoria poderase realizar por medios telemáticos.

3. As reunións da Xunta Directiva quedarán validamente constituídas cando asista, polo


menos, a maioría dos seus compoñentes, coa presenza do presidente e do secretario ou
das persoas que legalmente os substitúan.

4. A Xunta Directiva non poderá adoptar acordos respecto a asuntos que non figuren na
orde do día.

5. No caso de ausencia, enfermidade ou vacante de calquera dos membros do órgano


de goberno, estes poderán ser substituídos, logo de comunicación acreditada ao Consello,
por calquera membro nomeado pola Xunta de Goberno do colexio correspondente.

6. A Xunta de Goberno e calquera órgano colexiado do Colexio poderán realizar sesións


a distancia por medios telemáticos cando así se faga constar de maneira motivada nas
súas convocatorias. Para estes efectos, resultará de aplicación o disposto no artigo 17 da
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.

Artigo 11.  Acordos

Os acordos tomaranse por maioría simple dos asistentes e representados e, en caso de


empate resolverá a persoa titular da Presidencia co seu voto de calidade e corresponderá
a cada colexio o voto ponderado proporcional ao seu censo, salvo os referentes ao réxime
disciplinario e de revisión de acordos dos colexios, regulados nos títulos V e VI, nos cales
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

os representantes do colexio afectado terán voz, pero non voto.

TÍTULO III
Dos cargos do Consello Galego

CAPÍTULO I
Da Presidencia e das Vicepresidencias

Artigo 12.  Da Presidencia

1. O cargo da Presidencia, elixido conforme o disposto no artigo 8.3 destes estatutos,


terá unha duración de catro anos e poderá ser reelixido de maneira indefinida. O cesamen-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43491

to do presidente por renuncia ou por calquera outra causa dará lugar a nova elección, entre
os membros da Xunta Directiva, de conformidade co disposto no artigo 8.4.b).

2. Correspóndelle á Presidencia:

a) Exercer a representación do Consello, asignándoselle o exercicio de cantos dereitos


e funcións lle atribúan estes estatutos e sexan necesarios para as relacións cos pode-
res públicos, entidades, corporacións e persoas xurídicas ou naturais de calquera orde,
sempre que se trate de materias de carácter xeral para a profesión dentro do ámbito do
Consello. Cando a representación sexa ante un órgano público, entidade, corporación ou
persoa xurídica ou natural cuxo ámbito de actuación sexa exclusivo no ámbito territorial
dun colexio dos integrantes do Consello, poderá delegar no presidente dese colexio a dita
representación. Terá, así mesmo, a capacidade necesaria para representar o Consello en
xuízo e outorgar poderes, xerais ou especiais, aos procuradores dos tribunais, avogados
ou calquera clase de mandatarios, logo de acordo da Xunta Directiva.

b) Exercer as accións que correspondan en defensa de todos os colexios integrados no


Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia e dos seus colexia-
dos, ante os tribunais de xustiza e autoridades de toda clase, cando se trate de normas,
programas ou resolucións de índole xeral para todos os colexios de Galicia, sen prexuízo
da autonomía e competencias que corresponden a cada colexio.

c) Convocar, fixar a orde do día e presidir todas as reunións do Consello. Ordenar as


deliberacións e abrir, suspender ou levantar as sesións.

d) Presidir e dirixir as deliberacións, abrir, suspender e pechar as sesións dos congre-


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

sos, xornadas e simposios que organice o Consello.

e) Autorizar coa súa sinatura as comunicacións e os informes que se cursen, así como
visar os nomeamentos e as certificacións que expida o secretario.

f) Dirimir con voto de calidade os empates que resulten das votacións.

g) Coordinar e impulsar a actividade do Consello, así como cumprir e facer cumprir os


acordos adoptados polos órganos do Consello dentro da súa competencia.

h) Adoptar as resolucións que procedan por razóns de urxencia, dando conta á Xunta
Directiva das decisións adoptadas para a súa ratificación na sesión seguinte.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43492

Artigo 13.  Das vicepresidencias

As persoas titulares das vicepresidencias substituirán a persoa titular da Presidencia en


caso de ausencia, enfermidade ou vacante.

Desempeñarán, ademais, todas aquelas funcións que lles confira ou delegue o presi-
dente.

Sen prexuízo das delegacións realizadas pola persoa titular da Presidencia, as persoas
titulares das vicepresidencias representarán esta, na súa ausencia, e o Consello Galego
dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia nos respectivos ámbitos territoriais dos
seus colexios.

CAPÍTULO II
Da Secretaría, da Vicesecretaría e da Tesouraría

Artigo 14.  Das funcións da Secretaría

Corresponde á Secretaría:

a) Expendir e certificar as actas das sesións do Consello. Dar conta das inmediatas an-
teriores, para a súa aprobación, de ser o caso, e informar, se procede, dos asuntos que en
tales reunións se deban tratar e lle encomende o presidente.

b) Executar os acordos do Consello, así como as resolucións que, conforme os estatu-


tos, dite a Presidencia.
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

c) Informar o Consello e os seus membros, con facultade de iniciativa en todos cantos


asuntos sexan de competencia do Consello.

d) Auxiliar na súa misión a Presidencia e promover cantas iniciativas de orde técnico-


profesional e corporativo se deban adoptar.

e) Levar os libros de actas necesarios, expedir e autorizar as certificacións que proce-


dan, así como as comunicacións e circulares que sexan, de ser o caso, autorizadas polo
Consello ou pola súa Presidencia.

f) Formar o Censo de colexiados e de sociedades profesionais de Galicia inscritos en


cada un dos colexios e levar un ficheiro rexistro dos datos que procedan.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43493

g) Levar o Rexistro de Sancións e anotar en cada expediente as circunstancias do arti-


go 49.d) destes estatutos.

h) Redactar a memoria anual das actividades e proxectos do Consello.

i) Exercer a alta dirección dos servizos que se poidan crear no Consello e calquera outro
que lle encomende o mesmo Consello.

j) Asumir a Xefatura de persoal administrativo e das dependencias do Consello.

k) Levar os rexistros dos estatutos colexiais, das composicións das xuntas de goberno
dos colexios e do Censo de colexiados dos colexios membros do Consello.

l) Propor e xestionar cantas cuestións sexan conducentes á boa marcha administrativa.

Artigo 15.  Da Vicesecretaría

A persoa titular da Vicesecretaría substituirá a persoa titular da Secretaría en caso de


ausencia, enfermidade ou vacante.

Desempeñará, ademais, todas aquelas funcións que lle confira ou delegue a Secretaría.

Artigo 16.  Das funcións da Tesouraría

Corresponde á Tesouraría:
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

a) Expedir, co visto e prace da Presidencia, os libramentos para os pagamentos que se


teñan que verificar, e subscribir os mandamentos de pagamento necesarios para o mo-
vemento das contas abertas a nome do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de
Seguros de Galicia.

b) Levar os libros e demais rexistros contables necesarios para o control dos ingresos e
gastos e do movemento patrimonial do Consello.

c) Cobrar todas as cantidades que por calquera concepto se deban ingresar nas contas
do Consello e dar conta á Presidencia e á Xunta Directiva do Consello da situación da Te-
souraría e do desenvolvemento das previsións orzamentarias.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43494

d) Propor e xestionar cantas cuestións sexan conducentes á boa marcha contable e de


investimento dos fondos do Consello.

e) Preparar a formulación das contas anuais.

f) Elaborar o proxecto de orzamentos.

g) Subscribir os balances de sumas e saldos que da contabilidade se deduzan, efec-


tuando os arqueos que correspondan de maneira regular e periódica.

CAPÍTULO III
Das comisións

Artigo 17.  Das comisións

Logo de acordo da Xunta Directiva, poderanse crear comisións de traballo específicas


ou outros órganos consultivos, cuxo regulamento interno de funcionamento será aprobado
pola Xunta Directiva, e neles poderanse delegar as funcións correspondentes.

TÍTULO IV
Do réxime económico

Artigo 18.  Do réxime económico

A economía do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia é


independente da dos respectivos colexios de mediadores integrados nel, e cada colexio
será autónomo na xestión e administración dos seus bens, aínda que contribuirán ao orza-
mento do Consello na forma sinalada no artigo seguinte.
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Artigo 19.  Do financiamento

1. Para cubrir os gastos do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de


Galicia, este disporá dos seguintes recursos:

a) Das cotas periódicas que se acorde establecer aos colexios de mediadores integran-
tes do Consello, que serán fixadas en proporción ao número de persoas colexiadas, ou
das achegas extraordinarias que deban facer os colexios para cubrir os gastos incorridos
ou previstos.

A falta de pagamento das liquidacións relativas a dous ou máis períodos trimestrais


poderá dar lugar á suspensión do respectivo colexio nas actividades do Consello e dos

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43495

seus órganos mentres non sexan efectuados os pagamentos e as declaracións trimestrais


pendentes.

Esta medida deberaa acordar a Xunta Directiva por proposta da Secretaría. Desta pro-
posta darase traslado ao colexio ou organización colexial respectiva para que, antes da
reunión e por un prazo de dez días, poida efectuar un informe respecto diso.

b) Das achegas que lle poidan corresponder procedentes do Consello Xeral dos Co-
lexios de Mediadores de Seguros.

c) O importe dos dereitos económicos polos documentos e certificados que expida.

d) As subvencións oficiais e particulares, donativos e legados que o Consello poida


recibir.

e) As derramas extraordinarias que o Consello poida determinar por circunstancias ex-


cepcionais.

f) Os dereitos por prestación de servizos e actividades que o Consello realice.

g) As cotas pola inscrición nos órganos ou seccións de ámbito profesional especializado


e os dereitos pola utilización dos distintos servizos do Consello polos colexios ou as per-
soas colexiadas.

h) Outros ingresos que o Consello poida percibir con motivo das súas actividades.

2. Así mesmo, o Consello Galego dotarase, se procede, dos medios materiais e huma-
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

nos necesarios para o desempeño da súa actividade.

No caso de que se lle encomende a algún dos colexios integrantes que desenvolva e
execute funcións correspondentes ao Consello Galego, aquel ou aqueles terán dereito
a ser compensados con cargo aos fondos e recursos económicos de que poida dispor o
Consello.

Artigo 20.  Do orzamento e das contas anuais

1. O exercicio económico do Consello coincidirá co ano natural, e o exercicio económico


pecharase o 31 de decembro de cada ano.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43496

2. Na reunión ordinaria da Xunta Directiva, que se celebrará no segundo semestre de


cada ano, deberase presentar para o seu debate e aprobación un proxecto de orzamento
para o ano seguinte.

3. As contas anuais formularanse de acordo co marco normativo de información fi-


nanceira establecido no Plan xeral de contabilidade e as súas adaptacións sectoriais, e o
resto de normativa contable estatal que resulte de aplicación, que reflectirán a imaxe fiel do
patrimonio, da situación financeira e dos resultados do Consello.

4. Na reunión ordinaria da Xunta Directiva, que se celebrará no primeiro trimestre de


cada ano, deberanse presentar para o seu debate e aprobación as contas anuais e liquida-
ción do orzamento do exercicio económico anterior.

5. Os orzamentos anuais do Consello detallarán os ingresos e gastos previstos para o


exercicio correspondente, integrando todos os seus órganos e actividades.

6. De se iniciar un exercicio económico sen que se aprobase o orzamento correspon-


dente, quedará prorrogado o do exercicio anterior ata a aprobación do novo orzamento, ex-
cepto nas partidas en que resulten de aplicación disposicións vixentes en materia laboral.

7. As contas anuais do Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de


Galicia serán auditadas, polo menos, cando se produza a renovación ordinaria, total ou
parcial, do órgano de goberno, sen prexuízo da función fiscalizadora que lles corresponde
aos organismos públicos legalmente habilitados para iso.

Artigo 21.  Memoria anual


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

1. O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia estará suxei-


to ao principio de transparencia na súa xestión. Para iso, deberá elaborar unha memoria
anual que conteña, polo menos, a información seguinte:

a) Informe anual de xestión económica, incluíndo os gastos de persoal suficientemente


desagregados e especificando as retribucións dos membros da súa xunta directiva, en
razón do seu cargo.

b) Importe das cotas aplicables aos conceptos e servizos de todo tipo, así como as nor-
mas para o seu cálculo e aplicación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43497

c) Información agregada e estatística relativa aos procedementos sancionadores con-


cluídos con respecto aos membros dos órganos de goberno dos colexios que o integran,
indicando a infracción a que se refiren, a súa tramitación e, de ser o caso, a sanción impos-
ta, de acordo, en todo caso, coa lexislación en materia de protección de datos de carácter
persoal.

d) Información agregada e estatística relativa a queixas e reclamacións presentadas


polos consumidores ou usuarios, á súa tramitación e, de ser o caso, aos motivos de estima-
ción ou desestimación da queixa ou reclamación, de acordo, en todo caso, coa lexislación
en materia de protección de datos de carácter persoal.

e) Contido dos seus códigos deontolóxicos en caso de dispor deles.

f) As situacións de conflito de intereses en que se achen os membros da Xunta de Go-


berno.

2. A memoria anual deberase facer pública no primeiro trimestre de cada ano a través
da páxina web.

3. Os colexios e consellos autonómicos subministraranlle ao Consello Xeral a informa-


ción necesaria para a elaboración da memoria correspondente ao conxunto da organiza-
ción colexial.

Artigo 22.  Servizo de Atención aos Consumidores ou Usuarios e Colexiados

1. O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia disporá dun


servizo de atención aos consumidores ou usuarios e colexiados que, necesariamente, tra-
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

mitará e resolverá cantas queixas, referidas á actividade colexial ou ás persoas colexiadas,


sexan presentadas por calquera usuario ou profesional colexiado, así como por organi-
zacións de consumidores e usuarios na súa representación ou en defensa de intereses
colectivos.

2. O Consello atenderá as queixas ou reclamacións presentadas polos colexiados que


se refiran ao seu ámbito de competencias e trasladará ao colexio de mediadores compe-
tente aquelas que, de acordo coa normativa, corresponden ao ámbito da súa competencia.

3. O Consello, a través deste servizo de atención aos consumidores ou usuarios, re-


solverá sobre a queixa ou reclamación, segundo proceda informando sobre o sistema ex-
traxudicial de resolución de conflitos remitindo o expediente ao colexio correspondente

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43498

para que se instrúa o oportuno expediente informativo ou disciplinario, arquivando ou adop-


tando calquera outra decisión conforme dereito.

4. A regulación deste servizo deberá prever a presentación de queixas e reclamacións


por vía telemática.

TÍTULO V
Do réxime disciplinario

Artigo 23.  Competencia sancionadora

1. O Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia é competente


para o exercicio da función disciplinaria en vía administrativa.

2. En primeira instancia, cando o expediente disciplinario se siga contra algún membro


das xuntas de goberno de calquera dos colexios de Galicia, salvo que sexa competencia
do Consello Xeral dos Colexios de Mediadores de Seguros.

3. En segunda e última instancia administrativa, na resolución dos recursos de alzada


interpostos contra os acordos dos colexios. Nestes casos, os representantes do colexio
afectado terán voz pero non voto.

Artigo 24.  Tipificación das infraccións

As infraccións que poidan comportar sanción disciplinaria clasifícanse en leves, graves


e moi graves.
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Artigo 25.  Faltas moi graves

Son faltas moi graves:

a) A comisión de delitos dolosos en calquera grao de participación como consecuencia


do exercicio da profesión.

b) A comisión de actos que, aínda que non sexan constitutivos de infracción penal,
supoñan grave falta de probidade no exercicio profesional de mediador de seguros, de
conformidade co establecido nas normas deontolóxicas da profesión.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43499

c) A falta de probidade ou o abuso de poder ou lucro ilícito no desempeño de cargos


colexiais.

d) O incumprimento dos deberes profesionais cando resulte prexuízo grave para quen
solicite ou concerte a actuación profesional.

e) O exercicio profesional sen cumprir os requisitos legalmente establecidos, segundo


se deduza do expediente administrativo correspondente.

f) A vulneración do segredo profesional.

g) O exercicio da profesión en situación de inhabilitación profesional ou incorrendo en


causa de incompatibilidade ou prohibición.

h) A comisión de dúas infraccións graves no prazo de dous anos, salvo que a gravidade
se producise por acumulación de infraccións leves.

Artigo 26.  Faltas graves

Son faltas graves:

a) O incumprimento dos deberes profesionais cando resulte prexuízo para aqueles que
soliciten ou concerten a actuación profesional.

b) O incumprimento dos deberes profesionais cando supoñan falta de probidade no


exercicio profesional de mediador de seguros.
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

c) A ofensa ou ataques á dignidade dos demais profesionais da mesma profesión, ou


dos órganos de goberno desta, das persoas ou institucións con quen se relacione como
consecuencia do seu exercicio profesional, así como a agresión física a eles.

d) As expresións críticas ou accións fronte aos órganos colexiais e os seus membros,


sen respectar as canles establecidas, cando tales expresións, críticas ou actos poidan
prexudicar o recoñecemento público da profesión e/ou a estabilidade colexial ou entorpe-
cer deliberadamente con actos ou omisións a actividade de colexios e consellos.

e) Os actos constitutivos de competencia desleal, de acordo coa lexislación vixente en


materia de dereito da competencia e competencia desleal.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43500

f) O abandono, desidia ou desinterese habitual no cumprimento das obrigacións inhe-


rentes ao cargo para o que fose elixido o colexiado polos seus compañeiros.

g) O incumprimento dos acordos validamente adoptado polos órganos de goberno, ou


non prestar a colaboración ou información solicitada con ocasión dun procedemento previo
ou expediente sen causa xustificada.

h) A utilización consciente de subaxentes ou colaboradores que incorran en causa de


incompatibilidade para o exercicio da mediación de seguros, ou a utilización de persoas
interpostas para obter un fin contrario á normativa legal e/ou á deontoloxía profesional e
colexial.

i) A comisión de, polo menos, cinco infraccións leves no prazo de dous anos.

j) O incumprimento dunha sanción legalmente imposta.

Artigo 27.  Faltas leves

Son faltas leves:

a) Bloquear ou entorpecer o labor de quen presida as reunións ou conducirse de manei-


ra desconsiderada nas intervencións dentro das ditas reunións.

b) Non cubrir os informes ou ou datos solicitados polos órganos de goberno e relaciona-


dos coa súa condición de membro dos ditos órganos.

c) Faltas de asistencia non xustificadas ás reunións a que deba asistir por razón do car-
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

go que ocupe ou non realizar, sen motivo suficiente, actuacións que lle correspondan ou
que lle fosen encomendadas por razón daquel.

d) Calquera outra falta de solidariedade profesional ou colexial e a vulneración de cal-


quera outro precepto que regule a actividade profesional, que non constitúa infracción gra-
ve ou moi grave.

Artigo 28.  Reincidencia

A reincidencia en faltas da mesma gravidade, mesmo cando sexan de distinta natureza,


dará lugar a que a segunda e sucesivas poidan ser cualificadas e sancionadas como do

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43501

grao inmediato superior, sempre que a reincidencia se produza dentro dos prazos que para
a prescrición das faltas sinalan estes estatutos.

Artigo 29.  Clases de sancións

As sancións que se poderán impor son as seguintes:

1. Por faltas moi graves:

Suspensión da súa pertenza ao Colexio Profesional por un tempo comprendido entre un


ano e un día e vinte (20) anos.

2. Por faltas graves:

a) Suspensión da súa pertenza ao Colexio por un período que non exceda un ano.

b) Perda do cargo que desempeñe nos órganos colexiais ou daqueles que desempeñe
pola súa condición de persoa colexiada.

3. Por faltas leves:

Apercibimento.

As sancións anteriores son independentes das que se poidan impor administrativa ou


xudicialmente.

Artigo 30.  Gradación de faltas e sancións


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

As sancións graduaranse en función das circunstancias atenuantes e agravantes delas,


que poden modificar a responsabilidade do inculpado. Cando o infractor teña beneficio
económico, este dato considerarase como agravante para os efectos da determinación da
sanción.

Artigo 31.  Procedemento sancionador

O réxime sancionador previsto nesta norma exercerase de acordo cos seguintes prin-
cipios:

a) Legalidade.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43502

b) Irretroactividade.

c) Tipicidade.

d) Proporcionalidade.

O exercicio da facultade disciplinaria rexerase polo disposto no correspondente regula-


mento de deontoloxía profesional e colexial, que se deberá axustar ao previsto no título IV
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-
cións públicas.

No citado regulamento garantirase a imprescindible audiencia que en todo procedemen-


to sancionador se lle debe outorgar ao suxeito afectado.

A Xunta de Goberno absterase de iniciar ou continuar o procedemento sancionador


se ten coñecemento de que sobre os mesmos suxeitos e polos mesmos feitos se iniciase
procedemento xudicial ou administrativo e mentres non se dite resolución firme sobre eles;
durante este tempo interromperase o cómputo dos prazos de prescrición e caducidade
establecidos.

En todo caso, os feitos declarados probados por resolución xudicial penal firme vinculan
a Xunta de Goberno respecto dos procedementos sancionadores que tramite.

Artigo 32.  Prescrición de faltas e sancións

1. As faltas moi graves prescribirán aos tres anos, as graves aos dous anos e as leves
aos seis meses.
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

2. O prazo de prescrición computarase desde a data en que a infracción fose cometida.


Se a actuación infractora for continuada, computarase desde a finalización da actuación
infractora ou desde o último acto con que a infracción se consume.

3. A prescrición interromperase pola iniciación, con coñecemento do interesado, do pro-


cedemento sancionador, volvendo a correr o prazo se o expediente permanece paralizado
durante seis meses por causa non imputable a aqueles contra os cales se dirixa.

4. As sancións por faltas moi graves prescribirán aos tres anos, por faltas graves aos
dous anos e por faltas leves ao ano.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43503

5. O prazo de prescrición das sancións comeza a contar desde a firmeza da resolución


sancionadora.

TÍTULO VI
Dos recursos

Artigo 33.  Nulidade dos actos e acordos

Respecto dos actos ou acordos dos órganos de goberno dos colexios e do Consello
Galego, considéranse nulos os enumerados no artigo 47.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 8.3 da
Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre colexios profesionais.

Artigo 34.  Anulabilidade dos actos e acordos

1. Son anulables os actos ou acordos dos órganos de goberno dos colexios e do Con-
sello Galego que incorran en calquera infracción do ordenamento xurídico, mesmo a des-
viación de poder.

2. A impugnación de tales actos ou acordos deberase de axustar ao disposto na lexis-


lación sobre procedemento administrativo común das administracións públicas en todo
aquilo que non estea regulado especificamente nestes estatutos.

Artigo 35.  Suspensión de actos ou acordos

Os colexiados ante os Colexios e os colexios ante o Consello Galego, en canto aos


respectivos actos deles, poderán promover a suspensión dos actos ou acordos que se
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

consideren radicalmente nulos ou anulables, na medida que os afecten, con ocasión da in-
terposición do correspondente recurso, ante a Presidencia e Xunta de Goberno do Colexio,
ou a Presidencia e Xunta Directiva do Consello, segundo corresponda.

A tramitación desta petición de suspensión rexerase polo disposto no artigo 117 e se-
guintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das ad-
ministracións públicas.

Artigo 36.  Transmisibilidade

1. A nulidade ou anulabilidade dun acto non implicará a dos sucesivos no procedemento


que sexan independentes do primeiro.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43504

2. A nulidade ou anulabilidade en parte do acto non implicará a das partes del indepen-
dentes daquela, salvo que a parte viciada sexa de tal importancia que sen ela o acto non
tería sido ditado.

Artigo 37.  Conversión de actos viciados

Os actos nulos ou anulables que, con todo, conteñan os elementos constitutivos doutro
distinto, producirán os efectos deste.

Artigo 38.  Conservación de actos e trámites

O órgano que declare a nulidade ou anule as actuacións disporá sempre a conserva-


ción daqueles actos e trámites cuxo contido se tería mantido igual de non se ter cometido
a infracción.

Artigo 39.  Validación

1. O Consello poderá validar os actos anulables emendando os vicios de que adoezan.

2. O acto de validación producirá efecto desde a súa data, salvo que se indique expre-
samente a súa retroactividade, sempre que sexa aceptada polos interesados.

3. Se o vicio consiste na falta de algunha autorización, poderá ser validado o acto me-
diante o outorgamento desta polo órgano competente.

Artigo 40.  Recursos administrativos

Os acordos dos órganos de goberno do Consello Galego serán impugnables en alzada


CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

ante o Consello Xeral. A resolución porá fin á vía administrativo-colexial, e quedará expedita
a vía para que poidan ser directamente impugnables ante a xurisdición contencioso-adminis-
trativa, conforme a Lei reguladora da dita xurisdición e en canto estean suxeitos ao dereito
administrativo.

Artigo 41.  Recurso de alzada

O recurso de alzada que proceda contra os acordos dos órganos dos colexios ou do
Consello Galego deberase interpor no prazo dun mes seguinte a data de adopción, ou á
de notificación ou publicidade, se for posterior a aquela, e deberá ser resolto polo órgano a
que vaia dirixido, no prazo de tres meses contados desde a súa interposición.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43505

Se non for resolto no dito prazo, entenderase desestimado e quedará expedita a vía
contencioso-administrativa.

Artigo 42.  Suspensión da execución

A interposición do recurso de alzada non suspenderá a execución dos acordos impug-


nadosj27

, salvo que a suspensión se acorde conforme o disposto nestes estatutos.

Artigo 43.  Lexitimación

Os acordos dos órganos de goberno dos colexios e do Consello Galego poderán ser
impugnados por todos aqueles que sexan titulares dun dereito ou interese lexítimo.

Artigo 44.  Normas subsidiarias

Para o exercicio e trámite destes dereitos e recursos, en todo aquilo que non se deter-
mine nestes estatutos, observarase o que, en cada momento, veña disposto na lexislación
sobre o procedemento administrativo común das administracións públicas, no relativo á
lexitimación, actos presuntos, instrución e finalización do procedemento e recursos admi-
nistrativos.

TÍTULO VII
Modificación e interpretación dos estatutos e disolución do Consello Galego

CAPÍTULO I
Modificación e interpretación dos estatutos
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Artigo 45.  Modificación.

Estes estatutos poderán ser modificados, total ou parcialmente, cando así o acorde a
Xunta Directiva do Consello Galego, pola maioría absoluta dos votos. Será necesaria a
ratificación do acordo favorable pola maioría dos colexios afectados, a través das súas
asembleas xerais, sempre que estes representen a maioría dos colexiados da profesión
en Galicia.

As modificacións estatutarias así efectuadas serán sometidas, para a súa plena efecti-
vidade, á Xunta de Galicia para a súa aprobación mediante decreto.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43506

Artigo 46.  Interpretación

A facultade de interpretación destes estatutos compételle á Xunta Directiva do Consello


Galego.

CAPÍTULO II
Disolución do Consello Galego

Artigo 47.  Procedemento

A disolución do Consello Galego requirirá a proposta inicial da súa xunta de goberno,


por acordo da maioría absoluta dos seus membros, ou ben por iniciativa da maioría de
colexios afectados que representen, pola súa vez, a maioría dos colexiados da profesión.

Para resolver sobre tal proposta, convocaranse as asembleas xerais dos colexios, con
carácter extraordinario, especialmente con este obxecto, para que procedan á súa ratifi-
cación. Será necesario o acordo favorable da maioría dos colexios afectados, sempre que
estes representen a maioría dos colexiados da profesión en Galicia.

Artigo 48.  Destino do patrimonio colexial

O patrimonio do Consello Galego, en caso de extinción, integrarase no patrimonio dos


respectivos colexios que formen parte do Consello no momento da extinción, en proporción
ao último Censo de colexiados de cada colexio ou, na súa falta, na institución de carácter
profesional que acorde a Xunta Directiva do Consello.

TÍTULO VIII
Das relacións do Consello Galego
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

Artigo 49.  Das relacións cos colexios de mediadores de seguros

Os colexios de mediadores de seguros pertencentes ao Consello Galego dos Colexios


de Mediadores de Seguros de Galicia terán que notificar á Secretaría do Consello:

a) Os seus respectivos estatutos e modificacións.

b) Os nomes dos compoñentes das súas xuntas de goberno.

c) A relación de colexiados, exercentes e non exercentes, o 31 de decembro de cada


ano, e as altas e baixas que se produzan, con indicación da causa destas últimas, co
obxecto de poder levar o correspondente Censo de mediadores.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43507

d) As sancións disciplinarias que impoñan, o cumprimento e a cancelación destas.

Artigo 50.  Das relacións coa Xunta de Galicia, institucións e entes públicos galegos

O Consello Galego terá que comunicarlle á consellería competente en materia de co-


lexios profesionais:

a) O texto dos seus estatutos e as súas modificacións, que se deberán aprobar con-
forme o establecido no artigo 28 da Lei 11/2001, de colexios profesionais da Comunidade
Autónoma de Galicia.

b) As persoas que integran o Consello, con indicación dos cargos que ocupan, así como
todas as modificacións que se produzan na composición da Xunta Directiva.

O Consello Galego, sen prexuízo das competencias dos colexios que o compoñen,
colaborará coa Xunta de Galicia, institucións, organismos, sociedades ou equivalentes,
dependentes dela, universidades ou entidades locais, en todas aquelas actividades que
repercutan no coñecemento e beneficio da mediación de seguros en Galicia.

Disposición adicional primeira

Correspóndelle ao Consello Galego dos Colexios de Mediadores de Seguros de Galicia


a regulamentación, o desenvolvemento e a interpretación destes estatutos, así como velar
polo seu cumprimento.

Disposición adicional segunda

Con carácter supletorio, será de aplicación o Estatuto do Consello Xeral dos Colexios
CVE-DOG: hx3f8og6-twk4-jto7-meb7-7ilfklnsgx73

de Mediadores de Seguros en todos aqueles aspectos que non estean recollidos nestes
estatutos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like