Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 68

REVISTA ANUAL DO CEIP PLURILINGÜE DE CEDEIRA Nº31 2022

PROXECTO “TEITOS A EITO”


ÍNDICE EDITORIAL
Editorial……..………..……………………….……..2 Un curso case “normalizado”
Letras Galegas Conseguimos chegar a este final de
Florencio Delgado Gurriarán….…..……..3 curso coa impresión de que todo o que pasou
Educación Responsable foi un mal soño do que por fin imos espertan-
do. Pero non foi un soño… viuse nas cariñas
Centro Graduado……………………...….…...9
do alumnado que empezou a sacar as másca-
Proxecto “Teitos a eito” ras e recuperar as expresións habituais. Ledi-
Construíndo a nosa lingua….…..……....10 cia, medo, tristura, asombro, interese… que
Así o viron @s nen@s gusto poder percibilo de novo.
Xincana de retos………….........................14 Este curso empezamos a ser plurilin-
Xogos populares ..................... …………..15 gües e a lingua inglesa empregouse na plásti-
ca de educación infantil, 1º e 2º de EP, gra-
Festa dos Maios ................................. ….16
zas ás profes Elena e Mercedes. Por certo…
Obradoiro de Xardín………………………..18 Mercedes, a nosa profe de inglés desde fai 22
Plantando árbores con pinceis………..20 anos, déixanos para “pasar a mellor vida”,
Feira do libro……………………………...…….22 seguro ten moitas cousas que facer e disfru-
Xa rematou o curso, estamos en 5º..23 tará ao máximo do tempo .

Así o viron @s nen@s: saçodas Seguimos traballando para que as ins-


Soutomaior: un castelo de conto…....26 talacións do colexio melloren e, grazas á in-
tensa colaboración da Anpa, acadamos un
CIFP Manuel Antonio………………………..37
compromiso da Consellería para a substitu-
Mosteiro de Carboeiro……………………..38 ción da cuberta do patio que, de seguir os
Praia de Cesantes……………………………..40 prazos previstos, debería efectuarse antes de
Illa de San Simón e San Antón…….…..42 finalizar o ano. Aínda que esta mellora é im-
Recuncho lector portante, non deixamos de reclamar a cons-
trución dun ximnasio e a mellora da pista.
Recomendacións da biblioteca….…....45
Recuperáronse parte das actividades
Colaboración Radio Redondela. ....... 46
extraescolares polas tardes, tamén as saídas
Creación literaria
didácticas durante o curso, os recreos sen
Poemas con rimas……………………….…...48 máscaras, as titorías presenciais, etc. E sobre
Recuncho gastronómico todo, as gañas de seguir facendo cousas que
MasterChef en Cedeira…………………....52 axuden a que o alumnado de Cedeira siga
aprendendo e sendo feliz no colexio e compe-
Cociña saudable…………………………..…..57
tente ao chegar á ESO, como xa vén sendo
Recuncho científico habitual dende fai anos.
II Semana Stem………………………………...58
Somos un centro do rural, cun entorno
Pasatempos envexable e unha comunidade escolar mara-
My home……………………………………………63 billosa; formamos persoas competentes e
Lembranzas responsables que respectan aos demais e
6º E.P.: Camiñar é facer camiño!….....64 dende un ensino público de calidade.
Seguimos adiante! Bo verán!

2
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Florencio naceu na aldea de Córgomo no


concello ourensán de Vilamartín de
Valdeorras o 27 de agosto de 1903. Era fillo
de Florencio e Consuelo e o menor dos
cinco fillos que tivo o matrimonio.

Trasladouse xunto co resto


da familia a Ourense,
Palencia e Valladolid onde
foi destinado o seu pai que
era profesor da Escola de
Enxeñeiros Agrónomos.

En Valladolid fixo
o servizo
militar e cursou
a carreira de
dereito.

3
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

En 1928 a familia regresou a


Córgomo e Florencio comeza
a traballar como pasante nun
bufete de avogados do Barco.
Neste tempo, escribe moitos
versos e publica artigos
xornalísticos co pseudónimo de
Corgomófilo.

GALEGUISTA En Valdeorras iníciase na


IRMANDADE
política, participa en xuntanzas
republicanas e pasa a formar
parte da Irmandade Galeguista
Valdeorresa como representante
de Córgomo. En 1930 comezan
a celebrar en Valdeorras a
Diada de Galiza.

En 1933 Florencio afiliouse ao


Partido Galeguista onde exerce
o cargo de Secretario de
Propaganda da executiva.
Nesta época coñeceu a Castelao,
ao que lle dedicará o libro:
“O soño do guieiro”.

4
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

A Editorial Nós publica en 1934


o primeiro libro de Florencio:
“Bebedeira”, unha escolma de
32 poemas dedicados á súa terra
de Valdeorras. O libro foi moi ben
acollido pola crítica.

Co comezo da Guerra Civil,


Florencio ten que fuxir de
Valdeorras e despois de pasar
por Valladolid, Portugal e
Francia, chega en 1938 a
Barcelona, onde se alista no
exército sendo tenente do
Servizo de Información.

Despois da derrota do exército


republicano, Florencio, xunto
con case mil pasaxeiros máis,
embarca no buque Ipanema con
destino ao porto de Veracruz
(en México), onde iniciará o
seu exilio.

5
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

O partido galeguista edita en


México, en 1943, o cancioneiro da
Loita Galega, no que colabora
Florencio con poemas
relacionados coa Guerra Civil
e a resistencia antifranquista.

Florencio, ao chegar a México,


tivo múltiples empregos ata que
chegou a unha empresa
farmacéutica na que traballou
ata a súa xubilación.
Casou con Celia Teixeiro,
filla de emigrantes galegos,
coa que tivo cinco fillos.

Colaborou facendo traducións ao


galego de poetas franceses no
volume “Poesía inglesa e francesa”,
publicado pola Editorial Galaxia en
1946, que foi premiado pola Federa-
ción das Sociedades galegas da Ar-
xentina.

6
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Foi un dos creadores do


RADIO programa radiofónico
en galego “A hora de Galicia”
que estivo en antena en
México todos os domingos
durante case 20 anos.

Tamén foi un dos fundadores, en


1959, da revista en galego: “Vieiros”,
con Luis Soto e Carlos Vélez.
Deixouse de editar en 1968 despois
de publicar catro números.

“Galicia infinda”, publicada pola editorial


Galaxia en 1963, onde exhibe unha boa
parte dos seus poemas de posguerra.
Están agrupados en 5 partes: Cantarenas,
Valdeorras, Castiñeiros, Varia e Poemas
mexicanos.

“Cantarenas”, publicado en 1971


por Edicións do Castro, recolle po-
emas de Bebedeiras e outros no-
vos, Valdeorresas e Dionisias.
O tema central dos seus poemas son
as terras de Valdeorras e o mundo
da viña.

7
Letras Galegas

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

“O soño do guieiro”, publicado por


Edicións do Castro en 1986, está
dedicado ao seu amigo Castelao, e
recompila poesías de loita e combate
da Guerra Civil, da posguerra e do
exilio.

En 3 ocasións volveu Florencio a Galiza. Na súa última visita, en


1981, foi recoñecido nun acto celebrado no Casino do Barco de
Valdeorras, como membro correspondente da Real Academia
Galega.

Florencio faleceu en Fairy Oaks,


California, Estados Unidos,
o 14 de maio de 1987, cando
visitaba a unha das súas fillas.
As súas cinzas foron trasladadas
a Córgomo o 12 de xullo dese
mesmo ano.

3º de priamaria

8
Educación Responsable

O CEIP DE CEDEIRA: CENTRO GRADUADO

“ALÉN, LOITA E ACARIÑA”


Xa levamos catro cursos sendo conscientes de que as emocións
son esenciais para levar a cabo o proceso educativo. Por iso
procuramos ter en conta o aspecto emocional en cada momento
das nosas vidas.
Traballamos as emocións como eixe transversal e un exemplo
foi este contacontos que nos ofreceu Yolanda Neira.

9
Proxecto “Teitos a Eito”

CONSTRUÍNDO A NOSA LINGUA

Grazas, grazas, grazas familias pola gran participación deste ano en


todos os retos propostos dende o Equipo de Dinamización da Lingua
Galega. Os obxectivos están cumpridos: implicar ás familias, que pais,
nais, fillos e fillas traballen xuntos; e promover o uso da nosa lingua en
actividades que teñan ademais unha compoñente emocional .

Proba superada!!!
RETO Nº1: TINTEIRO CONSTRUTOR

10
Proxecto “Teitos a Eito”

CONSTRUÍNDO A NOSA LINGUA

RETO Nº2: RECONSTRÚEME

RETO Nº3: A PAZ CONSTRÚESE CON...

11
Proxecto “Teitos a Eito”

CONSTRUÍNDO A NOSA LINGUA

RETO Nº4: CONSTRUÍMOS O XARDÍN DE ROSALÍA

RETO Nº5: CONSTRUÍMOS A NOSA LINGUA

12
Proxecto “Teitos a Eito”

CONSTRUÍNDO A NOSA LINGUA

RETO Nº 6: TEITOS A EITO

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén! Manuel María

13
ASÍ O VIRON @S NEN@S

XINCANA DE RETOS

Os nenos e nenas de 1º de primaria participamos nunha xincana moi divertida. En equipos, tive-
mos que construír un puzle, clasificar animais, resolver crebacabezas e incluso contar moedas
reais que estaban dentro dun cofre. Foi un día xenial xa que puidemos traballar en grupos e ao
aire libre.

O mellor deste xogo é que ningún grupo é o gañador, xa que, cando aprendemos mentres o

pasamos ben, gañamos tod@s .


1º de primaria

14
Así o viron @s nen@s

EDUCACIÓN FÍSICA: XOGOS POPULARES

Este curso escolar, dende a área de Educación Física, tivemos


a gran sorte de poder contar con xoguetes tradicionais. Este
xoguetes foron cedidos polo colectivo Lúa Meiga.
Grazas a este colectivo o alumnado do Ceip plurilingüe de
Cedeira puido gozar de xoguetes tan divertidos como os
zancos, as carrilanas, as buxainas, os aros…

15
Así o viron @s nen@s

A FESTA DOS MAIOS

A ANPA ELABOROU OS MAIOS COA COLABORACIÓN DO ALUMNADO


Este curso os maios foron elaborados polas familias que, durante varias tardes, fixeron
unhas construcións ben chulas, empregando os materiais que previamente recolleron os
nenos e nenas da escola. Coma sempre utilizaron as plantas típicas e tradicionais: fiuncho,
pampullos, calas, ovos, flores, cocas, etc.
Foron uns maios ben reivindicativos e un deles representaba o patio cuberto do colexio,
que non está nas condicións que debera....

16
Así o viron @s nen@s

A FESTA DOS MAIOS

17
Así o viron @s nen@s

OBRADOIRO DE XARDÍN

Este curso fixemos moitas cousas...


Seguimos mantendo a colaboración coa
entidade “Amigos da Terra” que envía a
Jacobo Ojea e aconséllanos novas e
interesantes ideas e vén facer obradoiros
co alumnado. Por exemplo, iniciamos o
sistema de arado «no dig garde-
ning» (non arado da terra), de Charles
Dowding, que resultou de grande axuda.
As familias implicáronse moito e
mandaron moitos cartóns cos que cubri-
mos a horta.

18
Así o viron @s nen@s

OBRADOIRO DE XARDÍN

E seguimos compostando, aprovei-


tando que durante varios meses
tivemos froita na escola e hai moito
resíduo vexetal.
Tamén nos axudaron varias fami-
lias da Anpa, en colaboración coa
Comunidade de Montes, e construí-
ron novos bancais, co que xa dispo-
ñemos de 7, nos que plantamos:
col cale, tomates, pementos,
patacas, flores, fabas, cabazas, etc.
Trouxemos unhas mesas de cultivo,
que utilizamos todos os cursos e
tamén seguimos cos xardíns verti-
cais...
Estamos a tope! Non temos paraxe!
Ata o curso vindeiro!

19
Así o viron @s nen@s

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O alumnado de Cedeira participou no proxecto que desenvolve Afundación cos centros


educativos interesados e que consiste en pintar bolsas de tea e tamén un mural.

“PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS” é un proxecto escolar pola sostibilidade que


une cultura e coidado co medio ambiente a través da realización no centro de Murais
Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticonta-
minación, que absorben o CO2 do ambiente.

20
Así o viron @s nen@s

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Esta iniciativa innovadora ten


como obxectivo achegar ao
alumnado unha mensaxe positi-
va sobre o coidado do entorno,
propoñendo alternativas de ocio
que fomentan o respecto ao
medio natural a través da arte,
cunha metodoloxía participativa
e colaborativa.

As pinturas fotocatalíticas anti-


contaminación son unhas pintu-
ras que nos só non contaminan,
senón que ademais absorben e
depuran os contaminantes que
hai no aire, como os óxidos de
nitróxeno e outros gases conta-
minantes da industria e o tráfi-
co rodado (cada metro cadrado
desta pintura equivale ao efecto
depurativo que achega ao me-
dio ambiente unha árbore adul-
ta).

21
Así o viron @s nen@s

FEIRA DO LIBRO E BIBLIOTECA

Durante este mes de abril, para festexar o día do libro,fixemos a feira do libro. Para
realizar esta feira o alumnado de cada curso fixo unha morea de pequenas obras lite-
rarias que logo expuxeron no seu posto. Durante o tempo de lectura o alumnado do
centro podía saír ao corredor e escoller o libro de calquera compañeiro ou compa-
ñeira do colexio.

E falando de libros, tamén volvemos a gozar da biblioteca. Alí lemos,


xogamos e fixemos contacontos.

4º de primaria
22
Así o viron @s nen@s

XA REMATOU O CURSO. ESTAMOS EN 5º!!!

Cando pensemos no ano en que fixemos 4º de primaria, lembraremos


que non tivo un bo comezo: seguimos coas máscaras, gardando a dis-
tancia, os grupos burbullas, sen poder relacionarnos e sen poder facer
todas aquelas cousas que nos gustan tanto.
Pero, aos poucos as cousas cambiaron e puidemos retomar a nosa
“normalidade” e outra vez volveron ao cole as celebracións colectivas,
as saídas, os contacontos, o traballo en equipo… Todo o que nos gusta!!
Aquí vai un pequeno resumo fotográfico dalgunhas desas cousas que
fixemos este ano e que tanto botabamos en falta.
Na clase, volvemos traballar en grupo.

23
Así o viron @s nen@s

XA REMATOU O CURSO. ESTAMOS EN 5º!!!

Celebramos as festas e realizamos actividades colectivas. Fixemos traba-


llos e exposicións.

24
Así o viron @s nen@s

XA REMATOU O CURSO. ESTAMOS EN 5º!!!

Plantamos na horta, asistimos a charlas e


contacontos, fixemos obradoiros, experimen-
tos e realizamos andainas e saídas.

25
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

HABÍA UNHA VEZ UNS NENOS E NENAS QUE NUNCA PUIDERAN


SAÍR DE EXCURSIÓN POR CAUSA DUN VIRUS QUE MANTIÑA Á
XENTE ILLADA.

UN DÍA DE MAIO ESPERTARON ILUSIONADOS, POR FIN ÍAN


PODER FACER UNHA CURTA VIAXE ATA UN CASTELO DE CONTO.

NON FIXO FALLA DESPERTADOR, NIN ALARMA DE MÓBIL , NIN


QUE O GALO CANTASE NO GALIÑEIRO. ESE DÍA ESPERTARON
CEDIÑO E COLGARON AO LOMBO AS SÚAS MOCHILAS, LISTOS
PARA VIAXAR AO PASADO.

AO BAIXAR DO AUTOBÚS QUEDARON ABRAIADOS

26
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

PARA ENTRAR CRUZARON UNHA VELLA PONTE LEVADIZA.

ATOPARON SALÓNS CON GRANDES CHEMINEAS, CALABOZOS E


ATA A DESPENSA ONDE SE GARDABAN OA ALIMENTOS.

XOGARON NOS PANEIS INTERACTIVOS E DESCUBRIRON QUE ALÍ


VIVIRAN NOUTROS TEMPOS PERSOAXES TAN INTERESANTES
COMO PEDRO MADRUGA OU MARÍA VINYALS.

27
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

TANTO DESCUBRIMENTO DEULLES FAME E SAÍRON AO XARDÍN A

COMER AS DELICIOSAS MERENDAS .

DAS MOCHILAS FORON SAÍNDO BOCADILLOS DE QUEIXO, DE CHOU-

RIZO, DE XAMÓN, DE CHOCOLATE… QUE ENCHERON O AIRE DUN

ARRECENDO APETITOSO.

28
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

SABOREARON TRANQUILOS AQUELES MANXARES.

QUÉ BEN LLES SENTOU AQUEL DESCANSIÑO PARA COLLER FOLGOS!!

29
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

DESPOIS DA MERENDA

CONTINUARON A SÚA

AVENTURA ATA CHEGAR A UN

ESTANQUE NO QUE NADABAN

PEIXIÑOS DE CORES.

E UN POUCO MÁIS ADIANTE

ATOPARON AS SECUOIAS,

ÁRBORES CENTENARIAS CON

TRONCOS TAN GROSOS QUE

FIXERON FALLA TODOS PARA

PODER ABRAZALAS E ESCOITAR

OS SEUS LATEXOS

30
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

NAQUEL CASTELO TAMÉN EXISTÍA UN LABIRINTO VEXETAL MOI

BEN FEITIÑO. E ATA SE LLES APARECEU O TRASNO-COIDADOR DOS

XARDÍNS.

NUN RECUNCHO, PRETIÑO DAS

CAMELIAS, HABÍA PENDURADA

UNHA RANDEEIRA QUE SEMELLA-

BA SAÍDA DOUTRA ÉPOCA.

DISFRUTARON DELA TODO O QUE

PUIDERON, ATA QUE A CHOIVA

DECIDI U A PARECER PARA

ESTRAGAR O DIVERTIDO MOMEN-

TO QUE ESTABAN A VIVIR.

31
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

ASÍ QUE, ACOMPAÑADOS POLAS FADAS, ABANDOARON AQUEL

MARABILLOSO LUGAR ATRAVESANDO UN TÚNEL MÁXICO QUE OS

DEVOLVEU AO AUTOBÚS, A ONDE CHEGARON CANSOS , ALGO

MOLLADOS PERO INMENSAMENTE SATISFEITOS E FELICES.

E MÁIS SECA CA MOLLADA,

ESTA VIAXE, XA ESTÁ CONTADA!!

32
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

ASÍ VIRON O CASTELO OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS

SOFÍA MARTÍN

ADÁN ROMEO

33
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

MARA MALENA

JUAN XOEL

34
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

ENZO ANXO

LEIRE IRIA

35
Así o viron @s nen@s: saídas

SOUTOMAIOR: UN CASTELO DE CONTO

CLARA ÁLEX

QUE GANA TIÑAMOS XA DE IR DE EXCURSIÓN. OS DE 3 E


4 ANOS PORQUE NON FORAMOS NUNCA, E OS DE 5 ANOS
PORQUE XA NIN LEMBRABAMOS AQUELA TAN LONXANA
DO 2020, XUSTIÑO NAS PORTAS DO CONFINAMENTO.

O ANO QUE VÉN PROMETÉMOSVOS MÁIS SAÍDAS.

QUE GUSTO VOLTAR Á NORMALIDADE!!

36
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA AO CIFP MANUEL ANTONIO

Os alumnos e alumnas de 4º de primaria vistamos o Centro Integrado de


Formación Profesional “Manuel Antonio”, en Vigo, para realizar un obradoi-
ro de pizzas e recibir asesoramento sobre alimentación saúdable. Tamén
fixemos pan.
Comemos e bebemos a fartar, e áinda trouxemos unha mostra para a
casa.

37
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

O alumado de 4º, 5º e 6º visitou o Mosteiro de Carboeiro, onde realizou


diversas actividades relacionadas coa arquitectura e a construción. Tamén
fixeron unha andaina ata a fervenza do río Toxa onde disfrutaron dunha
paisaxe espectacular.

38
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

39
Así o viron @s nen@s: saídas

EXCURSIÓN Á PRAIA DE CESANTES

As saídas á contorna proporcionan ao alumnado unha interacción co entor-


no e co medio natural e desenrolan o interese, a curiosidade e actitudes de
participación e responsabilidade no coidado e conservación dos hábitats.

Para despedir o curso, o alumnado de Educación Infantil realizou unha saí-


da á Praia de Cesantes onde estivemos paseando e coñecendo a Illa de
San Simón e a Illa de San Antón. Aínda que o tempo non foi a mellor parte
pasámolo xenial!!

40
Así o viron @s nen@s: saídas

EXCURSIÓN Á PRAIA DE CESANTES

Merendamos, xogamos no parque e aproveitamos para estar todos e todas


xuntos celebrando a volta á convivencia e a normalidade.

41
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

No mes de xuño e pensando que ía facer bo tempo, o alumnado de 1º, 2º e 3º de pri-


maria, sae a coñecer as illas de San Simón e San Antón, ambas unidas por unha ponte.
A viaxe comezou pasada por auga pero con boa roupa e moitas ganas agardamos o
noso barco a cuberto.

Foi moi emocionante ver chegar o barco, algúns estabamos nerviosos porque nunca
foramos nesta embarcación.
A travesía foi xenial porque puidemos subir á parte alta do barco e sentir o mar de
preto. Tamén aproveitamos a viaxe para repoñer forzas.

42
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

Cando chegamos a San Simón, dous monitores ensináronnos todas as curiosidades da


illa e aprendemos que ao longo da súa historia foi empregada como mosteiro, lazareto,
cárcere e fogar para nenas e nenos orfos.

Á volta, tivemos tempo para visitar a Praia de Rande, onde atopamos unha morea de
cunchas e investigamos os seres vivos que habitan alí. Tamén aproveitamos a ocasión
para ver a Ponte de Rande dende outro punto de vista.

43
Así o viron @s nen@s: saídas

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

A nosa viaxe rematou coa visita ao Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio


Cultural de Rande, máis coñecido como Meirande.

O mellor desta viaxe foi compartir tempo cos amigos e amigas do cole e aínda que o
tempo non acompañou, a compañía foi inmellorable.

44
Recuncho lector

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

45
Recuncho lector

COLABORACIÓN CON RADIO REDONDLEA

RECOMENDACIÓNS CATIVAS
Durante o curso 2021-2022 estivemos facendo recomendacións lectoras para a
sección de Radio Redondela: Recomendacións cativas. Consistiu en gravar pequenos
podcast resaltando as características dun libro para que outros lectores tamén se
animen a lelo. Os podcast remataban coa lectura da primeira páxina do libro. As gra-
vacións emitíronse en Radio Redondela e logo quedaron colgadas na páxina web onde
se poden volver a escoitar.

https://www.radioredondela.com/seccions/recomendacions-cativas/

46
Recuncho lector

COLABORACIÓN CON RADIO REDONDLEA

47
Creación literaria

POEMAS CON RIMAS

No presente curso escolar o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo a


traballar nun taller de poesía.

Os poemas son textos curtos que moitas veces riman, aínda que non é obri-
gatorio. Os versos son liñas que forman un poema.

A tarefa que tiñan que levar a cabo os nenos e nenas consistíu na creación de
poemas en galego, formados por 4 versos e cun esquema de rima ABAB

Primeiro, establecéronse terminacións de palabras habituais e asignáronse


cores para cada unha.

osa ín iño ar azo

elo aría ón ada exa eiro

Logo, en anacos de papel de distintas cores o alumnado buscou palabras


que remataran nesas mesmas letras.

48
Creación literaria

POEMAS CON RIMAS

A continuación, cada grupo fixo unha posta en común para eliminar aquelas
palabras repetidas e buscar novas no caso de que fora necesario.

Despois, cada un elixiu dúas cores coas súas correspondentes terminacións, co-
locou as palabras ao final de cada verso e escribiu un poema. Cando alguén preci-
saba axuda, creabano entre todos os do grupo.

Estas foron as creacións e os debuxos de cada neno e nena, unha vez corrixidas e
escritas en limpo.

A ROSA VELENOSA A PERRUCARÍA E A PERFUMARÍA

Eu collín unha rosa Había unha perrucaría

no mes de xaneiro, de cor marrón

resultou ser velenosa e unha perfumaría

e tireina en febreiro. cun gran corazón.

IZAN UBEIRA MARTÍNEZ VALERIA MARTÍNEZ TOUCEDO

49
Creación literaria

POEMAS CON RIMAS

MEU AMIGO MARTÍN O SALMÓN

Meu amigo Martín Eu teño un megalodón

colleu o seu mazo que quere un tomatiño

e deulle a un calcetín pero o seu amigo o salmón

un enorme mazazo. prefire un limonciño.

ÁLEX FREIRE MUIÑOS ALBA DARRIBA MÉNDEZ

A CASA A MOZA

Había unha vez unha casiña Unha moza había moi talentosa
que tiña forma de pantalón que se namorou dun guerreiro,
e despois chegou a avoiña púxose moi celosa
e tróuxose a Ramón. e foise correndo ó perruqueiro.

NAIA CAMPOS BARCIELA DANIEL LAMA MOURIÑO

A PERSOA O NENO QUE FOI Á CIDADE

Unha persoa quería bailar, Eu fun á perrucaría


non encontrou os zapatiños, para cortarme o pelo
entón púxose a cantar e logo a unha ferretaría
e caéronselle os piños. que vendía un martelo.

SAMUEL MONTES DARRIBA LUCÍA GONZALEZ RIOBÓ

50
Creación literaria

POEMAS CON RIMAS

O ENCONTRO O CAMALEÓN

Había unha vez unha osa Un camaleón foi a unha zapataría

e un gran osiño e comprou un gran zapatón

ela púxose moi celosa e despois foi a unha frutaría

e el moi parviño. cantando unha bonita canción.

RAQUEL DARRIBA ALÉN GABRIEL IGLESIAS BASTOS

A PELEXA O MARTELAZO

Un día unha preciosa fada Ó meu amigo Antón

fixo unha gran pelexa déronlle un martelazo,

e nela utilizou unha espada necesitaba algodón

e foi contra unha cangrexa. e sopa nun cazo.

XANDRE BOUZAS CABALEIRO AMAYA COUÑAGO OTERO

O DÍA QUE EU QUIXEN

Este día eu quero


unha xigantesca sombrilliña
cun enorme cero
e unha pequena manchiña.

HUGO CABALEIRO VIÑAS

E finalmente, as producións encadernaronse nun libro que se doou á biblio-


teca do centro.

51
Recuncho gastronómico

MASTERCHEF EN CEDEIRA

NA CLASE DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3


ANOS DESPOIS DE LER O CONTO DE
“COCORICO” DECIDIMOS FACER O SEU
BISCOITO.

PRECISAMOS:

52
Recuncho gastronómico

MASTERCHEF EN CEDEIRA

53
Recuncho gastronómico

MASTERCHEF EN CEDEIRA

1º BATEMOS

54
Recuncho gastronómico

MASTERCHEF EN CEDEIRA

2º BOTAMOS NO
MOLDE

3º METEMOS
NO FORNO

55
Recuncho gastronómico

MASTERCHEF EN CEDEIRA

ASÍ QUEDOU…


TOCA DEGUSTAR !!!

56
Recuncho gastronómico

COAS MANS NA MASA: COCIÑA SAUDABLE

O curso de 5º prepara cogomelos, ao allo e en revolto.

Este ano incorporamos unha alpaca de cogomelos que produciron gran


cantidade deles, así que aproveitamos e fixemos cadanseu obradoiro de
cociña... Menú? Cogomelos.

57
Recuncho científico

II SEMANA STEM

CIENCIA, TECNOLOXÍA, ENXEÑERÍA E MATEMÁTICAS

Aprendemos facendo, expoñendo e explicando.

A Semana STEM forma parte do noso proxecto educa-


tivo e cada ano incorporamos novidades.
Este curso, dende Infantil ata 6º, todos e todas apor-
tamos unha chea de experiencias, retos e experimen-
tos que fixeron as delicias de todo o público asistente,
mesmo as familias, que por fin puideron entrar ao
colexio con normalidade.
O alumnado de 1º e 2º expuxo experiencias de ciencia
e física.

58
Recuncho científico

II SEMANA STEM

Os cursos de 3º e 4º fixeron experiencias de robótica, hidráulica, de ciencias e física.

59
Recuncho científico

II SEMANA STEM

Os cursos de 5º e 6º fixeron experiencias de tecnoloxía, física e retos de robótica.

60
Recuncho científico

II SEMANA STEM

O profe Manu, de educación infantil, preparou unhas experiencias con Makey Makey
para facer sons e música empregando compoñentes de robótica.

61
Recuncho científico

II SEMANA STEM

E para finalizar este Semana “fantástica” tivemos un espectáculo de maxia para pri-
maria, a cargo de Óscar, un mago de “Magia en la manga” que nos deleitou cos seus
trucos“construtivos”. En infantil contaron con “Heroes para la ciencia”, coas que fixe-
ron moitas experiencias.

62
Pasatempos

MY HOME

Busca nas sopas de letras os nomes das 7 habitacións da casa. Na da


esquerda están en inglés e na da dereita están en castelán.

63
Lembranzas

6º E.P.: CAMIÑAR É FACER CAMINO

Unha das cousas que lembrarei son as festas de fin de curso,


coa festa da escuma, os recreos de infantil, as excursións ou os
partidos de fútbol do recreo…
O tempo pasoume voando desde os dous anos que entrei no
cole ata agora, con 11 .
Gracias a todos os mestres por todo o que me ensinaron.
ELOY ALLUT

Aínda lembro cando estábamos en infantil, xogando no


areeiro, cos patinetes e as “carretillas”, facendo manualida-
des e xogando en clase. Lembro, tamén, o paso a prima-
ria… Todas as cousas que aprendín grazas aos mestres e
mestras, todos eles maravillosos.
Non esquecerei aos meus compañeiros, aos que coñezo hai
9 anos e cos que compartín tantos recordos e días, bota-
reinos moito de menos.
É o momento de pasar ao instituto, una nova etapa por
descubrir. Saúdos a este maravilloso colexio de Cedeira.
SARA ALONSO

O primeiro de todo, moitísimas gracias por facerme pásalo


tan ben estes 9 anos. Oxalá poder seguir neste centro xa
que é incrible. Nunca esquecerei aos meus titores e compa-
ñeiros. Quédome con experiencias incribles coma as excur-
sións de infantil a unha panadería, ao multiusos… En prima-
ria cando fomos en 1º a actuar en Santiago de Compostela,
a Silleda, cando José Luís e Arturo dábannos galletas as aga-
chadas no camping do Grove…
Gracias aos meus compañeiros por aguantarme estes nove
anos. Que sepades que vos quero moito, igual que ao centro
e aos titores que tiven. Isto vai quedar coma unha das me-
llores etapas da miña vida.
Simplemente: gracias.
PAULA GONZÁLEZ

64
Lembranzas

O que máis me gustou destes nove anos foron os amigos que


fixen, tanto da miña clase coma doutras. Lembro as excursións,
todo o que aprendín nelas, os Mestres que nos rifaban cando pe-
lexabamos polos xoguetes, tantos recordos e momentos inolvida-
bles. Ao lembrar todo iso entristéceme un pouco…
Grazas a todo o colexio de Cedeira.
ELENA BARREIRO.

Encautoume estar neste cole. Os profesores son moi amables e


os meus compañeiros fantásticos. Nunca esquecerei os momen-
tos nos que pelexabamos polos patinetes, cando me caiu o pri-
meiro dente no areeiro e buscabámolo todos os días. O que me-
nos vou botar de menos é a comida do comedor, ainda que aí
tamén pasei momentos moi divertidas.
NAIA BOULLOSA.

Eu quería darlle as grazas a todos os Mestres porque portáronse


moi ben conmigo; aos meus compañeiros, porque fixeron que
estes 9 anos foran inolvidables.
Houbo momentos tristes, pero en canto a recordos, a gran ma-
yoría son felices: as pachangas do recreo, as excursións… sem-
pre cos meus amigos…
Nunca esquecerei o meu paso por este colexio, grazas.
MARTÍN CONDE.

A verdade que aínda non creo que xa pasaran 9 anos da pri-


meira vez que pisei este colexio. Este cole miroume crecer,
ensinoume moitas cousas e sempre lembrarei coma unha boa
etapa da miña vida.
Aínda recordó coma unha compañeira na graduación de infantil
botou a chorar, pensando que marchábamos do colexio, e to-
dos dicíamoslle que quedaba moito para iso e… xa chegou a
hora.
Sempre estarei agradecida a este centro. Grazas, Ceip de Ce-
deira.
MÉLANI GARCÍA

65
Lembranzas

O que máis lembro son as viaxes no autobús, nas saídas.


Tamén os tremendos partidos de fútbol dos recreos.
Gracias aos meus compañeiros e Mestres, cos que rín moito to-
dos estes anos.
Grazas a todos
HUGO RUBIÑÁN

O que lembro deste colexio son as pachangas dos recreos, e co-


mo pelexabamos en infantil polos patinetes do patio.
Grazas aos meus compañeiros e profesores por ensinarme tanto
estes anos.
HUGO GARCÍA.

Lévome de recordó aos profes, aos compañeiros e aos recreos.


Unha das cousas que máis lembro foi una saída que fixemos e
rematámola cun partido de fútbol na Xunqueira.
BRUNO ALONSO

A piques de rematar o meu paso polo cole de Cedeira dame


moita tristeza despedirme. Sempre recordarei aos profes e
compañeiros cos que estiven. Tamén lembrarei os partidos de
fútbol dos recreos.
Agora vou camiño ao instituto, pero nunca esquecerei este
querido cole no que botei 9 nove anos.
IAGO YÁÑEZ

66
Lembranzas

6º E.P.: CAMIÑAR É FACER CAMIÑO

Estes anos de primaria foron moi importantes para mín. Unha


das cousas que non me esqueceran son os Mestres e compa-
ñeiros. Grazas por ensinarme tanto nestes anos.
Lembrarei o cole e todas as cousas que fixemos nel.

XOÁN LAGO.

Quero darlle as gracias aos meus mestres e mestras e aos


compañeiros por ser tan bos conmigo estes nove anos.
Algúns xa nos coñecemos desde infantil, que pelexabamos
polos patinetes , carretillas, por poñernos na cheminea, ou
na porta…
Cando entramos en primaria todo volveuse un chisco máis
aburrido: en 1º e 2º empezamos con deberes e en 3º e 4º
comezamos cos exámes. A pesar diso eu paseino xenial
nas excursións, coas obras de teatro, facendo os experi-
mentos da semana STEM…
Encantoume estar neste colexio, non o cambiaría por ou-
tro.

CANDELA MARTÍNEZ

No colexio de Cedeira paseino xenial. Divertinme moito nos


recreos. Os meus compañeiros e compañeiras son xeniales,
e non falemos dos mestres. Nas excursións pasábamolo
bomba. Non esquecerei os recreos, que pelexabamos polas
carretillas, polos patíns,… Cando xogabamos á perruquerías,
médicos, cociñeiros…
AINHOA MOURIÑO

Remata unha etapa importante na miña vida, un tempo


onde aprendín moito dos compañeiros e dos Mestres. A to-
dos: grazas.
Non esquecerei todo o que fixestes por min, grazas a to-
dos.
ERIC PENA

67
/
s/ce i pcedeira
ro
unta . gal/cent
x
:// w ww.edu.
http

You might also like