Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

A poesía entre 1936 e 1976.

Xeración do 36, promoción de enlace e a


Xeración das festas Minervais.
1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL

Guerra Civil  ditadura franquista ata 1975. Longo período: ausencia de liberdade,
anulación dos dereitos políticos, culturais ou relixiosos: liberdade de expresión, de
movementos, de reunión, etc.... Para a cultura galega, é un tempo escuro que a partir de 1950,
fundación da editorial Galaxia, semella atopar certa saída. Importante actividade dos exiliados
e emigrantes, garantiron a continuidade da nosa cultura.

2. A POESÍA DE POSGUERRA.

En 1950 coa creación da editorial Galaxia comezará a recuperación cultural galega


desde o propio país. É ademais o punto culminante de varios sucesos positivos, dos últimos
anos 40, que dan conta do lento renacer literario: a publicación de Cómaros verdes, de
Aquilino Iglesia Alvariño, a aparición da colección de poesía Benito Soto, o nacemento da
editorial Bibliófilos Gallegos, a publicación do suplemento semanal La Noche e a edición de
revistas bilingües como Alba ou Mensajes de poesía.

Os 60 e 70 son axitados no terreo político e social. A poesía galega comeza marcada polo
predominio da liña social e de denuncia, que acadará un considerable éxito ata a década
seguinte. A partir dos anos 70 comezan a xurdir colectivos poéticos renovadores.

2.1. A Xeración do 36.

Escritores nacidos entre 1910 e 1920, que viviron a guerra e a plasmaron nas súas
obras; algúns deles publicaron poesía antes de 1936. Nun principio, recoñécense discípulos da
Xeración Nós, pero non tardarán en atopar as súas propias liñas creativas. Maior orixinalidade
cara aos anos 50 ou 60. Un sector deles constituirá grupo poético desde o exilio.

a) Tendencias poéticas da Xeración do 36

1. O Imaxinismo. Iniciada por Amado Carballo, seguida por case todos os autores da
Xeración do 36.
2. O neotrobadorismo. Xorde na preguerra, reelaboración das formas trobadorescas
galego-portuguesas. Xosé María Álvarez Blázquez.
3. O paisaxismo. Continúa a poesía de Noriega Varela, pero visión máis da mística de
paisaxe. Aquilino Iglesia Alvariño.
4. O clasicismo. Forma: volta ó rigor clásico; temas: preocupación existencial e relixiosa.
Destaca Ricardo Carballo Calero.
5. O Socialrealismo. Cultivado polos poetas do exilio Luis Seoane e Lorenzo Varela.
Destaca Celso Emilio Ferreiro, con Longa noite de pedra.
b) Autores.

Aquilino Iglesia Alvariño.

Antes da Guerra Civil cultivou o modernismo, saudosismo e paisaxismo. Cómaros verdes


(1947), primeiro libro en galego na posguerra, no que xa aparecen as características que
definen a súa obra e que confirmou en De dia a dia e Lanza de soedá. Neles descrición do
mundo rural lucense desde unha visión intimista, en composicións de grande diversidade
formal e riqueza léxica.

Celso Emilio Ferreiro.

Máximo representante da poesía social en Galicia. Primeiro libro importante: O soño sulagado.
Temas (constantes na súa obra): o mundo da infancia, o antibelicismo, a desesperanza, a
realidade social, etc. Iniciou o camiño da poesía social en Longa noite pedra de pedra. Os
temas sociais van adquirir maior relevancia neste poemario. A voz do poeta convértese na voz
de toda a sociedade que se identifica coas súas denuncias e ansias de liberdade. A raíz da súa
emigración a Venezuela publicou Viaxe ó pais dos ananos, que é unha forte denuncia contra
sectores insolidarios da emigración galega. O último poemario deste autor é Onde o mundo se
chama Celanova (1975), no que predomina o lirismo, o amor e as súas lembranzas.

Outros poetas da Xeración do 36 son: Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961) ou Carballo
Calero, con Pretérito imperfecto ou Futuro condicional.

2.2 A Promoción de Enlace.

Poetas nados entre 1920 e 1930 e autodidactas pois a guerra civil privounos na
xuventude da información e liberdade. O seu acceso á cultura prodúcese nos anos 40 e as súas
principais influencias poéticas foron os poetas da Xeración Nós, da Xeración do 36 e da
xeración castelá do 27. Carácter pesimista e de desacougo que caracterizan a posguerra
europea.

Antón Tovar. Publicou en galego (varios): Arredores, Non. A súa é unha poesía
intimista na que non está ausente a preocupación política e social.

Luz Pozo Garza. Publicou O paxaro na boca e Concerto de outono, libros


caracterizados pola musicalidade, a dozura, a delicadeza ou a sensualidade. En 1970, publicou
Verbas derradeiras, obra existencialista e caracterizada polo tratamento da soidade, o
abandono e o baleiro.

Manuel Cuña Novás. A súa obra máis influínte é Fabulario Novo, coa que se inaugura a
"Escola de Tebra", e onde mestura poemas de tendencias de preguerra con outros de imaxes
herméticas nos que mostra angustia e desespero. Tebras, terror, escuridade e desacougo
están presentes nesta obra.

Outros autores desta xeración son: Tomás Barros, María do Carme Kruckenberg ou
Eliseo Alonso.
2.3. A Xeración das Festas Minervais.

Poetas nacidos entre 1930 e 1940, que non coñeceron a Guerra Civil. Concepción do poema de
raíz existencial, ofrecen unha visión angustiada e pesimista da existencia humana. Na década
dos 60, co triunfo de Longa noite de pedra, os autores desta xeración evolucionaron cara o
realismo social. Feitos colectivos que destacan: a restauración das Festas Minervais, certame
poético que se volve a celebrar en 1953; colaboran no diario La Noche; participan na creación
da colección literaria Illa Nova; fundan a editorial e o Grupo Brais Pinto; forman parte do
nacionalismo revolucionario.

Manuel María.

Obra mol abundante e de temática moi variada. Iniciou a súa obra con Muiñeiro de brétemas,
que marcou o comezo da Escola de Tebra, que logo continuou con outras obras. A partir de
Documentos persoais, abre a súa poesía á liña socialrealista, tendencia que seguirá
desenvolvendo en numerosos títulos.

Uxío Novoneyra.

A súa obra céntrase na paisaxe da montaña lucense. Visión da natureza chea de misticismo.
Outro tema frecuente é a situación social e política do país. Nos seus poemas é moi frecuente
a utilización do fonosimbolismo. Os seus poemas están recollidos nos libros: Os eidos, Elexías
do Courel, Os Eidos 2, entre outros.

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Máis coñecido pola súa obra narrativa, o ourensán Méndez Ferrín iniciouse como poeta en con
Voces na néboa, que xira arredor da preocupación existencial e relixiosa, e en el aparecen as
súas características máis salientables: o dominio da lingua e o rigor formal e a utilización de
múltiples recursos estilísticos.

Outras obras de son Con pólvora e magnolias, ou O fin dun canto.

Bernardino Graña.

Iniciou a súa obra con Poema do home que non quixo vivir, libro que o inclúe na Escola de
Tebra. Outras obras deste autor móstrannos súa evolución temática: en Profecías do mar
céntrase no mundo mariñeiro de Cangas, en Non vexo Vigo nin Cangas inclúe referencias
ecolóxicas, e en Se o noso mar os peixes... os temas son o amor e o desamor.

Outros autores desta xeración son: Arcadio López Casanova con Palabras de honor, Salvador
García Bodaño con Ó pé de cada hora, e Xohana Torres con Do sulco.

TEMA 6: A PROSA ENTRE 1936 E 1976

1. CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL.

(Mesmo que antes). A editorial Galaxia continuou o camiño iniciado polo Grupo Nós
antes do 1936, reivindicou o galego como lingua válida para calquera materia e promoveu
publicacións como Grial (revista de contidos científicos e culturais) e a Revista de Economía de
Galicia. A cabeza da editorial estaban persoeiros relacionados antes da Guerra Civil coas
xuventudes do Partido Galeguista e que deciden manter unha actitude de resistencia cultural
fronte ao franquismo: Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e
Domingo García Sabell.

2. A NARRATIVA DE POSGUERRA.

2.1. Correntes temáticas e autores.

Liñas na narrativa de posguerra:

 Narrativa continuadora do Grupo Nós: representada por Carballo Calero que publica
A xente da barreira, primeira novela galega da posguerra, que trata da degradación
dunha familia fidalga.
 Realismo popular ou etnográfico: Textos de carácter popular e costumista, que
empregan as técnicas do conto de tradición oral e nos que domina a ambientación
rural. O principal representante é Ánxel Fole.
 Realismo fantástico: Define a narrativa de Cunqueiro, caracterizada pola mestura de
elementos culturais con populares, extraordinarios e marabillosos con cotiás, e reales
con imaxinarios.
 Realismo social: Denuncia da situación de Galicia na época. Destacan Eduardo Blanco
Amor e Xosé Neira Vilas.

Dentro da narrativa realista engadimos o subxénero das memorias de infancia. Podemos


considerar a Xosé Neira Vilas como iniciador deste camiño con Memorias dun neno labrego.

Ánxel Fole.

Un dos grandes mestres da narrativa breve en galego. Milita no Partido Galeguista, pero logo
da Guerra Civil retírase ás terras do Courel. A estancia alí permítelle profundizar no
coñecemento rural e na paisaxe que servirá de marco á súa obra. Nos 50 volveu a Lugo e
uniuse ao proxecto cultural de GALAXIA. Tamén exercerá de xornalista para o diario El
Progreso. A súa obra:

 Á lus do candil: o seu primeiro libro de narrativa. Catorce relatos e un prólog. Uns
personaxes incomunicados por unha nevada empezan a contar contos (14). Temas:
Crenzas populares. Tratados de xeito humorístico, mais de forma amable e cercana ó
pobo.
 Terra brava: mesmo esquema. O narrador atopa un cartafol con contos escritos polo
seu padriño. Temas: similares ó amterior.
 Contos da néboa, Historias que ninguén cree: ambientados nun espazo urbano.

Claves da súa narrativa:

No seu xeito de narrar contos podemos destacar as seguintes constantes:

 Reflexo da realidade galega, especialmente do mundo rural. Plasma as crenzas,


supersticións e lendas que poboan o imaxinario popular galego.
 Recurso ó xeito de contar propio da literatura popular. Utiliza formas apelativas e da
técnica do encaixe (bonecas rusas), introducindo historias dentro doutras, que dará
lugar a varios narradores.
 Naturalismo lingüístico: Reproduce a lingua oral sen fuxir dos vulgarismos e
dialectalismos propios da montaña lucense.

Álvaro Cunqueiro.

Un dos autores fundamentais das nosas letras. Cultivou narrativa, poesía, teatro e destacou en
todos eles. Contribución á narrativa galega importantísima, tanto pola calidade coma pola
difusión e repercusión das súas obras.

Antes da guerra, destacou como poeta vangardista. Despois comezou a súa produción
narrativa. A finais dos 40, logo de ser xornalista en Madrid, regresou á súa vila natal. A partir
desta data, e animado polo seu amigo Fernández del Riego, integrouse no proxecto cultural
galeguista de Galaxia e comezou a escribir as súas obras narrativas en galego.

Características da narrativa de Cunqueiro:


Posuidor dun estilo propio, construíu un mundo literario moi persoal do que destacaremos as
seguintes características:

 Mestura do real co fantástico: parte dun marco realista no que irrompen o fantástico
e o extraordinario.
 Presenza do humor e da ironía: Para distanciarse da materia narrada e humanizar os
mitos que reinterpreta.
 Influencia da narración oral: Digresión estrutura complexa na que as historias se
mesturan con anécdotas e se desvían do asunto principal.
 O reflexo do paso do tempo. Preocupación polo transcurso do tempo, o que provoca
na voz narradora un sentimento de melancolía.
 Intertextualidade: Numerosas referencias a outros textos literarios moi variados.

Narrativa longa:

Merlín e familia: Merlín, retirado no seu pazo, soluciona por medio da fantasía os problemas
dunha serie de personaxes. A narración está posta en boca de Felipe de Amancia, que fora
paxe de Merlín, e que, xa vello, refire de forma retrospectiva os diversos episodios que sempre
seguen o mesmo esquema: chegada dos visitantes ao pazo, relato do problema polo cal
solicitan axuda ao mago e resolución do mesmo por medio das artes máxicas de Merlín.
As crónicas do sochantre: peripecias dun músico de capela (relatadas en 3ª persoa) que vai
nunha carroza a tocar aos funerais dun nobre e que se ve obrigado a viaxar en compañía dun
grupo de personaxes de ultratumba que refiren as súas vidas pasadas.

Se o vello Sinbad volvese ás illas: o personaxe das "Mil e unha noites", é presentado como un
mariñeiro vello que ten que inventar historias para manter o seu prestixio. A novela flutúa
entre a realidade presente do antigo mariño e o soño, do que forman parte os seus relatos.

Narrativa breve:

Escola de menciñeiros, Xente de aqui e de acolá e Os outros feirantes, tres obras que conteñen
breves semblanzas de tipos populares galegos.
Eduardo Blanco Amor

Pasou a maior parte da súa vida exiliado entre Arxentina e Chile. Empezou como poeta
neotrobadorista antes da Guerra Civil. Fixo amizade con Lorca (Seis poemas galegos de
Lorca).

Apoiou a causa republicana e galeguista, que seguiu defendendo no exilio ao sumarse ao


grupo de galeguistas. Volveu a Galicia en 1965 e residiu entre Ourense e Vigo. Seguiu
escribindo e colaborando en prensa deica a súa morte.

Obra narrativa

Certos elementos recorrentes: temas realistas, interese polo mundo da infancia e a


ambientación urbana, sobre todo en Auria (Ourense). Asimila as técnicas narrativas máis
innovadoras xurdidas na primeira metade do século XX.

A esmorga: Unha das mellores novelas da nosa literatura. Nela cóntase as andanzas de tres
esmorgantes: o Castizo, o Bocas e o Milhomes. A súa esmorga dura só vinte catro horas e
discorre por Auria e arredores. Fan de todo (roubos, asasinatos, pelexas, violacións...).
Perseguidos pola Garda Civil, só o Castizo, sobrevivirá á esmorga; pero unicamente para
morrer no cuartelillo logo dun brutal interrogatorio. A lingua popular empregada na novela
vén xustificada pola condición social dos personaxes e polo ambiente dos baixos fondos onde
se desenvolve a acción. Recrea o ton popular poñendo de manifesto o drama do marxinado,
incapaz de ser dono do seu destino por mor dos condicionantes psicolóxicos e sociais.

Os biosbardos. Colección de contos narrados en primeira persoa por protagonistas infantís ou


adolescentes. Transcorren no Ourense de antes da Guerra Civil e trátanse os seguintes temas:
a autoafirmación, a irrupción do marabilloso, a transgresión das normas dos adultos, a
descuberta do sexo...

Xente ao lonxe. Visión da sociedade ourensá de comezos do s. XX. Crónica dunha familia de
obreiros socialistas de Ourense (Auria) desde o nacemento do fillo máis novo ata a inminente
morte do pai, enfermo no cárcere de Burgos. Narrada desde o punto de vista dos fillos
maiores, a acción é moi complexa e reflicte a particular historia dos personaxes principais (as
pésimas relacións de Suso co seu irmán recén nacido e con Evanxelina, o seu enfrontamento
coa sexualidade e co amor...). Numerosas historias secundarias mestúranse ao longo da
narración, recreando ambientes populares, da pequena burguesía, do clero (obxecto de sátira
e ridiculización) e dos baixos fondos.

Xosé Neira Vilas.

Compaxina ata os catorce anos a asistencia á escola cos labores do campo. Traballa logo nun
aserradoiro e estuda Comercio por correspondencia, sempre coa firme vontade de superar a
miseria económica e cultural que o rodea. Emigra a Bos Aires. En 1994 volta definitivamente a
Galicia.

Obra narrativa:
Constante presenza do mundo rural galego de posguerra, dominado pola miseria e no que os
protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que
padecen. Algúns dos temas son a emigración, a explotación que sofren as clases máis
humildes, o caciquismo ou a incomprensión que sofren os nenos. As súas obras pódense
agrupar seguindo dous criterios diferentes: segundo o marco espacial no que transcorren as
historias (Galicia ou América) ou tendo en conta o tipo de protagonista (infantil ou adulto).

Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho: Tres novelas de
protagonista infantil ambientadas en Galicia que constitúen o chamado "ciclo do neno". Na
primeira, a máis coñecida, maniféstanse as inquedanzas e a frustración de Balbino, un rapaz
que vive nun mundo labrego de miseria e represión. Cartas a Lelo, continuación do anterior,
son 25 cartas que Toño -por mediación de Balbino- escribe a Lelo, emigrante no Brasil. En
Aqueles anos de Moncho, aparece un narrador en terceira persoa a través do cal o lector
coñece a historia de Moncho, o protagonista.

Xente no rodicio, A muller de ferro, Querido Tomás: Obras de protagonista adulto en Galicia.
Nas dúas primeiras temos de novo a visión pesimista do mundo labrego. Querido Tomás é
unha historia de amor na lembranza, pero tamén está presente a represión.

Camiño bretemoso, Historias de emigrantes, Remuíño de sombras. Visión dos problemas


xerados a causa do éxodo forzoso: a angustia e a morriña da terra, o illamento e as dificultades
de adaptación ao mundo urbano, a loita por sair da miseria e o compromiso coa revolución.

Neira Vilas tamén é autor de libros para nenos. O cabaliño de buxo, Espantallo amigo, A marela
Taravela, ou Contos vellos pra rapaces novos son algunhas das súas obras de literatura infantil.

TEMA 7: A NOVA NARRATIVA GALEGA.CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS.

1.INTRODUCIÓN.

Nos anos 50 prodúcese unha importante renovación na nosa narrativa debido á


incorporación dun grupo de escritores moi novos que pretenden superar os modelos
existentes ata ese momento e introducir novos temas e técnicas propios dos mais innovadores
autores e correntes literarias. As obras escritas entre 1954 e 1971, pertencentes a esta
xeración de escritores conforman o que se coñece como Nova Narrativa Galega.

Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns e propóñense uns


mesmos obxectivos:

 Renovación da narrativa galega: superar os modelos da Xeración Nós e as


individualidades de Cunqueiro ou Blanco Amor.
 Mantemento dunha actividade cultural e política galeguistas: participan en
actividades culturais comúns, difunden o seu pensamento de existencialista e
marxista, e participan na aparición do nacionalismo galego de esquerdas.
 Total compromiso coa lingua galega: práctica monolingüe en galego.
2. CARACTERÍSTICAS.

Afán renovador tanto desde a punto de vista temático coma formal, fuxindo dos modelos
galegos anteriores. Guiados polos renovadores europeos e americanos, presentan unha serie
de características literarias comúns:

 Temática existencialista: a angustia existencial e o absurdo da existencia, busca


producir desacougo no lector. Presenza da violencia, da liberalidade sexual e fusión
dos mundos reais e fantásticos a través dunha temática variada.
 Emprego de distintas técnicas narrativas que favorecen a distanciamento do
narrador e a aproximación ao personaxe: monólogo interior, o obxectalismo
(relevancia dos obxectos), técnica cinematográfica ou epistolar... Desaparece o
narrador omnisciente en beneficio do narrador en primeira e do multiperspectivismo.
 Abundancia de antiheroes: Protagonistas colectivos ou sen identidade, rexidos polas
forzas hostís dun mundo que os manexan e os marxinan.
 Espazos urbanos. Galiza e o mundo rural deixan de ser o espazo preferente. O mundo
urbano terá limites imprecisos e aparecerá como ameazante, claustrofóbico e
deshumanizado.
 Non hai unha sucesión lóxica dos acontecementos. Os saltos temporais e a
intemporalidade reproducen a existencia caótica dos personaxes.

3. AUTORES E OBRAS.

A maioría comezarán escribindo obras da escola, mais afastáranse desta corrente para
explorar novos camiños.

Gonzalo Rodríguez Mourullo

A súa obra literaria consta de dous volumes: Nasce un arbre e Memorias de Tains. Irrealidade,
pluralidade de voces narrativas, e irrupción do fantástico na realidade cotiá fan que a primeira
delas se considere a que dá Inicio á NNG.

Xosé Luís Méndez Ferrín

A súa obra literaria presenta unha grande unidade. Todas as súas producións manteñen unhas
semellanzas no ton, nos temas e no estilo. Trazos:

 Constante relación entre a realidade e a fantasía: Fábulas cheas de simbolismo que se


desenvolven nun ambiente angustioso, opresivo e, a miúdo, terrorífico.
 Reconstrución e interpretación dun pasado mítico, cultura celta e mundo medieval
artúrico. Lembranza do pasado, con ton épico, pero será unha épica das nacións
derrotadas (Galicia, Bretaña, Occitania...)
 Presenza de distintas formas de violencia, que adoita determinar as relacións
humanas. A brutalidade e a represión policial tamén se reflicten na súa obra.
 Emprego de topónimos e antropónimos de aparencia celta, oriental, nórdica ou latina.
 Intertextualidade con obras doutros autores, galegos, europeos ou americanos e,
especialmente referencias a situacións ou personaxes doutras obras.
 Simboloxía persoal poderosa e recorrente: os insectos, as fiestras, os camiños...

Obra narrativa:

Percival e outras historias. Catorce relatos que conforman o mundo literario do autor. Aparece
o recurso á fantasía e ó misterio que conforman unha atmosfera irreal que leva a relacións
violentas entre os personaxes. O tema existencial está moi presente: reflexiónase sobre a
morte, o destino, o absurdo. É doado apreciar outros temas como represión política ou a
presenza de insectos.

O crepúsculo e as formigas. Novo grupo de relatos con menor peso de fantasía e maior
presenza da violencia. Vense diversas técnicas innovadoras, como o monólogo interior, a
técnica epistolar e a narración obxectiva cinematográfica.

Arrabaldo do norte. Emprégase a técnica obxectalista, moi usada polos autores franceses.

Camilo Gonsar

Inclúense dentro da NNG: Lonxe de nós e dentro, reflexión sobre a morte e a condición
humana, presente a violencia e o absurdo; Como calquer outro día e Cara Times Square (pecha
a NNG segundo algúns críticos).

María Xosé Queizán


Pioneira do movemento feminista galego, estréase con A orella no buraco, que recrea o
deambular dun vagabundo nunha cidade europea.

Xohana Torres

Contribúe á NNG é a través de Adiós, María, nela está presente o monólogo interior e saltos
temporais e anacronías. Nunha lingua coloquial e áxil, María, unha rapaza proletaria, expón a
realidade social da Galiza do posfranquismo.

Carlos Casares

Dentro da NNG incluímos:

Vento ferido, polo uso que fai do monólogo interior e da técnica obxectalista. Doce contos
ambientados, nun marco espacial plenamente galego.

Cambio en tres. Desenvolve un tema tradicional como é o da emigración. O monólogo interior,


as descricións obxectalistas e a liberdade da puntuación e da disposición gráfica do texto dan
conta do seu experimentalismo.

Xoguetes para un tempo prohibidos é unha novela de transición.

You might also like