Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Composicion 4 A construcción do Estado liberal

Durante o reinado de Sabela XX (1833-1868) instaurouse en España o Estado liberal. As diferenzas


e disputas entre os distintos grupos liberais sobre os principios configuradores do Estado,
provocaron frecuentes cambios constitucionais e políticos entre as dúas tendencias: a progresista e
a moderada.

O triunfo fronte o antigo rexime converteu o liberalismo na ideoloxia dominante e dividido en tres
tendencias:
O liberalismo doutrinario, a corren te maioritaria durante o s XIX e os seus trazos definitorios:
-Monarquía constitucional como forma de Estado na que todas as institucións exercen os seus
poderes
dacordo coa Constitución; o poder executivo e a dirección política é exercida pola Coroa, e esta
comparte o lexislativo coas Cortes; poder de suspendelas ou disolvelas recae no rei.
Soberanía compartida da Coroa e a Cortes, que conxuntamente representan á nación.
Restrición da participación política cun dereito a sufraxio restrinxido aos homes máis capaces e
intelixentes. Sufraxio censatario.
-Limitación dos dereitos individuais, que debían figurar por escrito e estar regulamentados.
-Catolicismo de Estado e restrición da liberdade de cultos.

Estes principios foron asumidos, en maior o menor medida polos grupos burgueses pero existiron
diferenzas á hora de poñelos en práctica e causaron a division dos liberais en moderados e
progresistas. As principais diferenzas estaban en: o réxime de dereitos e liberdades, especialmente o
dereito ao sufraxio; a cuestión relixiosa; e a forma e organización territorial do Estado.

Moderados:defenden os principios do liberalismo doutrinario. Exercen máis tempo o poder e


contaron coa predilección dos monarcas e co apoio dos grupos poderosos da sociedade. Foron
defensores da exclusión das masas da participación política impoñendo un restritivo sistema
electoral. Son partidarios dun Estado unitario y centralizado, a través do control da vida municipal
polo goberno central. O seu líder era Narváez.

E os progresistas; aceptan gran parte dos princípios do liberalismo doutrinario, pero reclaman a
primacía das Cortes sobre o rei, a descentralización municipal e unha ampliación das liberdades. E
foron defensores das modificacións lexislativas favorables ao desenvolvemento das actividades
económicas capitalistas. Os seus líderes eran Espartero e Mendizabal.

-Ao longo do periodo comprendido entre o 33 e 74 caracterizase pola sua inestavilidiade politica e
constitucional que presenta diversos trazos

-Unha monarquía constitucional doutrinaria na que a Coroa mantivo un papel hexemónico:


compartía a soberanía e o poder lexislativo coas Cortes. Desde as filas do liberalismo radical
xurdiron algúns partidarios da instauración dunha monarquía constitucional democratica (escollida
por sufraxo universal masculino) ou dunha república federal.

-Estado unitario e centralizado, identificado coa unidade da nación española. Diferéncianse dous
modelos: un ríxidamente centralizado centralizado e xerarquizado, no que a elección dos alcaldes
dependía das autoridades centrais. Outro descentralizado baseado na eección dos alcaldes polos
concelleiros.
-Estado de propietarios que restrinxe a participación política popular. os grupos dominantes só
deron participación política aos propietarios e fixeron do Estado un instrumento para manter os seus
intereses, restrinxiron o sufraxio; evitaron que o goberno dependese da vontade das urnas;
controlaron o nomeamento dos alcaldes; estableceron leis que garantían a propiedade privada;
crearon un corpo especial dependente do goberno, a Garda Civil; crearon un exército de quintas que
se podía evadir por diñeiro; coartaron os dereitos e liberdades; e limitaron a educación que quedou
maioritariamente en mans da Igrexa católica.

-Unha peculiar alternancia dos gobernos. O monarca era quen nomeaba e cesaba os seus ministros,
pero necesitaba a confirmación das Cortes. Como o nomeamento do Goberno era previo á
celebración
das eleccións, este debía gañalas. Ante esta situación o goberno, logo de ser nomeado pola Coroa,
convocaba elección, que invariablemente gañaba grazas ao control e manipulación do sufraxio.

-Inestabilidade constitucional. O número de Constitucións promulgadas en España foi elevado, o


que
indica a incapacidade da clase política para consensuar uns principios políticos básicos aceptados
por todos os liberais. Exemplos de constitucións: Progresista no 1856, non se aproba. Moderada ou
conservadora no 1845. Demócrata no 1869.

-A división do liberalismo en dúas grandes tendencias: a doutrinaria, maioritaria e a democrática,


minoritaria. A súa execución práctica deu orixe a diversos grupos e partidos políticos formados
unicamente por notables.
Os demócratas defendían a soberanía popular, sufraxio universal, dereitos e liberdades amplos,
liberdade de culto, ríxida separación de poderes, elección popular de alcaldes, apoio das clases
medias… O seu líder era Rivero.

-O mantemento do tradicionalismo, foron defendidas tamén as ideas tradicionalistas. O carlismo é


unha ideoloxía e movemento político que defende: o lexitimismo de Carlos de Borbón, o
absolutismo;
o tradicionalismo político, social e relixioso; o foralismo ou mantemento da organización
administrativa tradicional, o que implica o mantemento dos privilexios forais das provincias vascas
e Navarra. Todos estes recóllense no seu lema: Deus, rei e foros.

-Tras a morte de Fernando VII en 1833 Maria Cristina de Borbon convertese en rexente do reino e
intenta buscar apoios nos sectores moderados, promulga un Estatuto real e orixinanse revolucións, e
ante esta situacion confíalle o goberno a Mendizábal, quen realiza reformas socioeconómicas como
a desamortización eclesiástica...
A actuación deste orixina unha forte desconfianza da raíña que o substitúe.

-O réxime progresísta de 1837: elabórase a Constitución de 1837 con principios do liberalismo


progresista,, inspirada na de Cádiz. A rexente María Cristina de Borbón renúncia á rexencia e
exíliase a Francia porque os progresistas impoñen a correxencia con Espartero.. Cando renuncia por
presión á rexencia se adianta a maioría de idade de Sabela II.

-O réxime moderado de 1845: Sabela II gobernou apoiándose en políticos moderados ou


ultramoderados. Durante o seu reinado distinguimos os seguintes periodos:

Década Moderada 1844-54, no 1845 elabórase a Constitución de 1845, créase a Garda Civil,
elabórase unha nova Lei municipal, e asínase un novo Concordato con Roma.
Bienio Progresista 1854-56, comeza con outro pronunciamento militar, noméase a Espartero xefe de
Goberno, e apróbase a Lei de desamortización xeral e a Lei de ferrocarrís.

Década Moderada-Unionista 1856-66, alternase o poder entre moderados, presididos por Narvaez e
ou membros da Unión Liberal. A política da Unión liberal propiciou o desenvolvemento dunha serie
de empresas militares fora de España co obxectivo de prestixiar a monarquía española e lograr a
exaltación patriótica.

Bienio Ultramoderado 1866-68 as discrepancias entre Sabela II e o xefe de goberno O´Donnell


remataron cunha profunda crise política e a súa expatriación a Francia. Narvaez asume a
presidencia e
goberna de forma case ditatorial.
No 1868 a acción da oposición expulsou a Sabela II do trono de España.

En sintese, o réxime político dominante en España foi (agás no sexenio 1868-74) a monarquía
constitucional doutrinaria favorable aos intereses sociais, políticos e económicos das clases
burguesas
e aristocráticas, que mantivo fóra do xogo político á maioría do país. Un réxime oligárquico, cunha
clase política (incluídos os monarcas) de miras limitadas e intransi xentes que pretendía
simplemente
asegurar o seu monopolio do poder e protexer a súa hexemonía social e económica.

You might also like