Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

1) Elabora un esquema coas etapas da Prehistoria

2) Define:
• Prehistoria: Período de tempo transcorrido entre a aparición dos primeiros antepasados do ser humano, en África, hai 5 millóns de
anos, ata a aparición da escritura no IV milenio.
• Hominización: Longo proceso evolutivo no que os nosos antepasados foron adquirindo as características que nos diferencian dos
primates e nos dan a condición de Humanos.
• Nómade: Condición dos grupos humanos que para procurar alimento non podían vivir sempre no mesmo lugar e debían desplazarse.
• Biface: Tipo de ferramenta propia do Paleolítico feita de sílex que tiña unha base redondeada para facilitar o agarre e punta, traballada
polos dous lados para ter doble fío e poder cortar carne, quitar a pel dos animais, etc
• Lasca: Fragmento plano e delgado que se desprende dunha pedra.

3) Ordena de máis antigo a recente os seguintes hominidos:


Australopithecus Homo Homo Homo Homo Ardipithecus
Afarensis Neanderthal Sapiens Erectus Hábilis Ramidus
2 5 6 4 3 1

4) Canto durou o Paleolítico? Que acontecemento marcou o seu inicio e o final?


O Paleolítico comeza coa aparición dos primeiros seres humanos hai 5 millóns de anos ata a invención da agricultura e a gandaría hai uns
10000 anos.

5) Onde vivían os humanos no Paleolítico? De que se alimentaban?


Os homes paleolíticos eran nómades e vivían ao aire libre, en chozas feitas de pólas ou covas. Vívian da caza e da recolección.

6) Que ferramentas usaban no Paleolítico? De que materiais eran?


Facían ferramentas de pedra, principalmente de sílex, óso e hasta de animal: Coitelos, puntas, bifaces, arpóns, anzois…
7) Por que foi tan importante o descubrimento do lume? Para que servía?
Porque permite o avance da humanidade xa que poden iluminar as covas, quentarse, escorrentar aos animais salvaxes, fabricas mellores
ferramentas e, sobre todo, cociñar os alimentos

8) En que crían os humanos do Paleolítico?


Crían nas forzas da naturaleza e nos astros, crían na existencia de espíritos que interviñan nas súas vidas.

9) Cando xurdiu o Arte? Que é a Arte Rupestre?


A arte xurde hai 35000 anos coa decoración con pintura das parecedes e teitos das covas que habitaban

10) Que finalidade tiñan as pinturas do Paleolítico? Cales eran as súas características principais?
Se pensa que servían parte da cerimonia para favorecer (ter sorte) a caza. As súas características principais eran que eran moi realistas, feitas
con varias cores e que non tiñan carácter narrativo

11) Que eran as Venus palolíticas? Descríbeas e explica a sua funcionalidade.


Eran pequenas esculturas relixiosas de mulleres sen cara e cos atributos sexuais desproporcionados; simbolizaban a deusa da fertilidade e se
usaban para favorecer a reproducción.

12) Define:
• Sedentarización: Proceso polo cal os seres humanos establécense nun lugar fixo debido a que aprenderon a cultvar as terras e a
domesticar animais, este proceso marcou o inicio do Neolítico
• Monumentos megalíticos: Grandes construccións de pedra con fins relixiosos de finais do Neolítico e da Idade dos Metais
• Menhir: Gran pedra chantada no chan, posiblemente para rendir culto ao Sol
• Dolmen: Conxunto de grandes pedras formando unha estrutura alintelada (con forma de mesa)
• Crómlech: Grandes recintos circulares compostos de dólmenes e/ou menhires con función relixiosa

13) Cales foron as primeiras especies cultivadas polo home?


No Neolítico aparece a agricultura, as primeiras especies dominadas polo home son o TRIGO en Oriente Medio e Europa, o ARROZ en Asia e
o MILLO e as PATACAS en América

14) Cales foron os primeiros animais domesticados polo home?


O animal domesticado en primeiro lugar foi o can; despois, para a súa explotación como recurso de carne, leite e forza de traballo domestican
á ovella, a cabra, a vaca e ao cabalo

15) Explica por qué o sedentarismo cambiou a sociedade


Porque pasouse de ser nómade a ter que construir aldeas ou poboados permanentes; nesas aldeas teñen que almacenar os excedentes (o
que non comen ou usan inmediatamente) e así aparece a Propiedade Privada e as clases sociais (ricos e pobres)
16) Cando e cómo comezou a Idade dos Metais
Comezou cara o 5000aC cando os Seres Humanos, xa sedentarios, aprenden a fabricar obxectos de metal (Primeiro COBRE, logo misturado
con estaño, BRONCE, e finalmente FERRO)

17) Que cambios supuxo para a sociedade a I.Metais?


O metal é escaso e xurde o comercio para relacionar aos pobos que coñecían tiñan e sabían traballar os metais cos que non o tiñan;
establecendo rutas comerciais que levarán, ademais do propio comercio, relacións intelectuais e culturais entre os grupos humanos. O outro
gran cambio foi a especialización do traballo que xa se veía desde o Neolítico: GUERREIROS que defendan os bens da aldea ou cidade,
SACERDOTES que vivan nos novos templos construídos para os deuses e os propios COMERCIANTES, eles serán a grupo social dominante
mentres o resto terá que traballar duramente para sobrevivir.

18) Cales foron os principais inventos da I.Metais? Para que servían?


Houbo tres grandes avances que favoreceron o desenvolvemento humano de xeito radical: a RODA que permitía trasladar grandes cantidades
de mercadorías; a VELA para desenvolver a navegación; o ARADO para cultivar maiores cantidades de terreno, tirado por animais

19) Onde se atoparon os restos humanos máis antigos da P.Ibérica?


Os máis antigos atopáronse en Orce (Granada), teñen 1,4 millóns de anos de antigüidade pero aínda está en estudio. Os máis importantes
son os atopados en Burgos, na Sierra de Atapuerca, o Homo Antecessor que ten unha antigüidade de 800.000 anos

20) Onde están as principais mostras de Arte Rupestre da P.Ibérica?


As primeiras e principais mostras de arte en España son as pinturas rupestres de Altamira en Cantabria e de Tito Bustillo en Asturias; tamén
hai exemplos de pinturas neolíticas na zona de Levante.

21) Act41. Preguntas sobre o mapa.

-Por que continente se estenderon primeiro os seres humanos? Por África


-A que especies cres que pertencían? Ardipithecus Ramidus, Australopithecus afarensis, Homo
Hábilis, Homo Erectus, Homo Neanderthal e finalmente o Homo Sapiens
-A que continentes pasaron desde alí? O Homo Erectus sae de África e coloniza Europa e Asia;
logo o Homo Sapiens salta de Asia cara Oceanía e América
-Cal foi o último continente a que chegaron? Oceanía, cara o ano 1000dC
-Que especie poboou o continente americano? O Homo Sapiens

22)Act 42. Reflexiona:


-Por que emigraban os nosos antergos? Para atopar alimento xa que cada vez aumentaba máis a poboación
-Que pasaría se os seres humanos non chegasen a sair de África? Que non evolucionaríamos por non ter presión por avanzar e mellorar
-Como pasaron os humanos desde Asia a Norteamérica hai 20000 anos? Camiñando polo Estreito de Bering que estaba conxelado
durante a Glaciación Würm

You might also like