Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Literatura 6

6. A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor,


Cunqueiro e Neira Vilas)

A guerra civil supuxo unha ruptura na narrativa galega e ata os anos 50 a actividade literaria en
galego vaise desenvolver no exilio, sobre todo en Bos Aires. Será nesta década cando comece o
proceso de recuperación da nosa literatura, grazas fundamentalmente ao traballo desenvolvido
pola Editorial Galaxia.

As tendencias narrativas e autores deste período poden agruparse do seguinte xeito:

1. Continuación da prosa da Xeración Nós: esta é a orientación que segue Carballo Calero en A
xente da Barreira (primeira novela publicada na posguerra), ao reconstruír a historia da
degradación dunha familia fidalga. Otero Pedrayo retoma na posguerra o seu labor con obras
como O señorito da Reboraina ou O espello no serán. A temática é a decadencia da fidalguía.

2. A indagación no conto popular: o realismo popular de Ánxel Fole. A súa obra narrativa está
constituída por relatos que xeralmente obedecen a unha mesma técnica: a do conto contado.
Son relatos narrados por personaxes onde outros personaxes escoitan e entre os que con
frecuencia se establece un diálogo.
A Galicia rural é a protagonista. O autor coñeceuna detalladamente: a paisaxe, os costumes, o
xeito de vivir, etc.
Fole incorpora aos seus textos técnicas, recursos e a linguaxe da narrativa oral. Deste xeito as
historias adoitan comezar cunha fórmula introdutoria que marca unha localización temporal ou
espacial, desenvólvense de forma linear e rematan cunha sentenza de carácter didáctico.
Tamén fai unha constante mestura de humor e medo, e tamén de realidade e elementos
fantásticos ou máxicos.
A lingua que emprega é a que se fala nas terras luguesas.

Entre as súas obras destacan:

- Á lus do candil, Contos a carón do lume. Son catorce relatos escritos coa técnica
tradicional do conto oral, de temática baseada na mitoloxía popular de lobos,
aparecidos, meigallos...de ambientación rural e lingua dialectal do Courel.
- Outras obras súas son Terra brava, de características parecidas á anterior e Contos da
néboa, de ambientación urbana.
3. A imaxinación como fuxida ou evasión, manifestada no realismo fantástico de Álvaro
Cunqueiro. Nas súas obras predomina a fantasía, pero sempre entrelazada coa realidade e
achegando á nosa cultura mitos externos. Combina lingua culta e lingua popular e o seu estilo
está influenciado polas narracións tradicionais.

A súa produción narrativa componse das seguintes obras:

- Merlín e familia. Máis que unha novela é unha sucesión de episodios contados por
Felipe de Amancia, paxe do mago Merlín cando este estivo en terras de Miranda, a onde
acoden xentes moi diversas. O Merlín... é unha recreación episódica da materia de
Bretaña desde unha perspectiva galega.
- As crónicas do Sochantre. A acción transcorre na Bretaña francesa e o Sochantre de
Pontivy (músico da capela) actúa como fío condutor da narración (sobe a unha carroza
que o leva a uns funerais, onde viaxan unha compañía de mortos que contan as súas
propias historias).
- Se o vello Sinbad volvese ás illas é considerada como unha novela de personaxe. Sinbad,
personaxe de As mil e unha noites, xa retirado, conta nas xuntanzas as súas raras
aventuras de mariño e decide volver embarcar. O proxecto fracasa e culmina coa
cegueira do personaxe e coa perda da súa capacidade de fabular ou soñar.
- Dentro dos retratos inclúese a triloxía formada por: Escola de menciñeiros, Xente de aquí
e de acolá e Os outros feirantes. Son breves retratos de personaxes populares con toda a
aparencia de seres reais.

4. O realismo social de Blanco Amor. Toda a súa obra narrativa está concentrada nun mesmo
ambiente, Auria: O Ourense de fins do século XIX e comezos do XX. Trátase de revivir a través
do recordo a sociedade na que o autor se criara e que abandonou sendo mozo. Pero debemos
ter en conta que non se trata de obras autobiográficas.

- A esmorga supón o inicio da renovación na narrativa galega de posguerra, tanto na


presenza dos ambientes urbanos marxinais, coma no uso dunha lingua popular propia
destes ambientes coma do uso dunha técnica narrativa innovadora (técnica telefónica).
- Os biosbardos. Son sete relatos narrados en primeira persoa por personaxes
adolescentes ou infantís. Están situados no Ourense de primeiros de século.

2
- Xente ao lonxe é unha radiografía do Ourense de principios de século a través da
experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e
sindical. Técnica e tematicamente é a máis complexa das súas obras xa que ten un
enfoque polifónico, de perspectiva múltiple, pois mestura diferentes narradores. O
principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra.

5. O realismo crítico de Neira Vilas. Máis novo que os anteriores, coincide cronoloxicamente cos
membros da Nova Narrativa Galega (Xeración dos 50) pero a súa produción afástase da destes
autores tanto na técnica como na temática. As súas obras caracterízanse principalmente pola
constante presenza do mundo rural galego de posguerra, dominado pola miseria e no que os
protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que
padecen. Memorias dun neno labrego é a súa obra máis coñecida, forma parte do coñecido
como ciclo do neno xunto a Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.

Nas narracións de protagonista adulto, como por exemplo Xente no rodicio, intensifica a pintura
negra da sociedade campesiña; os personaxes parecen incapaces de escapar do seu mundo de
atraso onde mandan condicionantes políticos e relixiosos. En Historias de emigrantes hai unha
visión dos problemas xerados a causa do éxodo forzoso: angustia, saudade da terra, dificultade
de adaptación ó mundo urbano.

You might also like