Lingua Galega e Literatura - Bacharelato 2, de Avión e López

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 291

2

Lingua galega
e Literatura

Actividades
para o
profesorado

Isabel González Avión


Emilio Xosé Ínsua López
Lingua
e Literatura
Primeiro Curso
de Bacharelato

Actividades para
o profesorado

Isabel González Avión


Emilio Xosé Ínsua López
© 2016 Baía Edicións

© 2016 Isabel González Avión


Emilio Xosé Ínsua López

Edita: Baía Edicións


Polígono Pocomaco, 2ª Avenida
Parcela A2 / 22
15190 A Coruña
Tel.: 981 174 296
Fax: 981 915 698

www.baiaedicions

Distribución:
Consorcio Editorial Galego
pedimentos@coegal.com

Reservados todos os dereitos. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta
obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro
Español de Derechos Reprográficos) se necesita reproducir algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19
70 / 93 272 04 47).
Unidade 1.

Páx. 9
As mudanzas sociais acontecidas nas últimas décadas colócannos perante un escenario en que o
emprego do galego nos ámbitos urbanos, por moi maioritario que aínda quizais sexa no conxunto da
poboación, é percibido como unha excepción. A posibilidade de o sistema educativo reequilibrar a falta
de espazos de relación en galego para facilitar as interaccións e para dotar o alumnado dos recursos
necesarios para se desenvolver neste idioma, convértese nunha necesidade que o conxunto da sociedade
non debe desprezar. A escola sería concebida como aquel lugar en que ampliamos as nosas fronteiras
e acrecentamos competencias de todo tipo, para alén de fortalecer aquelas de que xa dispomos. Dito
doutra maneira, o sistema educativo é un dos receptáculos privilexiados de (in)formación e o seu
aproveitamento debe incluír a construción de espíritos críticos e a eliminación de todas as actitudes
baseadas en preconceptos. E que maior preconcepto existe que ignorar e mesmo gabarse de descoñecer
a lingua propia do lugar onde resides, onde traballas, onde xogas, onde amas?
Goretti Sanmartín Rei, Lingua e futuro.

1. Despois de facerdes unha lectura do texto en voz alta, explicade o seu contido.
Resposta aberta. Na mesma deben recollerse as seguintes ideas:
a) as escolas e os institutos deben servir para que o alumnado teña un medio normal para relacionarse
entre si en galego;
b) o sistema educativo debe fomentar o espírito crítico e contribuír á desaparición de ideas falsas
socialmente estendidas, entre as que están os preconceptos que actúan contra o galego.

2. Explica o significado das seguintes palabras: interacción, acrecentamos, alén de, preconcepto,
gabarse.
• interacción: s.f. Influencia mutua entre dúas ou máis cousas ou persoas.
• acrecentamos: 1ª persoa plural do presente de indicativo de acrecentar: v.t. Facer [algo] máis grande
en importancia, volume, intensidade etc.
• alén de: loc. prep. 1. Máis alá de, para alá de. 2. Despois de. 3. Ademais de.
• preconcepto: s.m. 1. Opinión formada con anterioridade á experiencia e sen fundamento. 2. Opinión
desfavorábel e non obxectiva.
• gabarse: v.p. [Alguén] presumir daquilo que se expresa.

3. No seguinte fragmento cambia o emprego da construción en infinitivo polo presente de


subxuntivo: A posibilidade de o sistema educativo reequilibrar a falta de espazos de relación
en galego para facilitar as interaccións e para dotar o alumnado dos recursos necesarios para
se desenvolver neste idioma, convértese nunha necesidade que o conxunto da sociedade non
debe desprezar.
A posibilidade de que o sistema educativo reequilibre a falta de espazos de relación en galego para que
se faciliten as interaccións e para que dote o alumnado dos recursos necesarios para que se desenvolva
neste idioma, convértese nunha necesidade que o conxunto da sociedade non debe desprezar.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
4
Unidade 1
4. Conxuga cada un dos infinitivos do fragmento anterior e explica por que no texto non presentan
morfemas número-persoais.

reequilibrar facilitar dotar desenvolver desprezar


reequilibrar facilitar dotar desenvolver desprezar
reequilibrares facilitares dotares desenvolveres desprezares
reequilibrar facilitar dotar desenvolver desprezar
reequilibrarmos facilitarmos dotarmos desenvolvermos desprezarmos
reequilibrardes facilitardes dotardes desenvolverdes desprezardes
reequilibraren facilitaren dotaren desenvolveren desprezaren

Os catro primeiros teñen como suxeito unha terceira persoa gramatical (o sistema educativo / o alumnado)
e polo tanto a forma conxugada coincide coa non conxugada. No caso de “desprezar” non é posíbel o uso
do infinitivo conxugado porque forma parte dunha perífrase verbal.

5. Escribe un texto sobre o valor do sistema educativo como ámbito que permite á xente nova
adquirir competencia e interaccionar en galego. Achega unha reflexión sobre a túa propia expe-
riencia.
Resposta aberta.

6. Organizade na aula un coloquio para expoñerdes as experiencias que relatastes no exercicio an-
terior.
Resposta aberta.

I. Sintaxe. Introdución xeral


Páx. 19

1. Pon un exemplo de frases e outro de cláusulas con relación de coordinación entre si; fai o mesmo
con outras que teñan relación de subordinación.
Resposta aberta.

2. Indica dous exemplos de frases que conteñan outra frase ou unha cláusula, indicando que fun-
ción desempeñan estas.
Resposta aberta.

3. Localiza e clasifica as frases do seguinte texto. Procura exemplos de frases substantivas que se
axusten aos seguintes esquemas:
• NUC
• NUC + MOD (fadx)
• NUC + MOD (fprep)
• MOD (fadx) + NUC
• NUC + MOD (cláusula de relativo)

Esta vez, o vento permitiu á máquina estabilizarse sobre o barco naufragado. O piloto foi diminuíndo a
velocidade do rotor e o helicóptero comezou a descender e logo freou oscilando. Debaixo del, un forte

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
5
Unidade 1
remuíño sacudiu a cuberta do barco. As dúas máquinas, a do barco e a do helicóptero, unha agonizando
e outra ao límite das súas forzas, achegáronse.
O copiloto, agarrado fortemente xunto ao portalón, preparou o guinche para lanzar un cabo. Pero nese
momento un rebafo de vento golpeou un lado do aparato, que se abaneou con violencia. O copiloto caeu
ao chan. Abaixo, unha onda embarcou a cuberta e o home que esperaba caeu tamén e foi esvarando
polo cristal inclinado do castelo de proa ata quedar enganchado na ponte. Agarrouse ao que puido e
cando a onda pasou, volveuse a distinguir a súa figura.
Miguel Anxo Murado, Mércores de cinza
esta vez fnom; NOM= vez
o vento fnom; NOM= vento
permitiu fverbal
á máquina fprep (o seu TERM é a fnom a máquina)
estabilizarse fverbal
sobre o barco naufragado fprep (o seu TERM é a fnom o barco naufragado)
o piloto fnom; NOM= piloto
foi diminuíndo fverbal
a velocidade do rotor fnom; NOM= velocidade do rotor (fsubst que contén como MOD a
fprep do rotor)
o helicóptero fnom; NOM= helicóptero
comezou a descender fverbal
logo fadv
freou fverbal
oscilando fverbal
debaixo del Fadv, que ten como MOD a fprep del
un forte remuíño fnom; NOM= forte remuíño (fsubst que contén como MOD a fadx
forte)
sacudiu fverbal
a cuberta do barco fnom; NOM= cuberta do barco (fsubst que contén como MOD a fprep
do barco)
as dúas máquinas fnom; NOM= dúas máquinas (fnom que ten como NOM máquinas)
a do barco e a do helicóptero fnom composta; os NOM son do barco e do helicóptero (frases
preposicionais as dúas)
unha fsubst
agonizando fverbal
outra fsubst
ao límite das súas forzas fprep (o seu TERM é a fnom o límite das súas forzas, que ten como
NOM límite das súas forzas; esta fsubst ten como MOD a fprep das
súas forzas, na que se inclúe a fnom as súas forzas como TERM)
achegáronse fverbal
o copiloto fnom; NOM= copiloto
agarrado fortemente Fadx, co adverbio fortemente como MOD
xunto ao portalón fprep (o seu TERM é a fnom o portalón)
preparou fverbal
o guinche fnom; NOM= guinche
lanzar fverbal
un cabo fnom; NOM= cabo
nese momento fprep (o seu TERM é a fnom ese momento)
un rebafo de vento fnom; NOM= rebafo de vento (fsubst que contén como MOD a fprep
de vento)
golpeou fverbal

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
6
Unidade 1
un lado do aparato fnom; NOM= lado do aparato (fsubst que contén como MOD a fprep
do aparato)
se abaneou fverbal
con violencia fprep
o copiloto fnom; NOM= copiloto
caeu fverbal
ao chan fprep (o seu TERM é a fnom o chan)
abaixo fadv
unha onda fnom; NOM= onda
embarcou fverbal
a cuberta fnom; NOM= cuberta
o home que esperaba fnom; NOM= home que esperaba
esperaba fverbal
caeu fverbal
tamén fadv
foi esvarando fverbal
polo cristal inclinado do fprep (o seu TERM é a fnom o cristal inclinado do castelo de proa, na
castelo de proa que á súa vez se inclúen cristal inclinado do castelo de proa (fsubst),
inclinado (fadx), do castelo de proa (fprep), o castelo de proa (fnom),
castelo de proa (fsubst), de proa (fprep)
quedar enganchado fverbal
na ponte fprep (o seu TERM é a fnom a ponte)
agarrouse fverbal
puido fverbal
a onda fnom; NOM= onda
pasou fverbal
volveuse a distinguir fverbal
a súa figura fnom; NOM= súa figura (fnom que ten como NOM figura)

Exemplos de frases substantivas cos esquemas seguintes:


NUC vez, vento, máquina...
NUC + MOD (fadx) barco naufragado, cristal inclinado
NUC + MOD (fprep) velocidade do rotor, cuberta do barco...
MOD (fadx) + NUC forte remuíño
NUC + MOD (cláusula de relativo) home que esperaba

4. Fai a análise sintáctica das seguintes frases:


• No camiño de volta
• A única cousa que dixo
• De boa gana
• Ben diferentes
• Con cara de espanto
• Podre de cartos
• Un corte que lle cruzaba toda a cara
• Polo camiño vello
• A hora de maior escuridade
• Orgulloso das súas fillas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
7
Unidade 1
frep
rel term

fnom
det nom

fsubst fnom frep

núc mod det nom rel term

fprep fsubst fsubst fadx


rel term mod núc mod mod núc mod núc

fsubst fadx cl fadx fadv

núc núc núc núc

prep + art subst prep subst art adx subst prep adx subst adv adx

no camiño de volta a única cousa que dixo de boa gana ben diferentes

fprep
rel term

fsubst fadx
núc mod núc mod

fprep fprep fnom


rel term rel term det nom

fsubst fsubst fsubst

núc núc núc mod

prep subst prep subst adx prep subst art subst cl

con cara de espanto podre de cartos un corte que lle cruzaba toda a cara

fnom fadx
det nom núc mod

fprep fsubst fprep


rel term núc mod rel term

fnom fprep fnom


det nom rel term det nom

fsubst fsubst fnom


núc mod mod núc det nom

fadx fadx fsubst

núc núc núc

prep + art subst adx art subst prep adx subst adx prep + art pos subst

polo camiño vello a hora de maior escuridade orgulloso das súas fillas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
8
Unidade 1

II. A estrutura da palabra


Páx. 26

1. Indica o lexema ou raíz de cada palabra e engádelle despois outras da súa familia léxica, como
no exemplo
Vender: vend– venda vendedor, revender, invendíbel
molestar, dereita, prezo, lingua, honra, fume, uso, afogo, crer, forma
Molestar molest- molestia, molesto
Dereita dereit- centrodereita, dereitista, dereito, dereitura, endereitar, dereitismo, dereitizar
Prezo prez- desprezar, desprezábel, desprezo, desprezativo, menosprezar, apreciar,
aprecio, apreciación, depreciación, inapreciábel
Lingua lingu- linguateiro, linguaxe, lingüista, trabalinguas, deslinguado, linguado
Honra honr- deshonra, deshonrar, deshonroso, honrado, honradez, honroso, honrar
Fume fum- afumar, botafumeiro, esfumarse, fumador, fumar, fumareda, fumarola, fumazo,
fumegar, fumeiro, fumigar, perfume, perfumar, perfumería, perfumeiro
Uso us- usar, usanza, usual, usufruto, usuario, desusado, desuso, abuso, abusar, abusón
Afogo afog- afogado, afogar, afogamento, desafogar, desafogo
Crer cr- crenza, descrer, críbel, incríbel, crédito, creto, acreditar, credo, crédulo,
incrédulo, crente
Forma form- conformar, conformación, conforme, deformar, deforme, deformidade,
reformar, reforma, formal, informal formalidade, formalizar, formalización,
formación, formato

2. Na seguinte serie de palabras identifica e clasifica os constituíntes:


TÉPEDO: téped (lexema) – o (morfema gramatical de xénero)
XORNALISTAS: xornal (lexema) – ista (morfema derivativo) – s (morfema gramatical de número)

cazadores, xubilosos, verdadeira, inglesa, nacional, fusís, prehistórico, hoteleiro, desarmar

CAZ-A-DOR-ES caz-: lexema; -a-: resto de vogal temática; -dor: sufixo; -es: morfema
gramatical de número.
XUBIL-OS-O-S xubil-: lexema; -os-: sufixo; -o: morfema gramatical de xénero; -s: morfema
gramatical de número
VERDAD-EIR-A verdad-: lexema; -eir-: sufixo; -a: morfema gramatical de xénero.
INGLÉS-A inglés-: lexema; -a: morfema gramatical de xénero.
NACIÓN-AL nacion-: lexema; -al: sufixo.
FUS-ÍS fus-: lexema; -ís: morfema gramatical de número.
PRE-HISTOR-IC-O pre-: prefixo; -histor-: lexema; -ic-: sufixo; -o: morfema gramatical de xénero.
HOTEL-EIR-O hotel-: lexema; -eir-: sufixo; -o: morfema gramatical de xénero.
DES-ARM-AR des-: prefixo; -arm-: lexema; -ar: morfemas verbais (-a-: vocal temática; -r:
morfema de infinitivo).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
9
Unidade 1
3. Clasifica as seguintes palabras segundo sexan simples, compostas, derivadas ou parasintéticas:

agora simple luminoso derivada


repetidor derivada termómetro composta
alugueiro derivada acuático derivada
papaventos composta débil simple
avellentado parasintética ecopacifismo derivada

4. Engade cinco exemplos máis de cada un dos tipos de palabras.


Resposta aberta

5. Forma a familia léxica de persoa, auga, dor e sangue.

persoa persoal, persoeiro, personalidade, personalismo, personalista, personalizar, personaxe,


personificación, personificar, impersoal, despersonalizar
auga augado, auguento, augacento, augada, augadoiro, augallada, augar, augueiro, augaforte,
augamar, augamariña, auganeve, augardente, augardentoso, acuario, acuático, acuoso,
acuarela, acueduto, acuícola, acuicultura
dor dorido, doer, doente, doenza, adoecer, condoer, dolor, doloroso, indoloro
sangue sanguento, sanguinario, sanguíneo, sanguina, sanguinolento, sanguiño, consanguíneo,
consanguinidade, ensanguentar

6. Fíxate nos prefixos ou nos sufixos e localiza o termo intruso de cada serie.

preaviso abeirar anticlerical agoirento alimento


precario abocar anticonceptivo pegañento apartamento
predominar acalorar antílope carraxento lanzamento
prenatal anunciar anticiclón catavento nacemento
presupor apandar antiparasitario fedorento pensamento

Precario: non ten prefixo; as demais palabras teñen o prefixo pre- que ten o valor de ‘anterioridade’ ou
‘precedencia’.
Anunciar: non ten prefixo; as demais teñen o prefixo a-, co valor de ‘proximidade’ ou ‘dirección’.
Antílope: non ten prefixo; as demais teñen o prefixo anti-, que posúe o valor de ‘contra’, ‘oposición’ ou
‘dirección oposta’.
Catavento: é unha palabra composta, de catar + vento; as demais teñen o sufixo -ento, que forma
adxectivos a partir de substantivos con valor de caracterizador.
Alimento: non ten sufixo; as demais presentan o sufixo -mento, que forma substantivos a partir de verbos
co valor de xeral de ‘acción ou efecto de’.

7. Localiza na seguinte relación as palabras que presentan sufixo:


camiño estorniño fociño fresquiño golfiño mainiño
meguiño meiriño paniño pauciño reiciño remuíño
seixiño sentidiño sobriño trasniño veciño velaíño

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
10
Unidade 1
Presentan o sufixo diminutivo -iñ(o) as palabras marcadas en negra, derivadas de fresco, maino, mego,
pano, pau, rei, seixo, sentido e trasno, respectivamente. A palabra golfiño é simple co significado de
arroaz, delfín; presenta sufixo cando é diminutivo de golfo. Pódese interpretar que mainiño, ademais de
diminutivo de maino, é tamén unha palabra simple, variante de maimiño, dedo pequeno da man.

8. Localiza as palabras derivadas por sufixación e/ou prefixación do seguinte texto e indica cal é o
valor do morfema derivativo:
Cando se trata de caracterizar a personalidade colectiva de Galicia ou de Portugal, as palabras “saudade”
e “lirismo” sempre resultan ser as preferidas, talmente coma se traducisen mellor que ningunha outra os
trazos da nosa fisionomía espiritual que chaman a atención dos demais. Pola amplitude e a insistencia
con que se produce, este feito ten para nós un significado orientador, porque é indubidable que as
observacións ou os xuízos que os outros fagan de nós tenderán a destacar aquilo que en nós vexan de
máis privativo, de máis peculiar.
Ramón Piñeiro, Filosofía da saudade
Afixo Valor e uso
caracterizar -izar sufixo que forma verbos a partir de adxectivos e substantivos: escravizar,
cristianizar, civilizar
personalidade -(i)dade sufixo que forma substantivos abstractos co significado de ‘carácter’ ou
‘calidade’: mocidade, obrigatoriedade
colectiva -iva Sufixo en feminino que forma adxectivos a partir de verbos: decisiva,
incisiva
lirismo -ismo sufixo que forma substantivos co valor de ‘doutrina’, ‘sistema’, ‘movemento’
(realismo, expresionismo, cristianismo) ou actitude (egoísmo)
preferidas -(i)das Sufixo feminino plural que forma o participios e/ou adxectivos: decididas,
concedidas
talmente -mente sufixo que forma adverbios de modo a partir de adxectivos, identificadores
ou outros adverbios: felizmente, paseniñamente
espiritual -al sufixo que nos adxectivos indica ‘relación’ ou ‘pertenza’: persoal,
cultural
atención -ción sufixo que forma substantivos a partir de verbos co valor de ‘acción e
efecto’: concentración,redución
amplitude -tude sufixo que forma substantivos a partir de adxectivos indicando ‘estado’:
escravitude
insistencia -(e)ncia sufixo que forma substantivos abstractos: dependencia, importancia
significado -(a)do Sufixo que forma participios e/ou adxectivos: descifrado, configurado
orientador -dor sufixo que forma adxectivos e substantivos a partir de verbos co valor de
‘axente’: organizador, descubridor
indubidable in/im/i- prefixo con valor de ‘negación’ ou ‘privación’: incomunicar, incapacitar,
imposíbel, irreal
-(a)ble/bel sufixo que forma adxectivos frecuentemente a partir de verbos co valor
de ‘capacidade ou aptitude para recibir a acción do verbo’: amábel,
improrrogábel
observacións -(a)ción sufixo que forma substantivos a partir de verbos co valor de ‘acción e
efecto’: tentación, produción
privativo -ivo Sufixo que forma adxectivos a partir de verbos negativo, propositivo,
definitivo, optativo

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
11
Unidade 1
Páx. 27

9. Indica cales das seguintes palabras son substantivos derivados con valor colectivo:
afeccionado, alumnado, armamento, cabaceiro, cancioneiro, cordame, cornamenta, escordadura,
follaxe, goleada, instrumental, notaría, ollada, pancada, pedraría, salame, silabario, soaxe, tornado,
vestiario.

10. Relaciona cada palabra co valor do seu sufixo:


a- balaustrada 3- colectivo
b- bufonada 4- feito característico
c- cazolada 7- cabida dun recipiente
d- colorada 2- calidade
e- lombada 6- golpe recibido
f- machetada 5- golpe dado con un instrumento
g- nevada 1- acción
h- outonada 8- tempo característico

11. O sufixo -nte forma adxectivos e substantivos sobre unha base verbal, co valor de axente ou ca-
racterizador na maior parte dos casos. Os derivados que parten dun verbo da primeira ou segun-
da conxugación manteñen un resto da vogal temática correspondente: camiñar > camiñ-a-nte;
pretender > pretend-e-nte. Os procedentes de verbos da 3ª conxugación poden presentar formas
populares ou cultas, e unirse ao lexema mediante -e-, -ie- ou -i-: reincidir > reincidente; nutrir >
nutriente, concluír > concluínte. Consulta o dicionario se o precisas e completa as seguintes pala-
bras con unha das solucións anteriores:

concluínte contribuínte incidente inconveniente influente


oínte producente recipiente reconstituínte relucente
saínte seguinte sobresaliente transixente vivente

12. Usando os prefixos ANTI-, DE(S)-, EX-, I(M–N)-, POS(T)-, PRE-, TRANS-, forma palabras derivadas
a partir das seguintes, tendo en conta que ás veces pode haber máis dunha posibilidade:
acostumar, adaptación, alpino, alumno, cargar, centrar, ciclón, clásico, clerical, colocar,
concepción, conxelante, corpo, correr, culpar, data, destinar, determinar, electoral, fabricar,
fascismo, figurar, fixar, formación, gobernador, guerra, igualdade, oxidante, par, pegar, perfecto,
persoal, pertinencia, poñer, popular, posíbel, propio, real, sexualidade, vendar, vergoña, vestir,
vincular

acostumar desacostumar
adaptación inadaptación, preadaptación
alpino transalpino
alumno ex-alumno
cargar descargar
centrar descentrar
ciclón anticiclón
clásico posclásico, preclásico

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
12
Unidade 1
clerical anticlerical
colocar descolocar
concepción anticoncepción
conxelante anticonxelante
corpo anticorpo
correr acorrer, descorrer, incorrer, transcorrer
culpar desculpar, inculpar, exculpar
data posdata
destinar predestinar
determinar predeterminar
electoral preelectoral, postelectoral
fabricar prefabricar
fascismo antifascismo
figurar desfigurar, prefigurar, transfigurar
fixar prefixar
formación información; transformación; deformación; preformación
gobernador ex-gobernador
guerra posguerra; preguerra
igualdade desigualdade
oxidante antioxidante; desoxidante
par impar
pegar despegar
perfecto imperfecto
persoal impersoal
pertinencia impertinencia
poñer apoñer, impoñer, pospoñer
popular impopular
posíbel imposíbel
propio impropio
real irreal
sexualidade transexualidade
vendar desvendar
vergoña desvergoña
vestir desvestir
vincular desvincular

13. Usando os sufixos -ANO, -ANZA, -AXE, -EIRO/A, -ES, -ÍA, -IFIC(AR), -ISMO, -ISTA, -OR/-DOR, -TOR
forma palabras derivadas a partir das seguintes, tendo en conta que ás veces pode haber máis
dunha posibilidade:
Albania, acción, antropólogo, avión, avogado, biólogo, Bolivia, burgo, Calvino, carro, clásico,
codeso, comparar, criar, cristián, Cuba, economía, embaixada, esculpir, folla, gabar, Irlanda, Islam,
librar, loar, Lutero, máquina, matar, metro, monarca, Mozambique, oligarca, ousado, plástico,
pluma, plusmarca, Portugal, presentar, real, rego, revisar, rexer, santo, sólido, tarde, tenis, un,
violín, xunco

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
13
Unidade 1
Albania albanés
acción accionista
antropólogo antropoloxía
avión aviador
avogado avogacía
biólogo bioloxía
Bolivia boliviano
burgo burgués
Calvino calvinista
carro carreiro
clásico clasicismo, clasicista
codeso codeseira
comparar comparanza
criar crianza, criador
cristián cristianismo
Cuba cubano
economía economista
embaixada embaixador
esculpir escultor
folla follaxe
gabar gabanza
Irlanda irlandés
Islam islamismo, islamista
librar libranza
loar loanza
Lutero luterano
máquina maquinismo, maquinista
matar matanza, matador
metro metraxe
monarca monarquía
Mozambique mozambicano
oligarca oligarquía
ousado ousadía
plástico plastificar
pluma plumaxe
plusmarca plusmarquista
Portugal portugués
presentar presentador
real realista
rego regueiro
revisar revisor
rexer rexedor
santo santeiro, santificar

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
14
Unidade 1
sólido solidificar
tarde tardanza, tardeiro
tenis tenista
un unificar
violín violinista
xunco xunqueira

Páx. 28

14. Forma palabras parasintéticas combinando prefixos e sufixos cos lexemas que aparecen na co-
lumna central

nobre ennobrecer
terra aterraxe, desterrado
mudo enmudecer
alma desalmado
-ear
en- cacho -izar escachizar
a- podre -ecer apodrentar, apodrecer
des- -ado
re- torpe -axe entorpecer
es- tolo -entar entolecer
lume alumear
terror aterrorizar
vello avellentar, revellecer
temor atemorizar

15. Indica o radical grego ou latino común ás palabras de cada serie; despois sinala o significado de
cada termo completo:

microscopio, telescopio helioscopio


Elemento común: grego -scopio ‘instrumento para ver ou examinar’
microscopio Instrumento para a observación de pequenos obxectos.
telescopio Instrumento para a observación dos corpos celestes.
helioscopio Aparello adaptable aos telescopios, para observar o Sol sen que o seu resplandor dane
a vista.
antropoide, antropoloxía, antropocéntrico, antropófago
Elemento común: grego antropo- ‘home’
antropoide Antropomorfo, de forma ou aparencia humana. Aplícase especialmente aos grandes
primates da familia pónxidos (gorila, chimpancé, orangután).
antropoloxía Ciencia que trata do home no seu aspecto biolóxico e na súa relación co medio natural
e sociocultural.
antropocéntrico Relativo ao antropocentrismo, doutrina ou teoría que considera o home como o centro
de todas as cousas e o fin derradeiro da natureza.
antropófago [Aquel] que come carne humana.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
15
Unidade 1

acracia, democracia, tecnocracia, plutocracia


Elemento común: grego –cracia ‘dominio ou poder’
acracia Doutrina que propugna a abolición de calquera poder e todo principio de autoridade
// Anarquía .
democracia Sistema político fundamentado no principio da elección dos gobernantes polo pobo.
tecnocracia Sistema de goberno no que teñen o poder os tecnócratas.
plutocracia Preponderancia dos máis ricos no goberno do Estado.
taquigrafía, taquicardia, taquímetro
Elemento común: grego taqui- ‘rápido, veloz’
taquigrafía Sistema de escritura rápida a base de abreviaturas e signos.
taquicardia Aumento da frecuencia do latexo cardíaco.
taquímetro Aparello que indica a velocidade da máquina en que vai instalado.
mitómano, melómano, grafómano
Elemento común: grego -mano ‘apaixonado, afeccionado’ / ‘que ten obsesión ou hábitos
patolóxicos’
mitómano Persoa que ten tendencia a mitificar ou a admirar esaxeradamente persoas ou cousas.
melómano Persoa que ten un gran amor e gusto pola música.
grafómano Persoa que ten a manía de escribir calquera cousa sobre calquera superficie.
psicoloxía, psicopatía, psiquiatría, psicanálise, psicodrama
Elemento común: grego psico- ‘alma’; ‘actividade mental’
psicoloxía Ciencia que estuda os estados de conciencia. // Maneira de ser dunha persoa ou
grupo.
psicopatía Nome xenérico dado ás enfermidades que presentan trastornos mentais.
psiquiatría Ciencia que trata das enfermidades mentais.
psicanálise Método para o estudo e tratamento dos trastornos mentais baseado na análise do
inconsciente, creado por S. Freud.
psicodrama Técnica psicoterapéutica, na que se incita ao paciente a representar os seus propios
conflitos como un actor dramático.
arricida, infanticida, uxoricida, homicida, suicida
Elemento común: latín -cida ‘que mata ou extermina’
parricida [Persoa] que asasina algún familiar de primeiro grao, ou os tidos por tales (pai, nai,
fillo ou cónxuxe).
infanticida [Persoa] que asasina un neno ou infante.
uxoricida [Home] que asasina a súa muller.
homicida [Persoa] que causa a morte a outra, de xeito ilexítimo e, polo común, con violencia.
suicida [Persoa] que acaba, ou acabou, voluntariamente coa súa vida.
cefalea, cefalópodo, hidrocefalia
Elemento común: grego cefalo-/-cefalia ‘cabeza’
cefalea Dor de cabeza pertinaz e intensa’
cefalópodo Exemplar dunha clase de moluscos mariños nos que destaca a cabeza, provista de 8-10
tentáculos con ventosas, aptos para a natación.
hidrocefalia Dilatación anormal dos ventrículos do encéfalo por acumulación de líquido
cefalorraquídeo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
16
Unidade 1

tetraloxía, tetrarquía, tetrapléxico


Elemento común: grego tetra- ‘catro’
tetraloxía Conxunto de catro obras dun mesmo autor, que teñen entre si enlace histórico ou
unidade de pensamento.
tetrarquía Goberno de catro.
tetrapléxico [Persoa] afectada de parálise dos catro membros, e de todo o corpo da cabeza para
abaixo.
soporífero, somnífero
Elemento común: latín -fero ‘que leva, contén ou produce’
soporífero Que produce ou favorece o sono. // fig. Que aburre moito.
somnífero [Substancia] que favorece ou produce o sono.
xermanófilo, anglófilo, rusófilo, hispanófilo
Elemento común: grego -filo ‘amigo, amante de’
xermanófilo [Persoa] que simpatiza co alemán ou o admira.
anglófilo [Persoa] que simpatiza co inglés ou o admira.
rusófilo [Persoa] que simpatiza co ruso ou o admira.
hispanófilo [Persoa] que simpatiza co hispano ou o admira.
omnívoro, omnímodo, omnipresente
Elemento común: latín omni- ‘todo’
omnívoro [Animal] que se alimenta de todo tipo de substancias orgánicas. // Que come de
todo.
omnímodo [Cousa] que abrangue todos os modos ou aspectos posibles, que abrangue todo.
omnipresente Que está presente en todas as partes ao mesmo tempo porque ten o don da ubicuidade.
// [Algo abstracto] que está sempre presente. // [Persoa] que está en moitos sitios ou
que intervén en todos os asuntos.
biblioteca, fonoteca, hemeroteca, discoteca
Elemento común: grego -teca ‘lugar onde se garda algo’
biblioteca Local en que se gardan libros ordenados e clasificados, para a súa consulta ou
lectura.
fonoteca Arquivo ou lugar onde se gardan documentos sonoros de todo xénero.
hemeroteca Local onde se gardan e coleccionan xornais e revistas.
discoteca Local público para escoitar música gravada, bailar e consumir bebidas. // Colección
de discos.

16. Indica o valor que teñen as seguintes expresións ou frases feitas:


• Mexar por un: Humillalo, desprezalo.
• Andar o demo na casa: Estar as cousas revoltas ou haber desgustos ou disensións.
• Cubrir o expediente: Simular que se realiza un traballo ou se cumpre unha obriga.
• Dar un paso en falso: Cometer un erro.
• Ter ollos de lince: Ter moi boa vista.
• Non ser trigo limpo: Non ser honrado.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
17
Unidade 1
• Botar a lingua a pacer: Falar sen tino, sen acerto. / Non conterse no falar, falar máis da conta.
• Andar coa area na zoca: Andar desconfiado.
• Ser unha lima: Comer moito / Insistir moito en algo.
• Botar as entrañas: Vomitar.
• Ter moito mundo: Ter experiencia.
• Meter a pata: Intervir inoportunamente.
• Dar polo pau: Dar a razón. / Dicirlle a alguén o que quere oír.
• Irse todo en fume: Quedar en nada o que ofrecía grandes esperanzas.
• Dar o golpe: Provocar admiración.
• Ser agudo como un allo: Ser moi listo ou espelido.
• Mallar en ferro frío: Esforzarse inutilmente por conseguir algo ou convencer a alguén.
• Chamar aos pés compañeiros: Fuxir a todo dar, botar a correr.

17. As palabras que se dan a continuación pertencen á terminoloxía médico-científica. Comezaron a


usarse nos séculos XIX ou XX. Procura no dicionario a orixe e o significado das mesmas.

agorafobia ágora (grego) ‘praza pública’ fobia (grego) ‘temor’


Sensación de angustia ante os espazos abertos.
amigdalite amygdale (grego) ‘améndoa’ sufixo –ite (grego) ‘inflamación’
Inflamación das amígdalas, especialmente as palatinas.
autismo autós (grego) ‘de si mesmo’ sufixo -ismo (grego) ‘fenómeno, sistema’
Trastorno mental que conduce ao individuo a pecharse nun illamento total,
ignorando a realidade do mundo exterior.
avitaminose prefixo a- (grego) vitamina (latín: vita + sufixo –ose (grego) ‘doenza,
‘privación, negación’ amina) estado mórbido’
Enfermidade causada pola ausencia ou déficit de vitaminas.
neuralxia neuron (grego) ‘nervio’ alxia (grego) ‘dor’
Dor intensa ao longo dun nervio do corpo e das súas ramificacións.
nanotecnoloxía nanus (latín) = ‘anano’ techne (grego) ‘oficio’
Tecnoloxía dedicada ao control e manipulación da materia a unha escala menor
que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas.
neurocirurxía neuron (grego) ‘nervio’ kheirourgía (grego) ‘traballo manual’
Cirurxía do sistema nervioso.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
18
Unidade 1
Páx. 29

18. O elemento grego bios entra na formación de numerosas palabras; investiga a que termo corres-
ponde cada unha das seguintes definicións:

Cantidade total de materia viva dun ecosistema Biomasa


Conxunto das condicións climáticas que inflúen sobre os seres vivos Bioclima
Dise da substancia que pode ser descomposta polos seres vivos Biodegradábel
Estudo dos aspectos éticos da medicina e a bioloxía, e das relacións do ser humano Bioética
cos restantes seres vivos.
Estudo dos fenómenos vitais mediante os principios e métodos da física Biofísica
Organismo vivo que se utiliza para indicar o valor da contaminación do aire ou da Bioindicador
auga
Ritmo biolóxico dun individuo Biorritmo
Técnica que busca a obtención de produtos coa aplicación industrial dos procesos Bioenxeñería
biolóxicos
Técnica que utiliza microorganismos para mellorar os produtos agrícolas, industriais Biotecnoloxía
ou farmacéuticos

19. Indica o significado dos neoprefixos que aparecen nas seguintes frases:

Os eurodeputados tomaron onte posesión dos seus cargos euro-: ‘Europa’


Fíxose famosa escribindo manuais de autoaxuda. auto-: ‘por si mesmo,
propio, independente’
Un dos seus proxectos era facer unha socioanálise do mundo rural socio-: ‘social, sociedade’
galego.
As videocámaras encóntralas nese estabelecemento a un prezo moi vídeo-: ‘técnicas de vídeo e
razoábel. televisión’
Mañá aparecerá nos xornais un macroinquérito electoral. macro-: ‘grande, longo’
Estes últimos anos aumentou moito o negocio da televenda. tele-: ‘lonxe, a distancia’
O atentado foi atribuído a grupos paramilitares. para-: ‘á beira, á marxe de’
Os movementos neonazis e neofascistas son unha ameaza para as neo:- ‘novo
sociedades democráticas.
Temos hoxe unha enorme oferta de videoxogos no mercado. vídeo-: ‘técnicas de vídeo e
televisión’
Algúns gobernos propoñen a adopción dunha ecotaxa para sufragar eco-: ‘casa, morada, ámbito
proxectos de protección ambiental. vital’
O coche ficou parado na autovía. auto-: ‘automóbil’

Na sociedade moderna aumentou o consumo de psicofármacos e psico-: ‘procesos ou


outras substancias psicoestimulantes. condicións mentais’

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
19
Unidade 1

Nesa comarca rexístrase un especial microclima que explica as súas micro-: ‘pequeno’
particularidades.
Os seus traballos de etnolingüística tiñan sona mundial. etno-: ‘pobo, nación’
Houbo un macroxuízo no que resultaron condenados vinte macro: ‘grande, longo’
narcotraficantes. narco: ‘droga’
O nacionalismo panárabe tivo moita forza nos anos sesenta. pan-: ‘todo, unión de todos’
Os obreiros acabaron autoxestionando aquela pequena empresa. auto-: ‘por si mesmo,
propio, independente’

20. Que significado teñen en informática os seguintes termos? Que tipo de neoloxismo é cada un
deles?

aplicación Cada un dos programas que permiten traballar co Neoloxismo de sentido


ordenador: tratamentos de textos, follas de cálculo, bases
de datos,...
baixar Descargar no ordenador un programa ou arquivo desde N. de sentido
internet.
buffer Espazo de memoria que se utiliza como sistema de N. de forma por préstamo
almacenamento intermedio entre dispositivos dun
sistema informático; por exemplo cando se imprime
un documento os datos almacénanse temporalmente no
buffer da impresora, o que permite seguir traballando co
ordenador mentres dura o proceso de impresión.
canal Lugar virtual da rede de internet onde se pode manter N. de sentido
unha “conversa”. Sin. canle.
ciberespazo Espazo virtual por onde circula toda a información da N. de forma: ciber + espazo
Internet.
dominio Código que asigna nomes ós ordenadores a través N. de sentido
dunha estrutura xerárquica. Os nomes están formados
por combinacións de letras ou números separadas por
puntos.
hipertexto Documento en que algunhas palabras ou elementos están N. de forma: hiper + texto
enlazados a outras partes do documento ou a outros
documentos.
monitor Pantalla de visualización usada para presentar a saída dun Neoloxismo de sentido
ordenador, unha cámara ou unha gravadora de vídeo .
navegación Acción de desprazarse dun sitio a outro da Internet. Neoloxismo de sentido
multimedia Combinación na transmisión dunha información de texto, N. de forma: multi + media
son, gráficos, animación e vídeo.
shareware Versión dun programa informático que permite probar Neoloxismo de forma por
as súas capacidades e funcionamento antes de mercar o préstamo
programa completo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
20
Unidade 1

III. Reforzo Gramatical. Ditongos e


acentuación
Páx. 32

1. Separa en sílabas e acentúa graficamente cando o precisen as seguintes palabras:

a-flu-ír a-fro-di-sí-a-co a-le-lu-ia al-mu-í-ña al-tru-ís-ta a-rre-mui-ñar


a-ta-ú-de ba-bu-í-no ba-iu-ca ba-úl ca-su-ís-ti-ca cir-cu-í-to
cir-cun-lo-quio con-ti-güi-da-de de-mi-úr-go des-ma-io dru-í-da fa-ís-ca
fi-ún-cho flu-í-do gra-tu-í-to lau-de / la-ú-de mé-dium miu-de-za
o-lim-pí-a-da o-ri-ún-do pa-ra-í-so pi-ra-güis-mo pso-rí-a-se ra-íl
ra-íz ru-ín sí-ux su-í-zo triun-fo ru-í-do
va-í-do va-rí-o-la vi-ú-vo xu-í-zo zo-dí-a-co zo-o-fo-bia

2. Acentúa as palabras que o precisen nas seguintes frases:


Acompaña a señora á porta.
Mandouno a cas de seu tío.
Non coñece máis verbas cás que oíu na túa casa.
A paisaxe é ás veces chá, ás veces ondulada.
É un bo ciclista mais non tira proveito das etapas chás.
Cantaba igual cós merlos.
Estaba en mangas de cós na porta da casa.
Non me atrevería a pór ese vestido aberto ata o cós.
Para recuperar a confianza da xente cómpren feitos máis que promesas.
Colocaron crespóns negros en sinal de dó.
En hora má consentín que el ma levase.
Houbo os seus máis e os seus menos entre elas e mais a veciña.
Os máis erguéronse e marcharon.
A fera despezou a súa presa.
Alí ficou, presa do pánico.
Sé bo rapaz e fai o que che din.
Só por curiosidade, estades vós sós?
Esixiulle que renunciase so pena de perder os seus dereitos para o futuro.
Se vén ela xa non vés ti, mais se ves que ela non vén, ven ti.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
21
Unidade 2.

Páx. 33
Habitualmente, ao escoitarmos falar de estándar oral, pensamos sobre todo na axeitada pronuncia e
asignación de vogais abertas e pechadas, na correcta realización de determinados sons (xeralmente,
os que non existen en castelán), etc., pero sen dúbida tamén se nos veñen á cabeza certos aspectos
prosódicos, como a entoación. […] Teño escoitado en non poucas ocasións a moita xente, recoñezo que
do medio académico, queixarse da entoación dos locutores da televisión e definila mesmo como unha
“copia do castelán”. Moitos dos profesionais que traballan nos denominados gabinetes de normalización
en medios de comunicación audiovisual teñen exposto a necesidade de contar cunhas pautas que lles
axuden a depurar esas entoacións.
Esta necesidade non se resolve simplemente acudindo aos patróns ou modelos que atopamos na fala
corrente ou popular: é un contexto distinto que require un modelo entoativo tamén distinto. Non quero
dicir con isto que deba estar necesariamente afastado da realidade lingüística cotiá, nin moito menos
que teña que ser unha copia do modelo doutra lingua (portugués ou castelán). Creo que estamos ante un
aspecto do estándar que se debe ir configurando co uso e que son os propios profesionais os que teñen
a maior parte do traballo.
Elisa Fernández Rei, O estándar prosódico

1. Indica as principais ideas que expón a autora neste texto.


Resposta aberta. Na resposta deben aparecer as seguintes ideas:
O concepto de “estándar oral” inclúe non só a correcta pronunciación dos fonemas senón tamén aspectos
de carácter prosódico, especialmente a entoación.
Tense observado a necesidade de que os profesionais dos medios de comunicación melloren a entoación,
pois por veces parece unha copia da castelá.
A fala coloquial popular non pode servir de modelo para a entoación dos medios de comunicación, pois
pertence a un contexto distinto.
Polo tanto, o estándar dos medios de comunicación debe configurarse co uso no propio contexto e polos
propios profesionais.

2. Pescuda o significado das palabras: estándar, prosódicos, entoación.


• Estándar: adx. Que responde a un padrón ou tipo común, ou que segue unha norma de fabricación ou
está fabricado en serie. // Variedade de lingua amplamente difundida, planificada para os usos formais;
é a variedade comunmente usada no ensino e nos medios de comunicación.
• Prosódicos: adx. Relativos á prosodia, é dicir, á parte da gramática que trata a correcta acentuación e
pronunciación.
• Entoación: subs. Maneira de entoar. // Variación da frecuencia fundamental da voz ao longo dun
enunciado. // Movemento melódico da voz segundo o sentido, a intención ou a emoción con que se
fala.

3. Busca os infinitivos conxugados do texto. Podemos conxugar algún outro? Xustifica a resposta.
• No texto aparece a forma conxugada escoitarmos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
22
Unidade 2
• Tamén poderían conxugarse: queixarse (queixárense), definila (definírena) e contar (contaren).
• Pola contra non é posíbel a forma conxugada en falar (non se coñece o seu suxeito), depurar (non se
usa habitualmente cando ten o mesmo suxeito que o verbo principal e vai unido a el mediante unha
preposición esixida polo réxime deste verbo), dicir (depende directamente dun verbo modal e ten o
seu mesmo suxeito) nin estar, ser e ir (forman parte de perífrases verbais).

4. Sinala as perífrases verbais e clasifícaas.


teño escoitado: aspectual reiterativa
teñen exposto: aspectual reiterativa
deba estar: modal de obriga
teña que ser: modal de obriga
debe ir: modal de obriga
ir configurando: aspectual imperfectiva

5. Escribe un texto onde expoñas a túa reflexión sobre a oralidade da lingua galega (a variedade
prosódica, os prexuízos sobre a entoación da fala popular, a perda de trazos como a distinción
das sete vogais etc.).
Resposta aberta.

6. Organizade na aula un pequeno faladoiro para expoñer oralmente as vosas reflexións.


Resposta aberta

I. As funcións clausais
Páx. 41

1. Separa en frases e indica as funcións sintácticas que desempeña cada unha delas nas seguintes
cláusulas:
• Esa tarde estivo contemplando algunha das súas vellas fotografías.
CTempo PRED CDIR

• Teu tío deu lle os cartos de contado.


SUX PRED CI CDIR CCTempo

• A tripulación odiaba o polo mal trato que daba.


SUX PRED CDIR CCCausa

• Levou me vinte minutos coroar o cumio da serra.


PRED CI CDIR SUX (cláusula: coroar –PRED–, o cumio da serra –CD–)

• Ao primeiro o profesor non prestou excesiva atención ao xogo.


CCTempo SUX MOD PRED CDIR CI

• O silencio do mar emocionaba nos.


SUX PRED CDIR

• Sobre o tellado ondeaba unha bandeira medio descolorida.


CCLugar PRED SUX

• No cemiterio acababa a pista forestal.


CCLugar PRED SUX

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
23
Unidade 2
• Alí reinaba unha gran confusión.
CCLugar PRED SUX

• Os dous foron identificados en cinco minutos polas súas vítimas.


SUX.PAC. PRED CCTempo SUX.AXENTE

• Sobre a mesa estaban os nosos pratos intactos.


CCLugar PRED SUX PREDICAT

• Era un home bo que odiaba a guerra.


CÓP. ATRIBUTO (que odiaba a guerra: que –SUX–, odiaba –PRED–, a guerra –CD–)

2. Unha mesma secuencia formal pode ter moi diferentes valores funcionais. Fíxate nas seguintes
parellas de frases preposicionais e indica a función de cada unha delas na súa cláusula:
• O empregado do banco trataba o cliente con edulcorada amabilidade: C.C. de MODO
• Empatou amena conversa con el en canto non se apagaban as luces: C.C. de COMPAÑÍA
• Aqueles traballadores estaban esmagados polo peso da súa dura vida: MODIFICADOR da fadx.
• Saímos onte da casa pola mañá : C.C. de TEMPO
• Abriu a súa caixa e baleirouna sobre unha mesa de formica: C.C. de LUGAR
• Estaban falando cos do grupo sobre o seu último disco: SUPLEMENTO
• Está ben, xa pensarei nunha solución boa para todos: SUPLEMENTO
• As flores estaban nun recanto da sala: C.C. de LUGAR
• Sentou ao sol xunto aos xubilados: C.C. de LUGAR
• Pediulle ao destino que acabasen os seus males: C.INDIRECTO
• Todos querían a Andrés: C.DIRECTO

Páx. 42
3. No seguinte texto indica a función sintáctica que desempeñan as frases subliñadas na cláusula de
que forman parte:
Da cociña –C.C. de LUGAR– chega un ruído apagado, coma se quen anda por ela tratase de non espertar
a ninguén –C. DIRECTO–. É cedo aínda, e o Fidel quéixase de moitísimo sono –SUPLEMENTO–,
pero Laura non ten piedade –C. DIRECTO–, e obrígao a erguerse pra non romperen os costumes da
casa –C. DIRECTO–. Toman a parva cos hóspedes e mais co preso –C.C. de COMPAÑÍA–, que hoxe
será conducido por dous milicianos –C. AXENTE– ó cuartel das brigadas obreiras. Parece que xa está
tranquilo, e sorrí timidamente –C.C. de MODO–.
— Eu se escaparan deixábaos ir –dille baixiño ó Fidel–. Despois apertei os gatillos, pero é que collín moito
medo –C. DIRECTO–, pareceume que me ía matar con aquela pistola –C.C. de INSTRUMENTO–
– Ben o sei, home. Anda, non pingues o ollo, que se van dar conta.
O caporal de Parderrubias –SUXEITO– quita o percherón da corte, xa co aparello ó lombo, e o Fidel
apértalle a cincha ó seu gusto –C.C. de MODO–.
— Lévenlle os nosos saúdos ó señor Castromao –C.INDIRECTO– –di o caporal. Ese si que é un gran
home –ATRIBUTO–. Ben deitamos del pra xurdir.
Laura achégase ó preso –C.C. de LUGAR– e mételle algo no peto case á forza –C.C. de MODO–.
Despois, sobe axilmente na garupa, e os viaxeiros apertan as mans de todo o mundo –C.DIRECTO–
antes de se poñeren ó camiño.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
24
Unidade 2
Darío Xohán Cabana: O cervo na torre

4. Fai a análise sintáctica das seguintes cláusulas:

• Entre nós falamos entusiasmadas dos éxitos dos fillos.


(nós: SUX elíptico)
entre nós: fprep / C.C. MODO
falamos: verbo / PRED
entusiasmadas: fadx / C. PREDICATIVO
dos éxitos dos fillos: fprep / SUPLEMENTO

• O problema foi resolto por Xulia.


O problema: f.n. / SUX. PAC.
foi resolto: verbo / PRED
por Xulia: fprep / C.AXENTE

• Estas xoubas son da ría.


Estas xoubas: f.n. / SUX.
son: verbo / PRED
da ría: fprep / C.C. LUGAR

• A médica era ela.


A médica: f.n. / SUX.
era: verbo / PRED
ela: pron / ATRIBUTO

• Onte á noite vino moi contento na saída da festa.


(eu: SUX elíptico)
onte á noite: fadv / C.C.TEMPO
vin: verbo / PRED
o: pron (fsubst) / C.DIRECTO
moi contento: fadx / C.PREDICATIVO
na saída da festa: fprep / C.C.LUGAR

• A elas as dúas atopeinas moi fartas dese traballo.


(eu: SUX elíptico)
a elas as dúas / as: fprep – pron / C. DIRECTO
atopei: verbo / PRED
nas: pron (fsubst) / C. DIRECTO
moi fartas dese traballo: fprep / C. PREDICATIVO

• Falaron tranquilamente das súas cousas ata as tantas da noite.


(eles/elas: SUX elíptico)
falaron: verbo / PRED

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
25
Unidade 2
tranquilamente: adv (fadv) / C.C.MODO
das súas cousas: fprep / SUPLEMENTO
ata as tantas da noite: fprep / C.C.TEMPO

• Pola mañá faláronme dos acordos da asemblea.


(eles/elas: SUX elíptico)
pola mañá: fprep / C.C.TEMPO
falaron: verbo / PRED
me: pron (fsubst) / C. INDIRECTO
dos acordos da asemblea: fprep / SUPLEMENTO

• Declararon que estaban dispostos a renunciar a ese privilexio.


(eles/elas: SUX elíptico)
declararon: verbo / PRED
que estaban dispostos a renunciar a ese privilexio: cláusula / C.DIRECTO
que: NEXO
estaban: verbo / CÓP
dispostos a renunciar a ese privilexio: fadx / ATRIBUTO
dispostos: adx / NÚC da fadx
a renunciar a ese privilexio: fprep / MOD a fadx
a: prep / ENL
renunciar a ese privilexio: cláusula / TER da fprep
renunciar: verbo / PRED
a ese privilexio: fprep / SUPLEMENTO

• Ficamos abraiadas ao escoitarmos semellante noticia.


(nós: SUX elíptico)
ficamos: verbo / PRED
abraiados: fadx / C. PREDICATIVO
ao escoitarmos semellante noticia: fprep / C.C. TEMPO
a: prep / ENLACE
o escoitarmos semellante noticia: fnom / TERMO
o: art / DETERMINANTE
escoitarmos semellante noticia: cláusula / NOMINAL
escoitarmos: verbo / PRED
semellante noticia: fsubst / C. DIRECTO

• Xogamos a segunda parte do partido moi desmoralizadas.


(nós: SUX elíptico)
xogamos: verbo / PRED
a segunda parte do partido: fnom / C. DIRECTO
moi desmoralizadas: fadx / C.PREDICATIVO

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
26
Unidade 2
• Amoseime disposto a restituír o dano causado.
(eu: SUX elíptico)
amosei: verbo / PRED
me: fsubst / C. DIRECTO
disposto a restituír o dano causado: fadx / C. PREDICATIVO
disposto: NUC da fadx
a restituír o dano causado: fprep / MOD da fadx
a: prep / ENLACE
restituír o dano causado: cláusula / TERMO
restituír: verbo / PRED
o dano causado: fnom / C.DIRECTO

II. Fonética e Fonoloxía. Os fonemas


Páx. 52

1. Le o seguinte texto e responde as cuestións


A fonación
Fonación é o proceso de produción dos sons utilizados na linguaxe. A fonación realízase mediante os
órganos do aparello fonador que coinciden cos do aparello respiratorio adaptados para falarmos ao
mesmo tempo que respiramos.
A produción dos sons comeza coa actuación dos pulmóns que propulsan o ar cara a fóra a través dos
bronquios, a traquea e a larinxe. No interior deste órgano están as cordas vocais, dous tendóns que se
aproximan máis ou menos, vibrando ao pasar o ar entre elas. O espazo entre as cordas vocais recibe o
nome de glote. Para producir determinados sons as cordas están tensas e a glote fechada, impedindo
a saída do ar; cando a presión do ar é suficiente, ábrese, o cal á súa vez provoca a diminución da
presión, polo que as cordas vocais volven fechar a glote ata que de novo a presión é suficiente para
abrila outra vez; este ciclo repítese sucesivamente, con frecuencia variábel, producindo unha maior
ou menor vibración das cordas. Desa vibración depende a primeira diferenciación dos sons: cando
as cordas están tensas e vibran moito prodúcese un son sonoro; cando están distendidas o son é
xordo.
A continuación o ar pasa á farinxe que ofrece dúas saídas cara ao exterior: a cavidade bucal e a
cavidade nasal. Nalgúns casos o ar sae só pola boca, orixinando un son oral; noutros casos o ar sae
conxuntamente polas cavidades bucal e nasal, producindo un son nasal (ou oro-nasal). A apertura
dos dous condutos ou só dun depende do veo do padal, un órgano de natureza musculosa situado
na parte posterior do padal que pode taponar a farinxe nasal facendo que o ar saia só pola boca ou
abrir ese conduto, co cal a saída do ar se produce polas dúas cavidades simultaneamente.
Na cavidade bucal prodúcese a última diferenciación dos sons, fundamentalmente grazas á acción da
lingua e os labios, órganos musculosos que amplían ou reducen a cavidade bucal para obstaculizar
máis ou menos a saída do ar, orixinando así distintos sons. Outros órganos da cavidade bucal, aos
que se aproximan os labios ou a lingua, son os dentes, o padal duro (parte superior da cavidade), os
alvéolos (espazo intermedio entre os dentes superiores e o padal) e o veo do padal.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
27
Unidade 2
a) Que importancia teñen as cordas vocais na produción dos sons cos que falamos?
Da súa vibración depende a primeira diferenciación dos sons: cando as cordas están tensas e vibran
moito prodúcese un son sonoro; cando están distendidas, o son é xordo.
b) Que é o veo do padal e que diferenciación dos sons se debe a el?
Un órgano de natureza musculosa situado na parte posterior do padal que pode taponar a farinxe nasal
facendo que o ar saia só pola boca ou abrir ese conduto, co cal a saída do ar se produce polas dúas
cavidades simultaneamente.
Diso depende a diferenciación entre sons orais (o ar sae só pola boca) e sons nasais – ou oro-nasais –
(o ar sae pola cavidade bucal e pola cavidade nasal conxuntamente).
c) Poderiamos pronunciar normalmente mantendo o nariz fechado?
Non, os son nasais non poderían ser realizados normalmente.

d) En que consoantes cres que interveñen os labios para a súa pronunciación? En cales interve-
ñen a lingua e os dentes?
Os labios interveñen nas bilabiais –/b/ /p/ /m/– e na labiodental /f/.
A lingua en todas as demais: dentais ou linguodentais –/d/ /t/–, interdental ou linguointerdental /θ/,
alveolares ou linguoalveolares –/s/ /n/ /l/ /r/ //–, palatais ou linguopalatais –// /t° / // //– e velares
ou linguovelares –/g/ /k/–/ŋ/
Os dentes: dentais ou linguodentais –/d/ /t/–, labiodental /f / e interdental ou linguointerdental /θ/.

Páx. 53

2. Nalgúns pares de palabras opostas por posuíren vogal semiaberta ou semifechada úsase, para
distinguilas, til na palabra que ten a vogal semiaberta. Lembra o uso do acento diacrítico e com-
pleta un cadro como o seguinte coas palabras bola/bóla, fora/fóra, oso/óso, pe/pé, pola/póla,
presa/présa, ven/vén, ves/vés:

compre do verbo comprar cómpre do verbo cumprir:


compre só o que precise cómpre non deixarse enganar pola
publicidade
bola peza de pan redonda e de pouca bóla corpo esférico
altura.
faremos unha bola coa masa que o rumor agrandouse como unha bóla de
sobrou neve
fora dos verbos ser ou ir fóra adverbio de lugar
xa fora delegado noutras marcharon a dar un paseo por fóra
ocasións
oso animal óso cada unha das pezas duras e ríxidas que
forman o esqueleto dos vertebrados.
o oso sempre foi a atracción do coa caída rompeu un óso do brazo
zoolóxico
pe nome de letra pé extremidade do membro inferior que serve
para andar e de sostén do corpo.
contestouno todo de pe a pa sen a aldea sitúase xusto ao pé do monte
engadir nin quitar unha coma
pola galiña nova póla rama
a pola aínda non comezou a hai que cortarlle esa póla ao carballo
poñer ovos

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
28
Unidade 2
presa cousa apresada ou roubada. / présa rapidez con que sucede ou se realiza algo
encoro / canle de auga
a presa leva a auga ao muíño non podo pararme contigo que levo moita
présa
ven p6 do Presente de Indicativo de vén p3 do Presente de Indicativo de vir
ver; Imperativo de vir
eles ven o que queren ver cando vén pola vila sempre nos fai unha
ven (ti) con coidado visita
ves p2 do Presente de Indicativo de vés p2 do Presente de Indicativo de vir
ver
ves ben coas novas gafas? non te apures; vés vindo pouco a pouco
que xa te agardaremos

3. Ademais destas palabras, hai outros moitos pares con vogal tónica semiaberta ou semifechada
que se distinguen habitualmente polo contexto (cando este resulta ambiguo pódese utilizar til
sobre a vogal semiaberta). Indica o significado das seguintes palabras segundo teñan vogal se-
miaberta ou semifechada, recorrendo ao dicionario sempre que o precises: pega, ola, doce, mollo,
neto, besta.

pega /e/ Paxaro pega // Presente de Indicativo de pegar


ola /o/ Recipiente de cociña ola // Interxección
doce /o/ Numeral doce / / De sabor agradábel
mollo /o/ Caldo ou salsa dun guiso; mollo / / Monllo, feixe ou brazado de leña,
Presente de Ind. de mollar herba, etc.
neto /e/ Limpo e puro neto // Nome de parentesco
besta /e/ Animal de carga besta // Antiga arma ou máquina de guerra

4. Consultando se o precisas o cadro da distribución de vogais semiabertas e semifechadas, indica o


timbre da vogal tónica das seguintes palabras:
absorbe, aconselle, aneis, beba, cadela, cean, célebre, código, colleran, collo, coman, comité, corazón,
correr, correres, couberdes, deber, depende, dormen, dormitorio, entendesen, episodio, espello, feroz,
fora, foren, fose, gardapó, incógnito, legua, ocorre, óptimo, recto, relocen, serven, soñan, souberan, té,
técnica, temese, tivese, tristeza.

Semifechadas /e/, /o/ Semiabertas //, / /


aconselle, beba, cean, colleran, collo, coman, absorbe, aneis, cadela, célebre, código, comité,
corazón, correr, correres, deber, entendesen, couberdes, depende, dormen, dormitorio,
espello, fora, foren, fose, soñan, temese, tristeza episodio, feroz, gardapó, incógnito, legua,
ocorre, óptimo, recto, relocen, serven, souberan,
té, técnica, tivese

5. Os fonemas teñen estrutura fónica, constitúen abstraccións dun son, e represéntanse mediante
letras, signos gráficos; consecuentemente a súa relación é convencional, arbitraria: trátase de re-
presentar un son mediante un debuxo. Ademais a relación entre fonema e letra non é biunívoca,
é dicir, non sempre a un mesmo fonema lle corresponde unha e só unha letra, e viceversa. Elabora
un un cadro no que se recollan os casos nos que hai máis dun fonema para unha soa representa-
ción gráfica ou máis dunha letra representando un só fonema:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
29
Unidade 2

Fonemas representados por máis dunha letra


“b” bubela
/b/ “v” válvula
“w” wáter-polo só se usa en palabras de orixe estranxeira
“g” gato
/g/
“gu” guerra
“c” casa
/k/ “qu” quero
“k” kantiano só se usa en palabras de orixe estranxeira
“c” cero seguida de “e” ou “i”
/θ/
“z” zapato
“r” enriba
/r/
“rr” arriba
Letras que representan máis dun fonema
/θ/ cine seguida de “e” ou “i”
“c”
/k/ casa seguida de “a”, “o” ou “u”
/e/ temo
“e”
// temes
/o/ collo
“o”
// colles
// para
“r”
/r/ rato
// xeito
“x”
/ks/ exame

6. Unha das letras que representa fonemas diferentes segundo os contextos é o “x”; pronuncia co-
rrectamente as seguintes palabras, diferenciando os casos de // e os de /ks/:
Pronúncianse con /∫/: anoxar, buxaina, execución, esfinxe, graxa, farinxe, herexe, feluxe, fixo, liñaxe,
orixe, réxime, xaxún
Pronúncianse con /ks/: anexar, circunflexo, complexo, conexa, convexo, luxación, nexo, lexema,
paradoxo, paroxismo, perplexo, prefixo, reflexivo, taxa, xerocopia

7. Para realizar unha transcrición fonolóxica representamos os fonemas entre barras inclinadas: / /;
nas palabras tónicas indícase a sílaba de maior tonicidade cun til antes da mesma: /kan’ta/; ten-
do en conta esas normas realiza a transcrición e define os fonemas da seguinte cláusula:
O resultado da combinación de osíxeno con calquera elemento chámase óxido.
Tal como se indica no exemplo optouse por non representar os arquifonemas:
/oresultadodakobinaióde]ksienokocalkalemetot°amaseksido /

A representación sinalando fonemas e arquifonemas sería a seguinte:


/oresultadodakonbinaiónde]ksienokoncalkalementot°amaseksido /

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
30
Unidade 2
Definición dos fonemas:
/o/ fonema vocálico, medio semifechado, posterior (ou velar)
/r/ fonema consonántico, vibrante múltiple, alveolar, sonoro
/e/ fonema vocálico, medio semifechado, anterior (ou palatal)
/s/ fonema consonántico, fricativo, alveolar, xordo
/u/ fonema vocálico, fechado, posterior (ou velar)
/l/ fonema consonántico, lateral, alveolar, sonoro
/t/ fonema consonántico, oclusivo, dental, xordo
/a/ fonema vocálico, aberto, central
/d/ fonema consonántico, oclusivo, dental, sonoro
/k/ fonema consonántico, oclusivo, velar, xordo
/b/ fonema consonántico, oclusivo, bilabial, sonoro
/n/ fonema consonántico, nasal, alveolar, sonoro
/i/ fonema vocálico, fechado, anterior (ou palatal)
// fonema consonántico, fricativo, interdental, xordo
// fonema consonántico, nasal, velar, sonoro
// fonema consonántico, fricativo, palatal, xordo
// fonema vocálico, medio semiaberto, anterior (ou palatal)
// fonema consonántico, vibrante simple, alveolar, sonoro
/m/ fonema consonántico, nasal, bilabial, sonoro
/t °  / fonema consonántico, africado, palatal, xordo

Páx. 54

8. Procura dúas palabras para cada unha das seguintes condicións:


• Que teñan só consoantes oclusivas
• Que teñan só consoantes fricativas
• Que teñan só consoantes sonoras
• Que teñan só consoantes xordas
• Pares de palabras que se diferencien por ter consoante sonora fronte a xorda (b/p, d/t, g/k: por exemplo:
paso/vaso)

Resposta aberta. Exemplo:


• Que teñan só consoantes oclusivas: pebida, poboado, apagado, pacto, gato, cóbado...
• Que teñan só consoantes fricativas: fixese, fixo, fase, esfinxe...
• Que teñan só consoantes sonoras: abade, dabondo, badalada, dardo, deambular, vagalume...
• Que teñan só consoantes xordas: capaz, petouto, cacique, cachopa, pacífico...
• Pares de palabras que se diferencien por ter consoante sonora fronte a xorda (b/p, d/t, g/k: por
exemplo: paso/vaso): pala/bala; pegar/pecar; vela/pela; bago, vago/pago; paca/paga, padrón /
patrón...

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
31
Unidade 2
9. Busca exemplos de sílabas con todas as combinacións posíbeis na súa estrutura, continuando o
cadro:

Vogal é, a
consoante + vogal pa-ra
consoante + vogal + consoante par-tes
consoante + vogal + consoante + consoante cans
consoante + vogal + semivogal fei-xe
consoante + vogal + semivogal + consoante mais
consoante + semivogal + vogal lin-gua
consoante + semivogal + vogal + semivogal min-guou
consoante + semivogal + vogal + semivogal + consoante fieis
consoante + semivogal + vogal + consoante his-to-rias
consoante + semivogal + vogal + consoante + consoante can-cións
consoante + consoante + vogal bra-zo
consoante + consoante + vogal + consoante tras-go
consoante + consoante + vogal + consoante + consoante trans-por-te
consoante + consoante + semivogal + vogal brió-fi-to
consoante + consoante + semivogal + vogal + semivogal truei-ro
consoante + consoante + semivogal + vogal + semivogal + consoante crueis
consoante + consoante + vogal + semivogal Brei-xo
consoante + consoante + vogal + semivogal + consoante cen-trais
vogal + consoante al-to
vogal + semivogal ei-ra
vogal + semivogal + consoante aus-cul-tar
vogal + consoante + consoante ins-ti-tu-to
semivogal + vogal ia-te
semivogal + vogal + consoante iar-da

10. Separa en sílabas as seguintes palabras: acción, adlátere, atleta, austríaco, cohesión, cruel, exa-
me, exilio, expectación, éxtase, inhumano, istmo, ningunha, perspectiva, psicoloxía.

ac-ción, ad-lá-te-re, a-tle-ta, aus-trí-a-co, co-he-sión, cruel, e-xa-me (ek-sa-me), e-xi-lio (ek-si-lio), ex-
pec-ta-ción, éx-ta-se, in-hu-ma-no, ist-mo nin-gu-nha, pers-pec-ti-va, psi-co-lo-xí-a

11. Tendo en conta as normas de acentuación e a existencia ou non de ditongo, acentúa as palabras
que o precisen: luada, afluir, almuiña, ciumes, adobio, afrodisiaco, periodo, diurno, fiuncho, saiu,
abriu, vagantio, lua, miudalla, miudo, viuvo, viuvez, falua.
afluír, almuíña, ciúmes, adobío, afrodisíaco, período, diúrno, fiúncho, saíu, vagantío, lúa, miúdo, viúvo,
falúa.

12. De xeito paralelo á entoación, as pausas que marcan o final dos grupos fónicos tamén poden
ter valor distintivo. Explica as diferenzas entre as tres cláusulas seguintes e traza as curvas de
entoación dos seus grupos fónicos:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
32
Unidade 2
• Visitáronme meu tío Pedro e un amigo
• Visitáronme meu tío, Pedro, e un amigo
• Visitáronme meu tío, Pedro e un amigo

Visitáronme meu tío Pedro e un amigo Un dos meus tíos, Pedro, visitoume xuntamente con un
amigo

Visitáronme meu tío, Pedro, e un amigo Meu tío, que se chama Pedro, visitoume acompañado
dun amigo.

Visitáronme meu tío, Pedro e un amigo Recibín a visita desas tres persoas.

13. Para marcar na escrita as pausas entre grupos fónicos e a entoación dos mesmos úsanse os
signos de puntuación, interrogación e exclamación. O texto deste conto popular foi desprovisto
deses sinais gráficos. Debes lelo e restituírlle eses signos e indicar que tipo de entoación ten cada
un dos seus grupos fónicos.

Un labrador tiña unha filla. Marchou para a capital, tardou dous días e volveu falando o castelán.
Ao chegar á casa viu o pai arranxando un angazo e díxolle:
—Que es eso, padre?
E díxolle o pai:
—Poñéndolle o pé aquí, diche como se chama.
Vai ela, púxollo onde lle indicou e levantouse, dándolle co rabo nos fuciños. E sen esperar máis,
ela exclamou:
—Raio cho coma, o angazo!.

Presentan entoación enunciativa todos os grupos fónicos, excepto:

Que es esto, padre? entoación interrogativa parcial


Raio cho coma, o angazo! entoación exclamativa

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
33
Unidade 2

III. Reforzo gramatical. Substantivo e


adxectivo
Páx. 57

1. A interferencia co castelán leva ás veces a confusións no xénero dos substantivos; consulta, en


caso de dúbida, o dicionario e ponlles o artigo correspondente aos seguintes substantivos para
indicar o seu xénero (hai 12 masculinos e outros tantos femininos):

o aramado o diadema a libido o pelame o sangue a trabe


a bile a fraude o masacre a pube a síncope o velame
o contrasinal o legume a omoplata a reuma a síndrome a vertixe
a cute as lentes o paradoxo o salitre o síntoma o xiz

2. Forma o plural das seguintes palabras compostas e indica a categoría gramatical dos seus cons-
tituíntes.
maleducado: maleducados (adverbio + adxectivo)
bulebule: bulebules (verbo + verbo)
peixe espada: peixes espada (subst. + subst.)
vaivén: vaivéns (verbo + verbo)
tentemozo: tentemozos (verbo + subst.)
escola taller: escolas taller (subst. + subst.)
herba de namorar: herbas de namorar (subst + prep + verbo)
xirasol: xirasoles (verbo + subst.)
vacaloura: vacalouras (substantivo + adxectivo)
quitamanchas: os quitamanchas (verbo + subst)
lucecú: lucecús (verbo + substantivo)
branquiazul: branquiazuis (adxectivo + adx.)
tiraliñas: os tiraliñas (verbo + substantivo)
aqueloutra: aqueloutras (pronome + pronome)
benvida: benvidas (adverbio + adxectivo)
portavoz: portavoces (verbo + substantivo)

3. Despois de revisar o cadro da páxina anterior sobre os resultados galegos das terminacións lati-
nas que se citan, resolve os exercicios que aparecen a continuación.

a) Indica os xentilicios (forma masculina e feminina) de:


África, Alemaña, América, Arousa, Arzúa, Australia, Bolivia, Burela, Castro Caldelas, Compostela,
Italia, Láncara, O Ribeiro, Pontecaldelas, Ribeira, Vilagarcía.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
34
Unidade 2

África africano africana Alemaña alemán alemá


América americano americana Arousa arousán arousá
Arzúa arzuán arzuá Australia australiano australiana
Bolivia boliviano boliviana Burela burelao burelá
Castro Caldelas caldelao caldelá Compostela compostelán compostelá
Italia italiano italiana Láncara lancarao lancará
O Ribeiro ribeirao ribeirá Pontecaldelas caldelán caldelá
Ribeira ribeirán ribeirá Vilagarcía vilagarcián vilagarciá

b) Completa o seguinte cadro coas palabras correspondentes:

-án / -á -ao / -á -án / -ana -ano / -ana


Que vive ou é propio da cidade cidadán
cidadá
Referido á urbe urbano
urbana
De cada día cotián
cotiá
Que vive na Limia limiao
limiá
Que conta moitas mentiras mentirán
mentirana
Referido a Pondal pondaliano
pondaliana
Pouco amigo de traballar folgazán
folgazana
Da Serra de Meira meirao
meirá

Páx. 58

4. Sinala os estranxeirismos no seguinte texto e indica a súa forma en plural. De que lingua proce-
den? Hai algún estranxeirismo innecesario, por existir unha palabra galega co mesmo significa-
do? Cal é o efecto que produce nun texto a presenza dun amplo número de estranxeirismos?
No álbum podiamos ver o cámping no que estiveramos desde que ingresamos no club de tréking.
Almorzabamos un croissant que o chef facía con moito agarimo. Ao xantar tomabamos unha pizza
deliciosa e crepe con chocolate. El dicíanos que cociñar non era só o seu traballo, era un hobby.
Pasámolo moi ben o día que nos fixeron o cásting para rodarmos un sketch no ring de boxeo. O flash
da cámara púxonos un pouco nerviosos, pero así que o míster tocou o cláxon e pasou o primeiro round
todo foi máis doado.
álbums (latín)
cámpings (inglés) = campamento
clubs (inglés)
trékking (non ten plural) (inglés) = sendeirismo
croissants (francés)

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
35
Unidade 2
chefs (francés) = xefes de cociña
pizzas (italiano)
crepes (francés) = filloas
hobbys / hobbies (inglés) = afeccións
cástings (inglés) = probas de selección
sketchs (inglés) = escenas curtas
rings (inglés) = cuadriláteros
místers / místeres (inglés) = adestradores
flashes (inglés)
claxons (inglés) = bucinas
rounds (inglés) = asaltos

Tan grande cantidade de estranxeirismos nun texto produce un efecto de estrañamento, unha lingua
pesada e allea, pois, como xa vimos, varios dos termos poderían evitarse usando formas propiamente
galegas. Cando non aparecen en tan grande cantidade, e especialmente se proceden do inglés, provocan
un efecto enganoso de modernidade, en parte producido pola natureza dos campos semánticos aos que
adoitan pertencer os estranxeirismos (deportes, novas tecnoloxías); cando en realidade se trata dunha
lingua adulterada e chea de elementos alleos a ela.

5. Substitúe a secuencia que aparece en cursiva por un adxectivo ou substantivo, como no exem-
plo:
Teño varias amigas de Muros. > Teño varias amigas muradás.
Barcelona é a capital de Cataluña. > Barcelona é a capital catalá.
A rapaza medou moito e está feita unha muller robusta. > A rapaza medou moito e está feita unha
mangallona.
Gústame a noite de Compostela. > Gústame a noite compostelá.
Cada vez son máis valorados os produtos elaborados artesanalmente. > Cada vez son máis valorados os
produtos artesáns.
Eles tamén se emocionan cos solpores de Arousa. > Eles tamén se emocionan cos solpores arousáns.
Come pouco pero é moi amiga das lambonadas. > Come pouco pero é moi lambona.
O teu irmán está feito un rapaz moi alto para a súa idade. > O teu irmán está feito un langrán.
É ela a que recibe os invitados. > É ela a anfitrioa.
Moitos poemas de Uxío Novoneira e María Mariño Carou cantan as terras do Courel. > Moitos poemas
de Uxío Novoneira e María Mariño Carou cantan as terras courelás.
Os produtos da horta son saborosos e sans. > Os produtos horteláns son saborosos e sans.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
36
Unidade 3

Unidade 3.

Páx. 59
O labor do profesor ou da profesora de lingua non debe guiarse pola eliminación dos fenómenos dialectais
presentes no estudantado, mais na procura de que sexa capaz de asimilar o estándar sen renunciar ao uso
natural da súa variedade local. Con todo, este axioma fundamental nin sempre foi respectado.
Na historia recente do país, a lingua foi incorporada aos diferentes niveis de ensino en finais da década
de 70 e nos principios da seguinte, e, coas lóxicas premuras derivadas desa necesaria incorporación,
foron aparecendo certos traballos en que se ofrecían indicacións pedagóxicas para as aulas, destinadas
ás persoas con esa responsabilidade docente. Nalgunha desas obras, a recepción e o tratamento das
variedades dialectais revélase contraditorio. Tras afirmar que as formas dialectais deben ser substituídas
“por outras máis galegas ou máis comúns ou máis literarias”, como “catedrales ou catedrás por
catedrais, xamois ou xamós por xamóns, meu irmao ou meu irmá por irmán, meus irmaos ou meus irmás
por irmáns, etc.” recoméndase ter en conta que “a gheada é unha pronunciación natural do galego” e
que “o mestre non ten que reprimila”.
Xosé Manuel Sánchez Rei, Lingua galega e variación dialectal

1. Enuncia o tema deste texto.


O tratamento das variedades dialectais no ensino e as contradicións que se deron nese tratamento desde
a incorporación da lingua galega ao sistema educativo.

2. Elabora unha ficha onde expoñas as principais características da túa área lingüística.
Resposta aberta.

3. Indica a que bloque lingüístico corresponden as formas dialectais que aparecen citadas no texto:
catedrales / catedrais / catedrás; xamóns / xamois / xamós; irmán / irmao / irmá.
Catedrales e catedrás son característicos dos bloques occidental e central.
Catedrais, a forma normativa, correspóndese coa fala do bloque oriental.
Xamóns, xamós e xamois correspóndense respectivamente cos bloques occidental, central e oriental; as
isoglosas que delimitan o plural dos nomes rematados en -n serven xustamente para realizar a divisións
neses tres bloques dialectais.
Irmán é forma común a masculino e a feminino no bloque occidental. As formas irmao (masculino) e
irmá (feminino) son características dos bloques central e oriental.

4. Sobre os fenómenos dialectais, especialmente os fonéticos, existen moitos prexuízos e os falan-


tes tenden a reprimilos cando abandonan o rexistro informal. Escribe un texto reflexionando
sobre isto.
Resposta aberta.

5. Visualiza os seguintes vídeos en internet:


https://www.youtube.com/watch?v=wdO26vpOjGI
https://www.youtube.com/watch?v=aGjM_Js_nzg

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
37
Unidade 3
Reflexiona sobre a consideración sociolingüística dos trazos dialectais e organiza cos compañei-
ros/as un faladoiro na aula en relación a este tema.
Resposta aberta.

I. Tipoloxía das cláusulas


Páx. 69

1. Redacta de novo as seguintes cláusulas convertendo a segunda nunha cláusula de relativo inserta
na primeira:
Ex: A miña curmá veu para aquí con cinco anos. A miña curmá naceu en Barcelona.
A miña curmá, que naceu en Barcelona, veu para aquí con cinco anos.

• A empresa tiña case cen empregados. Traballei para esa empresa durante cinco anos. > A empresa
para a que traballei durante cinco anos tiña case cen empregados
• A cidade mudara moito naqueles vinte anos. Viviches naquela cidade durante a túa infancia. > A
cidade onde viviches durante a túa infancia mudara moito naqueles vinte anos.
• A ponte medía dezaseis metros de altura. O camión precipitouse desde esa ponte. > A ponte desde a
que se precipitou o camión medía dezaseis metros de altura.
• Estas persoas son moi amábeis. Encóntrome con estas persoas pasando unha semana de vacacións.
> As persoas coas que me encontro pasando unha semana de vacacións son moi amábeis.
• Os meus tíos vivían xunto a nós. Uníame unha boa relación cos meus tíos. > Os meus tíos, cos que
me unía unha boa relación, vivían xunto a nós.
• A rúa estaba moi mal iluminada. Paseabamos por esa rúa este sábado pola noite. > A rúa pola que
paseabamos este sábado pola noite estaba moi mal iluminada.
• Ese tema aparecía sempre na nosa conversa. Discutiamos acaloradamente sobre ese tema. > Ese
tema, polo cal discutiamos acaloradamente, aparecía sempre na nosa conversa.
• As armas semiautomáticas foran compradas no mercado negro. Encontráranlles esas armas na casa.
> As armas semiautomáticas que lles encontraran na casa foran compradas no mercado negro.
• Ese veciño estaba viúvo. Eu axudáballe a facer as compras algúns sábados. > O veciño ao que eu
axudaba a facer as compras algúns sábados estaba viúvo.
• As solucións non eran as correctas. Puxeches esas solucións no exame de Matemáticas. > As solucións
que puxeches no exame de Matemáticas non eran as correctas.

2. Nos seguintes enunciados identifica a cláusula de relativo, indica o seu antecedente e a función
do pronome relativo na cláusula inserta:
• As imaxes dos compañeiros cos que compartiu a loita achéganselle paseniñamente.
• Quere esquecer os reflexos do sol, que intúe sobre o cristal.
• A sala en que facían as reunións era bastante pequena.
• Esa mesma foi a arma coa que se cometeu o delito.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
38
Unidade 3
• Este é o cuarto ao que regresaba de rapaz despois do paseo.
• O empregado a quen lle fun protestar tiña un aspecto moi descoidado.
• Aqueles que queiran participar que se anoten antes do mércores.
• O lugar onde quedamos citados estaba moi lonxe do centro.
• Entre o cuarto e o corredor hai unha vella mesa que comprara o seu avó.
• Mentres camiña dáse a matinar sobre o tempo feliz que puido ser e non é.
• Contra a parede está o piano, que o seu fillo toca ás veces.

Cláusula de relativo Antecedente Función do relativo


cos que compartiu a loita compañeiros SUPLEMENTO
que intúe sobre o cristal reflexos do sol C.DIRECTO
en que facían as reunións sala C.C.LUGAR
coa que se cometeu o delito arma C.C.INSTRUMENTO
ao que regresaba de rapaz despois do paseo cuarto C.C. LUGAR
a quen lle fun protestar empregado C.INDIRECTO
que queiran participar aqueles SUXEITO
onde quedamos citados lugar C.C. LUGAR
que comprara o seu avó mesa C.DIRECTO
que puido ser e non é. tempo SUXEITO
que o seu fillo toca ás veces piano C. DIRECTO

3. Pon dous exemplos de cada un dos tipos de cláusulas recollidas no cadro resumo da páxina 68.
Resposta aberta.

4. Analiza as cláusulas seguintes fixándote especialmente na súa estrutura e xerarquía:

• A natureza é algo dado, que está aí, fóra do home.


Cláusula complexa. Trátase dunha cláusula atributiva, coas seguintes funcións:
SUXEITO: a natureza
NEXO ou CÓPULA: é
ATRIBUTO: algo dado, que está aí, fóra do home
É unha cláusula complexa pois dentro da frase substantiva que funciona como ATRIBUTO intégrase
a cláusula de relativo que está aí, fóra do home en función de MODIFICADOR.

• A ideoloxía castelanizante actúa distorsionando a realidade de Galiza, porque quere perpetuar a


submisión.
Cláusula bipolar causal. Os seus elementos constitutivos son:
EFECTO: a ideoloxía castelanizante actúa distorsionando a realidade de Galicia
NEXO: porque
CAUSA: quere perpetuar a submisión
Tanto o EFECTO como a CAUSA están constituídos por cláusulas complexas, pois conteñen outras
cláusulas en función de COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL DE MODO (distorsionando a
realidade de Galicia) e de COMPLEMENTO DIRECTO (perpetuar a submisión) respectivamente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
39
Unidade 3
• A nosa identidade non pode ser soamente unha promesa de futuro que non teña os seus piares na
actualidade.
É unha cláusula complexa. As súas funcións son:
SUXEITO: a nosa identidade
MODIFICADOR CLAUSAL: non (hai quen considera a negación como un COMPLEMENTO
CIRCUNSTANCIAL)
NÚCLEO DO PREDICADO: pode ser
COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL DE MODO: soamente
COMPLEMENTO DIRECTO: unha promesa de futuro que non teña os seus piares na
actualidade.
Trátase dunha cláusula complexa pois inclúe a cláusula de relativo que non teña os seus piares na
actualidade, como MODIFICADOR de frase substantiva na que se integra.

• O crecemento urbano segue modelos de fóra, que se adaptan mal ás condicións do territorio.
Cláusula complexa. As súas funcións son:
SUXEITO: o crecemento urbano
NÚCLEO DO PREDICADO: segue
COMPLEMENTO DIRECTO: modelos de fóra, que se adaptan mal ás condicións do
territorio
É unha cláusula complexa pois dentro da frase substantiva que funciona como COMPLEMENTO
DIRECTO inclúese a cláusula de relativo que se adaptan mal ás condicións do territorio en función
de MODIFICADOR.

• Poderásenos dicir que todo isto é unha utopía, pero o pensamento utópico ten un forte poder.
Cláusula bipolar adversativa. As dúas cláusulas que a constitúen son:
TESE: poderásenos dicir que todo isto é unha utopía
ANTÍTESE: o pensamento utópico ten un forte poder
O NEXO é a conxunción adversativa pero.
A TESE é unha cláusula complexa pois a función de COMPLEMENTO DIRECTO está desempeñada
pola cláusula que todo isto é unha utopía.

• Somos utopistas, pero non ilusos.


Cláusula bipolar adversativa. Na ANTÍTESE sobreenténdese o mesmo verbo (somos) da TESE:
TESE: somos utopistas
ANTÍTESE: non (somos) ilusos
O NEXO é a conxunción adversativa pero.

• Veremos mellor isto se nos fixamos nas tensións que existen entre as parroquias e mais a vila.
Cláusula bipolar condicional. Os seus elementos constitutivos son:
CONDICIONADO: veremos mellor isto
CONDICIONANTE: nos fixamos nas tensións que existen entre as parroquias e mais a vila
NEXO: se
A cláusula con valor CONDICIONANTE é complexa pois nela inclúese a cláusula de relativo que
existen entre as parroquias e mais a vila.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
40
Unidade 3
Páx. 70

5. Indica cal é o CONDICIONANTE e cal o CONDICIONADO nas seguintes cláusulas:


• Se me chamas despois das oito, (CONDICIONANTE) explicareiche o que aconteceu. (CONDICIO-
NADO)
• Como fagas iso (CONDICIONANTE), vaste arrepentir. (CONDICIONADO)
• En caso de que elas non veñan (CONDICIONANTE), chamaremos a alguén de fóra.(CONDICIO-
NADO)
• Poderás conseguilo, (CONDICIONADO) a pouco que te esforces. (CONDICIONANTE)
• Con tal de que te vacines (CONDICIONANTE), non collerás ningunha desas enfermidades con-
taxiosas. (CONDICIONADO)
• Non se solucionará (CONDICIONADO), se non denuncian a situación. (CONDICIONANTE)
• Como non estudes (CONDICIONANTE), seguramente suspenderás. (CONDICIONADO)

6. Distingue cales das seguintes cláusulas opositivas son adversativas e cales concesivas:
• Aínda que Ricardo Carballo Calero foi un excelente escritor e o máis importante historiador da nosa
literatura, non foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Cláusula opositiva concesiva
• As mazás estaban coloradas pero aínda sabían moi acedas.
Cláusula opositiva adversativa
• Estaba amolada, así e todo decidiu falarlle.
Cláusula opositiva adversativa
• Marilar Aleixandre naceu en Madrid, ora ben, é unha escritora da literatura galega.
Cláusula opositiva adversativa
• A pesar de que se amaban, non lograron construír as súas vidas xuntos.
Cláusula opositiva concesiva
• Olalla Cociña é xornalista, non obstante, destaca como poeta.
Cláusula opositiva adversativa
• A información nos medios de comunicación non é cada día máis libre, senón que está máis controla-
da e manipulada.
Cláusula opositiva adversativa
• Estaban ilusionadas, mais eran conscientes das dificultades do seu proxecto.
Cláusula opositiva adversativa
• Por máis que che diga, sempre fas o que che peta.
Cláusula opositiva concesiva
• Iremos a manifestación mesmo que chova.
Cláusula opositiva concesiva
• Malia que temos dificultades para chegar a acordos, procuramos non vivir en permanente conflito.
Cláusula opositiva concesiva

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
41
Unidade 3
7. Nas cláusulas do exercicio anterior indica a TESE e a ANTÍTESE ou o CONSECUENTE e CONCESIÓN,
segundo sexan adversativas ou concesivas.
• Aínda que Ricardo Carballo Calero foi un excelente escritor e o máis importante historiador da nosa
literatura (CONCESIÓN), non foi homenaxeado no Día das Letras Galegas (CONSECUENTE).
• As mazás estaban coloradas (TESE) pero aínda sabían moi acedas (ANTÍTESE).
• Estaba amolada (TESE), así e todo decidiu falarlle (ANTÍTESE).
• Marilar Aleixandre naceu en Madrid (TESE), ora ben, é unha escritora da literatura galega
(ANTÍTESE).
• A pesar de que se amaban (CONCESIÓN), non lograron construír as súas vidas xuntos
(CONSECUENTE).
• Olalla Cociña é xornalista (TESE), non obstante, destaca como poeta (ANTÍTESE).
• A información nos medios de comunicación non é cada día máis libre (TESE), senón que está máis
controlada e manipulada (ANTÍTESE)
• Estaban ilusionadas (TESE), mais eran conscientes das dificultades do seu proxecto (ANTÍTESE).
• Por máis que che diga (CONCESIÓN), sempre fas o que che peta (CONSECUENTE).
• Iremos a manifestación (CONSECUENTE) mesmo que chova (CONCESIÓN).
• Malia que temos dificultades para chegar a acordos (CONCESIÓN), procuramos non vivir en
permanente conflito (CONSECUENTE).

8. Indica se as seguintes cláusulas son causais ou consecutivas e sinala o EFECTO e a CAUSA ou o


ANTECEDENTE e o CONSECUENTE:
• Chovera toda a noite (ANTECEDENTE), así que estaba o chan mollado. (CONSECUENTE)
Cláusula bipolar consecutiva
• Estaba o chan mollado (EFECTO) xa que chovera pola noite (CAUSA).
Cláusula bipolar causal
• Non foi ben recibido (ANTECEDENTE), daquela decidiu marchar (CONSECUENTE).
Cláusula bipolar consecutiva
• Visto que non era ben recibido (CAUSA), decidiu marchar (EFECTO).
Cláusula bipolar causal
• O colapso enerxético non está moi lonxe (EFECTO), dado que a humanidade segue a devorar
combustíbeis fósiles (CAUSA).
Cláusula bipolar causal
• A humanidade segue a devorar combustíbeis fósiles (ANTECEDENTE), de maneira que se aproxima
o colapso enerxético (CONSECUENTE).
Cláusula bipolar consecutiva

9. Escribe unha cláusula con cada un destes nexos e indica se son comparativas ou proporcionais:
máis, segundo, tanto como, á medida que.
Resposta libre.
máis: comparativa
segundo: proporcional
tanto como: proporcional
á medida que: proporcional
Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
42
Unidade 3

II. Unidade e diversidade das linguas


Páx. 81

1. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:


• A lingua estándar é a variedade que se debe empregar sempre. Falso: Cada contexto comunicativo
esixe unha variedade de lingua que sexa adecuada ás súas características (tema, intencionalidade,
interlocutores, etc.).
• O galego de Cangas supón un modelo de lingua menos axeitado có de Compostela. Falso: a normativa
do galego recolle fenómenos característicos de diversas zonas xeográficas sen adaptarse totalmente a
ningunha en concreto. Todas as variedades dialectais son perfectamente correctas, con independencia
do grao de coincidencia que poidan amosar con respecto á estándar.
• A linguaxe xuvenil é unha xiria. Verdadeiro: Existe unha variedade de lingua cunhas características
específicas, especialmente no que atinxe ao léxico, creada pola xente nova. En principio ten unha
intencionalidade críptica, pois pretende ser comprendida só pola xente que pertence a ese segmento
de idade. Co tempo, as xirias xuvenís esténdense e son empregadas por boa parte da sociedade, polo
que acaban por perder o seu carácter críptico inicial.
• As variedades diacrónicas tamén reciben o nome de sociolectos. Falso: Chamamos variedades
diacrónicas os distintos estados que se poden recoñecer na lingua ao longo da historia, mentres que os
sociolectos son as variedades diastráticas, que presentan diferencias debido ao distinto nivel cultural
que presentan os diferentes grupos sociais.
• O plural –is para as palabras rematadas en –n é propia do bloque oriental. Verdadeiro: Este é un dos
trazos específicos máis destacados do bloque oriental (exemplo: condiciois), fronte ao bloque central
que forma o plural en vogal tónica + s (exemplo: condiciós) e o bloque occidental que forma o plural
engadindo simplemente un –s (exemplo: condicións).
• En Vigo, Santiago, Padrón, Noia e Vilagarcía existe seseo explosivo e implosivo. Verdadeiro: As
localidades citadas pertencen ás áreas do bloque occidental que posúen seseo total, ou sexa, tanto no
final de palabra coma no interior ou no comezo.
• Os trazos dialectais non son incorreccións propias do rexistro vulgar. Verdadeiro: Os trazos dialectais
non só non constitúen unha incorrección lingüística, senón que forman parte relevantísima da riqueza
do idioma.
• O verbo daordés, o barallete e a verba dos arxinas son xirias que procuran a precisión léxica. Falso:
As verbas dos diferentes oficios son xirias, que, como tales, o que procuran é non ser comprendidas
polas persoas que non forman parte dos grupos que as crean.
• Os sociolectos son variedades diacrónicas da lingua. Falso: Chamamos variedades diacrónicas os
distintos estados que se poden recoñecer na lingua ao longo da historia, mentres que os sociolectos
son as variedades diastráticas, que presentan diferenzas debido ao distinto nivel cultural que presentan
os diferentes grupos sociais.
• Os rexistros son variedades diafásicas. Verdadeiro: Os rexistros son variedades contextuais, diafásicas
ou funcionais que se producen de xeito sincrónico dependendo da situación comunicativa.
• As formas do estándar correspóndense en todas as linguas coas de maior número de falantes. Falso: na
elección das formas do estándar inflúen varios criterios (como o prestixio social, o prestixio literario
ou criterios de tipo político-ideolóxico), entre os cales o cuantitativo é un máis. No caso galego, por
exemplo, a escolla estándar para o plural dos nomes rematados en -L (-IS) non se corresponde coa
xeográfica e demograficamente maioritaria, senón coa máis acorde coa historia da lingua e coa de
maior tradición e aceptación literaria.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
43
Unidade 3
• Foz, Viveiro e Burela pertencen á área mindoniense e empregan o pretérito “parteu”. Verdadeiro: A
terminación -eu para a P3 sing. do Pretérito de Indicativo é propia da área mindoniense.
• Hai variedades da lingua máis apropiadas segundo o contexto comunicativo. Verdadeiro: as variantes
contextuais adecúanse aos diferentes contextos comunicativos; por exemplo, non sería axeitado usar
unha variedade informal nunha situación comunicativa formal.
• Na área fisterrá (bloque occidental) e na ancaresa (bloque oriental) hai cheísmo. Verdadeiro: O
emprego do pronome átono che, tanto coa función de CI como de CD, é un fenómeno dialectal que
se produce nalgunhas zonas da área fisterrá e da área ancaresa.

2. Responde as seguintes cuestións:

a) Que se procura co emprego das xirias?


Co emprego das xirias procúrase afirmar a pertenza a un grupo e impedir a comprensión por parte das
persoas que non formen parte do mesmo.

b) En que consiste a gheada? Cal é a explicación máis verosímil da súa existencia?


A gheada consiste na realización da consoante oclusiva velar sonora /g/ como aspirada farínxea.
É discutida a súa orixe. A tese que defende que se trata do resultado da influencia das linguas do substrato
está a deixar paso á tese que cobra máis consistencia, que é a que explica a súa aparición como unha
evolución espontánea da lingua en determinadas zonas dialectais. A tese que defende que se trata dun
influxo do castelán está practicamente desbotada.

c) Antes de que actuasen sobre este fenómeno os prexuízos lingüísticos estaba en expansión ou
retrocedía?
A gheada é un fenómeno en regresión por mor dos prexuízos que pesan sobre ela, mais con anterioridade
era un fenómeno que experimentaba unha expansión xeográfica.

d) Cal é a orixe do seseo?


O seseo, isto é, a ausencia do fonema interdental fricativo xordo, é o resultado da evolución do sistema de
sibilantes do galego-portugués medieval nas falas dalgunhas áreas dialectais do galego contemporáneo.
No seseo conflúen catro fonemas sibilantes medievais: a parella de fricativos apicoalveolares /ś/ e /ż/,
xordo e sonoro, respectivamente, e a parella de africados dentoalveolares /ts/, xordo, e /dz/, sonoro.

e) En que consiste o cheísmo? Que áreas dialectais presentan este fenómeno?


Consiste no emprego do pronome che para as funcións de CD (agás o valor reflexivo) e CI. Este fenómeno
aparece, basicamente, na área fisterrá do bloque occidental e mais na área ancaresa do bloque oriental.

3. As seguintes palabras presentan variantes dialectais. Sinálaas e indica a que bloque e área perten-
cen: cinco, dez, cheguei, moito, mañá, cans, irmán, sentiu, papeis, el, ti, cando, camiño
• cinco / sinco. A forma con seseo explosivo é propia das áreas costeiras do bloque occidental.
• dez /des. A forma con seseo implosivo é propia dos bloques occidental e oriental e comprende a maior
parte das provincias das Coruña e Pontevedra.
• cheguei/cheghei/cheguein/cheghein/cheghén/cheghín. Cheguei (coa súa variante con gheada cheghei)
é a forma máis estendida e a estabelecida como normativa. Cheguein dáse nunha franxa oriental que
percorre Galiza de norte a sur e tamén, con gheada, en puntos illados da costa occidental da provincia
da Coruña (Vimianzo, p. ex.). Cheghén é propia da costa máis occidental da provincia da Coruña, da

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
44
Unidade 3
parte suroriental da de Lugo e do sur da de Pontevedra (O Condado). Cheghín, por último, é propia
das falas das rías de Arousa e Pontevedra.
• moito/muito/mutio/muto. A forma moito é a propia da maioría dos falares galegos. Muito aparece no
bloque occidental, en comarcas do occidente coruñés como Soneira, Xallas, Nemancos e Fisterra e
tamén no centro e sur da provincia de Pontevedra, así como en zonas do galego oriental. A forma
mutio rexístrase na área ancaresa do bloque oriental, en tanto muto é tamén exclusiva do bloque
oriental, con presenza en áreas como a ancaresa e a zamorana.
• mañán/mañá. A forma con consoante nasal final, minoritaria territorialmente, é propia do bloque
occidental e das áreas máis occidentais do bloque central.
• cans/cas/cais. A isoglosa deste fenómeno dialectal que afecta aos plurais das palabras rematadas no
singular en -n serve para delimitar con claridade os tres grandes bloques: occidental, central e oriental,
respectivamente.
• irmán/irmao/irmau. A forma irmán é propia dos falares do bloque occidental (occidente da provincia
coruñesa e a maior parte da pontevedresa), en tanto irmao e irmau son propios de todo o bloque
oriental (áreas asturiana, ancaresa e zamorana) e do bloque central (práctica totalidade das provincias
de Lugo e Ourense e zona leste das provincias coruñesa e pontevedresa).
• sentíu/sinteu. A forma sentíu, con vogal temática -i- para verbos da C3, é a normativa. A forma sinteu,
que presenta vogal temática -e- para verbos da C2, é propia de certas áreas dos bloques occidental
e central (sur e leste da provincia da Coruña, norte costeiro e interior da provincia de Pontevedra,
noroeste da provincia de Lugo).
• papeles/papeis. A solución papeis, hoxe normativa, é propia de todas as áreas do bloque oriental, agás
a asturiana, que non perdeu o -l- intervocálico. A forma papeles, maioritaria na fala, rexístrase por
todo o restante territorio.
• el/il. A forma il é propia dos falares da área lucu-auriense do bloque central e dalgúns puntos da
mindoniense. No resto do territorio, a forma é el.
• ti/tu. O pronome de suxeito ti é característico do galego das provincias da Coruña e Pontevedra, fronte
ao tu etimolóxico do resto do territorio, incluídas as falas do extremo sur de Pontevedra. Só o bloque
oriental presenta forma única tu.
• cando/cuando. As formas que manteñen o wau dos grupos latinos QUA- e GUA- forman unha ampla
zona que comprende todas as áreas do bloque oriental, a maior parte da provincia de Ourense e os
falares do Baixo Miño pontevedrés. No resto do territorio úsase a variante cando, hoxe normativa.
• camiño/camín. A solución -ín no singular masculino é propia das falas do leste de Lugo e do galego
das zonas asturiana e ancaresa do bloque oriental. No resto do territorio aparece a solución -iño.

4. Localiza os trazos dialectais nos seguintes textos e indica a que bloque lingüístico pertence cada
un. Nun mapa de Galiza sitúa os lugares en que foron recollidos para o Arquivo Sonoro do Con-
sello da Cultura Galega no traballo titulado A nosa fala.

• A arola nunca tivo asetasión porque ten unha cuncha largha e carne ten moita, que está chea de
carne, pero é unha carne dura (Fefiñáns, Cambados).
Fenómenos fonolóxicos:
Gheada: largha
Seseo explosivo: asetasión
Solución -oi- do ditongo latino ULT: moita
Bloque occidental, área arousá

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
45
Unidade 3
• Os pícaros querían algo. Entramos na frutería e esta que chaman Hortensia, dixo: Díanos un quilo
de uvas, mouras! E salimos para fóra e xa llelos demos ós pícaros. (Corbelle, Vilalba).
Fenómeno léxico:
Pícaros
Fenómenos morfosintácticos:
uso da forma pronominal llelos
Fenómeno fonolóxico:
ausencia de gheada: algo.
Bloque central, área mindoniense

• A Maruxa fixo uns pantalóns bombachos, deses que se levan aghora á moda, así mui foludos. Como
en tempos, os coches iban mui cheos, iban no coche do tío Belarmino, antón ela pa subir, plaf! Aquilo
tudo, aqueles pantalóns, parecía un ghlobo. (Goián, Tomiño).
Fenómenos morfosintácticos:
plurais en -ns: pantalóns
demostrativo: deses, aquilo
forma do indefinido tudo
Fenómeno fonolóxico:
gheada: aghora, ghlobo
solución ui: mui
ausencia de seseo explosivo: parecía
Bloque occidental, área tudense

• De vrau, ó acabar o curso normalmente sempre traballo. Este ano tuven traballando no Servizo de
Estinción de incendios. (Cabarcos, Barreiros).
Fenómenos morfosintácticos:
forma apocopada do verbo estar: (es)tuven
substantivo vrau
demostrativo este
Fenómeno fonolóxico:
non seseo: Servizo, Estinción, incendios
Bloque central, área mindoniense

• Pero celebrábase millor, pasábase moito millor naquelar ruadas que aghora nar millores discotecas
(Pardesoá, Forcarei).
Fenómenos morfosintácticos:
demostrativo: aquelar
Fenómenos fonolóxicos:
rotacismo: naquelar ruadas, nar millores
gheada: aghora
ditongo -oi-: moito
Bloque occidental, área pontevedresa

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
46
Unidade 3
• Eiquí no mostrador fártaseche un de rir e déixache moito que comentar. Díghoche, ó millor están ca
xerriña na mau ou ca copiña na mau, i-eu estou escoitando. (Vilameá, Ramirás).
Fenómenos morfosintácticos:
adverbio eiquí
substantivo mau
Fenómenos fonolóxicos:
gheada: díghoche
ditongo -oi-: moito
Bloque central, área lucu-auriense

Páx. 82

5. Sinala nun mapa o territorio onde o galego é lingua propia. Marca con diferente cor os territorios
do galego exterior.

Viveiro
Ribadeo
Ferrol Navia
Área mindoniense
A Coruña Mondoñedo Área
asturiana
Malpica Betanzos Castro
Área de Rei
bergantiñá
Área central de transición
Arzúa
Lugo
Área fisterrá Santiago

Fisterra
Área
Noia BLOQUE CENTRAL ancaresa

BLOQUE Lalín BLOQUE


OCCIDENTAL Monforte ORIENTAL
Pontevedra Área
Área lucu-auriense oriental central
Área Ourense
O Bolo
pontevedresa
Vigo

Xinzo Área Área


de Limia oriental zamorana
de transición
A Guarda Verín

6. Sinala os trazos dialectais que presentan estes textos pertencentes a diferentes territorios do
galego exterior:
a) Pos mira, nós somos galegos, sómolo por cultura e sómolo porque este territorio foi galego asta o
ano mil oitocentos trinta e tres. Deixamos de ser galegos, administrativamente hai cento cincuenta
anos, pero as nosas comunicaciois ca zona que administrativamente nos corresponde, con Zamora,
son totalmente nulas, ou mui inapropiadas, porque hai que ir de noite, facer noite en Zamora, si
queres facer cualquer cousa, volver a facer outra noite pra logo vir. É decir, que teis que pasar dúas
noites fóra. Sin embargo, ir a Ourense, podes ir en dous trenes da mañá e regresar en dous trenes
da tarde-noite. Temos todas as comunicaciois con Galicia e temos o mesmo carácter que os galegos.
Lubián (Zamora)

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
47
Unidade 3
Non gheada: galegos
Non seseo: oitocentos, cento cincuenta, facer, decir, Galicia
Presenza de ditongos – ui- e -oi-: mui, noites
Demostrativo este
Conservación do ditongo latino QUA-: cualquer
Plural en -is do singular en -n: comunicaciois
Forma verbal teis na P2 singular do presente de indicativo do verbo ter

b) Pola mañán se diba ao casamento, a casar, iba a uscar a novia, despoia que selmos de casal,
tiñamos un refresco, comimos follós, flores, almorracas (que son como follós, pero que levan oitra
masa) e chocolate. A voda era ás oito ou nove da mañá. O vestido que ei leví foi azul marino, de
panu de León, i o da trade era en rosa, cuello branco, e levaba unha mantilla sevillana. (As Ellas.
Cáceres).
Formas verbais diba, uscar, selmos, leví
Acentuación grave nas formas do imperfecto de indicativo: tiñamos, comi[a]mos
Pronome tónico de primeira persoa ei
Adverbios mañán/mañá, despoia
Plural en -s: follós
Ditongo -oi- en lugar de -ou-: oitra
Ditongo -oi- resultante de UCT latino: oito
Substantivos rematados en -u: panu

c) Papá, hai un momentín falaba de que, tábandes gravando en Porzún. Concretamente Porzún é un
barrio da parroquia de Piantón. É unha zona rural bastante mas promocionada que algunhas outras
de Asturias e incluso tamén de Galicia, pero que a pesar de todo ten inda muito que superar i
ten muitos problemas. Falta muito camín que andar. En cuestión de agrupaciois, de traballar en
comunidá. (A Veiga, Asturias).
Desinencia -in en lugar de -iño: momentín, camín
Forma apocopada do verbo estar: tábandes
Ausencia de gheada: gravando
Ausencia de seseo: Porzún, zona, promocionada, Galicia
Ditongo -ui- resultante de ULT latino: muito
Plural en -is dos singulares en -n: agrupaciois

d) Un bon día acertou a pasar polo camín do monte onde taba a serpiente un home dun lexano pueblo,
e encontrouse con un oso, un lobo, un león, un tigre, unha paloma e unha formiga que tían un boi
morto no medio do camín e non sabían como repartilo. Ó ver ó home, os animais pensaron que el
podía facerllela partixa. Aunque o home negábase, ellos obligárono amenazándoo con comelo tamén
a el. Aquel home adiu. Sangrou o boi e deulle a sangre ó oso; ó tigre e ó león, os xamois; ó lobo os
costelares e o carrollouzo; á paloma, o entripado; á formiga, tocoulle a cabeza. Todos quedaron mui
contentos. (Pereda. Candín. O Bierzo. León).
Ausencia de seseo: acertou, cabeza
Ausencia de gheada: tigre, formiga
Desinencia -in en lugar de -iño: camín
Plural en -is dos singulares en -n: xamois
Plural en -is dos singulares en -l: animais

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
48
Unidade 3
Ditongo -ui- resultante de ULT latino: mui
Formas apocopadas do verbo estar: taba
Forma verbal tían.
Pronome ellos
Demostrativo aquel

Páx. 82-83

7. Pescuda en Internet información sobre os tres lugaris e sobre a fala e contrástaa coa que ofrece
o seguinte texto:
Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello están situadas no noroeste de Cáceres. Limitando
ao oeste con Portugal e ao norte con Salamanca, están incluídos na Comarca de Gata. A Serra de Gata
dálle carácter a esa comarca, cunha paisaxe montañosa, coas ladeiras da serra cubertas por bosques de
carballos, castiñeiros ou pino, e vales onde se cultivan oliveiras, árbores froiteiras, viñedos e hortas.
Destacada tamén é a presenza de fortalezas, que nos trasladan a tempos anteriores onde a tensión na zona
era patente. O Val do río Ellas discorre de norleste a sureste, cuberto de regatos que nacen nas serras que
o rodean e buscan o río Ellas.
Estes tres concellos forman parte dunha Estremadura diferente da imaxe que se adoita ter desta rexión
fronteiriza con Portugal. O nome que máis usan os seus habitantes para referirse a eles é Os tres lugaris,
aínda que os estudosos empregaron o termo Val do Xálima, que é o nome do cumio que separa San
Martín de Trebello da provincia de Salamanca.
Os tres lugares destacan pola peculiaridade lingüística que posúen. Os seus falantes refírense a ela como
a fala. Declarada Bien de Interés Cultural pola Junta de Extremadura en marzo de 2001, será a finais
dos anos noventa cando os estudos sobre a fala cobren maior relevancia. Desas investigacións de finais
de século, o que máis chama a atención é a consideración da súa orixe con anterioridade á conquista
e repoboación leonesa do século XIII. O máis aceptado é o seu vencello cun galego arcaico levado alí
polos repoboadores que posteriormente evolucionaría.
Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris (Adaptación). Benxamín Riobó e Miguel Anxo Sartal

Pódese atopar información en:


http//vello.vieiros.com/galegoexterior/costas.html
http//gl.wikipedia.org/wiki/Fala_de_Estremadura
http//valverdidufresnu.blogspot.com.es/2006/03/galego-de-cceres.html
http//www.cutudc.com/pasquin/n99/galego.html

Páx. 83

8. Visualizade o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=BEAz3_YJ8fg, que é unha escolma de


fragmentos do programa da TVG “Ben falado”, dirixido por Xesús Ferro Ruibal.
Anotade as principais características que nel se recollen sobre a fala de cada un dos lugares: Carnota,
Goián, Mazaricos, Monfero, Fonsagrada, O Courel, O Bierzo, Hermisende (Zamora), Os Tres Lugaris (Es-
tremadura). Logo realizade un esquema coas características dos distintos bloques e áreas dialectais que
aparecen representados.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
49
Unidade 3
Un posible esquema:
Bloque Áreas Características Localidade
Seseo total (predorsodental)
Cheísmo
Fisterrá uito(oito)
Carnota gheada
deser (dicir)
Léxico sen deturpar: exemplos avó, avoa,
Seseo total
gheada
Bloque Fisterrá Ditongo -ui: muito, truita
Occidental Mazaricos Aspiración do -s
g>k: dominko
a miña irmán
Pontevedresa Seseo total
Cambados
Seseo total
Pontevedresa Gheada
Vocalismo:
Goián Ditongación: tién, íé, iela, cuando
tudo, aquilo, niñún (ningún), fome
Vocal temática -e- / -i-
Feminino -án colleu, parteu / colliu, partiu
miña irmán
Área Gheada
Mindoniense Animás, cas
Monfero chau
Bloque Central tiroi (eu tíroo)
seña (sexa), esteña (estea)
pantalós
Prau (prado)
foucín
Ancaresa tu, nousoutros
Bierzo ditongo -ui-: escuita
vrau
eilí (alí)
Ausencia de ditongo: muto
Terminación -iño
Zamorana
Plural -ois
Hemisende
Despous
Dábanle
Ditongo -ui-
Sufixos número-persoais
Non gheada
Oriental-central Pronomes tu, nosoutras/os e vosoutras/os
A Fonsagrada irmau
mai
Bloque Pantalois, xamois, lacois
Oriental foucín, camín, vecín
Eiquí
pre (para)
tu
Oriental central
ocasiois
O Courel
vrau
muito
voun

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
50
Unidade 3
9. Le atentamente este relato de Francisco Xavier Frías Conde e localiza os trazos dialectais presen-
tes nel. Unha vez que os teñas enumerados, deduce a que bloque e área corresponden:

A aldea sen teléfonos


Valdesilvas é uha aldea que, cuando se mira desde el cielo, parece unha caca de páxaro espallada
para todos os lados.
Valdesilvas podería ser como cualquera aldea, pero ten unha característica especial, algo que a
fai única en todo el mundo: non ten nin un solo teléfono. E non é que a xente non teña dieiro para
os mercar ou que sía imposible tirar a liña até alá. Non é nada diso. É simplemente que os vecíos
de Valdesilvas se comunican entre elos aos berros. Por tanto, non saben nin sequera el que é un
SMS.
Todos tein uns pulmois brutais. Así, don Renato, que vive na parte leste da aldea e ten uha
pastelaría, chama aos berros al sou fillo cuando está no parque da parte nordeste, a uns dous
quilómettos e medio:
Xenaroooooo! Que veñas para casa ca que has fer deberes!
Espera un intreeeeeeeeeeeeee!
E dona Obdulia, que vive xusto na Praza Maior, ponse a chamar polo sou home que está nun eira
a uns tres quilómetros da casa:
Calamaaaaaaaaaaaaaar - é el modo que ela ten de o chamar - ven xa para a casa!
Vouuuuuuuuuuuuuuuuuu - responde el desde embaixo duha figueira onde senta a repousar un
bocadín.
Mesmo el alcalde, cuando fala coa concelleira de festexos, que daquela está na casa, fai el
mesmo:
Herminiaaaaaaaaaaaaa! Quería saber se vas vir á reunión de hoy ás seis.
Ireiiiiiiiiii. Pero quero saber se virá tamén el concelleiro de limpeza. Ernestoooooooooo! Irás tu
tamééééééééén?
E Ernesto, que está a pique de chegar a Valdesilvas, responde quitando a cabeza pola ventá del
coche:
Vouuuuuuuuuuuuuuuuuu, vouuuuuuuuuuuuuuuuuuuu.
El problema de Valdesilvas é que non falan cos de fóra. Tampouco non saberían como.
E aínda peor, non tein ningún turista. Porque non hai ser humano que resista tal cantidade de
berros. Outramente, probade a poer a radio a todo volume e colocádea al lado da orella e ide así
pola rúa.

Os trazos dilectais presentes son:


Formas “uha” e “duha”, sen fonema consonsántico nasal velar.
Formas “cuando” e “cualquera”, derivadas da raíz latína QUA-
Forma do artigo singular masculino “el”: “el cielo”, “el modo”, “el alcalde”...
Forma do artigo plural masculino “elos”
Forma do posesivo “sou” en lugar de “seu”
Ausencia de seseo: “cielo”, “especial”, “vecíos”, “limpeza”, “cabeza”...
Ausencia de gheada: “algo”, “figueira”
Sufixo -in (singular) / -ios (plural) en lugar de -iño /-iños: “bocadín”, “vecíos”.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
51
Unidade 3
Plural en “is” das palabras rematadas en -n no singular: “pulmois”
Formas verbais singulares como “fer” (facer), “sía” (sexa), “tein” (teñen), “poer” (poñer).

O bloque a que pertence é o oriental e dentro deste á área asturiana.

Páx. 84

10. Le atentamente o seguinte texto, que corresponde ao discurso de ingreso como correspondente
na Real Academia Galega de Domingo Frades Gaspar, pronunciado en 2004, e repara nos trazos
dialectais que presenta.
Egregias i dignísimas personaliais, Ilustrísimus Señoris Académicus da Real Academia Galega,
Señoras i Señoris, dacá i dalá que nos acompañeis en esti solemni actu. Mutísimas gracias,
gracias.
Que esta humildi persoa que vos fala, con sesenta i oitu primaveiras ás costas, deseitu iá de
“tientas”, sobreiru en un pequenu Lugal da Extremaúra “periferia das periferias” con que
bautizó un intelectual purtugués a zona raiana lusu-española en que vivu, se encontri hoxi
entre vós, nun poi debelsi mais que â grandi generosiai galega, â humanísima amistai trabá con
cuantos chegorin hasta nosu pequenu oasis da Fala que habíais pensau que é xustu concedelmi
tan inmiricíu honor.
Algúns dos trazos dialectais que presenta son os seguintes:
Ausencia de seseo: “gracias”, “bautizó”, “zona”, “concedelmi”, “inmiriciu”
Ausencia de gheada: “lugal”, “purtugués”, “chegorin”
Inexistencia de vogais nasais: “nun” (non).
Resultado “muto” (no texto, “mutísimas”) do latín MULT-.
Resultado “cua-” do latín QUA-: “cuantos”
Neutralización de -r/-l implosivos: “debelsi” (deberse), “concedelmi” (concederme)
“E” átono final realizado como “i”: “esti”, “señoris”, “solemni”, “humildi”, hoxi”, “encontri”,
“grandi”...
“O” átono final realizado como “u”: “ilustrísimu”, “actu”, “oitu”, “deseitu”, “sobreiru”, “nosu”,
“pequenu”, “xustu”...
Solución “ai” do sufixo latino -TATE: “personaliais”, “generosiai”, “amistai”.
Caída de -d- intervocálico: “acompañeis” (acompañades), “Extremaúra”, “poi” (pode), “pensau”
(pensado), “inmiricíu” (inmerecido).
Uso do verbo haber como auxiliar para tempos compostos: “ habíais pensau”

11. O escritor Calros Solla fixo no seu libro Cerdedo in the Voyager I o exercicio de traducir ao verbo
xido algunhas estrofas de tres emblemáticos autores do Rexurdimento. Intenta identificar de que
poemas e autores se trata, en cada caso.

Cúvicas ghoreas en vervo


I
Candius ormeo que llastiches,
rechila catrula que imes frúa,
a xanvo de xoula de moi
ghinas muriando-imes chuma.
Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
52
Unidade 3
II
Quivus ghalrúan xiriadores
en rula verduvoria,
a nende xido usca
de cutufa valtra de nusca?
Quivus ghalrúan fustes de aghirra
de ghavia raula xalagheta
con de soi a vervo xiria?

III
Xeredes curuvelas
de curuveleiros de moi?...
Ghoreade-imes maiote
nende arteleiras, nende felos;
maiote nende ghanchas,
calcantes, valdarrelos
rangumias, xaspeos
nende mocas, nende queicos.

O primeiro fragmento pertence á primeira estrofa do poema de Rosalía de Castro “Negra sombra”
Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa

O segundo corresponde aos versos iniciais do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Por último, o terceiro texto é un fragmento do poema “O maio” de Curros Enríquez


Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
53
Unidade 3

III. Reforzo Gramatical. O pronome


persoal (I)
Páx. 86

1. Sinala a función dos pronomes persoais átonos:


• Dilles que me estean quietos: CI – Interese.
• Métemelle un gancho á cortina para que non se solte: Interese – CI.
• Desaparecéumevos a libreta, a ver quen ma atopa: CI – Solidariedade.
• O Pedro non che me toma os medicamentos: Solidariedade – Interese.
• Sabe? Marchoulles o can e aínda non llo atoparon: Interese – CI.
• Esas sonche cousas que non me gustan: Solidariedade – CI.
• Preguntabas polo mozo? Pois aí cho vén: Interese – Referente do SUX.
• Hoxe Pepe veuvos todo guapo á clase: Solidariedade.
• Alá vos vai Marta sen avisarnos de que marchaba: Interese – CI.
• O coche arranxáronmo no taller de Fuco: CI – CD.
• Amarróuchelleme unha corda á gamela: Solidariedade – CI – Interese.
• A Uxía xa lle caeron dous dentes: CI.

2. Redacta os seguintes enunciados, completándoos co pronome axeitado no lugar correspondente


(se hai máis dunha posibilidade, indícaas todas):
• Quen es ti, que nunca te vin antes?
• Vinde ver que vos tocou, que onte merqueivos un regalo a cada un.
• Non sei se oirían ben o que lles dixen.
• A elas as dúas vinas aínda a semana pasada.
• Agora sírvoche pouco, pero se che gusta podes repetir.
• Vaivos moito mellor a vós que a nós.
• Cando a min me concederon a bolsa de estudos tamén llela concederon a eles.
• Se alguén lle pode prestar o libro (ou se alguén pode prestarlle o libro), xa non o ten que mercar (ou
xa non ten que o mercar, ou xa non ten que mercalo).

3. Completa os seguintes enunciados con “te” e/ou “che”, segundo corresponda, na posición axei-
tada.
• Mellor é que te achegues aquí ou non che vai tocar nada.
• Cando te matricules teñen que darche un resgardo (ou téñenche que dar ou teñen que che dar).
• Xa che dixen que non te quero ver diante (ou que non quero verte).
• Heiche devolver todo o que me prestas, perde coidado (ou hei devolverche).
• Cando te vexan hante saudar e darche as grazas por todo (ou han saudarte).
• Ben te vin traballando, xa sei que non fai falta mandarche facelo.
• Non contaba con verte agora; acabo de chamarte por teléfono á casa e deixarche un recado.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
54
Unidade 4.

Páx. 87
Ao longo de décadas de loita, as persoas con discapacidade foron pouco a pouco conquistando o que
xa lles pertencía como cidadáns. Porén, aínda en tempos de bonanza, o sector social da discapacidade
seguía afectado de falta de recursos. Entón, no duro momento actual, onde queda o seu benestar?
Etapas normais na vida como a integración no sistema educativo, o paso á etapa adulta e a integración
no mundo laboral necesitan de apoios e servizos adicionais no caso das persoas con discapacidade,
apoios que á súa vez necesitan dun investimento económico maior por parte das administracións públicas
e as entidades que traballan neste eido.
Non é difícil supoñer cales serán as consecuencias de reducir o gasto na atención das persoas con
discapacidades: ao carecer dunha formación adecuada e de programas de integración no mundo
laboral, seguirán sendo dependentes no futuro, o que non beneficia nin a elas mesmas, nin ás súas
familias, nin ás administracións. Lonxe de amañar o problema, supón a súa perpetuación e fainos
retroceder décadas, ata os anos en que as persoas con algunha discapacidade eran individuos pasivos
que quedaban nas súas casas a falta de mellores opcións para desenvolver a súa vida.
Andrea Villarino Rúa: “Os de sempre, os peor parados”, Tempos Novos.

1. Este é un artigo de opinión que presenta a propiedade da adecuación. Indica cal é o tema, a in-
tención comunicativa, o destinatario e a situación.
• O tema do texto é a atención ás persoas con discapacidades.
• A intención comunicativa é informar con obxectividade sobre un feito, neste caso, sobre as
consecuencias da redución de investimentos do Estado en atención á discapacidade.
• O destinatario son as persoas lectoras da revista na que se publica o artigo, que non teñen relación
directa co emisor.
• A situación é formal, característica dunha revista de información xeral e opinión.

2. Dous campos semánticos organizan o vocabulario: a xestión pública e o desenvolvemento per-


soal. Sinala as palabras que podemos incluír en cada un.
• No campo da xestión pública podemos incluír os substantivos: sector, recurso, apoio, servizo,
investimento, administración, entidade e atención.
• No do desenvolvemento persoal: cidadán, benestar, etapa, formación, integración, dependente,
familia e individuo.

3. Os deícticos (demostrativos, posesivos, pronomes persoais, etc.) son elementos que contribúen á
cohesión textual. Sublíñaos e di se son endofóricos ou exofóricos.
Ao longo de décadas de loita, as persoas con discapacidade foron pouco a pouco conquistando o que
(endofórico > aquilo que foron conquistando pouco a pouco) xa lles (endofórico > persoas con discapacidade)
pertencía como cidadáns. Porén, aínda en tempos de bonanza, o sector social da discapacidade seguía
afectado de falta de recursos. Entón, no duro momento actual, onde (exofórico) queda o seu (endofórico >
persoas con discapacidade) benestar?
Etapas normais na vida como a integración no sistema educativo, o paso á etapa adulta e a integración no
mundo laboral necesitan de apoios e servizos adicionais no caso das persoas con discapacidade, apoios

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
55
Unidade 4
que (endofórico > apoios) á súa (endofórico > apoios) vez necesitan dun investimento económico maior por
parte das administracións públicas e as entidades que (endofórico: persoas con discapacidade) traballan
neste eido.
Non é difícil supoñer cales (endofórico > consecuencias) serán as consecuencias de reducir o gasto na
atención das persoas con discapacidades: ao carecer dunha formación adecuada e de programas de
integración no mundo laboral, seguirán sendo dependentes no futuro, o que (endofórico > seguir sendo
dependentes no futuro) non beneficia nin a elas (endofórico > as persoas) mesmas, nin ás súas (endofórico
> das persoas) familias, nin ás administracións. Lonxe (exofórico) de amañar o problema, supón a súa
(endofórico > do problema) perpetuación e fainos retroceder décadas, ata os anos en que (endofórico
> anos) as persoas con algunha discapacidade eran individuos pasivos que (endofórico > individuos)
quedaban nas súas (endofórico > dos individuos) casas a falta de mellores opcións para desenvolver a súa
(endofórico > dos individuos) vida.

4. Compón un texto co mesmo título e a mesma intención comunicativa, pero que trate un tema
diferente.
Resposta aberta.

5. Sinala os dous principais campos semánticos que organizan o vocabulario que empregaches.
Resposta aberta. 

I. Introdución á Gramática do texto


Páx. 94

1. Indica cal foi a intención comunicativa (informar, describir un lugar, convencer…) que orixinou os
seguintes textos:
a) Bieiteiro
Trátase dun arbusto ou árbore pequena, de pólas fráxiles ó teren unha abundante medula branca esponxosa. As follas
son opostas e caducas, imparipinnadas: compostas de 5-7 folíolos de forma lanceolada ou oval e bordo aserrado. As
flores son pequenas, pentámeras e de cor branca ou amarelada, formando densos corimbos terminais que agroman
a finais da primavera ou no verán. O froito é unha baga pequena, negra ou violácea que madurece a fins de agosto
e en setembro.
http://gl.wikipedia.org
b) Constitución en escritura pública da Cooperativa de Ensino “Avoaescola”
O sábado, día 19 na sede do Ateneo Ferrolán situada na rúa Magdalena nº 202 en Ferrol, ás 12 horas, nun acto aberto
á cidadanía, procederase ao outorgamento de escritura pública de constitución da Cooperativa “Avoaescola”.
Galicia Confidencial
c) Instale a báscula sobre unha superficie lisa e dura. Evite colocala sobre tapetes ou moquetas, o
mesmo que o contacto con paredes ou outros obxectos.
Limpe a báscula cun pano húmido. Non permita que penetre auga ou outro líquido no seu interior.
Retire as pillas se non vai utilizar a báscula durante un longo período de tempo.
d) Lanzada
Praia do litoral atlántico de 2,4 km de lonxitude, situada entre as puntas de Raeiras e de Lapa do Norte, en parte da
costa das parroquias de San Vicente do Grove (O Grove) e Noalla (Sanxenxo). É un areal de gran fino e cor branca
que está rodeado por unha ampla zona de dunas que o separa da estrada que bordea a costa. En 2002 déronlle a
bandeira azul.
Enciclopedia Galega Universal

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
56
Unidade 4
e)
En o Chaleque ocre [...] mantén o debuxo do contorno gardando a inscrición das formas nun sistema de curvas e
rectas rimadas na superficie da tea. Obsérvase o marco da figura, pero esta síntese asumida polo espazo circundante;
a cor vermella da camisa e a cor violeta do pantalón forman parte do fondo da figura. Os signos xestuais, como
grafismos, semellantes ás insculturas rupestres, participan da composición cunha intención subxectiva.
C. Otero Vázquez: Luís Seoane, Dep. Prov. da Coruña
f)
Raphanus raphanistrum L. = Raphanus silvestris Lam.
N.G.: Xaramago, labestro.
N.C.: Rábano silvestre.
Planta híspida, anual ou bienal, de ata 150 cm, ramosa, con follas liradas, agás as superiores, enteiras. Os sépalos,
de 5-10 mm, son obtusos, e os pétalos, de 12 a 20 mm, amarelos ou brancos, levan a miúdo veas máis escuras. As
silicuas, de 30-90 mm x 3-4 mm, van formadas por 3-8 segmentos máis longos que anchos, de nervios moi marcados,
e levan bico de 10-30 mm.[...]
X. R. García: Guía das plantas con flores de Galicia, Ed. Xerais
g) Gústame... o galego!
Gústame..., que me digan qrt m8 ;-), ...que nos pubs poñan música en galego, ...que non me traduzan o café con leite.
E A TI, QUE CHE GUSTA?

Texto Intención
a) Bieiteiro Describir unha planta
b) Constitución en escritura... Informar dun feito
c) Instale a báscula... Dar instrucións sobre o funcionamento dun aparello
d) Praia da Lanzada Describir un lugar xeográfico
e) E o Chaleque ocre... Analizar un cadro
f) Raphanus raphanistrum L. Describir cientificamente unha planta
g) Gústame... o galego! Convencer o receptor

Páx. 95

2. Que tipo de progresión temática atopamos no texto a)? E no d)? Xustifica a túa resposta.
• O texto a) presenta unha progresión temáticas de temas derivados pois hai un tema xeral, o bieiteiro,
que dá lugar a diferentes temas que teñen o seu propio desenvolvemento:

Bieiteiro > .... arbusto... > pólas > fráxiles...


> follas > opostas
caducas...
> flores > pequenas
pentámeras
de cor branca ou amarelada...
> froito > baga > pequena
negra
violácea...

• O texto d) presenta unha progresión de tema continuo (a praia da Lanzada) que se desenvolve en
distintos remas (lonxitude, situación, tipo de area, distinción de bandeira azul).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
57
Unidade 4
3. O seguinte texto pertence á novela de Blanco Amor A esmorga. Nela un dos protagonistas, Ci-
brán, o Castizo, declara diante dun xuíz; o texto da novela recolle só as intervencións de Cibrán,
non as do xuíz. Mantendo a coherencia textual, imaxina cales serían as súas intervencións no
fragmento seguinte:
[…] Afora debruzárase a chuvia, achoada e mesta, e o día puñérase fusquento coma si voltara pra atrás.
Cando se abría a porta, entraban os refachos do vento até a cociña esparexendo o fumazo e facendo arrandear
as restes dos chourizos dependurados encol da lareira...

– ¿Como, señor? Non me aparto do conto nin un instante... Estou a decir as cousas polo seu comenzo, que
unhas viñeron das outras e si unhas non houberan pasado as outras tampouco.

– ¡Que han ser disculpas! Eu non teño ren de que me disculpar que eu nada fixen, pois o ollar as cousas que
pasan diante dun non é culpa dun, por máis que llas apoñan ou que llas queiran apoñer.

– ¿Feitos? Feitos sonlle todos, tanto os que pasan fora dun coma os que pasan dentro dun. O que pasou,
pasou. E arestora xa ren queda do que pasou fora dun, senón dentro dun. Agora todo está dentro de min, e
si non me peta de me baleirar do que teño dentro, pois o que pasou queda coma se non tivera pasado.

– ¡Deus lle me libre! Téñolle todo o respeto que vostede merez. Pro tamén teño que decir as cousas como
sei decilas e non podo decilas de outro xeito, por máis voltas que lle dea. [...]
Conque indo ao caso, a tía Esquilacha, como cheirou que había cartos, fíxonos unha boa tortilla de patacas,
chourizos e cebola, e tamén uns pementos fritos, que comimos na cociña, ao pe do lume, onde os arrieiros
estaban a asar castañas novas que traguían nunha saqueta.

– ¡Craro, señor! Eso eu non llo perguntaría a ningún cristiao destas terras... ¿Cómo iamos a comer a secas?
Bebéronse uns netos...

– Non sei, señor, porque o Bocas pagou todo, pro serían dous ou tres xerros de dous netos cada seu, que non
é moito que digamos pra tres homes mozos desta terra. [...]
Resposta aberta.

Páx. 96

4. Os textos seguintes son descricións de libros da editorial Baía; neles os parágrafos foron desor-
denados; reordénaos de xeito que os textos recuperen a coherencia orixinal:
a) Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior
Esta guía responde ao espírito da maneira de viaxar de Marco Polo, dos ilustrados... na que a viaxe se
concibe como unha experiencia vital.
Nesta liña, a primeira parte recolle información sobre a xeografía, a historia, a filosofía e a arte deste
marabilloso pero aínda descoñecido entorno.
Na segunda parte preséntansenos 68 pequenas rutas de unha ou dúas horas de duración, que nos
permitirán achegarnos ao máis profundo e íntimo da Ribeira Sacra.
b) Marmeladas caseiras

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
58
Unidade 4
Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu todo un reto para o ser
humano; diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno
dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na
Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado
de dezasete tomos.
Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le
Menagier de Paris (Traité de morale et d´économie domestique, composé en 1393 par un bourgeois
parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel.
Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe
imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade
de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón un produto de luxo.
Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de
edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita
na casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o
goce da creatividade e a satisfacción de poder ofrecer aos demais aquilo que un fixo coas súas mans.
Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que
nos invitou a cear.
Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as
receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan
apreciarse.

5. Calquera texto adquire sentido completo nun contexto determinado. A expresión “dous de ida e
volta, por favor” só adquire sentido tendo en conta a situación na que se emite (unha persoa que
vai comprar billetes para un medio de transporte). En que contexto adquiren sentido as seguin-
tes frases?

Con leite Nunha cafetería, pedindo un café


Como aprobei a segunda e a Un alumno ou alumna explica por que non ten que recuperar a
terceira danme por recuperada primeira avaliación
a primeira
Mañá, á mesma hora Resposta a alguén que pregunta cando terá lugar un feito
determinado
Como quedastes? Pregunta despois dun encontro deportivo / Pregunta sobre a forma
de verse posteriormente
O seguinte! A persoa que atende ao público manda pasar o seguinte na lista de
espera

Escolle unha das expresións anteriores e escribe un pequeno diálogo incluíndoa.


Resposta aberta.

Páx. 97

6. Crea varios enunciados para informar de cada un dos seguintes feitos en diferentes situacións, a
diferentes persoas, con diferente intención... Non esquezas marcar a situación concreta de pro-
dución do enunciado.
• Suspendiches un exame que crías que che saíra moi ben.
• O vindeiro xoves está convocada unha folga de alumnado.
• A pasada noite produciuse un accidente na rúa en que vives.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
59
Unidade 4
• Mañá non podes ir á clase e tes un exame

Resposta aberta.

7. Le o texto e responde as cuestións


O reo durmido
Volvendo ao asunto de onte, eu creo que os americanos fixeron ben en substituír a cadeira eléctrica pola
inxección letal. Aquela deu moitos problemas desde o principio, xa co primeiro executado, que foi William
Kemmler, un individuo que matara a súa moza cunha machada. Tardou moito en morrer, aínda que sen
enfadarse co verdugo, pois mentres o brazo executor intentaba unha e outra vez acabar coa vida do reo,
sen conseguilo, este dicíalle, tratándoo de vostede: “Non se poña nervioso”. Os médicos que asistían
como observadores non puideron botar unha man para aliviarlle os padecementos, pois Kemmler tiña que
morrer.
Foi moito peor o caso de William G. Taylor, un asasino ao cal quixeron executar no ano 1893. Montaron
unha chapuza. Primeiro, partiu a cadeira a consecuencia da primeira descarga, polo que tiveron que chamar
a un carpinteiro. Volvéronlle dar ao conmutador varias veces sen éxito. Entón viñeron os electricistas para
arranxar a avaría. Mentres tanto, colocaron a William nunha padiola, botando escuma pola boca e dando
berros que asustaban.
Cando os electricistas remataron, despois de picar unha parede, William xa morrera. A sentencia, polo
tanto, non se cumprira. Entón colleron o morto, instalárono de novo na cadeira e déronlle unha descarga,
para que todo transcorrese de acordo coa lei, non fose que o verdugo incorrese en delito. O de William
G. Taylor debe ser o único caso dun morto ao cal lle aplicaron a pena de morte, aínda que houbo casos
de moribundos fortalecidos con vitaminas para que chegasen ao cadalso. Hai outro exemplo curioso, que
conta Cunqueiro: un condenado que quedou durmido e o verdugo aforcouno con moito coidadiño, para que
non espertase.
Carlos Casares, La Voz de Galicia, 19-02-02.

a) Explica por que podemos afirmar que se trata dun texto coherente.
O texto é coherente porque presenta a información de xeito claro e ordenado. Os datos vanse dando
en diferentes parágrafos de forma organizada, todos os elementos que se introducen son pertinentes
no tema e hai un avanzo lóxico da información, relación entre as partes do texto e non contradición
entre elas.

b) Sinala os elementos de cohesión textual que aparecen no primeiro parágrafo clasificándoos en


conectores textuais, referencias, substitucións e elipses.
• Conectores ou marcadores textuais:
· Volvendo ao asunto de onte: de comezo
· Desde o principio: de tempo
· Aínda que: concesivo
· Pois: causal
· Mentres: de tempo

• Referencias
· onte: exofórico
· eu: exofórico
· aquela: endofórico, anafórico (a cadeira eléctrica).
· Os pronomes relativos (que nas liñas 2 e 3), endofórico, anafórico.
· a súa moza: endofórico, anafórico (de William Kemmler)
· sen conseguilo: endofórico, anafórico (acabar coa vida do reo)

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
60
Unidade 4
· este: endofórico, anafórico (o reo)
· dicíalle: endofórico, anafórico (ao verdugo)
· tratándoo: endofórico, anafórico (ao verdugo)
· Non se poña: endofórico, anafórico (vostede)
· aliviarlle: endofórico, anafórico (a Kemmler)
· Os tempos verbais constitúen un exemplo de referencia temporal, pois remiten ao momento
coincidente co da enuncicación (creo) ou anterior a el (fixeron, deu, tiña...). Exofóricos ou
endofóricos.
· A persoa gramatical utilizada nas formas verbais é unha marca de deíxe persoal (creo, poña,
deu). Exofóricos
· Os artigos poden introducir un elemento coñecido (o asunto de onte, o primeiro executado) ou
descoñecido no contexto (cunha machada). Poden ser endofóricos ou exofóricos.

• Substitucións
· primeiro executado = William Kemmler = individuo = reo = Kemmler
· verdugo = brazo executor
· Son exemplos de substitucións por elementos léxicos, pois os casos de substitucións por elementos
gramaticais (deícticos) están incluídos no apartado de referencias.

• Elipses
· Atopamos elipse do Suxeito en varias oracións: Tardou moito en morrer (Kemmler), Non se poña
nervioso (vostede).

c) Marca as diferentes expresións lingüísticas utilizadas para referirse ao primeiro executado e


indica o tipo de unidade lingüística á que pertencen.
• o primeiro executado: frase nominal
• William Kemmler: frase substantiva
• un individuo que matara a súa moza...: frase nominal
• o reo: frase nominal
• este: pronome demostrativo
• aliviarlle: pronome persoal
• Kemmler: substantivo

d) Que elemento se elide continuamente ao longo do segundo parágrafo? É igualmente posíbel


a comprensión do texto?
Elídese o Suxeito que debería acompañar os verbos en P6 “montaron”, “tiveron que chamar”,
“volvéronlle dar”... Refírese aos executores, mais non é necesario facer referencia explícita a eles, pois
o feito de concordaren as formas verbais cun Suxeito sobreentendido fai perfectamente comprensíbel
o sentido do enunciado.

e) Indica o tipo de relación entre as partes do texto que aportan os organizadores textuais sina-
lados no último parágrafo.
Cando os electricistas remataron, despois de picar unha parede (tempo), William xa morrera. A
sentencia, polo tanto, non se cumprira (consecuencia). Entón (tempo) colleron o morto, instalárono
de novo (de tempo) na cadeira e déronlle unha descarga, para que (final) todo transcorrese de acordo
coa lei, non fose que o verdugo incorrese en delicto. O de William G. Taylor debe ser o único caso

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
61
Unidade 4
dun morto ao cal lle aplicaron a pena de morte, aínda que (concesivo) houbo casos de moribundos
fortalecidos con vitaminas para que (final) chegasen ao cadalso. Hai outro exemplo (de exemplo)
curioso, que conta Cunqueiro: un condenado que quedou durmido e o verdugo aforcouno con moito
coidadiño, para que (final) non espertase.

f) Que tipo de progresión temática atopamos neste texto? De que tema se parte?
Atopamos exemplos dos 3 tipos de progresión temática vistos na unidade.
No comezo do primeiro parágrafo atopamos un tema (a cadeira eléctrica) desenvolto en varios remas:
foi substituída, acertadamente, pola inxección letal; deu problemas desde o comezo.
Desde aquí temos, no segundo rema, a progresión de temas enlazados, pois este convértese en tema
(problemas que houbo coa cadeira eléctrica). A partir deste novo tema xorden tres novos temas
relacionados co primeiro: temas derivados (os tres exemplos que mostran esas dificultades).
Esquematicamente poderiamos presentalo da seguinte maneira:

A cadeira eléctrica – foi substituída pola inxección letal


[remas]
[tema] – deu problemas desde o comezo

[tema]

– William Kemmler – William G. Taylor – Reo durmido [temas]

g) Redacta un texto argumentativo sobre a pena de morte. Despois repara na separación en pa-
rágrafos que fixeches e analiza os procedementos de coherencia e cohesión utilizados.
Resposta aberta.

Páx. 98

8. Responde as preguntas sobre o texto seguinte:


Coa instauración da democracia e a extensión do galego a ámbitos dos que estivera afastado durante
séculos, este converteuse tamén en lingua de cultura, papel ata entón reservado en exclusiva ó castelán.
Pero, como acabamos de comprobar, estes cambios non foron acompañados dunha normalización do
galego nas cidades, situación que provocou que o seu uso neste hábitat se acabase asociando a dous
contextos moi concretos, o universitario e o político (nacionalista), contextos especialmente concienciados
na potenciación e recuperación da lingua propia, pero tamén moi marcados desde un punto de vista
ideolóxico.
ANA IGLESIAS ÁLVAREZ, Falar galego: “no veo por qué”, Xerais, 2002

a) Clasifica os elementos de cohesión sinalados.

Elemento de cohesión Clasificación Explicación


dos que Referencia endofórica anafórica Fai referencia a “ámbitos”
este Referencia endofórica anafórica / “o galego”
substitución
papel Substitución “lingua de cultura”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
62
Unidade 4

Elemento de cohesión Clasificación Explicación


entón Referencia exofórica Referencia temporal
pero Organizador textual de obxección
como acabamos de Referencia endofórica anafórica Refírese a datos anteriormente
comprobar aportados no texto que non están
incluídos neste fragmento
estes cambios Referencia endofórica anafórica “converterse en lingua de cultura
e usarse en diferentes ámbitos”
que Referencia endofórica anafórica “situación”
Seu Referencia endofórica anafórica “do galego”
neste hábitat Substitución “nas cidades”

contextos Referencia endofórica catafórica “O universitario e o político”


contextos Repetición
tamén Organizador textual sumativo

b) Que elementos cres que lle dan ao texto cohesión léxica? Por que?
Os termos que lle dan cohesión léxica ao texto son: ámbitos, galego, lingua, normalización, contextos,
castelán, potenciación, recuperación e lingua propia, xa que todos eles están relacionados coa
sociolingüística, disciplina da que trata o texto.

c) Indica o tema do texto


Resposta aberta.
Por exemplo: A recuperación do galego como lingua de cultura e o seu uso nas cidades.

9. No seguinte texto os enunciados son sintáctica e semanticamente correctos pero en conxunto


a información non é coherente, pois aparece mesturada de forma ilóxica. O texto tampouco
presenta cohesión, pois as súas cláusulas non aparecen relacionadas nin ordenadas e só están
separadas por puntos. Intenta transformalo nun texto coherente e cohesionado:
Nesta cidade hai un zoolóxico. As guías turísticas da cidade recomendan visitar o parque. No zoolóxico
atopamos moitos animais. O zoolóxico está nas aforas da cidade, a carón dun fermoso parque natural.
Hai dous anos sufriu un incendio. O pasado mes remataron os traballos de remodelación. O concello ten
problemas para a subvención de todas as obras. Estiveron en obras máis dun ano. A recuperación foi case
total. Varios animais foran traídos de Asia. Estes animais tiveron algún problema de adaptación.

Resposta aberta.
Unha posible solución é a seguinte:
As guías turísticas da cidade recomendan visitar o seu importante parque zoolóxico, situado nas
aforas, a carón dun fermoso parque natural.
O zoolóxico sufriu hai dous anos un incendio, o que obrigou a unha serie de obras de remodelación
que se desenvolveron durante un ano. Aínda que o concello tivo problemas para facerse cargo de
todas esas obras, finalmente os traballos remataron hai un mes. A recuperación foi case total, mesmo
traendo animais desde Asia, se ben algúns dos procedentes dese continente tiveron certos problemas
de adaptación.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
63
Unidade 4

II. A lingua común ou variedade estándar


Páx. 106

1. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:


a) A lingua estándar é a única variedade válida. Falso: Cada contexto comunicativo esixe unha variedade
de lingua que sexa adecuada ás súas características (tema, intencionalidade, interlocutores, etc.).
b) A polémica isolacionismo fronte a reintegracionismo prexudicou o proceso de normalización lingüística.
Verdadeiro: Os enfrontamentos entre os distintos bandos e a censura sufrida polos discrepantes da
norma oficial debilitaron os esforzos de extensión e dignificación da lingua dentro da sociedade.
c) O reintegracionismo defende unha normativa baseada nas falas populares. Falso: O reintegracionismo
defende, atendendo criterios históricos e culturais, achegar a norma do galego á do portugués.
d) A normativa elaborada polo ILG en 1982 foi oficializada no 1983 pola Xunta de Galicia. Verdadeiro:
Esta normativa extremadamente isolacionista foi a primeira norma oficial coa que contou o noso
idioma.
e) Fernández del Riego foi o presidente da Academia Galega que impulsou as reformas na normativa
aprobadas en 2003. Verdadeiro: Aínda que a reforma que procuraba un consenso amplo foi aprobada
cando Fernández del Riego xa non era presidente da RAG, foi el, xunto con outros representantes de
distintos axentes sociais e institucionais, quen impulsou esta reforma e tentou a súa aprobación por
parte da RAG.
f) As Irmandades da Fala impulsaron a elaboración dunha normativa que representa o chamado galego
protoestándar e que procura afastarse da norma portuguesa. Falso: Os intentos de elaboración dunha
normativa levados adiante polas Irmandades da Fala correspóndense coa etapa que denominamos
“galego enxebrista” e pretenderon afastar o galego do castelán, recorrendo aos hiperenxebrismos,
arcaísmos e mesmo vulgarismos.
g) O galego popular (1810-1880) correspóndese cos primeiros pasos do Rexurdimento e está representado
pola lingua de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Verdadeiro: A lingua empregada nesta etapa
a nivel escrito ten gran sabor dialectal, unha forte variabilidade morfolóxica e léxica e unha importante
interferencia do castelán a nivel léxico.
h) O estándar do galego segue un modelo plural. Falso: O galego non recoñece varios estándares
correspondentes a distintas zonas xeográficas, senón que segue un modelo composto, ou sexa, integra
no estándar trazos de distintas áreas dialectais.
i) As formas do estándar correspóndense en todas as linguas coas formas de maior número de falantes.
Falso: Son moi diferentes os criterios que se empregan para as escollas. O maior número de falantes
é só un deles. Un exemplo de que este non é o único criterio é o plural das palabras agudas rematadas
en –l en -is, que responde á solución do Bloque Oriental.
l) As obras de Castelao, Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro corresponden á etapa denominada galego
antigo. Falso: Non existe unha etapa da estandarización do galego que se denomine “galego antigo”.
Podemos incluír estes tres autores dentro da etapa do “galego protoestándar”, aínda que todos eles
comezan a escribir e publicar con anterioridade a 1936, polas características da súa lingua escrita.
m) O estándar do galego está formado por elementos procedentes das distintas variedades diatópicas.
Verdadeiro: Trátase dun modelo de estandarización composto.
n) Os membros das Irmandades da Fala pretendían construír un modelo estándar para a nosa lingua
que nos diferenciase do castelán. Verdadeiro. As Irmandades afirmaron o carácter do galego como
idioma de seu e combateron a idea, moi arraigada aínda na sociedade, de que era un “dialecto” ou
unha especie de castelán “mal falado”.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
64
Unidade 4
ñ) A normativa oficial aprobada en 1983 tiña un claro carácter isolacionista. Verdadeiro. A partir da
súa aprobación o conflito normativo comeza a ter unha influencia negativa para o desenvolvemento
do proceso de normalización e dignificación do idioma.
o) O debate sobre a necesidade de aproximación ao portugués está totalmente pechado desde a reforma
do 2003. Falso. Esa reforma rematou en grande medida co conflito normativo, pero na actualidade
seguen a existir amplos sectores de usuarios do galego que consideran necesario un maior achegamento
ás formas etimolóxicas e unha maior reintegración no tronco lingüístico común.

2. Responde as seguintes cuestións:


• Que diferenza existe entre un modelo de estándar plural e un modelo composto?
O modelo de estándar plural acepta diferentes normas que responden a distintas variedades diatópicas,
fronte ao modelo composto, que crea unha única norma adoptando trazos de distintas variedades
territoriais para diferentes fenómenos.
• Cales son as principais diferencias entre reintegracionismo e isolacionismo?
O isolacionismo procura unha norma que singularice o galego fronte os idiomas próximos
territorialmente, nomeadamente fronte o portugués.
O reintegracionismo defende, atendendo criterios históricos e culturais, o achegamento da norma do
galego á do portugués.

3. Despois de lerdes en voz alta estes dous textos na aula, organizade un pequeno debate en que
unha parte do grupo defenda as teses reintegracionistas e outro as isolacionistas.
Resposta aberta.

Páx. 107

4. Indica que tipo de desviación da norma constitúe cada unha destas palabras e sinala a forma
correcta:
Semán.- Hiperenxebrismo. Semana
Apesares.- Hiperenxebrismo. A pesar
Esceario.- Hiperenxebrismo. Escenario
Cencia.- Hiperenxebrismo. Ciencia
Inconvinte.- Hiperenxebrismo. Inconveniente
Ordeado.- Hiperenxebrismo. Ordenado
Espranza.- Vulgarismo. Esperanza
Parexa.- Castelanismo. Parella.
Brilante.- Hiperenxebrismo. Brillante
Cuchilo.- Castelanismo. Coitelo.
Parescer.- Arcaísmo. Parecer
Lexos.- Castelanismo. Lonxe
Abandoar.- Hiperenxebrismo. Abandonar
Vilagarciano.- Castelanismo. Vilagarcián
Probe.- Vulgarismo. Pobre.
Mediciña.- Hiperenxebrismo. Medicina / Menciña / Medicamento.
Persoaxe. Hiperenxebrismo. Personaxe
Somana. Hiperenxebrismo. Semana
Primaveira. Hiperenxebrismo. Primavera
Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
65
Unidade 4
5. Corrixe e identifica como desviacións da norma os erros que encontres:

a) As leises actuales non protexen debidamente a riqueza natural arousana.


Leis.- Hiperenxebrismo
Actuais.- Castelanismo ou dialectalismo.
Arousá.- Castelanismo morfolóxico.

b) A médico mandoulle facer uns análises, por se detectaba algunha carencia na sangue.
Médica.- Sexismo idiomático.
Unhas análises.- Castelanismo morfolóxico
No sangue.- Castelanismo morfolóxico

c) O viaxe que fixen ca miña irmán foi marabilloso.


A viaxe.- Castelanismo morfolóxico
Coa.- Erro ortográfico
Miña irmá.- Dialectalismo
Marabillosa.- Castelanismo morfolóxico

d) O axuntamento vilagarciano medrou máis cos outros da comarca.


Concello.- Castelanismo léxico
Vilagarcián.- Castelanismo morfolóxico
cós (que+os)- Erro ortográfico

e) Súa familia está moi lexos.


A súa familia.- Castelanismo morfolóxico
Lonxe.- Castelanismo léxico

f) Andivo hacia alí, donde lle agardaban seus amigos.


Andou.- Castelanismo morfolóxico
Cara alí.- Castelanismo morfolóxico
Onde.- Castelanismo léxico
O agardaban.- Castelanismo morfolóxico
Os seus amigos.- Castelanismo morfolóxico

g) Seu lema é: os seres humáns non son ilegales.


O seu lema.- Castelanismo morfolóxico
Humanos.- Hiperenxebrismo
Ilegais.- Castelanismo morfolóxico ou dialectalismo

h) O viaxe foi mais fermoso co anterior, cando foran cos seus amigos por carreteras perdidas.
A viaxe.- Castelanismo morfolóxico
Máis.- Erro ortográfico
Fermosa.- Castelanismo morfolóxico
Cá.- Erro ortográfico
Estradas.- Castelanismo léxico

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
66
Unidade 4
i) O mensaxe desa filósofa é que protexamos o medio ambente e as zoas máis valiosas da naturaleza.
A mensaxe.- Castelanismo morfolóxico
Ambiente.- Hiperenxebrismo
Zonas.- Hiperenxebrismo
Natureza.- Castelanismo léxico

5. Substitúe convenientemente os castelanismos que encontres nas seguintes cláusulas:


a) As estadísticas que se derivan da encuesta non deixan lugar a duda sobre o pensamiento do noso
pueblo.
As estatísticas que se derivan da enquisa non deixan lugar a dúbida sobre o pensamento do noso
pobo.

b) Según contan os propios rehéns, o jueves mataron ao abuelo nun peldaño da escalera.
Segundo contan os propios reféns, o xoves mataron o avó nun chanzo da escaleira.

c) Torcín un tobillo e manqueime na rodilla pero xa vou a facer a rehabilitación.


Torcín un nocello e manqueime no xeonllo pero xa vou facer a rehabilitación.

d) No axuntamento celebraron unha boda e o juez anulouna a petición dun concejal.


No concello celebraron unha voda e o xuíz anulouna a petición dun concelleiro.

III. Reforzo Gramatical. O pronome


persoal (II)
Páx. 109

1. Utiliza as formas pronominais reflexivas sempre que sexa posíbel no lugar correcto:
• A rapaza subiu á árbore para ver mellor.
• Puxo o pixama para ir á cama.
• Logo se esquece do que lle din!
• Logo esquece o que lle din!
• O avó estaba canso e sentamos nun banco do xardín.
• Para que non o visen agachouse detrás da casa.
• Na cara parécese moito a súa nai, mais na forma de ser non semella da familia.
• É hora de tomar un descansiño; creo que me vou deitar e durmir un pouco.

2. Localiza entre as seguintes oracións aquelas en que o uso do pronome reflexivo é incorrecto:
• Finalmente marchou da festa á unha da mañá.
• Estivo tanto tempo mergullada na auga que case afoga.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
67
Unidade 4
• Xa te duchaches ou aínda me toca agardar?
• Se non nos apuramos non atoparemos ningún sitio.
• Cada vez que o atopo estase queixando por algo.
• O pasado domingo convidáronme a comer a Arzúa e tomei unha boa enchente.
• Podes avisarme mañá a que hora é a conferencia?
• Sempre lles berra aos nenos por non se prepararen para ir á escola ata que el os avisa.
• Espertei ás 8 e xa lucía o sol.
• Celia é moi puntual e sempre se enfada cando alguén chega tarde.
• Berráronvos por rirvos na clase.
• Sabías que casa Bieito?

3. Explica a posición dos pronomes átonos; de haber outra posibilidade diferente, indícaa.
• Desde aquí vénsevos ben todos os bailaríns. A posición enclítica é a non marcada e non hai elementos
no enunciado que modifiquen esa posición. A forma “se” precede a “vos” porque sempre é a primeira
das secuencias de átonos.
• Aquí non se vos atopa peixe fresco tan facilmente. Anteposición por estaren precedidos do adverbio
negativo “non”; en concorrencia con outras formas pronominais, “se” ocupa o primeiro lugar na
secuencia.
• Logo se esqueceu do que lle dixeches! “Se” aparece proclítico porque está rexido por “logo” co valor
de “axiña”. Na oración de relativo a forma “lle” tamén vai proclítica ao verbo.
• Nin cho dixo a ti nin quero que mo diga a min. As contraccións “cho” e “mo” van antepostas por
estaren introducidas pola conxunción con valor negativo “nin” e na secuencia o pronome que funciona
como CI precede ao CD.
• Gustaríame probalas, se non lle importa. Posición non marcada de “me” e “as”; “lles” vai anteposto
nunha subordinada condicional que, ao mesmo tempo, tamén é negativa.
• Ao te chamar descubrimos que te castigaran. No primeiro caso, “te” vai anteposto introducido pola
contracción “ao” que acompaña o infinitivo, mais tamén podería ir posposto (Ao chamarte). No
segundo caso, a subordinada introducida pola conxunción “que” fai que só sexa posíbel a posición
proclítica.
• Has de collelo e poñelo no andel máis alto para que non lle chegue o neno. As formas do pronome
de acusativo “o” aparecen na perífrase verbal “haber + de + infinitivo” pospostas á forma auxiliada.
Tamén é posíbel a posposición ao auxiliar (Halo de coller) e mesmo a colocación entre a preposición e o
auxiliado (Has de o coller). “Lle” na subordinada final introducida por “para que” debe ir proclítico.
• Amañalo é o que ten que facer. Cun infinitivo que funciona como Suxeito, a posición do pronome é
a non marcada.
• Viuno chegar pero logo o sentiu marchar. O alomorfo “no” ocupa a posición xeral enclítica, pero “o”
vai proclítico por estar introducido por “logo” co valor de “axiña”.

Páx. 110

4. Analiza os pronomes persoais átonos do seguinte poema e xustifica a súa posición con respecto
ao verbo. É posíbel cambiar a posición do pronome do verso 4? Varía o significado? Cambia os
fragmentos marcados en negra por pronomes persoais.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
68
Unidade 4
A memoria é o espacio da reapropiación.
Vivo para contalo. Gardo tódalas fotos
para as que me pediron que sorrira.
Agora me decato de que endexamais prescindín
do trazo, da impiedade.
Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos.

Nin os cadernos rubio darán ocultado


que o carbón mancha a pel
e que a mina se crava con frecuencia
no páncreas do inimigo.
Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal.

(entón ela abateuse postrándose por terra e díxolle:


– ¿por que atopei benquerencia aos teus ollos
para reparares en min,
sendo como son
unha estranxeira?)
María do Cebreiro, O estadio do espello

• Localización, análise e xustificación da posición dos pronomes:


· Vivo para contalo: Pronome átono acusativo P3 masculino singular. Alomorfo “-lo” tras forma
verbal rematada en “-r”. Ao ser un infinitivo precedido de preposición é posíbel esta posición
enclítica, pero tamén a proclítica (Vivo para o contar).
· Para as que me pediron: Pronome átono dativo P1, posición proclítica debida ao pronome
relativo.
· Agora me decato: Pronome átono reflexivo P1, debe ir proclítico se o valor do adverbio
introdutorio é “axiña”; mais se se pode substituír por “neste momento” debería ir enclítico (Agora
decátome). O cambio de posición do pronome levaría consigo este cambio de significado.
· Na ilusión de que non nos retorcemos. Pronome átono reflexivo P4. Proclise por estar nunha
subordinada introducida por “que”.
· Que a mina se crava con frecuencia. Pronome átono reflexivo P3. Proclítico por estar introducido
pola conxunción subordinativa “que”.
· Arrincáronche os ollos e isto faite inmortal: Pronome átono dativo P2 e acusativo P2, os dous
presentan a posición xeral enclítica.
· Entón ela abateuse postrándose por terra: Pronomes átonos reflexivos de P3 que ocupan a
posición non marcada.
· Díxolle: Pronome átono dativo P3, posición xeral.

• Substitución dos fragmentos subliñados por pronomes:


· A memoria é o espacio da reapropiación > A memoria éo;
· Gardo tódalas fotos > gárdoas;
· prescindín do trazo, da impiedade > prescindín del, dela;
· o carbón mancha a pel > mánchaa;
· Arrincáronche os ollos > arrincáronchos;
· por que atopei benquerencia aos teus ollos > por que a atopei;
· sendo como son unha estranxeira > sendo como o son.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
69
Unidade 4
5. Substitúe o CD e o CI por pronomes átonos e volve escribir as oracións resultantes:
• Amelia por fin atopou o agasallo perfecto para os seus curmáns.
Amelia por fin atopóullelo (ou, dependendo da entoación, “Amelia por fin llelo atopou”).
• Todas as noites le un conto a Mario.
Todas as noites llo le.
• Xa me contaron que Xoel perdeu o avión.
Xa mo contaron.
• Por traeres estes traxes a Loreto estarache eternamente agradecida.
Por traéresllelos (ou “por llelos traeres”), estarache eternamente agradecida.
• Velaquí tes a compra da semana.
Velaquí a tes.
• Varias familias reclamaron as subvencións á Consellería.
Varias familias reclamáronllas.
• Con estes papeis podes facer un cartel para nós.
Con estes papeis podes facérnolo (ou “pódesnolo facer”).
• Onte reservaron as entradas para o concerto.
Onte reserváronas.
• Talvez deixen esta bolsa con xoguetes na casa para ti.
Tal vez cha deixen na casa.
• Sempre di as mesmas bromas.
Sempre as di.

6. Redacta cláusulas nas que empregues as seguintes contraccións de pronomes átonos de dativo
e acusativo: mo, cho, lla, nola, volo, llela, chas, volos, llela, llo, nolos, llos. Cada cláusula debe
comezar con unha das seguintes palabras: algo, cada, moito, hoxe, antes, incluso, axiña, sempre,
ninguén, demasiado, pouco, tamén; repara na correcta posición das formas pronominais con res-
pecto ao verbo.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
70
Unidade 5.

Páx. 111
“Que cres que causou a túa heterosexualidade?, a quen lla desvelaches primeiro?, como e cando
decidiches que eras hétero?, é posíbel que todo o que precises sexa un bo amante homosexual?, por que
insistes na túa heterosexualidade?”
Estas e outras preguntas forman parte dun coñecido formulario que circula pola rede, elaborado por
unha parella de mulleres australianas coa pretensión de crear un xogo de espellos que reflictan algúns
dos interrogantes cheos de prexuízo que se nos formulan a diario a lesbianas, gais e bisexuais.
Todas e todos sabemos que o prexuízo sempre ten a súa orixe na falla de coñecemento, e nós como
educadoras e educadores temos moito que facer ao respecto. A escola pecou e peca de non mirar de
fronte a realidade da que forma parte. As persoas somos diversas e diversa é a nosa forma de vida.
Non podemos caer no erro de soamente recoñecer un destes modelos e presentalo como o único válido.
Debemos facer un exercicio de revisión dos nosos prexuízos. Coñecer. Reflexionar.
Debemos construír un espazo novo na diversidade. Por exemplo, non presupoñendo sempre a
homosexualidade como unha realidade allea. Como algo que lle pasa aos demais. Que está fóra dos
muros dos nosos centros. Os docentes homosexuais existimos, o alumnado homosexual tamén.
Beatriz Otero, Os docentes homosexuais existimos, o alumnado homosexual tamén.

1. Fai un resumo deste texto.


Resposta aberta.
Unha posíbel resposta sería a seguinte:
O texto presenta os prexuízos sobre a homosexualidade para defender a idea de que o ensino pode e
debe actuar para erradicalos.
Pártese da cita dun formulario elaborado por unha parella de australianas que pon de manifesto como
tendemos a ver só unha parte das opcións en materia de sexualidade, marcando como diferentes as
persoas que non seguen o modelo que implicitamente consideramos máis estendido; as persoas que
non seguen ese modelo vense obrigadas a “explicar” a súa opción persoal.
A continuación afírmase que a escola tamén pecou e peca de non ter en consideración a diversidade
existente en canto ás opcións sexuais. A autora fai un chamamento a educadoras e educadores para
que intenten mudar esa situación e contribúan a erradicar os prexuízos nesta materia.

2. Pescuda información sobre a formación dos prexuízos e elabora unha redacción sobre esta afirma-
ción: “Todas e todos sabemos que o prexuízo sempre ten a súa orixe na falla de coñecemento”.
Resposta aberta.

3. Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras: decidiches, heterosexualidade, coñecemento e


presupoñendo.
• Decidiches: trátase dunha forma verbal, 2ª persoa do singular do Pretérito do verbo decidir; palabra
simple; os seus compoñentes son “decid-”: lexema e raíz do verbo; “-i-”: vogal temática, indica 3ª
conxugación; “-ches”: morfema de número e persoa, cos valores de modo e tempo engadidos, indica
2ª persoa de singular do Pretérito de Indicativo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
71
Unidade 5
• Heterosexualidade: é un substantivo; trátase dun neoloxismo formado mediante o neoprefixo de orixe
grega “hetero-” (que posúe o valor de “outro”, “distinto”) e “sexualidade”, que á súa vez é unha
palabra derivada que presenta os sufixos “-al” (forma adxectivos co valor de “relativo a”) e “-idade”
(forma substantivos abstractos); o lexema “sexo” presenta forma con “-u”, tal como sucede noutras
palabras co sufixo -al: anual, textual, habitual, usual...
• Coñecemento: substantivo; é unha palabra derivada formada a partir do verbo coñecer: presenta os
seguintes compoñentes: “coñec-” lexema; “-e-” resto de vogal temática, por derivarse dun verbo da
2ª conxugación; “-mento” sufixo, forma substantivos abstractos, frecuentemente co valor de “acción
e efecto de”, a partir de verbos.
• Presupoñendo: forma verbal, xerundio do verbo presupoñer, palabra derivada. Os seus compoñentes
son: “pre-” prefixo, que ten o valor de anterioridade; “supoñ-” lexema; os dous elementos anteriores,
“presupoñ-”, constitúen a raíz verbal; “-e-” vogal temática, indica 2ª conxugación: “-ndo” morfema
do xerundio.

4. Sinala o significado dos prefixos nas palabras que aparecen destacadas en negra.
• Heterosexualidade: o prefixo grego hetero- ten o valor de “outro”, “distinto”, como en heterodoxo ou
heterónimo.
• Homosexual: homo-, prefixo de orixe grega, indica “idéntico” ou “igual” como en homoxéneo ou
homófono.
• Prexuízo: pre- é un prefixo de orixe latina e presenta o valor de “anterioridade”, como en preescolar
ou prehistoria.
• Bisexuais: bi- é un prefixo latino que indica “dúas veces”, como en bianual ou bisílabo.
• Revisión: re-, prefixo de orixe latina, pode presentar diversos valores entre os que están o de “acción
repetida” (como en requentar) ou “acción máis intensa” (como en refregar), valores que se xuntan
nesta palabra.

I. A Semántica
Páx. 117

1. As definicións dos dicionarios seguen habitualmente un mesmo esquema, que no caso dos subs-
tantivos concretos é o seguinte:

Hiperónimo ou termo máis xeral Características específicas


Para situar o substantivo nun grupo Características físicas Propiedades
de palabras con características + Forma
comúns Función
Tamaño Uso...
Cor
Por exemplo
adega
cuarto ou parte da casa de ambiente fresco onde se garda o viño e outros
normalmente subterráneo alimentos

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
72
Unidade 5
Cando se trata de substantivos abstractos é preciso recorrer a caracterizacións conceptuais, usando
comparacións, sinónimos, antónimos... ou relacionar a palabra con outras da súa familia léxica.
Exemplos:
bondade: calidade ou carácter de bo: benevolencia, indulxencia, benignidade, clemencia /
brandura, dozura.
comprensión: acción e efecto de comprender / coñecemento perfecto dunha cousa.

Seguindo estes esquemas, redacta a definición das seguintes palabras: pastel, paixón, raxo, axila,
soberbia, traba, xarope, sufrimento.
• pastel: Preparado alimentario cocido no forno, feito de fariña e manteiga na que se envolve
habitualmente doce ou froita, aínda que tamén pode ser carne ou vexetais.
• paixón: Acción de padecer. // Inclinación moi intensa dunha persoa por outra // Apetito vehemente de
algo.
• raxo: Carne do lombo do porco // Tentáculos do polbo
• axila: Concavidade que forma o arranque do brazo co tórax onde se une ao ombro.
• soberbia: Estimación excesiva dun mesmo, que comporta menosprezo dos demais.
• traba: Corda coa que se traban as patas dun animal para que non salte ou fuxa // Calquera cousa que
dificulta ou impide o desenvolvemento, curso, continuidade, etc. de algo.
• xarope: Medicamento líquido e pegañento resultado de mesturar certos produtos con azucre.
• sufrimento: Acción e efecto de sufrir. Padecemento, dor física ou moral máis ou menos duradeira.

2. Intenta explicar cal é o significado común ás palabras de cada unha das seguintes series, como no
exemplo:
• Torpe, torpeza, entorpecer: dificultade para facer algo.
• Alegre, alegría, alegrar: contentamento, felicidade.
• Somnolencia, somnífero, somnolento: diminución das funcións do sistema nervioso central e perda da
conciencia e mais da relación co mundo exterior.
• Recoñecemento, sufrimento, divertimento: acción e efecto de.
• Atardecer, anoitecer, entristecer: entrada nun estado.

3. Unha mesma designación ou referente real pode expresarse de distintas maneiras; á hora de
redactar botamos man desas diferentes posibilidades para evitar repeticións. Neste exercicio re-
collemos algunhas delas. Seguindo os exemplos, indica outra forma de expresar os contidos
indicados:
• Mediante a utilización de sinónimos:

cita encontro, entrevista, reunión, convocatoria


conxunto agrupamento, colectividade, equipo, grupo, serie
descanso acougo, calma, comodidade, lecer, folganza, ocio

• Mediante hiperónimos (termo máis xeral que engloba a outro: frauta en lugar de requinta –’tipo de
frauta’– ou instrumento en lugar de requinta ou frauta):
Requinta frauta instrumento
Rebolo carballo árbore
Lagarto réptil animal

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
73
Unidade 5

• Usando procedementos retóricos (metáforas, metonimias, hipérboles...):

‘serie longa de cousas’ = rosario unha serie de despropósitos = un rosario de despropósitos


‘proveito que se saca = tallada sacou un bo proveito = sacou unha boa tallada
en algo’
‘aspecto que ten = pinta este pastel ten moi bo = este pastel ten moi boa pinta
algunha cousa’ aspecto

• Substitución dunha palabra por un sintagma equivalente ou á inversa:

argumento irrefutábel argumento que non admite réplica


hora intempestiva hora pouco apropiada, pouco habitual ou pouco acostumada
misterio insondábel misterio que non se pode pescudar ou resolver
deterxente abrasivo deterxente que pode desgastar as superficies
medicamento que non fai dano medicamento inocuo
comida con moi bo sabor comida saborosa, sabedeira ou gustosa
espectáculo sen interese espectáculo insulso ou anódino

Páx. 118

4. Hai unha serie de adxectivos que se asocian case exclusivamente con determinados substantivos
e que teñen significado intensificador: para cualificar unha perda como moi importante falamos
dunha perda irreparábel. A que substantivo da columna da esquerda asociarías cada un dos
adxectivos da dereita?
actividade frenética
beleza incomparábel
confianza cega
desmentido categórico
fracaso estrepitoso
inimigo acérrimo

Da mesma maneira, con que adxectivo de valor intensivo cualificarías os seguintes substantivos?:
chuvia, calor, fame, frío, velocidade, resolución, vitoria, tempestade.
chuvia torrencial
calor abafante
fame insaciábel
frío invernal, glacial
velocidade vertixinosa
resolución inapelábel
vitoria esmagadora, definitiva
tempestade terríbel, violenta

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
74
Unidade 5
5. As interferencias lingüísticas operan tamén a nivel léxico-semántico, atribuíndolle por castelanis-
mo a algunhas palabras galegas significados que non lles son propios. Nos seguintes enunciados
hai erros debidos a esa causa; detecta onde está a incorrección, indica cal é o verdadeiro signifi-
cado deses termos e cal é a palabra ou expresión correcta para estes casos:

• Deixou a cidade e marchou para o *pobo.


A palabra pobo indica só as persoas, nunca o lugar: 1. Conxunto de persoas que viven nun lugar
determinado e teñen en común a lingua, as tradicións ou as institucións. O pobo galego. O pobo de
Barcelona. 2. A xente común, que é a maior parte dunha poboación, en contraposición ás clases con
máis poder económico ou social. É un home do pobo. 3. Conxunto de persoas que están unidos por
unhas mesmas crenzas relixiosas, unha orixe común, ou calquera outro lazo. O pobo xudeu. O pobo
cristián.
Para indicar o lugar temos as palabras vila, aldea ou campo: Deixou a cidade e marchou para a aldea
/ o campo.

• Tratárona sempre con moito *mimo.


A palabra mimo ten os seguintes valores: 1. Actor que se expresa por medio dos xestos e da expresión
corporal, sen utilizar a palabra. Cando pasamos pola praza, estaba actuando un mimo. 2. Representación
na que os actores se expresan por medio dos xestos e da expresión corporal, sen utilizar as palabras.
A obra mesturaba comedia, mimo e malabares. sin. pantomima. 3. Antig. Representación teatral,
de carácter burlesco, baseada fundamentalmente na expresión corporal. O mimo representábase
orixinariamente con ocasión dos Xogos Florais, a finais de abril. 4. Antig. Actor que participaba
nestas representacións. Ás veces o público obrigaba os mimos a espirse.
Para indicar o ‘trato cariñoso con alguén’ úsanse as palabras meiro, meiró, meco ou bioco: Tratárona
sempre con moito meiro.

• Agárdanse fortes *rachas de vento.


A palabra racha significa: 1. Anaco pequeno e irregular de madeira ou de pedra feita cando esta
se parte ou rompe violentamente. Arredor do picadeiro quedou cheo de rachas. sin. acha, cavaca,
cavaco, racho. Tapou as fendas do muro cunhas rachas de pedra. 2. Anaco grande de madeira que
resulta de fender un toro. As rachas secas arden ben. sin. acha. 3. Cacho delgado e plano que se parte
ou corta dunha cousa. Unha racha de touciño.
Para indicar un ‘golpe de vento’ úsase refacho axada, refoleo ou remosque: Agárdanse fortes refachos
de vento.

• Fixo unha forte *inversión nese negocio.


A palabra inversión ten as seguintes acepcións: 1. Acción e efecto de inverter ou inverterse. Ao facer
a inversión das figuras, aparecían outras con significado diferente. 2. Biol. Fenómeno polo cal un
individuo dun determinado sexo, nun certo momento da súa vida, se transforma adquirindo caracteres
e capacidades funcionais propias do outro sexo. A inversión dáse nalgúns peixes e anfibios, que se
comportan coma machos nunha parte da súa existencia e coma femias noutra. sin. inversión sexual.
3. Biol. Cambio estrutural polo que un segmento cromosómico cambia de sentido dentro do propio
cromosoma. As inversións poden producir cambios no fenotipo.
Para indicar a ‘acción de empregar capital nun negocio’ úsase a palabra investimento: Fixo un forte
investimento nese negocio.

• *Tachoulle varias palabras do exercicio.


Tachar significa: Atribuír a [algo ou alguén] un determinado defecto ou tacha. Tachárono de autoritario
e inepto.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
75
Unidade 5
‘Trazar raias sobre algo escrito para indicar que non é correcto’ é riscar: Riscoulle varias palabras
do exercicio.

• Tivo un *fallo favorable no xuízo.


A palabra fallo significa: Cousa ou circunstancia que fai que algo ou alguén non sexa totalmente
perfecto, non obre nun momento dado como debe ou non teña o resultado esperado. Todo o mundo
ten os seus fallos. sin. defecto, erro, error.
A ‘decisión dun xuíz ou tribunal’ é unha sentenza ou veredicto: Tivo un veredicto favorable no
xuízo.

Páx. 119

6. Explica o significado das palabras de cada par e pon un exemplo da súa utilización:
• abonar / aboar
Abonar: 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer a algo ou
recibir algún servizo periodicamente. Abonouno a unha publicación semestral.
Aboar: 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. sin.
acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente por unha venda, un préstamo etc.]. Aboou o
segundo prazo das taxas académicas.

• encetar / comezar
Encetar: 1. Empezar a cortar ou a gastar de [unha cousa que está enteira]. Encetou a botella. Encetou
o queixo.
Comezar: 1. Pasar a realizar [algo que se expresa]. Comezou os seus estudos na universidade. 2. Ter
[algo] o seu comezo. Vai comezar a película.

• luar / lunar
Luar: Luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a Terra durante a noite. Noites de luar.
Lunar: (adx.) Propio da Lúa, relativo ou pertencente á Lúa. Paisaxe lunar.

• percorrer / recorrer
Percorrer: Ir dunha parte a outra de [un lugar]. Percorreu o país de norte a sur.
Recorrer: 1. Presentar recurso contra unha resolución xudicial, administrativa etc. Recorreu contra a
sentenza emitida polo xuíz. 2. Dirixirse a alguén para solicitar a súa axuda. En caso de apuro sempre
tiña un amigo a quen recorrer. 3. Utilizar unha cousa como axuda ou solución. En caso de dúbida
podes recorrer á enciclopedia.

• xeral / xeneral
Xeral: (adx.) 1. Que se refire ao conxunto de individuos, de casos, de detalles etc., e non a cada un
en particular. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. 2. Que afecta a maioría ou a totalidade dunha
colectividade. Un asunto de interese xeral. 3. Que afecta ou se refire a todo o corpo ou a todas as
partes dun organismo. Anestesia xeral. 4. Que abrangue o conxunto dunha organización, dun servizo
etc. A Secretaría Xeral técnica emitiu un informe favorable. 5. Que exerce no máis alto grao o cargo
que se expresa. Director xeral. 6. [Estrada] que constitúe unha vía principal á que van desembocar
outras secundarias. Antes de chegar á vila, deixamos a estrada xeral.
Xeneral: Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire. Ascendeu de coronel a xeneral.
2. Relix. Superior dunha orde relixiosa. O xeneral dos xesuítas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
76
Unidade 5
7. Escolle a opción correcta para aclarar o significado da frase:

a) Non se lle axustan ao corpo.


Leva uns pantalóns largos.
b) Chéganlle ata o pé.
a) Estaba na praia.
Estaba mirando as olas.
b) Estaba nun comercio.
a) Falo de gastronomía.
Non me gusta ese rape.
b) Falo de estética.
a) Sabe como son os seus concidadáns.
Coñece ben o seu pobo.
b) Coñece de sobras o lugar onde vive.
a) Estou segura da vitoria.
Teño un trunfo nas miñas mans.
b) Estou xogando ás cartas.

8. Sinala os semas que compoñen o significado dos seguintes lexemas:


• gamela, cruceiro, veleiro, submarino, iate

Gamela embarcación pequena para pesca


Cruceiro embarcación grande para viaxeiros
Veleiro embarcación de tamaño medio movido principalmente a vela
Submarino embarcación grande viaxa mergullado uso militar
Iate embarcación de tamaño medio de recreo

• carnicería, peixería, froitería, droguería, perfumería

Carnicería estabelecemento comercial destinado á venda de carne


Peixería estabelecemento comercial destinado á venda de peixe
Froitería estabelecemento comercial destinado á venda de froita
Droguería estabelecemento comercial destinado á venda de produtos de limpeza
Perfumería estabelecemento comercial destinado á venda de perfumes

9. Indica os semas comúns e os específicos de cada unha das seguintes series:


• primavera, verán, outono, inverno
común: estación do ano
específico: parte do ano que ocupa / posición dentro da serie

• luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado, domingo


común: día da semana
específico: posición dentro da serie

• colexio, instituto, facultade, universidade, escola, academia


común: estabelecemento escolar
específicos: carácter público ou privado / idade do alumnado / ensino oficial ou non oficial / unha soa
rama ou varias / nivel de estudos

10. Realiza a análise semántica, mediante un cadro como o do apartado 4, páx 114, dos campos lexi-
cais aos que pertencen os seguintes lexemas (engade todas as palabras que creas que faltan):

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
77
Unidade 5
• quente, morno, frío...
adxectivos que indican ‘sensación térmica’
temperatura intensidade
alta baixa maior menor
ardente + +
quente +
morno + +
frío +
xélido + +

• pantalón, saia, camisa, abrigo...


‘prendas de vestir’
posición parte do sexo abrigo para formalidade perneira
corpo chuvia
int. ext. sup inf m f - + form infor con sen
pantalón + + +
saia + + +
camisa +
camiseta + +
abrigo + +
chaqueta + + +
chaquetón + +
chuvasqueiro + + +
gabardina + + +
calzóns + + +
bragas + + +

II. CONFLITO LINGÜÍSTICO E PREXUÍZOS


Páx. 125

1. Explica en que consisten os prexuízos lingüísticos e comenta os que subxacen en afirmacións


como as seguintes:
• Para falalo mal, é mellor non falalo.
• Na era da globalización é absurdo empregar unha lingua minoritaria coma o galego.
• Fóra de Galiza o galego non serve para nada.
• O galego é unha lingua doce e melodiosa, moi apropiada para a poesía.
• O galego é un atranco no mundo laboral para atopar un posto de traballo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
78
Unidade 5
• Eu falo na lingua que me falen.
• En galego só hai gaiteiradas que aborrecen; nunca haberá bo rock e bo pop en galego porque soa
fatal.

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor realizados sobre distintos aspectos do uso das linguas
que se basean en ideas trabucadas ou formadas sen un coñecemento axeitado. Estas ideas erradas son a
consecuencia dos conflitos entre as distintas comunidades lingüísticas. As consecuencias dos prexuízos
son os comportamentos e actitudes negativas que afectan ao autoconcepto individual e colectivo.
• “Para falalo mal, é mellor non falalo”.
Trátase dun prexuízo non tradicional, dos que denominamos “novos prexuízos”. Está en relación coa
falta de confianza dos falantes na súa competencia lingüística. Existen dous aspectos actitudinais
que conflúen neste prexuízo. Por unha banda, está claro que a única forma de chegar a falar ben
un idioma é empregándoo, practicando o seu uso. Por outra, existe unha maior esixencia no grao
de corrección lingüística da poboación galega en xeral sobre o galego que sobre o castelán. Así, os
galeguismos lingüísticos non son xeralmente detectados nin reprobados, mentres que os castelanismos
e, especialmente, os dialectalismos, son moi censurados dentro do galego.

• “Na era da globalización é absurdo empregar unha lingua minoritaria coma o galego”.
Este é un prexuízo sociopolítico que parte da idea de que os intercambios entre os grupos humanos
teñen que levar á uniformización e ao empobrecemento cultural. Por outra banda, está baseada nun
concepto errado. O galego non é unha lingua minoritaria, senón minorizada.

• “Fóra de Galiza o galego non serve para nada”.


Todas as linguas son útiles porque todas teñen a capacidade de ser efectivos vehículos de comunicación.
Ademais, a utilidade das linguas cífrase dentro da comunidade da que é propia. Non tería sentido que
unha familia salmantina falase en alemán porque este é un idioma moi útil. O galego é o vehículo
máis axeitado para a comunicación entre as persoas galegas. Por outra banda, o noso idioma ten unha
dimensión internacional innegábel, como xa sinalaron Antón Vilar Ponte e Castelao, ao permitirnos
a comunicación cunha das comunidades lingüísticas máis importantes do mundo, a lusófona, ben
próxima a nós. Vilar Ponte dicía -no editorial de presentación de A Nosa Terra en 1916- que é unha
lingua viva que entenden moitos millós de homes máis alá das fronteiras. Castelao apunta no Sempre
en Galiza (1944) que é un idioma estenso e útil, porque –con pequenas variantes- fálase no Brasil,
en Portugal e nas colonias portuguesas.

• “O galego é unha lingua doce e melodiosa, moi apropiada para a poesía”.


Trátase dun prexuízo estético pseudopositivo. Está claro que todas as linguas poden ser melodiosas
e ásperas, todas poden ser duras e doces, ou sexa, todos os idiomas do mundo teñen a capacidade de
expresar os múltiples matices que precisa a comunicación humana.
A afirmación da propiedade do galego para a poesía fai pé na existencia, efectivamente, dunha
tradición literaria moi asentada no cultivo dese xénero (cantigas medievais, Rosalía, Curros, Pondal,
Cabanillas, Manuel Antonio...), mais pode encerrar prexuízo se dela se deriva a “inapropiedade” do
galego para os outros xéneros (narrativa, teatro, ensaio...) ou se o que se pretende é identificar o uso
do galego con “lirismo” inútiles para o mundo real.

• “O galego é un atranco no mundo laboral para atopar un posto de traballo”.


Este é un prexuízo socioeconómico, provocado pola consideración negativa que o uso do galego tivo
como símbolo de promoción social durante un dilatado período de tempo en que se impuxo a idea de
que o progreso social e individual viña da man do español.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
79
Unidade 5
Dominar un idioma, sexa cal for, nunca é un atranco no mundo laboral. Ademais, o coñecemento e
uso do galego é imprescindíbel na nosa sociedade, non só nos postos de traballo públicos –lembremos
que o acceso á función pública ten esta esixencia- senón para calquera do sector servizos, onde o trato
co público é imprescindíbel e require unha relación de respecto e estratexias de aproximación, entre
as que o uso da lingua é fundamental
Lembremos que a meirande parte da poboación segue a ser galegofalante e que cada vez hai máis
cidadáns conscientes dos seus dereitos lingüísticos.

• “Eu falo na lingua que me falen”.


Este é un prexuízo sociocultural baseado na idea de que contestar en galego a quen se dirixe a nós en
castelán é de má educación. Esta idea difundiuse impositivamente para reforzar a asociación entre
galego e incultura, xa que sempre foi o sector castelán-falante quen esgrimiu este argumento. Pola
propia consideración social que ata épocas recentes tivo o galego, os galegofalantes non empregaron
este argumento fronte aos seus interlocutores castelán-falantes.
Por outra banda, este prexuízo considera ao falante como un mero interlocutor ou receptor, cando
en realidade cada quen é suxeito da comunicación e actúa alternativamente como emisor e receptor.
Todas as persoas teñen unha lingua vehicular na que desenvolven o seu pensamento e a súa iniciativa
comunicativa. Se o axioma “eu falo na lingua que me falen” se levase á práctica ata o extremo, o
individuo que o practicase resultaría carente de iniciativa idiomática, pois non podería iniciar nunca
unha conversa sen antes saber cal é o idioma en que se vai expresar o seu interlocutor...
A maioría das persoas que empregan este argumento son castelán-falantes que teñen unha autoconciencia
lingüística moi precaria e, en moitas ocasións, non teñen noción de que lingua están empregando,
chegando a caer na evidente contradición coa súa práctica.

• “En galego só hai gaiteiradas que aborrecen; nunca haberá bo rock e bo pop en galego, porque soa fatal”.
Estamos ante un prexuízo sociocultural. O desprezo polo propio é a máis xenuína manifestación de
autoodio, que aparece representado aquí por unha expresión – gaiteiradas- impregnada de connotacións
negativas. A falla de difusión dos produtos culturais de creación propia leva ao seu descoñecemento
xeneralizado dentro da sociedade galega. A esta ignorancia e falta de familiaridade coas propias creacións
súmase unha concepción ríxida das manifestacións culturais, rexeitando a asimilación de influencias
externas á propia cultura. Se os norteamericanos non se impregnasen de influencias africanas, non
nacerían nin o “rock and roll”, nin o blues, nin o jazz. De feito, non só existe unha boa música tradicional
galega recoñecida e premiada no mundo enteiro –grupos como “Milladoiro”, “Berrogüetto”, “Luar na
Lubre”, ou solistas como Mercedes Peón ou Carlos Núñez, colleitan premios e recoñecemento a nivel
europeo e mundial-, senón que existen bos grupos de música contemporánea.

2. Le con atención este texto de Séchu Sende, extraído da súa obra Made in Galiza. Localiza e cla-
sifica os prexuízos que nel aparecen reflectidos. Con que categoría te identificas? Explica a túa
resposta.
Estudo sociolingüístico sobre a mocidade baixo os efectos das drogas.
O pasado sábado, 11 de setembro, un grupo de investigación sociolingüística da Facultade de Filoloxía da
Universidade de Santiago elaborou un estudo sobre as actitudes cara á lingua da mocidade baixo os efectos
das drogas.
O estudo pretendía recoller as valoracións e motivacións que rapazas e rapaces urbanos - da área de Santiago
de Compostela - teñen en relación coa lingua galega e o conflito lingüístico.
O estudo foi realizado coa metodoloxía da recollida de campo nunha das chamadas noite de marcha,
máis concretamente nun espazo culturalmente recoñecido como botellón, nun parque do centro urbano
compostelán (...).
Neste contorno social, o grupo de referencia do estudo estaba configurado por 11 adolescentes de entre 14
e 19 anos en diferentes estados de intoxicación ou, noutras palabras, de borracheira ou subidón.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
80
Unidade 5
Algúns exemplos das manifestacións sobre o tema que centrou a atención do grupo, a lingua galega, foron
rexistradas na recolleita e clasificadas por categorías:
CATEGORÍA A: Desprezo pola lingua
Pero qué mierda, dejaros de ese rollo del gallego, que no estamos en la aldea.
Si hablas gallego, no te comes un rosco.
Gallego, gallego, aún si supiese hablar inglés…
CATEGORÍA B: Indiferenza
A mi, hip, el galleeeego me la sssuda. Pásssame el peta que el gallego me cooorta el rollo.
Paso, tío, mientras no me lo impongan, yo soy libre de pasar del gallego como de la mierda.
CATEGORÍA C: Agrado sentimental
Pues es muy bonito.
Mis abuelos siempre lo hablan y yo lo respeto porque me gusta.
El otro día vi un poeta gallego en la tele y estaba muy cachondo. Me moló.
CATEGORÍA D. Aproximación
Eu ás veces falo galego, cando me dá o punto.
A mí me gustaría hablarlo mejor poque no lo doy hablado bien.
CATEGORÍA E: Apego
É a miña lingua, aínda que case nunca a falo.
Ademais tamén falo galego porque eu quero ser funcionario algún día.
CATEGORÍA F: Identidade cultural
Eu falo galego porque son galega.
Antessss morrrrta que, hip, sssen lingua.
Eu penso como non sei quen, que dicía iso de “Sen raíces non podes voar”.
CATEGORÍA G: Compromiso
Por que carallo vou deixar de falar galego. Nin de coña.
El gallego es guai, a mí me mola más que el castellano, tío, o día menos pensado póñome a falar
galego e xa non paro. Ves?
CATEGORÍA H: Conflito
Se volves dicir que o galego é unha merda, métoche unha hostia de vinte quilos.
Al gallego le quedan cuatro días, independentista del carallo.
Vai rañala, facha de merda.
Ao alcalde da Coruña había que cortarlle os …eles.

• Prexuízo vello: identificación GALEGO = RURAL = ATRASO.


“Pero qué mierda, dejaros de ese rollo del gallego, que no estamos en la aldea.”

• Prexuízo sociocultural: Nace da consideración de que existen ámbitos e funcións para as que o uso do
galego non é axeitado. Considérase difícil establecer unha relación sentimental ou sexual empregando
o galego:
“Si hablas gallego, no te comes un rosco”.

• Prexuízo contra a pluralidade lingüística e as lingua minorizadas. Valóranse os idiomas polo seu
número de usuarios a nivel mundial, non pola utilidade prática para a comunicación dentro da propia
sociedade, neste caso a galega. Considérase que existen linguas de primeira e linguas de segunda:
“Gallego, gallego, aún si supiese hablar inglés…”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
81
Unidade 5
• Prexuízo contra a normalización das linguas minorizadas. Fálase dunha suposta imposición do galego,
como se o que realmente se lle “impón” a ese falante non fose o castelán.
“Paso, tío, mientras no me lo impongan, yo soy libre de pasar del gallego como de la mierda.”

• Prexuízo estético pseudopositivo. Non existen idiomas bonitos nin feos, xa que todas as linguas teñen
a capacidade de expresar os múltiples matices que precisan os falantes na súa comunicación:
“Pues es muy bonito”.

• Prexuízo fronte a propia capacidade do falante. A esixencia social e a autoesixencia de corrección en


galego é moi superior á da corrección en castelán (repárese na incorrección cometida en castelán: “no
lo doy hablado bien”). Por mor desta presión, moitos potenciais falantes inhíbense. Por outra banda,
a única forma de chegar a falar ben un idioma é falándoo.
“A mí me gustaría hablarlo mejor poque no lo doy hablado bien”.

Páx. 126

3. Lede en alta voz e con atención este texto de Núñez Singala. A ignorancia ou o coñecemento
incompleto e nesgado son a causa dos prexuízos, segundo pon de manifesto o autor deste texto.
Organizade un pequeno debate sobre esta cuestión poñendo exemplos, non só dos prexuízos
lingüísticos, senón doutros que afectan á sociedade, como os que sustentan o machismo, a ho-
mofobia, a xenofobia etc.
Imaxina esta escena: un neno está nun cuarto, en pixama e zapatillas, xogando a un videoxogo. De súpeto
ábrese a porta e outro neno achégase a el e arrebátalle o videoxogo, e non só iso, senón que lle esixe tamén
que lle dea o pixama e as zapatillas.
Que che suxire? Quizais un neno bo e un neno malo. Se cadra un neno tratando de impoñer a súa autoridade
sobre outro. Seguramente ti, e eu, e a maioría das persoas, poñeriámonos do lado do primeiro neno e
tenderiamos a considerar autoritario ou abusón ao segundo neno.
O conto de arriba era só a escena final dunha historia que comezou antes. Velaquí o relato completo: un
neno volve á súa casa despois de saír do colexio e vai correndo ao seu cuarto porque lle apetece xogar a un
videoxogo. Cando chega alí a súa sorpresa é enorme. Outro neno está xogando co seu equipo, vestido co
seu pixama e calzado coas súas zapatillas. A súa primeira reacción é de estupor, non o pode crer. Daquela
baixa a falar cos seus pais. Eles dinlle que tampouco o entenden, que o neno chegou e instalouse, sen dar
máis razóns. O neno sobe de novo ao seu cuarto e arrebátalle os mandos do videoxogo...
E agora?, probablemente a ampliación da información serviu para darlle un xiro á situación.
Co galego pasou algo similar. Con frecuencia só somos conscientes da escena final e esquecemos –ou
ocúltannos- a historia completa. O galego orixinouse en Galicia e foi a lingua da totalidade da poboación
na Idade Media durante varios centos de anos. Despois, por cuestións que son ben coñecidas, veu instalarse
o español. E moitas veces pola forza. Pero, por que entón prospera nalgúns a idea de que o galego é unha
lingua que se está impoñendo? Simplemente porque para que o galego recupere usos, o español ten que
perdelos. O terreo que gaña un teno que ceder o outro. Pero de aí a dicir que se trata dunha imposición hai
unha gran distancia.
Resulta desenmascarador que aqueles que claman contra a imposición e enchen o peito con palabras
como liberdade, bilingüismo e harmonía, só se deixen oír nos casos en que o galego comeza a asomarse á
igualdade co español. Nada din das moitas outras situacións en que o galego non ten presenza ningunha.
Dicir que a lingua que está en clarísima desvantaxe está sendo imposta é tanto como afirmar que os paxaros
se tiran ás escopetas.

Resposta libre.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
82
Unidade 5

III. Reforzo gramatical. O verbo (I)


Páx. 129

1. Fai a segmentación morfolóxica das seguintes formas verbais e indica o valor de cada un dos
constituíntes: deixaredes, contaramos, nacen, anoiteceu, prometemos, formariades, houberes,
saiamos, desenvolvestes.
• Deix-a-re-des:
raíz: deix-; vogal temática: -a- (primeira conxugación); morfema de modo e tempo: -re- (indica futuro
de indicativo); morfema de número e persoa: -des (indica 2ª persoa de plural).
• Cont-a-ra-mos
raíz: cont-; vogal temática: -a- (primeira conxugación); morfema de modo e tempo: -ra- (indica
antepretérito de indicativo); morfema de número e persoa: -mos (indica 1ª persoa de plural).
• Nac-e-n:
raíz: nac-; vogal temática: -e- (segunda conxugación); morfema de modo e tempo: -ø- (presente de
indicativo); morfema de número e persoa: -n (indica 3ª persoa de plural).
• Anoitec-e-u:
raíz: anoitec- (a-: prefixo; -noit-: lexema; -ec-: sufixo); vogal temática: -e- (segunda conxugación);
morfema de modo e tempo: -ø- (pretérito de indicativo); morfema de número e persoa: -u (indica 3ª
persoa de singular).
• Promet-e-mos:
raíz: promet-; vogal temática: -e- (segunda conxugación); morfema de modo e tempo: -ø- (presente
ou pretérito de indicativo); morfema de número e persoa: -mos (indica 1ª persoa de plural).
• Form-a-ria-des:
raíz: form-; vogal temática: -a- (primeira conxugación); morfema de modo e tempo: -ria- (indica
pospretérito de indicativo); morfema de número e persoa: -des (indica 2ª persoa de plural).
• Houb-e-re-s:
raíz: houb-; vogal temática: -e- (segunda conxugación); morfema de modo e tempo: -re- (indica
futuro de subxuntivo); morfema de número e persoa: -s (indica 2ª persoa de singular).
• Sa-i-a-mos:
raíz: sa-; vogal temática: -i- (terceira conxugación); morfema de modo e tempo: -a- (indica presente
de indicativo); morfema de número e persoa: -mos (indica 1ª persoa de plural).
• Desenvolv-e-stes:
raíz: desenvolv- (des-: prefixo; envolv-: lexema); vogal temática: -e- (segunda conxugación); morfema
de modo e tempo: -ø- (indica pretérito de indicativo); morfema de número e persoa: -stes (indica 2ª
persoa de plural).

2. Consulta se o precisas o cadro de distribución das vogais semiabertas e semifechadas (páxinas


46-47) e indica a abertura da vogal tónica das seguintes formas verbais:
bebe * coces // colle // consentes // convertemos /e/
coñecestes /e/ correspondese /e/ couber // deras // dixesen //
encollera /e/ fixeches // houbestes // morren // promete*
protexeron /e/ puidese // quixestes // sofre // sorprenda /e/
* bebe e promete poden ter vogal semiaberta //, sendo formas do presente de indicativo, e vogal semifechada /e/, no caso de
tratarse do imperativo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
83
Unidade 5
3. Lembra a conxugación dos verbos con alternancia vocálica e pon a forma de Presente de Indica-
tivo que corresponda do verbo que vai entre parénteses:
• Ultimamente non (acudir; el) acode ao teatro tanto como antes.
• O noso seguro (cubrir) cobre toda clase de accidentes.
• É moi cauta, sempre (medir) mide moi ben as súas palabras.
• Todos eses vellos aparatos xa non (servir) serven para nada.
• Se non (durmir; ti) dormes máis de cinco horas é lóxico que esteas canso.
• Son aínda moitos os que (sufrir) sofren as consecuencias da guerra.
• (Seguir; ti) Segues sendo a mesma persoa de sempre.
• É no século XIX cando (rexurdir) rexorde a nosa literatura.
• Nunca din a verdade, sempre (mentir; eles) menten.
• A lúa xa non (lucir) loce tanto como outros días.

4. Nas seguintes frases cambia a forma verbal que aparece destacada pola correspondente do Pre-
térito (ten en conta que outros verbos poden verse afectados por estes cambios):
• Digo que te poñas aí. > Dixen que te poñas aí.
• Estou todo o día traballando na fábrica. > Estiven todo o día traballando na fábrica.
• Facemos todo canto nos mandan. > Fixemos todo canto nos mandaron.
• Hai que arranxar unha solución en menos de dúas horas. > Houbo que arranxar unha solución en
menos de dúas horas.
• Sei por onde se vai a aquela praza. > Souben por onde se ía a aquela praza.
• Poste en pé cando estás impaciente. > Puxécheste en pé cando estabas impaciente.
• Todos eses vultos non caben no teu faiado. > Todos eses vultos non couberon no teu faiado.
• Sabemos que non vai quedar máis remedio. > Soubemos que non ía quedar máis remedio.
• Todo o que traio é para a miña filla. > Todo o que trouxen é para a miña filla.
• Son eu quen máis fai e máis di. > Fun eu quen máis fixo e máis dixo.

Páx. 130
5. Tendo en conta o valor de cada caso, usa a forma correspondente de Antepretérito ou de Preté-
rito de Subxuntivo:
• Aquilo acontecera antes de naceres.
• Aínda non dei entendido a causa de que te enfadases tanto.
• Puxera a súa sinatura no documento despois de pensalo moito.
• Pedímoslle a Clara que nos axudase a mover aquel armario.
• Se me dixésedes a verdade todo iría mellor.
• Eles calaran porque eran moi tímidos.
• Nunca saíra da súa vila nos últimos seis meses.
• Pediuvos que acabásedes o máis axiña posíbel.
• A Xeración Nós contribuíra decisivamente na renovación da literatura galega.
• Creo que se ti apurases un pouco máis poderíamos chegar a tempo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
84
Unidade 5
6. Usa o Futuro de Subxuntivo nos seguintes enunciados, sempre que sexa posíbel:
• Cando viñeres visitarnos podes quedar máis tempo connosco.
• Se queredes deixar alí bolsas e carteiras podedes facelo (non é posíbel o uso do futuro de subxuntivo,
pois a acción refírese ao presente).
• Quero acompañalos a onde foren.
• Redácteo vostede como mellor souber.
• Se fordes intelixentes, faredes o que máis conviñer aos vosos intereses.
• Cando estiveres diante deles has de saber o que lles has de contar.
• Onde traballares procura comportarte honradamente.
• Se prefires adiar a reunión para mañá eu estou de acordo (non é posíbel o uso do futuro de subxuntivo,
pois a acción refírese ao presente).
• Os que teñan cometido varias faltas deberán pagar unha pequena multa (non é posíbel o uso do
futuro de subxuntivo, pois a acción refírese ao pasado).
• Cando estudares non deixes o difícil para o final.

7. Usa a forma axeitada do participio do verbo que figura entre parénteses, en cada un dos seguin-
tes enunciados:
• Andaba descalzo - descalza pola praia (descalzar).
• Non dei espertado a tempo e perdín o tren (espertar).
• A factura xa está paga; cando queirades, marchamos (pagar).
• Síntome orgullosa de ter nacido nesta terra e de formar parte desta sociedade (nacer).
• Este peixe foi fritido a lume moi vivo (fritir).
• Quedou tolleita a causa do accidente de moto (toller).
• É un dos países máis desenvolvidos da área (desenvolver).
• Fai as liñas dereitas, que as estás facendo todas tortas (torcer).

8. Redacta enunciados onde uses cada unha das dúas formas de participio dos verbos coller, comer,
envolver, erguer, fartar, imprimir e revolver.
Resposta aberta.
As formas de participio son:
coller: collido / -a colleito / -a
comer: comido / -a comesto / -a
envolver: envolvido / -a envolto / -a
erguer: erguido / -a ergueito / -a
fartar: fartado / -a farto / -a
imprimir: imprimido / -a impreso / -a
revolver: revolvido / -a revolto / -a

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
85
Unidade 6

Unidade 6.

Páx. 132
A valoración das linguas segundo o número de falantes é irrelevante xa que a cantidade de falantes non
ten nada que ver coas características das linguas, nin as favorece nin as empeora. A situación actual,
con linguas con moitos falantes e outras con moi poucos, débese a factores políticos e económicos,
non lingüísticos. Con todo, para aqueles que aducen que ao pasar Pedrafita o galego non serve de
nada, cómpre facerlles ver que sabendo galego o acceso ao portugués non supón ningún esforzo e esa
lingua (que en boa medida tamén é a nosa) xa nos outorga eses millóns de falantes que os amantes das
cantidades parecen necesitar.
Á xente adóitalle sorprender que o galego ocupe o número cento trinta e seis na clasificación das cinco
mil linguas do mundo, por diante doutros idiomas estatais europeos como o lituano, o letón, o esloveno,
o macedonio, o estonio, o maltés, o islandés ou o luxemburgués. O galego está entre as cento dezaoito
linguas que posúen interface en Google, ou que se atopa entre o medio cento escaso de linguas nas que
un pode obter o sistema operativo Windows, ou que en canto ao número de libros traducidos a unha
lingua, o galego está no posto corenta e oito, xusto por riba do chinés, ou que ocupa o número trinta e
sete en canto ao número de páxinas web dispoñibles...
En galego, por que non?, Manuel Núñez Singala

1. Fai un esquema co contido do texto.


Resposta aberta. Unha posíbel solución é a seguinte:
O número de falantes dunha lingua é irrelevante:
· non di nada das súas características;
· débese a factores non lingüísticos (políticos e económicos).
De todas as formas o galego ten amplas posibilidades de comunicación:
· ten doada comprensión cos millóns de persoas que falan portugués.
Algúns datos sobre o galego en comparación coas demais linguas do mundo:
· é o número cento trinta e seis por falantes;
· está entre as cento dezaoito que teñen interface de Google;
· está entre as cincuenta que teñen versión de Windows;
· ocupa o posto corenta e oito por libros traducidos doutra lingua;
· está o posto trinta e sete por páxinas web dispoñibles.

2. Escolle a afirmación que che resulte máis rechamante. Na aula organizade unha posta en común.
Cada alumna ou alumno deberá xustificar a súa elección e comentala.
Resposta aberta.

3. Clasifica os verbos do primeiro parágrafo en regulares, semi-regulares e irregulares. Indica o seu


futuro de subxuntivo e escribe un enunciado empregando este tempo verbal.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
86
Unidade 6

Regulares Semi-regulares Irregulares


favorece (favorecer) serve (servir) é (ser)
empeora (empeorar) cómpre (cumprir) ten (ter)
débese (deber) ver
aducen (aducir) facer
pasar sabendo (saber)
outorga (outorgar) supón (supoñer / supor)
parecen (parecer)
necesitar

Futuro de subxuntivo:
· é (ser): for, fores, for, formos, fordes, foren;
· ten (ter): tiver, tiveres, tiver, tivermos, tiverdes, tiveren;
· ver: vir, vires, vir, virmos, virdes, viren;
· favorece (favorecer): favorecer, favoreceres, favorecer, favorecermos, favorecerdes,
favoreceren;
· empeora (empeorar): empeorar, empeorares, empeorar, empeorarmos, empeorardes,
empeoraren;
· débese (deber): deber, deberes, deber, debermos, deberdes, deberen;
· aducen (aducir): aducir, aducires, aducir, aducirmos, aducirdes, aduciren;
· pasar: pasar, pasares, pasar, pasarmos, pasardes, pasaren;
· serve (servir): servir, servires, servir, servirmos, servirdes, serviren;
· cómpre (cumprir): cumprir, cumpriren (este verbo é defectivo e e ó se conxuga na 3ª persoa);
· facer: fixer, fixeres, fixer, fixermos, fixerdes, fixeren;
· sabendo (saber): souber, souberes, souber, soubermos, souberdes, souberen;
· supón (supoñer / supor): supuxer, supuxeres, supuxer, supuxermos, supuxerdes, supuxeren;
· outorga (outorgar): outorgar, outorgares, outorgar, outorgarmos, outorgardes, outorgaren;
· parecen (parecer): parecer, pareceres, parecer, parecermos, parecerdes, pareceren;
· necesitar: necesitar, necesitares, necesitar, necesitarmos, necesitardes, necesitaren.
A última parte do exercicio é de resposta aberta.
Débese ter en conta que este tempo expresa unha acción non real pero probábel que fai referencia a
unha situación futura. Úsase en cláusulas dependentes: condicionais (se tiver tempo, irei visitarvos),
temporais (tráeme o libro cando puideres), relativas (non se admitirán traballos que se entregaren fóra
de prazo)...

4. Sinala dous campos semánticos que serven de organizadores do texto e indica que palabras for-
man parte deles.
Para a organización do texto contribúe o campo semántico das linguas, do que aparecen as seguintes
palabras: galego, portugués, lituano, letón, esloveno, macedonio, estonio, maltés, islandés, luxemburgués,
chinés...

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
87
Unidade 6

I. AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
As definicións de palabras dos exercicios seguintes están tomadas dos dicionarios en liña:
Dicionario Ir Indo: www://www.digalego.com
Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/dicionario

Páx. 138

1. En cada unha das seguintes series de sinónimos hai un termo intruso, cal é?
a) agoirar, adiviñar, predicir, presaxiar, prescribir, vaticinar
O termo intruso é prescribir: Indicar un organismo ou unha lei que algo se debe facer obrigatoriamen-
te. / Receitar un médico unha terapia ou medicamento. / Adquirir un dereito ou deixar de ser efectivo
por transcorrer un período de tempo establecido.
O significado común ás demais palabras é: Anunciar con anticipación o que vai suceder.
b) agarimo, agasallo, galano, garrido, obsequio, presente
O termo intruso é agarimo: ‘Acción e efecto de agarimar’ / ‘Sentimento de amizade e tenrura que se
manifesta cara a alguén’ / ‘Elemento que gorece das malas condicións meteorolóxicas’.
O significado común ás demais palabras é: ‘Cousa que se entrega a alguén gratuitamente como mostra
de afecto ou consideración, regalo’.
c) acedo, acerbo, ácido, agre, amargo, eximio
O termo intruso é eximio: ‘Que destaca pola súa sabedoría, ou pola importancia da súa obra ou os
seus méritos’.
O significado común ás demais palabras é: ‘De sabor pouco agradábel, áspero ao gusto’.
d) alcatreo, cheirume, coteno, fedor, gafume, tufo
O termo intruso é coteno: ‘Vulto que se forma nas articulacións dos dedos cando se flexionan’ ou
‘Aplícase ao membro do corpo que non se formou na súa totalidade ou que foi mutilado’.
O significado común ás demais palabras é: ‘Cheiro desagradábel’.
e) balizar, deliñar, demarcar, derregar, extremar, limitar
O termo intruso é extremar: ‘Levar algo ao seu extremo ou ao seu grao máximo’ / ‘Poñer en algo o
máximo grao de atención ou coidado’.
O significado común ás demais palabras é: ‘Delimitar ou demarcar algo’.
f) argalleiro, falsete, falso, trampulleiro, impostor, mentireiro, troleiro
O termo intruso é falsete: ‘Voz artificial, xeralmente masculina, situada por riba dos rexistros normais,
que utiliza o cantante esporadicamente para producir efectos cómicos’.
O significado común ás demais palabras é: ‘Que conta mentiras ou falta á verdade’.

2. Constrúe frases nas que se poidan apreciar as diferenzas entre os seguintes sinónimos, por non
ser posíbel o seu intercambio.
Aínda que é unha actividade de resposta aberta indicamos algunhas posibilidades:
· Rebaixei un pouco o pelo (non podemos substituílo por ningún dos outros termos).
· Rebaixaron o prezo de algo (podemos substituílo por abarataron ou incluso por descendeu ou
diminuíu mais non sería posíbel usar neste contexto depreciar ou degradar).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
88
Unidade 6
· Rebaixárono de categoría (poderiamos substituílo por degradárono ou descendeu, mais non por
abaratárono, depreciárono ou diminuírono).
· Non te rebaixes a suplicarlle (non podemos substituílo por ningún dos outros termos).
· Os títulos académicos deprécianse cando hai demasiados (poderíase usar degrádanse mais non
abarátanse, descenden ou diminúen).
· Descende dunha ilustre familia (non é posíbel a substitución por ningún outro termo).
· A estrada descende bruscamente (ídem).
· Descende a intensidade do lume (pódese substituír por diminúe).
· Nos últimos anos diminúe a poboación (podemos usar descende).
· O verniz degrádase co sol e a chuvia (non é válido outro termo).
· As construcións incontroladas degradaron o patrimonio (poderiamos usar depreciaron)
· Con ese insulto degrádase máis o emisor que o destinatario (pódese usar rebáixase).

3. Debes agrupar as palabras da seguinte relación en grupos de tres das que dúas sexan sinónimos
e outra oposta:

sinónimos oposto
absorto distraído atento
esencial primordial accesorio
detractor disidente adepto
arteiro pícaro cándido
diplomático discreto descortés
banal fútil profundo
denso mesto raro
incontrovertíbel innegábel polémico

4. Para delimitarmos ben o significado de termos sinónimos, entre outros procedementos, pode-
mos ordenalos nunha serie de tal forma que o contraste entre eles manifesta as súas diferenzas.
Como ordenarías os seguintes sinónimos?
Unha posíbel ordenación é a seguinte:

– +
importunar molestar enfastiar amolar enfadar fartar
extravagante maniático delirante demente tolo

5. Indica todos os sinónimos que coñezas para cada un dos significados de delicado e de forte, como
no exemplo:
• saúde delicada, débil ou fráxil;
• problema delicado, complicado, comprometido, difícil;
• gusto delicado, exquisito, sutil, suave, primoroso;
• roupa delicada, fina, delgada, suave;
• rostro delicado, agradábel, agraciado, sensíbel;
• persoa forte, robusta, baril, rexa ou vigorosa;

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
89
Unidade 6
• dor forte, intensa ou aguda;
• café forte ou cargado;
• goberno forte, estábel ou poderoso;
• argumento forte, convincente, concluínte, contundente ou persuasivo.

6. Substitúe nos seguintes enunciados o verbo romper polo sinónimo que mellor lle acaia en cada
caso, sen repetir ningún:
Sinónimos de romper: desgarrar, esbandallar, escachar, esgallar, esgazar, esnaquizar, estoupar, fender,
fracturar, quebrantar, rachar

Bateulle co coitelo e rompeu o vaso. escachou


Decidín romper a folla do exame e non entregalo. rachar
Foi tan forte a explosión que rompeu a parede do cuarto. fendeu
Golpeou o reloxo co martelo e rompeuno. esnaquizouno / esbandallouno
Non rompas o envoltorio por se hai que devolver o aparello. desgarres
Non sei como enganchei na porta e rompín a camisa. esgacei
Non sigas inchando o globo que vai romper. estoupar
O vento rompeu a póla do castiñeiro. esgallou
Rompeu a perna na caída. fracturou
Rompeu a súa promesa por segunda vez. quebrantou
Caeulle o ordenador polas escaleiras e rompeuno. esbandallouno / esnaquizouno

Páx. 139

7. Constrúe dúas frases con dúas acepcións distintas de cada unha das seguintes palabras polisémi-
cas: cabeza, estampa, ferver, figura, flor, ourizo, padecer.
Aínda que é unha actividade de resposta aberta damos algunhas posibilidades:

O corpo divídese en cabeza, tronco e extremidades.


Ten moi pouco pelo na cabeza.
Nesta granxa temos cen cabezas de bovino e o dobre de ovino.
Cabeza Para espetar o cravo dálle un golpe forte co martelo na cabeza.
Iamos na cabeza da manifestación.
Esquéceste de todo, non sei onde tes a cabeza.
Esta vila é cabeza de concello.
Hai quen colecciona estampas de santos.
Deu á estampa un novo libro de versos.
estampa A pesar dos seus anos conservaba moi boa estampa.
Esta obra contén estampas dos lugares nos que viviu o autor.
Castelao publicou tres álbums de estampas da guerra.
A auga ferve aos cen graos.
Férveme o sangue no corpo.
ferver
O viño ferve durante uns cantos días.
A aquela hora as prazas fervían de xente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
90
Unidade 6

A figura do avó permanece nidia na miña mente.


Descubría nas nubes figuras de animais fantásticos.
figura Recoñecinte máis pola voz que pola figura.
Foi unha figura nos catro deportes que practicou.
Adoraban a figura dun becerro.
A flor da laranxeira úsase en perfumería polo seu delicado recendo.
flor Ten os nervios a flor de pel.
Vós estades agora na flor da idade.
Moitos ourizos morren ao cruzar a estrada.
ourizo Xa os ourizos están abrindo e deixan caer as castañas.
O ourizo é produto do mar pouco apreciado aínda en Galiza.
Padece frecuentes dores de cabeza.
padecer Padeceu todo tipo de aldraxes mais nunca renunciou ás súas ideas.
A madeira da xanela padece moito coa chuvia e o vento.

8. Indica todos os significados das palabras pan e pé e intenta explicar as causas da súa polisemia.

Pan Porción de masa de fariña e auga, con sal e lévedo, cocida ao forno.
Masa disposta con manteiga ou aceite que se usa en empanadas e pasteis .
Calquera alimento, ou aquilo que pode servir de sustento diario.
Trigo, centeo, etc. (calquera cereal do que se fai pan).

Pé Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso
e as dedas.
Parte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.
Parte terminal de cada unha das patas dun animal.
Tronco dunha planta ou dunha árbore.
Parte dun obxecto que serve para soportar algo e sobre a que este se apoia no chan.
Peza colocada verticalmente para soster algún elemento de construción.
Parte de abaixo dunha cousa.
pl. Parte dunha cousa oposta á cabeceira, especialmente da cama.
Pedra inferior do muíño, sobre a que xira a moa.
Texto impreso debaixo, ao lado ou enriba dunha ilustración, que explica o seu significado
e facilita a comprensión.
Unidade de lonxitude que se utiliza nos países anglosaxóns, igual a 1/3 da iarda ou a 12
polgadas, que equivale a 30,48 cm.
Unidade métrica básica a partir da que se formaban os versos na poesía clásica grega e
latina.

A polisemia prodúcese nos dous casos por uso figurado da linguaxe: aplícase o nome “pan” a un alimen-
to elaborado cunha masa similar, a calquera alimento que o acompaña (pois o pan é o alimento principal)
ou dáselle o nome do produto ao cereal co que se elabora. No caso de “pé” a ampliación do significado
baséase na similitude pola función de mobilidade e sustento, a posición inferior ou a medida.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
91
Unidade 6
9. Completa o gráfico cos termos da lista:

cor
amarelo verde azul vermello negro
ámbar esmeralda azur carmesí amourado
azafrán caqui celeste colorado ébano
dourado glauco cerúleo corinto fusco
ocre oliva índigo encarnado moreno
pardo pistacho opalino rosa negral
trigueiro turquesa rubio

10. A que substantivos corresponden as definicións seguintes? Cada un deses substantivos ten un
homónimo: redacta a súa definición.
(Nota. As definicións de palabras están tomadas do Dicionario Ir Indo: http://www.digalego.com/)

Femia do boi vaca


baca Plataforma que se coloca sobre o teito dun vehículo
automóbil para transportar a equipaxe. / Parte superior
dunha carruaxe cuberta cunha lona.
Cada un dos elementos dun bago
acio, uva
vago Que non lle gusta traballar. / Que non está claramente
definido.
Segunda letra do alfabeto beta
grego
veta Franxa dun mineral que, debido ás súas características,
se diferencia da masa onde se atopa. / Raia ou lista que
destaca daquilo en que se encontra. / Depósito alongado e
estreito dun mineral.
Individuo de sexo masculino varón
barón Título nobiliario inmediatamente inferior ao de vizconde.
Bater de forma violenta chocar
contra algo, por exemplo un
coche.
chocar Poñerse choca unha ave, especialmente a galiña.
Perfume feito con auga, alcol colonia
e distintos aromas.
colonia Territorio ocupado e sometido, xunto coa súa poboación,
por outro pobo ou estado, co fin de iniciar un proceso de
explotación dos seus recursos. / Conxunto de persoas que
van dun territorio a outro para se establecer nel. / Lugar
onde se establece este conxunto de persoas.
Pousarse unha aeronave aterrar
sobre a superficie terrestre
aterrar Infundir terror a alguén.
Gana e necesidade de beber sede
sede Lugar onde ten o seu domicilio principal unha entidade,
unha institución ou unha empresa. / Lugar onde se
desenvolve ou se concentra unha determinada actividade.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
92
Unidade 6
Páx. 140

11. Indica os opostos dos seguintes termos e clasifícaos en complementarios, graduais ou recíprocos:
duro/-a, perenne, delgado/-a, mediocre, sogro/-a, loar, axudar, comprar, torpe, total, óptimo/-a.

Oposto Tipo de oposición


duro/-a mol, brando/-a gradual
perenne caduco/-a complementaria
delgado/-a gordo/-a, groso/-a gradual
mediocre brillante gradual
sogro/-a xenro - nora recíproco
loar criticar, censurar gradual
axudar prexudicar gradual
comprar vender recíproco
torpe intelixente, hábil gradual
total parcial complementaria
óptimo/-a pésimo/-a gradual

12. Explica que tipo de relación semántica se estabelece entre as palabras de cada un dos seguintes
pares:

berro / aturuxo Relación de inclusión: berro é hiperónimo de aturuxo.


beta / veta Relación de homonimia: son homónimos homófonos.
cadrado / triángulo Son cohipónimos entre si, como hipónimos de polígono.
cóncavo / convexo Relación de oposición; son termos complementarios.
conceder / denegar Relación de oposición; son termos complementarios.
educador / mestre Relación de inclusión: educador é hiperónimo de mestre.
encher / fartar Relación de sinonimia.
equino / porcino Cohipónimos entre si, hiperónimos de gando.
glacial / afervoado Relación de oposición; son termos antónimos.
obvio / patente Relación de sinonimia.
pena (‘castigo’) / pena (‘rocha’) Relación de homonimia.
perseguir / fuxir Relación de oposición; son termos recíprocos.
polgar / dedo Relación de inclusión: polgar é hipónimo de dedo.
sogra / xenro Relación de oposición; son termos recíprocos.
úmero / esqueleto Relación de meronimia.
varudo / rexo Relación de sinonimia.
veo [e] / veo [] Relación de homonimia: son homónimos homógrafos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
93
Unidade 6
13. Entre as palabras sinónimas existe, na maior parte dos casos, algunha diferenza de significa-
do (un termo é máis xeral que o outro; un é coloquial, o outro formal; un é máis intenso que o
outro; un é máis literario que o outro; un é común, o outro dialectal; un é termo técnico, o outro
non...). Intenta explicar cal é a diferenza que se produce en cada un dos seguintes casos, como
no exemplo:
vivenda / casa: o primeiro termo é máis xeral que o segundo;
abdome / ventre: o primeiro termo é técnico, o segundo coloquial;

• axila / sobaco: o segundo termo é máis vulgar ou coloquial que o primeiro;


• bandullo / barriga: o primeiro termo é máis coloquial;
• borracheira / ebriedade: o primeiro termo é máis coloquial;
• diáfano / claro: o primeiro termo é máis literario que o segundo;
• esmagar / pisar: o primeiro termo é máis intenso que o segundo;
• estomatólogo / dentista: o primeiro termo é máis técnico;
• fantoche / presuntuoso: o primeiro termo é coloquial;
• ósculo / beixo: o primeiro termo é literario;
• raposo / golpe: o segundo termo é dialectal;
• utensilio / ferramenta: o primeiro termo é mais xeral;
• vicio / defecto: o primeiro termo implica unha valoración moral.

14. Despois de leres o seguinte texto, realiza as actividades que se indican sobre el:
O meu primeiro día de traballo tamén o foi de garda. Retireime ao cuarto pola noite con notábel inquie-
tude, dada a miña escasa experiencia –e malia as palabras tranquilizadoras dos meus colegas máis ve-
teranos e do meu predecesor–, e dispúxenme a non poder durmir, mentres sentía os embates do temporal,
que xa na tarde ensinara o seu magnífico fulgor laxento en torno ás illas Cíes. Bruaba o vento de forma
espasmódica con períodos de marcada calma, cada vez máis curtos, ata acabar nun zoar furioso, con
pechadas bategadas de chuvia nos cristais. Isto anímase, pensei ao par que escoitaba petar na porta. E xa
oín a voz rouca do celador nocturno, Ricardo:
–Que baixe, de parte de sor Pilar. Hai parto.
Presa de auténtico terror, apenas acertei a balbucir:
–¿Como que hai parto? A min ninguén me falou de partos aquí...
A.Vázquez de la Cruz: Luz de Tebra

a) Indica que sinónimos poderían substituír as palabras subliñadas sen alterar o sentido xeral.
· notábel: apreciábel, considerábel, importante;
· inquietude: inquedanza, preocupación, axitación;
· escasa: pequena, pouca, contada, exigua;
· experiencia: práctica;
· sentía: oía, notaba, escoitaba;
· ensinara: mostrara, amosara;
· magnífico: extraordinario, espléndido, excelente, formidábel;
· marcada: intensa, acentuada, acusada;
· furioso: violento, rabioso;
· auténtico: verdadeiro.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
94
Unidade 6
b) Define a acepción que teñen no texto as seguintes palabras e indica cando menos outra acep-
ción máis de cada palabra: garda, retirarse, calma, acertar.
(Nota. As definicións de palabras están tomadas do Dicionario Ir Indo: http://www.digalego.com/)

garda no texto Servizo especial que prestan certos profesionais (neste caso un médico) fóra
do horario habitual de traballo.
outras Acción de gardar ou vixiar.
Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén.
Individuo que pertence a algún destes corpos.
Cousa que reforza ou protexe, especialmente a folla de papel que se pon ao
principio e ao final do libro.
retirarse no texto Marchar para un lugar a descansar ao remate do día.
outras Afastarse dun lugar ou dunha cousa.
Deixar de prestar servizo activo nunha profesión.
Abandonar unha competición deportiva antes de que esta chegue á súa fin.
Abandonar ou retroceder un exército do lugar onde loitaba.
Ir vivir a un lugar afastado e tranquilo.
calma no texto Falta de ruído ou axitación nalgún lugar.
outras Estado da atmosfera ou do mar cando non hai perturbacións.
Estado ou comportamento da persoa que non está excitada nin demostra
enfado.
acertar no texto Conseguir facer ou atopar a solución de algo incerto ou dubidoso
outras Facer chegar unha cousa a un punto preciso onde o axente a dirixía.
Chegar a coñecer de certo algo que se mantiña oculto ou sen resolución.
Tocar de xeito preciso cun proxectil ou outro obxecto.
Facer o mellor ou máis conveniente nun momento determinado e que logo se
confirma que foi o correcto.

c) Na palabra temporal hai un caso de polisemia ou de homonimia? Explica a resposta.


Son dúas palabras distintas:

1 Adx. Que dura un determinado tempo.


Relativo ou pertencente ás cousas da vida mundana.
Que expresa unha relación de tempo.
Subst. Situación atmosférica que se caracteriza por precipitacións e ventos persistentes.
2 Adx. Relativo ou pertencente ás tempas.
Subst. Cada un dos dous ósos que forman a parte lateral inferior do cranio.

Tal como se aprecia nas definicións das palabras, unha ten relación con tempo e a outra con tempa;
trátase, polo tanto, dun caso de homonimia.

d) Balbucir é ‘falar ou pronunciar algo con dificultade ou de maneira vacilante’; o significado de


falar está tamén presente nos verbos seguintes; define cada un deles e pon un exemplo do seu
uso:
Aínda que a resposta é parcialmente aberta, dáse unha posibilidade.
· laretar: Falar moito e dicindo cousas sen xeito. Pasa todo o día laretando.
· declamar: Dicir en alta voz, coa entoación, sentimento e xestos apropiados [un texto literario ou
un discurso]. Declamar uns versos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
95
Unidade 6
· berrar: Falar en voz moi alta. Ao avó tes que berrarlle se queres que te oia.
· rexoubar: Falar mal de alguén ou dalgunha cousa, dicir cousas que prexudiquen a boa reputación
daquel ou daquilo do que se fala. Moito lle gusta rexoubar das veciñas.
· deliberar: Falar ou discutir sobre un asunto para tomar unha decisión. Os membros do xurado
están deliberando antes de emitir a sentenza.
· fungar: Falar nasalmente, resoando o son polo nariz. Funga porque está arrefriado. / Emitir sons
confusos ou palabras incomprensibles, como mostra de protesta ou enfado. Non fai máis que
fungar, nada lle parece ben.
· pregoar: Anunciar en voz alta [unha cousa] para que sexa sabida por todos. Antigamente pregoábanse
nas prazas públicas as disposicións das autoridades. / fig. Dicir en público [algo que se debería
calar]. Ía pregoando os defectos do veciño. / fig. Loar en público [as virtudes ou calidades dunha
persoa ou cousa]. Sempre anda a pregoar a beleza da súa filla.
· disertar: Facer unha exposición detallada, razoada e ordenada sobre un tema, xeralmente en
público. O profesor disertou sobre as consecuencias dos cambios climáticos.
· departir: [Dúas ou máis persoas] falar dun xeito máis ou menos familiar sobre un tema calquera.
Departían sobre arte e literatura.
· musitar: Dicir [algo] en voz moi baixa. Musitáballe palabras ao oído.
· divagar: Arredarse de xeito arbitrario dun asunto do que se está a falar ou tratalo de xeito vago. O
entrevistado procuraba non divagar contestando directamente as preguntas.
· farfallar: Falar sen coñecemento de causa e con presunción. Cala a boca e deixa de farfallar / col.
Pronunciar [algo] con dificultade ou de maneira vacilante. Ao marchar farfallou unhas palabras
que ninguén entendeu.
· narnexar: Falar de forma nasal, resoando o son polo nariz. Narnexa porque ten catarreira.
· parolar: fam. Falar moito e polo xeral de cousas sen importancia. Parolando parolando, fóisenos
o tempo.
· perorar: Pronunciar un discurso. Na súa intervención ante un grupo de empresarios perorou sobre
a difícil situación económica do país. / Expoñer unha opinión ou idea de maneira enfática ou
afectada. Cando se pon a perorar sobre temas transcendentais é insoportable.

II. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA ACTUAL


Páx. 147

1. Procura unha definición para os seguintes termos: situación diglósica, proceso substitutivo, nor-
malización lingüística, lingua propia, endoculturización, lusofonía.
• Situación diglósica. É aquela que se produce cando nunha sociedade existen individuos que empre-
gan dous idiomas cunha distribución xerárquica e desigual. A lingua propia (lingua B) emprégase a
nivel informal e nos ámbitos menos prestixiosos, mentres que a lingua foránea (lingua A) acapara os
usos máis prestixiosos e formais.
• Proceso substitutivo. Consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua
dominante. Adoita producirse en tres fases: implantación da lingua foránea, uso diglósico das dúas
linguas e, por último, abandono e asimilación totais.
• Normalización lingüística. Proceso que consiste en definir e aplicar unha serie de medidas de tipo
político, xurídico, social e lingüístico que teñen como finalidade a recuperación de usos e funcións

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
96
Unidade 6
sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación, a fin de que consiga un desenvol-
vemento plenamente normal dentro da súa comunidade.
• Lingua propia. É o termo que define a lingua que naceu e que se desenvolveu nunha determinada
sociedade ao longo da historia. No caso de Galiza, loxicamente, é o galego.
• Endoculturización. É o proceso a través do cal os individuos adquiren e desenvolven a cultura pro-
pia da sociedade na que naceron e se educan.
• Lusofonía. Denomínase así o espazo cultural dos territorios que comparten o portugués como lingua
de expresión. Forman parte dese espazo Galiza, Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola, Mozambique,
Timor Leste, São Tomé e Príncipe e a Guiné Bissau.

2. Completa o esquema indicando aspectos favorábeis e desfavorábeis para o noso idioma que se
poidan tirar da análise dos datos estudados nesta unidade.

Situación sociolingüística actual


Aspectos favorábeis Aspectos desfavorábeis
· O galego é lingua cooficial e está recoñecida · A lexislación actual consagra unha situación
legalmente como a lingua propia de Galiza. de subordinación do galego en relación co
· O galego aínda é maioritario no conxunto da español.
sociedade. · As xeracións máis novas son as máis desgale-
· Existen medios audiovisuais en galego. guizadas.
· Só hai unha canle de televisión e unha emiso-
ra de radio de ámbito galego que realicen as
· Existe un organismo institucional que ten súas emisións na nosa lingua
como cometido a promoción do uso social do · Depende da Consellería de Educación, co que
idioma, a Dirección Xeral de Política Lingü- a súa capacidade de acción está moi limitada
ística. a un só ámbito.
· Centráronse esforzos no ámbito educativo.
· Os obxectivos marcados pola lexislación nes-
· O galego está estendido por todo o territorio te ámbito non se cumpren.
galego.
· Todas as clases sociais empregan o noso idio- · As cidades son nichos de castelanización.
ma. · Os sectores sociais máis visíbeis e poderosos
(burguesía, igrexa católica, medios de comu-
nicación) seguen a manter maioritariamente
· Os prexuízos en relación coa lingua teñen su- unha actitude galegófoba.
frido un forte retroceso. · Aínda sobreviven moitos prexuízos que levan
a manter actitudes negativas (usos diglósicos,
abandono) no aspecto comportamental a boa
· As competencias activa e pasiva a nivel es- parte da poboación.
crito teñen aumentado de forma espectacular · Os sectores sociais que contan cun dominio
entre a poboación debido á introdución da activo e pasivo a nivel oral e escrito son as
aprendizaxe da lingua no sistema educativo. xeracións máis novas, as mesmas que presen-
· Existen numerosas organizacións e asocia- tan un nivel de uso inferior.
cións que promoven o uso do galego en moi · O seu traballo aínda non deu contrarrestado
diferentes ámbitos. as forzas desgaleguizadoras.

(Pódense engadir moitos máis aspectos)

3. Entre toda a clase facede dez propostas para levar adiante a promoción do uso efectivo do gale-
go a nivel oral entre a xente moza.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
97
Unidade 6
Páx. 148

4. Le o seguinte texto e responde as preguntas:


Durante o noso traballo démonos conta de que hai moitos nenos entre 6 e 12 anos que non saben falar
galego. Non é que o saiban máis ou menos, ou que teñan unha actitude máis ou menos positiva. É que non
saben porque non llelo aprenderon nin na casa nin na escola. Isto non se escoita en ningures pero, crédeme,
eu seino. E se algo teñen os cativos é capacidade de comprender. Sería triste que os grandes decidísemos
por eles que saber galego é un coñecemento prescindible, no que non é necesario chegar á excelencia ou
quita tempo para outras cousas. O coñecemento sempre suma e é o coñecemento e non o descoñecemento
o que nos fai libres. Só quen sabe pode escoller. Todos estamos de acordo na total capacidade dos nosos
nenos para falar en galego, en castelán, en inglés e en calquera das linguas que lle queiramos aprender...
Pois aprendámosllelas, de verdade.
Belén Regueira. Discurso como gañadora do premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do 2008.

a) Que situación denuncia a popular xornalista e presentadora neste discurso?


Denuncia que hai moitos nenos e nenas en Galiza, entre 6 e 12 anos, que non saben falar a lingua do
país.

b) Segundo Belén Regueira, cales son as causas disto?


Basicamente, que os adultos, tanto na casa coma no sistema educativo, deciden que o coñecemento
do galego é algo prescindíbel e néganlle aos nenos e nenas a posibilidade de aprendelo.

5. Le o texto e responde as cuestións:


O asociacionismo a prol da normalización lingüística foi o principal motor á hora de promover medidas de
fomento do galego e de posterior fiscalización de cumprimento da normativa lingüística. A administración
foi recollendo (indirectamente) moitas das propostas da Asociación de Funcionarios para a Normalización
Lingüística, de Nova Escola Galega, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, da Mesa pola Normalización
Lingüística e doutras entidades asociativas, sindicais ou políticas que mantiveron o pulso da promoción
do galego ao longo destes anos. Boa parte da normativa e das medidas de desenvolvemento da Lei de
Normalización Lingüística foron previamente demandadas desde o entramado social de promoción da
lingua galega. A actividade da administración da Xunta de Galicia foi de carácter máis reactivo que
proactivo, e, en boa medida, a acción pública de normalización lingüística foi inducida pola presión social
do activismo promotor da lingua galega na sociedade.
Xaime Subiela Pérez, “Política lingüística en Galicia” en A normalización a debate, 2002

a) Segundo Xaime Subiela, cal foi o papel das institucións no proceso de normalización lingüística?
O papel foi evitar o conflito por cuestión de lingua –entendendo conflito no sentido de confrontación
social manifesta, non no sentido de conflito lingüístico como oposición entre linguas por ámbitos
de uso–. A maioría das accións de promoción do galego foron medidas que se consideraban non
conflitivas: cursos de formación, axudas públicas... As únicas que tiñan un compoñente máis
conflitivo, pola súa dimensión de obriga, foron a incorporación ao ensino (primeiro como materia e
logo como lingua parcialmente vehicular) e a súa incorporación ás administracións públicas. Foron
precisamente estas accións as que atinxiron un grao de cumprimento menor. A ausencia de conflito
tendeu a buscarse pola vía da inacción, máis que pola vía da neutralización das reaccións contrarias e
o reforzo das experiencias positivas de normalización lingüística. A actividade da administración da
Xunta de Galicia foi de carácter máis reactivo que proactivo.

b) Cal foi o papel que desenvolveron as organizacións cívicas?


O asociacionismo a prol da normalización lingüística foi o principal motor á hora de promover
medidas de fomento do galego e de posterior fiscalización de cumprimento da normativa lingüística.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
98
Unidade 6
A administración foi recollendo (indirectamente) moitas das propostas da Asociación de Funcionarios
para a Normalización Lingüística, de Nova Escola Galega, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega,
da Mesa pola Normalización Lingüística e doutras entidades asociativas, sindicais ou políticas que
mantiveron o pulso da promoción do galego ao longo destes anos. Boa parte da normativa e das
medidas de desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística foron previamente demandadas
desde o entramado social de promoción da lingua galega.

c) Por grupos procurade información sobre as entidades sociais que se citan no texto. Preparade
unha exposición cunha selección do material atopado.
Resposta aberta.

6. Lede en alta voz na aula estes fragmentos da obra 55 mentiras sobre a lingua galega e facede
unha síntese de cada parágrafo.
a) Limiar
Non sabe vostede o difícil que resulta para o profesorado de Lingua Galega no exterior (en Tubinga, en
Toronto, en Varsovia etc.) dar explicado a un universitario alemán ou a unha alumna canadense que certa
xente censada neste noso país dedica moito tempo a combater a existencia plena, culta e oficialmente
recoñecida do seu propio idioma. Un amor elemental á humanidade fainos crer que tal cousa non é
posíbel.

b) “A identidade da nosa sociedade non se basea nos conceptos de terra e lingua”.


A identidade da nosa sociedade non se basea tanto en conceptos mutables e inexclusivos como gastronomía,
economía, ecosistemas etc, senón en conceptos con fondas raíces históricas e ben asentados en toda a
nosa sociedade: unha historia común e diferenciada de máis de 2.000 anos; unha rica e milenaria cultura
común e unha lingua diferenciada, que é o vértice visual e audible desa cultura e a expresión lingüística
desa historia; como calquera pobo respectado e diferenciado do mundo.
En palabras de Xesús Palmou, ex-secretario xeral do PPdeG: “O galego é o principal elemento definidor
da nosa identidade. Non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma. É incompatible. A constitución
impón o deber de coñecer o castelán pero non os idiomas autóctonos. Polo tanto hai unha discriminación
cara ao galego que debe solucionarse dende o Estatuto, establecendo a igualdade das dúas linguas no seu
ámbito territorial, co deber de que os galegos coñezan o galego.”
Quen non desexa ter ningún contacto co galego, en realidade o que procura é a lenta agonía da identidade
de Galicia, a disolución do noso ser nun conxunto artificial e amorfo onde quedariamos reducidos “al
húmedo rincón verde y a la marisquería de España” .

c) “O galego non serve máis que para usar en Galicia, non ten proxección internacional como ten o
castelán”.
Non ter proxección internacional ou non ter centos de millóns de falantes non é garantía de utilidade ou
inutilidade. O hindi, o iorubá, o chinés cantonés, o chinés wu ou o swahili teñen centos de millóns de
falantes e tampouco non teñen proxección internacional. Pero os seus falantes fálanas, non se avergoñan
delas e fan vida normal nesas linguas. Son moi poucas linguas do mundo as que teñen proxección
internacional, apenas media ducia. Son linguas útiles para viaxar, comerciar, investigar etc, pero as
realmente útiles son as linguas para vivir a diario, e en Galicia a lingua para vivir a diario é desde sempre
a lingua que creou o noso pobo durante centos de anos: o galego.
Pero é que ademais o galego - dá a casualidade - ten proxección internacional pola súa proximidade
estrutural e a súa inherente intercomprensibilidade co portugués oficial en sete estados do mundo e 250
millóns de falantes. Os galegos galegofalantes, por exemplo, son preferidos nos contratos en sanidade
en Portugal e nos contratos en ensino ou na industria en Brasil, terceira potencia emerxente mundial,
precisamente porque “xa traen a lingua sabida”.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
99
Unidade 6
Unha posíbel síntese dos textos sería esta:
a) É difícil explicar en ambientes universitarios internacionais que existe xente galega que combate a
existencia plena, culta e oficial do idioma propio do noso país.
b) A identidade da nosa sociedade non se basea en conceptos mutables e inexclusivos (gastronomía,
economía, ecosistemas etc), senón nunha historia común de máis de 2.000 anos; unha rica cultura e
unha lingua diferenciada, que é a máxima representación visual e audible desa historia e desa cultura.
Negar a lingua é procurar a lenta agonía da identidade de Galicia.
Son moi poucas linguas do mundo as que teñen proxección internacional, apenas media ducia, pero as
realmente útiles son as linguas para vivir a diario. O galego ademais de ser a lingua de relación cotiá
ao longo dos séculos, ten proxección internacional pola súa proximidade co portugués oficial en sete
estados do mundo e 250 millóns de falantes.

Páx. 149

7. Pescudade na internet o vídeo “Escolle non escoller” [https://www.youtube.com/watch?


v=eEHu1oVdf2s] onde Núñez Singala reflexiona sobre as actitudes e o futuro do idioma. Facede
unha síntese oral do seu contido e organizade un faladoiro sobre as reflexións que nos achega.
Resposta aberta.

III. Reforzo gramatical. O verbo (II)


Páx. 152

1. Nos seguintes enunciados fai os cambios necesarios para introducir unha forma de Infinitivo Per-
soal:
• Se contamos contigo xa seremos sete.
De contarmos contigo xa seremos sete.

• Cando saíron á rúa o ruído multiplicouse.


Ao saíren á rúa o ruído multiplicouse.

• Con que marches da casa cinco minutos antes solucionarás o problema de chegar a tempo.
Con marchares da casa cinco minutos antes solucionarás o problema de chegar a tempo.

• Non é razoábel que te poñas agora tan esixente.


Poñéreste agora tan esixente non é razoábel.

• Non me parece mal que cambien de opinión.


Non me parece mal cambiaren de opinión / De cambiaren de opinión, non me parece mal.

• Retiráronche o carné porque superaches o límite de velocidade.


Retiráronche o carné ao / por superares o límite de velocidade.

• Non lles parecía xusta a posición de que non permitisen entrar máis inmigrantes.
A posición de non permitiren entrar máis inmigrantes, non lles parecía xusta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
100
Unidade 6
• Non tiveron que insistirnos moito para que aceptásemos participar no campionato.
Non tiveron que insistirnos moito para aceptarmos participar no campionato.

• Cando nacemos comeza a nosa carreira cara á morte.


Ao nacermos comeza a nosa carreira cara á morte.

• Se queredes conseguir éxito no traballo é preciso que sexades constantes.


Se queredes conseguir éxito no traballo é preciso serdes constantes / De quererdes conseguir éxito
no traballo é preciso que sexades constantes / Para conseguirdes éxito no traballo é preciso serdes
constantes.

2. Poderían conxugarse os infinitivos dos seguintes enunciados? En caso afirmativo, cales serían as
súas formas? Cando non sexa posible o uso da forma conxugada do infinitivo, explica a razón.
• Os rapaces e as rapazas, sen deixar de bulir, apeáronse na estación seguinte.
• Tedes que recoñecer que estabades confundidos.
• Era un son forte e molesto que non lles deixaba concentrarse para o traballo.
• Estamos aquí agardando, sen facer nada e sen poder marchar do sitio.
• A última vez que o vin foi na cea que organizaramos para despedirnos dela.
• Ao saír do traballo pasade pola casa e falamos con calma.
• Esa non é maneira de responder cando che falan!
• Naquel tempo comezaban a andar xuntos e aínda non tiveran tempo de coñecerse dabondo.
Formas conxugadas:
• Os rapaces e as rapazas, sen deixaren de bulir, apeáronse na estación seguinte.
• Estamos aquí agardando, sen facermos nada e sen podermos marchar do sitio.
• A última vez que o vin foi na cea que organizaramos para despedírmonos dela.
• Ao saírdes do traballo pasade pola casa e falamos con calma.
• Esa non é maneira de responderes cando che falan!
• Naquel tempo comezaban a andar xuntos e aínda non tiveran tempo de coñecérense dabondo.

Non é posíbel a forma conxugada nos seguintes casos:


• bulir: non é posíbel porque depende do verbo causativo deixar e ten o seu mesmo suxeito.
• recoñecer: é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal
• andar: é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal.

3. Sinala as perífrases das seguintes frases e substitúeas por outras equivalentes:


• Deu en comentar o que vía desde a fiestra porque xa levaban calados media tarde.
Púxose a (/ principiou a / comezou a / botouse a) comentar o que vía desde a fiestra porque xa tiñan
calado media tarde.

• Os cartos non daban chegado a fin de mes e houbo que esquecerse dalgúns antollos.
Os cartos non acababan (/ terminaban) de chegar e tivo que (/ tiveron) que esquecerse dalgúns
antollos // ... e debeu (/ deberon) de esquecerse dalgúns antollos.

• Pódela espertar que xa levará durmido unhas oito horas.


Pódela espertar que xa terá durmido / vén de durmir unhas oito horas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
101
Unidade 6
• Todos eran a pedirlle contas pola última falcatruada das moitas que levaba feito.
Todos estaban pedíndolle / andaban a pedirlle contas pola última falcatruada das moitas que tiña
feito / viña de facer.

4. Transforma as seguintes frases, introducindo todas as perífrases que poidas:


• Mañá xogaremos o partido máis importante da tempada e, se hai sorte, celebraremos a vitoria.
Mañá imos xogar / habemos (de) xogar o partido máis importante da tempada e, se hai sorte, imos
celebrar / habemos (de) celebrar a vitoria.

• Por fin chamárona para o traballo.


Por fin dérona chamado para o traballo.

• Dentro dun pouquiño comezará a reunión, aínda que non consigan chegar todos os convocados.
Dentro dun pouquiño vai comezar / ha de comezar a reunión, aínda que non dean chegado todos os
convidados.

• Xa che escoitei esa desculpa outras veces e non me convence de todo.


Xa che teño escoitado / levo escoitado esa desculpa outras veces e non me dá convencido / está
convencendo / vén convencendo de todo.

• Estás obrigada a ler este libro, aínda que leses outros similares.
Tes que ler / debes ler / has de ler este libro aínda que teñas lido / leves lido outros similares.

• Despois do que oín non sabía se rir ou chorar


Despois do que teño oído / levo oído non sabía se había de rir / tiña que rir / debía (de) rir ou
chorar.

• Pouco faltará para que dean as dúas e despois ninguén está obrigado a agardar máis.
Pouco ha de faltar / Debe de faltar pouco para que dean as dúas e despois ninguén ha de / debe de /
ten que...

• Pouco a pouco a néboa cubriuno todo e era difícil ver o camiño.


Pouco a pouco a néboa acabouno por cubrir todo / conseguiuno cubrir todo e non se daba visto o
camiño.

• Xa lle pedín varias veces que prestase atención e non insistirei máis no tema
Xa lle levo pedido / teño pedido varias veces que prestase atención e non vou insistir / hei (de) insistir
máis no tema.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
102
Unidade 7.

Páx. 153
Hai arredor de dúas décadas, o bico da ría que me veu nacer enchíase a diario de cabaces con botes de
plástico, botellas de cristal e lixo non orgánico, o mesmo que pasaba en moitos montes doutros lugares
da nosa xeografía. Non existían os colectores do lixo, mais ninguén os reclamaba porque no imaxinario
colectivo primaba a idea de que o que facían era correcto. Non foi só a reactivación da actividade
marisqueira na marea onde antes se botaba o lixo, nin foi só a aparición dun único colector, foi a
mudanza das representacións sobre o medio-ambiente e a necesidade da súa conservación o que fixo
que a xente toda levase o lixo aos colectores e mesmo separase plásticos de cartón e vidro. Creouse un
estado de opinión desde a administración, é dicir, desde o poder, dirixido á recollida selectiva do lixo e
á reciclaxe. Algo impensable hai 20 anos, pero produciuse porque mudaron as representacións sociais
sobre a cuestión e polo tanto as actitudes da cidadanía. Os movementos ecolóxicos non inventaron
árbores, ríos ou mares, mais contribuíron á súa transformación ideolóxica.
O imaxinario colectivo sobre o galego, formado por representacións sociolingüísticas, estereotipos,
ideoloxías e actitudes, tamén precisa mudar.
Lingua e futuro, Valentina Formoso Gosende

1. Despois de lerdes na aula este texto en voz alta, organizádevos en pequenos grupos, para ex-
traerdes as principais ideas que nel se expoñen e achegardes exemplos das “representacións
sociolingüísticas, estereotipos, ideoloxías e actitudes” que deberían mudar para que cambiase o
imaxinario colectivo sobre o galego. Ao rematar, nomeade en cada grupo unha persoa voceira e
poñede en común as vosas conclusións.
Resposta aberta.

2. Elabora unha redacción onde reflexiones sobre se na actualidade temos unha mentalidade real-
mente ecolóxica e respectuosa co medio.
Resposta aberta.

3. Indica o valor dos sufixos derivativos presentes nas palabras en negra.


• Imaxinario: sufixo -ario: valor colectivo, pois imaxinario é aquí un substantivo que indica o conxunto
de representacións sociais. Ese mesmo sufixo aoarece con valor mais claramente colectivo en palabras
como cuestionario ou epistolario.
• Marisqueira: o sufixo –eiro/eira forma adxectivos a partir de substantivos co valor de “relativo a”,
como en arroceiro/a ou caseiro/a.
• Mudanza: o sufixo -nza, forma substantivos abstractos a partir de verbos como en ensinanza ou
lembranza.
• Conservación: o sufixo -ción: forma substantivos abstractos a partir de verbos, co valor frecuente de
“acción ou efecto de”, como en axitación ou catalogación.
• Reciclaxe: o sufixo -axe forma substantivos a partir de verbos co valor xeral de “acción ou efecto de”,
como en rodaxe ou sondaxe.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
103
Unidade 7
• Cidadanía: o sufixo -ía forma substantivos partir de substantivos ou adxectivos co valor de “calidade
ou característica de”, como en tiranía ou soberanía.

4. Sinala os verbos que aparecen en pretérito de subxuntivo. Explica a diferenza entre este tempo
verbal e o antepretérito de indicativo achegando exemplos.
Están en pretérito de subxuntivo os verbos levase e separase.
As diferenzas están no modo e no tempo verbal:
a) en canto ao modo:
o antepretérito, por ser un tempo do indicativo, expresa unha acción real e coñecida: Ela vivira nesa
casa de pequena (realmente viviu nesa casa);
pola contra o pretérito, dado que é un subxuntivo, expresa accións non reais ou non coñecidas (hipóteses
ou suposicións) e desde o punto de vista sintáctico normalmente indica accións dependentes doutras:
Se ela vivise nesa casa agora lembraríase.
b) tendo en conta o tempo expresado:
o antepretérito indica unha acción anterior a outra xa pasada (Cando nos coñecemos xa eu cumprira
os 15 anos);
o pretérito do subxuntivo pode indicar unha acción anterior, coincidente ou posterior con respecto a
un referente (Se nos coñecésemos non precisariamos presentación ningunha).

I. O CAMBIO SEMÁNTICO
Páx. 158

1. Define o significado que teñen neste contexto as palabras subliñadas e contrástao co seu signifi-
cado orixinal:
• Cando marcharon da casa deixaron unha montaña de lixo.
Significado no texto: gran cantidade de cousas postas unhas derriba das outras.
Significado orixinal: elevación importante do terreo.
• Deixa de facer o mono!
Significado no texto: [persoa] que fai parvadas.
Significado orixinal: mamífero da orde dos primates, de cerebro moi desenvolvido, que descende de
antepasados comúns aos da especie humana.
• Falounos cunha voz apagada.
Significado no texto: que non ten ou ten pouca intensidade.
Significado orixinal: que deixou de dar luz ou de ter lume aceso.
• Gústalle vestirse sempre con cores moi vivas.
Significado no texto: que teñen intensidade, que atraen a vista.
Significado orixinal: que teñen vida.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
104
Unidade 7
• Gústame ese perfume, paréceme fresco e lixeiro.
Significado no texto: fresco: que transmite sensación de frescura e limpeza; lixeiro: suave, que non
ten un aroma moi intenso.
Significado orixinal: fresco: moderadamente frío; lixeiro: de pouco peso.
• Non te fíes del, é moi raposo.
Significado no texto: astuto, arteiro.
Significado orixinal: mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos (Vulpes vulpes).
• O teu curmán é un anxo.
Significado no texto: persoa moi boa.
Significado orixinal: ser espiritual que, segundo a Biblia e o Corán, é mensaxeiro entre Deus e os
homes.

2. Consulta nun dicionario distintos significados das seguintes palabras e explica que cambios se-
mánticos orixinaron esas diferentes acepcións en cada caso: man, engado, burro, cortado, mode-
lo, godello. Por exemplo man significa ‘parte do corpo humano unida á extremidade do antebra-
zo’; por similitude entre os significados adquire o valor de ‘cada unha das dúas patas dianteiras
de certos animais’.

Comida que se emprega para atraer os peixes e animais na pesca e na caza.


engado Aquilo que atrae e seduce dunha persoa ou A similitude dos significados provoca que
cousa. se aplique a palabra a este concepto de xeito
figurado.
Mamífero da familia dos équidos (Equus asinus), parecido ao cabalo pero máis pequeno e coas
orellas máis grandes, que se domestica facilmente e se utiliza desde antigo como animal de carga
ou de tiro.
burro Home que ten poucos coñecementos ou ten É unha semellanza entre significados de carácter
dificultades para comprender as cousas. subxectivo: frecuentemente aplícase o nome
dun animal a unha persoa que supostamente ten
algunha das súas características.
Participio de cortar: Dividir unha cousa ou separar as súas partes mediante un instrumento
afiado.
Aplícase ao estilo de escribir conciso. Por similitude de significados aplícase ao estilo
cortado que usa períodos e cláusulas curtas.
Cunca ou vaso de café cun pouco de leite. Por contigüidade de significantes (“café
cortado”) prodúcese elipse, usando un termo en
substitución de todo o sintagma.
O que se imita ou reproduce.
Exemplar que pola súa perfección se debe Contigüidade de significados: o nome do que se
seguir ou imitar. imita ao que debería ser imitado.
Reprodución a escala reducida dun edificio, Contigüidade de significados: o nome do que se
máquina, etc. imita ao obxecto resultante da imitación.
Figura de barro, xeso, madeira, etc., que se ha É a concreción do significado orixinal aplicado a
modelo de reproducir en madeira, mármore ou metal. unha linguaxe específica: a das artes plásticas.
Persoa ou obxecto que o artista reproduce. Similitude de significados entre un obxecto
elaborado para ser reproducido fielmente
(significado anterior) e unha persoa ou obxecto
que cumpren esa mesma función.
Persoa que exhibe prendas de vestir ou Por contigüidade de significados aplícase o
intervén en anuncios publicitarios. nome do vestido de moda á persoa que o exhibe.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
105
Unidade 7
Variedade de uva branca de bagos ovados
e moi saborosos, agrupados en acios moi
godello pechos
Viño que se fai desta uva. Por contigüidade de significados aplícase ao
produto elaborado o nome da materia prima.

3. Consulta o significado orixinario e o novo das seguintes palabras e indica se nese cambio de
significado houbo proceso meliorativo ou pexorativo, é dicir, se a palabra pasou a designar algo
socialmente máis valorado ou o contrario: especular, esperto, espolio, formidábel, saturado, si-
mulacro, sofisticado, soltura, suculento. Exemplo: especular significa orixinariamente ‘pensar
detidamente nun asunto de certa complexidade’; despois de varios outros significados acaba
adquirindo o de ‘realizar negocios ilícitos con ánimo de lucro aproveitándose dunha posición
social ou política privilexiada’: a palabra pasou polo tanto un proceso pexorativo no seu cambio
de significado.

Especular Mirar con atención unha cousa para recoñecela. / Meditar, reflexionar. / Facer conxecturas.
Comerciar, traficar, procurar proveito ou ganancia pexorativo
con algo.
Esperto Que non está durmido.
Listo, espelido, aleuto, vivo. meliorativo
Espolio Bens que quedan á morte dunha persoa.
Despoxos, botín de guerra. pexorativo
Formidábel Moi grande ou intenso.
Moi bo. meliorativo
Saturado Completamente cheo. / Combinado con outro corpo na máxima proporción.
Farto ou canso, ata non poder máis. pexorativo
Simulacro Imaxe. / Copia ou reprodución imperfecta.
Aparencia sen realidade. /Acción simulada. pexorativo
Sofisticado Amaneirado, rebuscado, falto de naturalidade.
Moi refinado. / Moi complicado ou perfeccionado. meliorativo
Soltura Desenvoltura e facilidade coa que se executa unha cousa.
Atrevemento. pexorativo
Suculento Que ten moito zume.
Moi saboroso, de delicioso sabor. meliorativo

4. A metáfora é un dos procedementos de cambio de significado das palabras; entre as metáforas


máis frecuentes en todas as linguas están as antropomórficas e as zoomórficas. Observa os exem-
plos que se dan a continuación e completa o listado con algunhas máis de cada tipo:
• Metáforas antropomórficas: comparacións entre obxectos e partes do corpo humano, aplicándolles
a aqueles os termos que designan a estas: así falamos dos pés da mesa, do brazo dunha escavadora,
da boca do Metro, da cabeza da manifestación...
Algúns exemplos:
barriga: Parte media avultada dunha vasilla, columna, etc. / Comba que forma unha parede.
boca: Entrada ou saída (boca do metro). / Desembocadura dun río, dunha rúa, etc.
brazo: Cada un dos soportes laterais das cadeiras de brazos. / Nas lámpadas, cada candeeiro que
sae do corpo central. / Cada unha das partes que se ramifican dun corpo central, como son as ramas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
106
Unidade 7
das árbores, as patas dun río, etc. / Prolongación, articulada ou fixa, dos guindastres, escavadoras
e outras máquinas. // Brazo de mar: Canle ancha e longa do mar, que entra na terra. // Brazo de
xitano: Cilindro de biscoito, moi alongado e recheo de crema.
cabeza: Principio ou parte extrema dunha cousa / Parte avultada oposta á punta aguda dun cravo,
alfinete, etc. / Poboación principal. / Parte superior de algo. / Formación arredondada dalgunhas
hortalizas. // Cabeza de allo: Conxunto de dentes que forman o bulbo do allo.
cara: Aspecto dunha cousa. / Fachada ou fronte dalgunha cousa. / Superficie dalgunha cousa. /
Superficie que limita un poliedro. / Anverso das moedas. / Nunha lámina, folla, etc., a superficie
principal e oposta á posterior, ou calquera delas (as dúas caras da páxina).
cóbado: Anaco de tubo dobrado en arco ou en ángulo.
corazón: Centro ou núcleo dunha cousa.
cu: Fondo dun recipiente ou vaso. / Ollo da agulla para meter o fío.
dente: Saínte que presenta o bordo de calquera aparello ou superficie. / Cada unha das partes
que compoñen o bulbo do allo. / Pugas ou partes saíntes do angazo e doutras ferramentas ou
mecanismos. / Pao onde encaixa a rella do arado romano.
fronte: Parte dianteira dunha cousa, a diferenza dos seus lados. / Primeira liña da tropa en combate.
/ Fachada dun edificio.
gorxa: Paso estreito, ou parte máis estreita dunha cousa.
labio: Bordo de certas cousas (ferida, cáliz dunha flor...).
lingua: Cousa que pola súa forma alongada recorda unha lingua. // Lingua de gato: Doce de
chocolate de figura da lingua deste animal. // Lingua de lume: Cada lapa dunha fogueira. // Lingua
de sogra: Tubo de papel enroscado, para facer bromas festivas, que se desenrosca bruscamente e
emite un pitido ao soprar nel por un extremo. // Lingua de terra: Anaco de terra longo e estreito
que penetra no mar.
lombo: Terra que levanta o arado entre suco e suco. / Nun libro, parte oposta ás follas.
man: Cada un dos lados dereito ou esquerdo. / Habilidade, destreza. / Aptitude para facer algo ben
ou para tratar a xente adecuadamente. / Maneira ou estilo particular e peculiar de alguén (nesta
decoración nótase a túa man).
ollo: Buraco que atravesa algunhas cousas, como é o da agulla de coser. / Abertura da pechadura
por onde se introduce a chave. / Vulto que aparece nas patacas e que forma as súas xemas. / Cada
un dos ocos dun corpo esponxoso, como son o pan ou o queixo. / Atención, coidado, tacto. /
Acerto, perspicacia, vista. / Espazo aberto no arco das pontes. // Ollo de boi: Ventá circular dos
camarotes dos barcos. // Ollo do repolo: Parte central desta verdura.
orella: Doce de forma semellante a unha orella, que se come no Entroido e que se fai fritindo
unha masa composta de ovos, anís, fariña e azucre. / Apéndice de certas armas, ferramentas ou
outros obxectos, especialmente se teñen un en cada lado. / Saínte a ámbolos lados do respaldo
superior dunha cadeira de brazos, sofá, etc.
pé:Base de apoio. / Parte baixa que sostén un moble. / Tronco da árbore. / Talo das plantas. /
Sedimento, pouso. / Espazo en branco que queda ao final dun escrito. / Comentario breve debaixo
dunha ilustración.
pelo: Plumón das aves. / Peluxe que cobre algunhas hortalizas. / Fibra delgada de seda, la, etc.
perna: Cada unha das dúas pezas do compás. / Cada unha das dúas bandas da rede de varios
aparellos de pesca. / Soporte de varios obxectos.
tripas: Parte interior das cousas (verlle as tripas a algo).
uña: Pezuño ou casco dos animais sen dedos. / Espiña curva dalgunhas plantas. / Garfo ou punta
saínte, moitas veces curva, de ferramentas ou instrumentos (a uña do martelo).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
107
Unidade 7

• Metáforas animais: o mundo animal serve de fonte para a creación de numerosas metáforas aplicadas
á designación de:
· Plantas ou obxectos inanimados: barbas de raposo, rabo de cabalo...
Plantas:
abelleira: Planta herbácea, da familia das labiadas (Mellisa officinallis). É medicinal.
allo do can: Allo silvestre.
collón de galo: Clase de uvas, de cereixas, etc.
faba loba: Faba vicia, de talo groso e un metro de altura, usada maiormente para forraxe.
herba (ou uvas) do lagarto: Planta vivaz (Sedum album) que medra nos areais, en valados e
tellados, boubín.
herba cervúa ou pé cervún: Planta das papilionáceas (Phyllitis scolopendrium), medicinal.
Cerviño.
herba dos pitos: Planta da familia das ranunculáceas (Aquilegia vulgaris), de flores grandes e
azuladas, que medra en sitios húmidos, seca no inverno e renace na primavera, empregada como
antiescorbútica e diureica, bonetes.
lingua de boi: Planta perenne das borraxináceas (Anchusa azurea), peluda e áspera ao tacto;
medicinal.
lingua de can: Planta bianual, das borraxináceas (Cynoglossum officinali), de 6 a 8 cm. de altura,
raíz fusiforme e flores violáceas; medicinal.
lingua de cobra: Planta herbácea das ofioglosáceas.
lingua de ovella: Planta das labiadas.
lingua de vaca: Planta (Fistulina hepatica).
matapulgas: Planta herbácea aromática, da familia das labiadas (Mentha rotundifolia), que medra
nos lugares húmidos. Mentraste.
ollo de can: Herba branca.
orella de mula: Planta herbácea de talos ocos, raíz grosa, negra por fóra e branca por dentro, que
medra en lugares húmidos; ten propiedades medicinais.
orella de rato: Muruxa, planta de flores brancas e pequenas.
pan de raposo: Especie de cogomelo.
pé de lebre: Planta anual herbácea, especie de trevo.
pé de lobo: Planta perenne ranunculácea.
pé de paxaro: Planta forraxeira pertencente ás leguminosas.
pé de sapo: Planta herbácea das umbelíferas, velenosa, semellante ao perexil, de cheiro desagradable.
Cicuta menor, perexil das bruxas.
pouta de lobo: Planta herbácea anual (Ranunculus acris), de talo oco e ramudo, con botóns
amarelos que abren en flores da mesma cor.
sirgo da raposa: Planta parasita, medicinal, de talos delgados e vermellos, sen flores.
uva de can: (Tammus communis), planta herbácea das discoráceas, rubideira, de flores amarelas e
talo sen pelo.
uva de lagarto: (Sedum album), tamén coñecida como herba da pedra e herba piñeira, é
medicinal.
uva de raposo: Madreselva.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
108
Unidade 7
uva de raposo :(Paris quadrifolia), herba das liliáceas, de flor amarela e froito en baga, ten
propiedades narcóticas.

Obxectos inanimados:
araña: Lámpada ou candelabro de teito de varios brazos.
cabalo: Peza do xadrez con figura de cabalo. / Armazón para suxeitar un madeiro que se serra.
/ Aparello ximnástico que se salta lonxitudinalmente. / Dor muscular no pescozo que dificulta o
movemento normal da cabeza. / Heroína (droga).
cabras: Manchas encarnadas que saen nas pernas cando se achegan moito ao lume. / Pallas que
quedan por segar.
can: Raño usado para coller marisco. / Antigamente, moeda de 5 ou 10 céntimos
canguro: Peza de roupa impermeable parecida ao anorak.
gato: Aparello para elevar grandes pesos a pouca altura. / Instrumento de ferro para coller
e transportar a madeira. / Instrumento de ferro ou de madeira, composto de dúas pranchas cun
parafuso, para suxeitar as pezas que se colocan entre ambas.
paso de cebra: Paso de peóns.
rato: Aparelloperiférico empregado en informática que se move coa man para sinalar na pantalla
unha opción sen usar o teclado.
xirafa: Brazo longo e móbil que permite mover o micrófono e ampliar o seu alcance.

• Persoas, frecuentemente con connotacións irónicas ou pexorativas, como cando dicimos de alguén
que é un porco ou que ten cara de can...
aguia: Persoa de gran perspicacia.
araña: Persoa moi aproveitada e vividora.
asno: Persoa de pouco entendemento.
basilisco: Persoa colérica.
becho: Persoa de mal xenio ou de figura ridícula. / Neno ou nena travesos
besta: Dise da persoa forte e bruta. / Dise da persoa de moito aguante e resistencia. / Dise da persoa
ruda e ignorante.
burro: Persoa de pouco alcance. / Ignorante.
camaleón: Persoa que, por carácter ou interese, muda con facilidade de opinión, actitude, etc.
camelo: Traficante de droga en pequeno.
can: Persoa moi fiel. / Home moi mullereiro.
canguro: Persoa que coida por horas nenos alleos.
carneiro: Persoa de pouca educación e modais pouco finos. / Persoa teimuda e insistente.
escaravello: Persoa pequena de corpo e de mala figura. / Neno pequeno que non para quieto.
furón: Dise da persoa que se mete en todo.
galiña: Persoa ou animal covarde.
galo: O que trata de mandar e de impoñer a súa vontade.
gorila: Gardacostas.
hiena: Persoa cruel e traizoeira.
lagarto: (Dise da) persoa astuta e renarte.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
109
Unidade 7
león: Home robusto e ousado.
lince: Persoa sagaz.
lobo: Home cruel.
macaco: Persoa pequena, fea e desagradable.
marmota: Persoa que dorme moito.
mona/-o: Persoa que fai monadas.
mosca: Persoa molesta, impertinente.
mulo: Testán, teimudo.
ourizo: Persoa de mal carácter.
sambesuga: Persoa que pouco a pouco vai desposuíndo a outra dos seus bens.
tigre: Persoa sanguinaria.
toupa: Persoa que ve pouco / Persoa de poucas luces.
touro: Home forte e robusto.
verme: Persoa desprezable.
víbora: Persoa maldicente, que fala mal dos demais. / Persoa ruín e desleal.
voitre: Persoa aproveitada ou egoísta.
xirafa: Persoa moi alta e desproporcionada.

Fraseoloxía:
cara de can: Aparencia expresiva de hostilidade ou reprobación.
catro gatos: Poucas persoas.
comer coma un lobo: Comer moito ou con voracidade.
estar coma unha cabra: Estar mal da cabeza.
levarse coma o can e o gato: Levarse mal.
morrer coma un can: Morrer só e abandonado.
ser can vello: Ser persoa moi experimentada.
tratar coma un can: Maltratar.

Páx. 159

5. Explica o tipo de relación metonímica que provoca o significado das palabras subliñadas nas fra-
ses seguintes. Exemplo: tráianos un valdeorras: denomínase o produto (viño) co nome do lugar
onde se produce (Valdeorras)
• Ese é un prato moi apetitoso.
• Voulle escribir unhas letras.
• Ese autor é unha das mellores plumas do xornalismo actual.
• Tócannos a 30 euros por barba.
• Xa non é tan rapaza, que cumpriu as quince primaveras.
• Gustaríame mercar un Colmeiro.
• As plantas buscan o sol.
• Dáme o teu teléfono, que non o teño anotado.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
110
Unidade 7

Ese é un prato moi apetitoso. Denomínase o contido (comida) co nome do continente (prato).
Voulle escribir unha letras. Denomínase o produto ou resultado (carta) co nome dos
elementos que o forman (letras)
Ese autor é unha das mellores Denomínase o profesional (escritor) co nome do instrumento
plumas do xornalismo actual. que usa (pluma).
Tócannos a 30 euros por barba. Denomínase a persoa co nome dun elemento do seu físico
(barba).
Xa non é tan rapaza que cumpriu as Denomínase o período de tempo (ano) co dunha parte dese
quince primaveras. período (primavera).
Gustaríame mercar un Colmeiro. Denomínase a obra (cadro) co nome do autor (Colmeiro).
As plantas buscan o sol. Denomínase o elemento (luz) co nome daquilo que o produce
(sol).
Dáme o teu teléfono que non o teño Denomínase o código que o identifica (número) co nome do
anotado. aparello (teléfono).

6. Nos seguintes exemplos explica se o significado da palabra subliñada é produto dun cambio con
orixe nunha metáfora ou nunha metonimia:

A exposición xuntou trinta lenzos de Laxeiro. metonimia


As altas copas dos piñeiros. metáfora
Ao rematar a comida tomou un café e unha copa. metonimia
Comezou a facer a súa árbore xenealóxica. metáfora
Enterrou o cravo ata a cabeza. metáfora
Expoñen unha valiosa colección de cerámicas orientais. metonimia
Mandáronlle erguer un pouco os pés da cama. metonimia
Na granxa chegou a haber máis de mil cabezas. metonimia
O conxunto desfíxose porque o batería marchou da vila. metonimia
O salón iluminábase con unha fermosa araña. metáfora
Rompeu unha pata da cadeira. metáfora
Vin correndo e teño o colo da camisa suado. metonimia

7. Os neoloxismos de sentido son palabras que adquiren un novo significado no campo das ciencias
ou da tecnoloxía. Por exemplo, a palabra rato posúe orixinalmente o significado de ‘pequeno
animal da familia dos múridos’; por suposta semellanza entre os animais pasou a indicar tamén
un tipo de peixe; esa mesma palabra, tamén por semellanza co animal, úsase no campo da infor-
mática para designar un ‘dispositivo que permite mover o cursor nunha pantalla de ordenador’.
Sinala como mínimo outras cinco palabras xa existentes na lingua que adquiran un novo signifi-
cado no campo da informática ou doutras tecnoloxías e indica o significado orixinario e o novo
das mesmas.
Resposta aberta.
Algúns exemplos:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
111
Unidade 7

navegar Desprazarse pola auga un barco


Usar un programa explorador para visitar páxinas web e saltar entre elas
rede Tecido formado por mallas de diversos tamaños e materiais, en especial aquel que se
emprega para pescar.
Conxunto de equipos informáticos conectados entre si para intercambio de información.
escritorio Moble para escribir e gardar papeis. / Cuarto onde está ese moble
Pantalla principal de traballo nun ordenador.
xanela Abertura feita nunha parede para deixar pasar a luz e o aire.
Parte delimitada da pantalla dun ordenador, usada para presentar información ou
traballar nunha aplicación.
descargar Quitar unha carga ou unha mercancía a [un medio de transporte]
Transferir información desde un ordenador remoto ao propio.
porto Lugar na costa ou na ribeira dun río onde paran os barcos para cargar e descargar ou
para abrigarse. / Punto xeográfico situado nunha zona elevada de montaña ou entre
montañas, por onde resulta máis doado o paso de persoas e vehículos e a construción
dunha vía de comunicación.
Interfaz dun ordenador que permite o envío e a recepción de datos desde outros
ordenadores.
cargar Pór [unha carga] sobre un vehículo, un animal ou unha persoa.
Introducir [datos, programas] na memoria dun ordenador.

Páx. 159-160

8. Le o texto seguinte e responde as cuestións:


Estilo de Mestre
En latín stilus significaba “estaca” (de alí deriva o galego esteo) e máis tarde denominou outro esteo
pequeniño: o punzón co que se escribía facendo incisións enriba dunha taboíña cuberta de cera. Utilizando
a mesma metáfora que facemos cando dicimos de alguén que é unha das plumas máis brillantes do país ou
que ten unha lingua afiada, pasouse a dicir dalgúns escritores que tiñan un estilo moi persoal ou un estilo
moi elegante aludindo ao xeito de escribir, de se expresaren. Finalmente prevaleceu este significado sobre o
de “punzón”. Lembremos que a palabra estilográfica (en expresión completa pluma estilográfica) significa
“que escribe á maneira dun estilo”.
Mestre procede do latín magister, un derivado do adverbio magis “máis”. O mestre é o que máis sabe, e por
iso ensina. Desa acepción de “profesor” pasou a “a máxima autoridade nunha materia, o mellor, o máximo
responsable dunha área” e falamos, así, dun mestre da Pintura ou dun mestre da orde de Santiago.
É curioso que, en canto que mestre procede de máis, ministro procede de menos (en latín minus). Minister
significaba “servidor, axudante”, sentido que aínda conserva en expresións como ministro de Deus. Os
ministros en sentido moderno, como responsables dunha área da Administración, son axudantes dun
superior, que historicamente foi primeiro o rei e despois o Presidente do Consello de Ministros.
Non son estes os únicos casos nos que se comproba o ascenso ou descenso na consideración social dunha
profesión ou cargo a través da palabra que o denomina. O mariscal era orixinalmente o criado encargado
dos cabalos e o chanceler o porteiro que controlaba a cancela. Polo contrario, vilán, “campesino, paisano”,
recibe un sentido despectivo polo menosprezo dos burgueses (habitantes dos burgos) e nobres, e cortesá,
“dama da corte, do palacio”, pasa a ter un sentido totalmente negativo como censura á liberdade sexual das
damas da alta sociedade nalgúns países da Europa do século XVI.
Nin as palabras nin as linguas son seres vivos que nacen, se transforman e morren. Son, sinxelamente,
instrumentos creados polas persoas, que as utilizan, as transforman ou as abandonan. A súa evolución e
supervivencia depende da vontade dos homes e mulleres. Deles e delas depende tamén que a manipulación

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
112
Unidade 7
interesada da linguaxe por motivos políticos e ideolóxicos, comerciais e propagandísticos, triunfe e a
convirta en instrumento de opresión e non de liberación, como en principio é.
Espero que estas notiñas do Fío da lingua non lles parezan pedantes aos lectores e lectoras. Pedante, unha
palabra que significaba primeiro “mestre, pedagogo” e que despois pasou a significar presuntuoso, “o que
presume de saber, non tendo máis que unhas curtas noticias de latín”. Vostedes disimulen.
Henrique Harguindey: “O Fío da Lingua”, A Nosa Terra

a) Que valor cres que ten a palabra fío na expresión que serve de título á sección periodística de
onde foi tomado o texto: o fío da lingua?
A acepción que corresponde mellor co sentido do texto é “Desenvolvemento das ideas ou elementos
que forman un discurso ou algo semellante (o fío dun relato)”

b) Cal é o significado orixinario e o que posúen no texto os adxectivos brillante e afiada?


orixinario Que brilla.
Brillante
no texto Admirable, sobresaínte.
orixinario Que ten fío ou punta.
Afiada
no texto Dise da lingua ou da pluma de quen se expresa con mordacidade.

c) Que cambios semánticos se produciron na palabra burgués?

1 adx. Do burgo.
2 adx. e s. Pertencente ou relativo á burguesía ou membro desa clase social.
3 adx. e s (Dise da) persoa acomodada ou conservadora e acomodaticia.

d) No texto fálase da manipulación interesada da linguaxe. Un exemplo dela podería ser o uso de
expresións eufemísticas como “armas convencionais” que, a forza de ser repetida nos medios de
comunicación en oposición a “armas de destrución masiva”, chega case a perder na conciencia
do público o seu valor real de instrumentos mortíferos. Coñeces algún outro exemplo?
Resposta aberta.
Algúns exemplos tirados dos medios de comunicación:

Estabelecemento penitenciario Cárcere


Internos Presos
Crecemento negativo Perda
Danos / efectos colaterais Mortes nunha acción de guerra
Fogo amigo Disparos por “erro”
Axuda humanitaria Control militar
Interrupción do embarazo Aborto
Sanción pecuniaria Multa
Reestruturación do cadro de persoal Despedimentos

e) Que significado ten no texto a palabra disimulen? Redacta unha oración con cada unha das
acepcións dese verbo.
As acepcións do verbo disimular son:
1. Encubrir a intención.
2. Desentenderse do coñecemento dunha cousa.
3. Agachar algo que un sente ou padece.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
113
Unidade 7
4. Disfrazar, desfigurar as cousas.
5. Permitir, dispensar, perdoar.
No texto a palabra ten o significado “permitir, dispensar, perdoar”.
Exemplos de uso:
· Disimulou as súas intencións cunha finxida indiferenza
· Procurabamos disimular as nosas diferenzas
· Disimulei o mellor que puiden o medo que sentía
· Levaba unha man no peto para disimular o vulto da pistola
· Rógolle que disimule a impaciencia do rapaz

f) Cales das palabras mencionadas no texto sufriron un cambio de significado que implicou un
proceso meliorativo e cales pexorativo?
• Sufriron proceso meliorativo ministro, mariscal e chanceler.
• Proceso pexorativo deuse en vilán e cortesá.

g) Define o significado da palabra “xeito” co valor que presenta no texto. A continuación defínea
en cada un dos seguintes enunciados:
No texto presenta o significado ‘cada unha das posibilidades diversas de facer unha cousa, de
interpretala, de actuar, de ser’.
• Prefiro as sardiñas do xeito: Arte de pesca que consiste nunha rede longa que se estende e se deixa
durante horas para que a sardiña que se despraza co cambio de marea malle nela.
• Hai que andar con xeito para non estragar as plantas: Coidado, precaución.
• Así queda moi alto, é mellor poñelo do outro xeito: Posición, sentido etc., en que se coloca algo.
• Ten tan pouco xeito para o baile!: Maneira óptima de realizar unha actividade que require certos
dotes.
• Parecía que non che ía saír ben este cadro, pero xa vai collendo xeito: Conxunto de características
externas que definen a particularidade dunha cousa ou persoa e permiten diferenciala doutras ou
de si mesma noutros momentos.

II. AS COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS E OS


ÁMBITOS DE USO
Páx. 174

1. Despois do visualizado do documental Linguas Cruzadas, facede un coloquio na aula atendendo,


entre outros, aos seguintes aspectos:
• A posibilidade de ser monolingüe en galego na sociedade actual.
• A posibilidade de ser monolingüe en castelán.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
114
Unidade 7
• O uso do idioma en función do hábitat e da lingua inicial.
• A presenza do idioma nos medios de comunicación e a (in)existencia de modelos sociais galegofalantes
para a xente nova.
• A expresión musical en galego. Facemos algo por coñecer a nosa propia música?
• A represión do galego no ámbito laboral.
• O papel do sistema educativo e a presión dos grupos de iguais na desgaleguización dos galegofalantes
iniciais.
• A posibilidade de regaleguización: a realidade dos neofalantes.
• A relación do galego e o portugués.
• A importancia dos falantes non nativos.

Despois de realizar o coloquio, facede un traballo, por parellas, recollendo os aspectos máis des-
tacados do documental que foron discutidos na aula.
Resposta aberta.

2. Elaborade, con axuda da vosa profesora ou profesor, un pequeno traballo colectivo onde deades
conta da situación do galego a nivel local. Organizade varios grupos. Cada un deles ocuparase de
realizar un pequeno traballo de campo no ámbito que lle corresponda: institucional, empresarial
e laboral, educativo, cultural e nos medios de comunicación.
a) Ámbito institucional. Indagar cales son os usos orais e escritos, formais e informais, no Concello,
Xulgados, Policía etc. A rotulación e cartelería municipal, os rueiros e a toponimia. Recadar
información sobre o Gabinete Municipal de Normalización (actividade, persoal etc.).
b) Ámbito empresarial e laboral. Recadar información sobre os usos lingüísticos nas sedes de sindicatos,
asociacións de comerciantes ou empresariais. Documentos, campañas publicitarias, rotulación.
c) Ámbito educativo. Niveis de uso do galego en centros educativos de distintos niveis (infantil,
primaria e secundaria), públicos e privados do municipio. Actividade desenvolvida polos Equipos de
Dinamización Lingüística dos centros.
d) Ámbito cultural. Indagar sobre o uso do galego na actividade cultural promovida polas asociacións,
a actividade institucional (organizada polo Concello) e privada (locais, pubs etc.). Pescudar sobre a
existencia de asociacións que teñan como obxectivo a normalización. Dar conta do uso do galego no
ámbito deportivo. Denominación dos clubs, rotulación das instalacións, megafonía etc.
e) Medios de comunicación. Nivel de uso do galego nas edicións locais ou comarcais da prensa, na
programación da radio e da televisión local ou comarcal, na publicidade etc.

Resposta aberta.

3. Consulta as páxinas e lugares web que aparecen citados nesta unidade e fai unha breve descri-
ción dos seus contidos. Achega varios exemplos de temáticas sobre as que non atopas oferta en
galego na rede.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
115
Unidade 7

III. Reforzo gramatical. As conxuncións


Páx. 177

1. Explica nestas frases extraídas da novela de Darío Xohán Cabana Galván en Saor se o uso da
conxunción comparativa é correcto en todos os casos e se algúns admitirían máis posibilidades:
• Mellor historia cá vosa non pode haber para unha noite de inverno.
Atopamos a contracción cá, da conxunción ca e o artigo determinado feminino. O elemento que introduce
é o pronome posesivo vosa precedido deste artigo, polo que tamén podería usarse a conxunción que:
Mellor historia que a vosa, tanto no comparativo de superioridade como no de inferioridade.
• Viron un gran edificio á beira dunha encrucillada do camiño, rodeado de muros moi altos para ser
de curral, pero non tanto nin tan fortes que parecesen ben de castelo.
Nunha comparativa de igualdade a conxunción que introduce o segundo termo constituído por unha
cláusula, polo que non é posíbel outra conxunción.
• Bebía moi ben o arrieiro, máis ca ningún.
Ca introduce o pronome cuantificador ningún. Ao non ser un pronome persoal, tamén é correcto o uso
de que: Máis que ningún.
• Cabaleiros noveis que pensan moito máis no ceo ca na terra.
Ca introduce nunha comparativa de superioridade o segundo termo desempeñado por unha frase
preposicional, tamén pode introducila que: moito máis no ceo que na terra.
• Gustábame ver ese voso Merlín adiviño, e a ver se sequera é capaz de prever coma min se aumentará
o prezo da lá para o ano.
Coma é a única conxunción posíbel, dado que introduce o pronome persoal min.
• No que non sei por min mesmo creo tamén, e máis ca en nada na volta do rei Artur.
Introducindo unha frase preposicional ca e que son correctas na comparativa de igualdade: máis que
en nada
• Se os señores queren algunha outra cousa, non teñen máis ca pedila.
A conxunción introduce unha cláusula, polo que a norma recomenda neste caso o uso da forma “que”:
non teñen máis que pedila.

2. Completa as seguintes frases e xustifica a túa elección:


• Non te podemos axudar tanto como esperabas.
O elemento introducido como segundo termo é unha cláusula.
• As cousas saíron tan ben como / coma a outra vez.
Non é posíbel a comparación de inferioridade nin superioridade, pois usariamos formas sintéticas
(mellor, peor). As dúas conxuncións son posíbeis, pois o segundo termo é unha frase nominal.
• Tiñan estado tanto tempo como pensaban. // Tiñan estado máis tempo do que pensaban. // Tiñan
estado menos tempo do que pensaban.
As tres formas de comparación son posíbeis, mais só podemos introducir a cláusula do segundo termo
con estas conxuncións.
• Carme foi tan astuta coma ca eles. // Carme foi máis astuta ca eles. // Carme foi menos astuta ca eles.
Neste caso só podemos usar as conxuncións que introducen pronome persoal.
• Estes días teño tanto traballo como / coma o mes pasado. // Estes días teño máis traballo que o / có
mes pasado. // Estes días teño menos traballo que o / có mes pasado.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
116
Unidade 7
As tres comparacións son posíbeis e as diferentes conxuncións tamén, pois o segundo termo é unha
frase nominal.
• Pagáronche tanto como estaba previsto. // Pagáronche máis do que estaba previsto. // Pagáronche
menos do que estaba previsto.
As tres comparacións son posíbeis, mais só estas conxuncións que introducen cláusula.
• O Brasil ten menos extensión que os / cós Estados Unidos.
As dúas conxuncións son posíbeis por introducir unha frase substantiva.
• Os nosos méritos son tantos como / coma os teus. // Os nosos méritos son máis que os / cós teus. //
Os nosos méritos son menos que os / cós teus.
Como o segundo termo está constituído por un pronome posesivo son posíbeis as diferentes
conxuncións.
• Tanto como / coma cantar gústalle bailar.
Só é posíbel a comparación de igualdade, pois está introducida a oración por tanto. O segundo termo é
unha forma verbal, mais aos estar substantivada, son posíbeis as dúas conxuncións, pois non introduce
unha cláusula.
• Houbo tantos disturbios como prevían. // Houbo máis disturbios do que prevían. // Houbo menos
disturbios do que prevían.
As tres comparacións son posíbeis, pero só as conxuncións que introducen cláusulas.
• Botei toda aquela semana máis morto ca / que vivo.
As dúas son correctas, pois introducen unha frase.

3. Clasifica os valores de “que” e “se”:


• Chamoume Lúa, que chegaba tarde.
Que: conxunción con valor causal.
• Se atopas a Henrique dille que teño que falar con el.
Se: conxunción condicional. Que: conxunción completiva. Que: conxunción que funciona como nexo
da perífrase ter + que + infinitivo.
• Suso e Carlos enfadáronse por nada e se non falan non o aclararán.
-se: forma átona do pronome persoal con valor de reciprocidade. Se: conxunción condicional.
• Que pretendes con iso? Esperas que che arranxen os demais os teus problemas?
Que: pronome interrogativo. Que: conxunción completiva.
• Gustaríame saber se se pode falar nesta sala.
Se: conxunción completiva. Se: forma pronominal átona característica da construción activa
impersoal.
• Sei que vai vir, que me mandou unha mensaxe.
Que: conxunción completiva. Que: conxunción con valor causal.
• Carlos séntese mellor dende que fai deporte.
-se: pronome persoal reflexivo. Que: locución conxuntiva (dende que) con valor temporal.
• Onte Gabriel queimouse e tivo que ir a urxencias.
-se: pronome persoal reflexivo. Que: conxunción que funciona como nexo da perífrase ter + que +
infinitivo.
• O filme que vimos esta fin de semana gustoume máis do que esperaba.
Que: pronome relativo. Que: conxunción que forma parte da estrutura comparativa (máis do que)

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
117
Unidade 7
• Que medo papei coa treboada desta noite!
Que: adxectivo (=adxacente) interrogativo.
• Que veña, que non, nós iremos igual, que xa temos reservada a praza.
Que...que: conxuncións distributivas ou alternativas. Que: conxunción con valor causal.
• Sempre está a chorar, como se fose un meniño.
Se: forma parte da locución conxuntiva coma se, con valor comparativo.
• Dixéronme que se aluga apartamentos nesta zona.
Que: conxunción completiva. Se: forma pronominal átona característica da construción activa
impersoal.
• Estragouse o ordenador e agora non poderei rematar o traballo que teño que entregar mañá.
-se: pronome que introduce unha construción pasiva reflexa. Que: pronome relativo. Que: conxunción
que funciona como nexo da perífrase ter + que + infinitivo.
• Búscase un gato que desapareceu o venres
-se: forma pronominal átona característica da construción activa impersoal. Que: pronome relativo.

Páx. 178

4. Indica a función de todos os pronomes persoais do seguinte texto. Sinala tamén todos os valores
de “que” que aparecen.
– Non digo iso. O que (pr. relativo) opino é que (conx. completiva) todo o mundo ten unha vida.
Calquera persoa coa que (pr. relativo) te (pr. persoal, forma recíproca, función de CD) cruces vén
de vivir ou vai vivir algún episodio suxestivo, digno de figurar nos mellores libros. E non só eses
heroes ou esas heroínas relambidas que (pr. relativo) protagonizan as lecturas. E sosteño que
(conx. completiva) a realidade é múltiple e complexa, e todos os libros que (pr. relativo) se (pr.
persoal, pasiva reflexa) levan escrito non son máis ca unha parte pequena da estraña vida que (pr.
relativo) vivimos cada día todos e todas. Iso é o que (pr. relativo) opino.
– Vaia. Entón por que (pr. interrogativo) les?
– Por iso mesmo; porque os libros tamén existen, forman parte da vida. Uns mundos dentro
doutros, iso é o que (pr. relativo) me (pron. persoal con función de CD) marabilla deles. Este que
(pr. relativo) estou lendo, por exemplo, Vidas imaxinarias. Relata as biografías dalgunhas persoas
que (pr. relativo) existiron no pasado e sobre as cales non se (pr. persoal, pasiva reflexa) sabe
case nada. O autor invéntalles (pr. persoal, CI) unha vida. Non foi real, ou talvez si o (pr. persoal,
atributo) foi, non se (pr. persoal, impersoal activa) pode saber. En calquera caso pasa a ser real
desde que (conx., forma parte da locución desde que, con valor condicional ou temporal) alguén o
(pr. persoal, CD) conta. Non che (pr. persoal, CI) parece máxico?
– Estás fodido, amigo.
– E ti (pr. persoal, suxeito), Santos? Non me (pr. persoal, CD) vas dicir cal é o episodio interesante
da túa vida?
– Xa cho (pr. persoal, CI + CD) dixen. Eu (pr. persoal, suxeito) son dos personaxes máis vulgares
que (pr. relativo) existen no planeta. Por iso bebo.
MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ, O que é a vida, adaptado.

5. Escribe un texto en que inclúas exemplos de todos os usos de “que” e “se”.


Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
118
Unidade 8.

Páx. 179
Antes do ano dazasete, o sentimento de galeguidade ficaba cáseque totalmente esmorecido na nosa
terra. A nosa lingua, a nosa lírica, as cousas da nosa Historia eran estudadas e tratadas por algúns,
moi poucos, galegos, como feitos arqueolóxicos. Unha erudición fría falaba das características raciaes
cun xeito ouxetivo; tal que si Galiza fose un planeta morto e lonxano. Facíanse inventarios do pretérito
sin emoción algunha, agás en contadísimos conterráneos. As catro provincias en que nos escindiu o
centralismo vivían a vida administrativa hespañola, desvencelladas unhas doutras sin sentiren xa a
máis pequena saudade da vella unidá galega. E os poboadores das mesmas [...], trocados en sinxelos
habitantes dun territorio que deixara de ser un país con alma, en loita suicida co seu propio ser, tiñan a
Madrí polo seu único meridiano inteleitual, ‘moral’ e artístico [...].
Pois ben; entón a penas ningún home culto da nosa terra emocionábase miga coas cousas enxebres.
Polo contrario: adoitaban ollarse con indiferencia cando non con desprecio, coidándoas inferiores ás
do resto da Hespaña. A rexa colonización castelá chegara a infundir na maoría dos nosos paisanos o
presentimento vergoñoso da propia autoinferioridade, que inda hoxe custa caro desbotar de algúns.
Antón Villar Ponte, “O loitador inesquecente”, 1930.

1. Sinala os trazos que, segundo Villar Ponte, caracterizaban o panorama cultural galego antes da
creación das Irmandades.
Na resposta deberían sinalarse os seguintes trazos:
· O sentimento de galeguidade estaba case totalmente esmorecido;
· A cultura galega (lingua, lírica, historia) era estudada non como feito vivo, senón arqueolóxico;
· Non había conexión política entre as distintas provincias galegas;
· As aspiracións intelectuais, morais e artísticas dos individuos rexíanse polos padróns de Madrid;
· Existía un sentimento de inferioridade que levaba a desprezar ou avergoñarse do propio.

2. Escribe un texto reflexionando sobre a permanencia na actualidade da última afirmación do


texto.
Resposta aberta.

3. A que etapa da elaboración do estándar do galego corresponde este texto? Xustifica a resposta.
O texto pertence ao chamado “galego enxebrista”, etapa que abarca desde desde 1880 ata 1936.
Apréciase un intento de diferenciación do castelán, visíbel no uso de hiperexenbrismos como ouxetivo
ou inteleitual, con grupos cultos vocalizados, ou a escolla da grafía etimolóxica en hespañola ou
Hespaña.
Tamén é característica desta etapa a utilización de vulgarismos, que no texto observamos en dazasete,
unidá ou Madrí.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
119
Unidade 8
4. Localiza seis palabras no texto que presenten algunha desviación da norma estándar actual e
indica de cal se trata.
· dazasete: trátase dun vulgarismo, en lugar de dezasete;
· raciaes: aínda que dialectalmente hai algúns lugares onde o plural dos nomes en -l alterna formas
formas como raciais e raciaes, esta é moi minoritaria fronte á primeira e non está aceptada polo
normativa;
· ouxetivo: é un vulgarismo en lugar de obxectivo:
· si: é castelanismo en lugar de se;
· lonxano: é tamén un castelanismo, xa que sobre o castelán “lejos” se forma o adxectivo “lejano”, a
partir do galego lonxe podería pensarse nun suposto *lonxano, que non existe, en lugar do correcto
afastado;
· sin: castelanismo en lugar de sen;
· hespañola, o “h”etimolóxico mantense no cultismo hispano, por exemplo, mais non nos termos
patrimoniais: española;
· unidá: vulgarismo en lugar de unidade;
· Madrí: vulgarismo en lugar de Madrid;
· inteleitual: vulgarismo en lugar de intelectual;
· indiferencia: esta palabra, o mesmo que diferenza, presenta a terminación “-za” característica das
palabras patrimoniais: crenza, doenza, graza...;
· desprecio: de xeito paralelo ao caso anterior tamén ten solución patrimonial, desprezo, como en
prezo, menosprezo, andazo, servizo e moitas outras;
· maoría: é forma vulgar en lugar de maioría;
· de algúns: debe realizarse a contracción destas dúas palabras: dalgúns.

I. A lingua galega entre 1900 e 1936


Páx. 184

1. Pescuda: A que países emigraron os escritores citados na páxina 180?


Curros, Cabanillas e Antón Villar Ponte a Cuba; Castelao e Blanco Amor a Arxentina e Neira Vilas
aos dous países citados, primeiro a Arxentina e despois a Cuba. Luís Seoane naceu na Arxentina, onde
se exiliou con posterioridade. Lorenzo Varela naceu en Cuba, exiliouse en México e logo foi para
Arxentina.

2. Busca información na rede e fai unha breve ficha sobre a Liga de Acción Gallega e o seu líder
Basilio Álvarez.
Resposta posíbel:
Acción Gallega foi o nome dun dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do
século XX.
· Data de creación: 1910.
· Voceiro: Revista “Acción Gallega”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
120
Unidade 8
· Obxectivo principal: Supresión dos foros.
· Principal líder: Basilio Álvarez
· Himno: Usou un poema de Ramón Cabanillas, escrito en 1910, como himno oficial: “¡Irmáns!
¡Irmáns gallegos! / ¡Dende Ortegal ó Miño / a folla do fouciño / fagamos rebrilar!...”.
Basilio Álvarez foi o máis importante líder do movemento agrario galego.
· Naceu en Ourense o 10 de agosto de 1877.
· Estudou no Seminario en Ourense e ordenouse crego.
· Formou parte do grupo de intelectuais e políticos galegos residentes en Madrid que se reunían para
debater sobre os problemas de Galiza e que constitúe as orixes da “Liga de Acción Gallega”.
· Basilio Álvarez foi un dos fundadores desta asociación agraria en 1910.
· A súa actividade política custoulle a perda da súa parroquia (Beiro-Ourense), polo que abandonou
a Igrexa e comezou a vivir da avogacía e do xornalismo.
· Foi amigo de Ramón Cabanillas, a quen gañou para a causa agrarista e a quen prologou o seu
primeiro libro, No desterro.
· Fundou e dirixiu en Ourense o xornal La Zarpa.
· En 1931 consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes da II República Española polo Partido
Radical de Lerroux.
· Tras o alzamento militar de 1936 exiliouse en América, primeiro na Arxentina, logo en Cuba e,
finalmente, en EEUU.
· Morreu en Tampa (Florida) o 15 de novembro de 1943.

3. En parellas procurade a información necesaria e responde as seguintes cuestións:


A información necesaria atópase nas páxinas 180 a 184 do propio libro de texto.

a) Explicade por que dicimos que a economía galega do primeiro terzo do século XX é atrasada
e dependente.
Porque se caracteriza pola exportación de materias primas (madeira, gando, minerais...); a escasísima
industrialización; a constante fuga de capitais e de recursos humanos (emigración); o inmobilismo
nas estruturas agrarias herdadas do Antigo Réxime (sistema foral) e a precariedade nas vías de
comunicación.

b) Sinalade os pequenos avances que se producen na agricultura e na industria.


Na agricultura iníciase unha certa renovación grazas á mecanización, á introdución de fertilizantes
e ao labor da Misión Biolóxica de Pontevedra (Rof Codina, Cruz Gallástegui...). Na industria vaise
producir un tímido desenvolvemento, asentado sobre varios sectores: a industria da conserva, a
construción naval, a minería e a industria turística vinculada aos baños de praia e aos balnearios. A
Guerra Civil segou estes pequenos avances no desenvolvemento industrial.

c) Facede un esquema das etapas do panorama sociopolítico deste período.


Resposta posíbel:
· Sistema político da Restauración (1874-1923), baseado nun turnismo bipartidista (liberais vs.
conservadores), corrupto (caciquismo) e pouco democrático (eleccións amañadas, partidos só
de notábeis, voto censitario e masculino etc.). Este sistema deu síntomas de descomposición a
comezos dos anos 20, presionado por movementos contrarios como o agrarismo, o obreirismo e os
nacionalismos galego, vasco e catalán, e polo impacto da guerra de Marrocos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
121
Unidade 8
· Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e “Dictablanda” (1930-1931). En setembro de 1923,
sectores do Exército, coa aquiescencia de Alfonso XIII, impuxeron a súa ditadura, liderada polo
xeneral Primo de Rivera, que permaneceu no poder ata 1930.
· Segunda República Española (1931-1936). A oposición democrática á ditadura de Primo de Rivera
e á “Dictablanda” logrou implantar o 14 de abril de 1931 a Segunda República. Iniciouse así unha
etapa de profundos cambios sociais e políticos. O 18 de xullo do 1936, porén, comeza a Guerra
Civil, tras a sublevación dos militares encabezados por Franco contra o goberno lexítimo.

d) Explicade que é o agrarismo.


O agrarismo é un movemento de masas campesiñas que loita pola redención ou abolición dos foros,
para que o casmpesiñado acceda á propiedade da terra que traballa, e pola mellora das condicións de
vida no agro (melloras técnicas, santitarias, educativas, infraestruturais...).

e) Indicade os trazos que caracterizan a situación do movemento obreiro.


O proletariado galego é numericamente pequeno, pouco homoxéneo e está disperso en pequenas
empresas. Nesta etapa adquire unha forza crecente e consolida os seus sindicatos, entre os que destacan
a UGT, de inspiración socialista, e a CNT-CRG, de inspiración anarquista.

f) Sinalade cal é o fito sociopolítico máis importante na Galiza deste período.


A aparición do nacionalismo galego moderno, da man das Irmandades da Fala (1916), que culminou
co primeiro Estatuto de Autonomía de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de 1936.

4. Organizade a aula en grupos de tres ou catro persoas e preparade unha presentación electrónica
que conteña os seguintes elementos:
a) Un esquema coas principais características da dinámica sociolingüística do primeiro terzo do
século XX.
b) Que foron as Irmandades da Fala e que obxectivos perseguían.

c) Un esquema da actividade desenvolvida por esta organización.


Resposta libre. Os datos pódense consultar no libro de texto nas páxinas 181 a 183.

5. Imaxina unha Galiza sen Irmandades da Fala e prepara unha exposición oral para explicar cal
sería a situación da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa identidade se non tivesen existido.
Lembra facer referencia ás múltiples iniciativas que levaron a cabo.
Resposta aberta. Consultar as páxinas 182 e 183 do libro de texto.

6. Explica a importancia do Partido Galeguista e do Estatuto de Autonomía do 36 na historia da


lingua galega.
O Partido Galeguista (fundado en decembro de 1931) canaliza as reivindicacións lingüísticas das
Irmandades. No seu programa recóllense como obxectivos a galeguización do ensino e a cooficialidade
do galego e o español. Tamén participa decisivamente no proceso de elaboración do primeiro Estatuto de
Autonomía de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de 1936. Nese texto legal proclamábase por
primeira vez a oficialidade do galego e o dereito ao seu uso na escola, pero a guerra e o triunfo franquista
impediron a súa efectiva aplicación.

7. Por parellas preparade unha presentación electrónica ou un vídeo sobre algunha das figuras máis
destacadas que fixeron parte das Irmandades, por exemplo, sobre Antón Villar Ponte, Ramón Vi-
llar Ponte, Xoán Vicente Viqueira, Lois Porteiro Garea, Lois Peña Novo, Ánxel Casal, Lugrís Freire,

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
122
Unidade 8
Xaime Quintanilla, Castelao, Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade ou Vicente
Risco.
Resposta aberta.

Páx. 185
Fragmentos do editorial de presentación do xornal A Nosa Terra (14.11.1916)
“A nosa terra percisa un boletín, xa que hastra o de agora hai xornales e revistas de gallegos, mais nin un
soio de Galicia, esquirto en gallego i en Galicia, pra Galicia. [...] Temos unha lingua propia, feitura de Dios
e da Natureza, que emprega aínda a maoría do pobo, non habendo gramáticas nin dizonarios que axudaran a
fixala i a pesare de cinco sigros de centralismo: lingua armoñosa que naceu do latín, desgaxada do albre da
soberanía de Roma pra parir o castelao i o portugués, pra vivire en trunfo con xeito internacional nas Cortes
dos reises e nas xustas de amore; lingua viva que entenden moitos millós de homes máis alá das fronteiras;
que fixo dos gallegos, lonxe da terra, lazarillos espirituales dos castelaos. I unha lingua así, –máis estensa,
máis prática que a catalana–, ¿non é a nosa millor arma? ¿Poderemos esquecela? Si a lingua é o escudo da
persoalidade dos pobos, máis forte que as armas, ¿que loitas ganaremos sin ela? Si a lingua, soiamente, dá
a autonomía espritual, as outras autonomías separadas ¿valerán algo?
Hai, pois, unha política pra nós: a gran política da lingua. Si conseguimos intresar nesta política ós novos
inteituales e ás xeneraciós que veñen, voltaremos a sere fortes. Pobo que recobra a súa lingua, recóbrase a
si mesmo; pénsase como se fala, e fálase como se pensa. Cando morre un idioma morre un pobo. Porque a
palabra é o elemento esencial da formación do home. O home –dixo Emerson– é a mitade de si mesmo; a
outra mitade é a súa expresión. [...]
Falade i esquirbide e pensade sempre en gallego, irmáns. Por esto fixéronse fortes os cataláns, por esto se
lles calunia e combate no Centro, principalmente. Co demais transixiríase.
A Nosa Terra quere que se intrese a mocedade que vén nestas nousas. Quere que surxan ó mesmo tempo
que poetas e músicos gallegos, prosistas da nosa lingua [...]
A traballar con fe. Este boletín é de tódolos gallegos. A súa dona é Galicia enteira. Non ten outra. Polo
mesmo, as súas follas serán dinas de se coleicionar. Perpetuarán o pensamento dunha época”.

1. Segundo o texto, que trazos presenta o boletín A Nosa Terra que o fan novidoso no pano-
rama da prensa galega do seu tempo?
É o único escrito integramente en galego, dende e para Galiza.

2. Con que argumentos se defende no editorial a importancia do idioma galego e a convenien-


cia de empregalo literariamente?
· O galego é a lingua propia de Galiza e a que fala a maioría do pobo. Trátase dunha lingua latina,
argumento de prestixio utilizado xa dende principios da idade moderna que rompe coa falsa idea
do galego como lingua deturpada ou dialecto e sitúao nun plano de igualdade coas demais linguas
romances.
· Sinala o carácter de lingua internacional que o galego tiña nas Cortes medievais.
· Facendo referencia ao mundo lusófono, subliña o carácter de lingua extensa e práctica, que falan
millóns de persoas fóra das nosas fronteiras. Este é un argumento de prestixio e utilidade nun
momento en que se produce unha forte emigración galega cara a Lisboa e cara ao Brasil e nun
instante histórico en que Portugal é un país con colonias en varios continentes.
· Se o pobo galego recobra o uso do galego, recobrará a súa autoestima.

3. Que xéneros literarios son citados como prioritarios para o labor galeguizador que queren
emprender as Irmandades?
Sobre todo, a prosa (“quere que surxan ó mesmo tempo que poetas e músicos gallegos, prosistas da
nosa lingua”).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
123
Unidade 8
4. Que sectores da sociedade galega son destinatarios directos das proclamas que contén este
editorial?
Os destinatarios son todos os galegos (“Este boletín é de tódolos gallegos”), mais, en realidade, os
receptores inmediatos serán os intelectuais e as novas xeracións (“intresar nesta política ós novos
intelectuais e ás xeneracións que veñen”).

II. As Irmandades da Fala


Páx. 200

1. En grupos discutide e organizade por orde de importancia, segundo o voso criterio, as actuacións
das Irmandades para a dinamización do ámbito literario.
Resposta libre.

2. Responde por parellas a seguinte ficha sobre Ramón Cabanillas:

a) En que proxectos colectivos a prol da cultura galega participou?


Participou na creación das Irmandades da Fala e converteuse nun activista desa entidade, compoñendo
versos e escribindo obras teatrais de clara mensaxe galeguista.
En 1920, nun acto celebrado no Balneario de Mondariz, ingresou na Academia Galega.
Xa na posguerra, Cabanillas volveu xogar un papel simbólico primordial na recuperación da cultura
galega. É o autor dalgunhas obras publicadas en galego na posguerra, como Camiños no tempo
(Bibliófilos Gallegos), Samos e Antífona da cantiga (Editorial Galaxia).

b) Elaborade un esquema explicativo da estética do poeta cos elementos procedentes da tradi-


ción e outro cos elementos anovadores.
1. Elementos procedentes da tradición:
a) Da literatura clásica greco-latina (Horacio, Virxilio, Ovidio...).
b) Do romanticismo serodio europeo (Heine).
c) O folclore popular galego e os mestres do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros). O gusto
polos motivos folclóricos, a presenza de anécdota narrativa nos poemas e un marcado ideal ético e
unha finalidade concienciadora.
2. Elementos anovadores:
a) Mito artúrico, temática relixiosa.
b) O Modernismo hispanoamericano (Rubén Darío): a versatilidade métrica e rítmica, con versos
alexandrinos ou sonetos de arte menor; o gusto polo sensual; a musicalidade; o preciosismo verbal
e os efectos coloristas.
c) O Saudosismo portugués (Teixeira de Pascoães).
d) O Simbolismo e Postsimbolismo da segunda metade do século XIX (Baudelaire, Rimbaud,
Verlaine, Mallarmé).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
124
Unidade 8
c) Facede un cadro coas obras e as características que se corresponden con cada unha das etapas
en que dividimos a traxectoria literaria de Cabanillas.
a. Etapa de formación ou pregaleguista (1910-1915)
Trazos formais: a asimilación da tradición poética do Rexurdimento (Rosalía e Curros), así como
a incorporación dos achados métricos e estilísticos do Modernismo.
Temática: os poemas de No desterro e Vento mareiro expresan a nostalxia do desterrado.
Encontramos tamén un reducido número de composicións que mostran a voz dun poeta civil que
denuncia con versos rabiosos e incendiarios os males do foro e a miseria dos labregos e propaga as
ansias de redención do campo galego. Poemas como “A Basilio Álvarez”, “Acción gallega”, “A un
cacique” e “Lume no pazo” convértense en auténticas proclamas anticaciquís e marcan nos anos
seguintes o perfil literario do autor, que pasa a ser visto como o herdeiro de Curros.
b. Etapa galeguista (1916-1920)
Cabanillas asume o papel de poeta civil e Galiza pasa a ser o suxeito da súa poesía. En libros
como Da Terra asoballada (1917) transmite as ideas centrais que caracterizan o discurso político
das Irmandades: o papel fundamental do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o
modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza etc.
Adopta unha actitude didáctica, de cara a lograr unha aproximación do pobo ao galeguismo. Loa nos
seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas...) ou
contemporáneo (Lois Porteiro, Villar Ponte, Peña Novo), ao mesmo tempo que chama os galegos
a recuperaren o seu orgullo nacional.
A oposición labrego (+)/ fidalgo, cacique (–) e aldea (+)/ vila (–) da fase agrarista, transfórmanse
agora no conflito Galiza (+) / Castela (–), dentro das coordenadas de relacións oprimido / opresor
coas que analiza a realidade social. Nesta etapa escribe tamén a obra teatral A man de Santiña.
c. Etapa mítico-saudosista (1921-1930)
Cabanillas leva a cabo unha reconstrución mitificadora do pasado nacional, desde unha perspectiva
saudosista e centrándose en varios momentos clave: a época celta, a época medieval e a crise do
século XV. Responden a esta etapa obras como O Mariscal e Na noite estrelecida.
Emprende unha actualización da materia de Bretaña para adaptar a complexa lenda medieval a
unha mensaxe patriótica e cristiá, empregando unha linguaxe fortemente simbólica, cargada de
misticismo.
Tratamento formal: a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa; son máis frecuentes as referencias
eruditas; créase un sistema pechado de símbolos de raíz culta... No tocante á versificación, bota
man de metros antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con
romances e outras estrofas populares.
d. Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959)
Con ecos machadianos, o poeta reférese con voz amarga e ton moralizante á tristeza, á mocidade
perdida, á vida e á morte en libros como Da miza zanfona e Samos.
Poemas de corte clásico e de tipo descritivo en que manifesta o seu desexo de paz e comuñón coa
natureza nun locus amoenus que restabeleza o seu equilibrio interior. Ten resonancias panteístas.

d) En que obras se converte no voceiro do agrarismo e en cales no das Irmandades? Pescudade


algúns versos que se correspondan con ese papel.
En No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915) existen composición que reflicten
a simpatía de Cabanillas co agrarismo, son poemas como “A Basilio Álvarez”, “Acción gallega”,
“A un cacique” e “Lume no pazo”. En Da terra asoballada (1917) Cabanillas convértese na voz do
nacionalismo das Irmandades en poemas como o dedicado a Luís Porteiro “¡En pé!”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
125
Unidade 8
e) Explicade a estrutura e características de Na noite estrelecida e procurade ilustracións para
exemplificar o contido da obra.
Na noite estrelecida (1926) está composto por tres longos poemas narrativos ou sagas: “A espada
Escalibor”, “O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”. Neles emprende unha actualización
da materia de Bretaña para adaptar a complexa lenda medieval a unha mensaxe patriótica e cristiá,
empregando unha linguaxe fortemente simbólica, cargada de misticismo.
A nova materia trae consigo un novo tratamento formal: a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa;
son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de símbolos de raíz culta... No
tocante á versificación, bota man de metros antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben
alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.
O alumnado deberá procurar, cando menos, fotografías das montañas do Cebreiro, da illa de Sálvora
e de Compostela. Tamén lle servirán imaxes relacionadas coa materia artúrica.

3. Traballade en grupos vídeos e música sobre Cabanillas:

a) Seleccionade na clase seis poemas de Ramón Cabanillas. Organizádevos por grupos de xeito
que a cada un lle corresponda elaborar un vídeo sobre un texto diferente. Procurade que o au-
dio teña unha locución de calidade. Ao rematar, facede unha escolma dos mellores e subídeos
á rede.
Resposta aberta.

b) Pescudade en internet poemas de Cabanillas que estean musicados, escoitádeos e selecciona-


de os dous que máis vos gusten.
Resposta aberta.
Pódense ver, entre outros, os vídeos de Nao (“¡En pé!”); Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira (“Himno
de Acción Gallega” e “A fouce esquecida”); Kevi Aragunde (“Ás miñas costas, calada”, “Os dous
raposos”), Antón García Abril (“Camiño longo”) e Luís E. Batallán (“Camiño longo”).

c) Procurade información sobre os compositores e compositoras que teñen feito música para os
seus poemas (época, títulos, intérpretes etc.).
Resposta aberta.
Pódese consultar na wikipedia sobre Luís Emilio Batallán e Antón García Abril. Na prensa dixital de
Arousa pódese atopar información sobre Xoán Silva e Blas. Tamén na rede hai información sobre os
músicos Kevi Aragunde, Anxo Xesteira e o grupo Nao.

4. Responde estas cuestións sobre outros poetas do tempo das Irmandades e sobre a actividade
teatral:

a) Sinala os principais trazos da poesía de Noriega Varela.


O ruralismo costumista decimonónico. A temática redúcese ao descritivismo paisaxístico e a glosar
a ruda vida dos campesiños da montaña luguesa.
A influencia modernista e saudosista. Elabora unha poesía culta e mesmo refinada.

b) Explica por que podemos considerar a súa poesía como un antecedente do hilozoísmo.
As paisaxes montañesas aparecen tratadas cun gusto impresionista que destaca pola plasticidade das
súas imaxes.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
126
Unidade 8
c) En que consiste o franciscanismo e como se plasma na súa poesía?
Convértese en poeta das cousas pequenas (os vermes, as espiñas, as fontes, as flores, as folerpas
de neve...), cunha actitude de atracción polo humilde e polo desamparado. O franciscanismo é a
manifestación externa da profunda relixiosidade do autor que le na natureza unha simboloxía das
virtudes cristiás: a humildade, a pobreza, a piedade etc.

d) Sinala as características das coleccións de novela curta na etapa das Irmandades.


Todas ofreceron volumes de pequeno formato (20/30 páxinas), saída periódica e custe económico
accesíbel ao grande público. Déronlle preferencia aos ambientes urbanos e procuraron anovar temas
e estilos á hora de narrar en galego, fuxindo propositadamente do “ruralismo” e do “costumismo”.

e) Recolle nun cadro os datos básicos das editoriais máis destacadas.


Títulos e autores Impulsada ou
Nome Outros datos
destacados vencellada a
¡Terra a Nosa! Do caso que lle aconteceu Xornal A Coruña (1916)
ao Dr. Alveiros, de Vicente El Noroeste
Subtitulada “Biblioteca
Risco.
Popular Galega”
Céltiga A novela Saudade, de Irmandade Contou co apoio dalgúns dos
Quintanilla, o ensaio ferrolá mellores artistas plásticos
Doutrina Nazonalista (1921), do momento: Camilo Díaz
de Ramón Villar Ponte; a Baliño, Álvaro Cebreiro,
“novela dialogada” Almas Imeldo Corral, Castelao...
mortas (1922), de seu irmán
Antón; Un ollo de vidro.
Memorias dun esquelete
(1922), de Castelao; o drama
Trebón (1923), de Cotarelo
Valledor.
Lar Otero Pedrayo, Aurelio Leandro Carré A Coruña (1924-1927)
Ribalta, Francisca Herrera Alvarellos e
Garrido, Lesta Meis, Amado Ánxel Casal Foi a máis importante destas
Carballo, Cotarelo Valledor, coleccións. Constitúe o
Filgueira Valverde, Fermín principal antecedente da
Bouza Brey etc. Editorial Nós.

f) Indica as principais liñas temáticas tratadas nestas coleccións.


O humor e o macabrismo, o neoceltismo, a narrativa etnográfica, a naturalista, a de transfondo político,
a sentimentalista e as novelas líricas.

g) Que problemas tiveron que superar as Irmandades para darlle pulo ao teatro? Cales foron as
principais liñas de actuación neste sentido?
• O teatro galego anterior ás Irmandades amosa unha ambientación case exclusivamente rural. É un
teatro de extensión breve, dominado polo costumismo, construído a base de diálogos chocalleiros
e poboado por personaxes labregas tópicas. Está escrito frecuentemente en verso (a primeira peza
en prosa é o drama A Ponte, de Manuel Lugrís Freire, editado en 1903) e nun tipo de galego moi
dialectalizado, que tende a imitar o rexistro oral e popular.
• As principais liñas de actuación foron:
· Incrementar o número de obras e autores e a calidade dos textos, que responderá a unha esixen-
cia formal, temática e estética.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
127
Unidade 8
· A diversificación xenérica.
· O cultivo prioritario da literatura dramática escribindo obras orixinais, facendo traducións,
exercendo a crítica de espectáculos a través da prensa etc.
· Acoller influxos procedentes dalgunhas dramaturxias europeas (folkdrama irlandés, teatro sim-
bolista europeo...).
· Fundar pequenos grupos teatrais amateurs (cadros de declamación) no seo dos coros populares,
nas facultades universitarias ou nas localidades onde as Irmandades teñen implantación. A com-
pañía máis importante, polo que tivo de ambiciosa e polo que representou na xeira renovadora
da nosa escena, foi o Conservatorio Nazonal do Arte Gallego (CNAG), creado pola Sección
de Cultura e Fala da Irmandade herculina en 1919.
· Amplíar os círculos de espectadores, paralelamente á penetración social do nacente nacionalismo.
· Levar adiante intentos renovadores das postas en escena, como os protagonizados por escenó-
grafos como Camilo Díaz Baliño.
· Editoras como “Céltiga”, “Lar” e, sobre todo, “Nós”, fan un esforzo por ofrecer obras do xéne-
ro teatral, mais non é infrecuente o recurso á publicación destas en revistas ou en folletíns dos
xornais.

h) Caracteriza dúas obras de cada un dos máximos representantes do teatro renovador.


Antón Villar Ponte
Deste autor pódense sinalar diferentes obras. Como suxestión escollemos as seguintes:
A patria do labrego (1905), drama anticaciquil a favor da emigración e Almas mortas (1922), que
denuncia a influencia deformadora e o papel desgaleguizador de América nos nosos emigrantes.
Ramón Cabanillas
A man de Santiña (1919), renuncia aos tópicos manidos do teatro anterior e presenta mensaxes
galeguizadoras (censura da emigración, idealización da fidalguía amante da Terra...) e un uso culto
e dignificado do idioma. Nesta obra a figura do fidalgo xa non é corrupta e sanguinaria (como
acontecía na poesía agrarista de Cabanillas), senón paradigma de honestidade e amor á terra.
O Mariscal (1926), obra cumio do teatro galego desa época, escrita en colaboración con Antón
Villar Ponte. Trátase dunha peza en verso en que eleva a figura do nobre Pardo de Cela, axustizado
en Mondoñedo por opoñer resistencia á raíña castelá Isabel a Católica, á categoría de protomártir
das liberdades galegas.
Xaime Quintanilla
Alén (1921), peza nunca representada. Os personaxes e o ambiente desta obra non son galegos,
feito este profundamente novidoso na súa época. A obra sustenta unha fina crítica das crenzas
espiritistas e neosóficas.
Donosiña, estreada en Ferrol (1920) con grande escándalo por abordar temáticas como o adulterio
e o divorcio. Ficou inédita ata 1997.

Páx. 201
RAMÓN CABANILLAS

Na taberna
Os mozos mariñeiros da fiada
lémbranse rindo alleos de coidados;
cheira a aceite e pemento requeimados
rustido de xurés en caldeirada.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
128
Unidade 8
Conta o patrón nun corro a trebonada
do ano setenta, -hestoria de afogados;-
e empuxándose, inando, entran mollados
os homes dunha lancha de enviada.

Pasa de man en man a xerra roiba


de albariño, e namentras cai a choiva
e o vento fai tembrar a casa enteira,

detrás do mostrador crarexa o ceo


nas trenzas de ouro, no mirar sereo,
na surrisa de luz da taberneira.

1. Repara na forma deste poema. Que tipo de composición é? Cal é o seu esquema de rimas?
Trátase dun soneto de versos hendecasílabos. O seu esquema de rimas, todas consoantes, é ABBA
ABBA CCD EED.

2. Podemos catalogar este poema como costumista? Por que?


Atendendo á súa temática si (retrato do ambiente dunha taberna mariñeira arousá), aínda que
estilisticamente presenta trazos modernistas.

3. A poesía modernista gusta de referir sensacións. Hai exemplos disto no texto?


No último terceto, contrastando coa ambientación –chove fóra e relatan historias de treboadas e
naufraxios: Conta o patrón nun corro a trebonada / do ano setenta, -hestoria de afogados;- / e
empuxándose, inando, entran mollados / os homes dunha lancha de enviada– aparecen metáforas
sinestésicas en relación coa taberneira: detrás do mostrador crarexa o ceo / nas trenzas de ouro, no
mirar sereo, / na surrisa de luz da taberneira.

A Basilio Álvarez
¡Sementador! O trigo dos veirales
mostra as espigas mestas e douradas,
i as segadoras fouces, afiadas,
teñen tráxico brilo de puñales.

O teu verbo, estalante nos pinales,


troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,
os salaios das gorxas abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales.

A aldea ergueuse co craror da aurora


agardando a siñal, e non sosega
en axexo da loita vingadora.

¡Xa a lus do sol do mediodía cega,


sementador! ¡Sementador, xa é hora
de da-lo berro e comenza-la sega!

1. Determina o esquema métrico e de rima deste soneto.


Son versos hendecasílabos que riman ABBA ABBA CDC DCD.

2. Localiza as correspondencias léxico-semánticas que Cabanillas estabelece entre o labor po-


lítico do agrarismo liderado por Basilio Álvarez e os propios labores agrícolas. Que eficacia

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
129
Unidade 8
pragmática, pensando nos receptores do texto, podía ter o establecemento desas correspon-
dencias?
Sementador = líder do movemento agrario.
Espigas mestas e douradas = madurez do proceso de concienciación e organización
Comezar a sega = emprender a loita antiforal e anticaciquil
Fouces afiadas= armas labregas dispostas para a loita
Sol de mediodía= o momento en que a calor (=opresión caciquil) se fai máis insoportábel.
As metáforas referidas aos labores do campo facilitan a comprensión do texto aos seus destinatarios labregos
e permiten unha identificación entre os referentes inmediatos dos receptores e o discurso poético.

3. Repara na abundante adxectivación, tipicamente modernista, e determina os valores sémicos


que achega.
Mestas, douradas, segadoras, afiadas, tráxico, vingadora, abafantes, estalantes, guerreiros e
triunfales son adxectivos que se organizan en dous grupos. En primeiro lugar temos a adxectivación
referida á sega e en segundo lugar predomina a adxectivación que nos remite á guerra.

Acción Gallega (himno)


¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,


coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,


¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo!


¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,
ladróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.

Antes de ser escravos,


¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.

1. Ao se tratar dun “himno”, o poeta bota man reiteradamente dun recurso que lle serve para
enfatizar o contido dos versos. Cal é ese recurso?
Trátase dunha apelación, unha chamada aos receptores, lograda a través do emprego de exclamacións
e do imperativo: irmáns, ergámonos, fagamos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
130
Unidade 8
2. Que dous vectores ideolóxicos se combinan no poema?
Nacionalismo e Agrarismo.

3. Que elementos citados no texto presentan valor simbólico ou alegórico?


Dende Ortegal ó Miño= Galiza
Aldea= a Galiza traballadora
Vila podre= a Galiza explotadora e caciquil
Pazo señorial= o poder das clases sociais que viven de rendas
A folla do fouciño, o lume da toxeira= a loita labrega

Páx. 202

Camiño longo
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
e triste e escuro de día...
camiño longo
da miña vida!

Vereda, vereda torta


en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
vereda torta,
ti ónde me levas!

Camiño, camiño longo.


A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
camiño longo
da miña vida!

Vereda, vereda fonda


de fontes tristes, sin ágoa;
sin carballos que den sombra,
sin chouzas que den pousada....
vereda fonda,
ti cando acabas!

1. Cabanillas estabelece no poema equivalencias entre a súa vida e distintos elementos. Cales
son estes? Que trazos os caracterizan?
Camiño longo, escuro e triste.
Vereda torta, rodeada de toxos, de fontes triste, sin ágoa, sin carballos que den sombra.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
131
Unidade 8
2. Formalmente, cales son os recursos predominantes no poema?
• Abundante adxectivación: longo, escuro, triste, torta, crebada, tristes, fonda.
• Quiasmo: escuro e triste de noite,/ e triste e escuro de día...
• Recursos de repetición como a anáfora e o paralelismo:
Camiño, camiño longo,/ camiño da miña vida;
sin carballos que den sombra,/ sin chouzas que den pousada....
Camiño, camiño longo,/ Vereda, vereda torta/ Camiño, camiño longo,/ Vereda, vereda fonda
• No plano do significado o recurso máis destacado é o uso da metáfora impura: camiño da miña vida.

¡En pé!
A Luís Porteiro
¡Irmáns! En pé sereos
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito
a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas...
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!

¡Irmáns no amor á Suevia


de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangre quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ao vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
132
Unidade 8
1. No texto hai algúns elementos que funcionan claramente con valor simbólico. Identifícaos e
explica a súa significación.
• A fouce: as loitas agrarias.
• A oliva: a paz.
• As cadeas: a situación de explotación e sometemento que vive o pobo galego.
• A bandeira azul e branca: é un símbolo extratextual que representa a nación galega.

2. Que tres momentos históricos son aludidos por Cabanillas como precedentes da loita galega
pola liberdade?
· A noite da Frouseira fai referencia á traizón sufrida polo mariscal Pedro Pardo de Cela. Este nobre
representa a resistencia fronte á raíña Isabel a Católica no sometemento do Reino de Galiza.
· Suevia de lexendaria historia refírese ao primeiro reino medieval que houbo en Europa despois da
caída do Imperio Romano, cando o pobo suevo se instalou neste territorio e fundou o Reino Suevo
de Galiza.
· O día do Medulio evoca a resistencia dos habitantes do noroeste peninsular ante a conquista
romana, cando asediados decidiron poñer fin ás súas vidas antes de caer escravos.

3. Que medidas teñen os versos que se combinan neste poema? Teñen rima?
Son versos heptasílabos e hendecasílabos que presentan rima asonante nos versos pares.

Páx. 203

Sobredo
¡Galicia encadeada con ferros de Castela
por fillos treizoeiros e por caciques-lobos,
no teu ceo azuado hai unha nova estrela!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos!

¡Irmáns! ¡Erguede o berro


de amor e santidade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chan!
Son verbas de Dios mesmo
do Dios Todopotente
¡Co suor da túa frente
gañarás o teu pan!

¡Nai galega que diche a sangre xenerosa


para calmar a sede rabiosa da Impiedade,
nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!

Son verbas de Dios mesmo,


do Dios Todopotente:
¡Co suor da túa frente
gañarás o teu pan!
¡Irmáns! Erguede o berro
e o legón aferrade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chan!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
133
Unidade 8
1. Cabanillas escribe este poema tras producirse a matanza de Sobredo. Busca información nos
manuais de historia de Galiza sobre ela e sobre outras semellantes que se produciron nesa
época. Coa información que recompiles, intenta determinar quen é esa nova estrela sangui-
ñenta que agoira tempos novos aludida no poema.
Sobre a matanza de Sobredo recoméndase a consulta de CABO VILLAVERDE: Miguel: O Agrarismo,
Ed. A Nosa Terra, Col. Historia de Galicia, nº 16, Vigo, 1998.
A nova estrela sanguiñenta é unha muller labrega que morre a tiros da Garda Civil en Sobredo.

2. Cales son os inimigos do Traballo e do Chan que menciona Cabanillas?


As clase rendistas, que vivían da terra traballada por outros e que, frecuentemente, eran absentistas,
fixando a súa residencia en Madrid.

3. Bota man o poeta dalgún argumento ou instancia que lexitime a súa proclama e o seu chama-
mento á loita?
Cabanillas fai referencia á frase bíblica recollida no Libro da Xénese, capítulo 3, versículo 19:
“Gañarás o pan coa túa suor”.

Oración
Da nube baixa á decaída rosa
o orballo que a sostén fresca e vizosa,
e a rosa, agradecida
á graciosa mercede recibida,
fai do orballo fragancia deleitosa
que en fíos de recendo rube, e rube
a perfumar a nube.
A alma pola voz de Dios unxida
conquire santa, inmorredoira vida:
xusto é que, como a rosa,
pagadora da gracia miragrosa,
ruba ó ceo de donde foi roscida,
de gratitude anxélica emisaria,
trastocada en pregaria.

1. Cal é a mensaxe relixiosa que encerra este poema, pertencente ao libro Samos?
A oración é unha manifestación de gratitude a Deus por facer a alma inmortal.

2. Determina o esquema métrico e rímico do texto.


O poema combina versos heptasílabos e hendecasílabos, de rima consoante, con esquema aAbBACc
dDeEDFf.

3. Máis unha vez a adxectivación xoga un papel de primeira orde na confección do poema. Que
funcionalidade presenta e a que campos lexicais se vincula?
A adxectivación remite a dous campos diferentes. Por unha banda está o campo das características
das flores: fresca, vizosa, agradecida, deleitosa. Por outra, aparece o da espiritualidade: santa,
inmorredoira, milagrosa, anxélica.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
134
Unidade 8
Páx. 204 de rochedos de coral,
esmeralda verdegaia
A espada Escalibor (Fragmento) ó resprandor do luar,
É Merlín o profeta, o celta armoricán, bicada de manseliñas
dos silfos e das lumias ollado por irmán, ágoas de limpo cristal
sabidor dos encantos e os máxicos conxuros, nas que as sirenas ensaian
das virtudes das herbas e dos fados escuros, seu namorante cantar
que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros mentras os pinos lanzales
deprendeu o diviño lenguaxe dos luceiros; escoitan voces leviáns
o bardo das edades, o da segreda cencia que chegan esmorecidas
que a terra fixo súa, impóndolle obedencia do misterio de alén-mar.
ás ágoas da riada, ós rochedos do cume,
ás nubes da tromenta, á ardentía do lume. Amada dos vellos dioses,
mortos e esquecidos xa,
Impoñente, amostrando nativa maxestade, que Sálvora lle chamaron
na mirada un sereo craror de eternidade, afeitos a nela topar
ten ós pés –cruz de ouro, folla núa afiada-, repouso doce e tranquío
sobre o manto de neve unha fúlxida espada. de celestiaes afáns,
Aceiro puro e virxe das entrañas da terra, inda está tendida a escada
cos lumes sideraes das estrelas en guerra que baixa do ceo ó chan,
nas fragas treboantes dos lóstregos forxado, envolveita e recuberta
que no dolmen batido e no Xordán temprado, de bretemoso cendal
foille dado a unha raza de homes sans e valentes, feito de rendas garnidas
cabeceira de pobos, guiadora de xentes, por diviños teceláns.
para impor unha cenza, siñalando o camiño
que por riba dos tempos leva ó trunfo diviño. Nunha furna que galgantes
zarran as ondas do mar,
Ergueito coma un pino que as outas nubes fende, apreixada nas firentes
os brazos sarmentosos o bardo ós ceos tende, poutas dun aguia reial,
e escóitase na noite solene resoar gardada por un dragón
a súa voz bruante, sonora como o mar: de alento que é solimán,
brIlaba a fúlxida espada
Baixo a dozura do ceo Escalibor, o trunfal
da nobre Galicia irmán, aceiro da heroica edade
onde pola nosa groria cantada por Osián,
inda doirando o fogar que ten de ser sobre a Terra
vive aceso o lume sagro ergueita en céltigas mans,
dos craros días do clan, símbolo, florón e escudo
hai unha illa encantada da Cruz, do Amor e da Paz.

1. Localiza os elementos artúricos que menciona Cabanillas e identifica os procesos de galegui-


zación da materia de Bretaña que realiza.
A presenza do mago Merlín e a espada Escalibor. Esta aparece situada na illa de Sálvora.

2. Que virtudes se citan na descrición do mago Merlín?


Merlín é profeta maxestoso, coñecedor de conxuros e de herbas menciñeiras. Posúe a linguaxe das
estrelas e ten o mando sobre as augas, as nubes e o lume.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
135
Unidade 8
3. Analiza a medida dos versos e a rima do fragmento.
A primeira parte está formada por versos alexandrinos –14 sílabas- que riman AABBCC... A rima
é consoante. A segunda, en troca, é un romance de versos octosílabos con rima asoante nos pares,
quedando libres os impares.

4. Repara na adxectivación. É abundante ou escasa? Para que serve neste texto?


A adxectivación é moi abundante. A súa función é caracterizar a psique e o físico do protagonista e
salientar a beleza e maxestosidade dos espazos naturais en que se sitúa ou ambienta o fragmento.

Páx. 205

NORIEGA VARELA

As froliñas dos toxos


¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.
Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.
Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamántel-as noites que orballa.
¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.
De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!

Toda humilde belleza...


Vago xirón de brétema, atavío
soberbio de irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío
(pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río,


flor mareliña que entre espiñas chora,
ou as redes da araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo caro


do meu nume saudoso... Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,


que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela.

Túa divisa
¿Unha fouce? Mais... ¡non! Túa divisa
¡unha cruz sinxeliña!, prenda cara
que a Tradición ó Ermo lle legara
coas lágrimas da aurora i a sorrisa.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
136
Unidade 8
Mimosa pasión da alma é a pythonisa
que á singular Galicia benfadara:
doise do sol, que morre, non repara
na rudeza do déspota que a pisa.

Dun natural piedoso, que eu admiro,


¡en presencia da Virxe é un suspiro!,
i aínda esmagar un verme lle repuna.

Cos ánxeles das trebas non quer nada,


e mellor que asistindo a unha asonada,
se alcontra, amouchadiña, onda unha cuna.

A un brañego
¡Deixa rodar o mundo!, ti procura
imitar os teus pais, os teus avós;
Dios éche santo vello, sirve a Dios
practicando o que mande o señor cura.

A te-lo corpo forte e a alma pura


limita, si eres cordo, as ambiciós;
casa o teu corazón cos corazós,
que proclaman da aldea a fermosura.

Non é xente de honor a que te engaña;


non digas que o que marcha a terra extraña,
vai ben libre de verse en bravo apuro;

¡inda che hai quen de fame aló regaña!:


cala, e come o centeo da montaña,
i amoléceo no leite, si está duro.

1. Le atentamente estes catro poemas de Noriega Varela e resume o contido de cada un deles.
• As froliñas dos toxos. O poeta loa a beleza das humildes flores dos toxos.
• Toda humilde belleza. Expresa a súa admiración polas pequenas cousas da natureza: un “xirón de
brétema”, unha “doíña de rocío”, unha “raiola do luar” ou a “nudez dunha estrela”.
• Túa divisa. A muller debe ter como símbolo unha humilde cruz e non a fouce; debe tamén atender
os fillos (“onde unha cuna”) e non participar en “asonadas” (loita agrarista).
• A un brañego. A mensaxe diríxese contra a visión da emigración como remedio e contra o afán de
cambio. Recoméndaselle aos brañegos fidelidade á aldea, resignación e obediencia aos curas para
soportar a vida dura e precaria que lles toca vivir.

2. En cales achas exemplos da actitude “franciscanista” típica deste autor? E en cales ideas reac-
cionarias?
Nos dous primeiros textos, porque aparece a admiración por unha natureza humilde.
En Túa divisa e A un brañego.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
137
Unidade 8
Páx. 205-206

VITORIANO TAIBO

Brúa o mar
A flor do inverno é de neve, o azul do ceo, embazado:
ña Mai-Terra aterecida ten un canto amargurado.

Brúa o mar!. As ardentías escáchanse nas rompentes,


i os cons afoutos agachan as súas cristas valentes.

Xeme o salgueiro dolente sob o beixo da xeada,


i un alongado lamento baixa do castro á valgada.

Brúa o mar!. As furibundas olas, en inxente traza,


érguense outas e soberbas nunha espantosa ameaza.

A forteza do carballo esmorece ca friaxe,


nos cumios ispidos prende a tristura da paisaxe.

Brúa o mar!. Cada bruído é unha cega imprecación,


cada ola que se desfai, un berro de maldición.

Pola terra andan as almas a padecer i a chorar;


mais nos cantís e nas furnas, cons e barras brúa o mar.

Brúa o mar!. Rouco, arrabiado, nunha tolemia abraiante,


a inmensidade é unha luita tremebunda e arrepiante.

1. Que tipo de estrofa e que clase de rima emprega Taibo para a confección do poema?
Trátase dunha composición formada por pareados de 16 sílabas cada verso. A rima é consoante,
nalgunhas estrofas é oxítona e noutras paroxítona.

2. Taibo recorre á personificación de determinados elementos naturais neste seu retrato do mar
tempestuoso. Localiza algúns exemplos.
O beixo da xeada
furibundas olas outas e soberbas
a tristura da paisaxe
Cada bruído é unha cega imprecación
Brúa o mar!. Rouco, arrabiado, nunha tolemia abraiante
3. O sensorialismo modernista marca estilisticamente o texto. Repara nos substantivos, adxecti-
vos e verbos que emprega o poeta e tira algunha conclusión sobre o particular.
Aparecen elementos que se refiren a cada un dos sentidos (agás o olfacto):
· Vista: azul, embazado, cega
· Tacto: friaxe, beixo, xeada, arrepiante
· Oído: canto, brúa, rouco
· Gusto: amargurado

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
138
Unidade 8
Páx. 206-207

RAMÓN CABANILLAS E ANTÓN VILLAR PONTE

O Mariscal (1926)
Acto Terceiro. Xornada Primeira. Primeiro Cadro (Fragmento)

Un calabozo na cadea de Mondoñedo. No fondo, á esquerda, un Santo Cristo ó pé do que prega de xoellos
Frei Rosende; á dereita unha fenestra enreixada, ó través da que se ve o ceo, alumeado por un fío de luz

O Mariscal-Miranda-O fillo do Mariscal


(os tres con grillóns de ferro)

PEDRO: (Que está mirando ó través das grades da fenestra)


¡Vén o día! Na raia da montana
a crarexar comenza.

O MARISCAL: Tras da escurada desta noite triste,


tras destas irtas, medoñentas trebas,
ten de chegar a luz da libertade
a abrir as portas e a tronzar cadeas;
a levarnos alén, onde o repouso
os corazós magoados asosega.
¡Libertade da morte,
como ningunha de baril e rexa,
contra a que nada poden mando e forza
deses reises tiráns!

MIRANDA: ¡Dor é que seia


a libertade nosa, escravitude
desta adourada malferida terra!

PEDRO: ¡Adiós, fío azuado


da luz da miña estrela!
¡Adiós, adiós que morres,
raiola derradeira!
¡Estreliña que loces á alborada
e sabes meu amor e miña pena,
cando tornes mañán, bícaa na frente
e dille que morrín pensando n’Ela!

O MARISCAL: ¡Doce Galiza, patria benamada,


tronco, berce e solar dunha nobreza
que nos campos de loita foi espello
prez e honor da Iberia!
¡Ou miña terra! ¡Como nós en ferros,
doente e prisioneira
sin defensión xuzgada,
dos teus fillos vendida a man allea,
por ti morro apenado chan bendito,
por ti a alma doída desespera!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
139
Unidade 8
MIRANDA: ¡Ten o teu sangue de deixar na Hestoria
un regueiro de luz viva e acesa!
¡Vivirás nas súas páxinas groriosas
canto viva a lembranza desta terra!
¡Teu nome será o facho lumioso
que amonstre a vereda
por onde han camiñar, tempos adiante,
os que sintan no peito a sagra arela
de faguer libre o chan en que naceron,
de ter patria de seu, honrada e ceiba!

O MARISCAL: ¡Dios está perto! A túa lealtade,


as túas nobres e animosas verbas
énchenme de consolo.

MIRANDA: ¡Para sempre


restarás como exempro!

PEDRO: ¡Si! ¡A Frouseira


será espiña chantada eternamente
na entraña de Castela.
Dios e o esforzo galego virá un día
que nos vinguen con honra!

O MARISCAL: No estiveras
antre nós, ¡ou, meu Pedro, rosa branca
que a inxustiza terá de pór vermella!
e fora para nós centos de veces
bendita a morte que de aquí nos leva
¡Meu filliño!

PEDRO: ¡Meu pai! ¡Miranda!


Pra os que saben amala e merecela,
pra os que saben surrirlle,
a morte é garimosa, mol, festeira.
¡Non vos doia por min! Os vellos dioses
amaban a crueldade sanguiñenta;
sempre foron os mártires
das relixiós a gala e a nobreza;
sempre estiveron cheos
de misteriosa gracia milagreira
os altares regados
co sangue limpo e roibo da inocencia.
¡Corra o meu no bendito altar da patria!
¡El ten de lle dar vida a unha roseira
que, eternamente frorecida, cante
a groria do blasón Pardo de Cela!
¡Irei con vós á morte, altivo e ledo!
¡Quero ser, quero ser rosa vermella!(...)

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
140
Unidade 8
1. O Mariscal, o seu fillo e Miranda agardan na cadea de Mondoñedo o momento da súa execu-
ción. Como afrontan cada un dos tres protagonistas a súa situación? Que lles serve de consolo
en cada caso?
• O Mariscal albisca detrás da escuridade do momento a luz da liberdade.
• Pedro evoca a súa amada e despídese dela. Acepta a morte como unha ofrenda que realiza no altar
da patria.
• Miranda consola o Mariscal e confía en que a historia ha ter un lugar de honra para el.

2. A peza O Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte, quixo ser moito máis que unha simple repro-
dución teatralizada de feitos máis ou menos históricos e albergou unha clara intencionalidade
propagandística. En que momentos da escena transcrita fica esta intencionalidade patente?
• Nas palabras do Mariscal:
Tras da escurada desta noite triste,
tras destas irtas, medoñentas trebas,
ten de chegar a luz da libertade
a abrir as portas e a tronzar cadeas;
a levarnos alén, onde o repouso
os corazós magoados asosega.
¡Libertade da morte,
como ningunha de baril e rexa,
contra a que nada poden mando e forza
deses reises tiráns!

¡Doce Galiza, patria benamada,

¡Ou miña terra! ¡Como nós en ferros,


doente e prisioneira
sin defensión xuzgada,
dos teus fillos vendida a man allea,
por ti morro apenado chan bendito,
por ti a alma doída desespera!

• E nas palabras de Miranda:


Escravitude / desta adourada malferida terra

¡Teu nome será o facho lumioso


quue amonstre a vereda
por onde han camiñar, tempos adiante,
os que sintan no peito a sagra arela
de faguer libre o chan en que naceron,
de ter patria de seu, honrada e ceiba!

3. Os autores da escena botan man en diversos momentos de elementos léxicos dotados de claro
significado simbólico. Localiza eses elementos.
• Escuridade e noite representan a opresión de Castela
• A luz representa a liberdade
• Tronzar cadeas fai referencia ao remate do sometemento padecido por Galiza
• Espiña simboliza a vinganza que supón a memoria da ignominia de Castela.
• Rosa branca representa a inocencia.
• Rosa vermella simboliza o martirio.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
141
Unidade 8
4. Con que recursos técnicos e verbais se remarcan o patetismo e dramatismo da situación des-
crita na escena?
• A imaxe do Cristo e de Frei Rosende como parte do escenario.
• O fío de luz que alumea o escaso ceo que se ve dende a escuridade do calabozo.
• Os grillóns de ferro que encadean aos protagonistas.
• A asunción da inminencia da propia morte por parte do Mariscal:¡Ou miña terra!, por ti morro e
Pedro: ¡Irei con vós á morte, altivo e ledo! / ¡Quero ser, quero ser rosa vermella!
• A inocencia de Pedro representada no símbolo da rosa branca.

5. O factor relixioso está moi presente neste diálogo dos prisioneiros. Localiza algunhas manifes-
tacións neste sentido.
• A concepción da morte como tránsito a un estado máis plácido: a levarnos alén, onde o repouso /
os corazós magoados asosega. / ¡Libertade da morte
• A consideración da terra coma un chan bendito.
• A proximidade divina: Deus está perto.
• O sacrificio dos protagonistas como un paralelismo da crucifixión de Cristo, co conseguinte valor
salvífico de tal sacrificio.

Páx. 207

GONZALO LÓPEZ ABENTE


O meu mar
Unha nube de chumbo a tapar todo o ceu;
borraxeira e orballo que revoan no ar;
os inxentes penedos, xa tristeiros de seu,
espallando queixumes con dorido fungar;
os montes envolveitos na brétema sotil;
e as bocas desdentadas das furnas no cantil.

Escumas, ardentías,
atruxante balbor,
e, cal apocalíticas porfías
de cíclopes, vestiglos e xigantes
das vellas e barís mitoloxías,
os ecos trepidantes
do líquido elemento bruador.

¡O mar!
¡O meu mar!
O mar que eu vexo
nestes días de inverno,
gris, abalante,
inquedo, forte e rexo,
a cólera a roubar do fondo averno
e a bater nas orelas, escumante
de rabia e furore, nun épico loitar!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
142
Unidade 8
Este mar que derruba coas paredes das hortas,
desfaise contra os cons e sobe polos cabos;
que corre polas rúas ribeiranas e tortas
antre as casas homildes dos mariñeiros bravos.
Este mar belicoso que a costa brava asedia,
que as ondas esnaquiza nunha brava fervenza
e en escumas de prata no cantil as destrenza...
é o gran creadore dunha eterna traxedia.

1. Este poema de López Abente é paisaxístico, mais introduce un enfoque que logo desenvolverá
en profundidade o movemento hilozoísta, a personificación dos elementos da paisaxe. Locali-
za algúns exemplos no texto.
os inxentes penedos, xa tristeiros de seu,
espallando queixumes con dorido fungar;

e as bocas desdentadas das furnas no cantil

O mar inquedo,

Este mar belicoso que a costa brava asedia

2. Que trazos presenta o mar que describe o poeta?


O mar é incesantemente bravo: escumante de rabia e furore, gris, abalante, inquedo, forte e rexo,
belicoso, asedia e derruba.

3. Localiza nun dos versos do poema a referencia aos mariñeiros da zona da Costa da Morte. Con
que palabras sintetiza López Abente as condicións de vida que aqueles teñen que enfrontar?
é o gran creadore dunha eterna traxedia, este verso fai referencia ás condicións de traballo dos
mariñeiros, que teñen que expoñer a vida cada día.

Páx. 208

Antón Villar Ponte

Almas mortas Estancia Segunda (fragmento)


Don Ramonciño (médico de aldea) e Pepe (indiano rico retornado)
(...) PEPE.- Falábame de sacrificio.
DON RAMONCIÑO.- Faláballe de continua-lo sacrificio porque toda a súa vida, coma a maioría das dos
que emigran, é iso: un continuo calvario; e calvario sin redención.
PEPE.- Boeno, dotor; iso é porque a vosté non lle gusta que se emigre. Lémbrome aínda das polémicas
que temos tido.
DON RAMONCIÑO.- Como se emigra desta Terra, non. Porque, por mor dos que emigran, Galicia é
escrava.
PEPE.- E nós queremos fuxir da escravitude, ¿como non?
DON RAMONCIÑO.- Porque os que quedan eiquí son máis escravos do corpo que da ialma, e os que se
van prás Américas son escravos do corpo e da ialma, mais da ialma aínda que do corpo... Saen da súa
terra sofrindo; son exprotados aló; sobre un aforro inhumano que lles magoa a saúde en colaboración co
clima, moitas veces, afincan o seu porvir: o desexo de fagueren unhos cartos, coidando que a riqueza é un
fin e non un medio. E decátese, Pepe: vosté, e vosté son moitos vostedes, ten riqueza, pro sin saúde; ten
cartos e non ten tranquilidade; ten familia, pro non ten patria. Que eiquí é extranxeiro i-extranxeiro é na

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
143
Unidade 8
América. Traballou arreo, carece de persoalidade; é cousa exótica onde queira. Xa o dixen, coma vosté,
todos ou cáseque todos. Aquí chámanlles americanos i-en América gallegos, e nin son galegos pra nós nin
americanos pra os de América... E coidan certos os agasallos i-aloumiños que lles fan os señorós, os don
Eduardos de aquí e os das máis partes, si lles osman diñeiro, pois cando voltan probes, despréciannos.
Exempros hai na aldeia a centos. Quedárase vosté sin cartos e decataríase de todo isto...
PEPE.- ¿Como no? Cecais nalgo teña razón.. Pro se non emigráramos, deje ver, dotor, en Galicia non se
podería vivir.
DON RAMONCIÑO.- Ese, ese é o erro. Galicia en preno desenrolo das súas riquezas naturaes, civilizada
no senso industrial e cultural como os máis pobos de Europa, trocada na cibdade xardín que compre
sexa, por se xunguiren domeados pola cencia os ceibos cabalos brancos de melena revolta i-alporizada
das fervenzas de auga, perdida entre as penas i-os felgos dos nosos montes, á carroza do progreso, para
acercar rapidamente unhos a outros os lugares máis arredados da Terra, Galicia, de tal xeito, meu amigo,
podería manter no seu seio unha poboación dobre ou triple da de agora.
PEPE.- Pero ¿a nosa probeza i-o abandono dos gobernos? ¡Que va!
DON RAMONCIÑO.- A nosa probeza, o noso atraso á América lle son debidos. Emigran os brazos fortes
i-os homes mozos, audaces, aventureiros, doados pra tódalas rebeldías. Fican eiquí os vellos, as mulleres
sempre sofridas, i-os cobardes, os que cubizan redimirse do traballo manual facéndose señoritos... E
así os Gobernos ¿como non han de nos abandoare si os galegos non somos por iso un perigo prá súa
tranquilidade? Vivindo cal vivimos no illamento máis vergoñoso os dunhas vilas e logares cos dos outros
achámo-lo baleiro de toda forza de concencia coleitiva, xa que ista se esnaquiza i-esmorece como as ondas
do mare nos cons da costa, nas congostras do localismo, e de semellante xeito non podemos faguer xermolar
o formento revolucionario que arrola e derruba con estrondo canto non é canlizado comenentemente. Non
saíran os galegos pra América, ficaran todos no chan, e por lei de necesidade insuperábel, pois a función
creia o órgao, dun pulo, ou tráxica ou pacificamente, poríamonos a subir ó cumio do progreso.
PEPE.- Pero...
DON RAMONCIÑO.- Agarde... América é o tósigo que adormenta o noso esprito e fai decaír a nosa raza.
Os que se van, ou pérdense prá Terra ou voltan enfermos pra xeneraren fillos de alma esvaída e de corpo
deble. Os que quedan, que son os menos traballadores, os máis tímidos, os menos fortes, producen por lei
biolóxica unha descendenza mansiña e resiñada... Esto vese seguindo a nosa Hestoria: porque os galegos
foron o máis rebelde e rexo da Hespaña hasta o momento mesmo da descoberta da América. Entre outras
razóns, pola de que non emigraban daquela.
PEPE.- Pero inda sin negarlle eso, dotor, moito lle debe Galicia á América. De América veñen moitos
millós pra soster numerosas familias; veñen cartos pra escolas, hospitales i-asilos... Aquí, si que non pode
dubidare, ¡que va!
DON RAMONCIÑO.- Cartos que son remedio de momento; cartos que perxudican ó longo; cartos que
fomentan a folgazanería en moitos fogares; cartos que axudan a aumentaren a nosa resiñación; cartos que
sirven para encarece-las terras i-a vida -novo factor emigratorio- e para desgaleguiza-las almas. Inda nos
millores tempos que recordan os nosos emigrados pra se faceren ricos, eu non sei que industrias fundasen
no chan nativo. Ningunha gran industria se lles debe a eles. (Si houbese algunha excepción confirmaría
a regra). En troques empregan os seus diñeiros en negocios extranxeiros. Nin construíron un tranvía,
nin unha fábrica, nin exprotaron unhas minas, nin ergueron apenas unha granxa agrícola. Franceses e
cataláns viñeron a enriquecérense eiquí industrialmente; maragatos e casteláns a seren donos do millor
comercio... I-os hospitaes e os asilos, amigo, cáseque son a razón inversa do progreso. Tres anos de cativas
colleitas e sin recibir cartos das Américas, trocarían a mansedume labrega en revolución fecunda (...) .

1. Extracta do texto os principais trazos caracterizadores (profesión, aspecto, modismos no idio-


ma...) dos dous personaxes protagonistas.

Personaxe Profesión Modismos no idioma


Don Ramonciño Médico de aldea
Pepe Emigrante rico retornado “Como no? Pro se non emigráramos, deje ver”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
144
Unidade 8
2. Resume os argumentos críticos coa emigración que deita no fragmento o personaxe D. Ra-
monciño e logo fai o propio cos que deita, en sentido contrario, o personaxe Pepe. Elabora un
cadro contrastivo cos resultados.

Don Ramonciño Pepe


Por mor dos que emigran, Galicia é escrava. Nós queremos fuxir da escravitude
Os que quedan eiquí son máis escravos do corpo que Pro se non emigráramos en Galicia non
da ialma, e os que se van prás Américas son escravos se podería vivir.
do corpo e da ialma, mais da ialma aínda que do
corpo... Saen da súa terra sofrindo; son exprotados
aló; sobre un aforro inhumano que lles magoa a saúde
en colaboración co clima, moitas veces, afincan o seu
porvir: o desexo de fagueren unhos cartos, coidando
que a riqueza é un fin e non un medio.
Que eiquí é extranxeiro i-extranxeiro é na América.
Aquí chámanlles americanos i-en América gallegos,
e nin son galegos pra nós nin americanos pra os de
América...
Galicia en preno desenrolo das súas riquezas naturaes, ¿a nosa probeza i-o abandono dos
civilizada no senso industrial e cultural como os máis gobernos?
pobos de Europa podería manter no seu seio unha
poboación dobre ou triple da de agora.
A nosa probeza, o noso atraso á América lle son Moito lle debe Galicia á América. De
debidos. Emigran os brazos fortes i-os homes mozos, América veñen moitos millós pra soster
audaces, aventureiros, doados pra tódalas rebeldías. numerosas familias; veñen cartos pra
Fican eiquí os vellos, as mulleres sempre sofridas, i-os escolas, hospitales i-asilos...
cobardes, os que cubizan redimirse do traballo manual
facéndose señoritos...
Inda nos millores tempos que recordan os nosos
emigrados pra se faceren ricos, eu non sei que
industrias fundasen no chan nativo

3. Que visión do fenómeno migratorio das expresadas por ambos personaxes se achega máis á
túa? Por que?
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
145
Unidade 9.

Páx. 209
Primeiras verbas
Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai hoxe Nós. É a ansia que hoxe sinte Galicia de vivir
de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia lumiosa da mañán, o que nos fai saír
(...).
Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas,
intuicionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas, pódense pór en calquera das posiciós posibles
respeito das catro antinomias da mente contemporánea; poden ser hastra clásicos, con tal de que
poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a orgulosa
satisfaición de seren galegos.
Nós ha ser a representación no mundo da persoalidade galega na súa ansia de se afirmare coma valor
universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fóra da Terra.
Nós ha ser a afirmación pra sempre do verdadeiro ser de Galicia, do Enxebrismo, no que ela ten, debe
e quere persistire. O Enxebrismo é a nosa orixinalidade específica, a nosa capacidá de creación, o noso
autóctono dinamismo mental.
Querendo suprimir entremediarios antre o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos, Nós
abre as súas páxinas a prestixosas persoalidades estranxeiras que contan de nos honrar coa súa
colaboración e tamén informar ó púbrico galego do movemento das ideias no mundo civilizado.

Editorial do primeiro número da revista Nós (Ourense, 1920)

1. Cales son as características máis importantes da revista Nós, segundo se afirma neste texto de
presentación?
A resposta debe incluír as seguintes ideas principais:
• Autoestima nacional («a orgulosa satisfaición de seren galegos»)
• Necesidade dun renacemento, dunha renovación nacional, dunha restauración da auténtica
identidade galega («voltar ao seu ser verdadeiro e inmorrente»)
• Identidade galega entendida en termos etnicistas («poñan por riba o sentimento da Terra e da
Raza»)
• Combinación do particular (galeguismo) co universal (universalismo): «representación no mundo
da persoalidade galega na sua ansia de se afirmar como valor universal».
• Difusión en Galicia do pensamento moderno europeo máis actual de maneira directa, sen necesidade
de pasar pola mediación española («querendo suprimir entremediarios antre o pensamento galego
e o pensamento dos pobos cultos»).
• Pluralismo ideolóxico dentro da revista («Os colaboradores de «Nós» poden ser o que lles pete...»),
dentro duns principios galeguistas compartidos.

2. Escribe unha redacción onde poñas de relevo o valor universal da especificidade identitaria dun-
ha cultura como pode ser a galega.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
146
Unidade 9
3. Analiza morfoloxicamente as palabras que aparecen subliñadas no texto.
• verdadeiro: verdad-: lexema; -eir-: morfema derivativo sufixal; -o: morfema gramatical de xénero.
• inmorrente: in-: morfema derivativo prefixal; -morr-: lexema; -e-: vogal temática; -nte: morfema
derivativo sufixal.
• colaboradores: co-: morfema derivativo prefixal; -labor-: lexema; -a-: vogal temática; -dor-: morfema
derivativo sufixal; -es: morfema gramatical de número.
• afirmación: afirm-: lexema; -a-: vogal temática; -ción: morfema derivativo sufixal.
• orixinalidade: orixin-: lexema; -al-: morfema derivativo sufixal; -idade: morfema derivativo
sufixal.
• entremediarios: entre-: morfema derivativo prefixal; -medi-: lexema; -ari-: morfema derivativo
sufixal; -o-: morfema gramatical de xénero; -s: morfema gramatical de número.

4. Sinala, cando menos, dous sinónimos de cada termo marcado en negra.


• mente: intelixencia, razón, pensamento, filosofía, entendemento, conciencia.
• ansia: intención, desexo, empeño, vontade.
• autóctono: nativo, natal, vernáculo, orixinario, propio.
• prestixiosas: acreditadas, autorizadas, reputadas, estimables, salientables.

I. O Grupo Nós
Páx. 227

1. Despois de ler con atención todos os apartados da unidade, respondede oralmente na aula a es-
tas cuestións:

a) Cales son os autores que se adoitan incluír no grupo Nós?


Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Diéguez.

b) Sinala os trazos que fixeron dos membros do grupo Nós unha elite intelectual e social de enor-
me relevancia na historia de Galiza.
Posúen unha amplísima formación intelectual e un espírito aberto e innovador.
Son a un tempo novelistas, dramaturgos, xornalistas, ensaístas, artistas gráficos ou caricaturistas,
historiadores, xeógrafos, etnógrafos, políticos etc.
Incorporan á literatura galega temas universais e do folclore, lendarios e exóticos, da mitoloxía celta,
de ambiente urbano e de fasquía filosófica.
Achéganse sen complexos aos novos enfoques e técnicas en voga nas artes europeas.
Son coñecedores das transformacións que se operan na cultura occidental e adáptanas á nosa realidade,
estabelecendo un vínculo directo entre a cultura galega e Europa.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
147
Unidade 9
c) Que é a revista Nós? En que consiste a súa importancia?
É o proxecto emblemático do Grupo homónimo. Entre 1920 e 1936, en dúas etapas, publicou un total
de cento corenta e catro números. Contaba con diferentes seccións: literatura, etnografía, xeografía,
historia etc. A parte literaria dirixíaa Risco e a artística, Castelao.
A revista marcou como principal obxectivo europeizar e universalizar a cultura galega. Nela colaboraron
os máis destacados intelectuais galegos do momento: Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Bouza
Brey, Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Lois Tobío, Álvaro de las Casas, Fernández del Riego...

d) Cales son as dúas rupturas que protagoniza Risco dentro do galeguismo?


Encabeza a I.N.G. cando rompen as Irmandades (1922). Abandona o Partido Galeguista cando este
decide ir coa Fronte Popular (1935) para fundar a Dereita Galeguista.

e) Que trazos caracterizan a súa narrativa modernista? Dentro dela, que títulos podemos carac-
terizar como etnográficos e cales como patrióticos?
• O exotismo, o esoterismo, a case nula presenza de elementos galegos etc.
• Etnográficos: “O lobo da xente” e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”
• Patrióticos: “A velliña vella” e “A Coutada”.

f) Cal é a obra máis importante dentro da narrativa de Vicente Risco? Por que?
Trátase dunha das novelas máis innovadoras no panorama literario da súa época.
Por riba da perfección estrutural ou da trama argumental, O porco de pé resalta pola riqueza e variedade
da linguaxe.
O estilo da novela xorde da escolma das variadas linguaxes sociais que compiten, se sobrepoñen e
entrecruzan en certo momento histórico.
O autor parodia os discursos dominantes da ciencia, da matemática, do esoterismo, da política, do
xornalismo etc.
Risco pon ao descuberto o caos dunha sociedade desarticulada, convertida en masa e, polo tanto,
predestinada a deixarse guiar por personaxes grotescos como don Celidonio.

g) Que trazos ideolóxicos destacan nos seus ensaios literarios?


Galeguismo e relixiosidade.

h) Cales son os motivos que explican que Otero Pedrayo fose denominado Patriarca das Letras
Galegas?
Ramón Otero Pedrayo é, sen lugar a dúbidas, o noso escritor máis prolífico e plural. A súa obra é moi
extensa e revela un saber humanístico enciclopédico e extraordinario. Exemplo de escritor integral,
cultivou con maior ou menor acerto todos os xéneros literarios. Sendo o seu empeño máis constante
a narrativa, destacou como orador e como colaborador habitual en múltiplos xornais, chegando a
publicar en distintas etapas ata un artigo diario; pero foi tamén poeta, dramaturgo, ensaísta, xeógrafo
e historiador. Denominado Patriarca das Letras Galegas, Otero foi elo de unión entre o galeguismo
de pre-guerra e a mocidade universitaria que descubriu o seu propio país a través do seu maxisterio e
que recoñecía na súa traxectoria un exemplo de coherencia e de compromiso.

i) Cales son os principais temas que trata Otero Pedrayo na súa obra narrativa? E na ensaística?
a) As novelas histórico-realistas (Ciclo da ruína da fidalguía e das transformacións na Galiza
do século XIX): Pantelas, home libre; O purgatorio de D. Ramiro; a triloxía Os camiños da vida;
O mesón dos ermos e O señorito da Reboraina. Teñen como marco a Galiza rural dos anos centrais

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
148
Unidade 9
do século XIX e o período de transición ao século XX e tentan interpretar o proceso de decadencia
da fidalguía e os bruscos cambios que experimenta a sociedade tradicional.
b) As novelas histórico-culturalistas: Fra Vernero e A romeiría de Xelmírez. Son as que están
ambientadas na Idade Media galega e no Romanticismo europeo e nelas predomina claramente o
historicismo e a evocación cultural sobre a acción propiamente novelesca.
c) Novelas psicolóxicas, de introspección e procura: Escrito na néboa; Vidas non paralelas; Arredor
de si e Devalar. Son historias que se articulan arredor do conflito interior dos seus protagonistas.
Nelas son abondosas as evocacións e sínteses culturais que van subliñando a evolución interna do
personaxe. Unha última característica común é a ambientación cronolóxica nos últimos anos do
século XIX e primeiras décadas do XX: son, polo tanto, unha crónica da contemporaneidade do
autor, mesmo con elementos autobiográficos.
Canto ao ensaio, foi o xénero en que verteu toda a súa erudición e cultivou as máis diversas temáticas,
entre as que resaltan a xeografía, os libros de viaxes e as evocacións biográficas.

l) Como é a imaxe de Galiza que ofrece no Ensaio histórico sobre a cultura galega?
Describe a fisionomía da nosa Terra e a evolución da nosa cultura en páxinas de acendido lirismo,
asumindo a imaxe de Galiza creada pola historiografía do XIX (celtismo, atlantismo, europeísmo...),
redefínea na análise da paisaxe e da historia ata resaltar os momentos clave na conformación da
identidade nacional: o substrato celta, a cristianización e o priscilianismo, o esplendor románico, o
barroco, o romanticismo...

m) Cal é o trazo que máis destaca no conxunto da obra dramática de Otero?


A vontade renovadora.

n) Que trazos singularizan a Castelao dentro do grupo Nós?


• A extracción social de Castelao é popular, fronte á procedencia fidalga de Cuevillas, Otero ou Risco.
Sentirase, polo tanto, próximo ás clases populares, cuxa vida soubo interpretar como ninguén.
• O seu pensamento social é esencialmente laico.
• Profundamente progresista, para el a solución aos problemas do país non está en regresar a un
pasado presuntamente idílico, senón en construír o futuro por nós mesmos.
• Castelao tampouco comparte o culturalismo dos restantes membros do grupo. Practica unha arte
de intervención, directa, que intenta modificar a percepción da realidade do seu público. Cando
a súa participación política se fai necesaria, tras a proclamación da Segunda República, Castelao
entrégase de cheo ao labor nacionalista ata a súa morte no exilio bonaerense.

o) Que relación existe entre literatura e plástica na obra de Castelao?


A obra plástica e a obra literaria de Castelao deben entenderse como un todo inseparábel, na medida
en que comparten unha mesma concepción estética, baseada no compromiso, o didactismo, o humor
irónico e un ideal de sinxeleza expresiva.
Esta estreita vinculación deu lugar a creacións orixinais: os debuxos do álbum Nós e a serie Cousas
da vida incorporan pés de alta calidade literaria; por amplificación destes pés xorden os relatos de
Cousas, todos acompañados por cadansúa viñeta; cando escribe teatro, a súa perspectiva é a do artista,
que coida con igual detalle o texto que o vestiario, os decorados, a luz ou as carautas dos actores.

p) Por que dicimos que en Un ollo de vidro o cemiterio é un espazo metafórico?


Porque é o espazo social que serve para amosarnos de xeito crítico e irónico unha galería de personaxes
que constitúen un retrato global da Galiza de comezos do século XX.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
149
Unidade 9
q) Retrincos é unha obra autobiográfica? Xustifica a túa resposta.
É unha obra pretendidamente autobiográfica, xa que nela Castelao vai relatando distintas anécdotas
da súa traxectoria vital. “O segredo” e “O inglés” ambiéntanse na infancia de Castelao na Pampa
arxentina; “Peito de lobo” recrea andanzas do mozo estudante, burleiro e con vocación de artista,
que se divirte no ambiente das festas de Rianxo; “O retrato” ten relación coa estada de Castelao en
Pontevedra, cidade na que é coñecido como médico e sobre todo como debuxante de sona. “Sabela”
sitúase en dous tempos, a mocidade festeira e a madurez en que se dedica á política.
Os elementos biográficos son, porén, puramente accesorios, pois as historias, magnificamente
elaboradas, constitúen profundas reflexións sobre a construción da identidade, as relacións entre arte
e realidade, a psicoloxía popular etc.

2. Pescuda na rede a orixe da denominación do grupo Nós e as diferentes iniciativas que recibiron
tamén ese nome.
Neste enlace obtense información sobre este e outros asuntos relacionados co grupo Nós, nun artigo de
Carme Fernández Pérez-Sanjulián: http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/
autor314/PT_paratext2984.pdf

3. Sintetiza a evolución ideolóxica e intelectual do grupo.


1) O Grupo Nós ten a súa orixe no “cenáculo ourensán”, que crea a revista “neosófica” La Centuria
(1917). Nun primeiro momento caracterízanse polo evasionismo esteticista. Rexeitan o medio
social en que viven, manteñen unha postura individualista (antigregarismo) e elitista (aristocratismo
intelectual) e maniféstanse europeístas respecto a España e orientalistas respecto a Europa.
2) O compromiso nacionalista. A comezos de 1918 os do cenáculo incorpóranse ás Irmandades da
Fala, influídos por Losada Diéguez. Experimentan a súa adhesión ao galeguismo como unha
especie de conversión espiritual, de xeito que Galiza (vista como un país de base labrega, alleo ás
tensións da loita de clases do mundo capitalista e onde a elite fidalga pode aínda cumprir un papel
dirixente) pasa a ser o proxecto que enche de sentido as súas vidas e o seu intenso e polifacético
quefacer intelectual.

4. Sinala as características que fan de O porco de pé unha obra innovadora e un dos cumios da lite-
ratura satírica da súa época.
Trátase dunha das novelas máis innovadoras no panorama literario da súa época. Por riba da perfección
estrutural ou da trama argumental, O porco de pé resalta pola riqueza e variedade da linguaxe. O estilo
da novela xorde da escolma das variadas linguaxes sociais que compiten, se sobrepoñen e entrecruzan
en certo momento histórico. O autor parodia os discursos dominantes da ciencia, da matemática, do
esoterismo, da política, do xornalismo etc. Risco pon ao descuberto o caos dunha sociedade desarticulada,
convertida en masa e, polo tanto, predestinada a deixarse guiar por personaxes grotescos como don
Celidonio.

5. Sinala a estrutura e indica a temática de Os camiños da vida.


Consta de tres partes: “Os señores da terra”, “A maorazga” e “O estudante”.
Aínda que cada unha delas mantén certa autonomía de significado, están interaccionadas ao narraren a
historia dunha familia fidalga ourensá, a dos Puga, a través de tres xeracións que abranguen as décadas
centrais do século XIX.
Otero preséntanos a decadencia das grandes familias fidalgas do Antigo Réxime, cuxa posición dependía
da posesión da terra, incapaces de se adaptaren aos cambios que se estaban a producir na sociedade da
época. Esta decadencia significaba para o escritor a ruína da Galiza tradicional, da que os fidalgos eran
a clase directora.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
150
Unidade 9
A novela formula na súa segunda e terceira partes un modelo de fidalguía futura, adherida ao galeguismo,
que fundamente o seu rol social no coñecemento e exerza sobre o pobo un paternalismo protector.
O  exemplo desta nova fidalguía sería Paio Soutelo, protagonista de “O estudante”, que experimenta
unha intensa crise interior ao ter que escoller entre un futuro prometedor como médico fóra de Galiza ou
volver ao pazo materno para facerse cargo da herdanza recibida dos seus maiores.

6. Explica o argumento de Arredor de si e o de Devalar.


O protagonista, Adrián Solovio, presenta un conflito interno similar ao de Paio Soutelo (Os camiños da
vida) e Xacobe (Vidas non paralelas). Por medio destes personaxes, o autor reflexiona sobre a súa propia
conversión ao galeguismo. Adrián, xa maduro, acabados os estudos e tras unha mocidade despreocupada
e bohemia, sente a necesidade de buscarlle un sentido á súa existencia. Abandona o pazo, onde a súa nai
loita por manter en pé o patrimonio familiar, para procurar primeiro en España e máis tarde en distintas
cidades europeas (París, Berlín...) a súa identidade. Mais tampouco aí ve colmada a súa procura. Estando
en Antuerpen, os cantares duns mariñeiros galegos provócanlle unha súbita revelación. Entende que a
súa identidade é a mesma que a daqueles mariñeiros. Galiza preséntaselle entón como unha descuberta
que enche definitivamente de sentido a súa vida: dedicará os seus días a comprendela e a loitar pola súa
liberación.
Devalar aparece en 1935. A temática resulta un complemento de Arredor de si. Martiño Dumbría
e Pauliños Fontela, dous dos protagonistas, identifícanse cos mozos galeguistas que nos anos
inmediatamente anteriores á guerra traballaron no Seminario de Estudos Galegos, pescudando as
realidades e personalidade cultural do país. Na novela, da man desa mocidade activa e comprometida,
dásenos unha visión dinámica e optimista da vida de Galiza.

7. Sinala os fitos máis importantes na traxectoria de Castelao como galeguista.


En 1916 instálase en Pontevedra e entra en contacto coas Irmandades da Fala.
Adhere á I.N.G. de Risco en 1922.
Coa proclamación da 2ª República, Castelao é elixido deputado e participa na fundación do Partido
Galeguista (decembro de 1931).
En 1934, coa dereita no poder, é desterrado a Badajoz.
Nas eleccións de 1936 volve ser elixido deputado nas listas da Fronte Popular e participa intensamente
na campaña a prol do Estatuto de Autonomía.
O estoupido da guerra civil sorpréndeo en Madrid. Pasa logo a Valencia e a Barcelona e participa en xiras
propagandísticas a prol da causa republicana por diversos países, como a U.R.S.S. e EE.UU.
A partir de 1940 instálase en Bos Aires, onde exerce un importante papel como dirixente carismático do
galeguismo no exilio. Nesa cidade morre en 1950.

8. Indica as características de Cousas e os principais trazos do pensamento de Castelao que están


presentes nesta obra.
Cousas é unha obra que agrupa corenta e catro narracións breves e un Limiar, intitulado “A carón da
Natureza”. O seu trazo máis orixinal é a combinación de debuxo e texto. Características relevantes son
tamén o sintetismo e a confluencia de formas xenéricas (poesía, narrativa, teatro), encubertas en formato
de relato. Baixo aparencia dunha simplicidade estética, Castelao ofrécenos uns relatos moi elaborados,
onde a estrutura, a disposición dos elementos narrativos e mesmo os silencios son significativos. Castelao
escribe estes relatos, non para un público culto, senón intelixente e disposto a construír o significado dos
mesmos. A sinxeleza, o lirismo e o humor son trazos que definen tamén esta obra.
En Cousas atopamos unha interpretación esencial e fonda do pobo galego, por medio de personaxes
arquetípicos. Son moitos os trazos do pensamento de Castelao que están presentes nesta obra: a defensa
do pobo; a tenrura coas persoas anciás, coa infancia e coas mulleres das clases populares; a denuncia

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
151
Unidade 9
do antihumanismo do sistema capitalista; as consecuencias negativas da emigración; a decadencia e
irrelevancia social da fidalguía etc.

9. Caracteriza os protagonistas de Os dous de sempre.


O primeiro protagonista, Pedriño, críase ao abeiro da tía Ádega. Móvese só por necesidades primarias, sen
disposición ao pensamento, sen vontade de cambiar as circunstancias que o rodean. Carece de proxecto
na vida e mantense infantilizado, ata que, despois de reiterados fracasos, acaba acomodándose.
Rañolas, o seu contrapunto, eivado, de orixe miserábel, orfo e desamparado, representa o espírito
da superación. Logra elevarse social e fisicamente tras emigrar a París, converterse en reloxeiro e
implantar unhas pernas ortopédicas. Malia todo, Rañolas non é feliz. As lecturas anarquistas que realiza
revélanlle a súa condición de ser alienado e acaba suicidándose: «Na parede branca, salferida de miolos
sanguiñentos, deixa Rañolas a súa despedida. Era unha soia verba, escrita con letras grandes e mouras:
¡PROTESTO!».

10. Seleccionade un relato de Cousas ou de Retrincos e preparade un vídeo ao xeito do que po-
dedes ver en youtube sobre un fragmento de Arredor de si en https://www.youtube.com/
watch?v=Z7ziMoElLzQ. Dividide o relato en pequenas partes e repartide o traballo de elabora-
ción das ilustracións de cada fragmento de xeito individual. Procurade que o vídeo teña locución
e asemade texto.
Resposta aberta.

Páx 228

Vicente Risco
Nós, os inadaptados (1933)
Ora, o probrema é coma sendo coma eramos e coma somos, individualistas, inadaptados, antisociás,
antigregarios, introvertidos, poidemos vir parar nunha cousa que semella tan cotián e gregaria coma é o
nacionalismo galego, que na esencia é a afirmanza teimosa e forte da grei galega.
A resposta está dada, moito millor do que eu poidera facelo, por Ramón Otero Pedraio na súa novela
Arredor de si.
Arredor de si, máis que unha novela, é a autobiografía non dun soilo home, senón dun agrupamento,
case dunha xeración. É a autobiografía do cenáculo do autor ao que eu pertencín tamén. Polo seu mesmo
individualismo, polo seu por min confesado egocentrismo, o noso agrupamento andivo todo o tempo dando
voltas arredor de si - e cada un arredor de si mesmo - sen atoparse endexamais de todo.
Xa dixen coma pelengriñamos polas cosmogonías, polas metafísecas e polas estéticas. Pois ben, como aquil
inglés de Chesterton que despoixas de moitas viaxes polo mundo, atopou unha terra descoñecida que resultou
ser a fin de contas a Gran Bretaña, igual nos pasou a nós. Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas
viravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en precura de algo inédito que nos salvara do
habitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galiza, a nosa Terra, oculta ao noso ollar
por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo,
tan inédito, tan descoñecido, coma os que andabamos a precurar por aí adiante.
Pra salvármonos do vulgar, para evadírmonos do filisteísmo, para redimírmonos do habitual, non cumpría
ollar ao lonxe; cumpría ollar ben perto, arredor de nós, en nós mesmos, adentro de nós mesmos.

1. Sintetiza a evolución intelectual e ideolóxica do grupo Nós que explica Vicente Risco neste
texto.
Os integrantes do grupo Nós evolucionan desde unha actitude cosmopolita, individualista e de
aristocratismo intelectual ata unha identificación con Galiza, comprometendo con ela o seu quefacer
intelectual e organizándose politicamente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
152
Unidade 9
2. Cales son as outras obras do grupo que tratan esta mesma temática?
Ademais de Nós, os inadaptados (1933) de Vicente Risco, a evolución do grupo Nós aparece reflectida
na novela de Otero Pedrayo citada no texto, Arredor de si (1930), e no artigo de Florentino Cuevillas
titulado “Dos nosos tempos” (1920).

Da medida das cousas (1925)


Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada terra é como se fose o mundo enteiro.
Poderala andar en pouco tempo do norte para o sur, do leste para o oeste noutro tanto; poderala volver
andar outra vez e máis: non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e
outras has botar de menos. Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan grande como
queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. ¿Non din os filósofos que o home é o microcosmos,
o compendio, o resumo do universo todo? Para canto máis unha terra con todos os homes que nela viven
(...) Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Se o teu
pensar é fondo, a túa terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con todos os seus climas. Se o teu
pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; es ti, que endexamais
poderás concibir nada grande.

1. A que clase de opinións ou posturas intelectuais replica Risco neste texto?


Risco replica a quen valora a importancia, o interese e a riqueza cultural dun país sobre todo pola súa
extensión territorial.

2. Como podemos relacionar esa “fondura” de Galiza co polifacetismo dos autores do grupo
Nós?
A fondura á que se refire Risco dá pé a unha actividade investigadora e intelectual de dimensións
extraordinarias, que foi levada a cabo polo grupo Nós e polos investigadores vencellados ao Seminario
de Estudos Galegos. Así foi que se ocuparon de variadas disciplinas como a xeografía, a arqueoloxía,
a etnografía, a historia etc. Asemade, foron novelistas, dramaturgos, xornalistas, artistas gráficos etc.

Páx. 229
O porco de pé (1928)
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as
fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido;
as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as
que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con
pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada habían atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa
e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada
e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.
Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo
sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau.
Tamén Baldomero viñera de Castela, vendendo queixo de pé de mulo polas portas, cunha blusa azul curta,
cirigolas e chapeo coma o dos charros de Salamanca. Era pequeno, feito de cordas e sarmentos, e tiña a
gadoupa enguruñada, adoito para apaña-las cadelas.
A poder de pasar fame, puxo unha tenda nun buraco cheirento e escuro; alumado con vela de sebo, e
durmía na trastenda. Despois gañou e chegou a merca-la casoupa na que vivía. Logo gañou máis, alugou
a tenda e mudouse para outra meirande, e trouxo da súa terra a Dona Emerenciana, co seu capacho e o seu
periquito no cume do peinado, que metía na praza moeda falsa e rifaba coas regateiras e cos parroquianos,
e á Nicasia, a filla, a quen non deixaba medra-la nai, que tiña un xenio coma un can adoecido.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
153
Unidade 9
Os tres cheiraban a bravío, coma as cabras. Mais a forza de fame, aforraban e daban réditos. E chegaron
a mercar outra casa na Praza Maior. E despois gañaron máis, e mercaron a casa na que vivían e tiñan a
tenda e as rendas dun señor velliño que alí morreu e que lle debía cartos.
E fóronse achinando. A larota era boa, mais o negocio ía para diante, e por fin arriscáronse a leva-la tenda
para a Praza Maior, xa que non tiñan que pagar o aluguer. Daquela foi cando trouxeron a Celidonio.

1. Como aparece descrito o protagonista? Que elementos o animalizan?


O protagonista aparece caracterizado como unha persoa desagradábel tanto física (gordo, calvo,
artrítico...) como intelectualmente, polo que está descrito como se fose un porco.
Para describilo, Risco caracteriza don Celidonio con elemento relacionados co porco:
• Ten fazulas hipertrofiadas da cor do magro do xamón e carrolo.
• No canto de cabelo ten serdas.
• As nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.
• En vez de suor, bota lardo en pingas como as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
• No canto de cerebro ten unto.
• Carne e espírito son zorza, mesturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.
• Todo é graxa e manteiga

2. Neste fragmento nárrase a ascensión dunha burguesía urbana de orixe castelá. Que defectos
lle achaca Vicente Risco a esta clase social?
Son persoas de procedencia social baixa que fixeron a súa riqueza a base de levar unha vida miserábel,
chea de privacións e de enganar e roubar aos clientes, obsesionadas por gañar e aforrar cartos e que
se aproveitaron da decadencia das clases acomodadas tradicionais.

Páx. 229-230

RAMÓN OTERO PEDRAIO

Os camiños da vida (1928), Os señores da terra


Xa facía tempo que a Ramoniña tiña choradas tódalas bágoas de nena. Agora, isolada, lonxe do irmán,
ó frente da casa deserta, sentiu medo e noxo. Voltaban da misa ó par dela algunhas mulleres: “Miña
señoritiña, ¿non ten frío con tan pouca roupa?”. “Ollade á señorita que pulsos tan fortes ten, podería
vencer un mozo na loita, si fora cousa digna da súa nacencia”. Ela ben se decataba das intenciós das
veciñas. Ben sabían que nin cartos para se vestir, nin amores para ela, tiña no pazo. Unha probe do fondo
da parroquia díxolle con moito misterio, cunha admiración no acento e un pouco de lástima ou de ironía:
“¡Si vira o fatelo novo que lle veu onte á Bibiana da Burata! Mesmamente con el vai figurar unha Nosa
Señora”.
Aquil domingo a fidalga apenas tiña que comer, ¡Ulas as pitas! Como non había porta no portal fuxían,
¡e quen as pillaba! Xa se sabía onde paraban; na casa da Burata. Levaban o camiño de tódalas cousas da
casa. As millores mazás, maxeza das alaceas pra aló foron. Na gaveta, nin un triste chavo. A Ramonciña
sentía frío na sala. Baixou á horta para coller unhas legumanzas. Polo menos un caldiño; pra ela e o rapaz
das vacas. Pois a criada non aparecera dende nantronte que saíra co gallo de dar unha volta pola casa.
“Xa matinaba eu que son os contos de acolá”, cavilaba a señorita. Ó rubir da horta, aterecida, parou
un instantiño na solaina; os orcelos cubrían docemente os poucos balustres que estaban en pé. Tamén o
balcón se esborrallaba. Un consolo a raioliña de sol peneirado polas frías nubens; nin dil pudo gostar,
iso que o can achegouse a ela dándolle fuciñadas garimosas. A Ramonciña rañándolle a testa ficou co
ollar esvariado: figurábase o vivir da Rosalía. Agora sairían da misa, postas de manteleta, as señoras dos
oficiás; agardáballes a casiña limpa; na praza tocaba a música militar. Non lle faltaría agarimo a carón
da irmán, pois ela, a Ramonciña, era cariñosa e ben disposta prás angueiras da casa. Matinando nisto

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
154
Unidade 9
lembrouse do sobriño. ¡Aínda non o vira e xa o amaba! De ningunha maneira debería saber a vida do avó.
¡Pobriño! Entón cavilando no porvir, unha resolución forte endereitoulle o esprito. O seu deber era estar
na casa. Defendela. Gardala pró sobriño. Soilo asina tivo forzas dabondo pra escoitar o balbordo que viña
da casa da Burata. Mais chegando á probe mesa servindo na cociña a cunca de caldo ó rapaz, tremaba.
Saíu ó curro. Ás vacas podíanselle contar os ósos. “Miña ama -decía o pastor-, as chaves da palleira tenas
o señor, e os rapaces de acolá pastorean en tódolos comareiros da casa!”
Tripou un cabalo pola canella e chegou unha rara figura de home fracote, escanabouzado, xordo de
comenencia e pitarroso dos ollos. Xa polos camiños se distinguía polo grande capotón que cubría os
cadrís do faco deixando soilo saír a cola. O cabalo todo envolveito en pelaxe, acostumaba a pararse
diante de tódalas portas. O recaudador. Polo portal da Pedreira metíase todo o mundo: as arroiadas, os
cas famentos, os labregos, os pedichós. Unha noite tamén entrou o lobo e meteuse na corte das ovellas.
A fidalga recibiu ó home cunha cortesía de quen teima cubrir a vergonza íntima. Ben se decataba il da
falla de cartos. Naquil tempo a idea do Estado comezaba a facer forza na aldea. Hastra entón gobernaban
potencias antergas, visibles, presentes. O poder estaba representado por monxes e cregos, por fidalgos
cobradores e comedores, mais ó tempo cheos de confianza cos paisanos. Moito tardou a idea abstracta do
Estado en se sentir nos eidos. Daquela entraba no pazo o Estado na persoa dun novo tipo, nin labrego,
nin señor. Co tempo os recaudadores fixéronse señorotes. A Ramonciña serviulle unha xerra de viño na
mesa de pernas torneadas que estaba a carón da fiestra. O home bebeu e dixo que voltaría co recargo.
A Ramonciña, para que se fora logo, contoulle unha historia de lobos: “Din os vellos que endexamais
ouviron tantos. Eiquí menos mal, mais nas carballeiras da Campás de Abaixo ninguén se astreve a furar
nin polo día. Non lle digo ren de Penascada. Alí, como é máis ermo, teñen unha fame rabeada. Ó noso
abade saíronlle fai dúas noites na ponte dos Frades; recachou as pernas e picou a besta. Inda hoxe ó misar
lle tremaban as mans”.
Fuxiu o home. A Ramonciña, estrozada, sentía xermolear un xenio adoecido. Medraba o balbordo na casa
de “Acolá”. Alí comíase e bebíase, emporcallando a vellez e os bes do seu pai.

1. Sitúa Os camiños da vida dentro da obra narrativa de Otero. Cal é a súa principal temática?
Dentro da narrativa de Ramón Otero Pedrayo podemos clasificar Os camiños da vida como unha
novela histórico-realista. As obras que situamos dentro deste ciclo son aquelas en que Otero se centra
na temática da ruína da fidalguía e as transformacións que sofre a Galiza do século XIX. Esta é a
principal temática de Os camiños da vida que conta a decadencia dunha familia fidalga ourensá, os
Puga, en tres xeracións.

2. Como aparece reflectida a decadencia da fidalguía neste fragmento?


Ramoniña está soa á fronte do pazo fidalgo. O pazo, símbolo do poder desta clase social, foi
abandonado por case todos os membros da familia, que se acomodan á vida urbana e que desatenden
o funcionamento do mesmo como núcleo económico dun sistema que lle concedeu á súa clase a súa
preponderancia social.
A fidalga ten que facerse cargo de moitos traballos físicos que lle conceden a fasquía dunha labrega,
cos pulsos fortes de tantos trafegos.
Na casa apenas ten para comer nin para vestir. A abundancia de outrora convértese en escaseza.
Non ten cartos para pagar os impostos.

Páx. 230-231

Arredor de si (1930)
O gran sol do San Xoán afundía o verde brillar das viñas, debuxaba en ouro o galgar dos piñeirais polas
costas, tremelucía no cachón do río. Tempo de esperanzas xa calladas, de madureza de primavera, de
terrón aínda fresqueiro baixo os longos días triunfantes.
[...]

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
155
Unidade 9
Decorreron cerca de dous días, calados, fondos, atentos ao máis pequeno movemento do doente. Dona
María só deixaba a casa para ir un instante a bicar á velliña. Contáballe piadosos enganos. Ata lle dixo que
don Bernaldo desexaba un dociño de guindas, que había na casa. Dona María fitaba, fría e descoñecida,
ao Xacobe sen lle dicir unha palabra.
Anoitecendo o segundo día, chegou Adrián da estación. Viña máis fraco, desfeito da viaxe. A nai,
refuxiándose no seu peito, chorou por fin bágoas consoladoras. Fuxía a derradeira inquietude da cara
do doente e a súa man acariñaba a testa do sobriño axeonllado. Na noite ficaron sós. Entón o doente
faloulle ao Adrián:
-Meu fillo, vai ao despacho e descolga aquel mapa grande... Quero velo antes de morrer... O sobriño coa
axuda do señor Pascual trouxo á alcoba o mapa de Fontán. Pendurárono da parede. Os ollos do enfermo
reviviron. A man figuraba sinalar horizontes. Unha pura alegría animaba a cara muchiña e branca. Adrián
cunha vela na man ía alumando os lugares que o vello dicía con voz lonxana: Corme, Laxe, Camariñas,
Niñóns... Adrián non sabía sempre atopar os sitios. O enfermo falaba:
-”Non, á dereita, á esquerda, un pouco ao norte”. A vela alumou longamente un nome e o sitio de
Compostela. Adrián lía nomes de montes, de ríos, de ermidas. A luz ía seguindo os trazados dos camiños.
Naqueles instantes estraños e fondos figuraban lucir no mapa agras marelas de centeo, ermos vestidos
de flores de toxo e de piorno, serras penedosas, campanarios barrocos, xente que vai polos carreiros aos
muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias douradas, galgar de ondas nos cons,
velas que saen roselando o mar, orballeiras sobre as arboredas mestas, rúas de vellas cidades, soidades de
esquecidos mosteiros.
Adrián sentíase conmovido ata o máis fondo do seu ser. Tremándolle a man foi alumeando todo o camiño
de Santiago, a terra de Ourense, as dúas aldeíñas xemeas do val onde eles estaban, parou un instante como
un cirio funeral no nome do pobiño no que morría D. Bernaldo e logo foi recorrendo todo o debuxo das
fronteiras e costas da Galicia: Don Bernaldo xa non falaba. Sorría. Grosas bágoas queimaban as fazulas
de Adrián. Tivo que saír á sala e liberar os seus saloucos na fiestra, cara á noite. Logo atendendo os signos
do doente púxolle o crucifixo nas mans. Xa non o afastaba dos beizos.
Chegaba dona María co abade. Un feble suspirar fuxía axiña do leito. O crego murmuraba as oracións de
agonía. Un rumor como da derradeira auga dunha fonte que se enxoita. Don Bernaldo morría docemente,
e unha negra sombra corría sobre o mapa de Galicia.

1. Resume o contido do fragmento que vés de ler.


Adrián Solovio regresa dunha viaxe e chega á aldea, onde está a morrer o seu tío Bernaldo. A súa
nai sente un gran consolo e o seu tío pídelle que lle leve ao seu cuarto o enorme mapa de Fontán
para poder contemplar os perfís de Galiza antes de morrer. A contemplación do mapa convértese
nunha viaxe figurada pola variedade paisaxística e cultural do noso país, vista con amor e emoción.
Isto conforta ao vello crego, tío de Adrián, antes do pasamento, mais tamén conmove o espírito do
sobriño.

2. Pescuda información sobre estes tres personaxes centrais da novela Arredor de sí: Dona María,
Don Bernaldo e Adrián Solovio. De quen é trasunto literario este último?
Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de sí, é un trasunto literario do propio Otero Pedrayo.
Adrián, un mozo con inquedanzas intelectuais, emprende unha viaxe na procura da súa identidade
cultural a través de Castela e de distintas cidades europeas. Despois de diferentes decepcións, remata
por regresar a Galiza, que se lle presenta como a descuberta que enche de sentido a súa vida.
Dona María é a nai de Adrián Solovio e representa as mulleres fidalgas que traballaron arreo para
manter en pé os pazos, a vida tradicional que existía en torno a eles e o patrimonio familiar.
Don Bernaldo representa un segmento do clero fortemente identificado con Galiza. Na novela é un
elemento fundamental na conversión de Adrián Solovio ao galeguismo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
156
Unidade 9
Páx. 232-234

CASTELAO

Cousas (1926)
UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan
polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de todas as castes do mundo, cantigas a gorxa
rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo...
Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran
amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente
de puntales.
O mariñeiro que fala francés e mais o mariñeiro que fala inglés entran nunha taberna servida por un home
gordo. Queren perder o sentido xuntos, para seren máis amigos. ¡Quen sabe se despois de ben borrachos
poderán entenderse!
E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo comeza a cantar:
Lanchiña que vas en vela;
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.
O mariñeiro que fala francés, arregala os ollos, abrázase ao compañeiro, e comenza tamén a cantar:
Lanchiña que vas en vela;
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.
¡¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.
O taberneiro, gordo coma un flamengo de caste, veu saílos dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana
bermella escorregaron as bágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:
¡Lanchiña que vas en vela!
Tamén o taberneiro era galego.

1. Que diferenza existe entre o comportamento dos dous mariñeiros e o do taberneiro?


Os dous mariñeiros están borrachos e recoñecen a súa identidade como galegos. O taberneiro, que
está sobrio, a pesar de emocionarse, non lles recoñece aos dous mariñeiros o feito de ser el tamén
galego.

2. Por que coidas que o taberneiro non se recoñece como galego ante os seus paisanos?
A resposta axeitada ten que facer referencia a que o autoodio é o mecanismo que fai que non queira
recoñecerse como galego. Ademais pódese facer referencia a que, dos tres galegos, é o único que non
está baixo os efectos desinhibidores do alcohol.

SI EU FOSE AUTOR escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.
LANCE PRIMEIRO
Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai
unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio
e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes
que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca
é unha gran desgracia. O pranto debe ter unha gracia choqueira para que estoupen de risa os do patio de
butacas.
E cando se farten de rir os señoritos baixará o pano.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
157
Unidade 9

LANCE SEGUNDO
Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés
ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba
da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora
unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan o pranto e enxoitan as bágoas con paniños de
encaixe. Todas van dicindo, unha por unha, as mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca
morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é para tanto.
E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño.

1. Explica en que consiste o hibridismo xenérico deste texto.


Este texto forma parte do libro Cousas. Aínda que se presenta como unha narración máis das que
compoñen o citado libro, en realidade constitúe unha especie de apuntamentos ou rascuño dunha obriña
teatral. Pola súa brevidade, a estrutura paralelística e o seu lirismo, está asemade moi próximo á poesía
(prosa poética), como en xeral todos os relatos de Cousas.

2. Elabora un esquema comparativo dos dous lances indicando en cada un as características


dos personaxes, os elementos escénicos, a reacción do público e a simboloxía do animal
morto.

LANCE PRIMEIRO LANCE SEGUNDO


Familia labrega: Vellos, mulleres, mozas, nenos Familia fidalga: Unha fidalga e dúas fidalguiñas.
e nenas. Ausencia dos homes adultos (referencia Ausencia total de homes. Grupo humano
indirecta á emigración). Grupo humano amplo. reducido.
Corte aldeá. Estrume. Estrado elegante, adobiado con moito señorío.
Mesa con pés ferrados de bronce, unha bandexa
de prata, unha almofada de damasco.
Vaca morta: Base da economía familiar de boa Cadeliña morta: Luxo superfluo.
parte de Galiza. Preocupacións da fidalguía.
Preocupacións das clases populares.
Provoca riso entre o público do patio de butacas, Provoca hilaridade entre o público do galiñeiro,
ou sexa, das clases acomodadas. ou sexa, o das clases populares.

3. O autor é obxectivo real ou aparentemente? Xustifica a túa resposta.


O autor é obxectivo aparentemente. Mesmo poderíamos dicir que non trata con tanta dureza á fidalguía
como ao campesiñado, xa que di: “xentes labregas, angurentas e cobizosas” e non reserva adxectivos
tan despectivos para a fidalguía no segundo lance. Mais baixo unha aparencia de obxectividade (ou
mesmo de certa tendenciosidade a prol da fidalguía), en realidade Castelao conta coa complicidade das
persoas lectoras, que van entender que o drama da familia labrega é moito maior que o da familia fidalga,
que raia co cursi.

4. Segundo Castelao, pode a fidalguía dirixir Galiza? Que clases sociais se preocupan polas cues-
tións realmente útiles e importantes para o país?
Segundo Castelao, a fidalguía é unha clase decadente que non pode xa dirixir Galiza. Esta idea
distánciao dos seus compañeiros da xeración Nós.
Para Castelao son as clases populares as que deben dirixir o destino de Galiza porque son as que se
ocupan das cousas útiles e importantes para o país, as realmente produtivas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
158
Unidade 9

CHEGOU DAS AMÉRICAS UN HOME RICO e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha
mona, un papagaio, un fonógrafo...
O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar
aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo cumprido,
sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro coma o pote, tiña gracia dabondo para facerse
querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta,
parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito
sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas
escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas
pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo
un sombreiro de palla e mais un traxe branco...

1. Segundo este relato, cales son os trazos que definen a identidade nacional: a cosmovisión e a
cultura ou a orixe racial? Xustifica a túa resposta citando fragmentos do texto.
Este relato presenta a identidade nacional non como algo esencialista, senón como o resultado dunha
cosmovisión e dunha expresión cultural. Panchito é galego porque, a pesar de ser negro e non ter
nacido en Galiza, fala con enxebreza, puntea muiñeiras, bota aturuxos abrouxadores, sente anceios de
emigrar, experimenta tristura ao abandonar Galiza e padece unha grande morriña en Cuba que fai que
decida voltar á súa verdadeira terra.

Páx. 235-236

Retrincos (1934)

O RETRATO
Por amaina-la conciencia guindei co meu tiduo de médico no fondo dunha gabeta e busquei outra maneira
de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite
foron requeridos os meus servizos.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Doume as “boas noites” e rompeu
a chorar, e por antre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que somentes logrou decirme que tiña
un fillo a morrer.
O probe pai turraba por min, i eu deixábame levar, enfeitizado pola súa door. ¡Dispois de todo eu era
médico tiduado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de complacelo que sentín xurdir nos meus
adentros unha gran cencia...
Cando chegamos á casa de Melchor, logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille
que sabía pouco da carreira...
—Repara que fai moitos anos que non visito enfermos.
I entón Melchor, facendo un esforzo, díxome quedamente.
—O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. ¡E váiseme, señor;
váiseme e non teño ningún retrato seu!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
159
Unidade 9
¡Ai! eu non fora chamado como médico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentín ganas acedas
de botarme a rir.
E por verme ceibe de xeira tan macabra díxenlle que unha fotografía era mellor que un deseño, asegureille
que de noite poden facerse fotografías, e botando man de moitos razonamentos logrei que Melchor largase
de min á cata dun fotógrafo.
A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con mil ideas ensarilladas na chola.
Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta. Era Melchor.
—¡Os fotógrafos din que non teñen magnesio!
E díxomo tremendo de anguria. A face albeira, e os ollos coma dous tetos de carne vermella de tanto
chorar.
Endexamais fitei a un home tan desfeito pola door.
Pregaba, pregaba, e collíame as mans, e turraba por min, e o malpocado decía cousas que me rachaban
as entranas:
—Considérese, señor. Dous riscos de vostede nun papel e xa poderei ollar sempre a cariña do meu neno.
¡Non me deixe na escuridade, señor!
¡Quen tería corazón para negarse! Collín papel e lápiz, e alá me fun con Melchor, disposto a facer un
retrato do rapaz moribundo.
Todo estaba quedo e todo estaba calado. Unha luz cansa alumeaba, en amarelo, dúas facianas arrepiantes
que ventaban a morte. O neno era o centro daquela probeza da materia.
Sen decir ren senteime a dibuxa-lo que ollaban os meus ollos de terra, e somentes ó cabo de algún tempo
conseguín afacerme ó drama que fitaba e aínda esquecelo un pouco, para poder traballar afervoado, como
un artista. E cando o deseño estaba xa no seu punto a voz de Melchor, agrandada por tanto silenzo, fireume
con estas verbas:
—¡Pola ialma dos seus difuntos, non mo retrate así!¡Non lle poña esa cara tan encoveirada e tan triste!
Confeso que ó volver á realidade non soupen qué facer, e púxenme a repasa-las liñas xa feitas do retrato.
O silenzo foi esgazado novamente por Melchor:
—Vostede ben sabe como era o meu rapaciño. Faga memoria, señor, e dibúxemo rindo.
De súpeto nasceume unha gran idea. Rachei o traballo, ensumín o meu ollar nun novo papel branco
e dibuxei un neno imaxinario. Inventei un neno moi bonito, moi bonito; un anxo de retablo barroco, a
sorrir.
Entreguei o dibuxo e saín fuxindo, e no intre de poñe-lo pé na rúa sentín que choraban dentro da casa. A
morte viñera.
Agora Melchor consólase ollando a miña obra, que está pendurada enriba da cómoda, e sempre di coa
mellor fe do mundo:
—Tiven moitos fillos, pero o máis bonito de todos foi o que me morreu. Velaí está o retrato, que non
minte.
Pontevedra, 1922

1. O autor fainos ver como, en ocasións, nin a ciencia nin a técnica poden axudar ao ser humano.
Sinala onde aparecen referidas estas manifestacións do saber humano e explica por que non
logran ofrecerlle consolo a Melchor.
Ciencia: “O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite.”
“¡Ai! eu non fora chamado como médico.”

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
160
Unidade 9
Técnica: “asegureille que de noite poden facerse fotografías, e botando man de moitos razonamentos
logrei que Melchor largase de min á cata dun fotógrafo.[...]
Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta. Era Melchor.
—¡Os fotógrafos din que non teñen magnesio!”
En ocasións, a medicina, a ciencia en xeral, non logra vencer a morte. Neste caso o pai do neno
moribundo acepta a situación. O que quere é ter un recordo do seu fillo vivo. A técnica fracasa
porque “non hai magnesio”, pero no caso de que tivese éxito, o resultado sería semellante ao
do primeiro esbozo do retrato que fixo o médico-debuxante protagonista, ou sexa, a magoenta
fotografía dun neno moribundo.

2. Que papel lle atribúe Castelao á arte neste relato?


Neste caso, é a interpretación da realidade que ofrece a arte a que pode servir de consolo. Para
Castelao, a arte non ten que ser un mero reflexo da realidade, senón que ha de interpretala para
poñerse ao servizo dos seres humanos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
161
Unidade 10.

Páx. 237
(...) O autor d'iste libro, a difrenza dos poetas da sua terra, tan homildosos devotos da Santa, do Bardo e
do Rebelde, non quer asomellarse a ninguén, e moito menos ó consabido trío. Fixo da sua independenza
un sagro fanatismo, e veleiquí o tendes só, ergueito e orguloso.
Ten, ademais, o seu arte resoanzas futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que máis, todas elas
anarquicamente escolmadas e autocraticamente peneiradas [...]
Parodiando a Xulio Camba, xa lle chamou alguén “arredista de aición literaria”: nunca foi a Madrí
nin escribeu en castelán. Nin quer “triunfar” (n-a conxugación madrileña do vervo) nin claudicar n-un
idioma máis fácil e mercadeiro, pero alleo [...].
O ritmo dos seus versos non se pode levar c'os pés n-o piso nin c'os cotelos encol da táboa; e el
quixera facel-os decote de tal xeito que non puderan ser declamados nin adeprendidos de memoria.
Isto somentes, xa o leva dereito a perder a ademiranza das amables mociñas románticas e dos amenos
dilettantes de segunda man [...].
Esquenceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; as formas invioladas, os temas consagrados. A súa
única páxina romántica é o suicidio do seu sentimentalismo”.
Fragmentos do Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu (1924), de Manuel Antonio

1. Sinala que pensa Manuel Antonio da poesía romántica.


Ao romantismo non lle amosa ningún apego, xa que di: “só isto xa o leva dereito a perder a ademiranza
das amables mociñas románticas...”

2. Con que expresións amosa practicar unha instalación consciente na literatura galega e unha
identificación plena co idioma galego?
“Parodiando a Xulio Camba, xa lle chamou alguén arredista de aición literaria: nunca foi a Madrí nin
escribeu en castelán. Nin quer “triunfar” (na conxugación madrileña do verbo) nin claudicar nun idioma
máis fácil e mercadeiro, pero alleo.”

3. Manuel Antonio declara a súa ruptura co pasado literario galego. Sinala a que tres autores fai
referencia ao comezo do texto. Escribe unha redacción explicando as dificultades de que se pro-
ducise unha auténtica ruptura dentro da literatura galega.
Os tres autores aos que fai referencia o autor, coas expresións “a Santa”, “o Bardo” e “o Rebelde”, son
respectivamente Rosalía, Pondal e Curros.
O resto da resposta é aberta.

4. Sinala cal é a palabra do estándar que se corresponde con cada unha das sinaladas en negra.
difrenza: diferenza
homildosos: humildes
asomellarse: semellarse

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
162
Unidade 10
independenza: independencia
orguloso: orgulloso
resoanzas: resonancias
aición: acción
Madrí: Madrid
escribeu: escribiu

5. Explica o significado de escolmadas, autocraticamente, peneiradas, parodiando, arredista, cote-


los.
escolmadas: escollidas ou seleccionadas segundo un determinado criterio.
autocraticamente: de xeito autocrático, é dicir, decidindo por si só, sen límites á vontade.
peneiradas: limpas de impurezas ou defectos.
parodiando: imitando algo de xeito burlesco.
arredista: que procura a separación dun pobo do estado ao que pertence; separatista.
cotelos: nós ou vultos que forman as articulacións dos dedos ao dobrárense.

LITERATURA. AS VANGARDAS
Páx. 251

1. Despois de lerdes ou escoitardes as explicacións da profesora ou profesor sobre esta unidade,


facede por parellas a seguinte ficha:

a) Sinalade as características comúns que podemos atopar nos movementos de vangarda.


Constitúen unha reacción virulenta contra a mentalidade burguesa de finais do século XIX. Transforman
profundamente a idea da Arte en todas as súas manifestacións (literatura, música, pintura, escultura,
fotografía, cinema...) e do papel que lle correspondía ao artista na sociedade. Buscan a orixinalidade
de forma obsesiva e fan do experimentalismo, da rebeldía e da total liberdade creativa as súas razóns
de ser. Acostuman a difundir os seus propios postulados a través dos manifestos vangardistas.

b) Explicade as causas de que a vangarda galega non provoque unha ruptura virulenta contra a
tradición anterior.
O carácter periférico e non normalizado da cultura e da literatura galegas impediu que se producise
unha reacción virulenta contra a tradición. Nesa aínda feble tradición era onde facían pé os membros
das Irmandades e do grupo Nós para afirmar a propia existencia dunha cultura galega de seu, con
posibilidades de universalización. Renunciar a esa tradición podería significar facer arte e literatura
no baleiro, sen raíces, desde o puro mimetismo.

c) Elaborade un esquema resumo sobre as tendencias renovadoras da poesía galega.


1. Tendencia neotrobadorista.
Consiste na recreación das cantigas de amigo cunha estética contemporánea.
Os dous autores máis emblemáticos son Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama riveira
(1933) e Fermín Bouza Brey (1901-1973) Nao senlleira (1933) e Seitura (1955).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
163
Unidade 10
2. Tendencia hilozoísta ou imaxinista
O Hilozoísmo caracterizado pola brevidade, a sinxeleza, a rima e métrica tradicionais, a personificación
de elementos da natureza (prosopopea), o predominio das imaxes, a concepción pictórica do poema e
a linguaxe metafórica. Os hilozoístas inspíranse na paisaxe cunha visión e algúns recursos totalmente
novos, de raíz vangardista.
Ten como principal figura a Luís Amado Carballo (1901-1927), autor dos poemarios Proel (1927) e
O galo (póstumo, 1928). Outros cultivadores: Florencio Delgado Gurriarán, Augusto María Casas e
Álvaro de las Casas, Xulio Sigüenza, Johán Carballeira, Eduardo Blanco Amor...

3. Tendencia propiamente vangardista.


· Creacionismo. Manuel Antonio con varios libros inéditos e, sobre todo, con De catro a catro
(1928).
· Cubismo. Álvaro Cunqueiro con Mar ao norde (1932) e Manuel Luís Acuña con Fírgoas
(1933).
· Surrealismo. Álvaro Cunqueiro con Poemas do si e non (1933).
· Ultraismo. Euxenio Montes con Versos a tres cas o neto (1930) e Evaristo Correa Calderón
“Poemas singelos” (1917-1921).

d) Explicade que é o manifesto ¡Máis alá!


O manifesto ¡Máis alá!, que Manuel Antonio asina con Álvaro Cebreiro en xuño de 1922, é un breve
folleto de oito páxinas que se estrutura en catro partes. As dúas primeiras dedícanse á crítica do pasado
e presente da cultura galega, hexemonizado polos “vellos”, isto é, aqueles que «escreben hoxe como
si vivisen no antonte d’os séculos» (ruralistas e imitadores dos grandes poetas do Rexurdimento) e
mais polos autores galegos castelanizados (“pollitos bien”, “nenos foulard e de rubí”), discípulos do
Valle-Inclán modernista. A terceira parte céntrase na afirmación dos conceptos estéticos novos que
se postulan: a independencia a respecto de todo movemento, a procura da orixinalidade desde o máis
radical individualismo, a defensa da ruptura total coa tradición e a aposta pola absoluta renovación de
temas e formas. A cuarta e derradeira parte constitúe un chamamento ás novas xeracións intelectuais
a romperen co pasado e procuraren, indo sempre “máis alá” (de aí o título do manifesto), o seu propio
camiño.

e) Indicade os trazos que caracterizan a obra Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.
A importancia concedida á técnica. Emprega recursos típicos do relato oral: apelacións ao auditorio,
autoxustificacións do narrador, referencias espazo-temporais concretas, constantes digresións,
historias encaixadas dentro do argumento principal etc. De raíz culta son o gusto pola descrición
plástica impresionista de ambientes e personaxes, a rica adxectivación, as numerosas rupturas no
plano temporal, a feitura lírica dalgunhas historias, os comezos in media res e a tendencia aos finais
abertos.

A preferencia por temas que teñan misterio ou algún matiz extraordinario. Combina relatos realistas
con outros fantásticos, nos que non faltan elementos macabros, terroríficos ou de ciencia ficción.

A orixe popular dos argumentos, próximos ás lendas e supersticións e do perfil dos personaxes.

f) Explicade o argumento e sinalade o significado de A fiestra valdeira.


A acción desencadéase cando don Miguel decide facerse un retrato, ao que o pintor pon como fondo
un porto mariñeiro visto desde unha ventá. A muller e a filla considérano como afronta, pois recorda
as súas orixes humildes. Don Miguel debátese entre o desexo de contentar á familia e a fidelidade que
sente cara aos seus amigos de infancia.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
164
Unidade 10
A fiestra valdeira é unha acesa gabanza da franqueza, virtude popular e particularmente mariñeira, da
fidelidade identitaria e da perseveranza no “propio ser”, tanto individual como colectivo.

g) Que foi o Seminario de Estudos Galegos e que traballo levou adiante?


O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) foi unha institución vencellada á universidade de
Compostela que tiña como obxectivo investigar e divulgar a realidade múltipla de Galiza. Moitos dos
membros da xeración do 25 formaron parte do Seminario e colaboraron habitualmente cos Arquivos
desa entidade e co boletín Nós. Entre eles atopamos a figuran os irmáns Fermín e Luís Bouza Brey,
Ramón Martínez López, os irmáns Xaquín e Xurxo Lourenzo, Lois Tobío, Antón Fraguas, Filgueira
Valverde, Magariños Negreira, Carballo Calero, Álvaro de las Casas, Plácido Ramón Castro, Ramón
Sobrino Buhigas, Francisco Lanza, Isidro Parga Pondal, Ferro Couselo, Ben-Cho-Shey...
Os seus traballos, elaborados baixo o maxisterio dos intelectuais do Grupo Nós, son relevantes en
áreas como a xeografía, a historia, a arqueoloxía, a filoloxía, a etnografía, a xeoloxía e as ciencias
sociais, e contribuíron á naturalización do idioma galego como vehículo de expresión cultural e
científica. As obras colectivas máis destacadas do Seminario son o Vocabulario popular galego-
castelán (1926-1928), o Anteproyeito de Estatuto de Galiza (1931) e as monografías Terra de Melide
(1933) e Parroquia de Velle (1936).

h) Citade os tres rotativos máis importantes en que desenvolveron a súa actividade os xornalis-
tas da xeración do 25.
O Galicia de Vigo, fundado en 1922, dirixido por Paz Andrade e afogado pola ditadura en 1926;
o xornal ourensán agrarista La Zarpa, fundado en 1921 por Basilio Álvarez, con Roberto Blanco
Torres como xefe de redacción; e o diario olívico El Pueblo Gallego, fundado en 1924 e propiedade
de Portela Valladares a partir de 1927, que acolle ata 1936 as colaboracións de destacados intelectuais
da época.

2. Organizade na aula un recital de poesía galega de vangarda. Podedes empregar a escolma de


textos que aparece neste libro ou facer unha propia. Poñede especial atención á ortofonía e ao
ritmo dos poemas.
Resposta libre.

3. Pescudade en internet información sobre a poesía galega de vangarda e a música. Que composi-
tores e/ou intérpretes se inspiran nesta poesía? En que discos están recollidas esas obras?
Existen dous importantes traballos musicais que difundiron e popularizaron poemas de vangarda. Trátase
de A dama e o cabaleiro de Amancio Prada (1987), con poemas neotrobadoristas de Álvaro Cunqueiro, e
Cartas mariñas de Emilio Cao (1996), con composicións creacionistas do poemario de Manuel Antonio
De Catro a Catro.
O poema neotrobadorista máis popular é, sen dúbida, “No niño novo do vento”, de Álvaro Cunqueiro, que
foi musicado por Luís Emilio Batallán e interpretado por numerosos grupos e artistas, como Milladoiro,
Cuchús Pimentel etc. Tamén Luís Emilio Batallán musicou Manuel Antonio no seu traballo o Ballet
da nena. O grupo Na Lúa publicou en 1999 o seu disco Feitizo, onde recolle unha composición de
Fermín Bouza Brey (“Pra facer un feitizo”) que é a que lle dá título ao traballo. O cuarteto aCadaCanto,
formado por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, ofreceu no seu
primeiro disco unha interpretación de “Mar maior dos namorados”, poema neotrobadorista escrito por
Xosé Mª Álvarez Blázquez. Deste mesmo poeta temos composicións de Rodolfo Halffter, Antonio I. Paz
Valverde, Suso Vaamonde e Eloi Caldeiro, entre outros.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
165
Unidade 10
Páx. 252-253

Fragmentos do manifesto “Máis alá!” (1922), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro


O XESTO.- Non nos erguemos d'o xeito que o fan a maoría d'os que n-outras terras pubrigan manifestos
máis ou menos literarios. Casi todos tencionan arrecadar adeutos pra algún novo "ismo" que aparece
querendo ser a derradeira verva d'a moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova
proba de que un snobismo operetesco invade a Literatura. Nós tencionamos tan só facer unha protesta
forte, densa e implacábel contra os vellos.

OS VELLOS.- Os vellos non son os que escrebiron fai moitos anos - aqueles son os devanceiros. Os vellos
son os que escreben hoxe como si viviran n-o antonte d'os séculos.
E a ley de sucesividade que nos fai respeitar ós devanceiros, é a mesma que nos ergue e move pra enterrar
ós vellos en vida, baixo a lousa inamovíbel d'a sua vulgaridade, pol-a acefalia que supón o desexo de
definir c'o pasado a hora de hoxe. (...)

A NOSA RAZÓN.- Non é que adoezamos d'o tan estendido andacio de desbotar o vello por sistema e sin
razón, cousa que se ve facer a miudo âs xuventudes d'outras terras. É que xa vai tendo caráuter crónico a
atrofia da sensibilidade n-a maoría d'os que escreben en galego, e ameaza-nos o contaxo d'o pobo si non
se atalla o mal. (...)
Tida en conta a importanza primordial que o Arte ten n-os rexurdimentos raciaes (miudean os movementos
nazoalistas que comenzan pol-o arredismo artístico) chegaremos a coidar sinón fracasado pol-o menos
de remota eficacia o autual movemento rexurdente n-a Galiza si non se consegue un troque radical n-o
aspeuto d'a nosa Literatura (...)

O RURALISMO.- (...) o máisimo crime de lesa patria é un verso d'ise xeito que pregoan as arráns d'a lagoa
académica querendo impor o seu anacrónico croar por riba de toda voz nova, ceibe e ceibista. Porque ise
fato d'eunucos literarios, d'esprito choído e ateigado d'unha decramatoria cursilería palabreira, son os
que farán arrenegar de si mesmo a calquer galego d'esprito amplexo e depurado que coide ver n-eles a
'alma da raza'. (...)

OS DEVANCEIROS.- (...) Nós non ademiramos a ninguén nin nos coidamos inferiores a ninguén (...) Inda
que nos esforzaramos por atopar algo de bó nos "precursores", o noso traballo sería infroitoso (...).

NÓS.- (...) Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non
queremos sinalar un camiño determinado. A nosa roita, n-os primeiros pasos, quer tan só conecer por onde
non debemos ir: todol-os outros camiños poden ser nosos.
A Novedade que enxergamos é tan só un arredamento, un ceibamento d'o pasado sin a definición d'a sua
resultanza; isto é arbitrariamente persoal.
E eiquí compre que manifestemos a falla de creto que nos merece a gran parte d'os novos "movementos"
literarios e artísticos, con ningún d'os cales, enténdase ben, queremos que se trabuque a nosa rebeldía.
Porque case todos eles esquencen unha d'aquelas duas bases. Ou son un negamento non só d'o pasado sinón
de todol-os tempos e todal-as cousas, dendes o bo gusto até a razón mais rudimentosa, ou queren encadrar
a estética autualista en dogmáticos preceutos, todo o novos que se queiran, pero pouco respetosos, dende
logo, co-a anárquica dileición individoal.

A FALA.- Tamén nós temos, inda que n-outro orde, os noso imperativos, e comenzamos pol-a máis agresiva
intransixenza n-a Fala.
Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sofrise os estancamentos
de verdugos armados de gramática que a emparedasen n-un feixe de regras como quen garda un mito en
sete huchas concéntricas, terá que ser unha fala de inmellorabéis posibilidás porque o seu estado ceibe
permitirá-lle axeitarse a todal-as novedás, a todol-os variamentos porviristas que tome o noso gosto. E
consentirá-lle o seu indeliñamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento d'o artista e non el
escravo d'ela.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
166
Unidade 10
Pero hai aínda unha razón d'orde supremo: a nosa Fala é nosa. Pospol-a a outra calquera é unha forma
de suicidio. (...)

DESBOTANDO.- Arrenegamos de mestres e d'os seus consellos. Toda voz allea tende a escusar a nosa
sinceridade, que é sagra por que é a nosa vida e debemos respetal-a a non ser desleigados a nós mesmos.
Arrenegamos d'a Lei e d'o Costume. Cada importa alleira ven a roubar-lle a nosa mocedade unha áa.
Arrenegamos d'os temas obrigados. É vergoñoso falar d'a Escravitude d'a Terra, mentras non se teña feito
todo o que compre por anulal-a (...)
A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués, é a maor caloña d'o
noso paisaxe, que aínda agarda a sensibilidade complexa d'o noso tempo para ser interpretado,
Arrenegamos de toda imitanza. A d'os vellos en nome d'a Vida; a d'os novos en nome d'a Novedade.

INDIVIDOALISMO.- Consagramos a individualidade até o estremo de desexar que a definición de cada un


de nós sexa unha verva: o seu propio nome. (...).

1. Despois de leres estes fragmentos, coidas que o manifesto “Máis alá” poder ser catalogado
como “vangardista”? Por que?
A opinión de que non é un manifesto vangardista propiamente dito pode sustentarse en fragmentos
do texto como os seguintes:
· “Non nos erguemos d'o xeito que o fan a maoría d'os que n-outras terras pubrigan manifestos
máis ou menos literarios”.
· Mentres os manifestos propiamente vangardistas “tencionan arrecadar adeutos pra algún novo
'ismo'”, o Máis alá quere ser só “unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos” e
insírese dentro do “arredismo artístico” que propugna o movemento nacionalista galego nesa
época.
· Descualifícanse eses manifestos dos “ismos” como “snobismo operetesco” e critícase o seu
afán de pasar por ser “derradeira verba d’a moderna estética”.
· Descualifícase o vangardismo máis iconoclasta, ou “andacio de desbotar o vello por sistema e
sin razón”.
· Afírmase a “falla de creto que nos merece a gran parte d’os novos ‘movementos ‘ literarios e
artísticos, con ningún d’os cales, enténdase ben, queremos que se trabuque a nosa rebeldía”. Esa
falla de creto ten a ver co exceso de dogmatismo e coa iconoclastia irrespectuosa (“dendes o bo
gusto até a razón mais rudimentosa”) deses movementos.

A opinión de que si é un manifesto vangardista propiamente dito poder sustentarse en fragmentos do


texto como os seguintes:
· A afirmación da necesidade de renovar a literatura, de que os escritores non se comporten
esteticamente “como si viviran n-o antonte d’os séculos”, de acabar coa “atrofia da sensibilidade”,
dun “troque radical n-o aspeuto d’a nosa Literatura”
· A crítica ao ruralismo e á “decramatoria cursilería palabreira”.
· A crítica aos académicos (“as arráns da lagoa académica querendo impor o seu anacrónico croar
por riba de toda voz nova, ceibe e ceibista”).
· A ruptura coa tradición precedente (“inda que nos esforzaramos por atopar algo de bó nos
precursores, o noso traballo sería infroitoso”; “Cansos xa de percorrer camiños vellos e
fracasados, arrenegamos de todos eles”; “Arrenegamos de mestres e d’os seus consellos”) e
o afán de absoluta orixinalidade (“arrenegamos dos temas obrigados”, “Arrenegamos de toda
imitanza”) e singularidade (“nós non ademiramos a ninguén nin nos coidamos inferiores a

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
167
Unidade 10
ninguén”; “a novedade que enxergamos é tan só un arredamento, un ceibamento d’o pasado sin
a definición d’a sua resultanza”)

2. Que clase de autores ou tendencias da literatura galega reciben críticas?


a) “Os que escreben hoxe como si viviran n-o antonte d’os séculos”
b) “As arráns da lagoa académica” (ou sexa, Lugrís Freire, Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Eladio
Rodríguez etc.), a quen se define como “ise fato d’eunucos literarios” cultivadores do ruralismo
“d’esprito choído”, mais que pretenden pasar por ser expresión da “alma da raza”.
c) Os “precursores” (as grandes figuras da literatura galega do século XIX), en cuxa obra resulta
infructuoso procurar “algo de bó”.
d) Os “académicos e puristas”, “verdugos armados de gramática” que pretenden emparedar a Fala,
máximo instrumento expresivo do escritor, “n-un feixe de regras”.
e) Os que escriben sobre temas consabidos, como a paisaxe (“ó xeito de fotografía iluminada con
notas de turista burgués”) ou a escravitude da Terra, neste último caso sen ter “feito todo o que
compre por anula-la”.

3. Que trazos estéticos postulan os autores como máis axeitados para a Arte e a Literatura gale-
gas que propugnan?
• Un troque radical no aspecto desa Arte e desa Literatura
• A ruptura coas normas literarias (a Lei e o Costume) e coas tendencias poéticas dominantes
(ruralista, paisaxística, patriótica...).
• A procura da orixinalidade máis absoluta (“arrenegamos de toda imitanza”), desde o máis orgulloso
individualismo.
• Unha estética anovada e posta ao día, que, ao mesmo tempo, non deixe de estar fondamente
comprometida coa Lingua e, en xeral, coa causa nacionalista.

Páx. 253

MANUEL ANTONIO

Dispóis rachei a folla


Dispóis rachéi a folla. E atopeime risíbel
e tráxico: tatexo. Era un renunceamento
matinando en voz baixa unha dóor incredíbel.
E recadéi a pruma tinguida en desalento...

Dispóis rachei a folla.- Sempre un verso impodente.


Pol-as horas inversas diluéuse esquencida
d'as claras mannitudes a clave favorida.
A pruma asoballada, intentóu novamente...

Dispóis rachei a folla.- Sempre un verso alleeiro-


A discrepanza nova tiña un xeito sin fin.
Dispóis rachei a folla c'un xeito derradeiro.
Horas eistra-vitaes ¿qué queredes de mín?

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
168
Unidade 10
1. No poema, Manuel Antonio reflexiona sobre o proceso da súa escrita nesa altura da súa vida
(1920). Con que dificultades se encontra?
O poeta atópase coa dificultade para a expresión do auténtico: “E atopeime irrisíbel/e tráxico.”,
“Sempre un verso impodente”, “Sempre un verso alleeiro”.
Tamén se atopa coa insatisfacción co resultado do feito creativo, expresada na secuencia coa que
inicia cada estrofa, que dá título á composición.

2. Repara na forma e na métrica do poema. É tradicional ou é innovadora? Por que?


A forma do poema é tradicional. Estamos ante unha composición formada por tres estrofas de catro
versos alexandrinos que riman ABAB ABBA ABAB. O isosilabismo, a estrutura estrófica convencional
son características que sitúan o poema a nivel formal nun momento previo ao vangardismo da obra
manuelantoniana.

3. Algúns adxectivos e substantivos serven no poema para definir un estado de ánimo. Cal é?
Os adxectivos risible, tráxico, tatexo, asoballada, alleeiro e os substantivos desalento, renunceamento,
discrepanza serven para definir a insatisfacción que o poeta sente co resultado da súa obra, ao non dar
vehiculizado con autenticidade o que pretende expresar.

Páx. 254

Descoberta
Quen fechou esta noite
a fenestra azul d'o Mar?
Este mar fuxitivo
de todal-as riveiras
Náufrago d'o neboeiro
que desviou o rumbo
d'os puntos cardinaes

Ficaron as gavotas
tres singladuras a sotavento
Desourentaron-se os arroaces
intrusos e impunes

Hoxe ninguén dá c'a relinga


pra aferrar os panos d'o horizonte
E este serán tampouco
engayolaremol-o Sol

O Sol era un paxaro triste


que se pousaba n-o penol.

1. Que trazos atribuíbeis á vangarda presenta este poema?


· O poema presenta numerosos trazos creacionistas:
· Emprega elementos léxicos da linguaxe técnica referida neste caso á navegación como
singladuras, sotavento e relinga.
· Utiliza imaxes orixinais: “Quen fechou esta noite/a fenestra azul d’o Mar?” e polipétalas:
“Náufrago do neboeiro/que desviou o rumbo d’os puntos cardinaes”.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
169
Unidade 10
· Non se cinxe a moldes estróficos. Tampouco ten rima nin ritmo. Os versos presentan
heterosilabismo.
· Pegada do creacionismo podemos detectar tamén na disposición dos versos e a utilización de
espazos en branco.

2. Repara na expresión da temporalidade nos distintos grupos de versos. A que conclusións


chegas?
Non existe unha secuenciación temporal coherente dende o punto de vista textual. Ráchase esa
coherencia empregando distintos tempos verbais organizados arbitrariamente: pretérito, presente,
futuro e copretérito.

3. Cal pensas que pode ser a “descoberta” que se anuncia no título?


A “descoberta” que se produce é que non hai, nin haberá “descoberta”. A monotonía é o que
prevalece.

4. Localiza elementos léxicos relacionados coa linguaxe mariñeira.


Mar, riveiras, náufrago, rumbo, puntos cardinaes, gavotas, singladuras, sotavento, relinga.

Sós
Fomos ficando sós
o Mar o barco e máis nós.

Roubáron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d’horizonte

Este oucéano desatracou d’as costas


e os ventos d’a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d’o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d’os navíos que fondean
a sotavento d’unha singladura

No cuadrante estantío d’as estrelas


ficou parada esta hora:
O cadavre d’o Mar
fixo d’o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade


Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
170
Unidade 10
1. Indica trazos formais vangardistas presentes no poema.
O poema presenta numerosos trazos creacionistas:
· Emprega elementos léxicos da linguaxe técnica referida neste caso á navegación como
paquebote, veleiro, ventos da roseta, maniobra, fondean, sotavento, singladura, cuadrante.
· Utiliza imaxes orixinais: “Roubáron-nos o Sol” e polipétalas: “As nosas soedades/ veñen de tan
lonxe/ como as hora d’o rexole”, “O cadávre d’o Mar/ fixo d’o barco un cadaleito”
· Non se cinxe a moldes estróficos.
· Tampouco ten rima nin ritmo.
· Os versos presentan heterosilabismo.
Tamén son trazos creacionistas a disposición dos versos e a utilización de espazos en branco.

2. Cal é o estado de ánimo que transmite? Houbo algunha mudanza significativa nese estado de
ánimo entre o momento que indican os primeiros versos e o que marcan os últimos?
A soidade é o estado de ánimo que transmite. A monotonía, a atonía, reforza o sentimento de soidade
que leva á introspección. “Sin o Mar e sin o barco / nós” expresa esa evasión do mundo exterior cara
ao interior do eu poético representado por ese “nós”.

3. O autor recorre ás estruturas paralelísticas. Sinala algún exemplo.


“Roubaron-nos o Sol” e “Roubaron-nos o vento”. “Fomos ficando sós/ o Mar o barco e máis nós.” e
“E ficamos nós sós/ Sin o Mar e sin o barco/ nós”

4. A obsesión pola localización espazo-temporal ponse de manifesto en varios sintagmas. Indí-


caos.
A obsesión pola localización espazo-temporal podémola ver nos seguintes sintagmas: “a corda floxa
d’horizonte”, “os ventos da Roseta / ourentaron-se ao esquenzo”, “a sotavento d’unha singladura”,
“tan lonxe /como as horas do reloxe”, “No cuadrante estantío d’as estrelas / ficou parada esta
hora”.

5. No texto aparecen algúns casos de versos paronímicos. Cres que son propositados? Por que?
A paronimia entre os versos que abren e os que pechan o poema é propositada para subliñar a relación
semántica e a evolución que se produce no estado de ánimo ao longo do poema.

6. Os espazos en branco no derradeiro grupo de versos, que efecto conseguen?


Producen unhas pausas, uns baleiros que reforzan a sensación de atonía.

Páx. 255

Navy Bar
Este bar ten balances
E tamén está listo
pra se facer á vela

Enchéronnos o vaso
con toda a auga do mar
pra compor un cock-tail de horizontes

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
171
Unidade 10

Pendurados das horas


atlas xeográficos de esperantos
están sin tradución
E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras

Ese cantar improvisado


é o mesmo
que xa se improvisou nalgures

Quen chegou avisándonos


desa cita noiturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas?

Eiquí bebe de incónito


o Mariñeiro Desconecido
-sin xeografía nin literatura-
A noite dos naufraxos
co seu brazo salvavidas
aferrará connosco unha vela de chuvascos

O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas

Polas rúas dispersas


ibamonos fechando
cada un dentro da súa alta-mar

No repouso dalgún vaso


tódalas noites naufraga o Bar.

1. A ruptura da orde lóxica e da linealidade temporal é un trazo da escrita vangardista. Compró-


bao cos exemplos presentes neste poema.
Os verbos da primeira estrofa están en presente (ten, está), os da segunda en pretérito (encheron). Volta
despois ao presente na terceira estrofa (están) e segue alternando co pretérito en estrofas sucesivas.
As estrofas sétima e oitava teñen os verbos en copretérito (estaba, ibamos) para rematar na última
estrofa en presente (naufraga).

2. Intenta descifrar algunha das imaxes que conforman o poema. Podemos facernos unha idea
do que acontece no bar de mariñeiros? E do que acontece despois?
• E tatexan as pipas co ademán políglota das bandeiras. Nesta imaxe preséntanos aos mariñeiros
fumando e falando en diferentes idiomas.
• Cock-tail de horizontes presenta o punto de encontro entre homes de distintas procedencias, con
diferentes singladuras e vivencias.
• Despois deste encontro prodúcese a separación. Os mariñeiros, despois de se ter reunido para
falar e beber, entréganse á introspección, ao aqueloutramento: O vaso derradeiro estaba cheo de
despedidas. Polas rúas dispersas/ ibamonos fechando/ cada un dentro da súa alta-mar.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
172
Unidade 10
3. Intenta esquematizar as diferentes actitudes e actividades que despregan os clientes do “navy
bar”.
• Comezan a beber: “Enchéronnos o vaso”.
• Falan e fuman: “Pendurados das horas/atlas xeográficos de esperantos”, “Tatexan as pipas”.
• Cantan: “Ese cantar improvisado”.
• Despídense: “O vaso derradeiro estaba cheo de despedidas”.

4. Rastrexa no poema palabras que denoten unha relación do seu autor coa actitude vangardista
e co mundo moderno.
Cock-tail, esperanto, políglota, Navy bar.

Páx. 255

MANUEL LUÍS ACUÑA

Aldea
No agro encorou o tempo
e só camiñan as nubes.
Aldea sono.
Aldea esquezo.
No agro dormen as luces.
Noite no corpo e na alma.
Na alma e no corpo sures.
Fame.
Frío.
Fume.
No agro non beben
chicolate nin zucre.
1. A maioría das vangardas propugnaron unha arte descomprometida, sen finalidade ética. En-
caixa este poema de Acuña nese molde? Por que?
Non encaixa en absoluto nun esquema de poesía descomprometida. En moi poucas palabras Manuel
Luís Acuña denuncia a situación de abandono que padece a xente do rural –aldea esquezo– e as
penosas condicións de vida:
Noite no corpo e na alma.
Fame.
Frío.
Fume.
No agro non beben
chicolate nin zucre.
2. O texto presenta unha grande economía de recursos e ao mesmo tempo unha grande expre-
sividade. Como consegue o autor casar estas dúas características?
Seleccionando o léxico, dotándoo de valores simbólicos e creando imaxes suxestivas e polisémi-
cas.

3. O léxico do poema presenta unha forte carga simbólica. Determina algún dos significados
simbólicos que podemos asociar a algún dos substantivos empregados nel.
Luces- progreso; Noite- precariedade; Sono- pasividade; Chicolate e zucre- fartura, benestar

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
173
Unidade 10
Páx. 256

AMADO CARBALLO

Canzón do temporal
Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar,
no carro das mouras nubens
ven do sur o temporal.

Nas barras e nos peiraos


rompen as foulas cristadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.

Púxose o ceo de loito


polos que van afogar.
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.
1. O texto constrúese mediante unha pura sucesión de imaxes hilozoístas. Intenta determinar
cales son os referentes da realidade de cada unha delas.
Os referentes das imaxes hilozoístas aparecen recollidas no propio texto. O carro das mouras nu-
bes = temporal, o ceo de loito = a negrura das nubes que van provocar o temporal que pode custar
vidas humanas.

2. Analiza a métrica e a rima do poema.


Son tres estrofas con catro versos octosílabos cada unha. A rima é asoante nos pares.

3. Este poema é descritivo e impresionista. Con que movementos da vangarda europea podería-
mos relacionalo?
O poema é hilozoísta, pero podemos relacionalo co imaxinismo.

O galo
Ábrelle a porta ao día
coa chave do teu cantar
que xa na fonte da Lúa
está lavada a mañán.

Bótalle o teu aturuxo


á paisaxe dende o val
que o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.

O campo cheo de frío


busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
174
Unidade 10
1. Xustifica a etiqueta de "hilozoísta" aplicada a este poema.
Presenta o galo con calidades humanas:
Ábrelle a porta ao día
coa chave do teu cantar
Bótalle o teu aturuxo
á paisaxe dende o val
alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz.
Tamén outros elementos da natureza aparecen humanizados:
xa na fonte da Lúa
está lavada a mañán
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol
2. A quen se dirixe o poeta?
Diríxese ao animal que dá título á composición: o galo.

Taberna
Chove fora. Nas pozas
aboia a luz do gas.
Na lameira da rúa
entérrase un cantar.

Mariñeiros de Amberes,
de Cork e Rotterdam...
O acordeón borracho
fala inglés, alemán...
................................
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.
1. Repara na economía expresiva con que está elaborado o poema. Con moi escasos elementos
consegue transmitir moitas informacións sobre o que acontece na taberna. Resúmeas.
Fóra da taberna chove. No seu interior hai música de acordeón e mariñeiros de distintas procedencias
emborráchanse. Hai unha pelexa.
2. Como interpretas os dous últimos versos? Para que serven os puntos suspensivos que separan
eses dous últimos versos do resto do poema?
É probábel que se refira a unha pelexa. Os puntos suspensivos serven para facer unha elipse entre
o momento da harmonía e o da pelexa. Non interesan os motivos; seguramente, a causa xa está
explicitada: o consumo excesivo de alcohol.
3. Analiza a métrica e a rima do poema.
Son dúas cuartetas, formadas por versos heptasílabos, que presentan rima asoante nos pares, mais
unha última estrofa na que a elipse narrativa leva á desaparición dos dous primeiros versos.
4. Compara o contido e a forma deste poema con “Navy Bar” de Manuel Antonio. En que se ase-
mellan? En que se diferencian?
Seméllanse na xuntanza dos mariñeiros de distintas procedencias nunha taberna. Diferéncianse en que
no texto de Manuel Antonio non hai conflito nin violencia.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
175
Unidade 10
Páx. 257

EDUARDO BLANCO AMOR

¡Goal!
Polo field do ceo mareiro
vai esbaratando o sol,
i-hourizonte, mal porteiro,
non pode parar o goal.

Domingo
Con mantelo de silveiras
e parolando co-a brisa,
tod-as mañás domingueiras
sube a corredoira a misa.

1. En que corrente poética inserirías estes dous brevísimos poemas do escritor ourensán? Por
que?
Están claramente relacionados coa estética do hilozoísmo, pois ambos presentan a prosopopeia ou
personificación de elementos da natureza como recurso principal.
No primeiro caso, o solpor é presentado como un lance dun partido de fútbol (deporte que comezaba
por esa época a súa difusión masiva na nosa sociedade e cuxa presenza como motivo poético constitúe
un trazo de vangardismo ou anovación no plano temático).
No segundo, humanízase a corredoira que conduce á igrexa do lugar como se fose unha muller máis
que acode todos os domingos á misa.

FERMÍN BOUZA BREI


¡Quén dera ser nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,


sempre â toa pol-as ondas
deitado no esquecemento.

Nin andar nin desandar


nin ter outro coidado acedo
que leijarse ir pol-o mar...

¡Quén dera ser nao senlleira!


Sen fito -estrela nin porto-
ser eu a propia ribeira!

¡Quén dera...!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
176
Unidade 10
1. O texto presenta numerosos recursos de estilo. Identifícaos e clasifícaos segundo sexan fóni-
cos, morfosintácticos ou semánticos.
• Fónicos:
• Aliteración:
· Nin andar nin desandar
· nin ter outro coidado acedo
· que leijarse ir pol-o mar...
• Morfosintácticos:
• Polisíndeto:
· Sen ceo, sen astros, sen vento
• Repetición:
· ¡Quén dera ser nao senlleira!
• Semánticos:
• Metáfora sinestésica:
· coidado acedo
• Metáfora pura:
· deitado no esquecemento
· ¡Quén dera ser nao senlleira!
· Sen fito –estrela nin porto-
· ser eu a propia ribeira!
• Paradoxo:
· Nin andar nin desandar

2. Que sentimentos expresa o autor no poema?


O vehemente anceio de liberdade persoal.

3. Que tipo de estrofa se emprega aquí? Como é a rima?


Son tercetos octosílabos.
A rima é consoante agás na primeira estrofa. O seu esquema é A-A B-B C-C D-D.

Gándara
N-aquel biduído dos bidos louzanos
o páxaro Sol non pía seus raios,
e morre de amor.

N-aquel biduído dos lanzales bidos


o páxaro Sol non criba seus píos
e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus raios


e albean de frío os albres delgados
e morren de amor.

Non ceiba seus raios, non tece os seus fíos


e albres e mámoas albean de frío
ca poldra que morde no mato cativo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
177
Unidade 10
1. Estamos diante dun poema de corte "neotrobadoresco". Xustifica por que, indicando os prin-
cipais recursos que evoquen nel a poesía medieval.
• Pola súa forma.
• As estrofas son pareados que rematan cun refrán: e morre de amor, agás a derradeira, que cambia:
ca poldra que morde no mato cativo.
• Presenta un claro paralelismo entre os primeiros versos das dúas primeiras estrofas:
N-aquel biduído dos bidos louzanos
N-aquel biduído dos lanzales bidos
• Tamén existe paralelismo entre os segundos versos das dúas primeiras estrofas:
o páxaro Sol non pía seus raios,
o páxaro Sol non criba seus píos
• A nivel de contido temos o tópico de morrer de amor no refrán.
• A utilización de palabras como albean ou delgados, tamén remite ás cantigas medievais.

2. Ten algunha influencia do “hilozoísmo” este poema?


O sol está caracterizado con trazos humanos e animais, xa que é un paxaro que non pía e cos seus
raios non tece fíos e morre de amor.

Páx. 258

ÁLVARO CUNQUEIRO

Unha, dúas, tres: a lancha


enchen de sombra, áxiles e nítidas.
Sob de ti voan: craras,
navegantes,
tibias.
Catro, cinco, seis. Gueivotas.
1. Que movementos de vangarda exercen influxo sobre este texto, a xulgar pola súa forma?
O cubismo, o hilozoísmo, o dadaísmo.

2. Que efecto consegue o autor colocando a palabra “gueivotas” no final? E recontando en dis-
tintos instantes o seu número?
O efecto que consegue é que a persoa que le o poema non descubra ata o final cal é o obxecto do
mesmo, dese xeito destácase máis a caracterización.
Imita un xogo infantil dotando ao poema de inxenuidade.

3. Que importancia teñen os adxectivos neste poema? E os substantivos?


Áxiles, nítidas, craras, navegantes, tibias constitúen o principal compoñente semántico do poema. Crean
unha atmosfera luminosa, que evoca o mar, a liberdade.
Lancha e gueivotas son os únicos substantivos do poema. O primeiro suxírenos un contexto. O segundo
é o obxecto do poema.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
178
Unidade 10
Eu nascín
-entre as zocas e os lóstregos
na mitade da noite-
corenta e sete días despois do primeiro aeroplano.
Aínda colgaban do aramio da anteguerra todas as
intactas maravillas inauditas.

Eu traguía os dous meus ollos no seu sitio


e o meu corpo ezquerdo con áxil xogo indeciso nos cóbados.

Cando eu nascín tan soio a doce cousas lles faltaba


no nome preciso
i eu cheguei cun oco nas frontes e na man
pra atopar a indefinición das suas craridades navegantes.

Todo o meu nascimento foi unha hora nova


na que houbo que pechar os dormitorios e abrir
as chimeneas
pra acenar polas suas perfebas de fume
os panos enloitados da cociña

Decatádevos?

1. É vangardista este poema? Por que?


Ten moitos trazos vangardistas. Hai unha ruptura cos moldes estróficos. A disposición dos versos é un
elemento que, en ocasións, adquire valor significativo, como o caso do último verso: Decatádevos?

A nivel de contidos presenta unha construción de imaxes sen un referente real, imaxes novidosas que
permiten múltiplas interpretacións, por exemplo: eu cheguei cun oco nas frontes e na man / pra atopar
a indefinición das suas craridades navegantes.

2. Que función cumpre o interrogante final?


É unha apelación que cumpre a función de incluír ao receptor dentro do texto.

3. Que sentimentos quixo expresar o autor con este poema? Intentou xustificar algo?
Quixo expresar o seu encadre xeracional, pois naceu nun momento histórico de profundas
transformacións, de conflitiva convivencia do vello tradicional (as zocas, por exemplo) co novo
futurista (o aeroplano, por exemplo).

Tamén quixo explicar a súa vocación literaria, pois sinala que naceu cun oco nas frontes e na man para
atopar o nome preciso a doce cousas que aínda non o tiñan...

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
179
Unidade 10
Si miña señor á i-alba da Arousa beilar
poñereille, belida, un ventiño no mar.
A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor


e unha longa soedade coma a da mar maior,
A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Na illa Cortegada poñereille un galán


por pastor das mareas co seu remo na man.
A dorna vai e ven
que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría


e unha avelaneira no medio do día
A dorna vai e ven
que meu amor ten!

1. Localiza neste texto os elementos formais e temáticos que o vinculan coa lírica galego-portu-
guesa medieval.
• No nivel formal presenta estrofas de dous versos (dísticos), moi habituais nas cantigas de amigo
medievais, e un refrán tamén de dous versos.
• O uso de pezas léxicas empregadas amplamente na lírica medieval: miña señor, á i-alba, beilar,
belida, avelaneira.
• No nivel de contido podemos sinalar a temática amorosa e a importancia da ambientación na
natureza.

2. Analiza a súa estrutura, a súa métrica e a súa rima.


As estrofas son pareados de versos alexandrinos.
Os dous versos que forman o refrán teñen xustamente a metade de lonxitude, son heptasílabos, que
tamén riman entre si.
En todos os casos a rima é aguda.

Páx. 259

EUGENIO MONTES

Good-bye, Galicia –Verbas ó C. F. M.–


Na Galicia aínda hai lúa porque aínda non hai negros
-eu xa os vin en New-Orleans violándoa en camisa
no intre que na fogueira do jazz os antropófagos
a carne do silenzo cocían coa súa risa.
Na Galicia aínda os merlos baixan beber ós ollos
porque os klaxon non deixan en knock-out as esquiñas,
mais xa en París as casas de seguros de viaxe

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
180
Unidade 10
non pagan prima de paisaxe ás anduriñas.
A ría ó sol é rosa. Nela liban as gaitas
o mel das súas cántigas e a sede do roncón,
mais Deus ten contratado, pra o xuicio derradeiro,
unha banda de arcanxos con baixo e saxofón.
Galicia é inxenua, aínda, como un real de sardiñas
porque as olas en Moaña non ouviron de Freud,
mais ti i-eu xa fumamos o Lucki Strike do Sena
e hai que darlle a Esculapio un chapeu de cow-boy.

1. Que visión de Galiza transmite o poeta?


A visión que ofrece é a dun país idílico, sen “contaminar” polas novidades da civilización
occidental.

2. O poema está inzado de estranxeirismos. Localízaos. Que función cres que desempeñan?
New-Orleans, klaxon, knock-out, Lucki Strike, cow-boy.
A función que cumpren é a de provocar estrañeza, alleamento. Dese xeito contrasta aínda máis coa
realidade coñecida e sinxela que representa Galiza.

3. Indica que imaxes presentes no texto son de traza hilozoísta.


aínda hai lúa porque aínda non hai negros / -eu xa os vin en New-Orleans violándoa
os klaxon non deixan en knock-out as esquiñas
as casas de seguros de viaxe
non pagan prima de paisaxe ás anduriñas
as olas en Moaña non ouviron de Freud

4. Hai algún aspecto formal no poema que o vincule á poesía “tradicional”, non vangardista?
A métrica e a rima. O poema está formado por catro estrofas de catro versos cada unha.
Estamos ante versos alexandrinos (14 sílabas) que presentan o seguinte esquema de rimas:
-A-A -B-B -C-C -D-D.

Páx. 259-260

RAFAEL DIESTE

“O neno suicida”
Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sen
dereita- falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca
mariñeira e dixo:
—Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedores de augardente, os
cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento.
—Eu sei a historia dese neno –repetiu o vagamundo-. E, tras dunha solerte e ben medida pausa,
escomenzou:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
181
Unidade 10
—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e
recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vellor era un recén nacido. Antes de saír do
ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de
mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A noso señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba?
Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme,
fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a
terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro.
De cómo despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como
aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono diante do xuíz coma
se tivesen sido testigos: Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns
ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron.
O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as
monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos.
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo
dúas veces; da segunda tan amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que fora miragre da
Virxe.
Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta aquela extraña condición
que o facía máis mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén –non sendo un ou dous
amigos fieles– podería vivir mellor a súa verdadeira vida.
Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis
feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis ás mozas e andou enliado con moitas e coas máis
bonitas. E ata disque dunha princesa... Pero diso non estou certo.
Cando chegou a neno escomenzou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar
tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ó longo
de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos
ollos e o almibre nos beizos. A derradeira vez que o topei –tiña el oito anos- andaba moi triste. ¡Pesaban,
ademais, tanto no seu esprito de neno os recordos da súa vellice!
Logo escomenzou a lle escarabellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos
recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois... ¡Quen sabe
o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, cunha sonalla de axóuxeres na manciña tenra.
E ó remate... ¡Ou! O remate podía ser de espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse
no seo da señora rica –poida que cando ela durmise- para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha
sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente...
O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargurado.
Ó cabo dixo:
—Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.
Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño, surrían e dubidaban. O taberneiro negaba.
Cando todos desortían máis afervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose
a mirar a todo arredor cos ollos moi abertos. O vagamundo desaparecera sen pagar.

1. Analiza a modalización narrativa do relato. Cantos narradores hai? Caracterízaos. Hai narrata-
rios?
En “O neno suicida” aparecen dous narradores. Os dous son heterodiexéticos. Estamos perante
narradores en terceira persoa, omniscientes neutrais, xa que coñecen todos os elementos das historias
e mesmo os pensamentos dos personaxes.
O narrador 1 di, ao final do relato: Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño,
surrían e dubidaban. O taberneiro negaba.
O narrador 2 ten as mesmas características (coñece os detalles e os pensamentos e sentimentos dos
personaxes): Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do
camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
182
Unidade 10
nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor
ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro.
A diferenza que presenta en relación ao narrador 1 é que este segundo é personaxe da historia contada
polo primeiro:
(...) falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da
tasca mariñeira e dixo:
—Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular.
Non temos datos sobre os narratarios da historia que relata o narrador 1, pero si dos narratarios da
que relata o segundo. Son referidos deste xeito: Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de
albariño, surrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Son polo tanto, os outros personaxes da historia
que conta o narrador 1.

2. Describe o tempo da historia e o tempo do discurso. Cal é a duración de ambos? Que indicado-
res temporais observaches que che permitiron analizalos?
O tempo do discurso é breve, tan só uns minutos. O tempo da historia que nos conta o narrador 1
coincide case exactamente co tempo do discurso, mentres que o tempo da historia que narra o segundo
é moitísimo máis extenso. Abrangue unha vida enteira, dende o nacemento do protagonista: Aquel
vello era un recén nacido... ata a súa morte: A derradeira vez que o topei –tiña el oito anos- andaba
moi triste.(...) Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz. Estes son os
indicadores temporais que nos permiten dicir que dura máis sesenta anos.

3. Sinala as anacronías que se producen ao longo da narración.


As anacronías prodúcense dentro da historia do narrador 2. Hai un salto do plano do presente da
enunciación cara ao pasado: Eu sei a historia dese neno (...) Alá polo mil
oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto... Estamos, xa que
logo, ante unha analepse.

4. Analiza o ritmo narrativo. É lento ou rápido? Que procedementos de selección atopamos?


O ritmo narrativo é rápido. Os procedementos de selección que atopamos son sumarios e elipses.
Un exemplo de sumario témolo no seguinte fragmento: Así foi que, co seu consentimento, formouse
no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do
home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai pariu. Pariu un vello en
coiro.
Estoutro fragmento é tamén sumarial:
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes
estivo dúas veces; da segunda tan amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que
fora miragre da Virxe.
Son múltiples os exemplos de elipses:
· Pariu un vello en coiro.
· De cómo despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa.
· Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba
máis ás mozas e andou enliado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque dunha princesa...
Pero diso non estou certo.
· Cando chegou a neno escomenzou a vida a se lle ensarillar.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
183
Unidade 10
5. Valora a importancia do espazo na configuración da narración.
O espazo diferencia as dúas historias. A historia do narrador 1 desenvólvese nunha taberna. A historia
do narrador 2 desenvólvese en diferentes espazos:
· o camposanto: Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír
do camposanto florido e recendente;
· a cidade: Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle
botaren unha capa enriba, levárono diante do xuíz...;
· o hospital: O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e
mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo;
· Lourdes: Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces;
· e outros lugares indeterminados.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
184
Unidade 11.

Páx. 261
Cos meus catorce anos recén cumpridos fuxía no mes de decembro do 36, coa miña nai e meus irmáns
cara ó exilio. Coido que as derradeiras imaxes que levaba comigo eran as destas dúas illas, que foran
Lazareto e que, nese intre, eran cárcere para centos de homes, entre eles algún familiar meu, que
durmían amoreados despois do reconto obrigatorio. Eran homes que tiñan ideais, que desexaban un
mundo máis xusto, que a súa terra ademais de beleza puidera procurar medios de vida máis dignos, que
as xentes non se viran obrigadas a emigrar a América, nin a Europa, nin sequera a Canarias.
Votaran pola Fronte Popular no mes de Febreiro e en Xuño, volveran a facelo no Plebiscito a favor
da Autonomía. Mais, de pronto, chegou “a longa noite de pedra” -que diría Celso Emilio- e todo se
transformou. Este era o reino do medo de día, e aínda máis pola noite. Moitas verbas cambiaron de
significado: os paseos, os xuízos, as sentencias, o monte. E todos eses nomes convertéronse en pesadelos.
E pasaron anos e anos. E hoxe aquí estamos tratando de recuperar a espranza e a memoria. (...). O futuro
precisa que non se esqueza a ninguén, que todo o pasado teña o seu lugar na historia presente, que a
coñezamos todos, que os rapaces e rapazas a aprendan na escola, nos seus libros escritos con verdade,
como exemplo do que nunca debeu ocorrer. Estas ideas son o presente, o presente que queremos para
as novas xeracións, que sexan máis cultas, máis xenerosas, que se sintan orgullosas da súa terra e que
axuden a manter o seu futuro de dignidade.
Mariví Villaverde. Na lembranza das vítimas da guerra civil.

1. Indica o tema, a intención, a situación e os destinatarios deste discurso de Mariví Villaverde na


Illa de San Simón. Explica brevemente por que ten a propiedade da adecuación comunicativa.
• Tema: A importancia de conservar e transmitir a memoria sobre a guerra civil para construír unha
sociedade xusta e consciente.
• Intención: Convencer.
• Situación: Acto formal de homenaxe ás vítimas da represión na guerra civil e na ditadura.
• Destinatarios/as: Directos: persoas que participaron no acto. Indirectos: toda a sociedade galega e
todos os lectores e lectoras do discurso reproducido por escrito.
Este discurso ten a propiedade da adecuación comunicativa porque tanto o nivel de lingua que emprega
(as escollas léxicas, a corrección gramatical, a sintaxe complexa e correcta) como a construción da
estrutura textual son totalmente axeitadas para unha situación formal e un discurso dirixido a persoas
dun nivel cultural elevado.

2. Pescuda información sobre a autora.


Resposta aberta.
Pódese atopar información, entre outras, nas páxinas
http://caladinhos.blogspot.com.es/2012/03/marivi-villaverde.html
http://praza.com/movementos-sociais/620/marivi-villaverde-e-insoportable-ver-como-se-vai-
desfacendo-esta-sociedade/

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
185
Unidade 11
3. Redacta un texto en que reflexiones sobre a necesidade de coñecermos a verdade histórica para
podermos vivir con xustiza e liberdade.
Resposta aberta.

4. Os verbos sinalados en negriña teñen alternancia vocálica no Presente de Indicativo. Achega seis
exemplos máis e conxúgaos nese tempo.
DURMIR: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen
SUBIR: subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben
BULIR: bulo, boles, bole, bulimos, bulides, bolen
Tamén: acudir, cuspir, cumprir, lucir, muxir, sacudir...
MENTIR: minto, mentes, mente, mentimos, mentides, menten.
SEGUIR: sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen
SERVIR: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven
Tamén: ferir, malferir, perseguir, consentir...

I. A LINGUA GALEGA DURANTE O FRANQUISMO


(1936-1975)
Páx. 267

1. Despois de leres o apartado 1 desta unidade, prepara unha exposición oral achegando argumen-
tos para rebateres a idea de que en Galiza apenas afectou a guerra civil.
Resposta aberta.
Pódese ter en conta a información ofrecida no propio libro de texto:
A represión desatada polo bando franquista foi planificada e brutal, instaurando un réxime de terror;
Galiza funcionou como despensa de alimentos, roupa, diñeiro, soldados etc., para a zona franquista, o
que agravou a situación de enorme penuria. En poucos lugares do Estado se deu unha represión tan forte
como en Galiza. Producíronse máis de oitocentos fusilamentos sumarísimos, entre eles o de Alexandre
Bóveda, dirixente do PG. Arredor de cinco milleiros de persoas foron asasinadas nos denominados
“paseos” que realizaban os grupos falanxistas. A todo iso hai que engadir os encadeamentos, as
malleiras e torturas, as confiscacións de bens, os abusos sexuais, as queimas de bibliotecas e incautación
de fondos, como aconteceu co arquivo do Seminario de Estudos Galegos. Figuras emblemáticas e
decisivas da cultura galega como Ánxel Casal (propietario da editorial Nós e alcalde de Santiago),
Camilo Díaz Baliño (pintor), Vítor Casas (director do xornal A Nosa Terra), Roberto Blanco Torres
(xornalista), Xaime Quintanilla (dramaturgo e alcalde de Ferrol), Manuel Lustres Rivas (xornalista),
Johán Carballeira (xornalista, poeta e alcalde de Bueu) foron algunhas das vítimas dos “paseos”.

2. Por parellas preparade unha presentación electrónica ou un vídeo sobre un destes tres temas:

a) A represión sufrida por figuras emblemáticas da sociedade e da cultura galega como Ánxel
Casal, Blanco Torres, Camilo Díaz Baliño, Vítor Casas, Xaime Quintanilla, Johán Carballeira e
Manuel Lustres Rivas e expoñede na clase o resultado dos vosos traballos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
186
Unidade 11
b) A intensificación do proceso de desgaleguización que se verifica durante o franquismo (fenó-
menos producidos e factores que os provocan).

c) As iniciativas a prol do galego nos anos 60.


Resposta aberta.

3. Elabora no teu caderno un esquema das principais actividades de promoción da lingua galega
que se levan a cabo nas décadas dos 40, 50 e 60.
Fins dos 40
• Os exiliados manteñen vivo o proceso de recuperación lingüística e cultural iniciado polas
Irmandades. Promoven a publicación de libros, a emisión de programas de radio no noso idioma,
a edición de xornais e revistas, a creación de grupos teatrais e musicais, a fundación de entidades
e padroados que manteñen vivo o interese pola personalidade diferencial de Galiza, a celebración
de numerosos actos culturais (recitais, conferencias, exposicións, concertos) etc.
• En Galiza, en 1947 dáse ao prelo a primeira obra poética de calidade escrita na posguerra: Cómaros
verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
• Nese mesmo ano comeza Otero Pedrayo a súa colaboración en galego co xornal compostelán La
Noche.
• Antes de 1950 aparecen varias editoras e coleccións de poesía que editan volumes en galego:
Benito Soto, Xistral, Monterrey, Bibliófilos Gallegos etc.
Anos 50
• O ano 1950 constituíuse en Santiago a Editorial Galaxia. O proxecto foi encabezado por Ramón
Piñeiro, xunto con persoas como Xaime Illa Couto e Francisco Fernández del Riego.
• A primeira publicación é Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas. O catálogo irase ampliando
con prosa, poesía, teatro, ensaio e mais con traducións para galego de autores estranxeiros.
• En 1951 aparecerá a colección Grial, clausurada pola censura no ano 52.
• A Revista de Economía de Galicia (1958-1968) serviu como canle de expresión do pensamento
galeguista desa época.
• No ámbito literario, Galaxia facilitou a publicación de obras de novos escritores e novas escritoras
a través da colección Illa Nova, dirixida por Xosé Manuel Beiras e Xaime Illa Couto.
• Perante este panorama de censura e falta de liberdades o Centro Galego de Bos Aires presentará en
1954, en nome dos seus case cen mil asociados, unha Denuncia diante da UNESCO da perseguizón
do idioma galego pol-o Estado Hespañol. A repercusión internacional desta denuncia fixo que o
réxime suavizase levemente a súa presión sobre as actividades culturais en lingua galega.
Anos 60
• Reaparece a revista Grial, en 1963.
• Instáurase o Día das Letras Galegas, a iniciativa da Academia Galega, co motivo da celebración
dos cen anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía.
• A prensa periódica vai incorporando timidamente o idioma galego nas súas páxinas e aparece unha
nova editorial: Ediciós do Castro, promovida por Isaac Díaz Pardo.
• As organizacións políticas nacionalistas nacidas nesta década (UPG e PSG) promoven a creación
de asociacións culturais coas que conseguen burlar a clandestinidade (O Galo en Santiago; O Facho
na Coruña; Asociación Cultural en Vigo; Amigos da Cultura en Pontevedra; Abrente en Ribadavia;
Auriense en Ourense; Francisco Lanza en Ribadeo; Sementeira en Viveiro...). Desprégase así
unha intensa e diversificada actividade, vehiculizada sempre en idioma galego: representacións de

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
187
Unidade 11
teatro, conferencias, recitais, emisións radiofónicas, mesas redondas, cursos de lingua, edicións de
xornais e revistas...
• A demanda de oficialización do idioma cobra cada vez máis forza en numerosos ámbitos da
sociedade. Moitas persoas novas educadas en castelán reintégranse agora ao uso do galego.
• Ten grande importancia simbólica a creación, en 1965, da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas
na Universidade de Santiago, a cargo do profesor Ricardo Carballo Calero.
• En 1968, fúndase o Instituto da Lingua Galega (ILG), coa misión de iniciar un labor de investigación
científica sobre o idioma.
• O movemento da Nova Canción Galega, impulsado polo colectivo de cantautores Voces Ceibes
(Benedito, Bibiano, Araguas...) emprega o galego nas súas cancións, moitas veces baseadas en
textos literarios. Artistas máis comerciais como Andrés do Barro, Ana Kiro, Juan Pardo, Pucho
Boedo e o seu grupo Los Tamara etc., contribúen á normalización do galego no ámbito musical.

***
Para o franquismo é máis importante (eficaz) crear unha atmósfera de medo, un clima de recelos, un
mesto tecido de sospeitas, de tal xeito que escribir en galego, que non está formalmente prohibido, se sinta
como un risco evidente. Tampouco estaba prohibido pronunciar conferencias na nosa lingua pero ninguén,
naquel entramado de cautelas, medos e ameazas, o fixo ata dez anos despois de terminada a guerra civil.
Xesús Alonso Montero, Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)

Non é un episodio anecdótico para un estudiante galego de Letras, na miseria moral e informativa daqueles
anos, establecer contacto coa biblioteca que contiña case tódolos libros escritos en lingua galega. Nada
sabía eu, fóra o nome de Curros e algúns poemas de Rosalía, das inquedanzas, dos compromisos e dos
soños que ducias de escritores estamparan naquelas páxinas. Aquela bibliografía - inxente e insospeitada
- eran as pezas dun discurso cultural que eu ignoraba e coma min, tantos e tantos universitarios galegos
(…). Esa parcela do universo cultural, a miña, que tan eficazmente nos secuestraran, descubrina un día na
biblioteca dun Inspector galego que residía en Madrid.
Xesús Alonso Montero, Ensaios breves de literatura e política

a) Segundo Alonso Montero, cales son os medios que empregou o franquismo para reprimir efi-
cazmente o uso do galego?
O principal mecanismo foi crear unha atmosfera de medo e de receo, de tal xeito que quen quixer
escribir en galego ou empregalo en contextos cultos e formais, sentise que esa decisión súa constituía
un risco, algo perigoso e mal visto, buscarse problemas e “significarse” negativamente na sociedade.
Así conseguíase, sen aparente prohibición expresa, que moi poucas persoas se atrevesen a facelo.

b) O autor fala sobre o grao de coñecemento da cultura e a literatura galega dun estudante uni-
versitario culto na posguerra. Cal era?
O coñecemento da cultura galega era practicamente nulo: o nome de Curros, algún poema de Rosalía...
Ignorábase todo acerca do período inmediatamente anterior á guerra, o que é tanto como dicir que
non se sabía nin da existencia das Irmandades da Fala, nin da actividade do Seminario de Estudos
Galegos, nin da existencia de editoriais (Céltiga, Lar, Nós...), nin da edición de múltiples libros,
revistae e xornais en que o galego se tiña usado como idioma de cultura. Toda a produción literaria de
preguerra estaba arrombada no esquecemento.

c) Pescuda na unidade como foi a represión en Galiza e, en concreto, a exercida sobre persoeiros
da cultura galega e sobre as súas iniciativas.
En poucos lugares do Estado se deu unha represión tan feroz como en Galiza. Producíronse máis de
oitocentos fusilamentos tras xuízos sumarísimos, entre eles o de Alexandre Bóveda, dirixente do PG,

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
188
Unidade 11
e calcúlase que arredor de cinco milleiros de persoas foron asasinadas nos denominados “paseos” que
realizaban durante a noite as escuadras falanxistas.
Figuras emblemáticas e decisivas da cultura galega do período anterior foron vítimas desa represión,
como Ánxel Casal (propietario da editorial “Nós” e alcalde de Santiago), Camilo Díaz Baliño (pintor),
Vítor Casas (director do xornal A Nosa Terra), Francisco Miguel (pintor), Roberto Blanco Torres
(xornalista), Xaime Quintanilla (dramaturgo e alcalde do Ferrol), Manuel Lustres Rivas (xornalista),
Johán Carballeira (xornalista, poeta e alcalde de Bueu), Matías Usero (xornalista), Urbano R. Moledo
(dramaturgo), Xavier Soto Valenzuela (dramaturgo), etc.
A todo isto habería que engadir os encadeamentos, as malleiras e torturas, as multas, as confiscacións
de bens, os abusos sexuais, as queimas de bibliotecas e incautación de fondos, como aconteceu co
arquivo do Seminario de Estudos Galegos, etc.
As saídas a este panorama atafegante foron: o exilio, fuxir ao monte, esconderse durante anos, tratar
de pasar desapercibido ou simplemente arranxar un castigo máis ou menos benigno a cambio de
aceptar a nova situación.

II. A literatura galega na diáspora


Páx. 279

1. Elaborade un mural para expoñerdes nos espazos comúns do voso Centro sobre os principais in-
telectuais do exilio galego. Facede unha ficha sobre cada un deles e achegade unha foto de xeito
que construades un mosaico de imaxes e textos. Algúns deles poden ser Luís Seoane, Lorenzo Va-
rela, Arturo Cuadrado, Maruja Villanueva, Mariví Villaverde, Ramón de Valenzuela, Alonso Ríos,
Rafael Dieste, Emilio Pita, Xesús Bal y Gay, Carlos Velo, Luís Soto, Ernesto Guerra da Cal, Castelao,
Blanco Amor etc.
Resposta aberta.

2. Preparade un recitado colectivo do poema de Luís Seoane “A ponte de Brooklyn” publicado en


Fardel de eisilado en Bos Aires en 1952.
Resposta aberta.

3. Pescudade na páxina da Fundación Seoane http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/gl


información sobre as facetas plásticas do autor e facede unha síntese coa información obtida
para expoñela oralmente na clase.
Resposta aberta.

4. Facede na clase unha lectura dramatizada dalgún fragmento de Os vellos non deben de namo-
rarse.
Resposta aberta.

5. Pescuda en internet os traballos plásticos de Castelao para Os vellos non deben de namorar-
se. Podes consultar as seguintes páxinas: https://es.pinterest.com/pin/250301691765264517 e
https://www.youtube.com/watch?v=AqL7zPPJcaw. Onde se conserva este material?
No museo Carlos Maside de Sada.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
189
Unidade 11
6. A música que ten de fondo o vídeo do exercicio anterior é a interpretación que Dulce Pontes e
Carlos Núñez fixeron da canción que Castelao recreou para o primeiro lance. Pescuda información
sobre esta composición en http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/450/1/pg_291-
316_estrada10.pdf e fai un esquema-resume da información máis relevante que nel atopes.
Resposta aberta.

7. Despois de leres con atención o apartado de literatura da Unidade 11 responde individualmente


as cuestións da seguinte ficha:
a) Enumera as principais iniciativas levadas a cabo pola comunidade exiliada para manter viva a
cultura e permitir a continuidade do galego como lingua escrita.
• A organización de toda caste de actos culturais: exposicións, conferencias, recitais, certames,
concertos, conmemoracións, cursos de idioma, mostras do libro galego etc.
• A fundación de varias editoriais: Emecé (1939, coas coleccións Hórreo e Dorna), Nova, Botella al
Mar, Alborada, Galicia, Citania etc. Os exiliados editan obras emblemáticas da nosa literatura como
o Sempre en Galiza (1944) de Castelao, A esmorga (1959) de Blanco Amor ou a Obra completa
(1959) de Cabanillas. En México editouse o volume Cancioneiro da loita galega (1943).
• A edición de xornais (Galicia, A Nosa Terra, Opinión Gallega), revistas (De Mar a Mar, Correo
Literario, Galeuzka, Galicia Emigrante, Eufonía, Saudade, Vieiros) e programas radiofónicos
como Sempre en Galiza, Recordando a Galicia ou Galicia emigrante. Destacan en México as
revistas Saudade (1942-1953), Loita (1943) e Vieiros (1959).
• A constitución de compañías dramáticas (Compañía Maruja Villanueva, Compañía Boga-Tacholas,
Teatro Popular Galego de Blanco Amor), que protagonizan a estrea de pezas teatrais como Os
vellos non deben de namorarse de Castelao e as Farsas para títeres de Blanco Amor e de grupos
músico-corais (Coral Os Rumorosos, Coro de Lembranzas Ultreya, Coral Terra Nosa).
• A constitución de diversos organismos e entidades para a promoción da nosa cultura: o Patronato
da Cultura Galega (México e Montevideo); o Instituto Argentino de Cultura Gallega; a Asociación
Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas (AGUEA); a Asociación Argentina de Hijos de
Gallegos, o Patronato da Cultura Galega de México etc.
• A presentación dunha denuncia diante de organismos internacionais como a UNESCO (1954)
sobre a persecución que da cultura e do idioma galegos perpetraba acotío o réxime franquista.
• A celebración en xullo de 1956 na capital arxentina, por iniciativa do Consello de Galiza, do
Primeiro Congreso da Emigración Galega. O seu Temario e Regulamento foi redixido por Lois
Tobío e asistiron máis de 130 delegados de sociedades galegas de todo o mundo.

b) Cales son as principais características da poesía de Luís Seoane?


• Estilo realista, ás veces case xornalístico. É unha poesía discursiva, lóxica, sen metáforas, sobria
e, con todo, chea de forza e de paixón comunicativa.
• Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración, tratado como a grande
epopea anónima e colectiva do pobo galego e contado desde a perspectiva dos emigrantes mesmos
(historia de Ramón Cernadas, na Patagonia; traballadores galegos na ponte de Brooklyn; “Se vende
un gallego” etc). Ao lado desta esculca lírica sobre o pobo emigrante rexistramos unha visión
mítico-reivindicativa da historia de Galiza, con dous instantes estelares: o celta (“Os torques”) e o
medieval irmandiño.
• Escaseza de poemas líricos e persoais, onde fale o eu de Seoane.
• Dominio do verso longo, case prosaico, seminarrativo. Despreocupación pola ornamentación do
poema en aras da emoción que quere transmitir.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
190
Unidade 11
c) Cita os dous poemarios de Lorenzo Varela e sinala os trazos máis destacados de cada un deles.
Publicou con Seoane Catro poemas pra catro gravados, tamén coñecido como María Pita e tres
retratos medievais (1944). Retrata o pasado histórico de loita das clases populares, certas figuras
emblemáticas ou míticas da Galiza medieval (María Balteira, Roi Xordo, o bispo Adaúlfo).

En 1954 edita o seu poemario cumio, Lonxe, con gravados de Seoane e prólogo de Cuadrado. As
vivencias tráxicas da guerra civil e a saudade da Terra desde a vivencia do exilio, xunto co pasado de
loita das clases populares, son os temas centrais nesta obra.

Ambas están feitas cun esmero formal impecábel.

d) Que outros poetas destacaron no exilio?


Emilio Pita (A Coruña, 1909-Bos Aires, 1981) cos poemarios Jacobusland (1942) e Serán (1974);
Ernesto Guerra da Cal (Ferrol, 1911-Lisboa, 1994)cos poemarios Lúa de alén Mar (1959) e Rio de
sonho e tempo (1963) e Eduardo Blanco Amor (1897-1979) co seu Cancioneiro (Edicións Galicia,
1956).
Aínda cabería citar outros moitos autores como o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, o poeta
de Laxe Antón Zapata García, o muxián Xervasio Paz Lestón, o ourensán Xosé Conde ou o
padronés Ramón Rei Baltar.

e) Explica por que Castelao afirmaba que Os vellos non deben de namorarse é “unha obra imaxi-
nada por un pintor e non por un literato”?
Porque responde á idea do teatro como un espectáculo estilizado e integral (“síntese artística”), que
reúne texto, escenografía, música e danza.

f) Que dúas liñas estéticas e temáticas podemos distinguir no teatro de Blanco Amor? Como se
titulan os volumes onde recolle as obras pertencentes a cada unha delas?
a) Teatro innovador e progresista.
As Farsas para títeres son obras non realistas, moi imaxinativas, de ritmo rápido e grande forza
expresiva, cheas de elementos fantásticos e satíricos, no ronsel do esperpento valleinclaniano e
do teatro do absurdo europeo (Ionescu, Cocteau...). Están pensadas para un público cultivado
e transmiten uns valores socialmente progresistas. Nelas preséntanse contidos antirracistas,
arremétese contra a violencia machista, critícase a cobiza, deféndese o amor carnal e realízase
unha afirmación da vida humana fronte ás condenacións bíblicas e ás promesas de eternidade
ou salvación espiritual: Romance de Micomicón e Adhelala; Amor e crimes de Juan el Pantera;
Falsa morte e certa morte de Estoraque o indiano; A verdade vestida; Un refaixo para Celestina
e Anxélica no umbral do ceo.

b) Teatro popular.
O volume Teatro prá xente consta de catro pezas e tres contos escénicos: O cantar dos cantares,
Fas e nefas, A carauta; Os baralláns, A medosa Blandina, A lebre das ánimas e A tía Lambida.
Todas elas encádranse no realismo costumista, sendo en xeral menos orixinais que as farsas. Como
principais virtudes cabe salientar a calidade dos diálogos e a recreación de personaxes tomados do
rural galego. O propio Blanco Amor sinalou que estaban pensadas «para a xente do noso pobo»,
isto é, para un público pouco afeito a ler ou a ver teatro.

g) Que temas aborda Seoane na súa obra O irlandés astrólogo?


O protagonista, un católico irlandés do s. XVII chamado Patricio Sinot, ten que fuxir do seu país e
logra estabelecerse como catedrático na Universidade galega, mais sofre a persecución da Inquisición
ao ser denunciado por dous dos seus discípulos. Despois de interrogatorios e tormentos, resulta

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
191
Unidade 11
condenado a un novo desterro. A peza aborda, pois, o drama dos exiliados (en realidade, o drama
persoal do propio autor) e o conflito entre o poder e a liberdade do individuo.

h) De que tratan as novelas Era tempo de apandar e O siñor Afranio? Quen son os seus auto-
res?
En Era tempo de apandar un eu protagonista (Ramón de Valenzuela) relata a súa vida no exilio
francés, a repatriación forzosa, a pasaxe polas cadeas franquistas de Burgos e Ávila e o regreso ás
terras galegas de Trasdeza, onde se dedicará ao traballo nas minas de volframio da zona.
O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte (1979), subtitulada “Memorias dun
fuxido”, Antón Alonso Ríos relata memorialisticamente os vinte meses que botou percorrendo a
Galiza de Franco disfrazado de esmolante portugués e a súa posterior fuxida cara ao exilio.

i) Cales son os principais ensaístas do exilio?


Castelao, Luís Seoane, Lois Tobío Fernández, Antón Alonso Ríos, Xosé Núñez, Bieito Cupeiro e
Xerardo Álvarez Gallego.

Páx. 280

LUÍS SEOANE

Noso pobo
Un pobo vivindo na anarquía
dende fai mil anos.
Antre embargos,
vilanías,
benzoarios,
herdanzas,
repartos.
Despoxado polos señores.
Abarreirado nas montañas,
polo océano.
Perdurando polo sexo e a intuición
á porta da Historia
sin decidirse a entrar nela.
Chuchado polo desespero,
sin berralo.
Mixturado ca leña,
a palla, o gando.
En loita co vento e as choivas,
o penedo e a mar.
Un inmenso corpo, este pobo,
en parrafeo permanente cas pantasmas familiares.
Calmo.
Desarraizándose.
Resistindo as contrariedades,
o falso testemuño,
a derrota.
Vendo medrar as súas fatalidades.
Os coutamentos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
192
Unidade 11
As cautividades.
Un pobo, o noso,
vivindo en sí mesmo.
Esmagado cen veces en mil anos
e dondamente afirmándose
na propia terra e lonxe de esa terra.
Noutras terras.

Celsa R.I. aforcouse en xulio do 74


Celsa R. I. pendurouse dunha viga.
Aforcouse nun alpendre.
Profesión: pescantina. Estado: viuda.
Ós coarenta e cinco anos xa era vella.

Cómo brúa a mar.


Qué negra noite, Celsa R. I.
O vento bate a porta aberta do alpendre
e abana paseniñamente teu corpo.
Renxe a viga.

Cando nena, o pai mariñeiro


contáballe a Celsa R. I. dunha onda roxa
no mar, cun anxo sentado enriba.
Tamén da estadea azul cun pano branco
perpetuamente ergueita na mesma rocha
que enfeitizaba ós mariñeiros.
O pai de Celsa R.I. falaba de encantamentos.
Non falaba da súa vida.
Tampouco o fixera o seu home. Afogado,
naufragou nun barco de pesca.
¿Que se ten de falar da vida dun mariñeiro?

Celsa R.I. vivía nunha aldea de vellos e nenos.


Illada, soia, medoñenta.
Tampouco tiña nada que falar de sí.
¿A quen lle podía importar Celsa R. I.
nunha terra maldita, de xentes emigradas,
rillada polos usureiros,
apremeda dende lonxe polos burócratas?

Celsa R.I. traballadora no peirao,


aforcouse.
Non a levou nengún anxo da terra.
Non a enfeitizou nengunha estadea azul.

Cómo brúa a mar...


Qué negra noite, Celsa R. I.
O vento bate a porta aberta do alpendre
e abana paseniñamente teu corpo.
Renxe a viga.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
193
Unidade 11
Páx. 281

Dende o Highland Princess Outono 1949


Nos llevarán las ondas no con bolsas repletas,
no con sacos de oro ni tanques ni aviones.
Nos llevarán con lo que siempre llevamos:
un morral, un cayado y unas tablas de amor”.
J. Moreno Villa

Dende o combés de terceira do Highland Princess


vexo a túa costa, Galiza. As rochas sobervas
do bruante, aceirado Finisterre, que fechan
os meus lares familiares que os avoengos deixaron de protexer.
I-escoito as voces amaldizoadas dos teus carceeiros
e as gargalladas asesiñas dos teus verdugos.
Cada vaga que se achega ao barco semella
o brazo irmán ergueito, de home ou de muller,
que ao xordo ceo desasperado esixe libertade e xustiza.

Decontado espiliron elas na miña lembranza,


feitos crudeles non contados aínda por ninguén,
feras verbas dende entón xamais ditas nin escritas,
esquecidas historias de noxías desespranzas anguriosas
que pola túa presenza voltan á miña memoria.
Vexo coma estadeas percorrer polo ar, en ringleiras,
aos parentes próisimos, aos amigos queridos, mortos,
ou si vivos, somidos en espesas, mouras tebras,
e acarón deles sinto que se xunguiron pra sempre
á miña vida pasada, o meu presente vivo e o meu porvir.

Ises mortos teceran no seu corazón, coma nós,


xenerosas espranzas pra todol-os homes, novos pensamentos,
o mesmo que aqueles que, condanados ao silencio,
aínda viven esquecidos nas túas témeras cárceres,
agachados coma alimañas nas covas sobrosas dos montes
ou atobados, arredados de sí mesmos, polas afastadas rúas.

Por iste vento gris que agora fostrega a miña faciana,


o mesmo que fai marmuriar os teus boscos e as túas catedraes,
escoito ises craros, grandes, balbordos anceiosos
que veñen do fundo das túas entranas, aleivosamente feridas,
e isas longas riseiras tolas, sombrizas coma oubeos.

Desagarimado saín da longa noite en que te sumiron, Galiza,


e aínda sentindo orgulo da túa groria popular, antiga,
da túa terra verde xurdida do océano, das túas pedras venerábeis,
volto cara un lonxano cabo do mundo, un país estrano,
onde outros fillos teus, meus irmáns, erguen cibdades,
irmandados no traballo cos homes doutros povos edosos,
a vagar esquecido e senlleiro entre as somas máis mestas.

Doorido, dende o combés deste barco, véxote debruzada ao mar.


Mais un día voltarei, derrubado e á vez afirmado polo tempo, en moitedume,
con todol-os que erráneos coma eu andan esparexidos polo mundo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
194
Unidade 11
Páx. 282

As ratas
Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.

1. A poesía de Luís Seoane destila en moitos versos compromiso cívico, político e social. Le aten-
tamente os poemas desta escolma e elabora unha lista dos temas socio-políticos que lle serven
de inspiración
• A represión franquista: os mortos, os fuxidos, os procesos trucados
• O triunfo da destrución que supuxo a ditadura.
• O exilio.
• A emigración.
• A represión ideolóxica e misóxina no tempo da Inquisición.
• As condicións de vida das mulleres das clases populares.
• As condicións de traballo dos mariñeiros.

2. Explica que sentimentos embargan ao poeta cando escribe o poema “Dende o Highland Prin-
cess”.
Os sentimentos que articulan o poema son:
• A saudade da terra da que foi expulsado pola barbarie franquista.
• O desexo de xustiza.
• A dor polos mortos e represaliados (no interior e no exilio).
• O desexo de voltar.

3. O poema "Celsa R.I...." está feito cun estilo propositadamente prosaico, próximo ao da lin-
guaxe dos xornais. Localiza no texto fragmentos e recursos que respondan claramente a esta
intención do autor.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
195
Unidade 11
O poema, como se dunha noticia xornalística se tratase, responde aos seis W do xornalismo.
Quen? Celsa R.I.
Que? Aforcouse
Cando? En xullo do 74
Onde? Nun alpendre
Como? Pendurouse dunha viga
Por que? Porque lle afogara o home no mar, levaba unha vida dura e solitaria.

Este texto presenta unha grande forza lírica e emotiva; no entanto, no vocabulario empregado
predominan os substantivos de tipo obxectivo: viga, alpendre, profesión, pescantina, estado... Apenas
aparecen adxectivos nin palabras que remitan ao mundo íntimo e subxectivo.

LORENZO VARELA

A Rui Xordo
Aramos sobre os mortos nesta terra
e o noso pan ten un sabor a osos
familiares, irmáns. O monte berra
baixo do arado, e chámannos os nosos

desde a morte con voces conocidas:


“Nin marqueses, nin cregos, nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas,
nin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortos


e quen queira ser dono desta terra
que veña navegando aos nosos portos.

Os que pidan o fruto sin labores,


si non morren de seu, morran de guerra,
e desta terra, así, serán señores”.

Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados


¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos rubir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de todol-os segredos,
a canzón da herba que resucitou.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
196
Unidade 11
Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei aquí, lonxe das vosas sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
1. O poema "Roi Xordo" explicita certa mensaxe ideolóxica. Cal é? Quen a transmite? A quen vai
dirixida?
A mensaxe do poema ten como emisores os mortos, os antergos, que traballaron para mellorar a terra
e a vida. O seus destinatarios son as galegas e galegos do presente.

2. Cal é o tema principal do poema "Compañeiros da miña xeración..."? Con que metáforas cons-
trúe o autor o seu significado?
A dor pola morte a mans do fascismo de mozos cheos de ilusións e de proxectos e a esperanza nun
novo tempo de liberdade.

A ilusión das vidas mozas constrúeas o poeta a través de metáforas como: Facíamos un feixe de
campos e de estrelas/ e ó pisar ise chao que latexaba/ sentiamos rubir pola sangue o misterio. O noso
corpo era o camiño da maxia,/ escada pola que viña a lúa,/ o zume de todol-os segredos,/ a canzón
da herba que resucitou.

A esperanza no final da ditadura e a represión exprésase así: E gardo (...) no centro do silenzo, da
sede, da agonía / o día que vos poda levar á sepultura/ unha cesta de pombas e mazás.

Páx. 283

EMILIO PITA
O meu paisán é o turco da rúa Reconquista,
o italiano mareiro que alporiza na Boca,
o xudeu que rebule por Pasteur e Corrientes.
Todos os meus paisáns, que todos achegamos
dise país de néboa que chámanlle gringada,
isa terra que ten a fronteira no vento.

*
Cando a Terra deixamos
por outra, sempre tan lonxana,
vai con nós isa arela
de voltar, que enxamais se acada.

O meniño que deixa


a cativa terra da infancia,
enxamais torna a ela.
Fícase soio coa lembranza.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
197
Unidade 11
Voltar para que atopen a faciana xa allea,
amoucida e vedraña sin a frol da surrisa
que bulía ao partir na gamela de néboa.

Voltar a ser na Terra outra volta emigrante,


soio, descoñecido polas xentes e as rúas,
a ter que repetir decote, ¿non me lembran?

*
Chamácheme unha vez,
e moitas veces,
cun son devagariño
que escoito amorriñado,
e sin poder tronzar
ista fondal raigaña de mar dulce.

Eiquí estou, Buenos Aires,


galego sin Galicia.

1. Le atentamente estes catro poemas de Emilio Pita e resume a súa visión da emigración.
Emilio Pita preséntanos un Bos Aires multiétnico, un punto de encontro de razas e culturas. Os seus
paisáns son turcos, italianos, xudeus.
A vivencia da emigración supón para o poeta a imposibilidade do regreso á terra da infancia, xa
que esta xa só existe na lembranza e porque o emigrante transfórmase de tal xeito que se converte
nun descoñecido: Voltar a ser na Terra outra volta emigrante. Por iso Emilio Pita cre que será para
sempre un galego sin Galicia.

Páx. 283-284

RAMÓN DE VALENZUELA

Fragmento de Era tempo de apandar


A Prisión Provincial de Ávila estaba nun edificio moi vello, como dixen, que debeu ser aproveitado por
Santa Teresa para unha das súas fundacións e non sei se feito polos canteiros dela. Tódalas paredes,
mesmo as interiores, eran de pedra.
No tempo da República, sendo Directora Xeral de Prisións Victoria Kent, decidiuse prescindir deste edificio
por inhóspito e por considerar que non tiña capacidade dabondo para que puidesen estar nel, coa mínima
dignidade humana, mais de vintasete reclusos, contando que viviran dous en cada cela de dous e medio por
tres metros e tres xuntos nunha máis grande para os que facían servicios internos tamén como reclusos.
No sitio deses vintasete había, o día que eu cheguei, nas doce celas, 1.200 (vouno escribir en letra para que
non se coide que é un engano) mil douscentos reclusos no sitio de vintasete.
O dormitorio de maior parte eran os anchos corredores que estaban onde daban as portas das celdas. No
toque de se deitar cada un tiña destinado seu sitio coma unha especie de aparcamento privado coa cabeza
xunta da parede e os pés que chegaban ás canelas do que estaba contra da parede de enfrente. Durmían
tan apegados que, se a calquera se lle ocurría dar volta pola noite, tíñana que dar tamén tódolos daquela
parede e, se calquera quería ir de noite ó retrete, tardaba unha chea de tempo en chegar para sortear os
sitios e ver de furar co pé polos que tiveran as pernas máis fracas ou máis curtas.
A min leváronme a unha cela de privilexio, unha das de dous na que somente estaban dez e comigo faciamos
once. Foi cuestión de clase social. Eu tiña estudos, viña de familias de certo aquel porque meu pai era
médico e eso tíñase en conta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
198
Unidade 11
En Ondarreta era distinto de Ávila. Os presos de Ondarreta pertencían, en grande parte, á clase media
acomodada, profesionais e comerciantes que militaban no Partido Nacionalista Vasco, eran católicos
devotos. Ás veces as monxas que gobernaban a prisión facían, algunhas delas, amaños cos presos para lles
levaren e traeren cartas, comidas e mesmo aparatos de radio. En Ondarreta entraban a diario máis de 150
paquetes de comida de restaurantes ou das casas dos reclusos; o trato, apoiado na venalidade de cáseque
todos os funcionarios, viña resultar levadeiro. Ademais o edificio era novo, feito expresamente para prisión
e había total limpeza da que se encarregaban os mesmos presos.
Ávila era outra cousa:
En Ávila a fame era realmente espantosa. Tíñase chegado a tal grao de desnutrición que moitos domingos,
na misa, obrigatoria e en formación, caía algún recluso por avitaminose.
Segundo os comentarios que se facían das mortes por fame ou por falla de comida axeitada, Ávila somentes
foi superada polo Penal de Astorga, onde caían a ducias en cada formación da misa dos domingos e festas
de garda, pero Astorga tiña unha poboación penal dez veces meirande do que a nosa.
Nestas misas había que estar en fía e en posición de firmes. Cando lle tocaba de oficiar a Don Teodoro, un
coengo da catedral, considerábamolo como unha sorte, mais cando o que viña era un crego da parroquia
á que pertencía o cárcere, aquelo era terríbel. Aquel malvado facía adrede ternos alí unha hora enteira
chamándonos asasinos, ladróns e cantos alcumes lle ían á súa mente depravada deica que vía caer redondo
algún dos presos.
A avitaminose facía destragos. Moitos reclusos andaban coas pernas envolveitas en farrapos, todas
inchadas e somente pasaban á enfermería un pouco denantes de morrer para seren trasladados ó cemiterio
de Mingorría (...)

Páx. 284-285

LUÍS SEOANE

Fragmento de O irlandés astrólogo (1959)


ESCENA I
A DONA.- Dádesme moita lástima, don Patricio. Se seguides pensando dese xeito, non acharedes acougo
en ningures.
PATRICIO SINOT.- Si, si, ben o sei. Son e serei por sempre un desleigado sen remedio; sereino, aínda que
agora mesmo decidira voltar ao meu país. É a sorte do exilado.
ÁUREA.- Tentade de esquencer e divertirvos.
A DONA.- Este é un país alegre, con xentes alegres.
ÁUREA.- Pode que aínda volvades a descobrir a vosa alegría.
PATRICIO SINOT.- Non, Áurea, non é posible. Non teño xa máis alegría que estes libros. Nacín nun mal
século e baixo un reinado rexentado desde o comenzo pola mesma morte. O rei Xacobo, un asesino; os seus
pais, asesinados; o seu tío Morai, asesinado; o conde de Lennox, asesinado. Mortón, o rexente, asesinado por
orde do mesmo rei. Irlanda, asesinada. A igrexa, asesinada. A Xacobo tanto lle ten firmar condenas de morte
como escritos eruditos sobre o dereito dos reis ou sobre poesía. É un asesino que estuda os reis de Grecia para
esquencer os crimes propios e xustificarse. É a morte herexe coroada de rei. Clemente VII e o voso monarca
non poden facer nada, seguramente por razóns políticas, que se opoña a esta morte, contra un rei como Xacobo
I, que disque aportou á civilización a moda de atar ao xionllo cunha cadeíña a punta do zapato.
ÁUREA.- Pero viñéchedes a este país para comenzar unha vida nova. Eso era o que decíades.
A DONA.- Si, víñades animado. Contento de volver a ter unha cátedra.
PATRICIO SINOT.- Viña animado, poisque coidei que non era pouco ter salvado a vida. Pero canto máis
nos arredamos do pasado, máis perto estamos del. O recordo... Aos homes mátanos a memoria.
ÁUREA.- ¿E como queredes fuxir do pasado? ¿Con eses signos? (Sinalando os cadros astrolóxicos).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
199
Unidade 11
PATRICIO SINOT.- Si, através dunha ciencia antiga.
A DONA.- É unha ciencia de engaño.
ÁUREA.- Unha ciencia herexe.
PATRICIO SINOT.- Áurea, non digades esa palabra. Todos podemos ser herexes. Esta é a ciencia
que engrandeceron Tico Brahe e Cardanus. Moitos Papas e emperadores cristiáns foron partidarios da
Astroloxía e mesmo protexérona. A igrexa aceptou a influencia sobre a terra das sete planetas de Tolomeo
e a correspondencia entre o macrocosmos e o microcosmos.
A DONA..- Non digades eso, Don Patricio. Estudade o que queirades, pero calade.
ÁUREA.- As paredes escoitan. Os sicarios do Santo Oficio espían astra polas fendas das paredes.
A DONA.- Se ben vos entendo, o mundo enteiro é un microcosmos para eles.
ÁUREA.- Os estudantes xa falan de vós.
PATRICIO SINOT.- ¿Que é o que poden decir? Paso a vida entre a cátedra, a igrexa e estes libros. Trato de
atopar o que Deus sinalou en cada ún dos seus fillos através da influencia dos astros que el mesmo criou.
ÁUREA.- A vontade de Deus, non se agacha tras números e signos.
A DONA.- Estades dicindo herexías, mestre Sinot.
ÁUREA.- Esculcar o porvir é unha herexía.
PATRICIO SINOT.- E a vós, ¿non vos prestaría que esculcara o voso porvir? ¿Pensades que os seres
humanos non quererían saber o que lles vai pasar mañá? ¡Se eu tivera sabido, hai moitos anos, cal iba ser
o meu destino! ¿Pensades que de ter coñecido a morte lenta que é o desterro non me deixaría matar en
Irlanda?
A DONA.- ¡Por favor, non digades eso, don Patricio!
ÁUREA.- Aquí sodes ben agarimado e podedes sentirvos o mesmo que na vosa patria.
PATRICIO SINOT.- Si, si, non é eso. Non é eso. Non é o mesmo.
A DONA.- Supoñemos que non é o mesmo. Aló tedes irmáns, parentes, amigos.
ÁUREA.- Aquí tedes amigos que son como irmáns.
A DONA.- Tedes vida e libertade.
PATRICIO SINOT.- Pero non comprendedes... Non é o mesmo. Non é igual. ¡Como houbera cambiado a
miña vida de eu ter coñecido o meu signo do zodíaco!
A DONA.- Ben, déixovos coas vosas cavilacións. Debíades saír máis, andar cos compañeiros, ver de pasalo
ben ¡Pero tedes un xorne imposible! (Sae)”.

1. Cal é o drama vital e humano que padece Patricio Sinot?


Patricio Sinot representa o drama dos exiliados: a pesar de ser aprezado, valorado e querido na terra
de acollida, sente que a súa vida é unha morte lenta, lonxe da súa patria.

2. Que ameazas inmediatas debe sortear no país que o acolle?


Canto máis se afasta do pasado, máis perto está del. Ademais, a súa ocupación como astrólogo
convérteo nun herexe, tamén na terra de acollida, onde o Santo Oficio segue a exercer control e
represión.

3. Tenta converter ou extrapolar determinadas referencias que hai no texto en alusións á España
de Franco. Cal é o resultado?
O rei Xacobo basea o seu reinado no crime e provocou o exilio de moitas persoas que fuxían da
represión e dunha morte segura, igual que aconteceu na guerra civil e na ditadura do xeneral Francisco
Franco.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
200
Unidade 11
Páx. 286

CASTELAO

Fragmento de Sempre en Galiza (1944)


(...) as nacionalidades hespañolas non pretenden independizárense, pero tampouco lles abonda c-unha
simple descentralización político-adeministrativa. O que queren é abolir o falso ideal común, creado
artificialmente, e arelan paralizar e deter a destrución sistemática dos seus particularismos, que lle dá
a Hespaña unha aparencia de nacionalidade xa constituída. Non queren, poño por caso, que dende as
escolas se siga decindo que os hespañoes somos da mesma raza, da mesma língoa, da mesma cultura e
civilización, e que nos xuntamos amorosamente n-unha patria única para conservar e transmitir este herdo
ancestral, porque semellante mentira ten por obxecto a castelanización de Galiza, Euscadi e Cataluña.
¿Podemos acaso xustificar e consentir que se maten as língoas nacionaes - o atributo máis esencial- para
subtituilas por unha lingoa de Estado? (...)
Chégase ao estremo de chamarnos “impatriotas” cando diñificamos a língoa do noso país e a consideramos
máis nosa que a língoa de Castela. A fobia dos casteláns contra Cataluña provén de que algunha vez foron
a Barcelona e viron alí que falaban todos en catalán (...) Nós, sí, atinamos a ver unha estreita relación antre
o sentimento de patria e o amor ás língoas nacionaes, porque aquel que despreza o idioma do seu país é,
realmente, un “impatriota”. Os cataláns, os galegos e os vascos serían antiespañoes se lle impuxeran o seu
modo de falar â xente de Castela; pero son “patriotas” cando aman a súa fala e non se aveñen a trocala
por outra. Nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser hespañol se
lle chame “separatista”; pero eu pergunto cómo debe chamárselle a un galego que non queira ser galego,
a un vasco que non queira ser vasco, a un catalán que non queira ser catalán. Estou seguro de que en
Castela a estes “impatriotas” chámanlle “bos hespañoes, “modelo de patriotas”, cando en realidade son
traidores a sí mismos e â terra que lles dou o ser. Eses sí que son separatistas.

1. O texto de Castelao presenta de xeito crítico varios dos ideoloxemas que configuran o pensa-
mento unitarista e centralista español. Localízaos.
O texto recolle os seguintes ideoloxemas do pensamento unitarista español:
• Os españois son da mesma raza, teñen a mesma lingua e pertencen á mesma civilización.
• Un galego, catalán ou vasco que defenda os seus sinais de identidade é antipatriótico.
• O bo español é o que defende a lingua e a cultura de Castela, concibida como a única veradeiramente
española.

2. Que argumentos emprega Castelao para contrarrestar eses ideoloxemas?


Castelao considera que a riqueza do Estado Español, de Hespaña (que Castelao escribe con H para
respectar a etimoloxía latina de Hispania, co que aparece representado tamén o iberismo que configura
o seu pensamento), está na súa pluriculturalidade e multilingüismo.
Os galegos, vascos ou cataláns que non valoran e defenden os seus idiomas, culturas e identidades son
traidores a si mesmos, desleigados e non “bos hespañois”.
Os casteláns son intransixentes. Esíxennos renunciar ao que somos para non sermos considerados
separatistas e criminais.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
201
Unidade 12.

Páx. 287
Ó se producir o alzamento militar, a “Carta autonómica” de Galicia estaba pendente do último
tramo constitucional para entrar en vixencia. Ou sexa, a da súa definitiva aprobación polas Cortes.
A brutal represión exercida desde os inicios do pronunciamento tivo fatais consecuencias para moitos
galeguistas. Os que sobreviviron, padeceron toda clase de persecucións. Desde a deposición dos seus
cargos profesionais, á inhabilitación para o exercicio dos seus traballos. Desde a incautación dos seus
bens, ó encarceramento arbitrario.
Un gran continxente de profesores universitarios viuse desposuído das súas cátedras. O Seminario de
Estudos Galegos, institución cultural de prestixio acreditado, foi disolto, incautados os seus fondos,
prohibidas as súas publicacións, arrapizada a importante biblioteca. O labor dos colaboradores, que
integraba a unha gran maioría da intelectualidade galega, viuse drasticamente tronzado. Tamén foron
desmanteladas as dependencias da Editorial Nós, consagrada á edición de libros galegos, de literatura,
arte, investigación..., así como á da gran revista de cultura do mesmo título. Nun acto de vandalismo,
queimaron e esmigallaron cantos volumes e orixinais figuraban na imprenta.
Francisco Fernández del Riego, A xeración Galaxia, 1996.

1. Ponlle un título axeitado ao texto.


Resposta aberta.
Unha proposta posíbel: “Estragos da guerra sobre a cultura galega”

2. Elabora un esquema das medidas represivas padecidas polo galeguismo que aparecen citadas no
texto e procura información sobre casos concretos que as exemplifiquen.
• Represión sobre os galeguistas que non foron asasinados:
· Inhabilitación profesional: Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Lois Tobío
Fernández, Manuel García Barros, Xosé Núñez Búa, etc.
· Incautación de bens: Castelao, Xerardo Álvarez Gallego, etc.
· Encadeamento: Carballo Calero, Ramón de Valenzuela, etc.
· Expulsión das cátedras e auxiliarías universitarias: Antonio Baltar (Medicina), Sebastián González-
García Paz (Arte), Xoán López Durá (Dereito), Ramón Martínez López (Filosofía e Literatura),
Osorio Tafall (Ciencias), Isidro Parga Pondal (Ciencias), etc.
• Represión sobre as actividades galeguistas:
· Sobre o Seminario de Estudos Galegos:
· Disolución do Seminario de Estudos Galegos.
· Incautación e rapina dos fondos do SEG
· Prohibición das publicacións do SEG
· Sobre a editorial Nós:
· Destrución das súas máquinas e dependencias
· Queima e destrución dos libros e revistas que se atopaban nelas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
202
Unidade 12
3. Explica o significado das palabras sinaladas en negra.
tramo.- Cada unha das partes ou etapas en que está dividido algo.
deposición.-Acción e efecto de depoñer ou depor. Destitución.
inhabilitación.- Acción e efecto de inhabilitar, ou sexa, de declarar alguén, mediante sanción, inapto
para certo posto.
incautación.-Acción e efecto de incautar, ou sexa, de apoderarse dos bens ou de algo que estaba en mans
dunha persoa.
arbitrario.- Que depende da libre vontade ou do capricho de alguén, que non está suxeito a regras ou
razóns.
continxente.-Parte con que contribúe cada unha das persoas que participan en algo común.
arrapizada.- roubada con violencia.
tronzado.- cortado provocando moita dor.
vandalismo.- Comportamento destrutivo.
esmigallaron.-Desfacer algo en migas ou en anacos moi pequenos.

4. Analiza sintacticamente o fragmento subliñado.


Nun acto de vandalismo, queimaron e esmigallaron cantos volumes e orixinais figuraban na imprenta.

Trátase de dúas cláusulas coordinadas polo nexo copulativo “e”.


SUX elidido: Eles/Elas
CCModo: fprep nun acto de vandalismo
PRED1: queimaron
NEXO: e
PRED2: esmigallaron
CD: cláusula de relativo: cantos volumes e orixinais figuraban na imprenta
NEXO relativo: cantos
SUX: estrutura coordinada de dúas frases nominais: cantos volumes e [cantos] orixinais
PRED: figuraban
CCLugar: fprep: na imprenta

I. A lIteratura galega de POSGUERRA:


a poesía
Páx. 301

1. Resume en tres enunciados a actitude do franquismo en relación coa cultura galega.


1. O franquismo, como réxime totalitario que foi, desprezou a cultura canto expresión de liberdade e de
tolerancia, como consecuencia exerceu a censura máis férrea sobre todo tipo de producións e actos
culturais.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
203
Unidade 12
2. Foi a expresión política da visión máis intolerante da España centralista polo que intentou a eliminación
sistemática das linguas e das manifestacións culturais que non encaixaban no seu modelo unitarista.
3. Provocou un colapso no sistema literario galego que tivo como consecuencia un silencio practicamente
absoluto durante tres lustros (1936-1950).

2. Elabora unha pequena ficha sobre as sete editoriais que impulsaron a recuperación da literatura
galega na posguerra.
1. A colección Benito Soto.
Creada en Pontevedra en 1949 por Sabino Torres e Emilio Negreira e Celso Emilio Ferreiro. Editou
unha decena de libros en galego ata 1951 representativos das principais correntes da posguerra
(culturalismo, hilozoísmo, neotrobadorismo, intimismo, Escola da Tebra...): Poemas de ti e de min
dos irmáns Álvarez Blázquez; Dona do corpo delgado, de Cunqueiro; Triscos, de Pimentel; Muiñeiro
de brétemas, de Manuel María...
2. Monterrey (Vigo,1949).
Impulsada por Xosé M.ª Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso. Publicou ata 1956 diversas obras
de autores novos e consagrados, como Otero Pedrayo.
3. Bibliófilos Gallegos (Santiago,1949).
Creada polos eruditos do réxime Filgueira Valverde e Sánchez Cantón.
Destaca pola publicación de obras de Ramón Cabanillas ou a primeira novela da posguerra: A xente
da Barreira, de Carballo Calero.
4. Editorial Galaxia (1950).
Escolle tamén Cabanillas para a súa estrea, con Antífona da cantiga.
Foi mpulsada por antigos membros do Partido Galeguista que apostan por unha vía exclusivamente
culturalista (Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto, Fernández del Riego etc.).
Promove os cadernos Grial (1951), a Revista de Economía de Galicia (1958-968), divulga a obra
de autores fundamentais (Castelao, Otero, Risco, Cunqueiro, Fole, Blanco Amor...) e abre en 1957 a
colección Illa Nova para facilitar a incorporación de autores novos ás letras galegas. No plano poético
destaca a súa colección Salnés, dirixida por Celso Emilio Ferreiro e Emilio Álvarez Blázquez.
5. A colección poética Xistral, de Ánxel Johán e Manuel María (Lugo, 1952).
Edita o primeiro poemario galego de Luz Pozo Garza, O paxaro na boca; Íntimas, de Pura Vázquez;
Da miña zanfona, de Cabanillas e Poemas pendurados dun cabelo, de Carballo Calero...
6. Ediciós do Castro (1963).
Promovida por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.
Destaca pola recuperación da memoria histórica e a publicación de libros moi emblemáticos, como as
Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
7. Editorial Castrelos (1963-1979).
Alentada por Xosé M.ª Álvarez Blázquez, coas súas coleccións “Pombal” e “O Moucho”, xogou un
papel decisivo na popularización do libro galego.

3. Pescuda na unidade exemplos de poemarios existencialistas e indica quen son as súas autoras e
autores.
• Luís Pimentel: Sombra do aire na herba (1959)
• Díaz Castro: Nimbos (1961).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
204
Unidade 12
• Aquilino Iglesia: Lanza de soledá (1961) e Nenias (1961).
• González Garcés: Bailada dos anxos (1961), Nas faíscas do soño (1972), Claridade en que a tentas
me persigo (1977), Sede e luz (1986) e Un nome só na néboa (1989).
• Pura Vázquez: Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade i outros poemas (1963) e O desacougo
(1971).
• María Mariño: Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza, escrito entre 1966 e 1967.
• Manuel Lueiro Rei: Escolma ferida (1977, 1988 e 2004).
• Celso Emilio: O soño sulagado (1954).
• Luz Pozo: Últimas palabras / Verbas derradeiras (1976).
• Antón Tovar Bobillo: Arredores ( 1962), Non (1967), O vento no teu colo (1974), Calados esconxuros
(1980).

4. Sinala trazos comúns e trazos diverxentes que presentan as autoras de posguerra María Mariño,
Pura Vázquez, Mª do Carme Kruckenberg e Luz Pozo.
• Trazos comúns: intimismo vivencial.
• Trazos diverxentes:
· Kruckenberg e Pura Vázquez: denuncia das inxustizas.
· Luz Pozo: sensualismo e culturalismo.
· María Mariño: deconstrución da linguaxe.

5. Carballo Calero é unha figura central do noso sistema literario ao que aínda non se lle dedicaron
as Letras Galegas. Consultando as unidades 12 e 13 deste manual, elabora unha ficha sobre este
autor. A seguir, pescuda en internet información sobre o feito de que aínda non fose obxecto da
máxima homenaxe da nosa literatura. Podes consultar, por exemplo, a seguinte páxina: http://
www.sermosgaliza.gal/opinion/manuel-lopez-foxo/deixemos-reclamar-dia-das-letras-galegas-
carvalho-calero-dediquemosllo/20150219122658035078.html
Resposta aberta

6. Elabora unha ficha coas obras e características da poesía de Celso Emilio Ferreiro.
• Longa noite de pedra (1962). As súas características destacadas son a importancia da mensaxe (o poema
é expresión colectiva e solidaria duns principios éticos de xustiza e liberdade); a sinxeleza expresiva; a
renovación da linguaxe (incorpora distintos rexistros da fala cotiá: linguaxe administrativa, comercial,
política etc.); o emprego do humor, da ironía e do sarcasmo; a procura do ritmo e da musicalidade.
• Viaxe ao país dos ananos (1968) nace da experiencia aceda de Celso Emilio coa comunidade
emigrante.
• Terra de ningures (1969), que reflicte a nostalxia do desterrado e o encontro con paisaxes e formas
culturais exóticas.
• Cimenterio privado (Suíza, 1973) é unha colección de epitafios en clave humorística e con forma
epigramática.
• Antipoemas (1972). Presenta versos prosaicos e espidos de adorno retórico, que inclúen fragmentos
de anuncios publicitarios, citas non advertidas doutros poetas, anacos de crónicas xornalísticas
etc. Escribe contra o imperialismo norteamericano (simbolizado na Coca-cola), contra o poder
deshumanizador dos cartos, contra a sociedade consumista etc.
• Onde o mundo chámase Celanova (1975), que marca un regreso ás orixes. O verso faise intimista
e énchese de tenrura, de nostalxia ao recordar a infancia e a terra natal; de aceptación serena ante o
devalar do tempo e o presentimento da morte, expresados cunha dicción diáfana.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
205
Unidade 12
7. Moitos poemas dos autores desta etapa foron musicados. Procura información sobre os traballos
musicais baseados en textos de Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, Antón Tovar Bobillo e
Xosé María Díaz Castro.
Algúns exemplos:
• Celso Emilio Ferreiro: “Eu en ti” por A Quenlla, Uxía, Cristina Pato e Mutenrhoi; “Anaina para o
Che Guevara” por Suso Vaamonde; “Irmaus”, por Fuxan os Ventos; “Monólogo do vello traballador”,
por Pucho Boedo, Xerardo Moscoso e Xabier del Valle; “María Soliño” por Benedicto, Los Tamara,
Amancio Prada, Carlos Núñez, Luar na Lubre, Xabier del Valle e María do Ceo; “Deitado frente ao
mar” por Dios que te crew; etc.
• Álvaro Cunqueiro: Amancio Prada co seu disco A dama e o cabaleiro.
• Antón Tovar Bobillo: Anxo Rei co seu dico A rabela da pluma.
• Díaz Castro: A Quenlla, en Desorballando outonos; Na Fronteira, con Zapatiños para Díaz Castro;
A lus do mundo (IES Poeta Díaz Castro); Héctor Lorenzo etc.

8. Pescuda tamén as interpretacións de Tiven medo de vogar de María Mariño, Cunetas de Luís
Pimentel e Mar maior dos namorados de Xosé María Álvarez Blázquez. Que artistas as fixeron e
como se titulan os traballos en que podemos atopalos?
Tiven medo de vogar de María Mariño: Uxía, Danza das areas
Cunetas de Luís Pimentel: A Quenlla, Máis alá da néboa.
Mar maior dos namorados de Xosé María Álvarez Blázquez: aCadaCanto, aCadaCanto.

9. Preparade un recital na aula de poesía de posguerra. Podedes empregar a escolma de textos que
aparece neste libro ou facer unha propia. Procurade memorizar os textos. Dos poemas máis lon-
gos podedes facer un recitado colectivo.
Resposta libre.

10. Despois do recital facede entre todo o alumnado do grupo un mural para expoñer na clase cos
vosos poemas favoritos. Acompañade cada poema dunha breve ficha da autora ou autor e ilus-
trádeo con algunha fotografía ou debuxo.
Resposta libre.

Páx. 302

LUÍS PIMENTEL

Xogo ruín
Aquil neno
pincháballe os ollos
ós paxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña
de ar e de lus,
ise rocío limpo
de mañanciñas frescas
.....................................

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
206
Unidade 12

Logo botábaos
a voar
e reíase de velos
toupar contra o valado
da súa casa,
con un ruído
moi triste
...................................

Creceu e foi de aqueles.

1. Clasificarías o poema “Xogo ruín” dentro da poesía social? Por que?


É un poema social na medida en que evoca, sen citar nomes, a figura dun individuo que no 36 exerceu
a represión coa mesma crueldade que xa de neno amosara tratando os paxaros.
Tamén cabe considerar “social” o poema por formular, implicitamente, o desacougante tema da
maldade / bondade innatas aos seres humanos e por incitar ao debate sobre a posibilidade de que a
educación poida corrixir ou non pulsións de crueldade e violencia como as que reflicte.

2. Repara na forma do poema. Ten rima? Que recursos estilísticos máis importantes emprega?
O poema carece de rima.
Entre os recursos que utiliza destaca, sobre todo, a elipse “argumental”, marcada mediante unha
liña de puntos e tamén advertida polo cambio na conxugación verbal, dos copretéritos (pincháballe,
gustáballe, botábaos, reíase) aos dous pretéritos perfectos do final (creceu, foi). Tamén é de notar
o emprego de varios diminutivos (gotiña, mañanciñas) que permiten facer aínda máis patente a
febleza, pequenez e inocencia das vítimas da crueldade do suxeito aludido. Ten tamén o texto unha
construcción anafórica (esa gotiña... ise rocío...).

CELSO EMILIO FERREIRO

Autopoéticas (1955 e 1972)


–Polo que se refire ós poetas galegos, si queren ser fideles a si mesmos e á terra, teñen que fuxir da
arqueoloxía estéril e do ruralismo pedáneo. Teñen que retorcerlle o pescozo ó reiseñol do lirismo
lacrimóxeno, saudosento, vello estilo. En troques, teñen que mergullarse con desesperado esforzo no
mundo social da nosa terra; nos problemas vivos do noso tempo; nas angurias das nosas xentes. Pero con
ollos recén abertos, con palabras de hoxe, con fórmulas novas en canto ó enfoque cordial e á perspeitiva
psicolóxica. (1955)
–Sei pouco da miña canción, pro, en troques, sei abondo das motivaciós que me moven a cantar. Preocúpame
o oficio de home i o seu destiño colectivo, e de eí que a miña poesía seña eminentemente “engagée”,
contestataria, ou, como eu prefiro, belixerante, disposta nunha actitude de raigames moi profundas,
idénticas sin dúbida ás que moveron á literatura comprometida de todos os tempos, xa que a historicidade
do fenómeno é incustionábel. Sempre, i en toda época, houbo poetas que dixeron: non desairo cantar á rosa
i ao amor, pro denantes quero ocuparme dos meus irmaus, os homes.
A poesía belixerante, na que tan a gusto milito, ten un “eiquí” i un “agora” pra, sin descanso, compadecer
(padecer con) aos que sofren inermes a brutal presión da historia que outros escriben. E por ser belixerante
e inconformista, tradúcese en protesta, érguese contra da inxusticia e incruso faise revolucionaria porque
pretende conquerir a transformación dunha sociedade coa que está en íntima controversia (...) Caducou xa
o tempo da creación lírica labrada soamente na maxia verbal, afastada do pobo, allea á etnia, monologando
o seu egoísmo, facéndose a xorda e lavándose as mans cando escoita os berros das víctimas. Hoxe, a poesía

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
207
Unidade 12
é algo soamente cando se proclama un instrumento para erguer ó home e liberalo. O estado poético acádase
cando se fai da poesía un medio, non un fin. Un medio para poder vivir coma homes libres. Do contrario,
un poema non é outra cousa máis ca un vago e confortable idealismo (...) (1972)

1. A que correntes poéticas da posguerra alude Celso Emilio cando fala de “arqueoloxía estéril”,
“ruralismo pedáneo” e “lirismo lacrimóxeno, saudosento”? Que actitude poética rexeita?
O poeta denomina “arqueoloxía estéril” ao neotrobadorismo, “ruralismo pedáneo” ao paisaxismo
hilozoísta e “lirismo lacrimóxeno, saudosento” á poesía existencial que representa a “Escola da
Tebra”.

2. Cales temas merecen a súa atención preferente como escritor?


En primeiro lugar, a súa poesía ocuparase do tema da solidariedade fraterna cos seres humanos e, en
segundo lugar, a temática intimista: os sentimentos, a beleza, o amor...

3. Resume, á vista do texto, os obxectivos e trazos do tipo de poesía que propón Celso Emilio.
A poesía é un medio, non un fin, un instrumento para erguer o ser humano e liberalo: Un medio para
poder vivir coma homes libres.
O seu obxectivo é poñerse do lado dos oprimidos e ser a súa voz fronte ás inxustizas: a miña poesía (é)
contestataria, belixerante,(...) pra, sin descanso, compadecer (padecer con) aos que sofren inermes
a brutal presión da historia que outros escriben.

Páx. 303

Poema nuclear
¡Qué ben, que a bomba ven co seu rebombio!
A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.
A bomba con aramios, con formigas,
con fornos pra asar meniños loiros.
A bomba ten lombrices, bombardinos,
vermes de luz, bombillas fluorescentes,
peixes de chumbo, vómitos, anémonas,
estrelas de plutonio plutocrático,
esterco de cobalto hidroxenado,
martelos, ferraduras, matarratos.

A bomba, bong. A bomba, bon amigo.


Con átomos que estoupan en cadeia
e creban as cadeias que nos atan.

Os outos edificios.
Os outos funcionarios.
Os outos fiñanceiros.
Os outos ideais.
¡Todo será borralla radioaitiva!

As estúpidas nais que pairen fillos


polvo serán, mais polvo namorado.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
208
Unidade 12
Os estúpidos pais, as prostitutas,
as grandes damas da beneficencia,
magnates e mangantes, grandes cruces,
altezas, excelencias, eminencias,
cabaleiros cubertos, descubertos,
nada serán meu ben, si a bomba ven,
nada o amor, e nada a morte morta
con bendiciós e plenas indulxencias.

¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño


a amable primavera faise cinza
de vagos isotopos placentarios,
de letales surrisas derretidas
baixo un arco de átomos triunfaes.

A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo


de setas e volutas abombadas,
axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.
Estános ben! ¡Está ben! Está bon!

¡¡¡Bong!!

1. Localiza exemplos de aliteracións no texto.


¡Qué ben, que a bomba vén co seu rebombio!/ A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.A bomba ten
lombrices, bombardinos,/ vermes de luz, bombillas
A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo/ de setas e volutas abombadas,/ axiña ven, vela ahí ven, bon
amigo./ Estános ben! ¡Está ben! Está bon!/ ¡¡¡Bong!!
plutonio plutocrático,
martelos, ferraduras, matarratos

2. O tratamento sarcástico caracteriza unha parte da produción poética do autor. Está presente
neste texto? En que elementos?
A ironía está presente neste texto a través de elementos como: ¡Qué ben, que a bomba vén co seu
rebombio; Estános ben! ¡Está ben! Está bon! ou As estúpidas nais que pairen fillos/ polvo serán, mais
polvo namorado.

3. Que función desempeñan as reiteradas enumeracións de elementos máis ou menos dispares


que emprega o poeta? E as exclamacións?
As enumeracións tratan de transmitir a sensación de caos, da desintegración da realidade. As
exclamacións reforzan o carácter irónico das afirmacións.

4. Repara no léxico do poema e localiza vocábulos relacionados coa linguaxe científico-técnica.


De que outros campos aparece citada terminoloxía?
• Linguaxe científico-técnica: bombillas fluorescentes, plutonio, chumbo, cobalto hidroxenado,
isótopos, átomos, placentarios.
• Grupos sociais: funcionarios, financeiros, prostitutas, damas da beneficencia, magnates, etc.
• Animais: formigas, lombrices, vermes, peixes , anémonas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
209
Unidade 12
Longa noite de pedra
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

1. No 1937, durante un “permiso” militar, Celso Emilio é denunciado en Celanova por verter
críticas de ton antifranquista. Pasa varios días nunha cela do mosteiro de San Rosendo, recon-
vertido daquela en cárcere, e ve como lle impoñen unha pena de fusilamento, que finalmente
non se executará. Deixou constancia deste “trago” da súa vida no poema que dá título ao seu
principal libro. Que sensación quixo transmitir co poema?
A sensación que pretende transmitir é de opresión, anguria e soidade, provocadas pola falta de
liberdade.

2. Indica algúns dos recursos estilísticos empregados polo poeta no texto.


• No plano léxico-semántico temos que sinalar a existencia dunha serie de metáforas impuras
encadeadas que dan lugar a unha alegoría. Non debemos esquecer que este poema, ademais, ten
unha dobre significación: individual e colectiva. Así a longa noite de pedra representa ao mesmo
tempo a privación de liberdade que un individuo padece dentro dunha prisión e a privación de
liberdade que padece o pobo baixo a ditadura franquista.
• No plano morfosintáctico podemos sinalar:
· Enumeración e asíndeto: As portas, / as cadeas, / o aire, / as fenestras, / as olladas
· Repetición: De pedra. Versos 16 e 19
· Anáfora: De pedra son os muros / De pedra o chan
· Anadiplose ou reduplicación: O teito é de pedra. / De pedra son os muros
· Gradación. O poema comeza sinalando unha característica do lugar onde se atopa o eu poético:
O teito é de pedra. A seguir, todos os elementos enumerados posúen esta calidade, mesmo o ar.
No cumio desta gradación estaría: Os corazóns dos homes/ que ao lonxe espreitan / feitos están
tamén de pedra.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
210
Unidade 12
Páx. 304

Carta á miña muller


Querida, non o esquezas, hai palabras
que é pecado decilas niste tempo.
Palabras que non debes pronuncialas,
nin xiquera pensalas, cavilalas,
tatexalas, gabalas, escribilas...
Moito menos berralas.
Esposa, toma nota e non esquezas:
non digas libertá palabra triste
con perigo de morte e calivera.
Si é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo.
Non digas tan xiquera
as verbas derivadas
por moi lonxano e vago
que sexa o parentesco etimolóxico,
como son, verbigratia, libertino,
liborio, liberata, libre cambio.

En troques di cadea, viva, viva,


si señor, moitas gracias, Dios llo pague.

¡Xa verás qué felices imos sere!

1. Que marcas típicas do xénero epistolar se trasladan a esta poesía?


Diríxese directamente a unha receptora encabezando o poema coa fórmula epistolar Querida

2. Identifica algúns dos recursos estilísticos presentes no poema.


• No plano do contido podemos destacar a presenza de metáforas como libertá palabra que ten
dentes e morde coma un lobo; e sobre todo da ironía nos versos: libertá palabra triste estúpida
e En troques si cadea, viva, viva,/ si señor, moitas gracias, Dios llo pague./¡Xa verás qué felices
imos sere!
• No plano morfosintáctico atopamos estes recursos:
· Asíndeto: pensalas, cavilalas, / tatexalas, gabalas, escribilas..
· Enumeración: libertino, / liborio, liberata, libre cambio

3. O autor volve empregar o sarcasmo para transmitir a súa mensaxe. Cal é esta, en definitiva?
É unha mensaxe contra o conformismo: hai que reclamar a liberdade, a pesar dos custes que poida
traer esa actitude comprometida nunhas circunstancias adversas, coa ameaza da represión.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
211
Unidade 12
Irmaus
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro e eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmau che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che falo.

1. Que características reúne o ti interpelado polo poeta?


Ese ti a quen se dirixe é un ser humano que, a pesar de vivir lonxe, ten os mesmos sufrimentos e as
mesmas arelas de xustiza e liberdade.

2. En que se basea a irmandade que o poeta pretende establecer co destinatario?


A irmandade está baseada no sufrimento e nos soños dun mundo máis libre e solidario expresada nos
seguintes versos:
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
si temos semellantes as feridas,
si os nosos soños son igoales
Común temos a patria,
común a loita

3. Localiza recursos estilísticos presentes no texto.


Atopamos recursos de carácter morfosintáctico:
• Paralelismo:
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas

Si é túa a miña noite,


si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
212
Unidade 12
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,

Común temos a patria,


común a loita, ambos.
• Repetición: coma un irmau che falo. Versos 6, 10, 14, 18 e 22.

Deitado frente ao mar...

Língoa proletaria do meu pobo,


eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta


e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa.

Non falo pra os soberbios,


non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas


de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
213
Unidade 12
1. Este poema de Celso Emilio expresa toda unha teoría sociolingüística e toda unha declaración
identitaria. Identifica e enumera os elementos que integran esa teoría e esa declaración, res-
pectivamente.
O retrato sociolingüístico que nos ofrece o poeta ten dúas claves. Para Celso Emilio Ferreiro o galego
é a lingua das clases traballadoras: Língoa proletaria do meu pobo. A desgaleguización prodúcese
nos grupos que pretenden a promoción social a través da adopción da lingua dominante e o abandono
dos sinais de identidade: tantos patufos desleigados,/ pequenos mequetrefes sin raíces/ que ao pór a
garabata xa non saben/ afirmarse no amor dos devanceiros,/falar a fala nai.
A función identitaria que ten a lingua aparece expresada así: Eu fáloa porque sí, porque me gosta/ e
quero estar cos meus, coa xente miña,/ perto dos homes bos que sofren longo/ unha historia contada
noutra língoa.

2. Localiza no texto exemplos de anáfora, polisíndeto e metáfora.


• Anáfora:
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos

• Polisíndeto:
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
remo i arado, proa e rella sempre

• Metáfora:
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe
/ remo i arado, proa e rella sempre
Galicia, doce mágoa das Españas,
3. Analiza a estrutura e a rima do poema.
É un poema sen rima, formado por catro estrofas que non responden a ningún molde: teñen desigual
número de versos e tampouco presentan isosilabismo.

Páx. 305

Limiar
A xeito de S.O.S.
falo na madrugada:
pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia.

Sin a seiva nutricia


esmorecen as gallas.
Arbre antigo, Galicia,
fendérono as machadas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
214
Unidade 12
Unha ponla no mundo,
outra ponla na casa.
A ponla de alén mar
é soio unha metáfora.
O povo quere terra
coma Anteo na fábula.
A terra quere povo
para ser fecundada.
Nunca virá de fora
remedio ou esperanza.
Si o noso pobo morre
quedámonos sin patria,
pois patria e pobo son
o mesmo en dúas palabras.

Pechai tódalas portas


e que xa ninguén saia.

*******

Xaneiro 1972, II
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar


digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar


digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir


digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer


non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
215
Unidade 12
1. O poema “Limiar” xira arredor do fenómeno da emigración. Que mensaxe transmite sobre el?
Que motivos fan que o poeta exprese esa mensaxe, precisamente?
Preséntasenos a emigración como unha promesa enganosa: A ponla de alén mar/ é soio unha
metáfora.

2. “Xaneiro 1972, II” é un dos poemas representativos da veta intimista e amorosa da poesía fe-
rreiriana. Como está construído formalmente?
Está baseado no paralelismo, na repetición e na anadiplose ou reduplicación.

3. Nese poema, con que valores ou virtudes asocia o poeta a figura da súa compañeira? Que ele-
mentos lle serven para simbolizar eses valores ou os seus respectivos contrarios?
Moraima representa o acougo, a esperanza e a ledicia.
Os elementos que a caracterizan son:
A alba azul
A luz en marcha noite pechada
A mar en calma FRONTE A anguria que me abafa
Mañá crara silencio
Tarde mansa

MARÍA MARIÑO
Tiven medo de bogar,
tiven medo da auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
¡non bogaba!, ¡non bogaba!

O medo xa non sei del.


Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.

1. Explica as metáforas que crea María Mariño neste poema.


Tiven medo de vogar é unha metáfora que expresa a falta de autoconfianza e a inseguridade que a
educación misóxina inculca nas mulleres.
auga crara, uns bos remos, a mar calma constitúen unha imaxe que ten como referente unha situación
segura, que non debería provocar temor.
Mar longo refírese a un período caracterizado pola falta de confianza en si mesma.
navego nun mar de fondo refírese metaforicamente á capacidade de ter iniciativa en ámbitos adversos.
É unha declaración de autoafirmación.
Pola concatenación de metáforas relacionadas entre si, podemos considerar este poema como unha
alegoría.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
216
Unidade 12
Páx. 306

RICARDO CARVALHO CALERO


Elegia veneciana
Podedes me borrar do Libro de Ouro,
meus compatrícios.
Hai tempo que non coido se o Turco rube ou baixa,
e os meus buques están ancorados no molle.

Non me tenta ocultar a miña calva


baixo a tiara de dogo.
Un corno e un roupón non me preservarían
dos arrañóns de tantos senadores.

Que outro celebre as suas núpcias co mar.


A boca desa esposa é demasiado amarga.
Prefiro-me solteiro, ceibo de tal beleza,
que abala como quer e atraizoa aos seus homes.

Ti, Fóscari; ti, Dándolo; ti, Loredano, ollades-me


sen dúbida co horror con que a un irmán perdido.
Quizá teño algun sangue dun Otelo ignorado,
e o meu torgo non é enxebre de Aquilea.

Non me retratarán Bellini nen Tiziano;


escuro morrerei, pobre gallo esquecido.
Mais ollo o mar rillar as pedras de Venécia,
e atopo triste o antroido da vella Serenísima.

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO


Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos


che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día


a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén. ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,


o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
217
Unidade 12
1. Por que cres que intitulou Díaz Castro este poema “Penélope”?
Penélope é unha personaxe mitolóxica que simboliza a inacción, a pasividade feminina. Díaz Castro
presenta a sociedade galega como unha sociedade pasiva, ensimesmada nun sono paralizante, que
non afronta os seus problemas para resolvelos.

2. A que problemas sociais ou históricos da Galiza se fai alusión no texto?


Fai alusión á falta de iniciativa coa que a sociedade galega afrontou a situación de marxinación e
desprezo que sufriu a partir de finais da Idade Media. Tamén hai unha referencia clara á emigración.
Este fenómeno representa a fuxida individual, no canto do confronto cos problemas colectivos.

3. É pesimista ou optimista o autor sobre o futuro do país?


A monotonía, a reiteración, o resignado inmobilismo (a tea dos teus soños non se move) é o que
caracteriza Galiza, por iso o poema ten un ton certamente pesimista.

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO


¿Como deter esta delicia?
¿Como deter, decide, esta delicia
do serán sobre a terra? ¿E este vento
que refolea os salgueiros, contra o río,
no lusco e fusco, cando se desfollan
entre os acibros as roseiras bravas?

¡E sentir o dulzor da dor tan leve


do corazón de cada rosa, cando
se enche a roseira dun silencio vivo,
ó esbarruxirse as follas, unha a unha,
caladamente, ás beiras da noitiña!

¿E aquel sono de son aqueloutrado,


de música tan lonxe que no oímos
e sabemos que encheo de estrelas vivas
corazós que no son xa deste mundo?

¡E o trasacordo aquel e aquel abalo


tan sutil que sentira o noso peito!

¡E aquel verso senlleiro que non puido


entrar nunca no gozo do poema!

XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ


Aquil neno que eu fun
Non me doi iste anceio, ista procura
de bens, que con soñalos
abonda. Non me fire
a anguria do vivir que non se atopa,
nin o noxo da xente que me luxa
co soio seu ollar de can doente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
218
Unidade 12
Non me inquedan as dores,
nin as tebras da noite, que resoa
con chamadas do Alén que eu soio escoito.

Nada xa me conmove.
O que me fire e doi, o que me inqueda,
é aquil neno que eu fun, sempre perdido.

Páx. 307

ÁLVARO CUNQUEIRO

Recoñecimento De Harold Godwinson


Unha noite de cinza caíu sober da terra
as linternas andaban por entre os mortos
e nas feridas do máis ferido de todos
Edith Swanehals poñía a luz violeta dos seus ollos
por si aquel era Harold fillo de Godwin
que ela amara tanto.
E aquel mesmo era
a boca pola que saía un fío de sangue
pousada na boca terrea dunha toupeira.

Viña de lonxe o canto do mar. Edith sentouse


a carón do morto
e cun fío branco que tirou dos seus soñares
comenzou a tecer un pequeno pano
pra tapar os ollos do Rei.

Escoitábase o mar, e mailas follas secas do bosque


arremuiñando nos camiños entre os outeiros.
A derradeira caricia de Edith foi aquel calado tecer
perto do morto, e cando saía a lúa
misturou fíos azúes da luz da viaxeira cos seus
-as agullas iban e viñan en silencio
as mans movéndose coma quen anaina un neno
o mirar violeta de Edith adentrábase máis e máis
nas escuras feridas,
recoñecendo o sangue do amante, e maila morte.
Así foi que Edith xa estaba cega
cando lle preguntaron quen
entre aquelas sesenta ducias de mortos
era Harold.
- Este, dixo sinalando, a tentas,
que facía cantar os reiseñores nas noites de verán
cando me bicaba e me decía
- Swanehals, Colo de Cisne, envelleceremos xuntos
pro tí máis lentamente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
219
Unidade 12
Cantiga
A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado.
Na verde fror
as letras van de amor!
O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo.
Na verde fror
as letras van de amor!
No meio do río cambiaron as vistas,
el pra o pano i ela pra a fita.
Na verde fror
as letras van de amor!
As vistas lles viron no río cambiar
i o pano i a fita por se namorar
Na verde fror
as letras van de amor:
Con amor vivirás!

**********

DÍXENLLE á rula: Pase miña señora!


E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentou:
- Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma túa a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

1. Cal dos poemas de Cunqueiro que reproducimos está máis próximo do neotrobadorismo? ¿Cal
resulta o máis existencialista? Cal o máis culturalista?
Cantiga é neotrobadorista.
Díxenlle á rula é existencialista.
Recoñecimento de Harold Godwinson é culturalista.

2. Repara nos recursos formais que inzan o poema “Recoñecimento de Harold Godwinson” e
indica algúns. Poderías dividir o poema en partes? Con que criterios?
• Metáforas:
Unha noite de cinza caíu sober da terra
e cun fío branco que tirou dos seus soñares / comenzou a tecer un pequeno pano
A derradeira caricia de Edith foi aquel calado tecer
e cando saía a lúa / misturou fíos azúes da luz da viaxeira cos seus

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
220
Unidade 12
• Metonimias:
as linternas andaban por entre os mortos
Edith Swanehals poñía a luz violeta dos seus ollos
E aquel mesmo era / a boca pola que saía un fío de sangue
• Personificación:
Viña de lonxe o canto do mar

O poema pode dividirse en tres partes, correspondentes a cada unha das súas estrofas. Na primeira
vemos a Edith procurando o cadáver de Harold; na segunda, vémola sentada ao seu carón e, finalmente,
na terceira vémola cega pola dor.

Páx. 308

EDUARDO MOREIRAS
Muller do pobo
Nos seus zocos préndese a herba,
no seu peito síntese latexar o lume,
e as longas trenzas so o pano vello
enrédanse ás silveiras.

Grosos beizos pra beber a vida,


pra encher a faciana e chamar ó neno;
maus que cheiran a herba fresca,
a leite pura do luceiro da noite.

Cinguen a cintura espigas de centeo,


vai soia por un camiño
e as ondas do aer quentan, e estalan
froitos loiros no resprandor do día.

Hai un día por vir pra os homes novos.


A súa forza pare luz nista tristeza.
Véndoa vir, na primaveira eterna,
sábese certo que non é inútil a vida.

Pétanlle no ventre os pulos do oucéano.


No mundo enteiro outros irmáns unidos
chámanlle nai das noites meigas.
Ela o sabe e vóanlle polo peito
cantigas de amor pra os fillos que agardan.

1. Moreiras realiza neste poema un retrato dunha muller do pobo. Que trazos físicos e psíquicos
salienta dela?
• Trazos físicos: as longas trenzas so o pano vello, Grosos beizos, maus que cheiran a herba
fresca.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
221
Unidade 12
• Trazos psíquicos:
· Paixón: no seu peito síntese latexar o lume
· Vitalismo: Grosos beizos pra beber a vida
· Fortaleza: A súa forza pare luz nista tristeza
· Amor: vóanlle polo peito / cantigas de amor pra os fillos que agardan

2. É posíbel encontrar no texto versos ou elementos que remitan para unha interpretación en
clave “comprometida”, social, do poema?
No poema hai unha referencia a tempos tristes e un desexo de que cheguen días mellores, que é unha
alusión á ditadura franquista e ao desexo de que esa etapa remate e dea paso a un tempo de liberdade:
“Hai un día por vir pra os homes novos. / A súa forza pare luz nista tristeza”.

PURA VÁZQUEZ
Soñando o fillo
¿Onde estás ti,
que na noite te busco perdido?
¡Búscote en min e na noite
soave, íntimo!...
Non tremas, en min non vives,
¡ai, meu deserto recinto!
Miragre da carne miña,
¡fillo...fillo!
Ven, que teño unha laberca
i un agro inzado de lirios,
i un arbre con tres niñadas
i unha rolada de pitos.
¡Heiche de tecer un berce
con xuncos do pé do río!
Coa lá da cordeira branca
i o meu mantelo de liño
estarás como unha rula
acochadiña no niño...
Non sei que facer cos días,
coa vida que vai fuxindo.
A terra é unha pecha noite
que sabe a sol de suplicios.
Sempre contigo, a soñarte,
buscarte en paisaxes íntimos,
camiño que ha de levarme
lonxe no tempo... ¡filliño!

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
222
Unidade 12
Mª DO CARME KRUCKENBERG
Lévoo intentando, lévoo intentando,
penso, que dende os anos máis doces
que me deu a vida;
ter amor, só iso, ter amor,
aínda que sexa unha utopía
que semelle unha paixón desmedida,
que o meu corpo tremelique por unha ollada
case ferida;
apertarme á dozura que vai fuxindo
día por día.
Non bastan as palabras que te deixan
fermosamente dolorida,
é preciso o intercambio de saliva
onde se estrelan os zumes que ruben
ata o delirio da fantasía.
Lévoo intentando, inténtoo
ata arrincar as derradeiras miserias
dunha alma á deriva.

Páx. 309

VALENTÍN PAZ-ANDRADE
Illa do amor, illa da morte
Empréstame, Meendinho, túa voce meioeval,
aquela que o de Cangas e Martín tamén tiñan.
A voz que na cantiga de San Simón illeiro,
como cisne migrado do seu niñal luciras.

Empréstame, Meendinho, túa voce lembradoira,


e que doblen os sinos da ermida ante o altar,
polo fin sanguiñento que un día iría a ter
a Illa que nascera baixo o sino de amare.

Cercaron a túa amiga ondas que grandes son,


triste espera que foi de amor do meu amigo
en solpores de ouro e noites de luar,
que co tempo serían antehoras do crime.

Túa amiga barqueiro nin remador tuvera,


mais a morrer fremosa no mar maior
se aviña; os fusiles un día outras ondas levaron
transvirando pra morte o sino dos amores.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
223
Unidade 12
Pois viñeron os días da trinca de vermellos,
das listas amañadas pola mao de ninguén,
das noites desveladas a corazón batente,
dos corpos derrubados no veiral dos arcéns.

As noites de arrepío rente dos cabezales


de chaves que tilintan por corredor deserto,
das sacas a sinistra luzada dos menceres
dos disparos que estouran o xelo dos silencios.

Devolvo, meu Meendinho, túa lembranza ao sono


a páxina mais nidia que viviu San Simón.
A illa dos amores pra a morte requisada,
con predestiño a groria que o malfado crebou.

Devolvo teu amor e coa delor eu fico,


no anceio de que volva a poesía a ser,
aquel verbo de luz que a San Simón prestaras,
ben alleo á pauliña que aínda viría a ter.

1. O autor entrecruza dous instantes históricos moi distintos no seu poema. Cales? Con que in-
tención?
No texto hai referencias ao espazo poético da illa de San Simón, cantada na Idade Media polo xograr
Meendinho. Tamén hai referencias a outros compositores medievais que cantaron a ría de Vigo: Joam
de Cangas e Martín Codax.
Este plano temporal comparte o espazo físico con outro momento histórico: a guerra civil e a represión
franquista.
A intención é provocar o contraste entre o amor e a morte. Este contraste pon aínda máis de relevo a
crueldade da represión.

2. Localiza no texto expresións, frases ou versos enteiros que pertenzan á famosa cantiga medie-
val de Mendinho “Sedia-m’eu na ermida de San Simión”.
da ermida ante o altar
Cercaron a túa amiga
ondas que grandes son
meu amigo

Túa amiga barqueiro nin remador tuvera,


mais a morrer fremosa no mar maior
se aviña

3. En que corrente da poesía galega de posguerra situarías este poema? Razoa a túa resposta.
Na poesía social, porque, a pesar de que recorre á evocación das cantigas medievais, o tema do poema
é a denuncia do terror exercido polos fascistas na Galiza a través dunha represión feroz que acabou
coa vida de moitos dos dirixentes da sociedade nos distintos ámbitos (cultural, xornalístico, sindical,
político, etc.).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
224
Unidade 12
ANTÓN TOVAR
Eu
Eu son un home triste,
son un neno canso
e teño unha voz murcha,
como unha mau de néboa
rubindo cara ó sol;
unha mau a buscar
a Túa mau infinita.
Eu son un home triste
que ando a pensar en min
i a cavilar en Ti.
Eu son un home
que te busca na terra
e non te ve nas rosas.
Que cando pensa acharte
nuns ollos translucentes,
decátase de que iles
son ollos de door,
ollos de cás que sufren
e bois baixo aguilladas,
ollos con moitas bágoas.
Entón, Señor, ti fuxes,
i estas maus que son terra
somente terra apreixan.

Eu son un home triste.

1. A que corrente poética da posguerra podemos atribuír este poema? En que te baseas para
afirmalo?
Podémolo atribuír á “Escola da Tebra”, pola preocupación transcendental e relixiosa, a preocupación
existencial e a anguria vital:
Eu son un home triste / que ando a pensar en min / i a cavilar en Ti.
Entón, Señor, ti fuxes, / i estas maus que son terra / somente terra apreixan.

2. Mediante que recursos consegue o autor crear a sensación de sinxeleza expresiva que trans-
mite o texto?
Empregando un vocabulario sinxelo, oracións simples, atributivas e transitivas, non utilizando versos
longos, etc.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
225
Unidade 12
Páx. 310

LUZ POZO GARZA

Far Blues
Naquela cidade
onde unha rapaza escribía un diario secreto
na noite
mentres o soño desvalido semellaba finxir
silencios compartidos
nesa vella cidade do norte
o primeiro poema de amor flutuaba
coma un blues nostálxico
na noite.

Só quería saber
por qué as cordas permanecen vibrando coma labios
e qué queda do diario secreto
na noite desvelada.

Querería saber daquel río esvaído do soño


tal unha despedida sen retorno,
do silencio curvado nunha praza deserta e antiga.

¿Onde vai o primeiro poema de amor


a materia sonora dun blues fuxidío
a inocencia primeira?

********

Soletreaba eu aínda o meu nome de párvula e sabía desa existencia túa xa ensumida
nos avatares dunha sombra
Demoraba nun parque de eucaliptos
na vila tan amada
e souben do regreso daquela sombra ambigua
expresada nos astros
E sabía dun corazón oculto
no manto dos ocasos e as camelias
sabía das vivencias escritas
coma follas que murchan sen remedio
nunha tarde letal
perdida nas estancias do outono
nas orelas do Sar sempre de cara á morte.

1. Que evoca a autora en “Far blues”? Que sensación predomina nela, finalmente?
Evoca a adolescencia, as experiencias iniciáticas.
A sensación que predomina é a saudade, a nostalxia dun tempo ido.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
226
Unidade 12
2. Repara nos recursos formais e estilísticos presentes neste poema.
En “Far blues” son moi evidentes os recursos anafóricos e paralelísticos (só quería saber ... querería
saber; na noite... na noite... na noite desvelada). Tamén hai un reiterado emprego de elementos
sensorialistas e pictóricos (noite, silencios, blues, cordas, vibrando, río, praza deserta, materia
sonora...) que lle conferen ao texto unha grande plasticidade. O clima intimista e confesional vese
reforzado no texto mediante as mencións ao “diario secreto”, ao “soño desvalido” e ao “silencio” que
preside todo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
227
Unidade 13.

Páx. 311
Antes de disparar o primeiro tiro desertou. Non quixo loitar ao lado dos asasinos do seu irmán e pasou
á zona republicana. Madrid primeiro e logo Valencia.
Soubérono ao día seguinte. Era o verán de 1937, Amalita rematara a escola e estaba na casa de vacacións
cando a Garda Civil foi buscar aos seus pais. Había un decreto de Franco que obrigaba a deter a pais
e irmáns, maiores de idade de todos os desertores do bando nacional.
Amalita pasara de ser a pequena dunha familia numerosa a quedar soa, sen ter que levar á boca.
No comedor do Auxilio Social non deixaban entrar aos fillos dos roxos, así que ela pegaba o nariz ao
cristal e miraba como comían outros.[...]
Levaban medio ano vivindo no seu novo fogar cando o pai de Amalita saíu do cárcere. Estaba moi
enfermo. Era un home que nunca tivera problemas, que nunca andara metido en política e pasara doce
meses entre reixas; con xente decente, si, porque daquela a maioría dos presos eran presos políticos,
pero tamén con ladróns, carteiristas, violadores. E con fame, piollos, soidade, vergoña, enfermidade.
Estivo a piques de morrer alí dentro e pouco durou unha vez fóra. Morreu en 1942, na habitación
alugada a Concha Rodríguez. Morreu fisicamente entón, pero xa morrera de pena moito antes... Cando
os falanxistas queimaran a casa co seu fillo máis vello dentro, cando baixaba a vista ao cruzarse pola
rúa cos amigos que perdera ao entrar en prisión, cando soubo da morte de Isolino, o fillo pequeno.

Montse Fajardo, Matriarcas. Mulleres en pé de vida

1. Sinala o significado das palabras e expresións destacadas en negra.


• Zona republicana: Denomínase así o territorio que permaneceu baixo a autoridade do goberno republicano
despois do golpe de estado de xullo de 1936 e ata que rematou a guerra civil o 1 de abril de 1939.
• Desertores: soldados que abandonan o seu posto no exército.
• Bando nacional: É o nome co que se autodenominaron os sublevados contra o goberno da Segunda
República. Foi apoiado polos sectores máis conservadores e relixiosos da sociedade e, no exterior,
pola Italia fascista e a Alemaña nazi.
• Auxilio Social: É unha organización de inspiración fascista que nace durante a guerra civil española.
Foi englobada na Sección Feminina falanxista durante a ditadura de Franco e ocupouse da atención
da poboación desfavorecida e da propaganda e reeducación no nacional catolicismo.
• Roxos: É a denominación que recibiron despectivamente os partidarios da Segunda República
Española durante a guerra civil. O bando franquista pretendeu homoxeneizar a pluralidade ideolóxica
que existía dentro do réxime republicano baixo o rótulo de “roxos” e así desacreditalos, asimilándoos
ás organizacións marxistas que apoiaban o réxime bolxevique da URSS.
• Presos políticos: Son aqueles que sofren privación da súa liberdade por seren considerados perigosos
para un réxime político establecido.
• Alugada: Propiedade cedida para o seu uso a cambio de diñeiro durante un período de tempo deter-
minado.
• Falanxistas: Seguidores da doutrina da organización política Falange Española, de tendencia fascista
e características paramilitares, que se converteu en partido único durante o franquismo e xogou un
papel tristemente destacado na represión.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
228
Unidade 13
2. Explica que quere dicir que o pai de Amalita “morreu fisicamente entón, pero xa morrera de pena
moito antes...”.
A resposta debe recoller a idea de que a destrución psicolóxica dunha persoa, o aillamento, a humillación,
a “morte” social, é unha negación da persoa e por tanto unha forma de real de morte.

3. Escribe un texto en que reflexiones sobre as condicións de vida e o clima social da posguerra.
Resposta aberta

4. As narracións adoitan presentar as formas verbais en pasado. Clasifica os verbos segundo a súa
temporalidade e indica se son regulares (R) ou irregulares (I).

PRETÉRITO DE INDICATIVO: desertou (R), quixo (I), pasou (R), souberon (I), saíu (I), estivo (I),
durou (R), morreu (R), soubo (I).

COPRETÉRITO DE INDICATIVO: estaba (I), había (I), deixaban (R), miraba (R), pegaba (R), levaba
(R), era (I), eran (I), baixaba (R).

ANTEPRETÉRITO DE INDICATIVO: rematara (R), pasara (R), tivera (I).

I. A LITERATURA GALEGA DE POSGUERRA:


NARRATIVA, ENSAIO E TEATRO
Páx. 327

1. Facede por parellas as seguintes actividades:

a) Elaborade un pequeno mural caracterizando a narrativa de Fole, Cunqueiro e Blanco Amor.


Resposta aberta.

b) Facede unha ficha sobre cada unha das seguintes obras: Á lus do candil, de Ánxel Fole; Si o
vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro e A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.
Resposta aberta.
O esquema da ficha debe conter os seguintes datos: título, data de publicación e circunstancias (de
ser relevante) en que se produciu, autor, características formais e estilísticas, contido e relevancia ou
singularidade da obra.

c) Pescudade en http://www.fundacionxoseneiravilas.com información sobre o escritor e as acti-


vidades que desenvolve a Fundación Xosé Neira Vilas. A seguir, expoñede oralmente na aula
os aspectos que vos resultaron máis relevantes.
Resposta aberta.

d) Preparade unha presentación electrónica ou un vídeo sobre o papel da Editorial Galaxia na


literatura galega.
Resposta aberta.

2. Responde oralmente na aula as seguintes cuestións:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
229
Unidade 13
a) Cales foron as principais liñas da narrativa de posguerra?
A continuidade da tradición narrativa do Grupo Nós, o realismo popular ou etnográfico, o realismo
fantástico e o realismo social.

b) Que trazos caracterizan a narrativa de Ánxel Fole?


• Naturalismo lingüístico: adopta como modelo a lingua oral, reproducindo a súa diversidade
dialectal e incluso os usos vulgares e arcaizantes.
• Predilección polo conto como representación xenuína da cultura popular e polo conto para contar
(modelo oral) fronte ao conto para ler (conto literario). A inconcreción temporal, a interpolación
de detalles secundarios, os sobreentendidos, as referencias continuas ao «eu narrador» e a un
destinatario supostamente presente no acto de enunciación son algúns dos trazos propios desta
modalidade narrativa.
• Realismo narrativo. Os elementos fantásticos teñen sempre plena xustificación como produto das
alucinacións e das crenzas.
• Influencia da linguaxe cinematográfica na configuración dos relatos.
• Importancia outorgada á paisaxe, como elemento diferenciador da nosa cultura.

c) Cales son as características que singularizan a narrativa de Álvaro Cunqueiro?


• Tendencia á disgregación da novela, construíndoas mediante a acumulación de relatos
argumentalmente inconexos.
• Hibridación lúdica e por veces paródica de diferentes xéneros e fontes literarias do acervo universal:
libros de cabalerías, lendas orientais, fantasías góticas, contos macabros, libros de viaxes, traxedias
clásicas, contos folclóricos...
• Predominancia da oralidade no estilo.
• Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía lúdica.
• A humanización do mito e a mitificación do humano. Os personaxes protagonistas (Merlín,
Sinbad...) son tomados da tradición literaria e mitolóxica, mais desacralizados, en proceso de
degradación antiheroica.
• Humor e poeticidade: O choque do mundo real e o mundo mítico pode producir o humor en forma
de ironía tenra ou grotesca, pero sempre amábel.

d) En que consiste a diferenza que presentan as mensaxes das dúas principais novelas de Eduar-
do Blanco Amor?
Os personaxes de A esmorga actúan movidos polos instintos, son incapaces de racionalizar os seus
actos e están predestinados a un drama de destrución e autodestrución.
Fronte á visión pesimista que Blanco Amor nos ofrecía en A esmorga, Xente ao lonxe preséntanos a
posibilidade de modificar as circunstancias mediante a loita. Así como os protagonistas da primeira
non teñen porvir, os de Xente ao lonxe van construíndo a cada paso (con enorme sacrificio, iso si) o
seu futuro.

e) Que temas destacan na narrativa de Neira Vilas?


• A temática que xira arredor da vivencia infantil do mundo da aldea.
• Narracións en que o mundo rural é observado desde o punto de vista do adulto.
• Narracións centradas no mundo da emigración, onde aborda a epopea tráxica do emigrante galego
en terras americanas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
230
Unidade 13
• Narracións centradas nos inconvenientes do mundo urbano: masificación, soidade, incomunicación,
ruído, acoso publicitario, présa, tráfico, falta de zonas verdes etc.
• As estampas líricas e de semblanzas evocativas de persoas, obxectos e lugares.

f) Que trazos singularizan este autor en relación cos narradores coetáneos?


Móvese nun marco vivencial (a América da emigración, a Cuba castrista...) moi distinto, sen manter
con eles un contacto xeracional.
Non manifesta un afán renovador tan explícito e ofrece un tratamento cruamente realista dos xeitos de
vida e dos conflitos da Galiza rural, en contraste coas preferencias “urbanitas” da NNG.

g) Cal é a obra máis destacada do teatro de posguerra? De que trata? Que valores literarios pre-
senta?
A obra de maior orixinalidade é O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958, estrea
en 1959), de Álvaro Cunqueiro.
A súa modernidade e calidade débese á rica linguaxe dramática empregada e á lúcida revisión ou
recreación mítica que efectúa.
O personaxe de Hamlet, convenientemente ampliado con elementos do Edipo e do Orestes gregos,
sérvelle a Cunqueiro para encarnar unha reflexión sobre a identidade e a existencia humanas e certas
técnicas empregadas na peza abéirana á corrente do teatro do absurdo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
231
Unidade 14.

Páx. 333
Aquela sociedade axiña comezou unha fonda mudanza. Os cregos empezaron a sacar as sotanas, os
profesores cambiaron hábitos autoritarios obsoletos, pais e nais foron permeables ás demandas de
liberdade dos seus fillos e fillas...
Nese curso, os estudantes composteláns coa súa loita anticipáronse ás liberdades democráticas e
abriron o camiño da transición, que non foi doado. O xermolo quedou aí. Nin mártires, nin visionarios,
nin inmunda escoria... Ao noso entender foron uns rebeldes colaboradores das mudanzas esixibles nun
réxime ditatorial caduco que comezaba a abanear. Os estudantes de Compostela perderon o medo e
enfrontáronse aos escenarios da Ditadura con coherencia e organización. Aínda que Franco morreu
na cama, os universitarios seguiron colaborando para moverlle “as patas ao leito do Ditador” desde
aquela confrontación preparisiense de 1968.
Concordamos con Fermín Bouza en que o 68 en Compostela foi un momento clave para espallar todo
o que logo había ser a modernización política de Galicia. As experiencias que se forxaron naquel
laboratorio universitario, desde a perda do medo á actividade política ata o desenvolvemento das
propias ideas e a recuperación da dignidade e da lingua, serviron para facer país. En definitiva, o 68 en
Compostela foi unha toma de conciencia democrática colectiva.

Ricardo Gurriarán. Inmunda escoria

1. Procura na Internet información sobre o 68 compostelán e explica por que o autor deste texto
escolleu o título de Inmunda escoria para o seu libro. Como se di esa expresión en galego?
Pódese atopar información en http://www.culturagalega.org/lg3/extra_recension_imp.php?Cod_
extrs=2336&Cod_prdccn=1901
O autor, Ricardo Gurriarán, elixiu este título en castelán para o seu libro (unhas memorias sobre as
loitas estudantís na Universidade compostelá no ano 1968) porque con esta expresión se referiu a
prensa franquista da época ao estudantado que participaba nas mobilizacións demandando democracia
e liberdade.
A tradución ao galego é inmunda escoura.

2. Indica o significado de: sotanas, obsoletos, xermolo, doado, caduco, espallar, forxaron.
sotana. Vestimenta de cor negra que cobre todo o corpo e se abotoa por diante, usada polos cregos.
obsoleto. Que xa non se usa porque é propio doutra época ou non responde ás necesidades actuais.
xermolo. Elemento que ao desenvolverse dá lugar a un ser vivo. De xeito figurado:- Circunstancia, feito
etc., a partir do que algo ten orixe.
doado. Que se fai, comprende ou consegue sen esforzo.
caduco. Perecedoiro, que ten pouca duración.
espallar. Estender en distintas direccións. Facer que algo se espalle a máis persoas ou máis lugares.
forxaron. Crearon e deron forma ao longo do tempo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
232
Unidade 14
3. Explica as imaxes metafóricas sinaladas en negra.
O xermolo quedou aí. Fai referencia a que as loitas do estudantado no 68 foron a orixe doutros
movementos e organizacións antifranquistas que loitaron contra a ditadura en anos posteriores.
Moverlle “as patas ao leito do Ditador”. Refírese aos feitos, ás loitas, que deron lugar a un debilitamento
da ditadura na súa etapa final.

4. Achega ti outros tres exemplos de metáforas empregadas na linguaxe cotiá.


Resposta aberta.
Algúns exemplos son:
· Botar a lingua a pacer: Falar sen xeito, dicir algo inapropiado ou sen fundamento.
· Lear o palangre: Facer as cousas mal, provocar un problema.
· Lerlle a cartilla a alguén: Rifarlle a unha persoa, botarlle a bronca ou recriminarlle algo.
· Saber nadar e gardar a roupa: Saír ben dun apuro; quedar ben con todo o mundo..
· Poñer o ramo: Acabar, rematar unha tarefa.
· Estar como o rei nunha cesta: Atoparse moi comodamente
· Non ter papas na boca: Falar con claridade, expresarse con total sinceridade sen temor ao que
pensen os demais.

5. Sen as loitas do estudantado, o proletariado e outros sectores a Galiza actual sería moi diferen-
te. Escribe un texto valorando os esforzos realizados no pasado e que nos permiten vivir nunha
sociedade menos inxusta e autoritaria.
Resposta aberta.

I. A XERACIÓN DOS 50
Páx. 348

1. Na aula organizádevos por parellas para realizardes as seguintes actividades:


a) Preparade unha pequena presentación dixital sobre os principais autores da xeración dos 50.
Cada grupo traballará sobre unha autora ou autor diferente.
Resposta aberta.

b) Facede na aula unha exposición da vosa presentación.


Resposta aberta.

c) Escolmade textos poéticos que vos resulten máis suxestivos e, despois de ter traballado os
aspectos fónicos e prosódicos, facede un pequeno recital na aula.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
233
Unidade 14
2. Elaborade colectivamente un traballo audiovisual baseado no relato de Xosé Luís Méndez Ferrín
“O Suso”, pertencente á súa obra O crepúsculo e as formigas. Logo de rematado, se achades que
ten suficiente calidade, subídeo á internet.
Resposta aberta.

3. Despois da lectura do apartado 4 desta unidade, respondede oralmente na aula ou por escrito,
segundo vos indique a vosa profesora ou profesor, as seguintes cuestións:

a) Cales foron os principais obxectivos do chamado Teatro Independente?


• Rescatar o teatro das salas convencionais e comerciais, para achegalo ao pobo, tanto no ámbito
urbano como no rural.
• Romper co concepto de compañía estábel e apostaron polo traballo en equipo, o autodidactismo, a
autoxestión, a formación dun repertorio propio etc.
• Crear as infraestruturas que permitisen o desenvolvemento dunha dramática e dunha escena galegas
modernas, críticas e comprometidas.

b) Por que reciben a denominación de Xeración Abrente?


Porque en 1973, a Agrupación Cultural Abrente, de Ribadavia, presidida por Ernesto Chao e vinculada
aos círculos antifranquistas e nacionalistas de esquerda, convocou a Primeira Mostra e o Primeiro
Certame Abrente de Teatro Galego.
Ribadavia transformouse no punto de encontro para todos os interesados no mundo do teatro na
Galiza. Por vez primeira os grupos puideron saber uns dos outros e tiveron a posibilidade de contrastar
opinións do público e dos críticos, moitas veces nun clima de efervescente polémica.
Pola súa vez, os autores tiveron no Certame un poderoso estímulo para a creación, entanto a Mostra
garantía que as súas producións non ficasen gardadas no caixón.
Entre 1973 e 1980 presentáronse unhas cento vinte pezas, algunhas das cales foron publicadas pola
Editorial Pico Sacro, Edicións do Rueiro ou a revista Grial.

c) Os principais dramaturgos desta xeración, non só son autores, senón que realizan moitas
outras actividades relacionadas co teatro. Cita que outros traballos afrontou cada un deles.
Manuel Lourenzo Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943) é ensaísta e divulgador, actor, autor,
director, tradutor, creador de grupos como O Facho, Teatro Circo. Así mesmo foi promotor de
revistas, coleccións, publicacións e salas teatrais (Elsinor, Castrodouro, Escola Dramática Galega,
Sala e Compañía Luís Seoane, CasaHamlet).
Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945). Membro da Academia Galega e investigador da nosa
historia teatral.
Roberto Vidal Bolaño (Compostela, 1950-2002). Home dedicado por enteiro ao mundo do teatro
(actor, director, guionista, escenógrafo, iluminista, investigador, tradutor, fundador das compañías
Antroido, Teatro do Estaribel e Teatro do Aquí).

d) Cales son os ciclos temáticos da dramaturxia de Manuel Lourenzo?


Ciclo mítico, o das mulleres apaixonadas, o mitolóxico galego, o do teatro por dentro, o ciclo
experimental e o das corruptelas sociais.

e) Que temas comúns abordan algunhas obras de Euloxio Rodríguez Ruibal e Roberto Vidal Bolaño?
O compromiso social e político, denunciando os mecanismos das ditaduras. O retrato da sociedade
galega contemporánea e a reflexión sobre a condición humana.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
234
Unidade 14
f) Cales son as características do teatro deste último autor?
A súa estética é profundamente innovadora, pois asimila e combina con mestría elementos da cultura
teatral popular galega, da dramaturxia de vangarda e da linguaxe cinematográfica.
O conxunto da súa obra, escrita en clave popular e/ou expresionista e construída mediante estruturas
complexas, amosa unha visión aceda e pesimista da vida, aínda que sen renunciar á denuncia político-
social e á loita polos ideais transformadores da sociedade.

g) Explica que quere dicir a expresión “teatro da derrota e a dignidade”, atribuída á obra dramá-
tica de Vidal Bolaño?
Moitos dos personaxes das súas obras son seres marxinais, antiheroicos, perdedores e fracasados,
pero son presentados con dignidade.

4. Pescuda en internet información sobre a ópera O arame de Manuel Lourenzo e Juan Durán.
Pódese atopar información, entre outros, neste sitio web:
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=12971

5. Pescuda información sobre a obra Doentes e a súa versión cinematográfica.


Entre outros lugares web, pódese consultar https://gl.wikipedia.org/wiki/Doentes_(filme).

6. Despois de visualizar na rede http://www.crtvg.es/informativos/falamos-con-morris-de-doentes-


e-de-roberto-vidal-bolano-588156 e http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/roberto-vidal-bo-
lano-e-o-audiovisual-a-pelicula-doentes-baseada-na-sua-obra-de-teatro escribe unha síntese coas
ideas máis importantes expostas polo actor Antonio Durán “Morris” e o xornalista Moncho Lemos,
sobre a obra Doentes e a relación de Roberto Vidal Bolaño co cine.
Resposta aberta.

7. Documéntate e prepara unha breve exposición oral sobre a relación de Roberto Vidal Bolaño e o cine.
Resposta aberta.
Os lugares web anteriormente citados poden servir para facer esa documentación.

Páx. 349

poesía da XERACIÓN DOS 50


MANUEL MARÍA
Terra Cha
A Terra Cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

1. Neste breve poema, atopas algo máis que unha descrición paisaxística? Repara nos versos
cuarto e derradeiro antes de contestares.
un ceo chumbo e tráxico [...] O resto é soedá. Son versos que se refiren á historia adversa das clases
populares en Galiza (o poema foi publicado a finais da posguerra) e ao abandono do mundo rural.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
235
Unidade 14
O último verso ademais de interpretalo como unha referencia ao despoboamento da Galiza interior, tamén
pode ter un carácter existencial. A pesar das aparencias son dous temas moi relacionados entre si.

Ode á beleza da palabra


Só a palabra vale. Unicamente
ela ilumina o mundo,
dalle claridade ás cousas
e fai nídia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Todo muda. Somente a palabra
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama
que un día queimou, con
lúcida paixón e con verdade,
a desolada flor da nosa vida.

1. Neste poema o autor realiza unha gabanza da palabra. Que virtudes lle sinala?
É unha composición que defende a importancia da palabra como fonte de memoria, de identidade e
de coñecemento neste mundo cambiante.

2. En chave metapoética, que tipo de poesía defende implicitamente?


Defende unha poesía socialrrealista.

3. Achas no poema algún elemento de corte existencialista?


a confusa escuridade do noso / ser, mortal e indeciso; a desolada flor da nosa vida.

UXÍO NOVONEYRA
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...

***
COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde niguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco


movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.

***

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
236
Unidade 14

CHOVE pra que eu soñe...

***
CAIN as follas...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca...

1. Localiza nos poemas de Novoneyra exemplos de "paisaxismo existencial" e intenta explica-


los.
CHOVE pra que eu soñe...
Este brevísimo poema amosa a total harmonía do espírito do poeta co entorno natural. A existencia do
poeta está integrada na propia natureza.

CAIN as follas...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca...
De novo vemos o espíro do poeta totalmente integrado no medio natural. O outono é unha estación
que ofrece moitas experiencias sensorias que o poeta transforma en existenciais: un sentimento que
se asenta no eu do poeta, pero que , ao mesmo tempo, resulta moi leve.

2. No poema que comeza co verso "Cousos do lobo!" o poeta bota man dun recurso chamado
"fonosimbolismo". Investiga en que consiste e localiza logo exemplos no propio texto.
O fonosimbolismo é un dos trazos estilísticos máis característicos da poesía de Novoneyra. Consiste
en empregar repetidamente fonemas ao longo dun verso ou dunha composición que adquiren un
carácter simbólico.
COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos [...]
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco

Páx. 350

XOHANA TORRES
¿E todo para qué, corazón meu,
para ser unha hora fora do tempo, ausurda,
onde trenes e andén endexamais concurren?

Vóame todo, nomes de promesa


con vento avaro de recén chegada,
tolo peirao de velas e viaxes
onde non contan xeografía nin clima.

¿E ista esaita memoria de min mesma


onde doen sen pombas as palabras?

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
237
Unidade 14
E todo para qué, corazón meu.
Abaixo, todo o que eu son, un froito,
froito decapitado, o máis caído,
sobor dun chan que nunca foi agosto.

¿Quén saberá dicir o vento que xa agarda,


o azul onde chegaron con copia nova os ceos,
a leda anunciación que agora non me fala?

Todo me fuxe. E nada me persiste


senón teu mapa, corazón distinto:
Isas illas que flotan non son miñas.
Si eu son eiquí, por ser sen pasaportes,
o que o silenzo pecha, o que sempre me roe.

Caro é vivir así,


¡ó lombo un xiro de veleta enferma!.

1. Le atentamente o poema e sinala cales son os motivos temáticos que aborda.


A fugacidade do tempo, o baleiro da existencia, o imprevisible que é a vida.

2. Clasificarías este poema como intimista? Razoa a resposta.


Si, porque o contido do mesmo se centra en vivencias e sentimentos.

Páx. 350-351

BERNARDINO GRAÑA
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Case morto vivín sen coñecerte


aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.

Foi soedade desconforme adentro


e a semente a caír en terra dura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Erguinme e vinte ó regresar á terra


como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.

Foi outra vez materno en aloumiño


o bico teu na lingua.
E foi novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
238
Unidade 14
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Pero hoxe mesmo o día abriu en medo


entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.

Está a volver agora corazón adentro


a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

******

En Padrón os alumnos do Instituto


imaxínanme alegre docto e pulcro
e axiña han de saber que o catedrático
este animal fonético-semántico
soubo sí prepararche á hora da cea
peixe e patacas con cebola e allo
mais sabendo de epítetos e léxicos
nunca soubo decirche en xustas verbas
como o tes no teu pelo engaiolado
e han saber que o recordo é a pizarra
onde escribe despois de vir das clases
borra escribe e repite e non ve claro
outra vez raña o pelo que lle queda
fuma bebe pon lume a un pau de sándalo
e atopa así algún cheiro femenino
mais non sabe atopar no diccionario
a palabra ou sintagma con que anceia
reterte na súa casa todo o ano.

Pon o reló prás oito. Mañá cedo


vai a Padrón explica enche o encerado
de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi
Juan de la Cruz o Cántico.

O malo é volver cando se sobe


os cinco pisos
banzo a banzo e se abre
a porta e non estás e a casa o mundo
son vougo enteiro sen amor nen cántico.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
239
Unidade 14
1. No primeiro dos poemas comparece unha historia de amor. Poderías resumila? Repara espe-
cialmente no refrán.
O eu poético sentía a súa vida baleira ata que coñeceu á persoa amada que lle fixo gozar da existencia
e sentirse querido, pero, finalmente, é abandonado por esa persoa e iso prodúcelle un enorme
sufrimento.

2. No poema “En Padrón os alumnos…” combínanse dous planos argumentais. Identifícaos.


Os planos argumentais que mestura son o do seu traballo profesional (En Padrón os alumnos do
Instituto...; enche o encerado de cousa vouga Ovidio o Ars Amandi Juan de la Cruz o Cántico...) e o
da súa vida privada (soubo prepararche á hora da cea peixe e patacas con cebola e allo [...] nunca
soubo decirche en xustas verbas como o tes no teu pelo engaiolado).

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
Galicia
Galicia é isto que vai en nós
e que nos leva
camiño aberto nos sulcos
onde todo é por vir e non chega...

Galicia ferida en sono e sombras,


Galicia enteira
coma un morto baixo un albre
soterrado
onde todo durme e non esperta.

Galicia do mar e da curtiña,


Galicia miserenta,
chan de ledicia queixumbrosa
onde a fama énchese de pacencia.

Galicia do sí, do non e do quén sabe,


duda imensa
a falar sempre o que lle mandan
sin decir o que pensa.

Galicia verdadeira, cando?

I eiquí, sin máis,


esgázase o meu poema...

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN


Conto
Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira mais espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
240
Unidade 14

Era Galicia esguío vento agudo


encrequenando en sí tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.

Era Galicia cen abós de terra


sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo


de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.

********

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Na outra banda do mar constrúen o navio:


o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construír a torre de cristal da miña infáncia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.

1. Neste poema de Avilés de Taramancos memoria e identidade fúndense estreitamente. Por me-
dio de que elementos se realiza esa fusión?
O navío = torre de cristal da miña infancia
Cada caderna maxistral é unha peza do meu ser
No interior da quilla está a médula mesma da miña espiña dorsal
Cando ergan a vela [...] será o meu corazón quen sinta o vento.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
241
Unidade 14
Páx. 352

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO


Aula de posguerra
Soaba unha pingueira nunha tina de cinc,
alí, onde contaban a Historia conveniente.

E chovía nos verbos, naquel nove entre cinco.


e a táboa do oito era outra mentira tan exacta;
e era outra mentira o mapa da parede
sen o río da aldea.
Chovía nos vacíos das fórmulas e as frases,
na mañá de zotal e tinta fría.

E alí alguén soñou barricadas de estampas,


Cárpatos de ningures,
petos cheos de amoras, un brinco endomingado,
a saúde do seixo e o pentagrama
para fuxir dun mundo de aligacións e ángulos,
da mosca verdiazul do mediodía.

Soaba unha pingueira nunha tina de cinc.

¿Onde resiste
quen foi pasquín de rebelión e escándalo?
¿En que tenda de praza-patrimonio
vende sedas, ou viño, ou minte con megáfono?
¿Onde é materia para un himno?
¿Fervor de que océano ou alcoba?
¿Onde home de proveito? ¿Que guarismo?

E un día fundaron o castigo:


requisaron a luz nos seus depósitos,
as estrelas de lata, os acopios de mica,
algo do mar en soños outorgado
e puxeron a primeira inocencia contra a parede,
contra o mapa das patrias sen patria,
sen o río da aldea.

Soaba unha pingueira nunha tina de cinc.

Comezaba o inverno
a durar media vida.

1. O poema evoca desde o título o sistema educativo do franquismo. Que elementos o caracteri-
zan?
• O precario estado dos edificios escolares (“Soaba unha pingueira nunha tina de cinc”);
• As pésimas condicións dos escolares (frío, humidade e parasitos - o Zotal é un desinfectante-);
• O maniqueísmo e parcialidade dos contidos (“alí, onde contaban a Historia conveniente”);

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
242
Unidade 14
• Os castigos aos escolares (“e puxeron a primeira inocencia contra a parede”)
• A ocultación da realidade máis próxima (“e era outra mentira o mapa da parede / sen o río da
aldea”) e do pasado democrático republicano (“¿Onde resiste / quen foi pasquín de rebelión e
escándalo?”)

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN


A amante nunca ten dentes postizos
graus no nariz
pelos nas coxas
gorduras nos cadrís.
Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir.
O poeta ama a perfección
non te ama a ti.
Es idealización
mito
metáfora da metáfora.

De non seres perfecta como te amarían?

1. Queizán pon en evidencia neste poema o machismo subxacente no canon de beleza feminina
habitual na literatura. Explica como o fai.
Queizán pon de manifesto a elaboración literaria da imaxe da muller ao longo da historia da literatura
escrita polos homes. Esta construción é idealización mito metáfora da metáfora.
A poeta denuncia a escisión entre a muller real e a conceptualización: O poeta ama a perfección non
te ama a ti.
As mulleres son seres reais, corpóreos, con características que se afastan desa construción ideal.
Poden ser persoas con dentes postizos, graus no nariz, pelos nas coxas, gorduras nos cadrís, incharlle
os ollos ao dormir...

O caduco
¡Déixenme saír da trama da saudade
tecida polos románticos sociais
polos padres da patria
que me perden no bosco primixenio
poboado de celtas barudos
provocadores de nostalxia
da forza que perdimos
do que pudo ter sido e non foi...

¡Déixenme escapar do árdelle o eixo


carballeira trasnoitada
irmandiños pendurados nas ponlas do fracaso
dos dous de sempre
emigrantes que veñen morrer a terra
cando van van como rosas
vítimas boas só por vítimas
e deus nos libre dun xa foi.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
243
Unidade 14
¡Déixenme librar dunha noite no muíño
das gaitas que choran na romaría fraguista
das verrugas de san benitiño
como chove miudiño
da memoria dun neno galego
de nós os inadaptados, de nós, nós, nós!
de nin vou alá nin fago falta
das augas pasadas que non moven futuro.

¡Déixenme destetar da galicia terra nai


do leito da inocencia histórica
que non redime
da espada escalibor
do resgusto do desastre
de non enterran morte que enterran semente
da galeguiña doce e abnegada
dos bos e xenerosos.

¡Déixenme enamorar cando vella!

1. Este poema de Queizán propugna unha clara ruptura con toda unha serie de correntes estéti-
cas e ideolóxicas presentes na literatura galega. Identifica cales son e que obras e/ou autores
son aludidos no poema.
• Referencia a Pondal e a súa evocación dun pasado mítico:
¡Déixenme saír da trama da saudade
tecida polos románticos sociais
polos padres da patria
que me perden no bosco primixenio
poboado de celtas barudos
provocadores de nostalxia
da forza que perdimos
do que pudo ter sido e non foi...

• Referencias ao costumismo e ao folclorismo que impregnou boa parte da nosa tradición literaria:
¡Déixenme escapar do árdelle o eixo
carballeira trasnoitada
¡Déixenme librar dunha noite no muíño

• Referencia ás revolucións irmandiñas (a primeira en 1431 e a segunda en 1467) que alimentan a


poesía dalgúns autores da xeración dos 50:
irmandiños pendurados nas ponlas do fracaso

• Referencia á novela de Castelao:


dos dous de sempre

• Referencia ao verso que Rosalía de Castro toma dunha copla popular para o seu poema de Cantares
Gallegos titulado “Castellanos de Castilla” onde se denuncian as condicións inhumanas de traballo
que padecían os galegos na emigración anduriña da sega en Castela:
cando van van como rosas
vítimas boas só por vítimas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
244
Unidade 14
• De novo un verso de Rosalía de Castro que representa o tópico da saudade na psicoloxía galega
vencellada á chuvia persistente:
como chove miudiño

• Novela de Xosé Neira Vilas, a obra en prosa máis lida da literatura galega – non debemos perder de
vista que a poboación galega ata hai a penas dúas décadas era maioritariamente rural e descubriu
nesta obra un retrato do seu propio mundo e das súas vivencias da infancia -, máxima representante
da narrativa ruralista:
da memoria dun neno galego

• Título do ensaio de Risco que se corresponde coa etapa pregaleguista e que amosa valores
antigregarios e elitistas:
de nós os inadaptados, de nós, nós, nós!

• Referencia á construción literaria de Galiza como nai, que nace xa cos precursores (Pintos, Añón...)
e chega ata os nosos días:
¡Déixenme destetar da galicia terra nai

• Referencia a un elemento da tradición artúrica, que representa a fusión dos elementos da mitoloxía
celta con valores da tradición cristiá, empregada por Cabanillas no poema narrativo Na noite
estrelecida e revisitada por Ferrín e outros autores contemporáneos:
da espada escalibor

• Imaxe empregada por Castelao e por moitos outros autores posteriores para referirse aos mortos a
mans do terror fascista durante a guerra civil:
de non enterran morte que enterran semente

• Referencia a un dos versos máis citados do poema de Eduardo Pondal “Os pinos”, que constitúe
un dos símbolos de Galiza (o seu himno) e que presenta unha división dicotómica entre bos e maos
galegos:
dos bos e xenerosos

• Referencia á obra teatral de Castelao, Os vellos non deben de namorarse:


¡Déixenme enamorar cando vella!

Páx. 353-354

Narrativa da XERACIÓN DOS 50


XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

O crepúsculo e as formigas (1961)


O Suso
A voz do Suso chegóu a min fortemente, como unha corneta que rinchase:
—Manolito. Baixa. Baixa.
Eu obedecín. Todos os rapaces da Barbaña obedecíamos ao Suso. Il era solprendente. Tiña uns ollos
escuros; ollos de animal de baixoterra, opacos, fixos. Non era posíbel deixar de cumprir os seus desexos.
Il non mandaba, simplesmente desexaba. Estivera tirando pedriñas contra os vidros da miña habitación.
Eu abrira a fiestra e el berroume duro:
—Manolito. Baixa. Baixa.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
245
Unidade 14
Baixei. Desencolgueime pola vella cepa, máis vella que o meu abó, aquela tan vella que facía garda
inmóvil na porta da nosa casoupa da Barbaña.
—Hai un rapaz no río –díxome o Suso.
Eu non lle demandei se é que o rapaz afogara. Pero voltei a testa, inquirindo, como a testa de unha víbora.
Respondeume:
—Está cerca da Pasarela. Ten os ollos abertos.... Éche un rapaz.
Detívose e perguntoume pregando o entrecello:
—Tes medo?
Ía eu premitir que o Suso supuxera aquilo? En verdade tiña medo.
Pero o caso é que tódolos rapaces da Barbaña tolearían de pracer se Suso os fora tirar do leito ás dúas da
mañá pra ir ver un afogado. E eu mesmo sentía un pracer xugoso e doce, coma se mordera unha grande
mazá que me enchera a boca.
Pro eu tiña medo e sabía que chegado o intre había ter aínda máis medo. Díxenlle:
—Non. Non teño medo. E logo?
Púxemonos a andar á beira do río.
A néboa era lixeira, coma un cristal algo suxo.
Facía frío. Saíra con roupa de menos e cando me din de conta daba dente con dente.
—Estóu aterecido, Suso.
Il non respondeu. Agora que recordo xa non dixo máis nada en todo o tempo que duróu o noso camiñar á
beira do río.
Daba eu un paso e un medo novo botábame unha poutada igoal que un gato bravo, alritado.
O río da Barbaña fede: alí concéntrase toda a merda de Ourense.
Ergueuse vento e tiven máis frío. Pro, sobre de todo, molestoume o grande rumor dos canaváis, axitados
coma unha cabeleira erecta que berrase. Fixeime no Suso. O Suso sempre tranquilizaba coa cara morena
e fina que il tiña e os xeitos seguros. E a ponto estiven de berrar: o Suso ía coa cabeza baixa, camiñando
con pasos inseguros, todo denotando nil inseguridade. Fiquei perplexo e pareime, cos ollos moi abertos. Il
non fixo nada máis que isto: olloume fixamente, fixamente. Como soio il sabía ollar. Eu recuperei a calma
no acto.
Saquei dous pitos que lle roubara ao meu pai. O Suso dixo que non coa cachola. Eu acendín un. Pareime.
O Suso seguía a andar. Dinme de conta de que as pegadas do Suso non erguían absolutamente ningún
bruído e por segunda vez estiven a ponto de berrare... Pro mordín o labre inferior e seguín, notando que un
delgado fío de sangue me escoaba polo queixo. O Suso parouse. Estaba algo lonxe de min, enriba dunha
cañería de formigón armado. Pareceume alto e lonxe. E moito. Berroume como adoitaba a berrar, como
unha corneta:
—Manolito. Xa chegamos. Está na orela. Ti busca por alí. Eu vou por alá.
As últimas palabras removéronme e puxéronme carne de galiña. Tatexei:
—Non... Non...
E il repitiu:
—Eu vou por alá.
Vin desaparecer os seus ollos opacos e poderosos. Foise.
E eu púxenme a buscar o rapaz afogado ao resplandor escasísimo que viña do bairro do Couto.
O vento rizaba a iauga porca da Barbaña. E batíame o fedor na cara coma unha suxa mao. Metín un pé
no río e mordeume un frío agudo.
E atopei ao rapaz afogado, na beira, a flor de auga.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
246
Unidade 14
Foise o medo inesplicábelmente.
Era un rapaz –visto antre a néboa, antre a iauga, á luz lonxana do Couto– de proporcións parellas ás do
Suso ou ás miñas. Chamei:
—Suso. Suso. Suso.
Fungaban –iso sí– as canas, pero o Suso non me respostóu.
—Suso. Suso. Suso.
Dinlle a volta moi asustado, pro sen medo. Dinlle a volta. O rapaz afogado tiña ollos de animal de
baixoterra. Tiña os ollos do Suso. Tiña a ademirada cara do Suso. O rapaz afogado era o Suso.
Botei un berro liso e longo como unha lombriga. A néboa espesara. O vento quería fender os canaváis.
Voltei a berrar e o berro foi outra vez longo e repulsivo. Caín. Erguinme. Iniciei unha carreira cega.
Ao final da miña fuxida de pequena besta horrorizada, estaba a miña casa. E metinme na cama acorado e
molladísimo.
Pasóu o tempo.
Pasóu o que quedaba de noite, nun estado de semi-inconsciencia.
E toda a rapazallada do bairro comenzóu a berrar embaixo da miña fenestra:
—Manolito. Manolito. O Suso afogóu onte no río. O Suso afogóu onte no río.
Erguinme e mirei o río. Era día grande. Non había néboa.

1. Que clase de narrador presenta este relato?


É un narrador protagonista.

2. Como é a relación entre o narrador e o personaxe do Suso?


Suso é o líder da rapazada do barrio (“todos os rapaces da Barbaña obedecíamos ao Suso”) e exerce
unha especie de fascinación sobre todos eles (“Il era solprendente. Tiña uns ollos escuros; ollos de
animal de baixoterra, opacos, fixos. Non era posíbel deixar de cumprir os seus desexos”), á que o
propio Manolito non pode substraerse. Por iso o acompaña ao río e por iso finxe non sentir medo.

3. Repara no tempo e no espazo deste relato. Que notas destacarías?


• O tempo.
· Destaca a nocturnidade en que se ambienta a acción.
· Comeza no medio da noite e remata pola mañá, xa co día grande.
· A tempo interno da historia concéntrase na noite, xa que o protagonista di: “Pasou o que quedaba
de noite, nun estado de semi-inconsciencia”. Con esta frase sumarial dá paso a outro momento,
máis cheo de luz e de realidade: “Erguinme e mirei o río. Era día grande. Non había neboa.”
• O espazo.
· A casoupa na que que vivía Manolito, o barrio da Barbaña. A ribeira do río co frío, o vento, o
fedor, a néboa, o ruído dos canavais...

4. O final é climático ou anticlimático?


Ten un final anticlimático.
O clímax ten lugar cando Manolito lle dá volta ao cadáver do rapaz que buscaba xunto co seu amigo
e descobre que se trata do propio Suso.
Despois de toda a tensión acumulada no percorrido á beira do río co Suso, o protagonista esperta
confirmando o resultado da súa onírica experiencia nocturna: a morte do Suso. Isto prodúcese co día
grande e sen néboa. A realidade está iluminada, preséntase sen dúbidas, temores nin descougos.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
247
Unidade 14
Páx. 355-356

Teatro
ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ledaíñas pola morte do Meco (1977)


(Mentras vai entrando a xente no lugar da representación, O Borralleiro, O Corregalos, A Choqueira,
A Madamita e O Troteiro maquíllanse, vístense e arranxan os derradeiros detalles, nun espacio
disposto entremedias do púbrico, percurando conquerir a súa axuda en tales facendas.
Levan longos saios de pano vello e cubren as súas facianas con carozas ou maquillaxe craro e mesto,
asemellándose a pantasmas ou máscaras de entroido choqueiro.
Faise o escuro.
Espállanse por antre o púbrico, alumeados pola velaíña luz de candiles i escomenzan a envolvelo nun
queixume dos seus laios, que irán medrando de volume até enchelo todo dun berro adoecido e témero).

CORREGALOS – ¡Na terra de que somos nós, os campos apodrecían na soedade!


BORRALLEIRO – ¡As xentes fuxían dos seus lares pra terras que lles eran estranas!
TROTEIRO – ¡A fame e a ruindade feiticeira de forzas endiañadas empuxaba aos nosos mellores vinculeiros
a deixar a terra que os vira nacer e medrar!
MADAMITA – ¡O arrecendo dos verdes piñeiros tornárase tufo de ulir desacougante!
CHOQUEIRO – ¡Os ríos baixaban cubertos do prateado resprandor das troitas mortas!
CORREGALOS – ¡O gando adoecía na paseniña agonía de febres e andacios porcalleiros!
BORRALLEIRO – ¡Tiñamos unha terra rica e de proveito e esmorecía escachada en mil anacos pequechos
sin arranxo nin contento!
TROTEIRO – ¡Tiñamos unha terra rica e de proveito e xemiamos baixo o pé aldraxante do estranxeiro!
MADAMITA – ¡A fala de xentes alleas asoballaba á dos nosos devanceiros!
CORREGALOS – ¡A fame, a pouquedade e o longo tremar medoñento fixo que en todos nós se acogularan
os anceios de dar remate ao xunguimento!
TROTEIRO – ¡E o berro adoecido de milleiros de xentes sinxelas ergueuse polos camiños, enchendo o ar
de sons de loita e quecer de lume xusticieiro!
BORRALLEIRO – ¡Recramando a pronta desaparición da anguria e o desacougo da face da nosa terra!
MADAMITA – ¡O sangue dos nosos antergos, pacentemente derramado, fíxose cramor no cumio dos
outeiros!
(Voltan paseniña e rumorosamente ao espacio disposto entremedias do púbrico)
CHOQUEIRA – ¡Morte!
CORREGALOS – ¡Morte!
BORRALLEIRO – ¡Morte!
MADAMITA – ¡Morte!
TROTEIRO – ¡Morte!
(Cando forman un grupo cinguido, berran a eito...)
TODOS – ¡Morte e odio infindo ao Meco!
(Alcéndense as luces, con gran bruído e romaría de pandeiros, latas, axóuxeres, foguetes e rinchos
de besta enchéndose o silencio de estoupidos e a escuridade de luceiros. Erguen todos sobor das

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
248
Unidade 14
suas cacholas longos varais dos que penduran as roupas e aparellos que irán percisando ao longo
da representación e máis saios de vella, bragas de moza casadeira, allos de Baio, barbas de bruxa,
carozas con facianas de endiañados, chapas de coca-cola en rosario de besta choqueira, pandeiros,
estolas, sabres, bandeiras, casulos de froles secos, fuciños de porco, cornos de diaño bermello e todo
canto se queira.
Do varal máis longo pendura un espido monifate de pano vello, de cheo bandullo e de corpo groso
e grandeiro.
Espeta no chan o varal do monifate e, mentras o Corregalos rube a un outo, os demais espállanse de
novo por antre o púbrico, sin deixar de pedir a berros a morte do Meco).

CORREGALOS – (Ao púbrico) ¡As voces, primeiro queixosas, trocáronse axiña esixentes, procramando
aos catro ventos o escomenzo dunha loita que remataría con quén tanta mágoa nos tiña feito!
BORRALLEIRO – (Berrando) ¡Arrincou de onde nós os mellores brazos da parroquia!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
CHOQUEIRA – ¡Trocou as augas e os ventos da nosa terra!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
MADAMITA – ¡Fixo das nosas pastorizas piñeirales!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
TROTEIRO – ¡E do noso mar, esterqueiras de cuspe mesto!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
CORREGALOS – ¡Valeirou os nosos sobrados e deunos en troques veleno!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
BORRALLEIRO – ¡Encheu de auga as nosas leiras, pra alumear as noites do estranxeiro!
TODOS – ¡Morte, morte, morte ao Meco!
(Sinalando ao monifate que preside no medio)
BORRALLEIRO – ¡Ollade, ollade, ollade coma sorrí, fachendoso dos seus aldraxantes feitos!
(Collen o varal do que pendura o monifate e bailan de un en un co il, ao son dun pandeiro. Cando non
bailan, forman en fechado circo ao seu redor) [...].

1. Repara na vertente propiamente espectacular que presenta esta escena. Que elementos a
constitúen? Con que tipo de espectáculo se relaciona? Que papel xoga o público?
• Os actores maquíllanse, vístense e ultiman a súa caracterización “mentras vai entrando a xente
no lugar de representación” e, ademais, fano “entremedias do púbrico, percurando conquerir a
súa axuda en tales facendas” (dilúense ata certo punto as barreiras entre actores e público; faise
partícipe ao espectador dunha parte dos “trucos” e “disfarces” que envolverán a representación).ç
• Ao facerse o escuro e comezar a representación, os actores están espallados “por antre o público”,
envolvéndoo coas súas voces, laios e berros (ruptura da chamada “cuarta parede”).
• A caracterización dos personaxes é espectral (“asemellándose a pantasmas”) ou propia das máscaras
de entroido choqueiro (conexión coas formas da dramaturxia popular).
• Empréganse efectos lumínicos, sonoros e visuais con medios pouco habituais no teatro comercial
e burgués, extraídos da canteira do teatro e das festas populares e que tenden á creación dun clima
de balbordo e confusión moi típico do Entroido (“Alcéndense as luces, con gran bruído e romaría
de pandeiros, latas, axóuxeres, foguetes e rinchos de besta enchéndose o silencio de estoupidos
e a escuridade de luceiros. Erguen todos sobor das suas cacholas longos varais dos que penduran
as roupas e aparellos que irán percisando ao longo da representación e máis saios de vella, bragas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
249
Unidade 14
de moza casadeira, allos de Baio, barbas de bruxa, carozas con facianas de endiañados, chapas de
coca-cola en rosario de besta choqueira, pandeiros, estolas, sabres, bandeiras, casulos de froles
secos, fuciños de porco, cornos de diaño bermello e todo canto se queira”).

2. Os personaxes responsabilizan o Meco de diversos males padecidos. Cales son?


• Provocou un éxodo migratorio rural de proporcións masivas e catastróficas (“os campos apodrecían
na soedade”; “as xentes fuxían dos seus lares pra terras que lles eran estranas”; “empuxaba
[...] a deixar a terra que os vira nacer e medrar”; “arrincou de onde nós os mellores brazos da
parroquia”).
• Mantivo na miseria o pobo (“a fame e a pouquedade”; “baleirou os nosos sobrados”) e impediu
con leis minifundistas e expropiadoras o seu progreso (“Tiñamos unha terra rica e de proveito e
esmorecía escachada en mil anacos pequechos sin arranxo nin contento”; “fixo das nosas pastorizas
piñeirales”).
• Contaminou a natureza (“deunos en troques veleno”), fonte das principais riquezas do país (“O
arrecendo dos verdes piñeiros tornárase tufo de ulir desacougante”; “Os ríos baixaban cubertos do
prateado resprandor das troitas mortas”; “o gando adoecía na paseniña agonía de febres e andacios
porcalleiros”; “trocou as augas e os ventos da nosa terra”; “[fixo] do noso mar, esterqueiras de
cuspe mesto”).
• Solagou terras fértiles con encoros hidroeléctricos que derivaron a outras zonas a maior parte da
súa produción (“Encheu de augas as nosas leiras, pra alumear as noites do estranxeiro”)
• Maltratou a lingua e a cultura propias para impoñer a allea (“A fala de xentes alleas asoballaba á
dos nosos devanceiros”).

3. Toda a escena transcorre nun ton exaltado. Repara nos elementos que contribúen a ese ton e
explica a súa funcionalidade
• As sucesivas intervencións dos personaxes Corregalos, Borralleiro, Choqueira, Troteiro e Madamita
sobre o Meco presentan unha estrutura paralelística evidente, que lle outorga un ar ceremonial,
ritual, salmódico á escena, cos actores como oficiantes.
• Remárcase o carácter colectivo dos reproches e denuncias que se verbalizan, así como dos
sentimentos de vinganza que se manifestan.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
250
Unidade 15.

Páx. 357
Iqbal Masih tiña como única posesión os seus doce anos. Aos catro foi vendido por 600 piastras –menos
de quince dólares– para traballar nas industrias tecelás do Paquistán. Iqbal tecía alfombras durante
doce horas ao día a cambio de tres centavos.
Un día, o pequeno rompeu os fíos que o ataban ás tecedeiras e converteuse na voz da denuncia dos
millóns de nenos escravos do mundo. Cos premios recibidos abriu unha escola na que quería aprender
para facerse avogado. A súa loita fixo que pecharan varias empresas nas que traballaban como escravos
nenos e nenas pero, tamén, que puxeran prezo á súa pel.
O día 16 de abril de 1995, Iqbal caeu abatido a balazos polas costas cando pedaleaba na súa bicicleta.
As mafias tapiceiras paquistanís non perdoaron a súa voz, unha voz que xa se escoitara internacionalmente,
mesmo na ONU. Dende entón, o día 16 conmemórase en todo o mundo o día internacional contra a
escravitude infantil.
A tráxica historia de Iqbal non é, por desgraza, unha excepción. Segundo Unicef, no mundo hai uns 250
millóns de cativos forzados ao traballo. Minas, canteiras, tabaqueiras, fábricas de tixolos, tecedeiras,
o agro... Os corpos infantís son utilizados como man de obra barata para satisfacer a fame insaciable
do capitalismo.
Nenos-soldado. Nenas-prostitutas. Nenas-obreiro. Nenos-sida. Nenos-venda de órganos. Nenas-pega-
mento. Nenos-rúa. McDonalds e Disney son citadas pola Axencia de Información para América Latina
como multinacionais que empregan a menores para fabricaren xoguetes. Os nenos dos países subde-
senvolvidos cosen as pequenas pezas coas que os nenos occidentais tecen os seus soños. Os alicerces
da ilusión.
Rosa Aneiros, «Iqbal Masih», en El Progreso (14/4/2006)

1. Sinala a estrutura do texto.


Podemos sinalar dúas partes ben diferenciadas dentro do texto, que, pola súa vez, presentan algunha
subdivisión interna:
1. A historia de Iqbal:
· Presentación: Iqbal era un neno que traballaba na fabricación de alfombras.
· Nó: Converteuse no voceiro da denuncia da explotación infantil a nivel internacional.
· Desenlace: Foi asasinado o 16 de abril de 1996 polas mafias tapiceiras. Desde entón celébrase nesa
data o Día Mundial contra a escravitude infantil.
2. A explotación infantil no mundo actual:
· Datos de UNICEF sobre a cuestión.
· Reflexión sobre a relación coa escravitude infantil das multinacionais que ofertan produtos para a
infancia do chamado “primeiro mundo”.

2. Explica a afirmación de Rosa Aneiros destacada en negra.


A resposta debe facer referencia ao feito de que os xoguetes (balóns, bonecas, roupa deportiva etc.)
que mercan e empregan as crianzas do chamado primeiro mundo son fabricadas, na meirande parte dos

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
251
Unidade 15
casos, por empresas multinacionais responsábeis da escravitude de nenos e nenas nos países en vías
de desenvolvemento. MacDonals e Disney, empresas que se presentan asociadas ao goce infantil, son
algunhas das denunciadas por estas prácticas que atentan contra os dereitos humanos.

3. Analiza sintacticamente o fragmento subliñado no texto.


Iqbal caeu abatido a balazos polas costas cando pedaleaba na súa bicicleta
Trátase dunha cláusula complexa, que consta de
SUX: Iqbal
PRED: caeu
C. PREDICATIVO: fadxectiva: abatido a balazos polas costas
NÚCLEO: fadx.
NUC: abatido
MOD: fprep.
DIR: prep.: a
TERM: subst.: balazos
MOD: fprep.:
DIR: prep.: por
TERM: fnom:
DET: art.: as
NOM, subst.: costas
CCTEMPO: claúsula subordinada adverbial
NEXO: cando
SUX elidido: el
PRED: pedaleaba
SUPLEM: fprep. na súa bicicleta
DIR: prep. en
TERM: fnom.: a súa bibicleta
DET: art. a
NOM: fnom: súa biblicleta
DET: posesivo: súa
NOM: subst.: bicicleta

4. Pescuda información sobre os exemplos de explotación infantil protagonizados por empresas


españolas. Escribe un texto reflexionando sobre o noso papel como consumidores.
Resposta aberta.
Pódese atopar información sobre o tema, entre outros, nos seguintes lugares da Rede:
http://www.elconfidencial.com/espana/2012/03/23/trabajo-esclavo-en-la-india-tres-empresas-
espanolas-estan-incluidas-en-la-lista-negra-94749
http://www.unicef.es/gl/taxonomy/term/520
http://www.atualcanceblog.es/article-investigacion-ab-marcas-acusadas-de-explotacion-infantil-
111652142.html#.UgPB45JSgwo

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
252
Unidade 15

TENDENCIAS DA LITERATURA GALEGA


ACTUAL (I): NARRATIVA E ENSAIO
Páx. 384

1. Por parellas respondede as seguintes cuestións:

• Quen foi a primeira muller que recibiu o Premio Xerais de Novela?


Marilar Aleixandre.

• Con que obra?


Teoría do caos (2001)

• Cales son as constantes do mundo narrativo de Darío Xohán Cabana?


A poeticidade estilística, a sinxeleza construtiva, a actualización do realismo máxico cunqueiriano
e a reutilización dos materiais da narrativa artúrica e da mitoloxía popular. As súas últimas novelas
pretenden unha interpretación ideolóxica da historia nacional.

• Que temáticas trata Marica Campo en Memoria para Xoana?


Nesta novela a narradora é unha música embarazada que escribe a historia das súas devanceiras,
para que a súa futura filla coñeza o longo camiño de dor, sacrificio e loita que hai detrás do dereito á
igualdade que como muller dos nosos días deberá poder gozar.

• Que autor destaca como cultivador do relato e da ficción científica?


Ramón Caride Ogando.

• Cales son os trazos que definen o estilo narrativo de Manuel Rivas?


O dominio da técnica e unha sabia combinación de humor e lirismo. Estes elementos, constantes no
resto da súa obra, están ao servizo dunha visión de Galiza irónica e amábel, tinxida de humanismo e
sagaz para captar as situacións chocantes da vida diaria.

• Que temática trata Manuel Rivas en dúas das súas principais novelas?
A temática memorialística do 36.

• En que libro está baseada a película A lingua das bolboretas?


Está baseada en tres relatos de Que me queres, Amor?

• En que obras de Suso de Toro destaca o experimentalismo e a aproximación aos personaxes


marxinais?
Caixón desastre (1983), Polaroid (1986), Land Rover (1988) e Tic-tac (1993).

• Que autor destaca por cultivar a narrativa de temática sociolingüística no presente século?
Sechu Sende.

• Que autora recrea aventuras de piratas e a temática lésbica? En que obra?


María Reimóndez en Pirata (2009).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
253
Unidade 15
• Achega un título de temática medioambiental de cada unha destas autoras: Rosa Aneiros, Te-
resa Moure e María Reimóndez.
Rosa Aneiros: Veu visitarme o mar (2004), Teresa Moure: A intervención (2010) e María Reimóndez:
En vías de extinción (2012) ou A música dos seres vivos (2015).

• Cal foi o iniciador do ensaio económico en Galiza?


Xosé Manuel Beiras Torrado.

• Con que obra?


Coa súa obra O atraso económico de Galicia (1972).

• Que autor representa a alta calidade que ten acadado o ensaio histórico na nosa literatura?
Justo G. Beramendi.

• Que temáticas trata o ensaio cultural e artístico?


Son moitas as temáticas e os enfoques que acollen os ensaios sobre cultura e arte que se escriben
en galego. Entre eles destacamos a historia e rol das institucións culturais históricas galegas máis
emblemáticas (a Academia Galega, as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos ou a
propia Universidade), a dinámica mais os trazos específicos do sistema literario galego, o mundo
das artes escénicas, a historia do cinema, a reflexión sobre estética, artes plásticas, arquitectura e
urbanismo.

• Cales son os grandes autores e autoras do ensaio sociolingüístico galego?


Ricardo Carballo Calero, Xesús Alonso Montero, Francisco Rodríguez Sánchez e María Pilar García
Negro.

• Que obras escribiu e que temática trata nelas Xosé Chao Rego?
Xosé Chao Rego é un dos principais impulsores do cristianismo galeguista. Promotor de Irimia, as
súas inquietudes oriéntano cara ao ensaio teolóxico e antropolóxico-social.
Publicou, entre outros, os ensaios O libro da auga, Prisciliano. Profeta contra o poder, A condición
homosexual e A muller, ¡que cale! Raíces do antifeminismo. Nesta última obra Chao Rego fai unha
análise das orixes da ideoloxía que sustenta algunhas das discriminacións e prexuízos que seguen en pé
dentro do cristianismo, da oficialidade da igrexa católica e, por extensión, da sociedade actual en xeral.

• Cita tres cultivadores do ensaio antropolóxico e etnográfico.


Marcial Gondar Portasany, Ramón Mariño Ferro e Xosé Manuel González Reboredo.

• Cita tres cultivadoras do ensaio feminista.


María Xosé Queizán, Carmen Blanco e Teresa Moure.

• Cita tres obras da impulsora máis destacada do ensaio feminista galego.


Calquera das obras de María Xosé Queizán: A muller en Galicia, Recuperemos as mans, Evidencias,
Escrita da certeza, Racionalismo político e literario. Conciliar as ciencias e as humanidades e Anti
natura.

• Quen son Jorge Mira e Daniel Soutullo? Coñeces algunha das súas obras?
Jorge Mira é un divulgador científico, profesor universitario e presentador de tv. Daniel Soutullo é un
profesor de ciencias naturais e un importante ensaísta sobre cuestións xenéticas.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
254
Unidade 15
• Que personaxes coñeces dos que aparecen citados no apartado de memorias.
Resposta aberta.

• Quen é o autor de Unha ducia de galegos?


O xornalista e numerario da Academia Galega Víctor F. Freixanes, actual presidente da editorial
Galaxia de Vigo.

2. Indica cales son os principais trazos da dinámica da narrativa galega nas últimas décadas.
• A definitiva consolidación e a enorme diversificación temática da narrativa;
• O medre no número de obras publicadas, tanto de novelas como de relatos.
• A fundación de novas editoras (Sotelo Blanco, A Nosa Terra, Baía, Positivas, Ir Indo, Do Cumio,
Laiovento, Espiral Maior etc.);
• A consolidación dos premios literarios, que constitúen un importante estímulo á escrita: o Merlín de
Literatura Infantil, instaurado por Xerais en 1986; o García Barros (1989); o Café Dublín de Narrativa
Curta (1994) e o Premio Eixo Atlántico (1997).
• O extraordinario desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil galega, con numerosas voces
recoñecidas mesmo a nivel internacional como Marilar Aleixandre, Agustín Fernández Paz, Paco
Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Ramón Caride e un longo etcétera. Neste pulo xoga un
papel determinante a introdución do galego no ensino;
• A proliferación dos experimentos xenéricos con relativo éxito comercial como a narrativa erótica,
policial etc.

3. Sinala as principais tendencias da narrativa de xénero e as autoras e autores que as cultivan.


• A ficción científica: Ramón Caride (Soños eléctricos; Escáner), Bernárdez Vilar (Big-Bang), Manuel
Seixas (Bailarina), Arturo Lezcano (Os dados de Deus), Marilar Aleixandre (Tránsito dos gramáticos),
Tucho Calvo (Telúrico), Isidro Novo (Un escuro rumor tralo silencio), Mariña Pérez Rei (Canícula),
María Reimóndez (O caderno de bitácora) ou Manuel Lourenzo González (ATL).
• A narrativa erótica: Bieito Iglesias (Aventura en Nassau; Vento de seda; O mellor francés de
Barcelona), César Cunqueiro (Beatum corpus), Xulio L. Valcárcel (Anel de mel), Isidro Novo (Rosa
lenta) e Manuel Lourenzo González (Infidelicidades);
• A novela sentimental: Ramiro Fonte (Catro novelas sentimentais), Suárez Abel (Sabor a ti), Xosé
Ramón Pena (O reverso do espello; Para despois do adeus; Paixóns privadas, Fado de princesa),
Luís Rei Núñez (Toda a vida), Marica Campo (Memoria para Xoana), Manuel Lourenzo (O xardín
das pedras flotantes), Miguel Sande (Se algún día esta muller morta) e Manuel Veiga (Lois e Helena
buscándose un día de tormenta);
• A novela de misterio e terror: Suso de Toro (Trece badaladas), Xosé Miranda (Vestio; Pel de lobo),
Xesús L. Valcárcel (Contos nocturnos; O capitán Lobo Negro), Paco Martín (Historias para ler
de noite), Paula Carballeira (O lobishome de Candeán), Ramón Caride (Dedre), Uxía Casal (Vidas
exemplares) e Isidro Novo (Sinistra deixa).
• O western: Carlos G. Reigosa (Os outros disparos de Billy) e Issy New (=Isidro Novo: Por unha
presa de machacantes);
• A novela de piratas: A estraña estrela, de Xabier López; Morning Star, de Xosé Miranda, que sitúa
a acción no tempo do pirata pontevedrés Benito Soto e a súa Burla Negra; Monbars o exterminador,
de Hixinio Puentes, ou Pirata, de María Reimóndez.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
255
Unidade 15
• A novela policial e detectivesca: Carlos Reigosa con Crime en Compostela (1984), O misterio do
barco perdido, A guerra do tabaco e Narcos; Román Raña (O crime da rúa da Moeda Vella); Manuel
Forcadela (Barato, barato; Sangue sobre a neve); An Alfaya (Matei un home), Diego Ameixeiras
(Baixo mínimos; O cidadán do mes; Asasinato no Consello Nacional; Dime algo sucio; Todo OK;
A noite enriba); Domingo Tabuyo (Carne sueca); García López (Pegadas nun labirinto baleiro),
Domingo Villar (Ollos de auga; A praia dos afogados) ou Xurxo Sierra (Os nomes do traidor).
• A novela negra: Suso de Toro (Ambulancia), Suárez Abel (Turbo), Roque Morteiro (=Xelís de
Toro: Seis cordas e un corazón), Xosé Ballesteros (Talego), Aníbal C. Malvar (Un home que xaceu
aquí; A man dereita; Á de mosca), Xurxo Borrazás (Criminal), Xoán Ramón Díaz (A xeada negra;
Chuvia mansa), Xosé Miranda (A tres bandas), Ramón Caride (Crónica de sucesos, Sarou), Miguel
Anxo Fernández (Un nicho para Marilyn, Luar no inferno...), Luís García Mañá (Menino morreu);
Francisco A. Vidal (Os pecados capitais) etc.

Páx. 385

4. Dos títulos sinalados no apartado da narrativa de xénero, cales tes lido? Elabora unha pequena
ficha sobre a obra (temática, ambientación, estilo, personaxes etc.) e a autora ou autor corres-
pondente.
Resposta aberta.

5. Que outras liñas temáticas destacan, ademais da de xénero, na narrativa das últimas décadas?
• Narrativa humorística.
• Novela histórica. Dentro dela destaca pola calidade e cantidade a narrativa memorialística.
• Narrativa fantástica e marabillosa.
• Narrativa lírica.
• Narrativa de evocación.
• Narrativa urbana e experimental.

6. Que autoras/es e obras coñeces desas outras liñas temáticas?


Resposta aberta.

7. Se leches algunhas desas obras, elabora unha pequena ficha sobre elas e as súas autoras/es.
Resposta aberta.

8. Selecciona catro ensaístas das últimas décadas e elabora unha pequena ficha sobre a súa traxec-
toria intelectual e a súa obra.
Resposta aberta.

9. Despois de verdes algunha destas películas: A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro ou
Trece badaladas, e de lerdes as correspondentes obras en que están baseadas, organizade un
cineforum na aula onde analicedes, entre outros aspectos, as diferenzas que existen entre a fita
e a obra literaria.
Resposta aberta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
256
Unidade 15
Páx. 385-386

CARLOS CASARES

Vento ferido (1967)


O xogo da guerra
Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: “Vai”. Eu non
quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, segundo a miña nai.
Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. “Vai”, dixo outra vez. E fun. A casa
de don Domingo quedaba lonxe. Algo asó como a dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar
por diante da zapatería do meu pai. Pensei:”escapo para a casa e xa está”. Pero collín medo. Ademais ía
calor e na casa no verán non se para coas moscas. Cheguei ao chalé de don Domingo e berrei: -¡Zalo...!
Ladraron os cans. Agardei un pouco e volvín chamar: -¡Zalo..! Cando apareceu, de seguida me dei conta
de que viña de durmir a sesta. Díxome: “¿Que pasa!? Eu díxenlle: “O Rata agárdate no río. Cazou unha
bolboreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá para a coleción”. O Zalo era tolo polas bolboretas. E o
Rata, que cabrón, cómo lle sabía dar co gusto á xente. -¿Onde está o Rata? -No campo da Bomba. Saímos
correndo. Cando chegamos, o Rata estaba bañandose no río. Ao nos ver, saíu. Mirou ao Zalo con cara de
atravesado e díxolle: “Hola, “¿Queres a bolboreta?”. O Zalo volveuse cara a min como preguntando. A
verdade, eu non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ao Zalo. Espírono e atárono a un amieiro.
O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traición. O
Rata chuspiulle alí, naquel sitio, e chamoulle caguetas. “Non se chora”, dixo. Despois colleu un vimbio
e pasoullo polas pernas o pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou
tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. “Veña”- Díxenlle que non.
“Mira, Rafael, que te imos atar a ti”. “Non”, “Mira Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola
voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe
Deus. E deille no pescozo. Os outros berraron: “¡Máis!” E eu non vía. E daba. E sentía o sol dentro da
cabeza e os chíidos do Zalo, que se me espetaban nos ouvidos. E daba. “¡Máis!” Doíame o brazo de tanto
subir e baixar. “¡Máis!” Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as
moscas. Estaba como morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín. Eu non quería, digo
a verdade. Díxenllo a aquel señor, pero non me fixeron caso. Tamén lle dixen que fora por sortes, que em
tocara a min. Pero non me escoitou. Faloume do inferno e entón calei. Agora estou neste colexio. Aquí
levo un ano. É primavera e non podo saír. Ao mellor saio para xuño. Onte leváronme á sala de castigos.
Din que non se pode andar sós, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous an dous. A puta que
os pariu a todos. Eu quero andar só para pensar. A min non me gusta xogar ao fútbol nin ao frontón.
Gústame xogar no labavo. E non se pode. Está prohibido. Pero polas noites, cando todos dormen, érgome
e vou aos lavabos e xogo á guerra. Pollo día collo moscas e gárdoas nunha caixa de mistos. Pola noite
meto as moscas na pileta e ábrolle á billa, pouquiño a pouco, paseniño. As moscas soben, foxen pola pileta
enriba, pero eu doulles para abaixo cunha paliña e afogan. É a guerra. Un día colléronme e leváronme
á sala de castigos. E chamáronme marrán por andar coas moscas nas mans. ¿E que? Se non fose pola
guerra, podrecía de noxo. No inverno, como non había moscas, xogaba cos cachiños de papel, pero non é
tan bonito. Para xullo din que saio. O Rata, ao mellor, pensa que me esquecín. Estache bon. Estache bon.
Heino arranxar ben arranxado. El ha pensar que somos amigos. Estache bon ¡Ai, Rata! “¿Vés ao río?” El
vén, que lle gusta moito. “¿Xogamos aos submarinos?” El xoga, que lle gusta moito xogar aos submarinos.
Primeiro paso eu. Paso dúas ou tres veces. Despois que pase el. Eu escarránchome e el pasa por debaixo
da auga entre as miñas pernas. E así dúas ou tres veces, para que se confíe. Pouquiño a pouco. Paseniño. E
entón, hala, cando pase, pecho as pernas e queda preso polo pescozo. Pouquiño a pouco. Paseñino. Como
as moscas da pileta.

1. Analiza os seguintes aspectos: a modalidade narrativa, o tempo interno do relato, o tipo de


personaxes, o estilo, o tema e o seu tratamento.
Modalidade narrativa: O relato ten un narrador homodiexético. O narrador protagonista fala en
primeira persoa.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
257
Unidade 15
Tempo interno: O relato está narrado desde un presente que se sitúa na primavera. Fai unha evocación
dos sucesos acontecidos no verán anterior. O narrador fai referencia ao inverno que pasou e a un
futuro próximo mes de xuño, polo que podemos dicir que o tempo da historia abrangue case un ano.

2. Cres que podemos clasificar este relato dentro da Nova Narrativa Galega?. Despois de consul-
tar na unidade 14 as súas características, sinala aquelas que podemos atopar en O xogo da
guerra.
• Preferencia por ambientes periféricos e por espazos sórdidos e enigmáticos;
• Anulación do sentido durativo da narración (cronoloxía vital);
• O argumento non ten como obxectivo entreter;
• Presenta contidos filosóficos, plasmando as enormes frustracións e desacougos da sociedade
contemporánea;
• Destrución do estatuto de omnisciencia do narrador (ton autobiográfico que leva ao uso da primeira
persoa);
• Personaxes antiheroicas e problemáticas con personalidades desequilibradas ou traumatizadas;
• Presenza reiterada da violencia, da agresividade e da tensión nas relacións humanas.

Páx. 386-387

A soga
A soga, o último recurso.
Acariciou coas mans a súa lonxitude. Baixo a áspera tona o esparto agochaba unha promesa de liberdade.
Fixo un nó corredío, probou o seu contacto coa pel, dunha sequidade que suxería outras peles escamosas,
enguedellar o corpo nun co dunha cobra. Con outros corpos, antes de ingresar aquí.
A soga fala linguaxes distintas, prende ou ceiba, ata ou abre fiestras cara a outro lugar, fóra deste obtuso
cárcere, deste claustro, círculo sen fin. É a derradeira esperanza, a elección cando nada queda por
escoller.
Nas longas noites dubidara, soñando coas súas espirais incitantes, mentres a soga se ofrecía e se negaba,
nun intre a carón da man, no seguinte inalcanzable.
¿Termaría o barrote do seu corpo? Era preciso que aguantase durante un curto tempo. ¿Ou cedería,
arrebolándoa no chan, os ósos escachados, sen conseguir o seu obxectivo? ¿E ela, sería quen de facelo?
¿Ou botaríase atrás no último momento?
Apertou a soga, o único que tiña, o camiño retorto cara ao outro lado, un lugar incerto, descoñecido, mais
que poñería fin a este desacougo.
Na escuridade da cela, a soga enrodelada como un animal antigo, unha besta do seu país, de cego propósito,
ignorante da súa mordedura letal, agarda en silencio a madrugada. A noite escoa lentamente cara a outro
meridiano, quizais cara ao lado da soga que permanece na sombra.
A novicia asegurou o nó, contemplouno durante un intre, porta dun mundo distinto, e despois entrou nel.
Marilar Aleixandre

Un caso de licantropía
Conforme pasaban os minutos, a insolencia daquel alumno ía en aumento. Xa non se trataba só do seu
ostentoso desprezo ás explicacións que o profesor, con paciencia infinita, repetía unha e outra vez. O peor
era que, ademais, o mozo tentaba atraer a atención dos seus compañeiros cos máis variados procedementos
e, por qué non dicilo, cun éxito cada vez maior.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
258
Unidade 15
Atentos como estaban ás impertinencias do seu compañeiro, os alumnos non se decataron das transformacións
mínimas que anunciaban o desastre: o medre desmesurado das uñas, as grosas serdas que apareceron na
pel, o sangue coloreando os ollos, os cairos afiados que asomaban por entre uns labios anormalmente
inchados, a desfeita nas costuras da chaqueta e o pantalón...
Cando foron conscientes do que ocorría, era xa demasiado tarde. Algúns aínda tiveron un tempo fugaz
para pensar en balas de prata e en cruces invertidas, e na ausencia da lúa chea, máis evidente naquela
mañá de primavera, e noutras inútiles fantasías cinematográficas, tan afastadas do rutineiro mobiliario
escolar que os rodeaba.
Así de terribles e inagardados son algúns fenómenos de licantropía.
Agustín Fernández Paz

1. Estes dous microrrelatos utilizan un recurso narrativo que consiste en crear unha falsa expec-
tativa. Explica como se consegue en cada caso.
No relato de Marilar Aleixandre, as condicións de reclusión en que vive a protagonista fan pensar que
se trata dunha persoa que está no cárcere.
Na historia que nos conta Agustín Fernández Paz centramos a atención no mal comportamento dun
alumno líder do grupo que acapara, asemade, a dos seus compañeiros e compañeiras de aula. Resulta
sorpresivo que, ao final, quen se transforma no ser ameazante sexa o profesor.

2. Sinala outras tres coincidencias nas características narrativas de ambos textos.


• Modalización narrativa: 3ª persoa omnisciente.
• O tempo da historia é moi breve.
• A ambientación espacial prodúcese nunha única localización nos dous casos e en ambos é un
espazo pechado.

3. Indica o tema que subxace en cada un.


Un caso de licantropía: O influxo do imaxinario cinematográfico.
A soga: O suicidio como fuxida.

Páx. 387

En vías de extinción
Ben, como ía dicindo, entre as masas urbanitas dáse o fenómeno de tentar convencerse de que a morte non
existe, algo que non é para nada posible, ademais de ser irrisorio. Cada día, da mañá á noite atórrannos as
imaxes dun mundo sen morte, un mundo de persoas novas e sen tacha, dun mundo de anuncios de colgate,
dun mundo libre de sangue e vísceras compensado por asasinatos televisivos por onde quer, logo a quen lle
sorprende que as masas urbanitas non sexan capaces de aceptar a auténtica desfeita que é a vida, a dor,
a enfermidade, os agravios. Mais sobre todo a morte, o gran tótem, o gran tabú. Para as persoas coma
min que somos de monte, si digo de monte con énfase e sen complexos porque para min non hai nada máis
positivo, este fenómeno non deixa de chamarnos poderosamente a atención. Con todos os meus respectos,
amigo, vai vostede tamén a facerse vello e morrer, por moito que os anuncios antiengurras e as dietas
medicinais e ximnasios semellen dicir o contrario. Mesmo dentro de pouco facerse vello será un tabú
social. Xa non se ven persoas maiores na tele, nin nos medios e as imaxes crean sociedades. Por desgraza
cada vez máis pobres.[...] Aprendan de nós, a xente do monte, a escoitar ouvear os cans e os lobos. Se non
se preparan para morrer, ao final do día, cada día, se non senten ese alento baleiro e aterrador de deixar
a vida, se non se afán a el, o día que a morte chegue vestida de escuridade, de nada lles van valer as súas
escusas, as súas películas baleiras, os seus bótox, escapadas de fin de semana e industria do entretemento
ou leas amorosas. Aí estarán soas e sós e con esa obsesión de permanencia, paradoxalmente, non deixarán

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
259
Unidade 15
tras de si máis que un par de crianzas e unha morea enorme de lixo non reciclable: casa, coche, millóns de
prendas de roupa de Zara de cada estación e pouco máis.
María Reimóndez

1. Este fragmento, aínda que pertence a unha novela, non é un texto propiamente narrativo.
Indica a que xénero literario parece corresponder. Xustifica a resposta.
Parece un texto ensaístico. Nel non existe un fío narrativo, senón que se expón o pensamento da
autora sobre un tema a través dunha serie de argumentos.

2. Pescuda na unidade que característica da narrativa actual se corresponde co trazo sinalado no


anterior exercicio. Indica outras que tamén poidamos atopar nel.
Bórranse as fronteiras entre os xéneros literarios, neste caso entre a narrativa e o ensaio. Outro trazo
que podemos sinalar é a perpectiva comprometida coa sostenibilidade ecolóxica e a denuncia dunha
sociedade que vive de costas á natureza.

3. Escribe tres enunciados que sinteticen as principais ideas do texto.


• Na sociedade actual dáse unha ocultación e unha negación absurda da morte e da vellez.
• A morte é unha realidade vital para que hai que estar preparadas.
• A forma de vida occidental contemporánea devora recursos naturais dun xeito
desproporcionado.

Páx. 387-388

Ser galego hoxe


O concepto de nación ten a orixe na Revolución francesa, cando xorden os estados nacionais; oponse
á sociedade estamental formada polo clero, a nobreza e un terceiro Estado: a xente do común, non
privilexiada; o pobo sostén co seu traballo a sociedade. Único merecente de constituír unha nación, o pobo
é depositario da soberanía nacional: rexeita o feudalismo e as monarquías absolutas. A época moderna
realizou unha substitución: o monarca desaparece e o territorio convértese en referencia cunha nova idea:
a nación.
Fronte a ese concepto progresista e mesmo revolucionario de nación deita en Alemaña unha idea
conservadora, por veces reaccionaria. O romanticismo teutónico tende a unha concepción de nación
menos política e máis cultural; o concepto de Volkgeist ou alma colectiva do pobo, con atención preferente
ao idioma e á cultura popular.
Resultando a palabra nación equívoca, botouse man do termo etnia, que significa ‘pobo, nación’ e nada
ten que ver con raza. Alonso del Real asegura: “Ninguén pode negar que existe unha etnia galega. Isto é,
un pobo que reúne un conxunto de trazos comúns (cara a dentro) e diferenciais (cara a fóra). A lingua - e
incluso o modo de utilizar a súa segunda lingua -, moitos aspectos afectivos, certos matices intelectuais,
costumes e crenzas sobre todo – e isto é decisivo -, unha moi clara conciencia do “nós”; do nosoutros
engadimos. Pensamos que etnia e nación son conceptos complementarios e que non hai que contrapoñer
ou silenciar. Outra palabra grega – ethos - significa o chan que se pisa. De aí procede ética e o compromiso
ético resulta necesario e auxiliar de etnia.
Xosé Chao Rego

O atraso económico de Galicia na perspectiva da soberanía (fragmento)


“O certo é que toda unha xeración alargada e extensa de galegos - desde logo as primeiras xeracións
de economistas que se formaron en Santiago de Compostela - descubriron a realidade do país cos lentes
de O atraso de Beiras, en moitos casos directamente coa lectura das súas páxinas e nunha gran masa a

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
260
Unidade 15
través do discurso político-económico alicerzado nos seus cimentos. Mesmo cando se tentaban desmarques
radicalizados era O atraso o que sostiña o edificio; e aínda os que estaban nos seus antípodas e encarnaban
todo o que O atraso tentaba superar habían beber e mesmo reverenciar a obra, ben desde o cinismo ben
desde a incapacidade para rebatela.
Se tivese que definilo en poucas palabras, diría que se trata dun libro sobre todo catártico, que intenta recuperar
a autoestima dos galegos, o que no fondo constitúe o propio leitmotiv que guiaría a afortunadamente dilatada
e intensa vida pública do autor. Máis alá das análises concretas dos diferentes aspectos da realidade é un
libro que ten un fío condutor implícito e basilar que está centrado na explicación das consecuencias da falla
de soberanía. Esa é a súa auténtica forza e fortaleza. É un discurso para a construción da nación feito coa
materia prima dun tempo no que o económico se considera núcleo esencial e necesario de calquera proxecto
nacional ou social, como para Murguía puido ser a historia ou para a Xeración Nós a cultura. O atraso é o
complemento económico do Sempre en Galiza. Por iso se converteu rapidamente nun clásico e por iso mesmo
seguirá ocupando un lugar central na literatura básica da construción da nación. Aínda que só fose polo seu
primeiro capítulo no que sistematiza as cinco causas que están na xénese do atraso, xa sería merecente desa
consideración. Unha frustración social prematura, o raquitismo burgués e ausentismo aristócrata, os éxodos,
a insolidariedade institucional e a colonización financeira son, sen dúbida, procesos históricos claves para
entendermos a nosa historia, o noso papel nela e os condicionantes esenciais para o noso desenvolvemento
(…) O libro é a resposta non alienada ao discurso dominante e oficial da época que presentaba a Galiza coa
imaxe de “región pobre y atrasada” e atribuíndo esa situación a factores de carácter antropolóxico, cando
non atávicos e racistas, como o individualismo, a envexa, a indecisión, a ignorancia, a falta de luces, etc.,
etc. A obra de Beiras é unha resposta solidamente construída para desmontar ese discurso colonizador, por
desgraza asumido polas elites sociais provincianas do país (…)”
Xavier Vence

1. Despois da lectura destes dous textos. Fai un resumo das ideas máis importantes que neles se
expoñen.
Ser galego hoxe
O concepto de nación ten a orixe na Revolución francesa. É un concepto político. A nación é un pobo
depositario da soberanía nacional que habita nun territorio. O concepto alemán de Volkgeist é cultural.
Resultando a palabra nación equívoca, botouse man do termo etnia, que significa ‘pobo, nación’ e
nada ten que ver con raza. Etnia e nación son conceptos complementarios.

O atraso económico de Galicia na perspectiva da soberanía


Moitas persoas, –entre elas as primeiras xeracións de economistas que se formaron en Santiago de
Compostela– descubriron a realidade do país con O atraso de Beiras.
Trátase dun libro que intenta recuperar a autoestima dos galegos. Ten un fío condutor: a explicación
das consecuencias da falla de soberanía. É o complemento económico do Sempre en Galiza, por iso
se converteu rapidamente nun clásico.
“Unha frustración social prematura”, “o raquitismo burgués e ausentismo aristócrata”, “os éxodos”,
“a insolidariedade institucional” e “a colonización financeira” son procesos históricos claves para
entendermos a nosa historia.
O libro é a resposta non alienada ao discurso colonizador, por desgraza asumido polas elites sociais
provincianas do país, que presentaba a Galiza coa imaxe de “región pobre y atrasada” e atribuíndo
esa situación a factores de carácter antropolóxico, como o individualismo, a envexa, a indecisión, a
ignorancia, a falta de luces, etc.

2. Pola súa temática, en que tipo de ensaio podemos clasificar cada un deles. Xustifica a túa res-
posta.
Ser galego hoxe. Sociopolítico.
O atraso económico de Galicia na perspectiva da soberanía. Sociopolítico.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
261
Unidade 16.

Páx. 389
Belas irmás, subide
ás máis firmes rochas
Edith Södergran
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con argazos de sombras,


xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.

Elas, que saben que o efémero permanece.


Ana Romaní, Das últimas mareas

1. Sinala cal é o campo semántico que destaca no poema, indica as palabras que o forman e achega
dez máis.
O campo semántico da costa: rochas, praias, argazos, mareas, auga, sal, mar, naufraxio, auga...
Dez palabras máis: cantil, duna, onda, vao, foz, baía, con, crebas, seca, areal.

2. A poeta alude en dúas ocasións á rebelión das mulleres contra a Historia. A que cres que se refire?
Algunhas das ideas que se poden recoller na resposta deste exercicio son as seguintes:
A Historia con maiúscula, cunha grafía tan estática como a da letra h maiúscula, representa unha visión
inmobilista, que crea e perpetúa un discurso onde o importante son os grandes feitos, os grandes homes,
as grandes guerras, etc. Mais as mulleres escribiron e escriben unha historia “líquida”, unha historia
sen letras maiúsculas, onde o importante é conseguir que a humanidade saia adiante e construír día a
día a sociedade, con acenos, con feitos e traballos que na meirande parte dos casos son efémeros ou
invisíbeis.

3. Explica o significado do último verso.


Os resultados do traballo tradicionalmente feminino, aínda que aparentemente desaparecen, en realidade
son os que permiten que a humanidade sobreviva e prosiga a súa historia.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
262
Unidade 16
4. Escribe un texto onde reflexiones sobre a efemeridade dos traballos tradicionalmente femininos
e a incorporación crecente dos homes a ese tipo de tarefas.
Resposta libre.

TENDENCIAS DA LITERATURA GALEGA ACTUAL


(II): POESÍA E TEATRO
Páx. 412

1. Por parellas contestade as seguintes cuestións:

a) Cales son os principais trazos da poesía do derradeiro cuarto do século XX?


• Afán culturalista e decadentismo estético, que provoca un distanciamento entre o poeta e a
sociedade.
• Intento de síntese entre modernidade e tradición, desde a admiración polas obras de poetas como
Cunqueiro e Manuel Antonio e en diálogo con poéticas doutras latitudes.
• Gusto pola experimentación, pola reflexión metapoética e pola interdisciplinariedade (encontro da
poesía coa música, a fotografía, a plástica etc.).
• Integración de elementos da contracultura urbana e marxinal, especialmente significativo en poetas
como Lois Pereiro, Xela Arias ou os membros do grupo Rompente.
• Recreación mítica e recuperación da temática intimista e do erotismo.
• Preocupación polos valores lingüísticos, rítmicos e formais do poema. A poesía concíbese
basicamente como unha arte da linguaxe.

b) Que diferentes etapas que podemos sinalar na poesía das catro últimas décadas?
• O asentamento da estética do socialrealismo, a finais dos sesenta e comezos dos setenta, da man
dos chamados Novísimos, como liña dominante no discurso poético galego.
• A reacción, a partir de 1976, contra as formas do socialrealismo precedente, representada por
poemarios como Seraogna, de Pexegueiro, e Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín.
• A consolidación, da man da Xeración dos 80, dunha nova estética, asentada sobre a admiración
por determinados poetas (Cunqueiro e Manuel Antonio); o rexeitamento da poesía social e
comprometida; unha maior atención formal e estilística; un exquisito coidado da lingua; a apertura
a novos motivos temáticos, como o erotismo, e, finalmente, certa inclinación ao hermetismo e ao
culturalismo.
• A reacción, á súa vez, contra a preeminencia desa estética central dos 80, protagonizada pola
chamada Xeración dos 90 e asentada sobre un afán de desbarroquización formal e lingüística,
un predominio do intimismo da experiencia e unha certa recuperación do enfoque social, todo
isto acompañado de numerosas iniciativas para ampliar os espazos de produción e fruición da
poesía.
• A aparición, por volta do novo milenio, dunha nova promoción, nun panorama rexido pola
pluralidade temática, a convivencia interxeracional e a diversidade de tendencias e propos-
tas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
263
Unidade 16
c) Cales son as temáticas que predominan na poesía dos anos 70 cultivada polos chamados No-
vísimos.
A defensa da lingua, a denuncia da opresión nacional, os desexos de liberdade etc.

d) Sinalade cinco temas que tratase Darío Xohán Cabana ao longo da súa traxectoria poética.
• O amor e o erotismo
• O elexíaco
• O social
• O patriótico
• O paisaxístico

e) Que autores e autoras desta xeración seguen a cultivar a poesía no presente século?
Todos, agás Fiz Vergara Vilariño, que faleceu en 1997.

f) Se non o coñeces, pescuda o significado de culturalismo e decadentismo.


Culturalismo. É unha corrente literaria e estética que se caracteriza polo intenso uso de referencias
culturais (arquitectura, cine, filosofía etc.).
Decadentismo. É unha forma artística que procura a evasión e o símbolo como xeito de superar a
realidade.

g) Despois de ler as fichas das autoras e autores, cales credes que non responden a estes tra-
zos?
Resposta aberta.
Deberían sinalar, en todo caso, que autores como Antón Reixa, Manuel Rivas ou Lois Pereiro están
moi lonxe deste rótulo.

h) Que outras características presenta a poesía da chamada Xeración dos 80?


• Intento de síntese entre modernidade e tradición, desde a admiración polas obras de poetas como
Cunqueiro e Manuel Antonioe en diálogo con poéticas doutras latitudes.
• Gusto pola experimentación, pola reflexión metapoética e pola interdisciplinariedade (encontro da
poesía coa música, a fotografía, a plástica etc.).
• Integración de elementos da contracultura urbana e marxinal, especialmente significativo en poetas
como Lois Pereiro, Xela Arias ou os membros do grupo Rompente.
• Recreación mítica e recuperación da temática intimista e do erotismo.
• Preocupación polos valores lingüísticos, rítmicos e formais do poema. A poesía concíbese
basicamente como unha arte da linguaxe.

i) Elaborade un pequeno esquema onde indiquedes estes datos sobre as autoras e autores da
xeración dos 80:

Autor/a Estilo Temáticas destacadas


Xosé Mª Álvarez Rigor formal, dicción complexa e Memoria persoal e familiar, proble-
Cácamo tendencia á narratividade máticas sociais do mundo actual
Miguel Anxo Fernán- Rigor formal, verso longo, delica- Amor, desexo, soidade e paisaxe
Vello das imaxes, musicalidade e coida-
da arquitectura dos poemas

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
264
Unidade 16

Autor/a Estilo Temáticas destacadas


Ramiro Fonte Habilidade técnica Discurso interrogativo, filosófico e
reflexivo, culturalita e nostálxico
Pilar Pallarés Poetiza con gran beleza. Tonalida- Intimismo, temática amorosa, soi-
de triste. Ruptura co socialirrealis- dade e aillamento. Reflexións exis-
mo. tenciais e metaliterarias
Lois Pereiro Poesía inconformista, expresionis- Confrontación coa enfermidade e a
ta, irónica e contracultural morte
Antón Reixa Poesía rupturista e combativa, enu- Temática combativa
merativa e caótica, experimental e
influída pola linguaxe dos medios
de comunicación
Manuel Rivas Afastamento do culturalismo. Lin- Preocupación polo pasado, o pre-
guaxe directa e coloquial. sente e o porvir de Galiza. Visión
irónica do mundo actual
Xavier Rodríguez Gran perfección formal. Uso do Memoria nostálxica e evocación
Baixeras soneto como molde formal paisaxística
Ana Romaní Poesía esencializada e depurada Presenza do mar, reivindicación do
universo feminino
Xavier Seoane Simboloxía persoal Presenza feminina, vida, beleza.
Ollada ecoloxista e panteísta. Te-
mática ontolóxica e existencial.

l) Ampliade información sobre algún ou algunha das poetas epigonais dos 80 e lede na aula en
voz alta algún dos seus poemas.
Resposta aberta.

m) Cales son os fenómenos que afectan ao panorama poético nos anos 90?
• A continuidade creativa da maioría dos poetas da chamada Xeración dos 80 e a estrea editorial de
cualificadas voces.
• A eclosión dunha multitude de escritores novos, os chamados Poetas dos 90, que amosan unha
actitude activa e dinamizadora do panorama poético desde a pluralidade estética máis absoluta.
• A proliferación de novos grupos poéticos como, Batallón Literario Costa da Morte, Dolmen, Redes
Escarlata etc.
• A reaproximación da poesía ao público a través de recitais en festas ao aire libre, pubs, concertos,
locais nocturnos etc.
• O xurdimento de novas canles editoriais (Espiral Maior) e coleccións poéticas (Ablativo Absoluto,
Lorenzo Baleirón, Di-versos, Tambo e Bahía Branca). Algunhas constituíronse á marxe dos modelos
habituais, isto é, sen afán de lucro, con pulo cooperativista e viradas á publicación preferente de
novos autores/as: Edicións do Dragón (1989-1996), Letras de Cal (1996-2001)...
• A proliferación de certames poéticos: Espiral Maior, Bouza Brei, González Garcés, Martín Códax,
Johán Carballeira, Fiz Vergara, Lorenzo Baleirón etc.
• O contributo destacado, en calidade e cantidade, das escritoras.

n) Facede un pequeno esquema cos trazos que poden identificar boa parte da poesía desta déca-
da.
• Anovado tratamento de temas eternos (amor, vida, morte, patria...) desde o “intimismo da

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
265
Unidade 16
experiencia”.
• Uso esmerado da linguaxe, directa e coloquial, sen caer no descoido formal.
• Predominio do ton vivencial.
• Marcada preferencia polo versolibrismo e afán experimental, de ruptura dos límites do xénero
poético e da propia linguaxe.
• Afán de desbarroquización formal e conceptual, reducindo a carga culturalista.
• Procura dun lector apaixonado, emocionábel, máis sensíbel que intelectualizado.
• Recuperación da poesía “comprometida”, coa abordaxe de temas sociais e patrióticos desde
sensibilidades alternativas (antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo, anticapitalismo...).
• Relectura da tradición mítica e literaria en chave feminista.

ñ) Elaborade un esquema semellante ao do apartado i) sobre as/os poetas dos 90 e do novo sé-
culo.

Autor/a Estilo Temáticas destacadas


Fran Alonso Innovador e subversivo. Afán incon- Problemáticas sociais, caras ocultas
formista. Hipertextualidade e conxun- dos tópicos da poesía como o amor,
ción de linguaxes. metaliteratura.
Yolanda Castaño Orixinal expresividade. Sesualismo, xogo de identidades,
desdobramento, a beleza persoal
como máscara.
Marta Dacosta Expresión directa e ton confesional. Estrago das ilusións, derrotas dia-
rias, inxustizas, diálogo coas figu-
ras literarias ou míticas femininas.
Lupe Gómez Orixinal, transgresora e vitalista. Ten- Vivencias persoais. Personalísimo
dencia á brevidade. mundo poético.
Carlos Negro Próximo ao lector, depurado e intenso. Constantes referencias intertextuais
e literarias. Análise sociolóxica.
Francisco Souto Dicción intensa e depurada. Tendencia Temas vivenciais (a morte, o amor,
á brevidade. o paso do tempo...)
Olga Novo Poética complexa e intensa. Avan Ideoloxicamente feminista, centra-
transgresor. da na experiencia erótica e no cor-
po como lugar de autoafirmación.
Rafa Villar Expresión concentrada. Neoexistencial.
Miro Villar Emprego de estrofas e metros clásicos. Amor, tempus fugit e metapoesía.

o) Sintetizade en 10 puntos os fitos do teatro galego nas últimas catro décadas.


1. Profesionalización de compañías como Antroido, Troula, Mari-Gaila e creación doutras como
Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Matarile, Teatro do Noroeste, Teatro de Ningures, Chévere,
Teatro do Morcego e Teatro do Aquí, Uvegá; Factoría, Malbarate; Talía; Ollomoltranvía; Áncora
Produccións; Os Quinquilláns; Berrobambán; Volta e Dálle; Lagarta Lagarta; Teatro do Adro;
Mofa e Befa...
2. Posta en marcha publicacións e coleccións de teatro: Don Saturio, Elsinor Teatro, Cadernos da
Escola Dramática Galega... A creación da Biblioteca do Arlequín e de coleccións como Libros do
CDG (Ed. Xerais), Escena Aberta (Ed. Laiovento), Máscaras (Ed. Tris Tram), ou da Colección
A Pinguela (Ed. Fervenza), que paliaron a febleza editorial do teatro galego.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
266
Unidade 16
3. Celebración de mostras como a de Ribadavia, a de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a de
Cariño e a de Cee. Galicreques, a Mostra de Teatro Universitario, o Festival Alternativo das Artes
Escénicas de Vigo, o Festival de Títeres de Redondela e a Feira Galega das Artes Escénicas.
4. Creación de circuítos (Martes Teatrais, Venres Teatrais...) patrocinados pola Consellería de
Cultura.
5. Creación do Centro Dramático Galego (1984) e do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais
(IGAEM, 1989, logo absorbido na axencia AGADIC) e a posta en funcionamento da Rede Galega
de Teatros e Auditorios (1996).
6. A edición de monografías, traducións e estudos do teatro galego, da man de entidades como a
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado (Universidade da Coruña, 1997).
7. A aparición de revistas de información, creación e crítica teatral como Escaramuza, Casahamlet
ou Paraíso, que se suman á veterana Revista Galega de Teatro.
8. Apertura de salas teatrais privadas como a Luís Seoane (1981-1991), na Coruña, da man da Escola
Dramática Galega e, en Compostela, a sala NASA (1992-2011), da man da compañía Chévere; a
Galán (1993-2005), vinculada á compañía Matarile; e a Yago, utilizada por Cachirulo e logo por
Teatro do Noroeste, ata o seu fechamento en 2007.
9. Posta en marcha en Vigo, no curso 2005/06 da Escola Superior de Arte Dramática, baixo a dirección
de Manuel F. Vieites
10. Nacemento de premios convocados por institucións públicas, como o Rafael Dieste (Deputación
coruñesa) e o Álvaro Cunqueiro (IGAEM) e a convocatoria de novos certames (Estornela, Barriga
Verde e Manuel María, para o teatro de monicreques e infantil, Diario Cultural, para teatro
radiofónico...).

2. Poétic@ é unha obra electrónica de Fran Alonso que podemos ver en http://poetica.gal/. Estamos
ante un poemario dixital que transita un camiño novo ao tempo que ofrece elementos conven-
cionais. Sinala elementos que podemos incluír en cada grupo.
Elementos innovadores: ciberpoesía (instalación poética), hipertextualidade (diversidade de formas e
orde de lectura, ruptura do concepto de autoría) e conxunción de linguaxes (grafismo, imaxe, vídeo…).
Elementos convencionais: metaliteratura (reivindicación da poesía), humor, ironía.

3. O videopoema de Antón Lópo “Lampírico” podémolo ver en https://vimeo.com/86700405. Despois


de visualizalo na aula, facede un listado de trazos da poesía do autor que podemos apreciar nel.
• Concepción multidisciplinar da arte.
• Reflexión sobre a identidade nacional, cultural e de xénero.
• Linguaxe antirretórica.

4. Despois da lectura da entrevista co autor de Penúltimas tendencias http://montsedopico.com/


entrevistas/hai-un-mercado-especializado-que-vai-pautando-o-que-mozas-deben-comprar-ves-
tir-pensar/, facede un resumo da mesma.
O autor quixo tratar un tema pensando no público xuvenil, que é o da presión sobre a muller. O libro
apunta á imposición dun modelo de beleza non só irreal, senón reprodutor de roles patriarcais. É como
un diario no que unha moza se rebela contra ese modelo de beleza, mais esa rapaza tamén ten dúbidas e
contradicións na procura da propia identidade.
Hai tamén un cuestionamento de ideas que volven con forza, como o do amor romántico e unha revisión
do concepto de “masculinidade”. O autor quere que a xente nova reflexione e rexeite esa idea do amor
romántico como algo pechado, absoluto, posesivo e excluínte, que pode derivar en condutas de control

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
267
Unidade 16
e malos tratos. A revisión da masculinidade é un tema que preocupa a Carlos Negro, que tamén é pai, e
recoñece que reflexiona moito sobre como debe educar o seu fillo a respecto diso.
Os poemas utilizan unha linguaxe directa, porque o autor quere chegar á xente que non está afeita a ler
poesía.

5. “O vídeo da egoista” é unha creación sobre un texto da obra homónima que se pode ver en
https://www.youtube.com/watch?v=0kSv4w1aTP8. Facede unha caracterización da poesía de
Yolanda Castaño e sinalade que trazos atopamos nesta creación.
• Reflexión sobre a identidade.
• A idea da beleza como máscara.
• Dicotomía entre realidade e aparencia.
• Interese polo audiovisual.
• Multidisciplinariedade e disolución das fronteiras entre distintas linguaxes artísticas.

Páx. 413

“NOVÍSIMOS”
FIZ VERGARA VILARIÑO

Hai que vivir


A Lois Diéguez

Eu nacín
un día calqueira.
Un domingo bautizáronme:
católico,
apostólico,
romano.
Logo botei a camiñar.
Fun á escola.
Os mestres
ensináronme certas cousas:
compre ser
obedente,
conformista,
dobregado
e máis...
Os mestres
non me ensinaron
o significado da verba probeza,
tiven que aprendelo eu
sintíndoo,
sufríndoo,
levándoo infundido
nos meus ósos moles de neno,
roendo un xugo de miserias
hora tras hora,
día tras día.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
268
Unidade 16
Os mestres
non me ensinaron
que por riba de nós todos
hai outros
que nos van zoupando
cal se fósemos
bestos de carga.

Os mestres
non me ensiñaron nada.

Tiven que ser eu


quen se entrollase
contra a realidade
tristeira e abraiante.

E agora
anque teño a xuventude derrubada
e xa me canga o peso dos vinte anos,
na miña gorxa dobregada e restrinxida
aínda me fican alentos pra vos decir:
hai que vivir. Como sexa. Hai que vivir.

Hai que vivir


pra aprender,
pra medrar,
pra sufrir.

Hai que vivir


pra percorrer estes camiños mollados
polas bágoas dos labregos,
dos emigrantes,
dos escravos:
(dos verdadeiros cristos
coa cruz da vida nos ombreiros).

Hai que vivir.


Hai que vivir.
E namais.

1. Poderíase clasificar este poema como socialrealista? Por que?


Si, porque hai unha denuncia da pobreza, da emigración, da explotación e do papel da escola no
proceso de aprendizaxe vital.

2. A que cres que obedece a peculiar disposición dos versos?


Esta disposición dos versos responde a unha vontade do autor de adoptar trazos da poesía vangardista.
Neste caso a disposición dos versos fai que o poema teña unha disposición visual que reforza o
significado de certas palabras, de certos sintagmas:

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
269
Unidade 16
compre ser
obedente,
conformista,
dobregado
e máis...
Hai que vivir.
Hai que vivir.
E namais.

3. Localiza exemplos de estruturas paralelísticas e anafóricas no poema.


Os mestres
ensináronme certas cousas:
Os mestres
non me ensinaron
Os mestres
non me ensiñaron nada.
Tiven que aprendelo eu
Tiven que ser eu
quen se entrollase
Hai que vivir
pra aprender,
pra medrar,
pra sufrir.
Hai que vivir
pra percorrer ...
Hai que vivir.
Hai que vivir.
E namais.

DARÍO XOHÁN CABANA


Se cando a morte pálida me apañe
deixo no mundo un pouco de memoria,
eu quero que o teu nome me acompañe,
se che pode servir dalgunha gloria;

E se labro estes versos co teu lembro


contra a cinza, a corrupción e o lodo,
é que eu non quero crer que aquel setembro
acabase pra sempre xa con todo.

Ben sei, ben sei, canté que non o soupese,


que a vida acaba cando o sangue calla,
pero quizá a memoria nos puidese

librar, se non da morte, da mortalla;


e se así for, e após da morte eu brillo,
saiban que eu fun quen son por ser teu fillo.

1. O poema resposta á fórmula sonetística. Analiza a súa rima e a súa métrica.


O segundo, tamén soneto de versos hendecasílabos, ten o seguinte esquema:
ABAB CDCD FGF GHH.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
270
Unidade 16
2. Cal e o tema do soneto?
É un poema intimista onde Darío Xohán Cabana reflexiona sobre a morte e a memoria como forma
de superala.

3. Repara nas combinacións de substantivo+adxectivo que emprega o poeta. Que efecto produ-
cen esas combinacións?
Risa luminosa, corpo froital, doce veleño, pozo fondo e morte pálida. Son adxectivos esperábeis, en
certo sentido podemos falar de epítetos literarios, agás o caso de “veleño doce” que presenta unha
contradición ou paradoxo, aínda que tamén é esperábel.

Páx. 414

VÁZQUEZ PINTOR
Lembro a primeira vez que ollei o mar sen as follas
de tantas páxinas que había que saber sempre
nas mañás de outono cando chove ou venta en serio
e un don el mandábanos saír de viaxe triste

para navegar os centímetros de palabras


no mapamundi, a bordo da variña de bido:
escarregat categat e sun gran bel pequeno
bel e ao norde oghost e mar de kara, de barents...

E o Mar do Orzán pelexaba en xogo cos tranvías


de Rubine: chaf, rompendo as bocas dos rapaces
da aldea para os retratos da época sen guerra
que era toda azul e arrecendente a latas, bombos

de sardiñas, leite de muiño, queixo de goma,


que nos daban abasto despois que o douro nace
nos picos de urbión na provincia de soria e pasa...
ata chegar ao atlántico... ¿e non rebenta o mar

con tanta auga? –pensabamos todos en silencio.


O Mar do Orzán andaba louco, botaba fóra
e eu gardábame na mau do pai, que estaba forte
e quente coma a terra no tempo das seituras.

Houbo risas dos rapaces, xurro contra os vidros...


e o pai díxome: verás en xullo, cando veñan
as xentes que poden gastar praia, nunca nós.

1. Determina cal é o molde formal en que Vázquez Pintor verteu o contido do poema.
Son versos alexandrinos, de 14 sílabas, agrupados en estrofas de catro versos cada unha, agás a última
que só ten tres. Os versos non presentan rima.

2. Que experiencia poetiza? Que datos nos permiten reconstruír o momento histórico en que se
produciu e a extracción social dos seus protagonistas?
A experiencia que poetiza é a primeira vez que ollou o mar, na praia de Orzán, na Coruña, da man do
seu pai.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
271
Unidade 16
O momento histórico no que se produce é na posguerra, porque hai no poema constantes referencias
a unha escola franquista de estudo memorístico, onde é máis importante a memorización de palabras
sen sentido (“escarregat categat e sun gran bel pequeno/ bel e ao norde oghost e mar de kara, de
barents...”), que a aprendizaxe significativa que demanda o poeta na frase que pon na súa propia boca
cando neno e na dos seus compañeiros: o douro nace nos picos de urbión na provincia de soria e
pasa.../ ata chegar ao atlántico... ¿e non rebenta o mar/ con tanta auga?
Tamén hai unha alusión aos cupos de alimentos que se distribuían entre a poboación infantil a través
das escolas: latas, bombos/ de sardiñas, leite de muiño, queixo de goma,/ que nos daban abasto.
Elementos que nos permiten reconstruír o momento son tamén as referencias á Coruña: E o Mar do
Orzán pelexaba en xogo cos tranvías/ de Rubine.

3. Localiza no texto un exemplo dos seguintes recursos estilísticos: enumeración, onomatopea,


prosopopea, metonimia.
• Enumeración:
latas, bombos/ de sardiñas, leite de muiño, queixo de goma
• Onomatopea:
Chaf
• Prosopopea:
O mar de Orzán andaba louco
• Metonimia:
as follas/ de tantas páxinas que había que saber sempre

XOSÉ LOIS GARCÍA


Entregade as miñas cinzas ao castiñeiro de podente
Despois que o lume me unifique en cinza,
partícipe serei da rocha e da seiva
na torada do meu castiñeiro;
e atoparei na terra a miña patria soñada,
a moradía que nunca tuven,
toda a forza das raíces vigorosas.

Cando eu repouse no regazo


do castiñeiro dos meus antergos,
cando eu nel repouse,
ninguén altere o responso do vento nas ponlas;
sexa a oración do orballo e das follas secas,
que acolla a miña inútil memoria.

1. O poema declara unha vontade testamentaria. Cal é?


O poeta desexa que as súa cinzas alimenten un castiñeiro para seguir vivindo.

2. Localiza no texto o vocabulario que fai referencia a elementos da natureza. Acáelle ao poema
o adxectivo de “panteísta”? Razoa a túa resposta.
Lume, rocha, torada, terra, castiñeiro, ponlas, cinza, seiva, raios, vento, orballo.
Acáelle o adxectivo panteísta porque concibe o ser humano como parte da natureza e esta como unha
realidade transcendente, místico-relixiosa: responso do vento nas ponlas, a oración do orballo e das
follas secas.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
272
Unidade 16
MARICA CAMPO
... polvo serán, mas polvo enamorado
Quevedo

Poisque todo o que arde devén cinsa,


ardamos máis aínda pese á morte
e sexa a cinsa cinsa namorada
e escura primavera dende o fume.

Tal vez a eternidade non exista


para os que miden a rota da prudencia,
para os que coutan a dimensión do bico,
para os que marcan o ritmo do latexo.

Sexa a loucura, o berro, a gargallada.


Sexa o abraio, sexa o terror da noite.
Sexa a morte, xa que é precio da vida.
Sexa a cinsa, xa que é herdo do lume.

1. Que tipo de poema é este? Cal é o seu esquema estrófico? Que clase de rima presenta?
É un poema formado por tres estrofas de catro versos. Estes son hendecasílabos e dodecasílabos e
non presentan rima.

2. Resume a mensaxe proclamada pola autora.


É o clásico “collige virgo rosae”, ou “carpe diem”, que convida a gozar da vida.

3. Que recursos de repetición emprega Marica Campo na construción do seu texto?


A anáfora e paralelismo:
para os que miden a rota da prudencia,
para os que coutan a dimensión do bico,
para os que marcan o ritmo do latexo.
Sexa a loucura, o berro, a gargallada.
Sexa o abraio, sexa o terror da noite.
Sexa a morte, xa que é precio da vida.
Sexa a cinsa, xa que é herdo do lume.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
273
Unidade 16
Páx. 415

Poetas dos 80
ALFONSO PEXEGUEIRO

Campesiños
Baixan ó pobo, escuros campos de millo e lúa, mans de cepas fértiles,
suxetos ó frío da historia,
á escuridade máis variada das súas enrugas,
ó silencio máis experto da súa soedade, corazóns
perdidos nas colleitas dunha economía rural illada, traicionados.

A campá é tan triste como a aldea, e badela, e as voces


pérdense como os mortos
entre as oracións fúnebres dun pobo antropoloxicamente pagano
e cristianamente oprimido.

Escóitase o ruido da memoria que o río, suxo i escuro, inxenuo,


coma ritual de danza e supersticioso
vai cavando no corazón laiado dos beizos; ponlas;
solainas; peixes mortos;
fráxil corpo de fume a encolle-lo millo e as viñas;
os paxaros broncan
nas crestas do toxo; e alguén porfía cos xoenllos da noite;
alguén como un berro á morte e á paisaxe,
alguén perdido no canaval infindo que o vento abrita polo xaneiro,
perdido entre os bimbios de ferro que van atando a historia
e os sinos confusos dunha ciencia de pedra...

1. Cal é o retrato que Pexegueiro realiza dos labregos galegos? En que circunstancias desenvol-
ven estes a súa existencia? Que sentimento provoca isto na voz poética?
Pexegueiro ofrécenos un retrato da xente do campo como persoas esquecidas, illadas, afastadas do
progreso, escravas do traballo, tristes e escuras, vivindo entre a superstición e a fe opresora:
suxetos ó frío da historia
ó silencio máis experto da súa soedade
perdidos nas colleitas dunha economía rural illada, traicionados
A campá é tan triste como a aldea
dun pobo antropoloxicamente pagano/ e cristianamente oprimido

2. Repara no vocabulario empregado. Que tipo de voces predominan? Con que intención?
• Substantivos referidos á natureza:
Lúa, río, ponlas, peixes, fume, paxaros, paisaxe, toxo, canaval, vento
• Substantivos referidos a actividades agrícolas:
campos de millo, cepas, colleitas, economía rural, millo, viñas, (atando) bimbios
• Substantivos referidos á relixiosidade popular:
campá, oracións, solainas, sinos, badela, mortos, oracións fúnebres, pagano, cristianamente.

Presentarnos un pobo alienado e triste, ancorado nun pasado estéril e escravo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
274
Unidade 16
MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO
Sobe o mar nos músculos fresquísimos da noite.

Ven ese aroma azul obscuro como o alento dos


peixes nun outono salgado nas esquinas do ar.

As ruas teñen un sabor de névoa imperceptível e


paira nos sentidos unha lonxania esvaída de corpos
prateados, un sonido profundo de maré silenciosa, un
latexo fluente e confuso de tempo que regresa.

Sobe o mar na cidade nocturna como un soño de


luzes amarelas e mortas.

Ven o denso volume da lembranza e a negrura das águas sen estrelas.

Ven este espazo obscuro onde todo comeza.

1. O sensualismo e o cromatismo son trazos que caracterizan boa parte da poesía da xeración
dos 80. Están presentes neste texto? A través de que recursos ou elementos?
Están presentes a través dunha adxectivación onde predomina o sensorialismo: músculos fresquísimos,
aroma azul obscuro, outono salgado, sabor de névoa, paira nos sentidos, corpos prateados, soños de
luces amarelas...

2. O paralelismo é un dos recursos que vertebren este poema. Compróbao.


Sobe o mar nos músculos fresquísimos da noite.
Sobe o mar na cidade nocturna
Ven ese aroma azul obscuro
Ven o denso volume da lembranza
Ven este espazo obscuro onde todo comeza

Páx. 416

XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO

1936
Despois de matar aos pais argumentando apoio á rebelión
obrigaron aos fillos a recoller o lixo das ruas.
Visitaban todas as noites ás viúvas e orfos na sua própria casa,
pedian café, prometian un futuro luminoso
xustificando cadáveres. Viñan a averiguar
a dimensión do ódio, algunha pista
sobre fuxidos, pero mais que nada
a demostrar o seu poder sobre vivos e mortos e memória de mortos,
sobre a terra e o mar, sobre un pasado que non tiña volta
e os dias do porvir que serian propriedade perpétua
do terror nacido en alba por razón de lume de coitelo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
275
Unidade 16
Tamén foron condenados os fillos a desterro e loucura infinita,
a unha mina de flor seca nas galerías do sangue,
a un siléncio tan longo que ainda segue vixente.

Alguns inverteron a pel e a anatomia da memória


para saír ao balcón e deitar flores
cando entraba o Xeneral asasino dacabalo nas prazas ocupadas
que eran todas.
Mesmo cando morreu aquela besta
despois de cuarenta anos sentado sobre un farrapo de cránios rotos
formaron parte da estadea miserábel
dos que foron despedir o corpo infecto.

Pero outros recibimos o herdo da memória fiel e unha ira fervente


cando evocamos o amañecer fronte ás paredes escritas de chumbo
e os fillos obrigados a basoirar o lixo das ruas
e a família invitando a café ao delator mais cruel,
o que seguiu levando os fios da morte e os negócios podres.

Cando evocamos
tantas vidas transparentes interrumpidas pola sinatura do xuiz traidor
e pola vontade cobarde das brigadas da alba, cando miramos
cómo os herdeiros do terror e os cómplices daquel terror
e os que nunca quixeron saber nada, en beneficio próprio,
están aqui entre nós, impunes, gobernando o catálogo da historia
e o público negocio do presente.

1. O poeta alude aos feitos da represión fascista no 36. Localiza esas referencias e elabora un
listado de medidas que se aplicaron contra os demócratas.
tantas vidas transparentes interrumpidas pola sinatura do xuiz traidor
e pola vontade cobarde das brigadas da alba
Visitaban todas as noites ás viúvas e orfos na sua própria casa,
pedian café, prometian un futuro luminoso
xustificando cadáveres. Viñan a averiguar
a dimensión do ódio, algunha pista
sobre fuxidos, pero mais que nada
a demostrar o seu poder sobre vivos e mortos e memória de mortos

2. Que reaccións se produciron entre as vítimas? E cal é o sentimento dominante na voz poética
a este respecto?
• Nas vítimas producíronse distintas reaccións:
· Tamén foron condenados os fillos a desterro e loucura infinita
· Alguns inverteron a pel e a anatomia da memória
para saír ao balcón e deitar flores
cando entraba o Xeneral asasino dacabalo nas prazas ocupadas que eran todas
· Pero outros recibimos o herdo da memória fiel e unha ira fervente cando evocamos o amañecer
fronte ás paredes escritas de chumbo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
276
Unidade 16
• A voz poética transmítenos a súa vontade de exercer a memoria, de non esquecer o acontecido e
denunciar tanta atrocidade, a pesar de que os responsábeis están aquí entre nós, impune, gobernando
o catálogo da historia/ e o público negocio do presente.

3. Que efecto consegue o poeta co uso do verso de longo alento?


Consegue o efecto da narratividade, aproximando o poema á crónica.

Páx. 417

RAMIRO FONTE
Unha fotografía
Desfolla o calendario un ano dos sesenta,
Cando sucede a escena sinxela, familiar:
A mesa recollida, ó acabar de xantar
E o branco do mantel que espella unha luz lenta.

Estamos todos xuntos, dispostos a falar


Das cousas que se perden: a morte violenta
Na estrada dun rapaz a irmá maior comenta.
Na tregua silenciosa case se escoita o mar.

Ese denso silencio anticipa a sorpresa:


Dun volume de coiro que aparece na mesa.
O pai le a Rosalía como dando a lección.

A pena do emigrante que chora na canción,


Escoito engaiolado, coa miña ollada acesa
Sen saber que o que atopo é a miña vocación.

1. Poderíase clasificar este texto como “metapoético”? Por que?


Ollando unha fotografía autor fai unha evocación da súa infancia: a lectura que fai o seu pai dun texto
de Rosalía (seguramente “Adiós ríos, adiós fontes”) esperta a súa vocación como poeta.

2. Que elementos destacan na evocación que contén o poema?


• O calendario un ano dos sesenta,
• Escena sinxela, familiar:
• A mesa recollida, ó acabar de xantar, todos xuntos, dispostos a falar
• Un volume de coiro
• O pai le a Rosalía

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
277
Unidade 16
PILAR PALLARÉS
Nunca tiven amigos, só tiven
seis fantasmas cadrelados nos camiños,
un feixe de sombras fuxidías.
Non existe a amizade. Nós xogamos
a facer vagalumes con papeis,
a inventar o arrecendo das pegadas.
Só temos soidade, só baleiro
e ímolos enchendo con palabras,
aloumiños sen senso, trens no vento.
Sempre imos soñando os imposíbeis:
un amigo,
o amor,
a liberdade,
unha vella sorrindo nos solpores
con flores amarelas nos seus labres.
Xogamos a inventar a realidade
e está xa feita. Teño frio
de min, teño agonias
e mortes a diário sen surpresas.
Só pido que alguén quente as miñas mans.

1. “Nunca tiven amigos” é un poema intimista e desgarrado. Resume os sentimentos e sensa-


cións que expresa.
A soidade, a inexistencia da amizade verdadeira, a carencia de amor, o desexo dun afecto cálido:
Non existe a amizade
Só temos soidade
Sempre imos soñando os imposíbeis:
un amigo,
o amor,
a liberdade
Só pido que alguén quente as miñas mans

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER


Amor sen morte
Lingua lambe emboca esvara lábil
lenta lingua na lama en que xacente
esperta esvara serpe humidamente
e ardendo de vidrados cingue hábil.

Beizos consagrados nervo a nervo


detrás diante ao cabo frente a frente
rebezos como pubes refulxente
detidos no tempo verbo a verbo.

Pel con pel nácara na carne


almíscares xeados polo abrente
espasman e ampean na materia que arde.

E a vida prolóngase serena e indefinidamente.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
278
Unidade 16
1. Neste texto abundan as sinestesias: localiza algún exemplo.
Lingua lambe, pubes refulxentes

2. De novo o sensualismo caracteriza un texto da xeración dos 80 como este. Mediante que ele-
mentos aparece?
Lingua lambe
Esvara lábel
Esvara serpe humidamente
Beizos consagrados nervo a nervo
Pubes refulxentes
Pel con pel
Espasman e ampean na materia que arde

Páx. 418

MANUEL RIVAS
Televisión
A esa hora chegaba a miña vella,
xusto cando o baixo de The Cult
daba aqueles pasos de comanche.
A miña nai,
boqueando despois de fregar as oficinas do Fénix Español,
puña as zapatillas,
sentábase no sofá,
suspiraba fondamente
e cambiaba á primeira cadea.
Anda, pasmón, sae algo á rúa e espabila.
Apareceu o Empire State
e a miña vella dixo con tenrura:
Pobre da que teña que fregar todo iso.

Fonema
Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan, dicía o mestre:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía que
Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era,
se é que a tiña,
o toxo que douraba os montes de Galicia.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
279
Unidade 16
1. Os poemas de Manuel Rivas transmiten unha mestura de ironía, tenrura e denuncia. Que ele-
mentos corresponderían en cada texto a cada unha destas sensacións?
• Ironía cun claro carácter humorístico:
· Honradas legumes
· Saíu adiante vizosa e fidalga (a planta de marihuana)
· O día que casan de branco as patacas
· Anda pasmón, sae algo á rúa e espabila (referido ao propio autor)
· A repetición que fai Lolo o de Rito con gheada da frase castelá.
· “A min custoume algún traballo dicir sen respirar / que había plantas monocotiledóneas”

• Tenrura:
· Meu pai saudouna con orgullo
· A miña nai,
boqueando despois de fregar as oficinas do Fénix Español,
puña as zapatillas,
sentábase no sofá,
suspiraba fondamente
e cambiaba á primeira cadea.

• Denuncia:
· No primeiro poema, hai unha diferente visión do mundo. O pai saúda con orgullo a planta de
maría porque medra vizosa e a nai ve nun grande rañaceos un inmenso lugar para ser fregado.
Isto contrasta coa familiaridade da xeración moza cos produtos da cultura ianqui (musicais,
cinematográficos...) e coas drogas que non formaban parte da nosa propia cultura como a
marihuana. Por outra banda, a xeración dos pais, activa, pertence á cultura do traballo e a dos
fillos, pasiva, está instalada na cultura do ocio.
· No segundo, hai unha clara denuncia do papel alienante da escola durante o franquismo; nega e
ridiculiza a lingua propia, pretende impor a allea, recorre aos castigos físicos e oculta a realidade
xeográfica, paisaxística e sentimental máis próxima do alumnado.

LOIS PEREIRO
Transmigración
Esta enerxía xa non vai ter fin,
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
tatuadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.

Nun cálido universo apaixonado


voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
280
Unidade 16
A través do colchón
Virá calada, oculta e con nocturnidade,
chegando desde abaixo a través do colchón,
entre as derivacións intuídas e temidas
dunha vírica rebelión interna:
a herdanza que conservo e atesouro
como se fose a miña propia sombra.

Poderíano escoller como epitafio


Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar no que eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.

1. Os tres textos de Lois Pereiro teñen un motivo temático común. Cal é?


A morte.

2. Como resumirías ou adxectivarías a actitude vital ou filosófica que expón Pereiro nas tres com-
posicións?
É unha actitude vitalista. Lois Pereiro asume a súa vida e a evidencia da morte inminente. Considera
que ha permanecer na vida que continúa.

Páx. 419

CHUS PATO
Este é o retrato dunha muller, morta, pintado polo seu fillo que seguramente a amaba
e esta, na que agora entras, a casa na que esta muller viviu
Unha actriz, coa voz de todos os escenarios do planeta
recita para nós, fragmentos en prosa desta muller
que posiblemente habitou estes lugares
e a Rosa
a Rosa que depositaron sobor do seu ataúde
a Rosa que despois desenterraron

a Rosa pode ter dous ou tres mil anos


chegar a medir 150 metros de altura e trinta de diámetro

Ela, a muller que habitou nesta casa, amaba este xardín


a árbore do amor, a sequoia vermella
e aquí, e desde aquí, noméanos, pronuncia o noso nome
a Rosa
vermella
incólume
inmortal
intacta.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
281
Unidade 16
1. Que está a describir a autora no poema? A que figura importante da literatura galega alude?
Que trazos salienta dela?
Está a describir a Casa da Matanza, onde viviu e morreu Rosalía de Castro, en Iria Flavia, Padrón. Fai
referencia ao retrato pintado por Ovidio Murguía, único fillo varón de Rosalía.
Refírese a ela co nome de Rosa que, de paso lle serve para facer un xogo de reduplicación e meto-
nimia. Sobre a cama de Rosalía, na súa casa museo, había sempre unha rosa que deitaba Maruxa
Villanueva, a actriz coa voz de todos os escenarios do planeta á que fai referencia o texto. A Rosalía
desenterrárona para trasladar os seus restos ao Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de
Bonaval.

2. Que efecto producen os versos monolexicais do final? Poderían ser un exemplo de paranoma-
sia?
Reforzan o significado de cada un dos adxectivos. Pode ser un recurso paronímico, aínda que só
coincide o elemento in, que nos tres exemplos aporta un significado de negación, polo que mesmo o
poderiamos considerar un caso de anáfora morfolóxica.

XAVIER SEOANE
Tremente mundo noso
Fala coas árbores.
Celebra o sol.
Abrangue o horizonte.
A aguia para ti remonta o voo,
nupcialmente o urogalo
enlévase tremente na alta cópula.
Cantar é sementar, vivir no asombro.
Unha folla,
unha erba,
un argueiro de pole,
ese mar que contemplas,
os astros que cintilan na alta noite:
noméaos,
tócaos.
¡Tremente mundo noso!

1. Que valor estilístico atesoura a colocación de formas verbais exhortativas no comezo dos ver-
sos?
A invocación para implicar a quen fai a lectura no propio poema.

2. Cal é a concepción da vida que transmite o poema? Que papel xoga a natureza cos seus ele-
mentos na configuración desa concepción?
É unha concepción positiva, optimista, vitalista da existencia. A natureza é un templo de vida,
que debemos celebrar. Nela e por ela vivimos, por iso os elementos que a conforman: árbores,
sol, horizonte, urogalo, folla, herba, pole, ar, astros, son ese tremente mundo noso que nos
emociona.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
282
Unidade 16
EVA VEIGA

Nai
Cando veña o tempo derrubar
as estatuas nosas
pola súa man noutrora ergueitas,
cando os nosos actos
e tamén os desleixos
voen como follas desprendidas
no aire indolente e incomprensible,
cando os nosos átomos e mesmo
os xenes que compartimos
se esquezan xa noutras existencias
da vida e forma sucesiva que nos deron,
entón, alén do sol e deste inverno
que me anega,
a luz túa sempre acesa
e desa luz a miña sede
avivarán o amor universal
que adoito refai tan alta casa.

1. Esta composición está dedicada pola autora á súa nai, morta. Que ideas expresa?
A idea principal é que mesmo despois da desaparición física de nai e filla, o amor que as une perma-
necerá.
Suxírese un contraste entre o finito (a vida humana en si) e a inmortalidade (os sentimentos que
profesamos).

2. En que corrente poética a inserirías?


É un poema de amor filial, intimista.

3. Repara nos elementos léxicos do poema e indica cales cres que teñen valor simbólico.
Elementos léxicos con valor simbólico son as estatuas, o sol, o inverno, a luz e a casa.
As estatuas simbolizan a imaxe que das persoas fica cando xa morreron, o van intento de perpetuar a
memoria dunha existencia.
O sol e o inverno simbolizan as ledicias e as mágoas sucesivas da vida.
A luz representa o intenso amor que une filla e nai e que sobrevivirá ao paso do tempo e á morte.
A casa é tamén un símbolo dese amor, o ámbito que o acolle.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
283
Unidade 16
Páx. 420

Poetas dos 90
LUPE GÓMEZ
Autobiografía
Non sei o que digo.
Nunca o saberei.
Abrín o cuarto prohibido
e agora estou dentro.

O amor
O amor foi
un trallazo moi forte
que rompeu a
ventá. E quedou rota
para sempre. Eu limpei
do chan
os cristais. Corteime
con eles
en tódolos dedos.

Galiza
Galiza non son
imaxes. Son
restos.

1. A autora depurou e condensou a expresión ao máximo, e no entanto os poemas están cheos


de significados. Apunta algún deles, en cada caso.
• Autobiografía. Pode tratarse dunha autopoética. A autora reafírmase no seu papel creador fóra
do que se considera un discurso coherente e racional. Tamén se pode tratar dunha autoafirmación
nunha actitude vital de rebeldía.
• O amor. Estamos ante un poema que sinala que o amor e a dor van sempre unidos. Tamén podemos
interpretalo como un poema de desamor.
• Galiza. Unha interpretación que podemos facer do poema é que Galiza non é a imaxe que cada
quen se fai dela, senón que é unha realidade en proceso de desestruturación.

2. A que cres que se refire coa expresión “cuarto prohibido”, no primeiro poema? E que significa-
do atribúes ao verbo “cortar” no segundo?
O cuarto prohibido pode ser a creación literaria.
Cortar.- ferir, facerse dano.

3. Repara nos tempos verbais do primeiro texto. Que conclusión podes tirar?
Os tempos verbais que emprega son o presente e, só nunha ocasión, o futuro. A conclusión que tiramos é
que non se trata dun texto onde se nos relate unha traxectoria biográfica pasada, polo tanto é contraditorio
co seu título. Contraditorio só en certo sentido, porque esa actitude de rebeldía que manifesta púidose
producir ao longo de toda a súa vida ou mesmo ser unha consecuencia da súa traxectoria vital.

4. O poema “Galiza” convida ao lector, en certo sentido, a reflexionar sobre o contraste entre a
realidade e a visión que se ten desa realidade. Para o caso concreto de Galiza, en que se tradu-
ce ese contraste? Compartes a visión da poeta?

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
284
Unidade 16
O contraste é que Galiza non se corresponde con ningunha visión da realidade, senón coa desintegración
da mesma. A reflexión que nos ofrece a poeta no texto parte dunha visión inmobilista da realidade.
Desestrutúrase un modo de vida e de produción que se veu desenvolvendo en Galiza ao longo de
moitos séculos para dar paso a unha nova realidade. Galiza modifica os elementos identitarios, pero
non se desfai deixando restos...

FRAN ALONSO
Durmirá, meu fillo, tirado en calquera portal.
Era pequecho e lambón.
Cagou por el ata os seis anos.
E nunca quixo ir á escola senón
xogar a perderse entre o vento nos areais de Rodeira
á procura de botellas de lixivia e latas baleiras
coas que me enchía o fregadeiro.
Tiña os ollos grandes da nai
e, na alma, a inquedanza negra do pai.
E diante dos libros afogaba coma un tomate colorado
que abre e comeza a ceibar o zume.
Durmirá en calquera portal,
meu fillo.
Coa ollada estragada nun punto da infancia
e a negrura hipodérmica da alma
inxectada nas veas.

1. A quen corresponde a voz poética que escoitamos?


Á nai dun mozo heroinómano.

2. Que tema aborda o poema? Repara no insólito do mesmo como asunto poético.
O drama social e familiar que supuxo –e, aínda que en menor medida, supón- o consumo de heroína
entre a mocidade. É novidoso este tema como asunto poético e tamén a perspectiva, xa que a voz
poética corresponde á nai do mozo heroinómano.

3. Con economía de medios e poucos versos, Fran Alonso deseña perfectamente dous perso-
naxes: Como son? Que lles acontece? Albíscase algún futuro mellor para eles?
Trátase de retratos de personaxes que recoñecemos. A introdución da heroína nas cidades e vilas
costeiras cobrou numerosísimas vítimas entre a mocidade. Moitos mozos pertencían a familias
onde a nai era a única figura de autoridade (pola emigración, polo traballo no mar, por separacións
matrimoniais, etc.).
A voz poética é unha muller de Cangas, cabeza de familia. Sabemos que o pai tiña unha negra
inquedanza e quizais unha relación difícil e violenta con ela, porque o fillo ten a ollada estragada nun
punto da infancia. Sabemos que ela é unha nai amorosa (era pequecho) e preocupada polo fillo.
A pesar da súa situación, non renega del.
Do fillo sabemos, como xa dixemos, que tivo unha infancia difícil. Non lle gustaba estudar, nin ler:
nunca quixo ir á escola, diante dos libros afogaba coma un tomate colorado/ que abre e comeza a
ceibar o zume. Fisicamente parécese á nai: Tiña os ollos grandes da nai, pero psicoloxicamente ao
pai: e, na alma, a inquedanza negra do pai.
No poema non se albisca un futuro mellor para ningún dos dous.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
285
Unidade 16
OLGA NOVO
Deusa campesiña:
Con estes ollos bravos atraveso montes e con estas mans oio a vosa pel pasando frío e con esta boca
vexo a vosa fame tocando o tambor do tempo e con esta conciencia entro no vento e con este vento
voume de min a vós e de vós a min.

1. Localiza o xogo sinestésico que emprega a autora neste poema.


Oe coas mans (oído /tacto) a pel pasando frío (tacto).
Ve coa boca (vista/gusto) a fame (gusto) tocando o tambor (oído)

2. Cal dirías que é o seu tema?


Un retrato esquemático do carácter da muller campesiña, afeita á vida dura (fame, frío), consciente
das penurias pasadas polos devanceiros e dona dunha identidade que se esforza en transmitir sen
deixar por iso de coñecer e aprender outros xeitos de vida (“voume de min a vós e de vós a min”).

Páx. 421

CARLOS NEGRO
Thunder Road
Deixa
que os motores
ruxan salvaxes
imos xuntos
queimar
a madrugada
esnifar
unhas cantas raias
da estrada
a tope
cos malotes de sempre
a arrasar
nena
a arrasar
que o día de maña
din que nunca existiu
e ti tes uns ollos azuis
e flipantes
e eu un burato de medo
no medio da chapa do peito
que se cadra ti
esta noite
es quen de encher
agora
corpo a corpo
antes de que oxiden
as horas e a vida
sexa
fume de tubo de escape
unha derrapaxe
en falso
na seguinte curva.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
286
Unidade 16
It Girl
Pasa axiña, aínda estou en pixama.
Aquí dentro son a última tendencia,
a moza que se transforma en poema.
Como unha auténtica maleducada
fago cachizas as fotos da infancia,
pinto as unllas e as paredes de negro,
deixo pelusas nas mangas dos xerseis,
escollo adrede o vestido máis feo,
protexo a parte branda das entrañas
cun estilo que me volve invisible.
Habito un cuadrilátero de dúbidas,
a anos luz do brillo das portadas,
cunha pouta de pánico no peito,
un piercing por única bandeira
e o cerebro como arma de combate.

1. Intenta caracterizar o eu poético de cada unha destas dúas composicións de Carlos Negro:
quen é?, como é?, como pensa?
No primeiro texto, o protagonista masculino amosa unha pose de malote e unha grande ansiedade
por gozar intensamente da vida, aínda que sexa por medio da velocidade, do consumo de drogas e do
sexo, co risco de matarse na estrada.

No segundo, a protagonista é unha rapaza adolescente que procura a súa identidade rebelándose contra
a súa infancia e contra determinadas convencións sociais. Para iso adopta unha estética “gótica”, usa
piercings e procura exercer en todo momento o espírito crítico con todo o que a rodea.

2. Repara no vocabulario que se emprega en ambos textos. A que campos lexicais pertence?
No primeiro poema emprégase un vocabulario relacionado co mundo dos automóbiles: “motores”,
“queimar”, “estrada”, “chapa”, “oxiden”, “ tubo de escape”, “derrapaxe”, “curva”.

Tamén aparece léxico da xiria xuvenil relacionado co lecer nocturno: “ queimar a madrugada”, “esnifar
unhas cantas raias”, “a tope cos malotes de sempre”, “ a arrasar / nena / a arrasar”, “flipantes”.

No segundo predominan os obxectos que remiten para un ámbito de intimidade persoal, como prendas
de roupa (pixama, xerseis, vestido...), fotografías, o pintauñas, os piercings, as paredes do cuarto...

3. Que funcionalidade ten, ao teu ver, o emprego do inglés nos títulos?


Ten a ver con que é o idioma no que se expresa boa parte da música pop, dos videoxogos, dos filmes e
da propaganda comercial que inciden directamente sobre a mocidade na nosa sociedade de consumo.
Como idioma, aparece así asociado á modernidade e a un presunto universalismo.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
287
Unidade 16
DANIEL SALGADO
Sempre se agarda o verán,
deséxase
ese tempo para a noite como a herba
sen alerxia. Os amigos recuperados.
Próbase toda froita de óso,
búscanse os elepés de música xamaicana,
vaise esquecendo unha miga a choiva
e esta patria.
Sempre se agarda o verán porque detén a vida.
Veñen días lentos,
ríos,
ollos,
esváese o mundo afora,
vístense de xente as terrazas
no agre do lusco-fusco.
Saen tantas guerras da memoria.
Pero sempre se agarda un verán
que nunca chega.
E retíranse os dentes, vencidos,
da hora deserta.

1. O ton intimista do poema abala entre a ledicia e o pesimismo. Identifica que elementos contri-
búen para cada sentimento.
Ledicia: o verán como época de lecer nocturno, os amigos recuperados, próbase toda froita de óso,
búscanse os elepés de música xamaicana, vaise esquecendo unha miga a choiva e esta patria, detén a
vida, vístense de xente as terrazas, saen tantas guerras da memoria, esváese o mundo afora.

Pesimismo: “Pero sempre se agarda un verán / que nunca chega”. Todas as cousas boas do verán non
colman a procura de plenitude do eu poético, non abondan para desarmar totalmente a consciencia
sobre “tantas guerras da memoria”, sobre os problemas da patria.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
288
Unidade 16
Páx. 422

YOLANDA CASTAÑO
Cando deixo de ser flor,
molesto.

Pero o duro era ser, o


infatigablemente aciago.

Que eu contraese algunha seria doenza


favorecería grandemente á miña proxección literaria.
Como non teña traballo, marcho para Las Vegas.
Nos Estados Unidos son máis guapa que en ningún sitio.

Pero teño sido agre e pretensiosa,


teño sorrido por interese propia,
a axetreada capitalista sexy;
compensei polos meus días de impotencia.
Ser
é o difícil.
Cando falei só contemplaron os meus labios.

Se me tomo un descanso iso


farame irresponsable?
se son vulnerable
serei pisoteada?
se me fosen peor as cousas
quereriádesme máis?

Unha profusa navalla é o proxecto da identidade,


un reiseñor mecánico a tarde.
Tanto souvenir acabará con Notre Dame
Onde estabas cando te necesitei?

1. Que reflexións sobre a imaxe da muller escritora encerra este poema?


Fundamentalmente, a autora retrata as dificultades a que se enfronta unha poeta para que o foco de
atención do público se coloque propiamente na súa obra e non na súa persoa.

A recepción dos seus textos está mediatizada pola mentalidade patriarcal e machista imperante (“cando
falei só contemplaron os meus labios”) e a autora ten que pagar un prezo cada vez que excede os
límites que a propia sociedade parece querer impoñer ao exercicio libre da escrita feminina (“Cando
deixo de ser flor / molesto”).

Nun contexto así, a autora ironiza sobre as estratexias de conformación dunha “imaxe pública” que
lle resultase máis “favorecedora” (que eu contraese algunha seria doenza / favorecería grandemente
á miña proxección literaria; se me tomo un descanso iso / farame irresponsable ? / se son vulnerable
serei pisoteada? / se me fosen peros as cousas / quereriádesme máis?”) ou sobre a fuxida a outras
latitudes como saída (Como non teña traballo, marcho para Las Vegas. / Nos Estados Unidos son máis
guapa que en ningún sitio”).

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
289
Unidade 16
OLALLA COCIÑA
non es sinónimo do meu nome
pero compartimos
o berce dos soños que soñaremos
toda esta paz suave dentro dos nosos ósos
delimitadora de ningún espazo obrigatorio

un vagón onde ningún asento está ocupado

1. En que tendencia poética clasificarías este texto? Por que?


Dentro da poesía intimista e amorosa. Porque expresa a concepción que preside a súa relación de
afecto con outra persoa.

2. Achega a túa interpretación das metáforas que encerra.


• “non es sinónimo do meu nome” marca a alteridade e individualidade dos membros da parella.
• “compartimos o berce dos soños que soñaremos” metaforiza a vida en común que se quer ter, a
felicidade que van procurar xuntos.
• “delimitadora de ningún espazo obrigatorio” e “un vagón onde ningún asento está ocupado” insiste
na idea dunha relación libre, espontánea e non condicionada, que ofrece o engado da novidade, do
nunca antes experimentado.

Páx. 423

SECHU SENDE
Eue
Setembro foi o noso mes de vendima no Ribeiro:
Ernesto, Félix e eu, tres mozos no val dos octoxenários,
fixemos-lle o viño á Nieves de Viete, a 5 mil ptas. o dia,
e mais ao Benito, o vello do marcapasos de ouro:

Vendimar, carregar, machucar, encher os pipotes.


E á noite en cas Carmiña ouvíamos histórias da Guerra
–o dia que agochou unha pistola no peito–, contos
do lobo e as palabras eue, puzo, caravel, ántese.

Logo conseguimos traballo en Beade, nas viñas dos Rei,


indianos: traballo durísimo nas cepas e histórias
de Venezuela, de máfias políticas e risos á hora do xantar.
O nome da adega era Socalcos, indústria familiar.

Mentres acarrexo as uvas ao tractor, gosto de escoitar


as vendimadoras –rapazas novas con sucre na língua–
falando da perruquería, dos segredos do sexo,
ou de se eu debo ser algo tímido, porque falo pouco.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
290
Unidade 16
De súpeto, un dia descobres que o máximo esforzo
che duplicou o músculo. Pensas: os meus brazos
semellan doutro. Vas beber á fonte, se non mira o patrón.
Dás en pensar: Cales serán as porcentaxes de mocidade en paro?

Acaba a vendima, deixo Ourense, volto ás casa


de meus pais, á cidade, á Biblioteca, ao bus urbano,
ao paro, á contemplación. Pasan os meses. Mesmo
vou a un concurso da TV. Recupero os brazos de antes.

1. O poema ten unha grande dose de narratividade. Reconstrúe a historia que conta e intenta
resumila en dúas liñas.
O poeta conta que traballou na vendima no Ribeiro e en Beade, onde viviu experiencias enriquecedoras,
escoitou historias, etc., que contrastan coa súa cotidianeidade na cidade onde vive.

2. Que dous planos temporais aparecen no texto? Como están relacionados? Que simboliza cada
un deles?
O momento da vendima. O resto do ano. O primeiro simboliza a vida, a integración social dos
individuos, no mundo tradicional. O segundo plano representa as posibilidades (cultura, ocio) e
limitacións (sedentarismo, desemprego) que goza e sofre a mocidade actual.

3. Hai algún elemento de crítica social no poema? E de carácter reivindicativo?


Hai unha denuncia da pasividade forzada á que se ve abocada a mocidade urbana actual, a lacra do
desemprego xuvenil. Hai unha reivindicación das actividades comunais tradicionais, que favorecen a
integración grupal, o intercambio xeracional, etc.

Lingua galega e literatura 2.º Bach • Solucionario | | Isabel González Avión, Emilio Xosé Ínsua • Baía Edicións
291

You might also like