Generador de Exámenes Edebé (Galego 3ºESO)

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 182

3ºESO

GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 1

Clasifica estes profesionais segundo o medio ou medios nos que desenvolven o seu traballo.

Solución
TELEVISIÓN: maquillador, rexedor, guionista, realizador, operador de cámara, técnico de son.
RADIO: guionista, locutor, técnico de son.
PRENSA ESCRITA: humorista gráfico, maquetador, redactor.

Actividade nº 2

Indica o significado destes adxectivos aplicados a diferentes tipos de publicacións periódicas (xornais, revistas...).

bimestral - semanal - diario - quincenal

vespertino - semestral - mensual - matutino

PUBLÍCASE...
• Polas mañás: . . . . . . . . . . . • Cada 15 días: . . . . . . . . . . .
• Polas tardes: . . . . . . . . . . . • Cada mes: . . . . . . . . . . .
• Cada día: . . . . . . . . . . . • Cada 2 meses: . . . . . . . . . . .
• Cada semana: . . . . . . . . . . . • Cada 6 meses: . . . . . . . . . . .

Solución
POLAS MAÑÁS: matutino.
POLAS TARDES: vespertino.
CADA DÍA: diario.
CADA SEMANA: semanal.
CADA 15 DÍAS: quincenal.
CADA MES: mensual.
CADA 2 MESES: bimestral.
CADA SEIS MESES: semestral.

1
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 3

Consulta nun dicionario o significado destas palabras. Logo completa as oracións axeitadamente.

audiencia - subscrición - primicia - suplemento

exclusiva - tiraxe - rolda de prensa - correspondente

• O noso . . . . . . . . . . . infórmanos desde Israel das negociacións de paz.

• Esa revista de deportes é, con 20 000 exemplares, unha das de maior . . . . . . . . . . . de toda Galicia.
• Miña nai regaloulle a meu pai unha . . . . . . . . . . . por un ano ao seu xornal favorito.
• Deseguido, unhas imaxes do accidente ferroviario nunca vistas: son unha auténtica . . . . . . . . . . . .
• O prestixioso actor ofreceu unhas declaracións en ........... para o noso xornal.
• Este domingo o xornal ofrece un . . . . . . . . . . . sobre deportes de aventura.
• O adestrador anunciou nunha . . . . . . . . . . . a súa dimisión.
• Un dos programas de maior . . . . . . . . . . . da Televisión de Galicia é Padre Casares.

Solución
O noso correspondente infórmanos desde Israel das negociacións de paz.
Esa revista de deportes é, con 20 000 exemplares, unha das de maior tiraxe de toda Galicia.
Miña nai regaloulle a meu pai unha subscrición por un ano ao seu xornal favorito.
Deseguido, unhas imaxes do accidente ferroviario nunca vistas: son unha auténtica primicia.
O prestixioso actor ofreceu unhas declaracións en exclusiva para o noso xornal.
Este domingo o xornal ofrece un suplemento sobre deportes de aventura.
O adestrador anunciou nunha rolda de prensa a súa dimisión.
Un dos programas de maior audiencia na Televisión de Galicia é Padre Casares.

Actividade nº 4

Relaciona cada voz latina coa palabra galega actual que orixinou.

LATÍN GALEGO
A. PECTU fiestra
B. SAPERE lume
C. INTROITU febreiro
D. LUMINE táboa
E. FENESTRA peito
F. FEBRUARIU saúde
G. COGITARE coiro
H. SALUTE saber
I. CORIU entroido
L. TABULA coidar

Solución

2
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A: peito. B: saber. C: entroido. D: lume.

E: fiestra. F: táboa. G: coidar. H: saúde.
H: coiro. M: febreiro.

Actividade nº 5

Indica que voz galega corresponde a cada definición.

A. Gran cavidade natural aberta nas penas e rochas, sobre todo a producida pola acción do mar. - . . . . . . . . . . . . . . . . .
..
B. Lugar onde se constrúen e se reparan barcos. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
C. Conxunto de illas máis ou menos próximas. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
D. Suxeitar unha embarcación ao fondo mediante unha ou varias áncoras co fin de mantela fixa nun sitio. - . . . . . . . . . .
.........
E. Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
A: furna. / B: estaleiro. / C: arquipélago. / D: fondear (ancorar). / E: estribor.

Actividade nº 6

Resolve o encrucillado situando en cada lugar o nome do elemento sinalado no debuxo.

3
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: arquipélago.
2: cantil.
3: farallón.
4: furna.
5: con.
6: faro.
7: illa.
8: batea.
9: porto.
10: praia.
11: río.
12: esteiro.

Actividade nº 7

Indica que palabra corresponde a cada definición.

4
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Lugar onde se constrúen e reparan barcos. - estacha - estaleiro - peirao

• Istmo de area que une ao continente o que antes fora unha illa ou illote. - tómbolo - duna - rompente
• Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa. - quilla - estribor - babor
• Paso estreito que serve de acceso a unha baía ou fondeadoiro. - cabo - areal - bocana
• Rastro que deixa ao seu paso unha embarcación que se move sobre a auga. - ronsel - ardora - áncora

Solución
LUGAR ONDE SE CONSTRÚEN E REPARAN BARCOS: estaleiro.
ISTMO DE AREA QUE UNE AO CONTINENTE O QUE ANTES FORA UNHA ILLA OU ILLOTE: tómbolo.
PARTE DEREITA DUNHA EMBARCACIÓN, MIRANDO DE POPA A PROA: estribor.
PARTE ESTREITA QUE SERVE DE ACCESO A UNHA BADÍA OU FONDEADOIRO: bocana.
RASTRO QUE DEIXA AO SEU PASO UNHA EMBARCACIÓN QUE SE MOVE SOBRE A AUGA: ronsel.

Actividade nº 8

Completa as seguintes oracións con estes verbos.

fondear - aboiar - varar - vogar - arriar - embarcar - izar

• A balsa do náufrago estivo a . . . . . . . . . no océano durante días ata que o rescatou un pesqueiro.
• Temos que . . . . . . . . . todas as velas para navegar máis rápido.
• Meu tío vai . . . . . . . . . nun pesqueiro que faena no Gran Sol.
• Xa estou canso de . . . . . . . . . . Agora colle ti os remos.
• Estivemos a piques de . . . . . . . . . o barco nunha zona de pouco calado.
• Imos . . . . . . . . . o veleiro fronte á praia para darnos un baño.
• Despois de . . . . . . . . . as velas, ancoramos o barco.

Solución
A balsa do náufrago estivo a aboiar no océano durante días ata que o rescatou un pesqueiro.
Temos que izar todas as velas para navegar máis rápido.
Meu tío vai embarcado nun pesqueiro que faena no Gran Sol.
Xa estou canso de vogar. Agora colle ti os remos.
Estivemos a piques de varar o barco nunha zona de pouco calado.
Imos fondear o veleiro fronte á praia para darnos un baño.
Despois de arriar as velas, ancoramos o barco.

Actividade nº 9

Explica, con exemplos, en que consisten as diferentes formas de acrecentamento do léxico dunha lingua: interno e
externo.

Solución

5
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

O acrecentamento do léxico: ACRECENTAMENTO INTERNO: permite crear palabras novas con procedementos
propios do galego: composición, derivación, parasíntese, acrónimos...: impersoal, paraugas, galegofalante, sida.
ACRECENTAMENTO EXTERNO: consiste na incorporación á lingua de palabras doutros idiomas: judo, whisky.

Actividade nº 10

Que un tómbolo?:

a. Istmo de area que une ao continente o que antes fora unha illa ou un illote.
b. Rastro que deixa ao seu paso unha embarcación que se move sobre a auga.
c. Lugar onde se constrúen e reparan barcos.

Solución
a. Istmo de area que une ao continente o que antes fora unha illa ou un illote.

Actividade nº 11

Que é un ronsel?:

a. Paso estreito que serve de acceso a unha baía ou fondeadoiro.

b. Rastro que deixa ao seu paso unha embarcación que se move sobre a auga.
c. Parte dereita dunha embarcación, mirando de popa a proa.

Solución
b. Rastro que deixa ao seu paso unha embarcación que se move sobre a auga.

Actividade nº 12

Substitúe os círculos numerados polas vogais correspondentes e forma nomes de diferentes froitos. Despois indica que
árbore dá cada unha.

Solución
A. FROITO: amorodo - ÁRBORE: amorodeira.
B. FROITO: noz - ÁRBORE: nogueira.
C. FROITO: cereixa - ÁRBORE: cerdeira.
D. FROITO: landra - ÁRBORE: carballo.

6
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

E. FROITO: limón - ÁRBORE: limoeiro.

F. FROITO: mazá - ÁRBORE: maceira.

Actividade nº 13

Ofrece exemplos destes tipos de derivación xurdidos pola incorporación de sufixos. Sigue o modelo.

• DERIVACIÓN SUBSTANTIVA: triste - tristura / . . . . . . . . . • DERIVACIÓN VERBAL: . . . . . . . .

• DERIVACIÓN ADXECTIVA: . . . . . . . . . • DERIVACIÓN ADVERBIAL: . . . . . . . .

Solución
Resposta aberta.
Posible resposta: DERIVACIÓN SUBSTANTIVA: triste - tristura, crer - crenza.
DERIVACIÓN ADXECTIVA: calor - caloroso.
DERIVACIÓN VERBAL: cabeza - cabecear. DERIVACIÓN ADVERBIAL: doada - doadamente.

Actividade nº 14

Substitúe os círculos de cor polas consoantes axeitadas e forma o nome dos doce froitos das imaxes.

7
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: mazá.
B: amorodo.
C: limón.
D: castaña.
E: améndoa.
F: pera.
G: cereixa.
H: abelá.
I: noz.
L: landra.
M: laranxa.
N: figo.

Actividade nº 15

Clasifica estes substantivos segundo designen nomes de flores, de arbustos ou de árbores.

abeto - caravel - xesta - oliveira - álamo

silveira - xasmín - faia - breixo - rosa
piñeiro - toxo - orquídea - buxo - papoula

Solución
FLORES: caravel, xasmín, rosa, orquídea, papoula.
ARBUSTOS: xesta, silveira, breixo, toxo, buxo.
ÁRBORES: abeto, álamo, oliveira, faia, piñeiro.

Actividade nº 16

Usa os sufixos -al, -edo/a, -eiro/a con estes nomes de plantas para designar o lugar onde abundan.

xunco - . . . . . . . . . . . . . . palmeira - . . . . . . . . . . . . . .
álamo - . . . . . . . . . . . . . . xesta - . . . . . . . . . . . . . .
abeleira - . . . . . . . . . . . . . . piñeiro - . . . . . . . . . . . . . .
figueira - . . . . . . . . . . . . . . cana - . . . . . . . . . . . . . .
carballo - . . . . . . . . . . . . . . nogueira - . . . . . . . . . . . . . .

8
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Xunqueira. Alameda. Abeledo. Figueiredo.
Carballal. Palmeiral. Xestal.
Xesteira. Piñeiral. Canaval. Nogueiral.

Actividade nº 17

Asocia estes adxectivos cos seus sinónimos.

ADXECTIVOS SINÓNIMOS
A: velenoso/a ventureiro/a
B: serodio/a vizoso/a
C: silvestre tardío/a
D: aromático/a murcho/a
E: fértil recendente
F: mirrado/a tóxico/a

Solución
A: tóxico/a.
B: tardío/a.
C: ventureiro /a.
D: recendente.
E: vizoso/a.
F: murcho/a.

Actividade nº 18

Sitúa os verbos destacados en negra na oración adecuada para que teñan sentido.

• Cómpre demoucar máis as patacas, non convén poñelas tan xuntas.

• Vou rarear ese bonsai a un testo máis grande.
• Van xermolar ese monte con árbores autóctonas.
• Meu avó ensinoume a seiturar as mazarocas de millo.
• Alberte usou unha motoserra para repoboar o castiñeiro.
• A comezos do verán temos que debullar o centeo e o trigo.
• Despois duns días de chuvia, aquela planta tan murcha acabou por transplantar.

Solución
Cómpre rarear máis as patacas, non convén poñelas tan xuntas.
Vou transplantar ese bonsai a un testo máis grande.
Van repoboar ese monte con árbores autóctonas.
Meu avó ensinoume a debullar as mazarocas de millo.

9
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Alberte usou unha motoserra para demoucar o castiñeiro.

A comezos do verán temos que seiturar o centeo e o trigo.
Despois duns días de chuvia aquela planta tan murcha acabou por xermolar.

Actividade nº 19

Asocia cada frase feita co seu significado.

FRASES FEITAS
A. Andarlle o sentidiño polas silveiras.
B. Ser coma un toxo.
C. Pedirlle landras ao castiñeiro.
D. Estar coma un buxo.
E. Estar criando estrugas.
F. Importar un fento.

SIGNIFICADOS
Ser malhumorado, molesto, seco.
Estar morto e enterrado.
Ser moi vigoroso/a, gozar de boa saúde.
Non importar nada.
Ser pouco formal, ter pouco sentido.
Pretender algo imposible.

Solución
A: ser pouco formal, ter pouco sentido.
B: ser malhumorado, molesto, seco.
C: pretender algo imposible.
D: ser moi vigoroso/a, gozar de boa saúde.
E: estar morto e enterrado.
F: non importar nada.

Actividade nº 20

Distingue cales das seguintes palabras teñen sufixos facultativos e cales non.

casiña - fariña - camisón - zapatón - mesiña

acordeón - fouciño - feirón - foguete - espiña

— Identifica, entre as que teñen sufixos facultativos, as que os teñen aumentativos ou diminituvos. Sinala tamén as que
formaron voces con entrada independente nos dicionarios.

10
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
TEÑEN SUFIXOS FACULTATIVOS: casiña (diminutivo), camisón (aumentativo: 'ten entrada independente no
dicionario: 'peza de roupa para durmir semellante a unha camisa’), zapatón (aumentativo), mesiña (diminutivo), fouciño
(diminutivo: ten entrada independente no dicionario: 'instrumento de labranza de folla grosa e forte co mango máis
longo có da fouciña, que se utiliza para rozar’), foguete (diminutivo: ten entrada independente no dicionario: 'artificio de
pólvora que, cando se acende, lanza un conxunto de partículas en ignición que adoitan estoupar ao final’).
NON TEÑEN SUFIXOS FACULTATIVOS: fariña, acordeón, espiña.

Actividade nº 21

Crea unha cadea de voces derivadas engadíndolles sufixos a estas palabras. Sinala os cambios de categoría
gramatical.

• reino - reinar (v) - reinante (adx)

• imaxe - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• sentir - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• globo - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• civil - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• quince - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA:
IMAXE: imaxinar (v), imaxinable (adx), inimaxinable (adx).
SENTIR: sentimento (subs), sentimental (adx), sentimentalismo (subs); ou sentido (subs), resentido (adx).
GLOBO: global (adx), globalizar (v), globalización (subs).
CIVIL: civilizar (v), civilización (subs).
QUINCE: quincenal (adx), quincenalmente (adv).

Actividade nº 22

Localiza todas as palabras derivadas por sufixación nestas oracións. Despois indica que sufixo ou sufixos conteñen.

• O presidente quere aumentar proximamente as prestacións dos pensionistas.

• Saltamos facilmente aquel regueiro de augas cristalinas.
• Ese xogador ourensán é moi individualista.
• Ultimamente é perigoso circular por esta rúa.
• A túa compañeira dixo que vai tolear porque non comprende ese razoamento.

- Clasifica todos os exemplos de derivación con sufixos anteriores segundo o seu tipo.

11
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
O presidente (sufixo -nte) quere aumentar (sufixo -ar) proximamente (sufixo -mente) as prestacións (sufixo -cións)
dos pensionistas (sufixo -istas)
Saltamos facilmente (sufixo -mente) aquel regueiro (sufixo -eiro) de augas cristalinas (sufixo -inas).
Ese xogador ourensán (sufixo -án) é moi individualista (sufixo -ista).
Ultimamente (sufixo -mente) é perigoso (sufixo -oso) circular (sufixo -ar) por esta rúa.
A túa compañeira (sufixo -eira) dixo que vai tolear (sufixo -ear) porque non comprende ese razoamento (sufixo
-mente).

DERIVACIÓN SUBSTANTIVA: sentimento, sentimentalismo, sentido, globalización, civilización, quincena, quincenario,

presidente, pensionistas, regueiro, xogador, compañeira, razoamento.
DERIVACIÓN ADXECTIVA: imaxinable, inimaxinable, sentimental, resentido, global, quincenal, cristalinas, ourensán,
individualista, perigoso.
SUFIXACIÓN VERBAL: imaxinar, globalizar, civilizar, aumentar, circular, tolear.
SUFIXACIÓN ADVERBIAL: quincenalmente, proximamente, facilmente, ultimamente.

Actividade nº 23

Sinala as dúas palabras sinónimas:

a. Mirrado e murcho.
b. Ventureiro e velenoso.
c. Serodio e aromático.

Solución
a. Mirrado e murcho.

Actividade nº 24

Que significa a frase feita Andarlle o sentidiño polas silveiras?:

a. Ser pouco formal, ter pouco sentido.

b. Ser moi formal.
c. Ser moi cumpridor.

Solución

12
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Ser pouco formal, ter pouco sentido.

Actividade nº 25

Completa esta táboa cos prefixos, significados ou exemplos adecuados.

Solución
PREFIXO: des-. SIGNIFICADO: acción contraria. EXEMPLOS: desabotoar, desordenar.
PREFIXO: pre-. SIGNIFICADO: anterioridade. EXEMPLOS: prenatal, prehistoria.
PREFIXO: mono-. SIGNIFICADO: un, único. EXEMPLOS: monociclo, monorraíl.
PREFIXO: im-, in-, i-. SIGNIFICADO: negación. EXEMPLOS: imperfecto, inútil, ilegal.
PREFIXO: a-, an-. SIGNIFICADO: negación. EXEMPLOS: asimétrico, analfabeto.

Actividade nº 26

Ordena estas series de letras e forma o nome de diferentes elementos da cidade. Despois indica o número que levan
na imaxe.

13
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
12: marquesiña.
5: paso de peóns.
10: cruzamento.
11: monumento.
6: caixa de correo.
1: casa do concello.
7: sumidoiro.
2: semáforo.
8: aparcadoiro.
9: farol.
4: beirarrúa.
3: rúa.

Actividade nº 27

Clasifica as seguintes palabras relativas ao espazo urbano.

14
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

canella - praza - museo

choupana - avenida - rueiro
autoestrada - parque - travesía
barrio - alameda - rañaceos

Solución
EDIFICACIÓNS: museo, choupana, rañaceos.
GRUPOS DE CASAS: barrio, rueiro.
VÍAS DE COMUNICACIÓN: canella, avenida, travesía, autoestrada.
ESPAZOS AO AIRE LIBRE: praza, parque, alameda.

Actividade nº 28

Completa as oracións con estes termos aplicados á voz cidade.

deportiva - eterna - xardín - dormitorio - santa

• Milleiros de musulmáns peregrinan anualmente á cidade . . . . . . . . . . . . da Meca.

• Xoán vive nunha cidade . . . . . . . . . . . . : a maioría dos seus veciños traballan fóra e só volven á noite.
• Os xogadores protestaron porque queren vender os terreos da cidade . . . . . . . . . . . . para construír unha
urbanización.
• Roma é coñecida como a cidade . . . . . . . . . . . . pola súa historia milenaria.
• Os pais de Paulo compraron un chalé nunha cidade . . . . . . . . . . . . a poucos quilómetros de aquí.

Solución
Milleiros de musulmáns peregrinan anualmente á cidade santa da Meca.
Xoán vive nunha cidade dormitorio: a maioría dos seus veciños traballan fóra e só volven á noite.
Os xogadores protestaron porque queren vender os terreos da cidade deportiva para construír unha urbanización.
Roma é coñecida como a cidade eterna pola súa historia milenaria.
Os pais de Paulo compraron un chalé nunha cidade xardín a poucos quilómetros de aquí.

Actividade nº 29

Asocia cada adxectivo co substantivo axeitado.

SUBSTANTIVO ADXECTIVO

15
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A. centro polideportivo
B. rúa infantil
C. pavillón monumental
D. panel peonil
E. casa consistorial
F. parque publicitario
H. zona comercial

Solución
A: centro comercial.
B: rúa peonil.
C: pavillón polideportivo.
D: panel publicitario.
E: casa consistorial.
F: parque infantil.
H: zona monumental.

Actividade nº 30

Forma dez palabras derivadas combinando os prefixos da primeira serie cos lexemas da segunda.

anti- / re- / a- / hiper- / predes-

i- / mono - / hipo- / cosílaba

sílaba - termia - regulamentario

activo - xuízo - inchar - lóxico
xurdimento - operar - simétrico

Solución
Antirregulamentario, hiperactivo, asimétrico,
rexurdimento, hipotermia, prexuízo,
desinchar, ilóxico, monosílaba, cooperar.

Actividade nº 31

Identifica todos os morfemas derivativos (prefixos e sufixos) destas palabras.

inutilizable - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
despreocupado - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
neotrobadorismo - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
anticonstitucional - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
preelectoral - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

16
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
In-utiliz-able.
Des-pre-ocup-ad-o.
Neo-troba-dor-ismo.
Anti-constitu-cion-al.
Pre-elector-al.

Actividade nº 32

Sinala a serie correcta:

a. Centro comercial, rúa peonil, casa consistorial, zona monumental, pavillón publicitario.
b. Centro publicitario, rúa peonil, casa consistorial, zona monumental, pavillón polideportivo.
c. Centro comercial, rúa peonil, casa consistorial, zona monumental, pavillón polideportivo.

Solución
c. Centro comercial, rúa peonil, casa consistorial, zona monumental, pavillón polideportivo.

Actividade nº 33

Localiza nesta sopa de letras os seis verbos definidos.

A. Emitir o gato o seu son característico. - . . . . . . . . . . . . .

B. Dar calor unha ave aos ovos para que se desenvolvan e nazan os pitos. - . . . . . . . . . . . . .
C. Comer o gando a herba dun prado, monte... - . . . . . . . . . . . . .
D. Emitir o cabalo o seu son característico. - . . . . . . . . . . . . .
E. Atacar cos cornos un animal, en particular a vaca. - . . . . . . . . . . . . .
F. Escarvar un animal co seu fociño. - . . . . . . . . . . . . .

Solución
A. miañar (horizontal)

17
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

B. chocar (horizontal)
C. pacer (transversal)
D. rinchar (horizontal).
E. escornar (horizontal)
F. fozar (vertical).

Actividade nº 34

Resolve este encrucillado referido a crías de animais domésticos e de granxa.

A. Cría do coello. E. Cría da vaca.

B. Cría do can. F. Cría do porco.
C. Cría da galiña. G. Cría da cabra.
D. Cría do cabalo. H. Cría da ovella.

Solución
A: cazapo.
B: cadelo.
C: pito.
D: poldro.
E: xato.
F: bacoriño.
G: cabuxo.
H: año.

Actividade nº 35

Indica a que animal se refiren estes adxectivos.

18
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

bovino - . . . . . . . . . apícola - . . . . . . . . .
equino - . . . . . . . . . ovino - . . . . . . . . . porcino - . . . . . . . . .
avícola - . . . . . . . . . caprino - . . . . . . . . .

Solución
BOVINO: vaca.
APÍCOLA: abella.
EQUINO: cabalo.
OVINO: ovella.
PORCINO: porco.
AVÍCOLA: aves (particularmente de curral).
CAPRINO: cabra.

Actividade nº 36

Clasifica estes verbos segundo o animal que realiza a acción.

agatuñar - galopar - ventar - cacarexar

pacer - rabuñar - bruar - escornar
peteirar - gruñir - aniñar - coucear
ladrar - rinchar - chocar - fozar - miañar

Solución
CAN: ladrar, ventar.
GATO: agatuñar, miañar, rabuñar.
GALIÑA: cacarexar, aniñar, peteirar, chocar.
VACA: pacer, coucear, bruar, escornar.
CABALO: pacer, galopar, coucear, rinchar.
PORCO: gruñir, fozar.

Actividade nº 37

Completa as oracións adecuadamente con estas frases feitas. Despois ofrece os seus significados.

19
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Buscarlle tres pés ao gato.

O meu can pillou unha mosca.
Outra vaca no millo.
Ser un boi de palla.
Ser o galo do poleiro.
Facelas os porcos e pagalas os bacoriños.
Falar da morte da burra.

• . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ! Hoxe marcaches tres goles, pero non creo que o consigas de novo.
• A Henrique xa lle caeu un prato ao chan. Agora a ti cáenche dous vasos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . !
• A cousa é máis sinxela do que cres. Así que non andes a . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• Ana levou as culpas de todo e ela nin sequera estivera alí. Está claro: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• Pregunteillo directamente, pero púxose a . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . e ao final non me contestou.
• Teu irmán . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Sempre está disposto a axudar e nunca se anoxa con ninguén.
• Alí sempre se fai o que di Antón. Está claro que el debe . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
O meu can pillou unha mosca! Hoxe marcaches tres goles pero non creo que o consigas de novo.
A Henrique xa lle caeu un prato ao chan. Agora a ti cáenche dous vasos. Outra vaca no millo!
A cousa é máis sinxela do que cres. Así que non andes a buscarlle tres pés ao gato.
Ana levou as culpas de todo e ela nin sequera estivera alí. Está claro: fanas os porcos e páganas os bacoriños.
Teu irmán é un boi de palla. Sempre está disposto a axudar e nunca se anoxa con ninguén.
Alí sempre se fai o que di Antón. Está claro que el debe ser o galo do poleiro.

Actividade nº 38

Analiza as palabras compostas desta táboa indicando a súa categoría gramatical e a dos elementos que as compoñen.
Sigue o exemplo resolto.

20
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
NOITEBOA: noite- (subs), -boa (adx).
RUXERRUXE: ruxe- (v), -rruxe (v).
MALTRATAR: mal- (adx), -tratar (v).
BRANQUIAZUL: branqu(i)- (adx), -azul (adx).
AUGANEVE: auga- (subs), -neve (subs).
GARDALAMA: garda- (v), -lama (subs).
PAPORRUBIO: papo- (subs), -rrubio (adx).

Actividade nº 39

Escribe oracións nas que utilices, en plural, estas palabras compostas.

moble bar - porco bravo - pasamáns - parasol

portavoz - mediodía - peixe sapo - coche bomba
calcapapeis - peixe espada - ano luz - camposanto

Solución
RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA. ORACIÓNS:
Os cazadores mataron máis de dez porcos bravos nunha batida e celebrárono cunha cea.
Estabamos debaixo dos parasoles e tiñamos ao lado os mobles bar, era perfecto!
Os portavoces das familias deron unha rolda de prensa á saída dos camposantos para agradecer as mostras de afecto
recibido tras dos atentados con coches bomba.
Durante o verán, pasamos os mediodías encerrados na casa e as tardes a pescar peixes espada e peixes sapo.
Esa estrela está a moitos anos luz da Terra.

Actividade nº 40

Sinala as accións propias dun gato:

a. Agatuñar, fozar, miañar.

b. Agatuñar, fozar, gruñir.
c. Agatuñar, rabuñar, miañar.

Solución
c. Agatuñar, rabuñar, miañar.

Actividade nº 41

Indica razoadamente cal é o elemento estraño en cada serie.

21
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A. curuxa - aguia - morcego - pega - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN: . . . . . . . . . . . . . . . . .

B. teixugo - xoaniña - vacaloura - miñoca - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN:. . . . . . . . . . . . .
....
C. robaliza - xurelo - lontra - ollomol - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN:. . . . . . . . . . . . . . . . .
D. raposo - esquío - vagalume - lobo - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN: . . . . . . . . . . . . . . . .
.

Solución
A. ELEMENTO ESTRAÑO: morcego - XUSTIFICACIÓN: todas son aves, agás «morcego», que é un mamífero voador.
B. ELEMENTO ESTRAÑO: teixugo - XUSTIFICACIÓN: todos son invertebrados, agás «teixugo», que é un vertebrado
mamífero.
C. ELEMENTO ESTRAÑO: lontra - XUSTIFICACIÓN: todos son peixes, agás «lontra», que é un vertebrado mamífero.
D. ELEMENTO ESTRAÑO: vagalume / XUSTIFICACIÓN: todos son vertebrados mamíferos, agás «vagalume», que é
un invertebrado.

Actividade nº 42

Indica por que as seguintes palabras son parasintéticas. Faino analizando a súa estrutura.

• centrocampista: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
...........
• altofalante: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
............
• botafumeiro: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
............

Solución
CENTROCAMPISTA: [centro- + -camp- (composición)] + -ista (derivación) = parasíntese
ALTOFALANTE: [alto- + -fala- (composición)] + -nte (derivación) = parasíntese
BOTAFUMEIRO: [bota- + -fum- (composición)] + -eiro (derivación) = parasíntese.

Actividade nº 43

Localiza nesta sopa de letras todos os nomes dos animais da ilustración, propios da fauna galega.

22
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: golfiño (vertical).
2: teixugo (transversal).
3: lobo (transversal).
4: moucho (transversal).
5: tartaruga (horizontal).
6: lontra (vertical).
7: raposo (vertical).
8: curuxa (vertical).
9: esquío (horizontal).
10: pega (horizontal).
11: polbo (transversal).
12: aguia (horizontal).
13: morcego (vertical).
14: xabaril (vertical).
15: lura (transversal).

Actividade nº 44

Asocia cada nome dos invertebrados da primeira serie co seu sinónimo da segunda.

libélula - escornabois - augamar - xoaniña

miñoca - alacrán - lesma - vagalume

limacha - medusa - escorpión - lucecú

reirrei - vacaloura - lombriga - cabalo do demo

Solución
Libélula - cabalo do demo
escornabois - vacaloura
augamar - medusa
xoaniña - reirrei
miñoca - lombriga

23
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

alacrán - escorpión
lesma - limacha
vagalume - lucecú

Actividade nº 45

Substitúe os círculos de cor polas vogais axeitadas e forma nomes de peixes.

— Clasifica os peixes anteriores segundo se atopen no mar, no río ou en ambos os dous lugares.
No mar: . . . . . . . . . No río: . . . . . . . . . No mar e no río: . . . . . . . . . . .

Solución
NO MAR: bacallau, robaliza, peixe sapo, ollomol, xurelo, linguado.
RÍO: reo, barbo, troita.
NO MAR E NO RÍO: salmón, lamprea, anguía.

Actividade nº 46

Sinala que grupo de animais estudan estes diferentes tipos de biólogos.

ESTUDOSO
A. ictiólogo B. primatólogo C. malacólogo
D. entomólogo E. ornitólogo F. herpetólogo

ANIMAL
aves réptiles moluscos
primates insectos peixes

Solución
A: peixes.
B: primates.
C: moluscos.
D: insectos.
E: aves.
F: réptiles.

24
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 47

Identifica o significado destas frases feitas.

FRASES FEITAS
A. Quedar en augas de bacallau.
B. Ter máis raxos ca un polbo.
C. Verse nos papos da araña.
D. Ver os lobos pasada a serra.
E. Verlle os ollos á curuxa.

SIGNIFICADOS
Ver algo sen o perigo ao que se expoñen outros.
Ser moi arteiro/a, saír ben das dificultades.
Atoparse nunha situación moi comprometida.
Frustrarse algo no que había moitas expectativas.
Decatarse dun perigo inminente.

Solución
A: frustrarse algo no que había moitas expectativas.
B: ser moi arteiro/a, saír ben das dificultades.
C: decatarse dun perigo inminente.
D: ver algo sen o perigo ao que se expoñen outros.
E: atoparse nunha situación moi comprometida.

Actividade nº 48

Ordena cada serie de sílabas para formar palabras parasintéticas.

• te - nor - ca - fri - no - a - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• to - te - fa - al - lan - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• gar - te - den - au - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• ño - te - me - se - si - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• re - te - pon - án - a - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• ta - pis - tro - cam - cen - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• gar - vi - cián - la - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• mal - te - an - so - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• tu - ben - ven - ra - do - a - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• dis - ra - cai - mo - pa - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

- Identifica despois a estrutura de cada unha.

Solución

25
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

NORTEAFRICANO: norte- (lexema) -Áfric- (lexema) -ano (sufixo).

ALTOFALANTE: alto- (lexema) -fal- (lexema) -ante (sufixo).
AUGARDENTE: auga- (lexema) -ard- (lexema) -ente (sufixo).
SETEMESIÑO: sete- (lexema) -mes- (lexema) -iño (sufixo).
PONTEAREÁN: ponte- (lexema) -are- (lexema) -án (sufixo).
CENTROCAMPISTA: centro- (lexema) -camp- (lexema) -ista (sufixo).
VILAGARCIÁN: vila- (lexema) -garcí- (lexema) -án (sufixo).
MALSOANTE: mal- (lexema) -soa- (lexema) -nte (sufixo).
BENAVENTURADO: ben- (lexema) -aventur- (lexema) -ado (sufixo).
PARACAIDISMO: para- (lexema) -caíd- (lexema) -ismo (sufixo).

Actividade nº 49

Completa estas frases feitas cos nomes dos animais axeitados e despois explica o significado de cada unha.

boi - galo - araña - mosca - polbo - curuxa - can

A. Verse nos papos da . . . . . . . . . . . D. Verlle os ollos á . . . . . . . . . . .

B. O meu . . . . . . . . . . pillou unha . . . . . . . . . . . E. Ter máis raxos ca un . . . . . . . . . . .
C. Ser un . . . . . . . . . . de palla. F. Ser o . . . . . . . . . . do poleiro.

Solución
A: VERSE NOS PAPOS DA ARAÑA: verse nunha situación apurada.
B: O MEU CAN PILLOU UNHA MOSCA: ocorreu algo por azar.
C: SER UN BOI DE PALLA: ser moi boa persoa, cun carácter manso.
D: VERLLE OS OLLOS Á CURUXA: atoparse nunha situación límite.
E: TER MÁIS RAXOS CA UN POLBO: ser decidido, ter ousadía para enfrontarse a algo.
F: SER O GALO DO POLEIRO: ser o que leva o mando dunha situación.

Actividade nº 50

Identifica as palabras parasintéticas que hai na seguinte serie.

representación - malpensado - centroamericano - portalámpada - acontecemento

—Xustifica a túa resposta indicando a súa estrutura.

Solución
PARASINTÉTICAS: MALPENSADO: mal- (lexema) + -pens- (lexema) + -ado (morfema derivativo, sufixo).
CENTROAMERICANO: centro- (lexema) + -Améric- (raíz) + -ano (morfema derivativo, sufixo).

26
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 51

Sinala a parella de sinónimos:

a. Xoaniña e reirrei.
b. Lucecú e escornabois.
c. Miñoca e lesma.

Solución
a. Xoaniña e reirrei.

Actividade nº 52

Que significa a frase feita Quedar en augas de bacallau?:

a. Quedar moi relaxado.

b. Quedar moi canso despois de facer un traballo arduo.
c. Frustrarse algo no que un tiña postas moitas expectativas.

Solución
c. Frustrarse algo no que un tiña postas moitas expectativas.

Actividade nº 53

Observa atentamente este esquema sobre pares léxicos que xorden dunha mesma voz latina.

27
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

28

LITIGARE. PALABRA PATRIMONIAL: lidar (horizontal). CULTISMO: litigar (transversal).
FRIGIDUS. PALABRA PATRIMONIAL: frío (transversal). CULTISMO: fríxido (horizontal).
AURICULA. PALABRA PATRIMONIAL: orella (horizontal). CULTISMO: aurícula (horizontal).
DELICATUS. PALABRA PATRIMONIAL: delgado (transversal). CULTISMO: delicado (transversal).
COMPUTARE. PALABRA PATRIMONIAL: contar (horizontal). CULTISMO: computar (vertical).
LEGALIS. PALABRA PATRIMONIAL: leal (horizontal). CULTISMO: legal (vertical).
COLLOCARE. PALABRA PATRIMONIAL: colgar (transversal). CULTISMO: colocar (horizontal).

Actividade nº 54

Indica que pares léxicos (palabra patrimonial - cultismo) xurdiron destas voces latinas.

• materia: - PALABRA PATRIMONIAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / CULTISMO: . . . . . . . . . . . . . . . .

• plenu: - PALABRA PATRIMONIAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / CULTISMO: . . . . . . . . . . . . . . . . .
• cathedra: - PALABRA PATRIMONIAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / CULTISMO: . . . . . . . . . . . . . . .
• planu: - PALABRA PATRIMONIAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / CULTISMO: . . . . . . . . . . . . . . . . .
• solitariu: - PALABRA PATRIMONIAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / CULTISMO: . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
materia: PALABRA PATRIMONIAL: madeira - CULTISMO: materia
plenu: PALABRA PATRIMONIAL: cheo - CULTISMO: pleno
cathedra: PALABRA PATRIMONIAL: cadeira - CULTISMO: cátedra
planu: PALABRA PATRIMONIAL: chan - CULTISMO: plano
solitariu: PALABRA PATRIMONIAL: solteiro - CULTISMO: solitario.

Actividade nº 55

Identifica o nome dos elementos da paisaxe rural sinalados con números.

29
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: palleiro.
2: galiñeiro.
3: hórreo.
4: espantallo.
5: alvariza.
6: alpendre.
7: apeiros.
8: valo.
9: cancela.
10: tractor.
11: arado.
12: rego.
13: leira.
14: cómaro.

Actividade nº 56

30
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Clasifica estas palabras na táboa atendendo ao seu significado.

corte - braña - gadaña - vendima

bouza - seitura - cortello - curro
barbeito - sacho - sementeira - fouce

Solución
TIPOS DE TERREO: braña, bouza.
DEPENDENCIAS DE ANIMAIS: corte, cortello, curro.
APEIROS DE LABRANZA: gadaña, sacho, fouce.
TRABALLOS AGRÍCOLAS: vendima, seitura, barbeito, sementeira.

Actividade nº 57

Sitúa os verbos destacados nas oracións axeitadas de forma que todos teñan sentido.

• O avó mandoume rozar a fariña que trouxo do muíño.

• Antes había que arrancar as vacas á man, agora xa o fan as muxidoiras.
• Aquela galiña de alá está a estrar catro ovos.
• Nas vides desta leira imos peneirar pugas de albariño.
• Xa me doe o lombo de tanto chocar patacas.
• Meu tío está a enxertar con estrume a corte das vacas.
• Cómpre muxir as silvas dese camiño, porque xa non se pode nin pasar.

Solución
O avó mandoume peneirar a fariña que trouxo do muíño.
Antes había que muxir as vacas á man, agora xa o fan as muxidoiras.
Aquela galiña de alá está a chocar cato ovos.
Nas vides desta leira imos enxertar pugas de albariño.
Xa me doe o lombo de tanto arrancar patacas.
Meu tío está a estrar con estrume a corte das vacas.
Cómpre rozar as silvas dese camiño porque xa non se pode nin pasar.

Actividade nº 58

Relaciona cada frase feita co seu significado.

31
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

FRASES FEITAS
A. Vir ao rego.
B. O falar non ten cancelas.
C. Facer dunha palla un palleiro.
D. Poñer o carro diante dos bois.
E. Ter moito millo no hórreo.

SIGNIFICADOS
Aceptar alguén algo que inicialmente non aceptaba.
Ter moito traballo adiantado.
Facer as cousas do revés, precipitándose.
Esaxerar a importancia de algo.
Falar por falar, falar sen pensar o que se di.

Solución
A: aceptar alguén algo que inicialmente non aceptaba.
B: falar por falar, falar sen pensar o que se di.
C: esaxerar a importancia de algo.
D: facer as cousas do revés, precipitándose.
E: ter moito traballo adiantado.

Actividade nº 59

Completa o encrucillado coas voces patrimoniais xurdidas destas evolucións.

Solución
A: pomba.
B: xesta.

32
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

C: leite.
D: home.
E: mazá.
F: dono.
G: espello.
H: palabra.

Actividade nº 60

Relaciona cada voz latina coa galega que orixinou e indica despois, razoadamente, se estas últimas son palabras
patrimoniais ou cultismos.

Latín
obstaculu - athleta - magistru
autumnu - scutu - reclamare

Galego
atleta - mestre - reclamar
escudo - obstáculo - outono

Solución
OBSTACULU: obstáculo: cultismo, xa que case non sufriu modificacións.
ATHLETA: atleta: cultismo, xa que case non sufriu modificacións.
MAGISTRU: mestre: palabra patrimonial, xa que desde o étimo á palabra actual producíronse moitos cambios.
AUTUMNU: outono: palabra patrimonial, xa que desde o étimo á palabra actual producíronse moitos cambios.
SCUTU: escudo: palabra patrimonial, xa que desde o étimo á palabra actual producíronse moitos cambios.
RECLAMARE: reclamar: cultismo, xa que case non sufriu modificacións.

Actividade nº 61

En parellas, identificade os pares léxicos (palabra patrimonial e cultismo) xurdidos destes étimos latinos.

Latín Patrimonial Cultismo

A. SOLITARIU caldo pleno
B. PLENU cadeira cátedra
C. PALATIU cheo solitario
D. DIRECTU ancho cálido
E. CALIDU solteiro amplo
F. AMPLU pazo palacio
G. PLANU dereito plano
H. CATHEDRA chan directo

33
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: SOLITARIU, solteiro, solitario.
B: PLENU, cheo, pleno.
C: PALATIU, pazo, palacio.
D: DIRECTU, dereito, directo.
E: CALIDU: caldo, cálido.
F: AMPLU, ancho, amplo.
G: PLANU, chan, plano.
H: CATHEDRA, cadeira, cátedra.

Actividade nº 62

Que significa a frase feita Facer dunha palla un palleiro?:

a. Facer as cousas do revés, precipitándose.

b. Falar por falar, sen pensar o que se di.
c. Esaxerar a importancia de algo.

Solución
c. Esaxerar a importancia de algo.

Actividade nº 63

Que é unha palabra patrimonial?:

a. Unha palabra de orixe latina ou grega que entrou tardiamente na nosa lingua e que apenas sufriu modificacións.
b. Unha palabra que sufriu as evolucións fonéticas e morfolóxicas características do paso do latín ao galego.
c. Unha palabra de orixe latina ou grega que non sufriu a evolución fonética e morfolóxica ao completo.

Solución
b. Unha palabra que sufriu as evolucións fonéticas e morfolóxicas características do paso do latín ao galego.

Actividade nº 64

Que é un cultismo?:

a. Unha palabra de orixe latina ou grega que entrou tardiamente na nosa lingua e que apenas sufriu modificacións.
b. Unha palabra que sufriu as evolucións fonéticas e morfolóxicas características do paso do latín ao galego.
c. Unha palabra de orixe latina ou grega que non sufriu a evolución fonética e morfolóxica ao completo.

Solución

34
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Unha palabra de orixe latina ou grega que entrou tardiamente na nosa lingua e que apenas sufriu modificacións.

Actividade nº 65

Que é un semicultismo?:

Actividade nº 66

Sinala a serie correcta de palabra patrimonial, semicultismo e cultismo:

a. Chavella, chavilla e clavícula.

b. Chavella, clavilla e clavícula.
c. Chavella, caravilla e clavícula.

Solución
c. Chavella, caravilla e clavícula.

Actividade nº 67

Substitúe os círculos numerados polas vogais axeitadas e despois asocia cada palabra coa súa definición.

A. Deixar sen validez unha disposición legal mediante outra lei, un decreto... - . . . . . . . . . . . . .
B. Conta de honorarios que presenta un avogado. - . . . . . . . . . . . . .
C. Persoa que coñece un feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe. - . . . . . . . . . . . . .
D. Cada un dos membros que, xunto co alcalde, teñen ao seu cargo a administración dun concello. -. . . . . . . . .
E. Obrigar a alguén a abandonar unha propiedade, en particular por orde do xuíz. - . . . . . . . . . . . . .

Solución
A: derrogar.
B: minuta.
C: testemuña.

35
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

D: concelleiro.
E: desafiuzar.

Actividade nº 68

Ofrece a familia léxica de «terra« e a de «leite». Despois indica, razoadamente, de que tipo son.

• FAMILIA LÉXICA DE «TERRA»: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

...........
TIPO DE FAMILIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
....
• FAMILIA LÉXICA DE «LEITE»: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
............
TIPO DE FAMILIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / XUSTIFICACIÓN: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
....

Solución
FAMILIA LÉXICA DE «TERRA»: terreo, terreal, terrestre, terrícola, desterrar, soterrar, aterrar, aterraxe, enterro,
terreiro... TIPO DE FAMILIA: regular. XUSTIFICACIÓN: ten sempre a mesma raíz (terr-).
FAMILIA LÉXICA DE «LEITE»: leitoso, leiteira, leitaría, aleitar, desleitar, leitón, lácteo, láctico, lactosa, lactación,
lactante… TIPO DE FAMILIA: irregular. XUSTIFICACIÓN: ten variación na raíz (leit- e lact-).

Actividade nº 69

Asocia os cargos e ocupacións da primeira columna cos sinónimos que lles correspondan.

OCUPACIÓN SINÓNIMO
A. concelleiro letrado
B. alcalde facultativo
C. portavoz edil
D. deputado voceiro
E. avogado axente
F. xuíz rexedor
G. médico parlamentario
H. policía maxistrado

Solución
A: concelleiro – edil.
B: alcalde – rexedor.
C: portavoz – voceiro.
D: deputado – parlamentario.
E: avogado – letrado.

36
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

F: xuíz – maxistrado.
G: médico – facultativo.
H: policía –axente.

Actividade nº 70

Identifica os significados destas voces do ámbito xurídico.

querela - minuta - fianza - testemuña - sentenza - aleivosía

• Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe. - . . . . . . . . . . .
• Cautela que toma o delincuente para asegurar a execución dun delito contra as persoas. - . . . . . . . . . . .
• Acusación que alguén presenta contra outra persoa perante a xustiza. - . . . . . . . . . . .
• Conta de honorarios que presenta un avogado. - . . . . . . . . . . .
• Decisión dun xuíz ou dun tribunal sobre un caso concreto. - . . . . . . . . . . .
• Diñeiro e bens que debe entregar un acusado, en determinados casos, para poder quedar en liberdade. - . . . . . . . . . .
.

Solución
PERSOA QUE TEN COÑECEMENTOS DUN FEITO POR TELO COMPROBADO COS SEUS SENTIDOS, E DO QUE
DÁ FE: testemuña.
CAUTELA QUE TOMA O DELINCUENTE PARA ASEGURAR A EXECUCIÓN DUN DELITO CONTRA AS PERSOAS:
aleivosía.
ACUSACIÓN QUE ALGUÉN PRESENTA CONTRA OUTRA PERSOA PERANTE A XUSTIZA: querela.
CONTA CON HONORARIOS QUE PRESENTA UN AVOGADO: minuta.
DECISIÓN DUN XUÍZ OU DUN TRIBUNAL SOBRE UN CASO CONCRETO: sentenza.
DIÑEIRO E BENS QUE DEBE ENTREGAR UN ACUSADO, EN DETERMINADOS CASOS, PARA PODER QUEDAR
EN LIBERDADE: fianza.

Actividade nº 71

Sitúa os verbos nas oracións correctas de xeito que todos teñan sentido.

• Van recorrer os inquilinos desta vivenda porque non poden pagar o alugamento.
• Antes de adiar o contrato, convén lelo con calma.
• O conselleiro acaba de asinar a reunión que tiña hoxe connosco. Está moi ocupado.
• O novo presidente decidiu desafiuzar varios decretos aprobados polo anterior goberno.
• O alcalde acaba de compulsar polas sospeitas de corrupción.
• Debes derrogar a copia deste documento nunha notaría.
• O meu avogado di que pensa dimitir a resolución do xuíz.

Solución

37
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Van desafiuzar os inquilinos desta vivenda porque non poden pagar o aluguer.
Antes de asinar o contrato, convén lelo con calma.
O conselleiro acaba de adiar a reunión que tiña hoxe connosco. Está moi ocupado.
O novo presidente decidiu derrogar varios decretos aprobados polo anterior goberno.
O alcalde acaba de dimitir polas sospeitas de corrupción.
Debes compulsar a copia deste documento nunha notaría.
O meu avogado di que pensa recorrer a resolución do xuíz.

Actividade nº 72

Identifica nestas familias léxicas regulares palabras que non pertencen a elas.

• pan - panadeiro, empanada, pantrigo, pandeiro, panadaría...

• ferro - ferreiro, ferrar, ferraría, aferrar, ferrolán, ferradura...
• pluma - plumaxe, desplumar, plúmbeo, plumífero, plumeiro...
• terra - terreal, terror, terrícola, desterrar, soterrar, aterrar…

Solución
PAN: pandeiro.
FERRO: ferrolán.
PLUMA: plúmbeo.
TERRA: terror

Actividade nº 73

Localiza nesta sopa de letras tres palabras de cada unha das seguintes familias léxicas irregulares.

38
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
LEITE: lácteo (vertical), leitón (horizontal), leitoso (horizontal), lactación, leiteiro, aleitar.
OLLO: ollar (vertical), olleira (horizontal), ocular (transversal), olleiro, oculista, binocular.
DOR: doente (vertical), doloroso (horizontal), doenza (vertical), dorido, dolor, indoloro.

Actividade nº 74

En parellas, anotade cantas palabras poidades destas familias léxicas.

— Indicade despois se son familias léxicas regulares ou irregulares.

Solución
LÚA: luar, aluado, lunar, aluar, plenilunio, novilunio, luada. Familia léxica irregular.
LAMBER: lambón, lambetada, lambonada, relamber, lamberetada, lambereteiro. Familia léxica regular.
DENTE: dental, dentición, adentar, adentado, dentón, desdentar, desdentado, interdental. Familia léxica regular.
PERSOA: persoal, personalidade, persoeiro, impersoal, personalizar, personalista, personificar, personaxe. Familia
léxica irregular.

Actividade nº 75

Define familia léxica regular e familia léxica irregular. Ofrece tamén exemplos de cada unha.

• Familia léxica regular: ................................................................ / EXEMPLO: ...................................................

• Familia léxica irregular: ............................................................... / EXEMPLO: ....................................................

Solución
RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA.
FAMILIA LÉXICA REGULAR: aquela na que todas as palabras que a forman comparten unha mesma raíz. EXEMPLO:

39
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

libro, libreiro, libraría, libresco, libreto.

FAMILIA LÉXICA IRREGULAR: é aquela na que alternan máis dunha raíz nas palabras que a conforman, unha das
raíces é culta e a outra é patrimonial. EXEMPLO: xerar, xeración, xeral, rexenerar, conxéneres, dexenerar, xerado.

Actividade nº 76

Sinala o significado de testemuña:

a. Cautela que toma o delincuente para asegurar a execución dun delito contra as persoas.
b. Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe.
c. Conta de honorarios que presenta un avogado.

Solución
b. Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe.

Actividade nº 77

Sinala o significado de minuta:

a. Cautela que toma o delincuente para asegurar a execución dun delito contra as persoas.
b. Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe.
c. Conta de honorarios que presenta un avogado.

Solución
c. Conta de honorarios que presenta un avogado.

Actividade nº 78

Sinala o significado de aleivosía:

a. Cautela que toma o delincuente para asegurar a execución dun delito contra as persoas.
b. Persoa que ten coñecemento dun feito por telo comprobado cos seus sentidos, e do que dá fe.
c. Conta de honorarios que presenta un avogado.

Solución
a. Cautela que toma o delincuente para asegurar a execución dun delito contra as persoas.

Actividade nº 79

Cal é a familia léxica correcta?:

40
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Ferro, ferreiro, ferrar, ferraría, aferrar, ferrolán, ferradura.

b. Terra, terreo, terrícola, desterrar, soterrar, aterrar.
c. Pluma, plumaxe, desplumar, plúmbeo, plumífero, plumeiro.

Solución
b. Terra, terreo, terrícola, desterrar, soterrar, aterrar.

Actividade nº 80

Ordena as sílabas de cada serie e forma palabras relacionadas co deporte. Despois clasifícaas segundo o deporte ao
que correspondan.

Solución
FÚTBOL: traveseiro, barreira.
BALONCESTO: rebote, canastra.
TENIS: raqueta, servizo.
ATLETISMO: xavelina, pértega.

Actividade nº 81

Localiza na sopa de letras silábica os nomes dos doce elementos sinalados con números nos debuxos.

41
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: taboleiro (transversal).
2: canastra (vertical).
3: seareiros (vertical).
4: bancada (horizontal).
5: adestradora (transversal).
6: masaxista (vertical).
7: bandeirola (vertical).
8: poste (transversal).
9: traveseiro (horizontal).
10: árbitro (transversal).
11: barreira (vertical).
12: padiola (transversal).

Actividade nº 82

Clasifica estas palabras segundo o deporte do que designen elementos ou accións. Pode haber algunha de diferentes

42
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

deportes.

luva - poldro - bañeira - avituallamento - salto

pértega - dorsal - valados - revés - pa - guiador
raqueta - sela - cuadrilátero - proa - servizo
freos - xavelina - pelotón - asalto - argolas

Solución
ATLETISMO: salto, dorsal, pértega, valados.
TENIS: raqueta, servizo, revés.
CICLISMO: avituallamento, freos, guiador, pelotón, dorsal.
PIRAGÜISMO: bañeira, pa, proa.
XIMNASIA: xavelina, poldro, argolas, dorsal.
BOXEO: luva, cuadrilátero, asalto.

Actividade nº 83

Completa as oracións co verbo axeitado desta serie.

amoestar - canear - xutar - liderar

bater - dobrar - trocar - quecer

• Despois de . . . . . . . . . . tres defensas e mais o porteiro, Xurxo marcou un gol espectacular.

• O árbitro acaba de . . . . . . . . . . o adestrador por berrarlle.
• A adestradora mandou os suplentes . . . . . . . . . . pola banda.
• Despois da etapa de hoxe, Álvaro volve . . . . . . . . . . a clasificación xeral da carreira.
• Eu son destro e non sei . . . . . . . . . . moi ben coa perna esquerda.
• Usain Bolt vén de . . . . . . . . . . a marca mundial dos 100 metros.
• Despois de .......... a Uxía por Marta, o noso equipo xogou moito mellor.
• O piloto alemán gañou a carreira despois de . . . . . . . . . . varios competidores.

Solución
Despois de canear tres defensas e mais o porteiro, Xurxo marcou un gol espectacular.
O árbitro acaba de amoestar o adestrador por berrarlle.

43
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A adestradora mandou os suplentes quecer pola banda.

Despois da etapa de hoxe, Álvaro volve liderar a clasificación xeral da carreira.
Eu son destro e non sei xutar moi ben coa perna esquerda.
Usaín Bolt vén de bater a marca mundial dos 100 metros.
Despois de trocar a Uxía por Marta, o noso equipo xogou moito mellor.
O piloto alemán gañou a carreira despois de dobrar varios competidores.

Actividade nº 84

Explica, con exemplos, a diferenza entre préstamo lingüístico e estranxeirismo.

Préstamo lingüístico
:……………………………………………………………………………………………………………………………………………
………………….
Exemplos:………………………………………….

Estranxeirismo
:…………………………………………..………………………………………………………………………………………………
………………………….
Exemplos:………………………………………….

Solución
PRÉSTAMO LINGÜÍSTICO: voz correcta que se incorpora ao galego porque non temos léxico propio para referirnos a
determinadas realidades (EXEMPLOS: voleibol, pingüín…)
PRÉSTAMO LINGÜÍSTICO: palabra procedente doutra lingua usada indebidamente por termos voces de noso que se
refiren ao mesmo concepto (EXEMPLOS: *silla por cadeira: *amateur por afeccionado…)

Actividade nº 85

Clasifica os seguintes préstamos segundo a súa lingua de orixe.

tomate - pallaso - bar - voleibol -pingüín

tortilla - club - cacao - caudillo - casino

Solución
DO INGLÉS: bar, voleibol, club.
DO ITALIANO: pallaso, casino.
DO FRANCÉS: pingüín.

44
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

DO CASTELÁN: tortilla, caudillo.

DE LINGUAS AMERINDIAS: tomate, cacao

Actividade nº 86

Que é un préstamo lingüístico?:

a. Unha palabra que procede doutra lingua e que designa un concepto para o que a nosa lingua carece de palabra.
b. Unha palabra inventada.
c. Unha palabra que xa desapareceu.

Solución
a. Unha palabra que procede doutra lingua e que designa un concepto para o que a nosa lingua carece de palabra.

Actividade nº 87

Que serie de palabras forman parte do campo semántico do deporte?:

a. Pértega, dorsal, raqueta, xavelina, cuadrilátero, aleivosía, pelotón.

b. Pértega, dorsal, raqueta, minuta, cuadrilátero, xute, pelotón.
c. Pértega, dorsal, raqueta, xavelina, cuadrilátero, xute, pelotón.

Solución
c. Pértega, dorsal, raqueta, xavelina, cuadrilátero, xute, pelotón.

Actividade nº 88

De que lingua proceden os préstamos batuta, casino e pallaso?:

a. Catalán.
b. Italiano.
c. Éuscaro.

Solución
b. Italiano.

Actividade nº 89

De que lingua proceden os préstamos bou, cantimplora e esquirol?:

45
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Catalán.
b. Italiano.
c. Éuscaro.

Solución
a. Catalán.

Actividade nº 90

Completa coas palabras da seguinte serie o texto sobre as características do signo lingüístico.

arbitrario - significado - articulado - significante - biplánico

Solución
O signo lingüístico está formado pola unión de dúas partes diferentes pero inseparables: o significante (conxunto de
sons que configuran a imaxe acústica do signo) e o significado (o concepto ou idea que evocan eses sons). Ademais,
o signo lingüístico é biplánico (cada un dos seus compoñentes pertence a un plano diferente: plano do contido e plano
da expresión), arbitrario (a relación que se dá entre o significado e o significante é convencional) e articulado (pódese
descompoñer en unidades menores que se articulan entre si).

Actividade nº 91

Indica que tipo de morfemas dependentes son os destacados nestas palabras.

limóns - TIPO DE MORFEMA: . . . . . . . . . . pedriña - TIPO DE MORFEMA: . . . . . . . . . . . .

predicir - TIPO DE MORFEMA: . . . . . . . . . adestrador - TIPO DE MORFEMA: . . . . . . . . . .

Solución
limóns - TIPO DE MORFEMA: dependente, constitutivo (número, plural)
pedriña - TIPO DE MORFEMA: dependente, facultativo (diminutivo)
predicir - TIPO DE MORFEMA: dependente, derivativo (prefixo)
adestrador - TIPO DE MORFEMA: dependente, derivativo (sufixo)

46
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 92

Indica se as seguintes afirmacións son certas ou falsas. Despois transforma as falsas en certas.

Solución
COMBINANDO FONEMAS FÓRMANSE PALABRAS: certo.
CADA ORACIÓN POSÚE COMO MÍNIMO UNHA FRASE NOMINAL: falso (posúe como mínimo unha frase verbal).
A UNIDADE MÁIS PEQUENA CON SIGNIFICANTE E SIGNIFICADO É O MONEMA: certo.
A RELACIÓN ENTRE SIGNIFICANTE E SIGNIFICADO DO SIGNO LINGÜÍSTICO É CONVENCIONAL, FROITO DO
ACORDO ENTRE FALANTES; NOUTRAS PALABRAS, O SIGNO LINGÜÍSTICO É BIPLÁNICO: falso, o signo
lingüístico é arbitrario.
A INFORMACIÓN SOBRE O XÉNERO E SOBRE O NÚMERO É PROPORCIONADA POLOS MORFEMAS: certo.
OS SUFIXOS DIMINUTIVOS E AUMENTATIVOS SON MORFEMAS DEPENDENTES DERIVATIVOS: falso, son
morfemas dependentes facultativos.

Actividade nº 93

Copia o esquema sobre os tipos de monemas e complétao cos exemplos seguintes.

monfortino - inútil - desde

dubidei - portiña - xornalista

47
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Xornalista: lexema.
Desde: morfema, independente.
Dubidei: morfema dependente constitutivo.
Portiña: morfema dependente facultativo.
Inútil: morfema dependente derivativo prefixo.
Monfortino: morfema dependente derivativo sufixo.

Actividade nº 94

Identifica o elemento de cada serie que non se corresponde cos demais por ter ou carecer de morfemas facultativos
(sufixos aumentativos ou diminutivos).

homazo - cabazo - partidazo - pisazo

lingote - rapazote - decote - coiote

zapatiño - casiña - adiviño - palliña

48
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

mocete - cacahuete - billete - bufete

Solución
Cabazo. Rapazote. Adiviño. Mocete.

Actividade nº 95

Fai a análise morfolóxica destas palabras identificando os seus monemas. Sigue o exemplo resolto.

rianxeiras - desmontou - mestra - sardiñada - desleais

Solución
DESMONTOU: DES-: morfema derivativo prefixo; -MONT-: lexema; -OU: morfema constitutivo desinencia.
MESTRA: MESTR-: lexema; -A: morfema constitutivo de xénero.
SARDIÑADA: SARDIÑ-: lexema; -AD-: morfema derivativo sufixo; -A: morfema constitutivo de xénero (feminino).
DESLEAIS: DES-: morfema derivativo prefixo; -LEA-: lexema; -IS: morfema constitutivo de número.

Actividade nº 96

Relaciona as oracións cos esquemas correspondentes.

49
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Onte fun ao cine co meu irmán: SE + CCT + P + CCL + CCCOM. / O exame consta de catro exercicios: S + P + CR. / A
chuvia será mañá moi intensa: S + P + CCT + ATR. / Os turistas paseaban tranquilos polo peirao: S + P + PVO + CCL.

Actividade nº 97

Identifica as funcións das frases subliñadas nestas oracións. Razoa en cada caso a túa resposta.

• Atopei esta camiseta usada no ximnasio. • Ese libro está novo.

• Ela entregoulle o regalo ao homenaxeado. • El coida moi ben do bebé.
• Esta semana coñecín unha rapaza moi simpática. • Conduce amodo.
• Déronlle o trofeo ao equipo gañador. • O voso novo tractor é enorme.
• Meu pai chegou moi intranquilo. • A editorial convocou un premio de poesía.

Solución
No ximnasio: CCL. / Ao homenaxeado: OI. / Esta semana: CCT. / O trofeo: OD. / Moi intranquilo: PVO. / Novo: ATR. /
Do bebé: CR. / Amodo: CCM. / O voso novo tractor: S. / Convocou un premio de poesía: P.

Actividade nº 98

Subliña de diferente cor os suxeitos (S) e os predicados (P) destas oracións. Se non hai suxeito, indica se se trata
dunha oración con suxeito elíptico (SE), dunha oración unipersoal (U) ou dunha oración impersoal (I).

• Unhas verdes e vizosas herbeiras rodeaban a estrada.

• Alí falábase moito dos resultados electorais.
• A ela gústanlle moito as laranxas.
• Na feira de Santos sempre hai moita xente.
• Choveu toda a noite.
• Esquecín o reloxo no pavillón de deportes.
• Alúgase piso totalmente amoblado.
• Onte erguémonos moi tarde.
• Iso pode facelo calquera.
• Paulo e mais María preparan a homenaxe.

Solución
SUXEITO: Unhas verdes e vizosas herbeiras. PREDICADO: rodeaban a estrada.
PREDICADO: Alí falábase moito dos resultados electorais. SEN SUXEITO, ORACIÓN IMPERSOAL.
PREDICADO: A ela gústanlle moito. SUXEITO: as laranxas.
PREDICADO: Na feira de Santos sempre hai moita xente. SEN SUXEITO, ORACIÓN UNIPERSOAL.
PREDICADO: Choveu toda a noite. SEN SUXEITO, ORACIÓN UNIPERSOAL.
PREDICADO: Esquecín o reloxo no pavillón de deportes. SUXEITO ELÍPTICO: eu.
PREDICADO: Alúgase piso totalmente amoblado. SEN SUXEITO, ORACIÓN IMPERSOAL.

50
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

PREDICADO: Onte erguémonos moi tarde. SUXEITO ELÍPTICO: Nós.

PREDICADO: Iso pode facelo. SUXEITO: calquera.
SUXEITO: Pablo e mais María. PREDICADO: preparan a homenaxe.

Actividade nº 99

Localiza os obxectos directos (OD) e os indirectos (OI) que haxa nestas oracións. Fai as substitucións pronominais
axeitadas en cada caso seguindo o exemplo resolto.

• A policía capturou un grupo de estafadores.

• Brais esperaba a Uxía no despacho.
• Eu non vos devolverei o diñeiro ata mañá.
• O carteiro entregoume un paquete.
• O profesor entregou as notas aos seus alumnos.
• Enviei a Xurxo un correo electrónico esta mañá.
• Brindei a teus pais toda a miña axuda.
• Eva axudou os seus compañeiros desinteresadamente.
• Mandaches ti bombóns a teus pais?

Solución
A policía capturou un grupo de estafadores (OD). A policía capturounos.
Brais esperaba a Uxía (OD) no despacho. Brais esperábaa no despacho.
Eu non vos (OI) devolverei o diñeiro (OD) ata mañá. Eu non volo devolverei ata mañá.
O carteiro entregoume (OI) un paquete (OD). O carteiro entregoumo.
O profesor entregou as notas (OD) aos seus alumnos (OI). O profesor entregóullelas.
Enviei a Xurxo (OI) un correo electrónico (OD) esta mañá. Envieillo esta mañá.
Brindei a teus pais (OI) toda a miña axuda (OD). Brindéillela.
Eva axudou os seus compañeiros (OD) desinteresadamente. Eva axudounos desinteresadamente.
Mandaches ti bombóns (OD) a teus pais (OI)?. Mandáchesllelos?

Actividade nº 100

Relaciona cada verbo coa preposición que o rexe.

51
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Verbos
convencer - insistir - acostumarse
atentar - versar - soñar - optar

Preposicións
a - sobre - con - de - en - contra - por

— Crea oracións que inclúan complementos de réxime (CR) con estas parellas de verbo + preposición.

Solución
Convencer de.
Insistir en.
Acostumarse a.
Atentar contra.
Versar sobre.
Soñar con.
Optar por.

RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA: Os avós finalmente convencéronme de deixar a miña casa e mudarme á
Coruña.
Os rapaces insistiron na idea de viaxar en tren.
Non me dou acostumado ao novo barrio.
Pintar a casa desa cor é atentar contra o bo gusto.
A conferencia ía versar sobre a arte no exilio, pero finalmente foi cancelada.
O meu tío avó sempre soñou con volver a Galicia.
Patricia e Luís optaron por unha fin de semana no campo.

Actividade nº 101

Distingue o atributo (ATR) e o predicativo (PVO) nestas oracións. Explica como os recoñeciches.

• Os cans estaban atados cunha longa cadea.

• Os rapaces ían ledos na súa compaña.
• A representación resultou moi lenta.
• Anxo e Brais son lugueses.
• O seu discurso de despedida pareceume moi distante.
• Os doentes acabaron moi cansos pola espera.

Solución
Os cans estaban atados cunha longa cadea. ATRIBUTO, ACOMPAÑA UN VERBO COPULATIVO.
Os rapaces ían ledos na súa compaña. PREDICATIVO, ACOMPAÑA UN VERBO NON PREDICATIVO E NON
ADMITE A SUBSTITUCIÓN POR UN PRONOME.
A representación resultou moi lenta. PREDICATIVO, MODIFICA UN VERBO PREDICATIVO E NON ADMITE A

52
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

SUBSTITUCIÓN PRONOMINAL.
Anxo e Brais son lugueses. ATRIBUTO, ACOMPAÑAN UN VERBO ATRIBUTIVO E PÓDENSE SUBSTITUÍR POR UN
PRONOME.
O seu discurso de despedida pareceume moi distante. ATRIBUTO, MODIFICA UN VERBO COPULATIVO.
Os doentes acabaron moi cansos pola espera. PREDICATIVO, O COMPLEMENTO MODIFICA UN VERBO
PREDICATIVO.

Actividade nº 102

Completa estas oracións poñéndolles frases coas funcións sintácticas adecuadas. Despois asocia cada oración coa
función completada.

A. Os manifestantes . . . . . . . . enchían a praza. CCCAN

B. O novo propietario foi estafado . . . . . . . .. P
C. O público . . . . . . . .. AX
D. Pediu. . . . . . . . o seu número de teléfono. ATR
E. Rosalía de Castro foi . . . . . . . .. OD
F. Onte comemos . . . . . . . .. PVO
G. Os cazadores mataran . . . . . . . . sen licenza. S
H. Ás rapazas gustáballes . . . . . . . .. CR
I. Contamos . . . . . . . . para a celebración. OI

Solución
RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA: A: Os manifestantes enchían furiosos a praza: PVO.
B: O novo propietario foi estafado por uns comerciais sen escrúpulos: AX.
C: O público aplaudiu moito: P.
D: Pediulle o seu número de teléfono: OI.
E: Rosalía de Castro foi unha muller atormentada. ATR.
F: Onte comemos moito: CCAN.
G: Os cazadores mataran un cervo sen licenza: OD.
H: Ás rapazas gustáballes a pintura: S.
I: Contamos con eles para a celebración: CR.

Actividade nº 103

Identifica as funcións das frases subliñadas nestas oracións. Razoa en cada caso a túa resposta.

• Atopei esta camiseta usada no ximnasio. • Ese libro está novo.

• Ela entregoulle o regalo ao homenaxeado. • El coida moi ben do bebé.
• Esta semana coñecín unha rapaza moi simpática. • Conduce amodo.
• Déronlle o trofeo ao equipo gañador. • O voso novo tractor é enorme.

53
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Meu pai chegou moi intranquilo. • A editorial convocou un premio de poesía.

Solución
ATOPEI ESTA CAMISETA USADA NO XIMNASIO: CCL (Indícanos unha circunstancia con
respecto ao verbo).
ELA ENTREGOULLE O REGALO AO HOMENAXEADO. OI (indica que recibe o beneficio da acción expresada polo
verbo).
ESTA SEMANA COÑECÍN UNHA RAPAZA MOI SIMPÁTICA: CCT (Indícanos unha circunstancia con respecto
ao verbo).
DÉRONLLE O TROFEO AO EQUIPO GAÑADOR: OD (indícanos o elemento sobre o que recae a acción que
expresa o verbo).
MEU PAI CHEGOU MOI TRANQUILO: PVO (é un complemento que modifica ao verbo e ao suxeito do que nos indica
algunha calidade).
ESTE LIBRO ESTÁ NOVO: ATR (este elemento do predicado serve para indicarnos unha calidade do suxeito).
EL COIDA MOI BEN DO BEBÉ: CR (igual que o OD recibe directamente a acción expresada polo verbo, pero os seus
constituíntes son diferentes: unha fprep).
CONDUCE AMODO. CCM (Indícanos unha circunstancia con respecto ao verbo).
O VOSO NOVO TRACTOR É ENORME: S (Indica quen realiza a acción que expresa o verbo).
A EDITORIAL CONVOCOU UN PREMIO DE POESÍA: P (expresa o que se di do suxeito).

Actividade nº 104

Completa adecuadamente os ocos desta análise morfosintáctica coas seguintes categorías e funcións.

Solución
A irmá de Iria [S: fn = (a: DET: art) + (irmá: N: subs) + (de Iria: MOD: fprep = de: R: prep + Iria: T: fn: N: subs)] +
pediume onte o dicionario [P: fv = (pediu: N: v) + (me: OI: fn: N: p) + (onte: CCT: fadv: N: adv) + (o dicionario: OD: fn =

54
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

o: DET: art + dicionario: N: subs)]

Actividade nº 105

Repara nestas análises morfosintácticas e completa os ocos coas categorías e funcións que lles faltan.

Solución
A: O OURO É UN METAL PRECIOSO. Oración.
S: fn: DET, art, O / N, subs, OURO. P: fv,
N, v, É / ATR, fn, DET, art, UN / N, subs,
METAL / MOD, fadx, N, adx, PRECIOSO.

B: GÚSTANME MOITO OS FROITOS SECOS.

Oración: P: fv, N, v, GUSTAN / OI, ppers,
ME / CCC, fadv, N, adv, MOITO / S: fn,
DET,art, OS / N, subs, FROITOS / MOD,
fadx, N, adx, SECOS.

Actividade nº 106

Fai a análise morfosintáctica destas oracións.

• Xoán regalounos este domingo un libro moi divertido.

• Sempre me molestan os comentarios de Luís.

55
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
XOÁN REGALOUNOS ESTE DOMINGO UN LIBRO MOI DIVERTIDO.
Oración: S: fn, N, subs,
XOÁN. P: fv, N, v, REGALOU / OI, ppers,
NOS / CCT, fn, D, dem, este/ N, subs,
DOMINGO/ OD, fn, D, art, UN / N, subs, LIBRO
/ MOD, fadx, MOD, adv, MOI / N,
adx, DIVERTIDO.

SEMPRE ME MOLESTAN OS COMENTARIOS DE LUÍS.

Oración: P: fv, CCT, fadv, N, adv,
SEMPRE / OI, fn, N, pron, ME / N, v, MOLESTAN.
S: fn, DET, art, OS/ N, subs, COMENTARIOS
/ MOD, fprep, R, prep, DE / T,
fn, N, subs, LUÍS.

Actividade nº 107

Escribe unha oración coordinada de cada un destes tipos. Despois, rodea con círculos os seus enlaces.

• COORDINADA COPULATIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• COORDINADA DISXUNTIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• COORDINADA DISTRIBUTIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• COORDINADA ADVERSATIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
Resposta aberta. Posible resposta: COORDINADA COPULATIVA: A miña irmá antes vivía en Portonovo e agora vive
en Sevilla. COORDINADA DISXUNTIVA: Vou con Ana á festa ou non vou con ninguén. COORDINADA
DISTRIBUTIVA: Ben axuda na cociña, ben limpa os cuartos. COORDINADA ADVERSATIVA: Quedamos na casa por
mor da chuvia, mais axiña escampou.

Actividade nº 108

Clasifica estas oracións en simples, compostas coordinadas e compostas subordinadas. Xustifica a túa resposta.

A. Uxía atopou a Miguel na estación de tren.

B. El marcou un gol pero xogou bastante mal.
C. O meu amigo Mario é fotógrafo nun xornal.
D. Os meus tíos precisan que alguén coide o seu can.
E. Vinde comigo e entraremos de balde.
F. Eu irei mañá ao cine con Henrique.

56
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: ORACIÓN SIMPLE: só ten un verbo.
B: ORACIÓN COMPOSTA: ten dous verbos unidos pola conxunción pero.
C: ORACIÓN SIMPLE: só ten un verbo.
D: ORACIÓN COMPOSTA SUBORDINADA: ten dous verbos unidos pola conxunción que.
E: ORACIÓN COMPOSTA COORDINADA: ten dous verbos unidos pola conxunción e.
F: ORACIÓN SIMPLE: só ten un verbo.

Actividade nº 109

Introduce a conxunción coordinante necesaria nas seguintes oracións compostas para que teñan sentido.

• Ana . . . . . . . . come . . . . . . . . deixa comer.

• Xoán non sabe nada . . . . . . . . xa falaría do tema.
• . . . . . . . . volvo en tren . . . . . . . . regreso en autobús.
• Todos xogaron ben . . . . . . . . só Luís marcou goles.
• Foise a luz . . . . . . . . non había candeas.
• Non firmes sen ler . . . . . . . . bebas sen ver.
• El sempre llo dicía . . . . . . . . nunca lle fixo caso.

— Indica despois que tipo de composta coordinada se forma en cada caso.

Solución
Ana nin come nin deixa comer. COORDINADA DISTRIBUTIVA.
Xoán non sabe nada ou xa falaría do tema. COORDINADA DISXUNTIVA.
Ou volvo en tren ou regreso en autobús. COORDINADA DISTRIBUTIVA.
Todos xogaron ben pero só Luís marcou goles. COORDINADA ADVERSATIVA.
Foise a luz e non había candeas. COORDINADA COPULATIVA.
Non firmes sen ler nin bebas sen ver. COORDINADA COPULATIVA.
El sempre llo dicía mais non lle fixo caso. COORDINADA ADVERSATIVA.

Actividade nº 110

Rodea cun círculo o enlace coordinante (conxunción) destas oracións e despois clasifícaas segundo o seu tipo. Sigue o
exemplo resolto.

57
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Teño chamado por el e non deu resposta. -TIPO: copulativa.

• Os familiares contaban coa fianza mais non agardaban tanto. -TIPO: . . . . . . . . . .

• María, ou poste a traballar ou segues os estudos. - TIPO: . . . . . . . . . .
• A cousa non é tan doada e mais irá a peor. -TIPO: . . . . . . . . . .
• Subín ao autobús e axiña o condutor reiniciou a viaxe. - TIPO: . . . . . . . . . .
• As árbores da alameda son moi grandes mais están enfermas. -TIPO: . . . . . . . . . .
• Xa chora desconsolado xa ri sen motivo aparente. - TIPO: . . . . . . . . . .
• O director da carreira púxose serio e ordenou a saída. -TIPO: . . . . . . . . . .
• Viunos ben pero non deu freado a tempo. -TIPO: . . . . . . . . . .

Solución
Os familiares contaban coa fianza mais non agardaban tanto. TIPO: adversativa.
María, ou te pos a traballar ou segues os estudos. TIPO: distributiva.
A cousa non é tan doada e mais irá a peor. TIPO: copulativa.
Subín ao autobús e axiña o condutor reiniciou a viaxe. TIPO: copulativa.
As árbores da alameda son moi grandes mais están enfermas. TIPO: adversativas.
Xa chora desconsolado xa ri sen motivo aparente. TIPO: distributiva.
O director da carreira púxose serio e ordenou a saída. TIPO: copulativa.
Viunos ben pero non deu freado a tempo. TIPO: adversativa.

Actividade nº 111

Fai a análise morfosintáctica destas oracións.

• Meu avó traballou no mar pero agora está xubilado.

• Prepareille a comida e despois fun dar un paseo.

Solución
Meu avó traballou no mar pero agora está xubilado.
ORACIÓN COORDINADA ADVERSATIVA:
ORACIÓN: S, fn, DET, ppos,
MEU. / N, subs, AVÓ. / P, fv, N, v, TRABALLOU.
/ CCL, fprep, E, prep, EN, T, fn,
DET, art, O, N, subs, MAR. / E, PERO. /
ORACIÓN: P, fv, N, v, ESTÁ, CCT, fadv, N,
adv, AGORA. ATR, fadx, N, adx, XUBILADO.

Prepareille a comida e despois fun dar un paseo.

ORACIÓN COORDINADA COPULATIVA.
ORACIÓN: SE, (eu). / P, fv, v, PREPAREI.
/ OI, fn, N, pper, LLE. / OD, fn, DET,
art, A, N, subs, COMIDA. / E, E. / ORACIÓN:

58
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

SE (eu). P, fv, N, FUN DAR. / CCT, fadv, N,

adv, DESPOIS. / OD, fn, DET, art, UN, N,
subs, PASEO.

Actividade nº 112

Indica de que tipo son os enlaces coordinantes destacados neste texto.

Solución
«e», conxunción copulativa; «e», conxunción copulativa; «ben ... ben» conxunción distributiva; «e», conxunción
copulativa; «Nin ... nin», conxunción copulativa; «porén», conxunción adversativa; «mais», conxunción adversativa;
«non obstante», conxunción adversativa; «pero», conxunción adversativa.

Actividade nº 113

Explica a diferenza entre subordinadas adxectivas especificativas e explicativas. Dá tamén exemplos.

• ADXECTIVA ESPECIFICATIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
..........
EXEMPLO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
..........
• ADXECTIVA EXPLICATIVA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
..........

59
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

EXEMPLO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
..........

Solución
ADXECTIVAS ESPECIFICATIVAS: expresan unha característica que, por posuíla, distingue os elementos aos que se
refire doutros semellantes ou da mesma especie; non van entre comas. EXEMPLO: As rapazas que descansan agora
traballaron moito.

ADXECTIVAS EXPLICATIVAS: expresan tamén unha característica, pero esta non serve para distinguir ou restrinxir o
número de elementos ou individuos aos que se lles aplica; van entre comas. EXEMPLO: As rapazas, que descansan
agora, traballaron moito.

Actividade nº 114

Fai a análise morfosintáctica arbórea desta oración.

Laura confesoume que elas non o fixeran.

Solución
Laura confesoume que elas non o fixeran: o = Laura (S) + confesoume que elas non o fixeran (P). LAURA [S: fn =
(Laura: N: subs)] + CONFESOUME QUE ELAS NON O FIXERAN [P: fv = (confesou: N: v) + (me: OI: fn: N: p) + (que
elas non o fixeran: OD: o)]; QUE ELAS NON O FIXERAN = [que: E: conx] + [elas: S: fn: N: p] + [non o fixeran: P: fv =
(non: CCNEG: fadv: N: adv) + (o: OD: fn: N: p)] + (fixeran: N: v).

Actividade nº 115

Subliña as subordinadas destas oracións. Despois indica se se trata de subordinadas substantivas, adxectivas ou
adverbiais.

• Túa nai chegou cando ti xa marcharas. - TIPO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

• Antón pediunos que gardásemos todos os libros. - TIPO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• El comprou un coche que consome moi pouco. - TIPO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
Túa nai chegou cando ti xa marcharas. TIPO: adverbial.
Antón pediunos que gardásemos todos os libros. TIPO: substantiva.
El comprou un coche que consome moi pouco. TIPO: adxectiva.

Actividade nº 116

Crea compostas subordinadas substituíndo as frases subliñadas por oracións con enlaces subordinantes. Indica, en

60
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

cada caso, o tipo de oración composta que creaches e a función que exerce.

• Aquela novela policial era moi entretida.

• Os organizadores da carreira pedían a túa participación.
• Apareceu alí un vello desdentado.
• Mónica fai a cama ben.
• Gústame moito a túa compañía.

Solución
Aquela novela que trataba de crimes era moi entretida: SUB. ADXECTIVA (MOD).
Os organizadores da carreira pedían que participases: SUB. SUBSTANTIVA (OD).
Apareceu alí un vello que non tiña dentes: SUB. ADXECTIVA (MOD).
Mónica fai a cama como é debido: SUB. ADVERBIAL (CCM).
Gústame moito que esteas comigo: SUB. SUBSTANTIVA (S).

Actividade nº 117

Identifica e clasifica as subordinadas substantivas destas oracións. Faino tendo en conta o estudado na unidade.

• Gustounos moito que nos acompañases.

sub. substantiva de suxeito (S)

• Elas non se conformaban con que actuases tan tarde.

• A sensación era que a casa tremía.
• Sería bo que llo comunicases antes.
• Os banqueiros confían en que salvarán moitos negocios.
• Sabela parecía que non o cría.
• Era moi doado facelo ben.
• Os médicos notaron que non dicía a verdade.

Solución
Elas non se conformaban con que actuases tan tarde: SUB. SUBSTANTIVA TERMO DUNHA FPREP (T).
A sensación era que a casa tremía: SUB. SUBSTANTIVA DE ATRIBUTO (ATR).
Sería bo que llo comunicases antes: SUB. SUBSTANTIVA DE SUXEITO (S).
Os banqueiros confían en que salvarán moitos negocios: SUB. SUBSTANTIVA DE TERMO DUNHA FPREP (T).
Sabela parecía que non o cría: SUB. SUBSTANTIVA DE ATRIBUTO (ATR).
Os médicos notaron que non dicía a verdade: SUB. SUBSTANTIVA DE OBXECTO DIRECTO (OD).

61
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 118

Crea compostas subordinadas substantivas a partir dos elementos e das funcións de cada recadro. Sigue o modelo.

Solución
RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA. É conveniente que saiamos cedo: (S).
Confío en que me devolva todo: (T).
O certo é que volveron todos: (ATR).
Aseguroume que atoparía traballo: (OD).

Actividade nº 119

Subliña as subordinadas adxectivas destas oracións e rodea cun círculo o seu enlace (pronome ou adverbio relativo) e
despois identifica a súa dupla función.

• Atopastes un home a quen non podedes subornar.

• O piso que Ana quería xa estaba vendido.
• O hotel onde estaban sufriu un incendio.
• Nunca sabe a hora na cal vive.
• Buscan nenos cuxas idades oscilen entre os 9 e os 11 anos.
• Ese amigo que te acompañaba é moi amable.

Solución
ATOPASTES UN HOME A QUEN NON PODEDES SUBORNAR: E e OI.
O PISO QUE ANA QUERÍA XA ESTABA VENDIDO: E e OD.
O HOTEL ONDE ESTABAN SUFRIU UN INCENDIO: E e CCL.

62
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

NUNCA SE SABE A HORA NA CAL VIVE: E e CCL.

BUSCAN NENOS CUXAS IDADES OSCILEN ENTRE OS 9 E OS 11 ANOS: E e DET.
ESE AMIGO QUE TE ACOMPAÑA É MOI AMABLE: E e S.

Actividade nº 120

Sinala razoadamente a diferenza entre estas dúas oracións adxectivas.

• Aos cans que paparon o coello non lles botedes comida.

• Aos cans, que paparon o coello, non lles botedes comida.

Solución
AOS CANS QUE PAPARON O COELLO NON LLES BOTEDES COMIDA. Non hai que alimentar
aos cans que comeron o coello pero aos outros, os que non o comeron, si.

AOS CANS, QUE PAPARON O COELLO, NON LLES BOTES COMIDA. Entendemos que todos os cans dos que
estamos a falar participaron do feito de comer o coello, polo tanto non se lle dá de comer a ningún.

Actividade nº 121

Indica que tipo de oración subordinada é cada unha destas.

A. O millo foi moi ben acollido polos galegos en canto chegou de América. Subordinada substantiva
B. As escolas, que eran todas católicas, aprendíanlles aos nenos en castelán e latín. Subordinada adxectiva
C. Pensábase que aquela lingua poderosa era un castelán mal falado. Subordinada adverbial

Solución
A: subordinada adverbial.
B: subordinada adxectiva.
C: subordinada substantiva.

Actividade nº 122

Forma agora oracións compostas con estes enlaces subordinantes. Despois indica a que tipo corresponde cada unha.

tan... como - posto que - malia que – a fin de que – a condición de que – así que

Solución
Resposta aberta.
Posibles exemplos: Afonso é tan simpático como me dixeran. Tipo de subordinada adverbial: comparativa.
Decidín non acompañalo á festa posto que non me gustou o que fixera o día anterior. Tipo de subordinada adverbial:

63
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

causal.
Saín a pasear malia que caía auga a chuzos. Tipo de subordinada adverbial: concesiva.
Metinlle présa co traballo de literatura a fin de que o puidese presentar a tempo. Tipo de subordinada adverbial: final.
Meus pais compráronme un ordenador novo a condición de que estudase máis. Tipo de subordinada adverbial:
condicional.
Quedei sen fariña, así que tiven que saír mercala. Tipo de subordinada adverbial: consecutiva.

Actividade nº 123

Fai a análise morfosintáctica arbórea desta oración.

Mentres Eva durmía, eu preparei o almorzo.

Solución
MENTRES EVA DURMÍA, EU PREPAREI O ALMORZO: o = eu [S: fn: N: p] + mentres Eva durmía preparei o almorzo
[P: fv = (mentres Eva durmía: CCT: o) + (preparei: N: v) + (o almorzo: OD: fn = o: DET: art + almorzo: N: subs)].
MENTRES EVA DURMÍA: o: mentres [E: conx] + Eva [S: fn: N: subs] + durmía [P: fv: N: v].

Actividade nº 124

Fai a análise morfosintáctica arbórea desta oración.

O rapaz que nos saudou é irmán de Ana.

Solución
O RAPAZ QUE NOS SAUDOU É IRMÁN DE ANA: o: O rapaz que nos saudou [S: fn = (o: DET: art) + (rapaz: N: subs) +
(que nos saudou: MOD: o; que: rel: E + S; nos saudou: fv: P = nos: OD: fn: N: p + saudou: N: v)] + é irmán de Ana [P: fv
= é: N: v) + (irmán de Ana: ATR: fn = irmán: N: subs + de Ana: MOD: fprep; de: R: prep + Ana: T: subs)].

Actividade nº 125

Substitúe os adverbios sinalados nas oracións pola subordinada adverbial propia que mellor cadre en cada caso.
Clasifícaas logo segundo sexan de lugar, tempo ou modo.

onde non moleste - cando aínda non saíra o sol

onde estamos agora - como ves
antes de que chova - como el nos mandou

• Erguémonos cedo.
• Poñede esa mesa acolá.
• Sempre se comporta así.

64
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Recolle a roupa axiña.

• Fixemos todo ben.
• Eu montaría a tenda de campaña aquí.

Solución
Erguémonos cando aínda non saíra o sol. ADVERBIAL DE TEMPO.
Poñede esa mesa onde non moleste. ADVERBIAL DE LUGAR.
Sempre se comporta como ves. ADVERBIAL DE MODO.
Recolle a roupa antes de que chova. ADVERBIAL DE TEMPO.
Fixemos todo como el nos mandou. ADVERBIAL DE MODO.
Eu montaría a tenda de campaña onde estamos agora. ADVERBIAL DE LUGAR.

Actividade nº 126

Forma oracións subordinadas adverbiais a partir de cada par de oracións simples e axústate aos tipos que se piden.
Sigue o modelo resolto.

• Tes dúbidas. / Pregúntame. (- TIPO: condicional)

Se tes dúbidas, pregúntame. (ENLACE: se)
• Vai mal tempo. / Sairemos igual. (- TIPO: concesiva)
• Fala devagar. / Eles comprendan todo. (- TIPO: final)
• Non estudas. / Suspenderás o exame. (- TIPO: condicional)
• Cheguei tarde. / Non soou o espertador. (- TIPO: causal)
• Ana xoga ben ao baloncesto. / Iria xoga igual de ben. (- TIPO: comparativa)
• A sopa estaba saborosa. / Todos recuncamos. (- TIPO: consecutiva)
• Eu xa te avisara. / Non te queixes. (- TIPO: consecutiva)
• Cambias de opinión. / Avísame. (- TIPO: condicional)

Solución
Aínda que vaia mal tempo sairemos igual. (ENLACE: aínda que).
Fala devagar para que eles comprendan todo. (ENLACE: para que).
Se non estudas suspenderás o exame. (ENLACE: se).
Cheguei tarde porque non soou o espertador. (ENLACE: porque).
Ana xoga tan ben ao baloncesto coma Iria. (ENLACE: tan ... coma).
A sopa estaba saborosa así que todos recuncamos. (ENLACE: así que).
Eu xa te avisara polo tanto non te queixes. (ENLACE: polo tanto).
Se cambias de opinión, avísame. (ENLACE: se).

Actividade nº 127

Identifica e clasifica as subordinadas adverbiais impropias destas oracións. Sigue o exemplo resolto.

65
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Mesmo que me ofrezas un millón, eu non venderei.

Mesmo que me ofrezas un millón, eu non venderei. - concesiva (ENLACE: mesmo que)

• Como non cales xa, ela enfadarase.

• Eu sei o prezo deses lapis porque xa merquei varios.
• Non houbo feridos, aínda que o accidente foi grave.
• Regaláronlle unha bicicleta para que se divertise.
• Eu xogo de porteiro, pois así o decidiu o adestrador.
• Hoxe choverá, polo tanto leva o paraugas.
• Se mo permitides, cambiarei a data da reunión.
• Por moito que insistas, nós non iremos contigo.

Solución
Como non cales xa, ela enfadarase: CONDICIONAL (ENLACE: como).
Eu sei o prezo dese lapis porque xa merquei varios: CAUSAL (ENLACE: porque).
Non houbo feridos aínda que o accidente foi grande: CONCESIVA (ENLACE: aínda que).
Regaláronlle unha bicicleta para que se divertise: FINAL (ENLACE: para que).
Eu xogo de porteiro, pois así o decidiu o adestrador: CAUSAL (ENLACE: pois).
Hoxe choverá, polo tanto leva o paraugas: CONSECUTIVA (ENLACE: polo tanto).
Se mo permitides, cambiarei a data da reunión: CONDICIONAL (ENLACE: se).
Por moito que insistas, nós non iremos contigo: CONCESIVA. (ENLACE: por moito que).

Actividade nº 128

Localiza as subordinadas adverbiais destas oracións, clasifícaas e transfórmaas noutras equivalentes de infinitivo
conxugado.

• Se aprobas en xuño, irás a Roma.

TIPO: condicional. - De aprobares en xuño, irás a Roma.

• Pasouche iso porque non me fixeches caso.

• Quedarei con Xoán para que falemos do noso problema.
• Malia que saímos cedo, non chegamos a tempo.
• Berráronvos porque non axudades no traballo.
• Cando saias da casa, pecha a porta con chave.
• Xa é tarde para que cambien de idea.

Solución
Pasouche iso porque non me fixeches caso. TIPO: causal. Pasouche iso por non me faceres caso.
Quedarei con Xoán para que falemos do noso problema. TIPO: final. Quedei con Xoán para falarmos do noso poema.
Malia que saímos cedo, non chegamos a tempo. TIPO: concesiva. Malia saírmos cedo, non chegamos a tempo.
Berráronvos porque non axudades no traballo. TIPO: causal. Berráronvos por non axudardes no traballo.
Cando saias da casa, pecha a porta con chave. TIPO: tempo. Ao saíres da casa, pecha a porta con chave.

66
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Xa é tarde para que cambien de idea. TIPO: final. Xa é tarde para cambiaren de idea.

Actividade nº 129

Completa os ocos destas oracións cos enlaces convenientes. Logo indica se a oración creada é consecutiva (CONS)
ou comparativa de igualdade (COMP-IG), superioridade (COMP-SU) ou inferioridade (COMP-IN).

• Ese deterxente é . . . . . . . . . . bo . . . . . . . . . . asegura a propaganda. - TIPO: . . . . . . . . . .

• Aquilo deixoume . . . . . . . . . . sorprendido . . . . . . . . . . quedei sen palabras. - TIPO: . . . . . . . . . .
• A novela era . . . . . . . . . . emocionante . . . . . . . . . . a lin en dous días. - TIPO: . . . . . . . . . .
• Ese futbolista gaña . . . . . . . . . . diñeiro . . . . . . . . . . vós imaxinades. - TIPO: . . . . . . . . . .
• . . . . . . . . . . berraches . . . . . . . . . . agora estás afónica. - TIPO: . . . . . . . . . .
• Ese deporte é . . . . . . . . . . perigoso . . . . . . . . . . aseguran. - TIPO: . . . . . . . . . .

Solución
Ese deterxente é tan bo como asegura a propaganda. TIPO: COMP-IG.
Aquilo deixoume tan sorprendido que quedei sen palabras. TIPO: CONS.
A novela era tan emocionante que a lin en dous días. TIPO: CONS.
Ese futbolista gaña máis diñeiro do que vós imaxinades. TIPO: COMP-SU.
Tanto berraches que agora estás afónica. TIPO: CONS.
Ese deporte é menos perigoso do que aseguran. TIPO: COM-IN.

Actividade nº 130

Fai a análise morfosintáctica destas oracións.

• Se nos prestas eses cartos, estaremos moi agradecidos.

• Paulo mercoume o reloxo que viramos no escaparate.

Solución
SE NOS PRESTAS ESES CARTOS ESTAREMOS MOI AGRADECIDOS.
Oración: SE (NÓS). P, fv,
CCCOND, fv, E, conx, SE. N, v, PRESTAS.
OI, fn, N, p, NOS. OD, fn, DET, dem, ESES.
N, subs, CARTOS. / N, v, ESTAREMOS. ATR,
fadx, MOD, adv, MOI. N, adx, AGRADECIDOS.

PAULO MERCOUME O RELOXO QUE VIRAMOS NO ESCAPARATE.

Oración: S, fn, N, subs;
PAULO. / P, fv, N, v, MERCOU. OI, fn, N, p,
ME. OD, fn, DET, art, UN. N, subs, RELOXO.
MOD, o, SE, (NÓS). P, fv, N, v, VIRAMOS.

67
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

CCL, fprep, E, prep, EN. T, fn, DET,

art, O. N, subs, ESCAPARATE.

Actividade nº 131

Elixe unha destas dúas opcións para escribires un texto mantendo a propiedade textual da adecuación.

A. Unha nota de pésame polo falecemento dun veciño.

B. Unha nota anunciándolles unha excursión de fin de semana aos amigos.
................................................................................................

.................................................................

Solución
Resposta aberta.

Actividade nº 132

Indica a intención comunicativa dominante nestes enunciados. Sinala tamén a función lingüística á que se asocian.

A. Vide aquí inmediatamente. - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . . . .

B. Que fame teño! - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . . . .
C. «Forte» é un adxectivo. - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . . . .
D. Os teus ollos son estrelas. - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . . . .
E. Miña irmá ten dezaseis anos. - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . .
F. Diga! Quen fala? - INTENCIÓN: . . . . . . . / FUNCIÓN: . . . . . . .

Solución
A: INTENCIÓN: influír sobre o comportamento do receptor; FUNCIÓN: conativa (ou apelativa).
B: INTENCIÓN: transmitir o que se sente; FUNCIÓN: emotiva.
C: INTENCIÓN: usar a lingua para falar da propia lingua; FUNCIÓN: metalingüística.
D: INTENCIÓN: buscar a beleza no uso da linguaxe; FUNCIÓN: poética.
E: INTENCIÓN: enunciar unha verdade obxectiva; FUNCIÓN: referencial.
F: INTENCIÓN: verificar a recepción da mensaxe; FUNCIÓN: fática.

Actividade nº 133

Clasifica as seguintes series de palabras segundo o nivel de lingua no que son adecuadas.

68
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

cabelos - guedellas - pelos

ocupación - traballo - choio
coche - buga - automóbil
chimpar - botar - expulsar

Solución
NIVEL CULTO: cabelos, ocupación, automóbil, expulsar.
NIVEL ESTÁNDAR: pelos, traballo, coche, botar.
NIVEL POPULAR: guedellas, choio, buga, chimpar.

Actividade nº 134

Indica que nivel de lingua convén usar nos seguintes casos para manter a propiedade da adecuación: culto (C),
estándar (E) ou popular (P).

• Mensaxe dun contestador. • Currículum vítae.

• Pregón dunhas festas. • Carta a un amigo.
• Reclamación ante un banco. • Tratado científico.

Solución
MENSAXE DUN CONTESTADOR: S.
PREGÓN DUNHAS FESTAS: P.
RECLAMACIÓN ANTE UN BANCO: S.
CURRÍCULUM VÍTAE: C.
CARTA A UN AMIGO: P.
TRATADO CIENTÍFICO: C.

Actividade nº 135

Le esta carta persoal dunha alumna que lle reclama ao director do seu centro a reparación da calefacción. Comenta de
forma razoada se o texto che parece adecuado ou non.

69
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
O texto non é en absoluto adecuado á situación comunicativa por diversas razóns: primeiro, o que nel se expón é unha
queixa de parte dun colectivo, feito este que non aparece reflectido; segundo, é unha carta que ten como destinatario o
director dun centro educativo e polo tanto a forma de dirixirse a esa persoa non é a adecuada ("Ola, director ") e mesmo
na despedida o ton vólvese ameazador ("Quedas avisado e a que avisa non é traidora"); por último, o léxico empregado
son propios da lingua vulgar: "andamos aterecidos de frío", "padezo de sabañóns".

RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA.

INSTANCIA OFICIAL: Sara Loureiro Castro, alumna de 3º de ESO do colexio Eira de Arriba (Chantada). /

70
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

EXPÓN / Que é alumna do citado centro desde o curso escolar 2011-2012. / Que ao longo destes cursos, e con
carácter recorrente, se produciron problemas co sistema de calefacción. / Que en diferentes ocasión o alumnado
manifestou o seu descontento con esta situación que converteu en habitual, trasladándolles as queixas aos
responsables. / Polo tanto / SOLICITA / Que se busque unha solución definitiva para a cuestión tratada e que ademais
se faga de maneira inmediata. / É demanda que espera sexa admitida / Chantada, 17 de maio, 2011. / Asdo: Sara
Loureiro

Actividade nº 136

Explica en que consiste a propiedade textual da coherencia e como se manifesta, por exemplo, nos textos descritivos e
nos narrativos.

................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
.

Solución
COHERENCIA: é a propiedade que afecta á selección da información e ao xeito en que esta se organiza no texto;
noutras palabras, é a propiedade do texto que garante a transmisión da información mediante a organización dos
enunciados arredor dunha mesma idea, de xeito que este texto teña sentido completo.
TEXTO DESCRITIVO: SELECCIÓN DA INFORMACIÓN: elementos, partes, formas, tamaños, cores…
ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN: orde espacial…
TEXTO NARRATIVO: SELECCIÓN DA INFORMACIÓN: accións, procesos, datos sobre o paso do tempo…
ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN: orde cronolóxica.

Actividade nº 137

Identifica as ideas principais e secundarias destes textos.

- Indica, de forma xustificada, se nos textos anteriores hai unha estrutura dedutiva ou indutiva.

71
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
TEXTO A: IDEA SECUNDARIA A: o microscopio, o telescopio, extensións da vista. IDEA SECUNDARIA B: o teléfono,
extensión da voz. IDEA SECUNDARIA C: o arado e a espada, extensións do brazo. IDEA SECUNDARIA D: o libro
extensión da memoria e da imaxinación. IDEA PRINCIPAL: dos diversos instrumentos do home, o máis asombroso é,
sen dúbida, o libro.
A estrutura deste texto é indutiva, amósanos primeiro as ideas secundarias e, destas, chegamos á idea principal.

TEXTO B: IDEA PRINCIPAL: Compostela chegou a ser na Idade Media, un dos núcleos urbanos máis importantes da
península ibérica. IDEA SECUNDARIA A: a cidade foise consolidando como unha urbe turística. IDEA SECUNDARIA
B: a ela chegaban reis, magnates, frades, trobadores, mercadores... IDEA SECUNDARIA C: nela facíanse ricos,
pousadeiros, cereiros, cambiadores, acibecheiros...
O texto ten unha estrutura dedutiva, xa que primeiro presenta a idea principal, e deseguido vai desenvolvendo esta con
exemplos.

Actividade nº 138

Corrixe estes dous textos, con erros na súa coherencia.

Solución
TEXTO A (CORRIXIDO): Regulamento de wáter-polo. ELEMENTOS NECESARIOS: O wáter-polo é un deporte
acuático de equipo que se xoga en piscina nunha área que debe medir 20 m de ancho por 30 m de longo. Nos
extremos desta área hai dúas porterías de 3 m de ancho e 90 cm de altura. XOGADORES: O xogo consiste en marcar

72
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

o maior número posible de goles na portería do equipo contrario. Para isto débese intentar avanzar nadando e
pasándose a pelota. Os xogadores non poden coller a pelota coas dúas mans á vez nin pisar o fondo da piscina (agás
o porteiro). Por último, é preciso unha pelota de goma duns 70 cm de circunferencia. REGRAS: Un equipo de
wáter-polo está formado por 7 xogadores: un porteiro e seis xogadores que atacan e defenden.

TEXTO B (CORRIXIDO): A praia da Lanzada. A praia da Lanzada encóntrase no istmo que une a península do Grove
co Salnés e, ao estar situada na parte do istmo aberta ao océano Atlántico, é máis exposta que outras da zona. O
areal, dunha extensión duns 6 km, está rodeado por unha ampla zona de dunas que a separa da estrada C-550 que
atravesa o istmo. Entre estas dunas hai un agradable paseo de madeira que percorre o contorno da praia en case toda
a súa extensión. Nel podemos atopar duchas fontes, papeleiras... No extremo sur da praia encontramos unha fermosa
capela románica e os restos dunha antiga fortaleza. Esta é, en definitiva, unha das praias máis coñecidas de Galicia,
pola beleza das súas paisaxes, pola súa fina area e pola calidade das súas augas.

Actividade nº 139

Le este texto e repara en como se indican nel os trazos básicos de recorrencia de palabras que lle dan cohesión.

- Identifica e sinala, seguindo o modelo anterior, os trazos básicos de recorrencia que atopas nestoutros textos.

73
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A. ………………………………………………………………………………………………..
B. ………………………………………………………………………………………………..

C. ………………………………………………………………………………………………..

A. ………………………………………………………………………………………………..
B. ………………………………………………………………………………………………..
C. ………………………………………………………………………………………………..

Solución

Actividade nº 140

Identifica a que tipo corresponden os marcadores textuais subliñados neste texto.

74
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
RESPECTO DE: tematizador. POR EXEMPLO: explicativo, exemplificador. E: aditivo. TAMÉN: aditivo. EN TROQUES:
contrastivo, de oposición. ALÍ: espacial, localización. DESDE SEMPRE: temporal, posterioridade. POR ÚLTIMO:
ordinal, fin do discurso.

Actividade nº 141

Le detidamente estes textos tirados de xornais e indica que recursos de recorrencia de palabras lles dan cohesión.
Toma como referencia as palabras destacadas ao principio.

A. O ministro Miguel Sebastián asegurou que o risco para España é o impacto da alza dos prezos dos produtos
petrolíferos. En declaracións aos xornalistas, eludiu avanzar detalles do plan «preventivo» que estudará o Consello de
Ministros.

B. Hoxe, 27 de maio, é o día da celiaquía. Que é ou en que consiste esta doenza? Trátase dunha enfermidade
orixinada pola intolerancia permanente ao glute, proteína que se atopa no trigo, na cebada ou no centeo.

C. Dous ladróns baleiran unha tenda de roupa no centro de Lugo. Estes conseguiron entrar no establecemento ao redor
das tres da madrugada, despois de burlar os sistemas de seguridade. Ninguén na veciñanza os escoitou durante o
roubo.

Solución
A: ELIPSE.
B: SINÓNIMOS: celiaquía, doenza, enfermidade.
C: PRONOMES: estes, os.

Actividade nº 142

Reescribe este texto proporcionándolle cohesión cos recursos de recorrencia de palabras que consideres precisos.

75
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA. TEXTO REVISADO:
O Titanic foi un barco construído en Irlanda. Afundiuse na súa viaxe inaugural a través do Océano Atlántico Norte ao
bater cun iceberg o 14 de abril de 1912. Morreron máis de 1500 persoas. Recolléronse só uns 300 corpos do mar. Esta
foi a maior traxedia naval da historia.
O barco era o segundo dun trío, a clase Olympic, que pretendía dominar o negocio das viaxes transoceánicas a
principios do século XX.
O buque foi deseñado por Thomas Andrews. Era propiedade da White Star Line. O transatlántico foi construído nos
estaleiros de Harland an Wolff en Belfast (Irlanda do Norte, Reino Unido). O Titanic foi o navío de pasaxeiros máis
grande e luxoso da época.

Actividade nº 143

Reescribe estes enunciados situando a parte en cursiva na oración que lle corresponda polo seu sentido. Identifica
despois o tipo de marcador destacado en cada caso.

• Os buscadores de Internet son ferramentas moi útiles na procura de información, é dicir, prodúcese unha asimetría
lingüística.
• Vós acabade de preparar a cea, daquela non te pode coller de sorpresa a avaría.
• Xa sabías que era un coche vello, deseguido, unha manifestación polo centro da cidade.
• As especies peláxicas están sometidas a unha gran depredación, ademais permiten aforrar moito tempo.
• O galego está en clara inferioridade respecto ao castelán, particularmente a sardiña.
• Mañá ás 9:00 haberá unha concentración na praza de Lugo e entrementres nós imos poñendo a mesa.

Solución
Os buscadores de Internet son ferramentas moi útiles na procura de información ademais permiten aforrar moito tempo:
ADITIVO.
Vós acabade de preparar a cea, entrementres nós imos poñendo a mesa: TEMPORAL (DE SIMULTANEIDADE).

76
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Xa sabías que era un coche vello daquela non te pode coller de sorpresa a avaría: CONSECUTIVO.
As especies peláxicas están sometidas a unha gran depredación particularmente a sardiña. EXPLICATIVO
(EXEMPLIFICADOR).
O galego está en clara inferioridade respecto ao castelán, é dicir, prodúcese unha asimetría lingüística. EXPLICATIVO
(DE EQUIVALENCIA).
Mañá ás 9:00 haberá unha concentración na Praza de Lugo, deseguido unha manifestación polo centro da cidade.
TEMPORAL (DE POSTERIORIDADE).

Actividade nº 144

Completa este texto cos marcadores textuais que conveña. Indica tamén, razoadamente, a que tipo corresponden.

Solución
Onde se mercan reloxos de seixo? Facemos esta sorprendente pregunta xa que (CAUSAL) comprobamos que algúns
dicionarios galegos consideran seixo e cuarzo como sinónimos.

Na nosa opinión, esta proposta contradí os usos vivos do galego. O seixo é unha 'pedra dura e lisa de pequeno
tamaño, moitas veces arredondada pola erosión, e na composición da cal, frecuentemente entra unha porcentaxe
considerable de cuarzo', que tamén (ADITIVO) se denomina callao, croio ou canto. O cuarzo, no entanto
(CONTRASTIVO: DE OPOSICIÓN), é un "mineral formado por óxido de silicio, moi estable en condicións ambientais
normais, e que se atopa en rochas de todo tipo (ígneas, metamórficas e sedimentarias)".

En resumo (EXPLICATIVO: RECAPITULATIVO), en galego o cuarzo é un mineral que entra a formar parte de moitas
rochas (o granito, particularmente [EXPLICATIVO: EXEMPLIFICADOR]) entre elas o seixo.

77
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 145

Identifica no segundo texto o uso da recorrencia de palabras (en vermello) e dos marcadores textuais (en verde). Sigue
o modelo do primeiro texto.

Solución
Luís Tosar gañador dun Goya.
Luís Tosar recolleu o Goya ao mellor actor principal pola película Cela 211, dirixida por Daniel Monzón.
Tosar, xa obtivera este galardón en dúas ocasións. O intérprete lucense consolídase así como un dos máis brillantes
actores do momento, con grandes filmes na súa traxectoria dos últimos anos. Por exemplo (EXPLICATIVO:
EXEMPLIFICADOR). Flores doutro mundo, Trece badaladas, O lapis do carpinteiro, Os luns ao sol...
En resumo, (EXPLICATIVO: RECAPITULATIVO) un premio merecido para un actor cunha popularidade recente fóra de
Galicia, pero que en troques (CONTRASTIVO: DE OPOSICIÓN), Ø xa tiña fama entre nós polo seu papel de
xuíz nas primeiras temporadas da serie Mareas vivas.

Actividade nº 146

78
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Clasifica estes marcadores textuais segundo o valor ou a relación que expresan.

deseguido - igualmente - mentres - pero - en definitiva - por outra banda

ademais - debaixo de - en canto a - tamén - en suma - cara a - en troques

• TEMPORAIS: . . . . . . . . • ESPACIAIS: . . . . . . . . • ORDINAIS: . . . . . . . . •

CONTRASTIVOS (SEMELLANZA): . . . . . . . .
• ADITIVOS: . . . . . . . . • TEMATIZADORES: . . . . . . . . • EXPLICATIVOS (RECAPITULATIVOS): . . . . . . . . •
CONTRASTIVOS (OPOSICIÓN): . . . . . . . .

Solución
TEMPORAIS: mentres. ESPACIAIS: debaixo de, cara a.
ORDINAIS: por outra banda, deseguido.
CONTRASTIVOS (SEMELLANZA): igualmente.
CONTRASTIVOS (OPOSICIÓN): pero, en troques.
ADITIVOS: ademais, tamén.
TEMATIZADORES: en canto a.
EXPLICATIVOS (RECAPITULATIVOS): en suma, en definitiva.

Actividade nº 147

Resolve este encrucillado. Ten en conta que todas as palabras que o forman levan acento gráfico. Dámosche xa como
axuda as vogais acentuadas.

79
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

HORIZONTAIS
A. Predicións que un astrólogo fai sobre a vida de alguén.
B. Asento mol, con respaldo e brazos.
C. Bicicleta para dúas persoas.
D. Superficie limitada por unha circunferencia.
E. Substancia azucrada que segregan as flores.
F. Cada unha das dúas caras da folla dun libro ou dun caderno.
G. Carreira pedestre de 42192 km.

VERTICAIS
H. Instrumento de dous brazos que serve para trazar curvas regulares ou para medir.
I. Vaso sagrado para a consagración do viño.
L. Froito comestible da datileira.
M. Articulación do brazo co antebrazo.
N. Xabón líquido, especial para lavar o pelo.
Ñ. Barra que se pon ao longo dunha escaleira para apoiar as mans.
O. Mestura de diversas bebidas.
P. Establecemento onde se encerran os presos.

- Clasifica as palabras do encrucillado na seguinte táboa.

Solución
Horizontais: A: horóscopo. B: sofá. C: tándem. D: círculo. E: néctar. F: páxina. G: maratón.
Verticais: H: compás. I: cáliz: L: dátil. M: cóbado. N: xampú. Ñ: pasamáns. O: cóctel. P: cárcere.

- Agudas: sofá, maratón, compás, xampú, pasamáns. Graves: tándem, néctar, cáliz, dátil, cóctel. Esdrúxulas: horó
scopo, círculo, páxina, cóbado, cárcere.

Actividade nº 148

Acentúa graficamente as palabras que o necesiten nestas oracións. O número de acentos de cada unha indicámoscho
entre parénteses.

80
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Non houbo vitimas tras o choque entre o automobil e o autobus que se produciu no tunel. (4)
• A nova profesora de ingles e de frances chamase Monica Martinez Perez. (6)
• O curman de Vitor non é capitan do exercito, senon mecanico. (6)
• O medico dixo que o consul hungaro ten un grave problema no corazon. (4)

Solución

Actividade nº 149

Completa adecuadamente estas afirmacións sobre as regras de acentuación.

Solución
AS PALABRAS AGUDAS LEVAN ACENTO GRÁFICO: cando rematan en -n, -s ou vogal.
LEVAN ACENTO GRÁFICO AS PALABRAS GRAVES: se rematan en consoante diferente de -n e -s.
AS PALABRAS ESDRÚXULAS LEVAN ACENTO GRÁFICO: sempre.

Actividade nº 150

Crea oracións nas que introduzas adecuadamente estes pares de palabras con e sen acento gráfico.

81
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Botei a tarde no parque a xogar cos nenos. Han vir mañá vernizar o parqué.
O venres será xornada de portas abertas nas cortes. Din del que é moi calado, pero eu opino que tamén é moi cortés.
Estou buscando un revólver para o disfrace de pistoleiro. A verdade é que vou chea de revolver de tenda en tenda.
A avoa di que lle encanta pintar con témperas. Este ano derramáronse todas as mazás temperás.
Tanto me enchín que fun buscar unha maza para partir a noz. Das froitas, a que menos lle gusta a Pedro é a mazá.

Actividade nº 151

Copia estas oracións poñéndolles os acentos gráficos que lles faltan.

• O consul tivo un accidente nun tunel co seu automobil.

• As irmas de Monica estan a comer necoras e mexillons.
• Esta maña Cesar debuxou un helicoptero co seu lapis.
• Golpeei o biceps xogando este mercores no pavillon.
• O fotografo tirou fermosas imaxes do crater do volcan.

Solución
O cónsul (palabra esdrúxula) tivo un accidente nun túnel (grave rematada en -l) co seu automóbil (grave rematada en
-l).
As irmás (aguda rematada en -s) de Mónica (esdrúxula) están (aguda rematada en -n) a comer nécoras (esdrúxula) e
mexillóns (aguda rematada en -ns).
Esta mañá (aguda rematada en vogal) César (grave rematada en -r) debuxou un helicóptero (esdrúxula) co seu lapis.
Golpeei o bíceps (grave rematada e -ps) xogando este mércores (esdrúxula) no pavillón (aguda rematada en -n).
O fotógrafo (esdrúxula) tirou fermosas imaxes do cráter (grave rematada en -r) do volcán (aguda rematada en -n).

82
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 152

Acentúa graficamente as palabras destas oracións que o necesiten.

• Aquel chale tan espectacular de ali é do avo de Oscar Estevez, o noso medico.
• Un cientifico holandes e outro hungaro sobrevoaron o crater do volcan en helicoptero.
• Os regalos de Monica foron unha caixa de bombons e un poster do seu xogador de futbol favorito.

Solución
Aquel chalé tan espectacular de alí é do avó de Óscar Estévez, o noso médico.
Un científico holandés e outro húngaro sobrevoaron o cráter do volcán en helicóptero.
Os regalos de Mónica foron unha caixa de bombóns e un póster do seu xogador de fútbol favorito.

Actividade nº 153

Observa as sílabas destacadas nestas palabras e pon o acento gráfico nas que o necesiten.

seculo - sede capela - fincape

elemento - tamen toxo - torax
fraxil - disfrace mamifero - amigo
ningun - segundo fillastro - paspallas

Solución
século, tamén, fráxil, ningún, fincapé, tórax, mamífero, paspallás

Actividade nº 154

Cando se acentúan as palabras agudas?:

a. Cando rematan en consoante distinta de -n ou -s.

b. Cando rematan en vogal ou en consoante -n, -s ou -ns.
c. Sempre.

Solución
b. Cando rematan en vogal ou en consoante -n, -s ou -ns.

Actividade nº 155

Cando se acentúan as palabras graves?:

a. Cando rematan en consoante distinta de -n ou -s.

83
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

b. Cando rematan en vogal ou en consoante -n, -s ou -ns.

c. Sempre.

Solución
a. Cando rematan en consoante distinta de -n ou -s.

Actividade nº 156

Cando se acentúan as palabras esdrúxulas?:

a. Cando rematan en consoante distinta de -n ou -s.

b. Cando rematan en vogal ou en consoante -n, -s ou -ns.
c. Sempre.

Solución
c. Sempre.

Actividade nº 157

Cando se acentúan as palabras monosílabas?:

a. Nunca.
b. Só cando levan acento diacrítico.
c. Sempre.

Solución
b. Só cando levan acento diacrítico.

Actividade nº 158

Fai a división silábica destas palabras. Despois identifica os ditongos, tritongos e hiatos que conteñen. Sigue o exemplo
resolto.

auga - au - ga: ditongo "au" vasoira - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

perdoar- . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . artificiais - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
rueiro - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . creación - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
PERDOAR: per-do-ar (hiato "oa"). RUEIRO: ruei-ro (tritongo "uei"). VASOIRA: va-soi-ra (ditongo "oi"). ARTIFICIAIS:
ar-ti-fi-ciais (tritongo "iai"). CREACIÓN: cre-a-ción (hiato "ea", ditongo "io").

84
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 159

Identifica o elemento estraño en cada serie, é dicir, a palabra cun hiato entre as que teñen ditongos e viceversa.
Xustifica a túa resposta.

• Palabras con ditongos: cuarto - lingua - premiar - poema. - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . XUSTIFICACIÓN:
.............
• Palabras con hiatos: ruído - heroe - náutica - frío. - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . XUSTIFICACIÓN: . . . . . .
.......
• Palabras con ditongos: paracaídas - tesouro - laranxeira - avión. - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . .
XUSTIFICACIÓN: . . . . . . . . . . . . .
• Palabras con hiatos: bacallau - miúdo - ataúde - balea. - ELEMENTO ESTRAÑO: . . . . . . . . . . . . . XUSTIFICACIÓN: . .
...........

Solución
Palabras con ditongos: cuarto – lingua – premiar – poema: ELEMENTO ESTRAÑO: poema, hiato -oe-.
Palabras con hiatos: ruído – heroe – náutica – frío. ELEMENTO ESTRAÑO: náutica, ditongo -au-.
Palabras con ditongos: paracaídas – tesouro – laranxeira – avión. ELEMENTO ESTRAÑO: paracaídas, hiato -aí-.
Palabras con hiatos: bacallau – miúdo – ataúde – balea. ELEMENTO ESTRAÑO: bacallau, ditongo -au-.

Actividade nº 160

Completa estas palabras. Repara en que, en cada par, unha contén ditongo e outra non.

• a / ia - fotograf. . . .r - ampl. . . .r
• o / io - labor. . . .so - estud. . . .
• e / ie - inconven. . . .nte - superviv. . . .nte
• a / ua - c. . . .tro - ac. . . .rio
• e / ei - financ. . . .ro - sinc. . . .ro
• o / ou - m. . . .nstro - tes. . . .ro

Solución
Fotografar - ampliar.
laborioso – estudo.
inconveniente – supervivente.
catro – acuario.
financeiro – sincero.
monstro – tesouro.

Actividade nº 161

Identifica cales dos encontros de tres vogais nas seguintes voces son tritongos e cales non. Segmenta todas as

85
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

palabras en sílabas.

Solución
TRITONGO: in – di – vi – duais. Biei – to. Ruei – ro.
NON TRITONGO: a – po – iar. Per – do – ei. Ce – ou. A – le – lu – ia. En – sa – iar. Cro – io.

Actividade nº 162

Que é un ditongo?:

a. Dúas vogais que pertencen á mesma sílaba.

b. Dúas vogais que pertencen a distinta sílaba.
c. Tres vogais que pertencen á mesma sílaba.

Solución
a. Dúas vogais que pertencen á mesma sílaba.

Actividade nº 163

Que é un hiato?:

a. Dúas vogais que pertencen á mesma sílaba.

b. Dúas vogais que pertencen a distinta sílaba.
c. Tres vogais que pertencen á mesma sílaba.

Solución
b. Dúas vogais que pertencen a distinta sílaba.

Actividade nº 164

86
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Que é un tritongo?:

a. Dúas vogais que pertencen á mesma sílaba.

b. Dúas vogais que pertencen a distinta sílaba.
c. Tres vogais que pertencen á mesma sílaba.

Solución
c. Tres vogais que pertencen á mesma sílaba.

Actividade nº 165

Segmenta en sílabas estas palabras, que conteñen ditongos e tritongos tónicos, e indica razoadamente se seguen as
regras xerais de acentuación. Se non o fan, sinala por que.

ioió - náufrago - feira - tomou - diésel - sociais

io-ió - Segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra aguda rematada en vogal.
..........

Solución
Ditongos e tritongos tónicos:
NÁU-FRA-GO: segue as regras xerais de acentuación; é unha palabra esdrúxula.
FEI-RA: segue as regras xerais de acentuación; é unha palabra grave rematada en vogal.
TO-MOU: non segue as regras xerais de acentuación; non leva acento gráfico porque é unha palabra aguda rematada
en ditongo decrecente.
DIÉ-SEL: segue as regras xerais de acentuación; é unha palabra grave que non remata nin en -n, nin en -s nin en
vogal.
SO-CIAIS: non segue as regras xerais de acentuación; non leva acento gráfico porque é unha palabra aguda rematada
en tritongo.

Actividade nº 166

Segmenta en sílabas estas palabras, que conteñen hiatos formados por dúas vogais abertas ou medias, e indica
razoadamente se respectan as regras xerais de acentuación.

aéreo - leóns - heroe - voar - faraón - microondas

a-é-re-o - Segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra esdrúxula e, xa que logo, leva acento gráfico.
……….

Solución
Dúas vogais abertas ou medias:

87
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

LE-ÓNS: segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra aguda rematada en -ns.
HE-RO-E: segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra grave rematada en vogal.
VO-AR: segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra aguda que non remata nin en -n(s), nin en -s nin en
vogal.
FA-RA-ÓN: segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra aguda rematada en -n.
MI-CRO-ON-DAS: segue as regras xerais de acentuación: é unha palabra grave rematada en -s.

Actividade nº 167

Segmenta en sílabas estas palabras, que conteñen hiatos formados por unha vogal aberta ou media máis unha vogal
pechada tónica, e indica razoadamente se seguen as regras xerais de acentuación. Se non as seguen, sinala por que
se acentúan.

aínda - fío - baúl - poesías - saúde - oín

a-ín-da - Non segue as regras xerais de acentuación (é unha palabra grave rematada en vogal). Acentúase a
vogal pechada do hiato porque é tónica.
..........

Solución
Vogal aberta ou media + vogal pechada tónica: nesta combinación a vogal pechada sempre leva acento gráfico,
malia que iso supoña non respectar as regras xerais de acentuación.
FÍ-O: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en vogal). Acentúase a vogal pechada do
hiato porque é tónica.
BA-ÚL: non segue as regras xerais de acentuación (é aguda non rematada nin en -n(s), nin en -s nin en vogal).
Acentúase a vogal pechada do hiato porque é tónica.
PO-E-SÍ-AS: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en -s). Acentúase a vogal pechada
do hiato porque é tónica.
SA-Ú-DE: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en vogal). Acentúase a vogal pechada
do hiato porque é tónica.
O-ÍN: segue as regras xerais de acentuación (é aguda rematada en -n).

Actividade nº 168

Segmenta en sílabas estas palabras, que conteñen hiatos formados por dúas vogais pechadas (a segunda, tónica), e
indica razoadamente se seguen as regras xerais de acentuación. Se non o fan, sinala por que se acentúan.

muíño - ruído - diúrnas - xuíz - ruín - Luísa

mu-í-ño - Non segue as regras xerais de acentuación (é unha palabra grave rematada en vogal). Acentúase a
segunda vogal do hiato porque é tónica.
……….

88
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Dúas vogais pechadas (a segunda, tónica): neste caso a 2.ª vogal leva sempre acento gráfico,
independentemente das regras xerais de acentuación.
RU-Í-DO: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en vogal). Acentúase a segunda vogal
do hiato porque é tónica.
DI-ÚR-NAS: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en -s). Acentúase a segunda vogal
do hiato porque é tónica.
XU-ÍZ: non segue as regras xerais de acentuación (é aguda que non remata nin en -n(s), nin en -s nin en vogal).
Acentúase a segunda vogal do hiato porque é tónica.
RU-ÍN: segue as regras xerais de acentuación (é aguda rematada en -n). Acentúase a segunda vogal do hiato
porque é tónica.
LU-Í-SA: non segue as regras xerais de acentuación (é grave rematada en vogal).

Actividade nº 169

Pon os acentos que faltan nestas oracións.

• A Maria o que máis lle gustou do zoo foron os voitres e os camaleons.

• Despois da cea, Luis sentiu fame e tomou pan centeo con marmelada de framboesa.
• «Xa sabia eu que esta funcion ia ser unha ruina!», xemeu o director teatral entre bagoas.
• A avoa preparou para xantar bacallau á biscaiña e flan de amendoa.

Solución
A María o que máis lle gustou do zoo foron os voitres e os camaleóns.
Despois da cea, Luís sentiu fame e tomou pan centeo con marmelada de framboesa.
«Xa sabía eu que esta función ía ser unha ruína!», xemeu o director teatral entre bágoas.
A avoa preparou para xantar bacallau á biscaíña e flan de améndoa.

Actividade nº 170

Pon os acentos gráficos que lles faltan a estas oracións. Todos afectan a ditongos, tritongos ou hiatos.

Entre parénteses indicámosche cantos faltan en cada oración.

• Os muiños de vento dese parque eolico producen moita enerxia eléctrica. (3)
• O naufrago foi rescatado despois dunha semana nas augas do oceano Atlántico. (2)
• O profesor de Educacion Física chámase Luis Bieitez. (3)

Solución

89
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 171

Separa en sílabas estas palabras con ditongos e con hiatos. Despois xustifica por que levan acento gráfico ou non.

Ditongos
cirurxián - azuis - poliéster - ademais
andei - padiola - canción - acuático

Hiato
viúvo - rúa - océano - faraón
saída - teórico - destruír - perdoar

ci-rur-xián - Leva acento gráfico porque é unha palabra aguda rematada en -n (con ditongo crecente).

Solución
DITONGOS: a – zuis: non leva acento porque é aguda e remata en ditongo decrecente.
po – liés - ter: leva acento porque é grave rematada en consoante.
a – de – mais: non leva acento gráfico porque é aguda rematada en ditongo decrecente.
an – dei: non leva acento gráfico porque é aguda rematada en ditongo decrecente.
pa – dio – la: non leva acento porque é grave e remata en vogal.
can – ción: leva acento gráfico porque é aguda e remata en -n (con ditongo crecente).
a – cuá – ti – co: leva acento gráfico porque é esdrúxula.

HIATOS: vi – ú – vo: leva acento gráfico porque coinciden dúas vogais pechadas e a segunda é tónica.
rú – a: leva acento gráfico porque temos en contacto unha vogal aberta ou media e unha vogal pechada tónica.
o – cé – a – no: leva acento porque é esdrúxula.
fa – ra – ón: leva acento porque é aguda acabada en –n.
sa – í – da: leva acento porque temos en contacto unha vogal aberta ou media e unha vogal pechada tónica.
te – ó – ri – co: leva acento gráfico porque é esdrúxula.
des – tru – ír: leva acento gráfico porque coinciden dúas vogais pechadas e a segunda é tónica.
per – do – ar: non leva acento porque é aguda e remata en -r.

Actividade nº 172

Completa as oracións coas palabras correctamente acentuadas.

• A (avoa / avóa) . . . . . . . . . . . está a buscar (petróleo / petroleo) . . . . . . . . . . . na horta cunha perforadora (

hidraulica / hidráulica) . . . . . . . . . . . .
• O señor (Bieitez / Biéitez) ........... vai a (miudo / miúdo) ........... a (Suiza / Suíza) . . . . . . . . . . . para gozar da
neve.
• Din que o lume se (iniciou / inicióu) . . . . . . . . . . . por un (curtocircuito / curtocircuíto) . . . . . . . . . . . .
• Había tanto (ruido / ruído) . . . . . . . . . . . no cuarto que non fun quen de (oir / oír) . . . . . . . . . . . nada do que me (
dician / dicían) . . . . . . . . . . . .

90
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• (Anunciousenos / Anuncióusenos) ........... un atraso no (voo / vóo) . . . . . . . . . . . por problemas no tránsito (

aereo / aéreo) . . . . . . . . . . . .
• Non, grazas. Non quero (caracois / caracóis) . . . . . . . . . . . , danme (nauseas / náuseas) . . . . . . . . . . . .

Solución
avoa, petróleo, hidráulica, Biéitez, miúdo, Suíza, iniciou, curtocircuíto, ruído, oír, dicían, anuncióusenos, voo, aéreo,
caracois, náuseas.

Actividade nº 173

Cal é a serie correctamente acentuada?:

a. Animais, azuis, saúde, ría, ruín, miúdo, sociais, bidueiro.

b. Animáis, azuis, saúde, ría, ruín, miúdo, sociais, bidueiro.
c. Animais, azuis, saúde, ría, ruín, miúdo, sociáis, bidueiro.

Solución
a. Animais, azuis, saúde, ría, ruín, miúdo, sociais, bidueiro.

Actividade nº 174

Fíxate en cando se acentúan ou non estas palabras e escribe outro exemplo para cada caso.

91
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Resposta aberta.

Actividade nº 175

Completa estas oracións coas palabras axeitadas, que van ao final entre parénteses.

• O vindeiro mes comezarán a arranxar . . . . . . . . . . . . estrada que vai . . . . . . . . . . . . praza. (a/á)

• . . . . . . . . . . . . máis ordenado! . . . . . . . . . . . . non foses tan atrapallado, habíalo atopar. (se/sé)
• Non . . . . . . . . . . . . preocupedes, que . . . . . . . . . . . . non tedes culpa ningunha. (vos/vós)
• Xoana . . . . . . . . . . . . a curmá máis nova de Branca . . . . . . . . . . . . Luís. (e/é)
• Se . . . . . . . . . . . . comigo, amósoche o miradoiro e así . . . . . . . . . . . . a paisaxe desde arriba. (ves/vés)

92
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Iso pasou hai moitos anos, cando eu . . . . . . . . . . . . estudar . . . . . . . . . . . . de Galicia. (fora/fóra)

• Din que van precisar . . . . . . . . . . . . fariña, . . . . . . . . . . . . eu creo que teñen abonda. (mais/máis)
• Meus pais sempre . . . . . . . . . . . . a Manuel cando el . . . . . . . . . . . . do traballo. (ven/vén)

Solución
O vindeiro mes comezarán a arranxar a estrada que vai á praza.
Sé máis ordenado! Se non foses tan atrapallado, habíalo atopar.
Non vos preocupedes, que vós non tedes culpa ningunha.
Xoana é a curmá máis nova de Branca e Luís.
Se vés comigo, amósoche o miradoiro e así ves a paisaxe desde arriba.
Iso pasou hai moitos anos, cando eu fora estudar fóra de Galicia.
Din que van precisar máis fariña, mais eu creo que teñen abonda.
Meus pais sempre ven a Manuel cando el vén do traballo.

Actividade nº 176

Pon neste texto todos os acentos diacríticos que lle faltan.

Solución

93
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 177

Completa as seguintes oracións coas palabras adecuadas de cada par.

Solución
Comprei no supermercado unha bola de pan. No billar, a bóla golpéase cun taco.
O cóndor ten unhas ás enormes. Estes libros son para as túas compañeiras.
Derrubou o inimigo cunha frecha da súa bésta. Ten coidado coa besta, pode darche un couce.
Buscan unha terra chá para facer a súa casa. Devólvelle a chaqueta a quen cha prestou.
Non te movas se queres saír ben na foto. Que prefires, tomar un té ou un café?
Xoán sempre vén esgotado do ximnasio. Expreseille o meu dó pola morte do seu pai.

Actividade nº 178

Copia estas oracións poñendo o acento diacrítico na palabra destacada que o necesite.

• Din que a nova ministra asistirá a inauguración.

• Por favor, Ana, se boa e indícalle a este turista onde está a se compostelá.
• Meu avó dixo que nos ensinaría a facer nos mariñeiros.
• Os paleontólogos din que os osos atopados nese depósito corresponden a uns grandes osos prehistóricos.
• Miguel colleu unha presa de caramelos e comeunos á presa.
• Gústame mais aquel reloxo, mais non podo compralo porque é moi caro.
• Lembro que aquel fora un día estraño: era o mes de xullo pero fora da casa ía moito frío.

94
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Din que a nova ministra asistirá á inauguración.
Por favor, Ana, sé boa e indícalle a este turista onde está a sé compostelá.
Meu avó dixo que nos ensinaría a facer nós mariñeiros.
Os paleontólogos din que os ósos atopados nese depósito corresponden a uns grandes osos prehistóricos.
Miguel colleu unha presa de caramelos e comeunos a toda présa.
Gústame máis aquel reloxo, mais non podo compralo porque é moi caro.
Lembro que aquel fora un día estraño: era o mes de xullo pero fóra da casa ía moito frío.

Actividade nº 179

Transforma estas oracións poñendo os verbos que están en pasado nas formas correspondentes do presente de
indicativo. Coida o uso do acento diacrítico.

• París era a cidade máis romántica do mundo.

• Viñeches ti só ao médico?
• Viches ben o partido na túa nova televisión?
• Cumpría que comezásemos axiña co traballo.
• Eles non viron as miñas chaves por ningures.
• Este coche sempre nos deu moitos problemas.
• Meu irmán viña en autobús todos os días.

Solución
París é a cidade máis romántica do mundo.
Vés ti só ao médico?
Ves ben o partido na túa nova televisión?
Cómpre que comecemos axiña co traballo.
Eles non ven as miñas chaves por ningures.
Este coche sempre nos dá moitos problemas.
Meu irmán vén en autobús todos os días.

Actividade nº 180

Completa este texto coas palabras entre parénteses axeitadas (sen e con acento diacrítico).

95
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A túa boa muller non está mal trazada mais non ten vida. Vós coidades que tedes todo feito cando debuxades
correctamente unha figura e poñedes cada cousa no seu sitio, segundo as leis da anatomía. Coloreades este
lineamento cun ton de carne conseguido anteriormente na vosa paleta coidando que obtedes un lado máis
escuro có outro, e porque mirades de cando en cando unha muller núa de pé sobre unha mesa, xa credes
copiar a natureza; imaxinades ser pintores e ter roubado o segredo a Deus...Bah! Para ser un gran poeta non
abonda con coñecer a fondo a sintaxe e non cometer faltas de ortografía! Mira a túa santa, Porbus! A primeira
vista semella admirable, pero con máis detención un decátase de que está pegada ao fondo da tea e que non se
pode rodear o seu corpo. Non é máis ca unha silueta que só ten un plano: ten a aparencia dun recorte, unha
imaxe que non sabería volverse nin cambiar de posición.

Actividade nº 181

Para que serve o acento diacrítico?:

a. Para diferenciar parellas de palabras que se escriben igual. O acento sempre o leva a palabra con vogal tónica ou
vogal aberta.
b. Para diferenciar parellas de palabras que se escriben igual. O acento sempre o leva a palabra con vogal átona ou
vogal pechada.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución

96
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Para diferenciar parellas de palabras que se escriben igual. O acento sempre o leva a palabra con vogal tónica ou
vogal aberta.

Actividade nº 182

Cal é a oración acentuada correctamente?:

a. Se me das un pouco máis de té, heiche aprender a facer uns nós moi feitos.
b. Se me dás un pouco máis de té, heiche aprender a facer uns nos moi feitos.
c. Se me dás un pouco máis de té, heiche aprender a facer uns nós moi feitos.

Solución
c. Se me dás un pouco máis de té, heiche aprender a facer uns nós moi feitos.

Actividade nº 183

Acentúa agora correctamente estas palabras.

esquecino da-la man fisico-quimico

eche moi bo ironicamente compreme a túa axuda
fisicamente hispano-marroqui paracaidas
socio-politico gardameta contaremo-la historia
mediodia mandarvolo loxicamente

Solución
1.ª columna: esquecino, éche moi bo, fisicamente, socio-político, mediodía.
2.ª columna: dá-la man, ironicamente, hispano-marroquí, gardameta, mandárvolo.
3.ª columna: físico-químico, cómpreme a túa axuda, paracaídas, contarémo-la historia, loxicamente.

Actividade nº 184

Rodea cun círculo a opción correcta de cada par.

balónman - balonmán camping - cámping

chófer - chofer comodamente - cómodamente
fácilmente - facilmente cortauñas - cortaúñas
deféndeo - defendeo reptil - réptil
héroe - heroe prepárovolo - preparovolo

Solución
PALABRAS CORRECTAMENTE ACENTUADAS: balonmán, chofer, facilmente, deféndeo, heroe, cámping,

97
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

comodamente, cortaúñas, réptil, prepárovolo.

Actividade nº 185

Engádelle ao verbo de cada oración o pronome átono e coida a acentuación gráfica da palabra resultante.

• Trasladaron hoxe. (se)

• El devolverá todo esta noite. (o)
• Golearon sen piedade. (vos)
• Trataron moi ben. (nos)
• Sentín falando no seu cuarto. (as)
• Antón levaba moitos anos. (che)
• Deixarán sen problema. (llelo)
• Soubemos moi tarde. (o)
• Presentan esta tarde. (vola)
• Perdoo sen rancores. (o)

Solución
Trasladáronse hoxe.
El devolverao todo esta noite.
Goleáronvos sen piedade.
Tratáronnos moi ben.
Sentinas falando no seu cuarto.
Antón levábache moitos anos.
Deixáranllelo sen problema.
Soubémolo moi tarde.
Preséntanvolo esta tarde.
Perdóoo sen rancores.

Actividade nº 186

Rodea cun círculo a opción correcta.

• Avariouse o termóstato - termostato da calefacción e pasamos un frío do demo.

• Esa amiga miña é campioa galega de triatlón - tríatlon.
• Nesas rochas atoparon uns petróglifos - petroglifos moi antigos.
• A habilidade do chofer - chófer evitou que o autobús tivese un accidente.
• O médico deume unha pomada para o acné - acne.
• A industria téxtil - textil dedícase á confección de roupa e outras teas.
• Un parasito - parásito é un organismo que sobrevive habitando dentro doutro ser vivo.
• Onte vin un documental sobre os pelicanos - pelícanos.

98
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Avariouse o termóstato da calefacción e pasamos un frío do demo.
Esa amiga miña é campioa galega de tríatlon.
Nesas rochas atoparon uns petróglifos moi antigos.
A habilidade do chofer evitou que o autobús tivese un accidente.
O médico deume unha pomada para o acne.
A industria téxtil dedícase á confección de roupa e outras teas.
Un parasito é un organismo que sobrevive habitando dentro doutro ser vivo.
Onte vin un documental sobre os pelicanos.

Actividade nº 187

Explica a diferenza de sentido entre as oracións de cada par.

Solución
NON DIXO QUE TIÑA: non afirmou que se tiña algo. NON DIXO QUÉ TIÑA: non dixo que obxecto posuía.
PREGÚNTALLE CANTO QUERE: pregúntalle todo o que quere. PREGÚNTALLE CÁNTO QUERE: pregúntalle qué
cantidade quere.
NON TEÑO QUE LER: non teño necesidade ou obriga de ler. NON TEÑO QUÉ LER. Non teño nada para ler.

Actividade nº 188

Subliña a palabra correcta de cada par e despois escribe oracións con elas. Consulta un dicionario se é preciso.

99
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Alvéolo. Alfil. Elite. Anódino. Travestí. Cardíaco. Vertixe. Traquea.

RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA. ORACIÓNS: Tivo un problema nas enxivas e inflamáronselle os alvéolos.
Perdeu un alfil de alabastro do seu xogo de xadrez.
Moitos dos que formaban parte da elite do deporte están procesados por dopaxe.
O personaxe da novela tiña un aspecto totalmente anódino.
Contoume Elia que traballara nun local de travestís.
O avó de Luís está no hospital por un problema cardíaco.
Aborrezo subir a lugares tan elevados porque teño problemas de vertixe.
Tivo moitos problemas de saúde e finalmente fixéronlle unha operación de traquea.

Actividade nº 189

Corrixe todos os erros que afectan á acentuación gráfica nestas oracións.

• Cál é o teu héroe de cómic favorito?

• Ese atleta ruso gañou cómodamente a proba de decatlón nas últimas olimpíadas.
• Él dixome que o fillo de César ten a rubeola.
• Asegurovolo: a nosa empresa terá superavit este ano.
• Qué tipo de música estás a escoitar últimamente?
• Soseguese, o chófer levarao axiña á súa casa.

Solución

100
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 190

Cal é a serie de palabras acentuada correctamente?:

a. Amálgama, gladíolo, atmosfera, acne, chofer, réptil, termóstato.

b. Amalgama, gladíolo, atmosfera, acne, chofer, réptil, termóstato.
c. Amálgama, gladíolo, atmosfera, acne, chófer, réptil, termóstato.

Solución
a. Amálgama, gladíolo, atmosfera, acne, chofer, réptil, termóstato.

Actividade nº 191

Sinala a opción correcta:

a. En galego son agudas: chofer, saharauí, sonar, radar, popurrí.

b. En galego son agudas: chofer, reptil, sonar, radar, popurrí.
c. En galego son agudas: chofer, saharauí, textil, radar, popurrí.

Solución
a. En galego son agudas: chofer, saharauí, sonar, radar, popurrí.

Actividade nº 192

Sinala a opción correcta:

a. En galego son graves: atmosfera, heroe, medula, chófer, pelicano, mísil.

b. En galego son graves: atmosfera, heroe, medula, sónar, pelicano, mísil.

101
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

c. En galego son graves: atmosfera, heroe, medula, parasito, pelicano, mísil.

Solución
c. En galego son graves: atmosfera, heroe, medula, parasito, pelicano, mísil.

Actividade nº 193

Sinala a opción correcta:

a. En galego son esdrúxulas: espécime, óboe, gladíolo, olimpíadas, páxaro, período.

b. En galego son esdrúxulas: espécime, óboe, gladíolo, olimpíadas, pelícano, período.
c. En galego son esdrúxulas: espécime, óboe, gladíolo, olimpíadas, zodíaco, período.

Solución
c. En galego son esdrúxulas: espécime, óboe, gladíolo, olimpíadas, zodíaco, período.

Actividade nº 194

Repara nestas oracións, nas que aparece o guión precedendo a 2ª forma do artigo. Anota a forma completa da palabra
que vai antes de cada guión: pode ser un verbo, un pronome tónico ou un pronome átono. Indica tamén en que letra
acaba esa palabra. Sigue o exemplo resolto.

A. Vou prepara-lo xantar. - preparar (remata en -r)

B. Facémo-los exercicios. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
C. Déuvo-la carta miña irmá? - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
D. El xa debe sabe-lo conto. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
E. Colléste-lo libro? - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
F. Pasade vó-las dúas. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
G. No coche iremos nó-los catro. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
H. Devolvéuno-los cartos onte. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
I. Quero lava-la cabeza. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
L. Hoxe vou coñece-los teus pais. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
M. Tróuxenlle-las revistas esta mañá. - . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

- Repara nas seguintes regras de uso do guión coa 2ª forma do artigo e asocia cada unha cos exemplos da
actividade anterior nos que se aplican.

Úsase o guión coa 2ª forma do artigo…

102
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
B: facemos (remata en -s) / C: vos (remata en -s) / D: saber (remata en -r) / E: collestes (remata en -s) / F: vós
(remata en -s) / G: nós (remata en -s) / H: nos (remata en -s) / I: lavar (remata en -r) / L: coñecer (remata en -r) /
M: lles (remata en -s).

- B: 1 / C: 2 / D: 1 / E: 1 / F: 3 / G: 3 / H: 2 / I: 1 / L: 1 / M: 2.

Actividade nº 195

Fai todas as segmentacións con guión posibles destas palabras coma se estivesen a final de liña. Sigue o exemplo
resolto.

Solución
Má-/goa.
Al-/gunhas, algu-/nhas.
Bei-/rarrúa, beira-/rrúa.

103
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Vi-/úva, viú-/va.
De-/silusión, des-/ilusión, desi-/lusión, desilu-/sión.
Es-/cornabois, escor-/nabois, escorna-/bois.
Re-/construír, recons-/truír, reconstru-/ír.
Non-/-fumador, non-fu-/mador, non-fuma-/dor.

Actividade nº 196

Escribe as palabras definidas. Todas elas levan guión.

• Antigo alumno dun centro educativo. - . . . . . . . .

• Deporte acuático que se practica entre dous equipos de nadadores que tratan de meter un balón na portaría do
equipo contrario. - . . . . . . . .
• Punto entre o norte e o nordeste. - . . . . . . . .
• Que foi conselleiro e agora non. - . . . . . . . .
• Mosca transmisora da enfermidade do sono. - . . . . . . . .

Solución
ANTIGO ALUMNO DUN CENTRO EDUCATIVO: ex-alumno.
DEPORTE ACUÁTICO QUE SE PRACTICA ENTRE DOUS EQUIPOS DE NADADORES QUE TRATAN DE METER
UN BALÓN NA PORTARÍA DO EQUIPO CONTRARIO: wáter-polo.
PUNTO ENTRE O NORTE E O NORDESTE: nor-nordeste.
QUEN FOI CONCELLEIRO E AGORA NON: ex-concelleiro.
MOSCA TRANSMISORA DA ENFERMIDADE DO SONO: tse-tse.

Actividade nº 197

Transforma estas oracións poñendo, con guión, a 2ª forma do artigo en lugar da 1ª. Presta tamén atención á
acentuación gráfica.

• Aparcaches o coche nesta rúa todos os días?

• Vou comprar a fariña para facermos as empanadas.
• Sodes vós os tres os encargados de traernos as caixas de froita.
• Coñeces a rapaza que está a pasear os cans?
• Enfadeime porque vós non dixestes a verdade.
• Déronvos as camisetas? Pois agora tedes que ir buscar o balón.

Solución
Aparcáche-lo coche nesta rúa tódolos días?
Vou compra-la fariña para facérmo-las empanadas.
Sodes vó-los tres os encargados de traérno-las caixas de froita.
Coñéce-la rapaza que está a pasea-los cans?

104
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Enfadeime porque vós non dixéste-la verdade.

Déronvo-las camisetas? Pois agora tedes que ir busca-lo balón.

Actividade nº 198

Sinala a serie de palabras ben divididas a final de liña:

a. ningun - ha, euro - peo, manan - ciais, imaxi - nación, aves - truz.
b. ningu - nha, euro - peo, manan - ciais, imaxi - nación, aves - truz.
c. ningu - nha, euro - peo, manan - ciais, imaxi - nación, a - vestruz.

Solución
b. ningu - nha, euro - peo, manan - ciais, imaxi - nación, aves - truz.

Actividade nº 199

Pon as comas que faltan nestas oracións.

• Rosa alumna de 2° da ESO fixo unha excelente exposición oral.

• Fun ao mercado e comprei mazás laranxas patacas tomates e cebolas.
• Os osos polares adoitan hibernar isto é pasan o inverno en estado de sono profundo.

Solución
Rosa, alumna de 2° da ESO, fixo unha excelente exposición oral.
Fun ao mercado e comprei mazás, laranxas, patacas, tomates e cebolas.
Os osos polares adoitan hibernar, isto é, pasan o inverno en estado de sono profundo.

Actividade nº 200

Reescribe este texto poñéndolle todos os puntos que necesite (coida tamén o uso das maiúsculas). Como axuda,
indicámosche cantos hai de cada tipo.

PUNTO E SEGUIDO: 7
PUNTO E Á PARTE: 2
PUNTO FINAL: 1

105
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Alba ten 13 anos. Ela ten catro irmáns; Luís, Paulo, Antón e Xoán. Alba é a maior e Xoán, o máis pequeno.
O pai de Alba é barbeiro. Estableceuse hai xa anos na cidade. O negocio vaille moi ben.
A nai traballa nun museo. Neste último ano tivo moito traballo. O señor Pereira, o director do museo, estivo enfermo,
por iso a nai de Alba tivo moitas máis responsabilidades no museo.

Actividade nº 201

Pon as comas que faltan nestas oracións.

• A ese motor fáltanlle pezas polo tanto non funcionará.

• Os ingredientes desta torta son fariña leite azucre ovos e chocolate.
• Esa pelota a de voleibol está desinchada.
• Afonso podes acompañarme?
• Segundo nos dixo Miguel a súa nai ten oitenta anos.
• Aquela árbore a máis alta é unha nogueira.
• Mónica Filipe Cristina e Paula non puideron vir á festa.
• Por favor Daniela non esquezas nada.
• Nova York 10 de abril do 2011.

Solución
A ese motor fáltanlle pezas, polo tanto, non funcionará.
Os ingredientes desta torta son: fariña, leite, azucre, ovos e chocolate.
Esa pelota, a de voleibol, está desinchada.
Afonso, podes acompañarme?
Segundo nos dixo Miguel, a súa nai ten oitenta anos.
Aquela árbore, a máis alta, é unha nogueira.
Mónica, Filipe, Cristina e Paula non puideron vir á festa.
Por favor, Daniela, non esquezas nada.
Nova York, 10 de abril do 2011.

Actividade nº 202

106
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Explica a diferenza de sentido entre estas oracións. Repara no uso da coma.

A. Non é verdade.
B. Non, é verdade.

C. Mentres durmía, Xoán marchou.

D. Mentres durmía Xoán, marchou.

E. Antón, ten calma.

F. Antón ten calma.

G. Os nenos que tiñan fame merendaron.

H. Os nenos, que tiñan fame, merendaron.

Solución
A: significa que é mentira. B: ratifica que si, que é verdade.
C: cando eu (ou el) estaba durmido, Xoán marchou. D: cando estaba durmido Xoán, alguén marchou.
E: dirixímonos a Antón para tranquilizalo. F: é unha afirmación sobre o carácter de Antón, que é un home
calmado.
G: só merendaron os nenos que tiñan fame, os outros non. H: merendaron todos os nenos porque tiñan fame.

Actividade nº 203

Que oración está ben puntuada?:

a. Frederico o marido da miña curmá, dixo que nos botaría unha man.
b. Frederico, o marido da miña curmá, dixo que nos botaría unha man.
c. Frederico o marido da miña curmá dixo que nos botaría unha man.

Solución
b. Frederico, o marido da miña curmá, dixo que nos botaría unha man.

Actividade nº 204

Pon en cada oco destas oracións punto e coma [;], dous puntos [:] ou puntos suspensivos […] segundo conveña.

107
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Quería preguntarche... Non sei... Podes deixarme cincocentos euros?
Os puntos cardinais son: norte, sur, leste e oeste.
El xa chegou; pero, de todas formas, non sei se estará aquí moito tempo.
Marta practica unha chea de deportes: piragüismo, tenis de mesa, esgrima, ciclismo…
Programei a limpeza para toda a semana: o luns, os baños; o martes, a cociña; o mércores, os cuartos…

Actividade nº 205

Indica que regra do uso de punto e coma se aplica en cada un destes enunciados.

• Mandoulles traballar a todos: a Iria, fregar a cociña; a Luís, facer as camas; a Sabela, varrer.
• Nós xa non confiamos en ti; polo tanto, non me veñas con contos.
• Despois de comer, cantar e bailar, decidimos ir durmir; fora un día moi longo.
• Traballamos coma tolos nese proxecto; non obstante, os resultados non foron os esperados.
• Ás cinco da madrugada aínda había luz no cuarto; seguramente, quedara durmido lendo.
• A chaqueta é azul; os pantalóns, grises; a camisa, branca; e o abrigo, negro.

Solución
MANDOULLES TRABALLAR A TODOS: A IRIA,
FREGAR A COCIÑA; A LUÍS, FACER AS CAMAS: A SABELA, VARRER: para separar partes dunha oración longa na
que xa hai comas.
NÓS XA NON CONFIAMOS EN TI; POLO TANTO, NON ME VEÑAS CON CONTOS: en oracións longas, diante de
conxuncións ou locucións conxuntivas como polo tanto.
DESPOIS DE COMER, CANTAR E BAILAR, DECIDIMOS IR DURMIR; FORA UN DÍA MOI LONGO: para separar
partes dunha oración longa na que xa hai comas.
TRABALLAMOS COMA TOLOS NESE PROXECTO; NON OBSTANTE, OS RESULTADOS NON FORON OS
ESPERADOS: en oracións longas diante de conxuncións como non obstante.
ÁS CINCO DA MADRUGADA AÍNDA HABÍA LUZ NO CUARTO; SEGURAMENTE, QUEDARA DURMIDO LENDO: en
oracións longas diante de conxuncións como non obstante, seguramente.
A CHAQUETA É AZUL; OS PANTALÓNS, GRISES; A CAMISA, BRANCA: E O ABRIGO, NEGRO: para separar os
elementos dunha enumeración cando estes xa inclúen comas.

108
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 206

Inclúe os dous puntos onde sexa necesario nestas oracións. Indica que regra seguiches en cada caso.

• Estimados señores
Pola presente carta comunicámoslles…

• O meu billete de lotaría acababa de saír premiado estoupei de alegría.

• En palabras de J. F. Kennedy «Non preguntes o que o teu país pode facer por ti, senón o que podes facer ti polo teu
país».
• As provincias galegas son A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
• O incesante tránsito de coches, o ruído das rúas e a polución todo me fai aborrecer a cidade.
• Foi o filósofo Descartes quen dixo «Penso, daquela existo».

Solución
ESTIMADOS SEÑORES: POLA PRESENTE COMUNICÁMOSLLE…: no encabezamento das cartas, despois do saúdo
inicial.
O MEU BILLETE DE LOTARÍA ACABA DE SAÍR PREMIADO: ESTOUPEI DE ALEGRÍA: para introducir unha
consecuencia do anterior.
EN PALABRAS DE J. F. KENNEDY: «NON PREGUNTES O QUE O TEU PAÍS PODE FACER POR TI, SENÓN O QUE
PODES FACER TI POLO TEU PAÍS»: para introducir unha cita de palabras textuais.
AS PROVINCIAS GALEGAS SON: A CORUÑA, LUGO, OURENSE E PONTEVEDRA: para iniciar unha enumeración.
O INCESANTE TRÁNSITO DE COCHES, O RUÍDO DAS RÚAS E A POLUCIÓN: TODO ME FAI ABORRECER A
CIDADE: para introducir unha consecuencia do anterior.
FOI O FILÓSOFO DESCARTES QUE DIXO: «PENSO, DAQUELA EXISTO»: para introducir unha cita de palabras
textuais.

Actividade nº 207

Pon os puntos suspensivos onde conveña nestoutras oracións. Explica as regras que seguiches.

• Si, xa sei Pero eu Que podo facer?

• Francia, Italia, Suíza Visitamos unha chea de países.
• Sentín un ruído estraño na escuridade, acendín a luz e era o gato!
• Con Marta podes falar de calquera tema: de cine, de deporte, de libros, de política
• Non sei Se cadra vou. Ou Se cadra Vai ser mellor que quede.
• Xa o di a canción: «Ondiñas veñen, ondiñas van».

Solución
SI, XA SEI… PERO EU… QUE PODO FACER?: para expresar un momento de dúbida ou vacilación.
FRANCIA, ITALIA, SUÍZA… VISITAMOS UNHA CHEA DE PAÍSES: para indicar que unha enumeración está
incompleta.
SENTÍN UN ESTRAÑO RUÍDO NA ESCURIDADE, ACENDÍN A LUZ… E ERA O GATO!: para introducir a idea de

109
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

suspense ou final inesperado.

CON MARTA PODES FALAR DE CALQUERA TEMA: de cine, de deporte, de libros, de política…: para indicar que
unha enumeración está incompleta ou inacabada.
NON SEI… SE CADRA VOU. OU… SE CADRA… VAI SER MELLOR QUE QUEDE: para expresar un momento de
dúbida.
XA O DI A CANCIÓN: «ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS […] VAN»: para indicar que se omitiu unha parte dun texto que
se transcribe literalmente.

Actividade nº 208

Sinala cal é unha das normas de uso do punto e coma:

a. Para separar os elementos dunha enumeración.

b. Para separar os elementos dunha enumeración cando xa existen comas.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
b. Para separar os elementos dunha enumeración cando xa existen comas.

Actividade nº 209

Pon as parénteses e as comiñas que faltan nestas oracións.

• O sábado multáronme en Coimbra Portugal. Ao ver aquel papeliño, púxenme moi alegre!
• Foi Mahatma Gandhi 1869-1948 quen dixo: Non hai camiños para a paz; a paz é o camiño.
• Onte lemos o relato Un saxo na néboa do libro de Manuel Rivas Que me queres, amor? Ed. Galaxia.
• Un profesor de FP Formación Profesional pediu crêpes, pero eu díxenlle que aquí se chaman filloas.

Solución
O sábado multáronme en Coimbra (Portugal). Ao ver aquel papeliño, púxenme moi «alegre»!
Foi Mahatma Gandhi (1869-1948) quen dixo: «Non hai camiños para a paz; a paz é o camiño».
Onte lemos o relato «Un saxo na néboa» do libro de Manuel Rivas Que me queres, amor? (Ed. Galaxia).
Un profesor de FP (Formación Profesional) pediu «crêpes», pero eu díxenlle que aquí se chaman filloas.

Actividade nº 210

Le estas oracións e pon entre parénteses as palabras ou enunciados que o necesiten.

• Convén consultardes o apartado da acentuación páxina 28.

• Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo Lugo.
• O decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia DOG.

110
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Esa película vinas mellores dirixiuna Almodóvar.

• A UE Unión Europea axiña admitirá novos países membros.
• Recoméndoche o libro de Lola Gándara titulado A escura luz do Tíber Ed. Rodeira.

Solución
Convén consultardes o apartado da acentuación (páxina 28).
Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo (Lugo).
O decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Esa película (vinas mellores) dirixiunas Almodóvar.
A UE (Unión Europea) axiña admitirá novos países membros.
Recoméndoche o libro de Lola Gándara titulado A escura luz do Tíber (Ed. Rodeira).

Actividade nº 211

Le estas oracións e pon entre comiñas as palabras ou enunciados que o precisen.

• Foi Vicente Risco quen dixo: Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno sexa, máis terra precisará.
• En francés, casa dise maison.
• O estafador recoñeceu o seu delito e dixo que el sempre fora moi bo nos seus negocios.
• Que che custou 100 euros! E onde compraches ese dicionario tan barato?
• As súas palabras exactas foron: Vaiche boa!
• Deseguido escoitaremos o último hit do grupo que encabeza a lista de vendas.

Solución
Foi Vicente Risco quen dixo: «Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno sexa, máis terra
precisará».
En francés, casa dise «maison».
O estafador recoñeceu o seu delito e dixo que el «sempre fora moi bo nos seus negocios».
Que che custou 100 euros? Onde compraches ese dicionario tan «barato».
As súas palabras exactas foron: «Vaiche boa!».
Deseguido escoitaremos o último «hit» do grupo que encabeza a lista de vendas.

Actividade nº 212

Sinala unha das normas de uso das comiñas:

a. Para introducir un inciso ou aclaración.

b. Para reproducir citas, é dicir, as palabras textuais de alguén.
c. Para dotar o texto de maior expresividade.

Solución
b. Para reproducir citas, é dicir, as palabras textuais de alguén.

111
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 213

Indica a que sección do xornal asocias estes títulos de noticias reais.

• Cinco equipos nutren a selección galega de fútbol afeccionado. - . . . . . . . . . . . . .

• A morosidade do crédito financeiro sobe ao 5,6 por cento. - . . . . . . . . . . . . .
• As obras da autovía de Vigo a Pontevedra comezan este ano. - . . . . . . . . . . . . .
• Dimiten varios ministros pola composición do novo Goberno en Tunisia. - . . . . . . . . . . . . .
• A Xustiza catalá suspende a prohibición do burka en Lleida. - . . . . . . . . . . . . .
• Agárdase unha xornada de ceos anubrados ou moi anubrados con chuvias febles. - . . . . . . . . . . . . .
• Luís Tosar e Rodrigo Cortés, candidatos galegos aos Goya 2011. - . . . . . . . . . . . . .

Solución
Cinco equipos nutren a selección galega de fútbol afeccionado: DEPORTES.
A morosidade do crédito oficial sobe ao 5,6 por cento: ECONOMÍA.
As obras da autovía de Vigo a Pontevedra comezan este ano: GALICIA.
Dimiten varios ministros pola composición do novo Goberno en Tunisia: INTERNACIONAL.
A Xustiza catalá suspende a prohibición do burka en Lleida: ESTATAL.
Agárdase unha xornada de ceos anubrados ou moi anubrados con chuvias febles: METEOROLOXÍA.
Luís Tosar e Rodrigo Cortés, candidatos galegos aos Goya 2011: CULTURA.

Actividade nº 214

Le este texto e indica, con exemplos, como se reflicten nel os trazos propios da linguaxe xornalística.

112
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
SINTAXE SINXELA: "Ao acto asistiron o rei Juan Carlos, a ministra de Defensa, Carme Chacón, o presidente da Xunta,
Alberte Núñez Feixóo, e o presidente de Navantia, Aurelio Martínez.", "O monarca presidiu o acto de entrega oficial do
novo barco da Armada, un buque de proxección estratéxica."
VOCABULARIO CLARO E COMPRENSIBLE: estaleiro, acto, dimensións, capacidade, proxección, operación.
SINÓNIMOS: buque, nave, barco.
VERBOS EN INDICATIVO: foi, asistiu, presidiu, recibimos, definiu.

Actividade nº 215

Elixe a opción que completa correctamente cada enunciado.

• O plano cinematográfico no que hai unha maior aproximación ao elemento filmado chámase...
A. panorámica. B. plano de detalle. C. primeiro plano

• A serie de escenas filmadas que constitúen unha unidade narrativa dentro do filme denomínase...
A. secuencia. B. canle. C. cámara lenta.

113
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• O contrapicado é un recurso fílmico que busca engrandecer os elementos filmados. Para isto ofrece unha
visión deles desde...
A. un ángulo inferior. B: un ángulo superior. C: atrás.

• Os primeiros filmes de ficción, como O caso Dreyfus (1899) ou Viaxe á lúa (1902) foron obra de...
A. os irmáns Lumière. B: Chano Piñeiro. C: Georges Méliès.

Solución
O plano cinematográfico...: B (plano de detalle).
A serie de escenas...: A (secuencia).
O contrapicado é...: A (un ángulo inferior).
Os primeiros filmes...: C (Georges Méliès).

Actividade nº 216

Sinala en cales das seguintes situacións se fai necesaria unha acta de reunión e en cales non. Razoa a túa resposta.

A. Un grupo de amigos decide se van á praia ou ao cine.

B. Os directivos dunha grande empresa xúntanse para decidir o lanzamento dun novo produto.
C. Os propietarios dos pisos dun edificio reúnense para aprobar a reparación do tellado.
D. Os clientes asiduos dun bar determinan que partido prefiren ver na televisión.

Solución
A: non.
B: si.
C: si.
D: non.

Actividade nº 217

Ordena numericamente estas partes dunha acta de reunión segundo a posición que deben ocupar neste tipo de
documento.

…. Anexos
…. Acordos
…. Título
…. Fórmula final
…. Asistentes
…. Lugar e data
…. Peche
…. Deliberacións
…. Orde do día

114
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: Título.
2: Lugar e data.
3: Asistentes.
4: Orde do día.
5: Deliberacións.
6: Acordos.
7: Fórmula final.
8: Peche.
9: Anexos.

Actividade nº 218

Clasifica estes marcadores textuais segundo o seu tipo.

velaquí - tamén - particularmente - en canto a

- Introduce os marcadores anteriores nos ocos adecuados deste texto didáctico-expositivo.

O prezo da tarifa eléctrica subiu un 10% con respecto ao 2010 ......... non será a última vez que aumente. Os
consumidores poden reducir a súa factura cuns cantos consellos para gastaren menos enerxía. O peto agradecerao, e
......... o medio natural. ......... algunhas destas recomendacións.

Tras o frigorífico, o televisor é o electrodoméstico que máis enerxía consome. Os televisores planos, ........., son uns
grandes 'vampiros enerxéticos": en modo stand by 'chupan' enerxía as 24 horas do día, aínda que estean apagados, e
isto equivale ata o 15% do seu gasto en funcionamento.

......... os ordenadores, pódese facer un uso máis ecolóxico deles: apagar o monitor se non se vai usar en máis de 20
minutos e todo o PC se é que non se vai empregar máis de dúas horas.

Os pequenos electrodomésticos que producen calor (.........: o ferro de pasar, a torradora ou o secador do pelo) dan
lugar a consumos importantes. Convén reducir no posible o seu uso e aproveitalos ao máximo. ......... aparellos como
abrelatas, espremedores ou teléfonos, pódense utilizar os manuais sen electricidade para lograr a mesma función.

http://revista.consumer.es/web/ga/20110301/economia_domestica/75922.php

Solución

115
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

ADITIVOS: e, tamén. PRESENTATIVOS: velaquí. EXEMPLIFICADORES: particularmente, por exemplo.

TEMATIZADORES: no tocante a, en canto a.

ORDE DOS MARCADORES NO TEXTO: e, tamén, velaquí, particularmente, no tocante a, por exemplo, en canto
a.

Actividade nº 219

A biografía é o relato da vida dunha persoa. Formalmente estes textos caracterízanse por que seguen a orde
cronolóxica e os verbos adoitan estar en pasado.

— Ordena os seguintes parágrafos e poderás coñecer a biografía do famoso químico sueco Alfred Nobel (1833-1896).

A. Algúns anos máis tarde trasladouse a París e en 1881 montou en Sant-Sevran un laboratorio, onde realizou
traballos para a mellora das dinamitas. Finalmente, en 1890, trasladouse a San Remo, onde morreu seis anos
despois.

B. En 1863 empezou a fabricar nitroglicerina nun laboratorio que instalara en Heleneborg (preto de Estocolmo),
o cal foi destruído meses despois por unha explosión na que faleceu seu irmán máis novo, Emil.

C. Mentres tanto, seguiu a estudar os explosivos: primeiro creou a «pólvora dinamita» e logo, en 1875, a
«dinamita goma».

D. Fixo os seus estudos en San Petersburgo, onde seu pai dirixía uns estaleiros navais, e posteriormente, aos
26 anos, regresou á súa cidade natal. Desde entón comezou a estudar o uso da nitroglicerina como explosivo.

E. Naceu en Estocolmo no ano 1833.

F. Dous anos máis tarde instalou unha nova fábrica en Vintervinken (Suecia) e deseguido, outra preto de
Hamburgo (Alemaña).

G. No seu testamento (datado o 27 de novembro de 1895 e aberto en Estocolmo o 30 de decembro de 1896)

dispuxo que toda a súa fortuna se destinase á concesión de cinco premios anuais, co fin de recompensar os
benfeitores da humanidade. A renda estaba dividida en cinco partes iguais, que foron adxudicadas do seguinte
modo: para empezar, as tres primeiras partes debían ser para as persoas que en Física, Química, Fisioloxía ou
Medicina efectuasen o descubrimento ou o invento máis importante; en segundo lugar, a cuarta parte da renda
debía ser destinada á persoa que nas Letras producise a obra inspirada polo ideal máis nobre e máis sincero;
por último, a quinta parte sería para a persoa ou entidade cuxa actividade fose máis intensa e mellor en prol da
fraternidade dos pobos, da supresión ou diminución dos exércitos permanentes e da constitución ou
propagación dos congresos da paz.

116
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

- Un dos trazos que lles dá cohesión aos textos narrativos, como a biografía, son os conectores secuenciadores.
Identifica os conectores do texto anterior e clasifícaos en temporais e ordinais.

Solución
- E, D, B, F, C, A, G.

- Conectores temporais: posteriormente, desde entón, uns meses despois, dous anos máis tarde, deseguido,
mentres tanto, logo, algúns anos máis tarde.
Conectores ordinais: primeiro, finalmente, para empezar, en segundo lugar, por último.

Actividade nº 220

Localiza neste texto exemplos dos trazos propios dunha biografía. Emprega a táboa que che ofrecemos.

Francisco Añón Paz, un dos precursores do noso Rexurdimento, naceu en 1812 na aldea de Boel, pertencente ao
concello da Serra de Outes, onde transcorrerían os seus primeiros anos de vida.
En 1829, ingresou no Seminario compostelán, onde estudou Filosofía e Teoloxía, mais, despois de cinco anos de
formación teolóxica, acabou por abandonar o centro e decidiuse entón a cursar Xurisprudencia, estudos nos que se
licenciaría en 1843. Ao mesmo tempo iniciou a súa relación co movemento provincialista e o seu labor como poeta e
xornalista. Por eses anos comezou a escribir e publicar poemas, algúns deles en galego. Foi membro da Academia
Literaria de Santiago.
En 1846, tras os acontecementos revolucionarios, marchou para Lisboa. Catro anos máis tarde partía do país veciño
rumbo a Francia e Italia como secretario dun lord inglés. Deseguido instalouse en Sevilla, onde impartiu aulas de
francés e italiano e continuou o seu labor como escritor e xornalista.
Desde a capital española retomou o seu contacto co país galego (que visitaría en varias ocasións) e participou nos
primeiros Xogos Florais de Galicia, celebrados na Coruña en 1861. Curros Enríquez converteuno en protagonista de O
divino sainete pola loanza do progreso e o ton anticlerical dalgún dos seus textos.

117
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Foi presidente honorífico de Galicia Literaria e traballou no Ministerio de Graza e Xustiza.

Despois de ser cesado no seu posto de oficial de arquivos en 1873, Añón viviu os seus últimos anos marcado
pola miseria e a doenza. Finalmente, faleceu en 1878 en Madrid a causa dun cancro, sen poder ser enterrado na
Galiza por ninguén ter corrido cos gastos do translado. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1966.

Solución
ORDE CRONOLÓXICA: 'naceu en 1812', 'no que se licenciaría en 1843', 'En 1846, tras os', 'celebrados na
Coruña en 1861', 'de arquivos en 1873', 'faleceu en 1878', 'Día das Letras Galegas en 1966'
VERBOS EN PASADO: naceu, ingresou, estudou, iniciou, marchou, participou, retomou, faleceu...
CONECTORES TEMPORAIS E ORDINAIS: despois de, entón, ao mesmo tempo, tras, máis tarde, deseguido,
despois de, finalmente...

Actividade nº 221

Identifica o nome das partes desta instancia sinaladas con números.

118
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
1: Datos persoais do/a solicitante
2: Exposición de motivos
3: Fórmulas fixas
4: O que se solicita
5: Data e sinatura
6: Destinatario

Actividade nº 222

Responde razoadamente estas preguntas.

A. En cal destes tipos de subxéneros xornalísticos se encadra a entrevista: de información, de opinión ou

mixtos? Por que?
……………………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………….…

B. O corpo é unha das partes da estrutura dunha entrevista. Cal é o seu contido?

119
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

……………………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………….…

C. Atendendo ao seu contido, que tipos de entrevistas existen? En que consisten?

……………………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………….…

Solución
A: Encádrase nos subxéneros mixtos xa que combina información obxectiva e opinións subxectivas
(normalmente do entrevistado).
B: O seu contido é a transcrición das preguntas e respostas entre entrevistador/a e entrevistado/a.
C: Entrevista informativa (opinións e comentarios sobre temas xerais), entrevista de personalidade (arredor da
vida persoal e forma de ser do entrevistado/a), entrevista mixta (combina os dous tipos anteriores).

Actividade nº 223

Describe as fases de orixe e formación do galego e despois clasifica as seguintes palabras segundo a etapa á que
correspondan.

leite - frecha - fiestra - croio - xinete - amorodo

Solución
LINGUAS DE SUBSTRATO: No noroeste peninsular foron asentándose desde a Idade de Pedra distintos pobos coa
súa cultura e a súa lingua, dos cales temos hoxe poucos datos concretos. Sabemos, iso si, que algúns dos últimos en
chegar (entre o ano 1000 e o 600 a. C.) foron pobos celtas, procedentes do centro de Europa. Parece que a maior
influencia destas linguas prerromanas no galego actual está no léxico; especialmente con topónimos e palabras
relacionadas coa natureza. PALABRAS: croio, amorodo. / ROMANIZACIÓN: LATÍN: O proceso de colonización
romana da Gallaecia durou desde o ano 137 a. C. ata o 19 a. C. Despois de conquistaren estas terras, a forma
de vida, a cultura e a lingua latinas acabaron impoñéndose pouco a pouco. Polo século V, o latín xa fora
adoptado por toda a poboación. Este latín constitúe hoxe a base da lingua galega: morfoloxía, léxico, sintaxe…
PALABRAS: leite, fiestra. / LINGUAS DE SUPERESTRATO: Linguas xermánicas: A comezos do século V,
distintos pobos xermanos destruíron o Imperio Romano e asentáronse no seu territorio. Á Gallaecia chegaron

120
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

primeiro os suevos e logo os visigodos. Estes pobos adoptaron a lingua latina e os seus idiomas
desapareceron, deixando só algunhas contribucións no léxico: topónimos, voces relacionadas coa vida
militar… Árabe: No ano 711, os árabes comezan a conquista da Península. Aínda que a ocuparon case por
completo, a súa presenza en Galicia foi moi breve. Moitos dos arabismos que hoxe posuímos chegáronnos a
través do portugués ou do castelán. PALABRAS: frecha (linguas xermánicas), xinete (árabe).

Actividade nº 224

Relaciona estas voces galegas co seu étimo. Ten en conta que as que non o teñan son palabras prerromanas de orixe
descoñecida. Despois clasifícaas na táboa.

ataúde - burato - xogar - guerra - rodaballo - roupa

ouro - bando - abella - arrabalde - néboa - cenoria

werra (ling. xerm.) - . . . . . . . . auru (latín) - . . . . . . . .

iocari (latín) - . . . . . . . . arrabá (árabe) - . . . . . . . .
attabút (árabe) - . . . . . . . . apicula (latín) - . . . . . . . .
safunnarya (árabe) - . . . . . . . . bandwi (ling. xerm.) - . . . . . . . .
raupa (ling. xerm.) - . . . . . . . . nebula (latín) - . . . . . . . .

Solución
WERRA (ling. xerm.): guerra.
IOCARI (latín): xogar.
ATTABÚT (árabe): ataúde.
SAFUNNARYA (árabe): cenoria.
RAUPA (ling. xerm.): roupa.
Auru(latín): ouro.
ARRABÁ (árabe): arrabalde.
APICULA (latín): abella.
BANDWI (ling. xerm.): bando.
NEBULA (latín): néboa.
SUBSTRATO: burato, rodaballo.
LATÍN: néboa, abella, ouro, xogar.
SUPERESTRATO: LINGUAS XERMÁNICAS: guerra, roupa, bando.
ÁRABE: ataúde, arrabalde, cenoria.

121
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 225

Crea un esquema no que representes as etapas de orixe e formación da lingua galega: linguas de substrato,
romanización (latín) e linguas de superestrato (xermánicas e árabe). Debes indicar tamén referencias dos
séculos que abrangue cada período.

— Sitúa no esquema estas voces galegas segundo a etapa e a lingua da que procedan.
azucre - rodaballo - can - ataúde - laxe - leite - guerra

Solución
FORMACIÓN DA LINGUA.
1.- Lingua de substrato (XX a. C.- I a. C): linguas anteriores á chegada do latín (rodaballo, laxe).
2.- Romanización (I a. C. - V d. C): despois da conquista militar, a lingua xunto cos modos de vida acaban
impoñéndose (can, leite).
3.- Linguas de superestrato (V d. C. - IX d. C.): linguas que se superpuxeron ao latín falado na Gallaecia; o
superestrato confórmano as linguas xermánicas e o árabe (guerra, azucre, ataúde).

Actividade nº 226

Que é unha lingua de substrato do galego?:

a. Unha lingua que se falaba no territorio galego antes da chegada dos romanos.
b. Unha lingua que se falaba no territorio galego despois da chegada dos romanos.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
a. Unha lingua que se falaba no territorio galego antes da chegada dos romanos.

Actividade nº 227

Que lingua constitúe a base do galego?:

a. O latín.
b. As linguas xermánicas.
c. O árabe.

Solución
a. O latín.

Actividade nº 228

122
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Cales son as linguas de superestrato do galego?:

a. Celta e linguas xermánicas.

b. Linguas xermánicas e latín.
c. Linguas xermánicas e árabe.

Solución
c. Linguas xermánicas e árabe.

Actividade nº 229

Que serie de palabras ten orixe latina?:

a. Can, lobo, porta, fiestra, Mondariz, Ourense, Claudia.

b. Can, lobo, porta, fiestra, Monforte, Ourense, Claudia.
c. Can, lobo, porta, fiestra, Monforte, Ourense, Carlos.

Solución
b. Can, lobo, porta, fiestra, Monforte, Ourense, Claudia.

Actividade nº 230

Que serie de palabras ten orixe árabe?:

a. Rábade, Sada, Fátima, alférez, xinete, azucre, aceite.

b. Allariz, Sada, Fátima, alférez, xinete, azucre, aceite.
c. Rábade, Sada, Fátima, alférez, xinete, agasallo, aceite.

Solución
a. Rábade, Sada, Fátima, alférez, xinete, azucre, aceite.

Actividade nº 231

Indica que lingua se falaba en Galicia entre os séculos IX e XIV. Describe tamén como era a súa situación
sociolingüística.

................................................................................................
............................................................
................................................................................................
............................................................

123
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
LINGUA: O galego-portugués (que recibe este nome porque era o mesmo idioma ao norte e ao sur do Miño). /
SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA: O galego-portugués era a lingua falada por toda a poboación, en calquera ámbito e
circunstancia. Era o idioma de reis, nobres, trobadores, artesáns, labregos…
Abranguía todos os usos orais (na rúa, na corte, na familia...) e escritos (literatura, documentos, tratados científicos...).
En definitiva, a nosa lingua gozaba de plena normalidade, unha situación que non se volvería dar desde aquela.

Actividade nº 232

Le detidamente este texto en galego medieval e escribe unha versión del en galego actual.

— Indica agora os trazos da nosa lingua medieval que recoñezas no texto, cos exemplos correspondentes.

Solución
TEXTO EN GALEGO ACTUAL: Na véspera de Pentecoste, foi moita xente a Camelot, xa que o rei trataba moi ben a
todo o mundo para que aquela corte fose tan alegre coma el. Así chegou unha doncela moi fermosa ao pazo, que
miraba por todas partes buscando a alguén e ao preguntarlle que desexaba, ela contestou que buscaba a Lançalot.
Amosáronllo e el ao vela abrazouna porque era unha das doncelas que máis quería a filla do rei Peles. Trazos do
galego medieval: PARA O -LL-, ÚSASE "LH": "filha". PARA O -Ñ- ÚSASE "NH": "companha". VOGAIS
NASAIS: "ua". CONSOANTES CON PRONUNCIAS E GRAFÍAS DIFERENTES ÁS ACTUAIS: "feze", "disse",
"viçosa". ALGUNHAS TERMINACIÓNS VERBAIS DIFERENTES ÁS ACTUAIS: "feze", "disse". PALABRAS QUE
HOXE XA DESAPARECERON: "guisadas", "ende".

124
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 233

En que século se separaron o galego e o portugués?:

a. XIII.
b. XIV.
c. XV.

Solución
b. XIV.

Actividade nº 234

Sinala a opción correcta:

a. O galego da Idade Media non tiña vogais nasais.

b. O galego da Idade Media tiña vogais nasais.
c. O galego da Idade Media só tiña vogais nasais.

Solución
b. O galego da Idade Media tiña vogais nasais.

Actividade nº 235

Sinala a opción correcta:

a. O galego da Idade Media tiña as mesmas consoantes que o de hoxe en día.

b. O galego da Idade Media tiña menos consoantes que o de hoxe en día.
c. O galego da Idade Media tiña consoantes con pronuncias e grafías diferentes ás actuais.

Solución
c. O galego da Idade Media tiña consoantes con pronuncias e grafías diferentes ás actuais.

Actividade nº 236

Indica se son certas (C) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. Transforma despois as falsas en certas.

A. O Tío Marcos da Portela, nado en 1876, foi o primeiro periódico monolingüe en galego. — ....

B. A Radio Galega, en 1984, foi a primeira emisora que comezou a emitir integramente en galego. — ....

125
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

C. O uso da lingua galega nos diarios de maior difusión supera en todos os casos o 25 %. — ....

D. Nos últimos anos desapareceron cabeceiras emblemáticas de prensa en galego: A Nosa Terra (prensa
escrita), Vieiros (Internet)... — ....

E. Segundo a Lei de Normalización Lingüística, o Goberno Galego só prestará apoio económico aos medios
que empreguen o galego de xeito habitual e progresivo e que sexan de titularidade pública. — ....

Solución
A: C.
B: F (A primeira emisora que emitiu integramente en galego foi Radio Fene).
C: F (Oscila só entre o 5,7 % e o 0,9 %).
D: C
E: F (Esta lei estipula que o Goberno Galego apoiará os medios de titularidade privada, xa que os públicos xa
teñen como lingua habitual o galego).

Actividade nº 237

Ofrece tres exemplos de usos sexistas da lingua e indica tamén formas de evitalos ou corrixilos.

USO SEXISTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . - USO NON-SEXISTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

........

Posible resposta: USO SEXISTA: Os homes teñen dereito a unha vivenda digna. - USO NON-SEXISTA: O ser humano
ten dereito a unha vivenda digna.
USO SEXISTA: Todos veciños se manifestaron ante a Casa do Concello. - USO NON-SEXISTA: Toda a veciñanza se
manifestou ante a Casa do Concello.
USO SEXISTA: O meu médico chámase María Castro. - USO NON-SEXISTA: A miña médica chámase María Castro.

Actividade nº 238

Transforma as seguintes oracións evitando o uso sexista da lingua.

• O presidente desta empresa chámase Xacinta Fernández.

• Os alumnos deben presentar as matrículas na oficina das secretarias.
• Os homes habitan a Terra desde hai milleiros de anos.

126
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Os interesados dirixiranse a Uxía Torres, a xefe de persoal.

• Algún dos presentes quere dicir algo? Os que teñan algo que dicir que falen agora.
• Os alumnos de terceiro da ESO examinaranse o vindeiro venres.
• Estou farto de escoitar que os mozos de hoxe están botados a perder.
• Os galegos, os cataláns e os madrileños deciden hoxe cos seus votos os seus alcaldes para os próximos catro anos.

Solución
A presidenta desta empresa chámase Xacinta Fernández.
O alumnado debe presentar as matrículas na secretaría.
O ser humano habita a Terra desde hai milleiros de anos.
Os interesados e interesadas dirixiranse a Uxía Torres, a xefa de persoal.
Alguén quere dicir algo? As persoas que teñan algo que dicir que falen agora.
O alumnado de terceiro da ESO examinarase o vindeiro venres.
Estou farto de escoitar que a mocidade de hoxe está botada a perder.
A cidadanía de Galicia, Cataluña e Madrid deciden hoxe cos seus votos os seus alcaldes e alcaldesas para os
próximos catro anos.

Actividade nº 239

Comenta como reflicten o sexismo estas definicións do dicionario. Fai despois nelas as correccións necesarias.

Cabeza.- Parte superior do corpo do home.

Telefonista.- Muller que ten ao seu cargo a recepción de chamadas telefónicas.
Alcaldesa.- Muller do alcalde.
Cabeza de familia.- Xefe dunha agrupación familiar, a efectos legais.

Solución
CABEZA.- Parte superior do corpo dos seres humanos.
TELEFONISTA.- Persoa que ten ao seu cargo a recepción de chamadas telefónicas.
ALCALDESA.- Muller que preside unha corporación local.
CABEZA DE FAMILIA.- Persoa que exerce a xefatura dunha agrupación familiar a efectos legais.

Actividade nº 240

Ofrece outras opcións para evitar o uso sexista da lingua nestas oracións.

• A cabeza é a parte superior do corpo do home.

• Todos os veciños son convocados á festa no pavillón de deportes.
• Uxía Lamela é capitán do equipo de baloncesto do seu colexio.

Solución
A cabeza é a parte superior do corpo do ser humano.

127
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Toda a veciñanza é convocada ás festas no pavillón de deportes.

Uxía Lamela é capitá do equipo de baloncesto do seu colexio.

Actividade nº 241

Le detidamente estes textos do Padre Sarmiento.

- Responde agora estas cuestións.

• Que relación teñen entre si os tres anteriores textos de Sarmiento?
• A que ámbitos sociais afectan as súas reivindicacións?
• Terían vixencia actualmente os seus comentarios? Por que?

Solución
QUE RELACIÓN TEÑEN ENTRE SI...?: Nos tres textos hai unha denuncia da situación do galego no século XVIII.
A QUE ÁMBITOS SOCIAIS...?: Os ámbitos sociais aos que afectan as súas reivindicacións son: o individual e de
relación persoal, o da liturxia e o do sistema escolar.
TERÍAN VIXENCIA ACTUALMENTE…?: Texto A: Si, ten vixencia, porque hoxe en día unha persoa galegofalante
pode expresar canto queira na súa lingua. TEXTO B: si, ten vixencia porque hoxe en día a Igrexa segue sen
utilizar o galego e menos con aquelas persoas que son monolingües en galego. TEXTO C: non ten vixencia

128
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

porque hoxe en día na escola non se castiga o uso do galego.

Actividade nº 242

Elixe a opción que completa correctamente cada enunciado.

• No século XVI a península Ibérica, na que se falaban unhas 7 linguas, dividíase en tres reinos: Coroa de Portugal,
Coroa de Castela e Coroa…
A. de Galicia B: de Aragón C: de León

• Desde o século XV, o galego viuse desprazado como lingua do poder e de maior prestixio polo…
A. latín. B: portugués. C: castelán.

• A extensión da castelanización a través do sistema escolar produciuse coa chegada dos Borbóns ao trono de
España no século…
A. XVI. B: XIX. C: XVIII.

• Entre os intelectuais ilustrados que no século XVIII reaccionaron contra a marxinación de Galicia estaban o
padre Feixoo e…
A. Rosalía de Castro. B: o padre Sarmiento. C: Eduardo Pondal.

Solución
No século XVI a península Ibérica…: B (de Aragón).
Desde o século XV, o galego…: C (castelán).
Entre os intelectuais …: B (o padre Sarmiento).

Actividade nº 243

Como se chama a época de decadencia na que entra o galego entre os séculos XV e XVIII?:

a. Séculos Decadentes.
b. Séculos Oprobiosos.
c. Séculos Escuros.

Solución
c. Séculos Escuros.

Actividade nº 244

Cal é a lingua que goza de maior prestixio durante os séculos XV-XVIII?:

129
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. O castelán.
b. O galego.
c. O portugués.

Solución
a. O castelán.

Actividade nº 245

Durante o século XVIII, quen reacciona contra a marxinación cultural e lingüística do noso país?:

a. Os eclesiásticos.
b. A nobreza.
c. Os intelectuais ilustrados.

Solución
c. Os intelectuais ilustrados.

Actividade nº 246

Sinala a opción correcta:

a. No galego dos séculos XV-XVIII desaparecen todas as vogais.

b. No galego dos séculos XV-XVIII desaparecen as vogais orais.
c. No galego dos séculos XV-XVIII desaparecen as vogais nasais.

Solución
c. No galego dos séculos XV-XVIII desaparecen as vogais nasais.

Actividade nº 247

Sinala a opción correcta:

a. No galego dos séculos XV-XVIII aparece a gheada e o seseo.

b. No galego dos séculos XV-XVIII aparece a gheada e o ceceo.
c. No galego dos séculos XV-XVIII aparece o ceceo e o seseo.

Solución
a. No galego dos séculos XV-XVIII aparece a gheada e o seseo.

130
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 248

Completa este esquema explicando que tres factores deron orixe ao Rexurdimento galego.

Solución
INFLUENCIA DO ROMANTICISMO: Movemento literario estendido por toda Europa e que amosaba grande interese
pola cultura e as linguas propias de cada comunidade.

HERDANZA DOS ILUSTRADOS DO SÉC. XVIII: Figuras intelectuais, como o padre Sarmiento ou o padre Feixoo,
deixaron a súa pegada: a defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

IDEOLOXÍA LIBERAL: En contraposición co absolutismo (conservadores), os liberais promoven a idea de progreso e a

modernización do Estado.

Actividade nº 249

Le este texto tirado do xornal O Tío Marcos da Portela (1876-1890), o primeiro en publicarse integramente en galego.

131
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

— Indica como se reflicten no texto estas ideas propias do galeguismo e do Rexurdimento.

• Reivindicación da nosa lingua. - . . . . . . . . . . . . . .
• Defensa da idea de progreso. - . . . . . . . . . . . . . .
• Exaltación do autóctono. - . . . . . . . . . . . . . .

— Tira tamén do texto algúns exemplos dos trazos da lingua deste período.

Solución
REIVINDICACIÓNS DE NOSA LINGUA: «falar o galego enxebre».
DEFENSA DA IDEA DE PROGRESO: «loitar pol-o noso adianto con entusiasmo e con fé».
EXALTACIÓN DO AUTÓCTONO: «vestir calzóns e monteira».
TRAZOS DA LINGUA DESTE PERÍODO NO TEXTO: APÓSTROFOS E GUIÓNS: «d o», «d airexa», «pol-o».
AUMENTO DOS CASTELANISMOS: «chino», «dolce»,«xusticia».
EXTENSIÓN DOS VULGARISMOS: «airexa», «soilo», «hastra».

Actividade nº 250

Que factores orixinaron o Rexurdimento?:

a. A influencia do Romanticismo e a herdanza dos ilustrados do século XVIII.

b. A influencia do Romanticismo, a herdanza dos ilustrados do século XVIII e a ideoloxía liberal.
c. A influencia do Romanticismo e a ideoloxía liberal.

132
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
b. A influencia do Romanticismo, a herdanza dos ilustrados do século XVIII e a ideoloxía liberal.

Actividade nº 251

Sinala a opción correcta:

a. Durante o século XIX, a situación do galego mellora substancialmente.

b. Durante o século XIX, a situación de conflito lingüístico do galego agrávase.
c. Durante o século XIX, a situación do galego mantense igual ca nos séculos precedentes.

Solución
b. Durante o século XIX, a situación de conflito lingüístico do galego agrávase.

Actividade nº 252

Sinala a opción correcta:

a. Durante o século XIX, aumentan os castelanismos no galego.

b. Durante o século XIX, diminúen os castelanismos no galego.
c. Durante o século XIX, o galego aínda non ten castelanismos.

Solución
a. Durante o século XIX, aumentan os castelanismos no galego.

Actividade nº 253

Durante o século XIX, publícanse…:

a. Os primeiros dicionarios en galego.

b. As primeiras gramáticas do galego.
c. As dúas opcións son correctas.

Solución
c. As dúas opcións son correctas.

Actividade nº 254

Define os conceptos de lingua minorizada e lingua dominante. Indica tamén exemplos de cada unha.

133
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• LINGUA MINORIZADA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / EXEMPLO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• LINGUA DOMINANTE: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / EXEMPLO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
LINGUA MINORIZADA: é a lingua propia dun territorio que ve limitado o seu uso e as súas funcións debido á influencia
dunha lingua dominante. EXEMPLO: o galego en Galicia.

LINGUA DOMINANTE: é a lingua allea a un territorio que vai ocupando neste o ámbito económico e político e os usos
cultos e formais e, á vez, despraza a lingua propia (lingua minorizada). EXEMPLO: o castelán en Galicia.

Actividade nº 255

Le atentamente este texto do sociolingüista Jesús Tusón.

134
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

— Sinala, apoiándote en palabras do texto, como se relacionan estes contidos con cada parágrafo.
• Linguas en contacto: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• Conflito lingüístico: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• Diglosia: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
LINGUAS EN CONTACTO: son aquelas linguas que comparten un mesmo territorio: "se dividimos este total polos
cento setenta estados en que está organizado o noso planeta, temos dezasete linguas por estado, como media"
CONFLITO LINGÜÍSTICO: prodúcese cando nun mesmo territorio se dá un contexto no que unha lingua dominante
coexiste cunha lingua minorizada: "hai linguas que se defenden por si soas", "cómpre insistir especialmente na defensa
das linguas ameazadas [...] das que non teñen á súa beira o poder dun estado e o prestixio da economía e o comercio
internacional ".

135
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

DIGLOSIA: trátase do uso desigual das dúas linguas, a lingua dominante úsase en contextos formais e de prestixio; a
minorizada úsase en contextos familiares e informais. "a nosa lingua é tan válida como calquera outra; [...] pode ser con
todo dereito, a lingua de expresión científica, económica, xurídica, educativa, artística e dos grandes medios de
comunicación e de lecer"

Actividade nº 256

Observade estes chistes gráficos do humorista Xosé Lois e comentade entre todos, razoadamente, a súa relación cos
conceptos de bilingüismo e de diglosia.

Solución
RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA.
A: O chiste amosa aparentemente unha situación de trilingüismo, pero no fondo reflicte unha clara
manifestación de diglosia, xa que no cartel da recepción do hotel úsase, de forma absurda, o castelán para
dicir que se fala galego; así, a nosa lingua non vale para igualarse ao inglés ou ao francés, e ademais é
substituída polo castelán (castelán, lingua dominante - galego, lingua minorizada).
B: A nai que fala no chiste, nunha actitude case esquizofrénica, varía de lingua dándolles unha función
diferente (diglosia): o galego válelle para falar coa amiga, pero non para falar co seu propio fillo (castelán,
lingua dominante - galego, lingua minorizada).

Actividade nº 257

Explica en que consiste o conflito lingüístico, o bilingüismo e a diglosia. Ofrece tamén exemplos.

136
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Conflito lingüístico: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / EXEMPLO: . . . . . . .

..................................................
• Bilingüismo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / EXEMPLO: . . . . . . . .
...................................................
• Diglosia: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / EXEMPLO: . . . . . . . .
...................................................

Solución
CONFLITO LINGÜÍSTICO: prodúcese cando nun mesmo territorio conviven dúas lingua en desigualdade; EXEMPLO:
caso de galego e castelán en Galicia.
BILINGÜISMO: implica o feito de falar dúas linguas indistintamente e cos mesmos valores e funcións; EXEMPLO:
alguén galegofalante, pero que tamén sabe falar castelán, contesta nesta lingua, a un turista de Salamanca.
DIGLOSIA: uso condicionado de dúas linguas nunha mesma sociedade: unha como lingua dominante e outra como
lingua minorizada; EXEMPLO: un galegofalante en Galicia que fala normalmente en galego, pero que reserva o
castelán para falar, por exemplo, co médico, cos nenos…

Actividade nº 258

Completa adecuadamente, cos seguintes conceptos, este esquema sobre a dinámica común das situacións de conflito
lingüístico.

normalización - conflito lingúístico – substitución

lingua minorizada - diglosia – lingua dominante

Solución

137
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 259

Le estes titulares de noticias e explica, coas túas palabras, que teñen en común.

A. Bq Avant, nace o primeiro lector de libros electrónicos en galego. (http://www.editoresgalegos.org, 6-4-2011)

B. Os Crebinsky, filme rodado en galego, castelán, inglés e alemán, recibe en Málaga o premio ao mellor guión
novel. (http://www.culturagalega.org, 4-4-2011)
C. Os restaurantes de Compostela están a levar a cabo un programa para animar e apoiar a galeguización no
seu sector. (http://www.iaga.com/concellosantiago/snl)
D. A Xunta destina máis de 860 000 euros a cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega. (El
Correo Gallego, 26-12-2003)
E. Lánzase en vídeo O DVD "Doraemon" e "Shin Chan" en galego. (Galicia Hoxe, 15-10-2003)
F. A Universidade de Santiago de Compostela poderá premiar con ata 300 euros os traballos da carreira
escritos en galego (La Voz de Galicia, 11-1-2011)

................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
................................................................................................
...........................................................................................

Clasifica, coas letras correspondentes, as anteriores iniciativas a prol da normalización do galego segundo
sexan non-institucionais ou institucionais.

138
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Resposta aberta.
Posible resposta: teñen en común que todas as noticias amosan diferentes tipos de iniciativas que buscan promover o
uso do galego en distintos niveis: no ensino, nos usos administrativos, nos medios audiovisuais, nos espectáculos... /
Iniciativas non-institucionais: A, B, C, E.
Iniciativas institucionais: D, F.

Actividade nº 260

Completa a definición de normalización lingüística poñendo estas palabras onde cumpra.

proceso - comunicación - vehículo

propia - familiares - comunidade

A normalización lingüística é o . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . mediante o cal unha . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . intenta

recuperar todos os usos da súa lingua . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . para que volva ser . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
normal de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . en calquera ámbito (nas relacións . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . , no ensino, nos
medios de comunicación, na Administración…).

Solución
A normalización lingüística é o proceso mediante o cal unha comunidade intenta recuperar todos os usos da súa
lingua propia para que volva ser vehículo normal de comunicación en calquera ámbito (nas relacións familiares
, no ensino, nos medios de comunicación, na Administración…).

Actividade nº 261

Indica que conceptos describen estas dúas definicións.

A. Proceso mediante o cal unha comunidade intenta devolver a súa propia lingua, en perigo, a unha situación
de normalidade, é dicir, que o seu uso sexa natural e espontáneo en todos os contextos: orais e escritos,
cultos e coloquiais, públicos e privados. — ...............

B. Elaboración dunhas normas ortográficas, gramáticas e dicionarios que sirvan de referencia común para

139
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

todos os falantes e habiliten a lingua para calquera uso (medios de comunicación, ensino, Administración...). —
...............

Solución
A: normalizacion lingüística.
B: normativización lingüística.

Actividade nº 262

Copia estas oracións corrixindo todas as interferencias do castelán que conteñen. Despois clasifícaas segundo sexan
ortográficas, morfolóxicas, léxicas ou sintácticas.

• Din que a nariz desa actriz vai a ser operada polo mellor cirurxiano plástico do país.
................................................................................................
...............................................
• O meu tío, o abogado, se mancou nun hombro e nunha rodilla naquel accidente da autopista.
................................................................................................
...............................................

Solución

Actividade nº 263

Substitúe o símbolo • pola letra axeitada, de ser preciso.

Solución
Ana coñeceu a súa parella na voda da miña irmá.
Esvarei no salón acabado de vernizar e rompín o úmero pero o médico dixo que non mo ía enxesar.
O avó non quere que leves o automóbil se bebes cervexas.

140
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 264

Localiza na sopa de letras as voces galegas que cómpre usar en lugar destes castelanismos.

*gusano - . . . . . . . *aceira - . . . . . . . *peatón - . . . . . .

*xunio - . . . . . . . *postre - . . . . . . . *mástil - . . . . . . .
*olvidar - . . . . . . . *almexa - . . . . . . . *tenedor - . . . . . . .

— Clasifica os castelanismos anteriores segundo sexan plenos ou adaptados.

Castelanismos plenos: . . . . . . Castelanismos adaptados: . . . . . .

Solución
Verme (transversal) / Xuño (vertical) / Esquecer (horizontal) / Beirarrúa (horizontal) / Sobremesa (horizontal) /
Ameixa (horizontal) / Peón (vertical) / Mastro. / Garfo (vertical)

CASTELANISMOS PLENOS: gusano, olvidar, postre, peatón, mástil, tenedor.

CASTELANISMOS ADAPTADOS: xunio, aceira, almexa.

Actividade nº 265

Indica que frases feitas galegas cómpre usar en lugar de cada expresión incorrecta. Despois crea oracións coas formas
boas.

INCORRECTO CORRECTO
A. Estar despistado. Ir ao miolo.
B. Ir freír espárragos. Ir a fume de carozo.
C. Ir ao gran. Non dar un chío.
D. Ir a toda pastilla. Andar nas patacas.
E. Non dicir nin mu. Ir muxir as galiñas.

Solución
A: Andar nas patacas.

141
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

B: Ir muxir as galiñas.
C: Ir ao miolo.
D: Ir a fume de carozo.
E: Non dar un chío.

Actividade nº 266

Localiza e corrixe as interferencias do castelán que conteñen estas oracións. Logo clasifícaas nunha táboa coma a
seguinte.

• A xogadora número vinteún meteu unha canasta triple a pesar do dor que tiña desde o hombro ata a muñeca.
• Me dixeron que os trovadores galegos tuveron moito prestixio entre os siglos XIII e XV.
• Creo que o árbitro lle vai a sacar a tarxeta roxa ao xogador que te deu unha patada no tobillo.

Solución

Actividade nº 267

Ofrece exemplos destes tipos de interferencias do castelán. Indica tamén a forma galega correcta en cada caso.

• FONÉTICAS: . . . . . . . . . . . . . • ORTOGRÁFICAS: . . . . . . . . . . . . . • MORFOLÓXICAS: . . . . . . . . . . . . . •

142
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

LÉXICAS: . . . . . . . . . . . . . • SINTÁCTICAS: . . . . . . . . . . . . .

Solución
RESPOSTA LIBRE.
POSIBLE RESPOSTA. FONÉTICAS: non pronunciación do «n» velar.
ORTOGRÁFICAS: *boda por voda, *hombro por ombro.
MORFOLÓXICAS: *a mel por o mel, *había dito por dixera.
LÉXICAS: *conexo por coello, *cuchillo por coitelo.
SINTÁCTICAS: *che cobrou de máis por cobrouche de máis. *saudouche por saudoute.

Actividade nº 268

Completa este esquema sobre as principais disciplinas dedicadas ao estudo da literatura.

Solución
DISCIPLINAS DEDICADAS AO ESTUDO DA LITERATURA: TEORÍA DA LITERATURA: describe os principios xerais
da literatura: xéneros, modalidades, recursos… CRÍTICA LITERARIA: analiza as obras literarias e ofrece valoracións e
críticas razoadas das mesmas. HISTORIA DA LITERATURA: estuda os movementos e períodos literarios ao longo do
tempo, tendo en conta o contexto histórico no que se desenvolven.

Actividade nº 269

Le estes textos e identifica, razoadamente, a que disciplina literaria corresponden.

143
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
TEXTO A: Teoría da literatura. No texto descríbese a expresión «Carpe Diem», cal é o seu significado literario e as
orixes deste tema en culturas anteriores á latina.
TEXTO B: Historia da literatura: no texto fálanos dunha etapa da literatura galega.
TEXTO C: crítica literaria. Neste artigo o autor presenta e opina sobre unha obra literaria.

Actividade nº 270

Asocia estas afirmacións cun período concreto da historia da literatura galega.

144
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
AS MANIFESTACIÓNS EN GALEGO SON ESCASAS: Os séculos escuros.
FOI UNHA DAS MÁIS PRÓSPERAS ETAPAS DA NOSA HISTORIA LITERARIA: A literatura medieval.
XURDIRON MOITAS ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E CULTURAIS COMPROMETIDAS CON GALICIA
(IRMANDADES DA FALA, PARTIDO GALEGUISTA...): Primeiro terzo do século XX.
COMEZA EN 1863 CANDO ROSALÍA DE CASTRO PUBLICA CANTARES GALLEGOS: O Rexurdimento.
CONSÉRVANSE UNS 2 000 TEXTOS POÉTICOS CHAMADOS CANTIGAS: Literatura medieval.
VIVIUSE UNHA FORTE REPRESIÓN E A ACTIVIDADE LITERARIA EN GALEGO DESENVOLVEUSE NO EXILIO: de
1936 a 1975.
CRÉANSE NUMEROSAS EDITORIAIS E PREMIOS LITERARIOS E APARECEN MOITOS AUTORES: literatura
actual.
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ E EDUARDO PONDAL ESCRIBEN NESTE PERÍODO: O Rexurdimento.

Actividade nº 271

Cal é a orixe das nosas cantigas medievais?

a. Unha combinación de elementos populares e cultos, estes últimos chegados de Provenza, a través do Camiño de
Santiago.
b. Popular.
c. Culta e procedente de Provenza a través do Camiño de Santiago.

145
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
a. Unha combinación de elementos populares e cultos, estes últimos chegados de Provenza, a través do Camiño de
Santiago.

Actividade nº 272

Le detidamente estas cantigas medievais, compáraas e completa os cadros inferiores.

146
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

147

Cantiga de Don Sancho I: TEMA: A rapaza expresa a súa pena pola tardanza do seu amigo. / XUSTIFICACIÓN
(PALABRAS DA CANTIGA): «¡Ai, eu, coitada! ¡Como vivo en gran cuidado por meu amigo que hei alongado!»
«meu amigo que tarda» «Muito me tarda» «¡Ai, eu, coitada! ¡Como vivo en gran desexo por meu amigo que
tarda e no vexo!» «Muito me tarda». VOZ: feminina. Cantiga de amigo

Cantiga de Xoán Nunes Camanes: TEMA: O poeta expresa o amor que sente pola dama pero, á vez, di que teme
falar con ela por medo a que esta se enfade con el. / XUSTIFICACIÓN (PALABRAS DA CANTIGA): «mas hei dela
tan gran pavor», «Diría-lhe eu de coraçón como me faz perder o sen o seu ben parecer, mais non ouso», «con
medo de se me asanhar e mi non querer pois falar». VOZ: masculina. Cantiga de amor

Actividade nº 273

Identifica nesta cantiga os seguintes recursos: paralelismo, leixaprén e refrán.

Solución
PARALELISMO: estrofa 1 - estrofa 2 («En Lixboa, sobre [...] senhor velida!»). LEIXAPRÉN: versos 2 e 7 («barcas
novas mandei lavrar»); versos 5 e 9 («barcas novas mandei fazer»). REFRÁN: versos 3, 6, 9 e 12 («ai, mia senhor
velida!»).

Actividade nº 274

Identifica xustificadamente a modalidade de cantiga de amigo á que se corresponden os seguintes exemplos.

148
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: mariña ou barcarola: a amiga diríxese ás ondas do mar e este convértese no interlocutor.
B: bailada: a amiga xunto con outras mozas bailan mentres agardan polo amigo.
C: cantiga de romaría: a amiga cita ao amigo na romaría de San Mamede.

Actividade nº 275

Le estas cantigas e fai un resumo en prosa de cada unha.

149
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

—Indica agora cal delas é de amigo e cal, de amor. Xustifica a túa resposta seguindo estas indicacións.

• Cantiga A: Tipo: . . . . . . . . . -Tema: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / Palabra clave: . . . . . . . . . / Voz: . . . . . . . . .

• Cantiga B: Tipo: . . . . . . . . . -Tema: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . / Palabra clave: . . . . . . . . . / Voz: . . . . . . . . .

Solución
A: TIPO: cantiga de amor de refrán. TEMA: o trobador expresa a súa coita de amor e mesmo fala de morrer.
PALABRA CLAVE: senhor. VOZ: masculina.
B: cantiga de amigo. TEMA: é unha mariña. A amiga espera ao amigo e queda illada polo mar. PALABRA
CLAVE: amigo. VOZ: feminina. A cantiga de Xoán García de Guilhade é de refrán. Ao longo das tres estrofas
repítense os dous últimos versos: "choran e cegan quando alguen non veen, e ora cegan por alguen que veen."
A cantiga 4 da Escolma de textos é de mestría. Non presenta refrán.

Actividade nº 276

Indica se nos seguintes fragmentos de cantigas de amor domina o tema da loanza da dama ou o da coita de amor.
Apoia a túa resposta en palabras dos textos.

150
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: TEMA: A COITA DE AMOR. «Ora non moiro, nin vivo,…», «coita de amor qual vos ora direi:».
B: LOANZA DA DAMA. «sodes tan poderosa», «mia senhor fremosa», «por mesura que en vós ha,».
C: LOANZA DA DAMA. «mas pos i prez e beldade e loor», «e falar mui ben, e riir melhor».
D: COITA DE AMOR. «Gran coita sofro e vou-a negando:», «en tan gran coita coita como hoje eu vivo».

Actividade nº 277

Le esta cantiga de amigo e resume brevemente, en prosa, o seu contido.

151
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

- Indica cal é a palabra clave do poema que permite identificar este tipo de cantigas.
- Define os recursos formais típicos das cantigas de amigo. Identifícaos despois con frechas no propio texto.

• Paralelismo:
...............................................................................................................................................................................................
.............................
• Refrán:
...............................................................................................................................................................................................
......................................
• Leixaprén:
...............................................................................................................................................................................................
..................................

Solución
RESUMO: unha moza chora a perda dun anel que fora regalo do seu amado.
PALABRA CLAVE: coma no resto das cantigas de amigo. A palabra clave é amigo (que aparece xa no verso 1).
RECURSOS PROPIOS DAS CANTIGAS DE AMIGO:
Paralelismo: dáse entre as estrofas 1ª e 2ª, e entre as estrofas 3ª e 4ª.
Refrán: o verso final de cada estrofa: "e choro eu, bela!".
Leixaprén: o verso 2ª da 1ª estrofa convértese no verso 1ª da 3ª estrofa; o verso 2ª
da 2ª estrofa é verso 1ª da 4ª estrofa.

Actividade nº 278

As cantigas medievais foron recompiladas...:

a. En arquivos.

152
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

b. En tres cancioneiros e varios pergamiños.

c. En xornais.

Solución
b. En tres cancioneiros e varios pergamiños.

Actividade nº 279

A lírica medieval galega divídese en:

a. Popular e profana.
b. Profana e relixiosa.
c. Relixiosa e popular.

Solución
b. Profana e relixiosa.

Actividade nº 280

A lírica profana divídese en...:

a. Cantiga de amigo, cantiga de amor e cantiga de escarnio e maldicir.

b. Cantiga de amigo, cantiga de amor, cantiga de escarnio e maldicir e xéneros menores.
c. Cantiga de amigo, cantiga de escarnio e maldicir e xéneros menores.

Solución
b. Cantiga de amigo, cantiga de amor, cantiga de escarnio e maldicir e xéneros menores.

Actividade nº 281

Na cantiga de amigo, a voz lírica é...:

a. Masculina.
b. Masculina e feminina.
c. Feminina.

Solución
c. Feminina.

Actividade nº 282

153
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Cal é a marca de xénero na cantiga de amigo?:

a. A palabra amigo.
b. A palabra amor.
c. A palabra señor.

Solución
a. A palabra amigo.

Actividade nº 283

Cales son os tipos de cantigas de amigo que hai?:

a. Mariñas e barcarolas.
b. Cantigas de romaría e bailadas.
c. Mariñas ou barcarolas, cantigas de romaría e bailadas.

Solución
c. Mariñas ou barcarolas, cantigas de romaría e bailadas.

Actividade nº 284

Cales son os recursos literarios habituais da cantiga de amigo?:

a. Paralelismo e refrán.
b. Refrán e leixaprén.
c. Paralelismo, refrán e leixaprén.

Solución
c. Paralelismo, refrán e leixaprén.

Actividade nº 285

Na cantiga de amor, a voz lírica é...:

a. Masculina.
b. Masculina e feminina.
c. Feminina.

Solución
a. Masculina.

154
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 286

Cal é a marca de xénero na cantiga de amor?:

a. A palabra amigo.
b. A palabra amor.
c. A palabra señor.

Solución
c. A palabra señor.

Actividade nº 287

Por que regras se rexen as cantigas de amor?:

a. Non se rexen por ningunha regra.

b. Polas regras do amor cortés.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
b. Polas regras do amor cortés.

Actividade nº 288

Cales son os temas máis recorrentes nas cantigas de amor?:

a. A coita ou pena de amor.

b. A loanza da dama.
c. As dúas opcións son correctas.

Solución
c. As dúas opcións son correctas.

Actividade nº 289

Le estes fragmentos de cantigas medievais e indica a que xénero ou modalidade corresponden. Xustifica a túa
resposta.

155
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
O FRAGMENTO A é dunha pastorela, xénero menor da lírica medieval no que se relataba o encontro, nun
espazo natural, entre un cabaleiro-trobador e unha pastora («pastor», v. 2). Neste caso, o devandito encontro
amoroso tería lugar no «souto de Crecente» (v. 1) á mañanciña (dous últimos versos).
O FRAGMENTO B é dunha cantiga de maldicir, xa que contén unha crítica directa e aberta, moi irónica, do
físico pouco agraciado dunha doncela, que non responde aos ideais de beleza.

Actividade nº 290

Le esta cantiga e fai un breve resumo en prosa do seu contido.

— Indica razoadamente se se trata dunha cantiga de escarnio ou de maldicir.

156
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
Un día, o xograr Lopo foi cantar á casa
dun infante e como pago este mandoulle
dar tres couces na gorxa, o autor
pensa que foi escaso o castigo para o
mal que o xograr canta. / A cantiga é
de maldicir, hai crítica directa («ca non
deu a Lopo entón / mais de tres na garganta,
/ e mais merece o jograrón, / segundo
como el canta»); e tamén contén
unha crítica persoal («e foi-lhe escaso, a
meu cuidar, / segundo como el canta»).

Actividade nº 291

Le e compara estes fragmentos de cantigas.

— Responde agora, razoadamente, estas cuestións.

• Como se aborda en cada unha delas o tópico do amor cortés? Que diferenza ves no léxico que se lle aplica á dama
en cada composición? Pertencen ou non estas cantigas ao mesmo xénero?

Solución
CANTIGA A: critica a descrición da perfección física e moral da senhor nas cantigas de amor, trátase dunha parodia
destas cantigas.
CANTIGA B: o trobador describe á senhor empregando o tópico da loanza da dama.
A senhor, na cantiga A aparece descrita como fea, mala, torpe: «ben moor é vossa torpidade de quantas outras eno
mundo sei», «assi de fea come de maldade que vos vence hoje senón filha dun rei». Pola contra na cantiga B a
descrición da senhor axústase ao canon de beleza e perfección: «sei eu ca mais fremoso parecer vos fez Deus, e mai

157
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

fremoso falar», «fez-vos mía mans e de mui mellor do˜aire e mellor tallada seer.»
A cantiga A é unha cantiga de maldicir. A cantiga B é de amor.

Actividade nº 292

Le estes tres fragmentos de cantigas e clasifícaas segundo o seu tema. Apoia a túa resposta en palabras dos versos.

Solución
A: TEMA: sátiras sexuais. Critica o comportamento de María Pérez, que vai cargada de perdón de Xerusalén,
pero que o perdeu todo pola súa vida promiscua: «assí veu de pardón carregada», «mais furtan-lho, cada u vai
maer».
B: TEMA: sátira sociopolítica, contra determinados grupos sociais (infanzóns). Ironiza a cantiga sobre don
Fagundo pola súa mesquindade (quería convidar a carne de vaca, pero sen que esta lle morrese): «e don
Fagundo querse ora matar / porque matou sa vaca o cajón»
C: TEMA: sátira literaria. O trobador censura o comportamento dun autor que roubou o traballo doutro: «Pero
da Ponte á feito gran pecado / de seus cantares, que el foi furtar / a Cotón»

Actividade nº 293

Le esta cantiga de Santa María e fai un resumo en prosa dela.

158
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

-Indica, xustificadamente, se se trata dunha cantiga narrativa ou lírica.

Solución
De como Santa María curou un home que era tolleito na súa igrexa en Salas. A causa dos seus pecados poden os
homes quedar eivados e tamén poden, pola Virxe ser salvados (curados). Houbo un home que quedou tolleito por mor
dos pecados que cometera. Durante cinco anos non se puidera mover a causa dos problemas que tiña nos membros.
Prometeu que se se curaba iría a Salas levar unha libra de cera cada ano. Foi curado inmediatamente. E foi daquela a
Salas coa libra de cera, e moi ledo, como o que non ten ningún mal. Debemos dar grazas e encomendarnos a Santa
María porque cura os doentes e roga sempre polos pecadores.
TIPO DE CANTIGA: a cantiga é narrativa xa que nos conta un dos milagres que a Virxe fixo en Salas.

Actividade nº 294

Cales son as cantigas de escarnio e maldicir?

159
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

a. Aquelas nas que o trobador maldí a súa mala sorte.

b. Aquelas nas que o trobador se burla do amor.
c. Aquelas nas que o trobador critica persoas ou costumes da sociedade coa intención de facer rir.

Solución
c. Aquelas nas que o trobador critica persoas ou costumes da sociedade coa intención de facer rir.

Actividade nº 295

Cando a sátira é encuberta, a través da ironía, os xogos de palabras, os dobres sentidos...:

a. A cantiga é de maldicir.
b. A cantiga é de amor.
c. A cantiga é de escarnio.

Solución
c. A cantiga é de escarnio.

Actividade nº 296

Cando a sátira é directa, con palabras claras e sen dobres sentidos...:

a. A cantiga é de maldicir.
b. A cantiga é de amor.
c. A cantiga é de escarnio.

Solución
a. A cantiga é de maldicir.

Actividade nº 297

As sátiras poden ser...:

a. Sociopolíticas e literarias.
b. Literarias e sexuais.
c. Sociopolíticas, literarias e sexuais.

Solución
c. Sociopolíticas, literarias e sexuais.

160
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 298

Cales son os principais xéneros menores?

a. A pastorela e a cantiga de escarnio e maldicir.

b. A pastorela, o pranto e a tenzón.
c. A pastorela e a tenzón.

Solución
b. A pastorela, o pranto e a tenzón.

Actividade nº 299

Que é o pranto?

a. Unha cantiga que expresa a dor pola morte dun persoeiro e loa as súas virtudes.
b. Unha cantiga que narra o encontro entre un trobador e unha pastor.
c. Unha disputa dialogada entre dous trobadores ou un trobador e un xograr.

Solución
a. Unha cantiga que expresa a dor pola morte dun persoeiro e loa as súas virtudes.

Actividade nº 300

Que é a tenzón?

a. Unha cantiga que expresa a dor pola morte dun persoeiro.

b. Unha cantiga que narra o encontro entre un trobador e unha pastor.
c. Unha disputa dialogada entre dous trobadores ou un trobador e un xograr.

Solución
c. Unha disputa dialogada entre dous trobadores ou un trobador e un xograr.

Actividade nº 301

Cal é a principal obra da nosa lírica relixiosa?:

a. As Cantigas de Santa María.

b. A Arte de Trobar.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

161
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
a. As Cantigas de Santa María.

Actividade nº 302

Cal é a finalidade das Cantigas de Santa María?

a. Enxalzar a figura de todos os santos.

b. Enxalzar a figura da Virxe, como nai misericordiosa, protectora dos débiles e consoladora dos que sofren.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
b. Enxalzar a figura da Virxe, como nai misericordiosa, protectora dos débiles e consoladora dos que sofren.

Actividade nº 303

As Cantigas de Santa María divídense en...:

a. Cantigas líricas e cantigas amorosas.

b. Cantigas narrativas e cantigas líricas.
c. Cantigas narrativas e cantigas satíricas.

Solución
b. Cantigas narrativas e cantigas líricas.

Actividade nº 304

Completa este esquema sobre os ciclos da narrativa de ficción da nosa prosa medieval.

162
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
CICLO BRETÓN: TEMAS: conta as aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda (Lanzarote, Percival, Galaaz…), do
mago Merlín, do rei Artur… OBRAS REPRESENTATIVAS: Livro de Xosé de Arimatea, A demanda do Santo Graal,
Merlín, Livro de Tristán.
CICLO TROIANO: TEMAS: desenvolve historias da Grecia clásica, cos seus heroes e mitos: os deuses do
Olimpo, as viaxes de Ulises, os amores de Paris e Helena, a guerra de Troia… OBRAS REPRESENTATIVAS:
Crónica troiana, Historia troiana.

Actividade nº 305

Le o seguinte texto da nosa prosa medieval e resume en poucas liñas o seu contido.

Solución
RESUMO: No texto Ulises narra a experiencia coas sereas. As súas voces son tan fermosas que cautivan a todos
aqueles que pasan preto delas. Os homes perden a cordura e acaban estrelando os seus barcos contra as rochas onde
elas están. E non sobreviven. El utiliza un truco que é impedir que os seus homes as escoiten e así dan morte a un
gran número de sereas. OBRA: O fragmento pertence á Crónica troiana.
ESQUEMA: Prosa galega medieval: Prosa de ficción: Livro de José de Arimatea, A demanda do Santo Graal,
Crónica troiana, Merlín... Prosa de non-ficción: Crónica general, Crónica de Santa María de Iria, Os milagres de

163
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Santiago, Tratado de albeitaría, Arte de trovar...

Actividade nº 306

Completa este esquema describindo os tipos de poesía popular e tradicional dos Séculos Escuros.

Solución
POESÍA ANÓNIMA DE CIRCUNSTANCIAS: Son pezas de autor descoñecido que glosan, en forma de romance ou
coplas, dous acontecementos históricos que causaron forte repercusión social no seu momento: o saqueo de Cangas
polos turcos (1617) e a execución do Mariscal Pedro Pardo de Cela (1483).
CANTIGAS E ROMANCES POPULARES: Son cancións tamén de carácter anónimo: o autor é colectivo, o propio pobo
que as transmite e conserva de forma oral de xeración en xeración. Trátase dos cantares ou romances de cego, as
regueifas e desafíos, os maios, as cantigas de berce, as cantigas amorosas ou as cantigas de traballo (arada, seitura,
vendima, muiñada...).
VILANCICOS: O folclore de Nadal mantivo desde a Idade Media unha gran vitalidade en Galicia. Aínda que moitos dos
vilancicos son de carácter anónimo, tamén os hai de autores cultos, entre os que podemos destacar a Carlos Patiño e
frei Francisco de Santiago. Hoxe sábese que o vilancico en galego era interpretado non só na nosa terra, senón tamén
en Coímbra, en Lisboa, en Toledo…

Actividade nº 307

En parellas, lede estas cantigas populares e clasificádeas á luz do visto na unidade. Razoade a vosa resposta.

164
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
A: cantiga de berce: cantiga para adormecer os nenos: «Este neno tenche sono/ tenche ganas de durmir».
B: regueifa: cantiga dialogada na que un interlocutor inicia o poema e o outro ten que responder ao reto.
C: cantiga de sega: fai referencia a este traballo agrícola. «Este éche o son da sega /este éche o son de segar»
D: cantiga de muiñada: fai referencia a esta actividade. «Unha noite no muíño, unha noite non é nada».
E: cantiga amorosa: que reflicte sentimentos derivados dunha relación amorosa. «e a auga foime dicindo “quen
ten amores non dorme”».

Actividade nº 308

Escolle a opción que completa correctamente cada afirmación.

• A obra que trata das fazañas dos galegos na Guerra de Independencia contra os franceses é...

165
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

A. Proezas de Galicia (1810).

B. Cantares gallegos (1863).
C. A gaita gallega (1850).

• Lamas Carvajal foi o fundador do primeiro periódico integramente en galego:

A. O catecismo do labrego.
B. O Tío Marcos da Portela.
C. O castelo de Pambre.

• O autor de A gaita gallega (1853) foi...

A. Xoán Manuel Pintos.
B. Manuel Curros Enríquez.
C. Francisco Añón.

• O teatro galego do Rexurdimento ten tres grandes liñas temáticas: teatro histórico...
A. teatro costumista e teatro revolucionario.
B. teatro vangardista e teatro anticaciquil.
C. teatro costumista e teatro anticaciquil.

Solución
A obra que trata das fazañas dos galegos na Guerra de Independencia contra os franceses é...: A. Proezas de Galicia
(1810).
O autor de A gaita gallega (1853) foi...: A. Xoán Manuel Pintos.
Lamas Carvajal foi o fundador do primeiro periódico integramente en galego: B. O Tío Marcos da Portela.
O teatro galego do Rexurdimento ten tres grandes liñas temáticas: teatro histórico...: C. teatro costumista e
teatro anticaciquil.

Actividade nº 309

Le este fragmento de O catecismo do labrego.

166
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

—Resume a caracterización do labrego que transmite o fragmento. Indica despois que finalidade persegue, na túa
opinión, o texto.

Solución
RESPOSTA LIBRE. POSIBLE RESPOSTA.
CARACTERIZACIÓN: A descrición é un arquetipo de labrego galego: os duros traballos deixan pegada, as condicións
de vida e o aspecto físico describen a un colectivo moi amplo. O labrego ten as mans con calos, pasa fame porque ten
o peto baleiro, non ten roupa en condicións que o abrigue. Cando define que é un labrego, volvemos ao mesmo: é un
home que ten como destino traballar sen descanso, sufrir os abusos de poder, condenado a pasar necesidades e que
ademais é menosprezado. En resumo, é o exemplo vivo da pobreza.
FINALIDADE: O texto persegue denunciar a situación da inmensa maioría da poboación que se ve reducida a ser un
«Xan Paisano», a ser invisibles agás para traballar.

Actividade nº 310

Le estes fragmentos de pezas teatrais do noso Rexurdimento. Ambos os dous están escritos en verso: demóstrao.

167
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

- Fai un resumo en prosa do contido dos dous textos.

- Sinala razoadamente a que liña temática se corresponde cada fragmento.
Teatro histórico.
Teatro costumista ou sentimental.
Teatro social ou anticaciquil.

Solución
A: Fragmento no que predominan versos hendecasílabos e onde a rima asonante atopámola nos versos
impares. RESUMO: Tadea atópase con dous mozos da aldea, Estebo e Reinaldo. Saúdanse e os mozos gábana.
Ela reacciona a isto dicíndolles que é consciente de que para os mozos da aldea a única moza é Minia. Esta
peza enmárcase na liña de teatro costumista ou sentimental.

B: Composición en versos octosílabos que alternan con versos pentasílabos e trisílabos. A rima é asonante e
responde a un esquema ABBA. Neste fragmento dúas mozas, Sancha e Eldona contemplan o enfrontamento
entre os mouros e uns cabaleiros «cristianos» que as veñen rescatar, fazaña da que saen vitoriosos.
Encadramos esta peza na liña de teatro histórico.

Actividade nº 311

Que é o Rexurdimento?:

a. Un movemento cultural e literario que se produciu a comezos do século XX e que defendía a recuperación da nosa
lingua e da nosa cultura como símbolos da identidade de Galicia.
b. Un movemento literario, cultural e político que, no último terzo do século XIX, defendía a recuperación da nosa lingua

168
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

e da nosa cultura como símbolos da identidade de Galicia.

c. Un movemento cultural e artístico que se produciu a comezos do século XIX e que defendía a recuperación da nosa
lingua e da nosa cultura como símbolos da identidade de Galicia.

Solución
b. Un movemento literario, cultural e político que, no último terzo do século XIX, defendía a recuperación da nosa lingua
e da nosa cultura como símbolos da identidade de Galicia.

Actividade nº 312

Cal foi o xénero hexemónico do Rexurdimento?:

a. A lírica.
b. A narrativa.
c. O teatro.

Solución
a. A lírica.

Actividade nº 313

Os tres grandes poetas do Rexurdimento foron...:

a. Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal.

b. Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal e Manuel Curros Enríquez.
c. Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Solución
c. Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Actividade nº 314

Cales son os subxéneros que máis destacan dentro da narrativa do Rexurdimento?

a. A novela e o conto literario.

b. A novela e a lenda.
c. O conto literario e a lenda.

Solución
a. A novela e o conto literario.

169
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 315

Quen son os principais narradores do Rexurdimento?

a. Valentín Lamas Carvajal e Francisco María de la Iglesia.

b. Antonio López Ferreiro e Eduardo Pondal.
c. Valentín Lamas Carvajal e Antonio López Ferreiro.

Solución
c. Valentín Lamas Carvajal e Antonio López Ferreiro.

Actividade nº 316

Quen é o autor da novela A tecedeira de Bonaval?:

a. Antonio López Ferreiro.

b. Valentín Lamas Carvajal.
c. Marcial Valladares.

Solución
a. Antonio López Ferreiro.

Actividade nº 317

Que liñas temáticas se cultivaron no teatro do Rexurdimento?

a. Histórica e costumista ou sentimental.

b. Costumista ou sentimental e social ou anticaciquil.
c. Histórica, costumista ou sentimental e social ou anticaciquil.

Solución
c. Histórica, costumista ou sentimental e social ou anticaciquil.

Actividade nº 318

Quen foron os principais dramaturgos do Rexurdimento?:

a. Francisco María de la Iglesia e Marcial Valladares.

b. Francisco María de la Iglesia e Galo Salinas.
c. Francisco María de la Iglesia e Antonio López Ferreiro.

170
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
b. Francisco María de la Iglesia e Galo Salinas.

Actividade nº 319

Identifica o recurso estilístico que comparten estes dous fragmentos de poemas de Rosalía de Castro e comenta o seu
valor expresivo.

Solución
O texto A e o texto B comparten o recurso do símbolo, moi característico da poesía rosaliana. Tanto o cravo
(«unha vez tiven un cravo cravado no corazón») coma a sombra («negra sombra que sempre me asombras»)
son símbolos da dor e da angustia vital.

Actividade nº 320

Le este poema de Rosalía de Castro. Indica o seu tema e sinala tamén a que liña temática rosaliana corresponde.

171
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Tema: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
• Liña temática: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
— Identifica no poema exemplos de metáfora e comenta o seu valor expresivo.
Metáfora - EXEMPLO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
VALOR EXPRESIVO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Solución
TEMA: o sufrimento e a angustia producida polo amor.
LIÑA TEMÁTICA: poesía intimista.
METÁFORA: EXEMPLO: "o meu corazón (Termo Real) é unha rosa de cen follas" (Termo Imaxe). VALOR
EXPRESIVO: ponse en relación o corazón cunha rosa de cen follas (cada unha é unha pena). Así dáse énfase á
intensidade e fraxilidade dos seus sentimentos.

Actividade nº 321

Identifica nestes versos de Rosalía a presenza dos recursos citados na táboa. Explica tamén o seu valor expresivo.

Solución
COMPARACIÓN: Texto A: "—Deses teus olliños negros / como doas relumbrantes": establece unha relación
entre o negro profundo dos ollos coas contas brillantes. HIPÉRBATO: Texto A: "—Deses teus olliños negros /
como doas relumbrantes, / hastra as nosas mans unidas / as bágoas ardentes caen": a ruptura da orde normal
da frase contribúe a que fixemos a atención na primeira parte da oración: as mans.
METÁFORA: Texto B: "que para min eras lúa, / branca aurora e claro sol, / auga limpa en fresca fonte, / rosa do

172
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

xardín de Dios, / alentiño do meu peito, / vida

do meu corazón.": establécese a identidade entre a "meniña" (TR) e algúns astros que implican luz, elementos
que denotan pureza e outros que dan vida "lúa", "branca aurora", "claro sol", "auga limpa", "unha rosa",
"alentiño", "vida " (TI); trátase dunha sucesión de metáforas ou alegoría.
PARALELISMO: Texto A: os catro versos manteñen unha estrutura semellante, paralelística; observamos a
repetición de sintagmas no mesmo verso, a finalidade destes recursos e a de insistir na idea de que todo se
repite, de fastío relacionado principalmente con estes sentimentos negativos.

Actividade nº 322

Cales son as principais obras de Rosalía de Castro na nosa lingua?:

a. Cantares Gallegos e Na beira do Sar.

b. Cantares Gallegos e Follas Novas.
c. Follas Novas e Na beira do Sar.

Solución
b. Cantares Gallegos e Follas Novas.

Actividade nº 323

Que día saíu do prelo Cantares Gallegos?:

a. O 17 de maio de 1963.
b. O 17 de maio de 1863.
c. O 27 de maio de 1863.

Solución
b. O 17 de maio de 1863.

Actividade nº 324

Cales son as liñas temáticas que predominan na poesía de Rosalía?:

a. Costumista e intimista.
b. Costumista, cívico-patriótica e intimista.
c. Costumista e cívico-patriótica.

Solución
b. Costumista, cívico-patriótica e intimista.

173
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 325

En Cantares Gallegos predomina a métrica...?:

a. Innovadora.
b. Tradicional.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
b. Tradicional.

Actividade nº 326

En Follas Novas predomina a métrica...:

a. Innovadora.
b. Tradicional.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
a. Innovadora.

Actividade nº 327

Os recursos estilísticos máis habituais na obra de Rosalía son...:

a. Metáforas e metonimias.
b. Hipérboles, metáforas e comparacións.
c. Paralelismos, comparacións, metáforas e símbolos.

Solución
c. Paralelismos, comparacións, metáforas e símbolos.

Actividade nº 328

Completa este esquema identificando e comentando as tres liñas temáticas máis importantes da lírica de Manuel
Curros Enríquez.

174
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
PRINCIPAIS LIÑAS TEMÁTICAS DE CURROS. LIÑA CÍVICA OU SOCIAL: concibe a poesía basicamente cunha
función social, o poeta pon os seus versos ao servizo do pobo. LIÑA COSTUMISTA: ocasionalmente, céntrase na
recreación de tipos e de escenas populares. LIÑA INTIMISTA: nalgúns poemas deixa translucir os seus sentimentos
máis íntimos ante acontecementos persoais.

Actividade nº 329

Le estes tres poemas de Aires da miña terra. Resume o seu contido e identifica, razoadamente, a que liña
temática de Curros corresponden.

175
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
"O gueiteiro de Penalta". RESUMO: o poema describe a figura do gaiteiro. LIÑA TEMÁTICA: costumista.
XUSTIFICACIÓN: a pesar de que non era este o tipo de poesía que caracteriza a obra de Curros escribiu algún poema
nesta liña.
"Encomenda": RESUMO: o poema expón unha serie de principios que poñerían orde no conxunto social. LIÑA
TEMÁTICA: cívica. XUSTIFICACIÓN: o poeta expresa a súa idea de xustiza social; na "encomenda" expón o que
considera que debe recibir cada un.
"¡Ai!": RESUMO: o poema describe a morte do fillo do autor, e os sentimentos que iso provoca. LIÑA
TEMÁTICA: intimista. XUSTIFICACIÓN: o poeta expresa con honestidade a súa profunda dor pola morte do fillo.

Actividade nº 330

Le este poema de Curros e responde as preguntas que che presentamos despois.

176
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

• Quen fala no poema? A quen se dirixe? Que lles di?

• No poema afloran a liña cívica e a costumista. Como se manifestan? Cal das dúas é a principal no texto?

Solución
QUEN FALA NO POEMA?: no poema fala o labrego. A QUEN SE DIRIXE?: diríxese aos rapaces que van pedir polas
portas na festa dos maios. QUE LLES DI?: dilles que el é o pobre, que el é o pobo e que non haberá primavera para el
mentres non haxa máis xustiza, mentres estea sometido a pagar tributos e non ter nada de seu.
COMO SE MANIFESTA A LIÑA CÍVICA?: A liña cívica maniféstase na crítica que a voz lírica fai da propiedade da terra,
dos trabucos, dos préstamos, a crítica á igrexa. E A COSTUMISTA?: a descrición da festa dos maios, cando os
rapaces ían pedindo e cantando polas portas.

177
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Actividade nº 331

Cales son as principais obras de Manuel Curros Enríquez?:

a. Cántiga e Aires da miña terra.

b. A virxe do Cristal e Aires da miña terra.
c. Aires da miña terra e O divino sainete.

Solución
c. Aires da miña terra e O divino sainete.

Actividade nº 332

Cales son as liñas temáticas da poesía de Manuel Curros Enríquez?:

a. Costumista e intimista.
b. Costumista, cívica ou social e intimista.
c. Costumista e cívica ou social.

Solución
b. Costumista, cívica ou social e intimista.

Actividade nº 333

Curros concibía a poesía cunha función...:

a. Estética.
b. Social.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

Solución
b. Social.

Actividade nº 334

Na súa poesía cívica, Curros defende...:

a. A Igrexa, a monarquía e a burocracia.

b. O progreso e a liberdade para todos os individuos.
c. Ningunha das opcións anteriores é correcta.

178
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Solución
b. O progreso e a liberdade para todos os individuos.

Actividade nº 335

Le estes dous poemas de Queixumes dos pinos. Despois resume o seu contido e indica a que liña temática os
asocias.

- Localiza nos textos estes recursos estilísticos. Comenta en cada caso o seu valor expresivo.
hipérbato - antítese - símbolo - refrán

Solución
Recursos estilísticos: HIPÉRBATO: Texto A: verso 2: "cando era rapaz deixeivos", o valor expresivo da
alteración da orde ten como finalidade salientar a idea do paso do tempo. Texto B: verso 1: "A lingua tiveran",
versos 5 e 6: "Dos propios acentos / tiveran vergonza": en ambos os casos o valor expresivo é o mesmo, poñer
o acento na "lingua" que se relega para ser substituída pola "lingua de escravos ".
ANTÍTESE: Texto B: a segunda estrofa presenta sempre a contraposición entre os "propios acentos" e a
"lingua de escravos"; os adxectivos positivos e negativos xúntanse arredor de cada concepto para opoñer as
dúas ideas. Versos 14 e 15: "os propios tomara / por xente estranxeira". Con este recurso o poeta pon de
manifesto o rexeitamento que produce o feito de avergonzarse e de usar a propia lingua.
SÍMBOLO: Texto A: os carballos son o símbolo do paso do tempo; o poeta vese reflectido nesas árbores que
deixou de mozo e nas que ve como pasou o tempo; o mesmo ocorreu con el: "Eu teño os cabelos brancos, /
vós tendes os gallos secos", "xa vamos vellos". Texto B: a nai simboliza a terra, o lugar ao que pertencemos;

179
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

esa nai que non recoñece aos seus propios fillos por abandonar aquilo que lles pertence e que os define como
é a lingua.
REFRÁN: Texto A: "xa vamos vellos": o refrán marca, igual que o tempo, o paso do poema, constante e sen
pausa, igual que pasa a vida e nos conduce á vellice.

Actividade nº 336

Le estoutro poema de Pondal.

180
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

— Indica, nunha soa frase ou oración, o tema do poema.

— Numera os versos do poema e indica, de forma razoada, a súa estrutura.
— Comenta a oposición entre os adxectivos da primeira estrofa e os da segunda.

Solución
O poema recolle o desexo do poeta de ser recordado como un guerreiro.
PARTE 1: verso 1 ao 12 (estrofa 1): expón o poeta unha das opcións que el claramente desbota: unha morte, e polo
tanto unha vida tamén, convencional; morrer tranquilamente e sen sobresaltos.
PARTE 2: versos 13 ao 26 (estrofa 1): expón aquí a súa idea dunha morte (vida) gloriosa, a dun guerreiro; un modelo
que o poeta asocia coa fortaleza e coa virilidade.
PARTE 3: versos 27 ao 32 (estrofa 3): a modo de resumo final, o recordo que quedará, a sona que nos sobrevivirá se
somos «fortes». ADXECTIVOS DA PRIMEIRA ESTROFA: fan referencia á brandura, á dozura e ao feminino: «brando»,
«molentes», «tímidas», «imbeles», «chorosas», «dozura», «sin gloria».
ADXECTIVOS DA SEGUNDA ESTROFA: teñen un significado de fortaleza e de dureza: «duro», «rudas», «escura»,
«longo », «audaz», «miazosa», «rutilante». Esta oposición é a típica na lírica pondaliana: duro - férreo - forte
(masculino) fronte a doce - brando (feminino).

Actividade nº 337

Cales son as principais obras de Eduardo Pondal?:

a. Os Eoas e Rumores de los pinos.

b. Rumores de los pinos e Queixumes dos pinos.
c. Queixumes dos pinos e Os Eoas.

Solución
c. Queixumes dos pinos e Os Eoas.

Actividade nº 338

Que liñas temáticas presenta a poesía de Eduardo Pondal?:

a. Cívico-patriótica e lírica.
b. Cívico-patriótica e costumista.
c. Costumista e lírica.

Solución
a. Cívico-patriótica e lírica.

Actividade nº 339

181
3ºESO
GALLEGO

Nome: ................................................................... Apelidos: .................................................................................

Curso: ................... Grupo: ................... Data: ...............................

Que é o bardo na obra de Eduardo Pondal?:

a. Unha figura misteriosa cargada de responsabilidade.

b. É o cantor do glorioso pasado do pobo galego e guía do seu destino.
c. As dúas opcións son correctas.

Solución
c. As dúas opcións son correctas.

Actividade nº 340

Na liña lírica, Pondal trata os temas...:

a. Da natureza e o paso do tempo.

b. Da natureza e a muller.
c. Da muller e a chegada da morte.

Solución
b. Da natureza e a muller.

182

You might also like