Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Estatística Empresarial II. Tema 5: Estimación.

Enunciados de Exercicios

5.- Sexa unha m.a.s. de tamaño 5 dunha distribución N(µ, s2). Considérense como
estimadores de µ:
5
åXi ( X 1 + X 2 + 2 X 3 + X 4 + X 5)
T1 = T2 =
i =1
e
5 6
Estudar se son non nesgados e as súas varianzas. Cal consideras mellor estimador? (Sol.: T1)

6.- Sexan {X1, X2, .....Xn} e {Y1, Y2, .....Ym}dúas mostras aleatorias simples dunha mesma
poboación normal con media µ e varianza s2. As medias mostrais respectivas son X e Y .
Proponse como estimador de µ:
n X + mY
T =
n+m
É T non nesgado? Demóstrao. (Sol.: Si)

7.- Sexa unha mostra que foi deseñada para estimar o gasto medio anual en talleres
mecánicos de automóbiles:
Coches con menos de 25.000 km de rodaxe
Tamaño mostral 137
Gasto medio 9642,7
Sc do gasto 1421,1
Obter cun nivel de confianza de 0,9 un intervalo para o gasto medio anual en talleres de
automóbiles. (Sol: (9442,98; 9842,42))

8.- O tempo (en minutos) que tarda en cubrirse certo traxecto dunha liña de autobuses é
aleatorio con distribución normal de parámetros descoñecidos. Tendo en conta que unha
mostra de 20 autobuses daba, para ese mesmo percorrido, unha media de 32 minutos e unha
varianza de 25. Determinar un intervalo ao 99% de confianza para o tempo que en promedio
se tarda en cubrir o percorrido. (Sol: (28,72; 35,28))

9.- Determinado índice de absentismo laboral presenta unha distribución normal. Unha
mostra de 8 semanas elixidas ao chou daba os seguintes resultados: 126, 138, 130, 125, 140,
124, 139, 132. Obter o intervalo ao 90% de confianza:
a) Para o índice medio semanal. Sol: (127,35; 136,15)
b) Para a varianza do índice semanal. Sol: (21,43; 138,94)

10.- Sobre unha mostra de 120 asistentes a un espectáculo deportivo calculouse que só 38
acudiron con vehículo propio.
a) Estimar ao 95% de confianza un intervalo para a proporción de asistentes ao
espectáculo que acudiron con vehículo propio. (Sol: (23,35%, 39,99%))
b) Que poderías facer para reducir a amplitude do intervalo?

11.- Queremos coñecer cun nivel de confianza do 95% entre que valores, expresados en días,
estará comprendida a permanencia media dos enfermos nun gran hospital. Para isto tomamos
unha mostra ao chou de 300 enfermos e anotamos o número de días de permanencia de cada
un deles. Calculada a media e a varianza da mostra obtívose 8 e 12, respectivamente (Sol:
7.60;8.39)

12.-O xerente de produción dunha empresa desexa estimar cun marxe de 3 horas (de máis
ou de menos) e un nivel de confianza do 90% o tempo medio (en horas) que se tarda en

Departamento de Economía Cuantitativa 1


Estatística Empresarial II. Tema 5: Estimación. Enunciados de Exercicios

producir un determinado produto. Supoñendo que a desviación típica poboacional do


número de horas que precisa para a produción do produto é de 10 horas. Calcular o tamaño
mínimo de mostra que se require para achegar un intervalo da amplitude e co nivel de
confianza sinalados. (Sol. n=31)
13.- Os rendementos en euros das accións dunha empresa ten unha distribución normal
de varianza 2. Durante 21 días os rendementos obtidos foron:
4,465 6,627 4,176 5,345 4,622 6,880 6,537 6,658 4,270
7,189 6,403 7,750 7,795 9,457 7,803 6,377 4,464 4,661
6,215 3,882 6,224
a) Determina un intervalo de confianza do 90% para o rendemento medio. Sol.
(5,578; 6,593)
b) Cal é a probabilidade de que o rendemento medio pertenza a ese intervalo?
c) Pódese a afirmar que o rendemento medio está nese intervalo?
d) Cal sería o intervalo se a varianza fora descoñecida? Traballa co mesmo nivel de
confianza e compárao co obtido no apartado a) Sol. (5,523; 6,648)
e) Determina un intervalo de confianza do 90% para a varianza. Está o 2 nese
intervalo? Que utilidade pode ter o intervalo?. Sol. (1,423; 4,118)

As seguintes sumas poden ser de axuda:


∑ x i = 127,800
i ∑ x 2 = 822,431856
∑(x i − x̅ )2 = 44,67757029

Departamento de Economía Cuantitativa 2

You might also like