Presentación 3.5

You might also like

Download as odp, pdf, or txt
Download as odp, pdf, or txt
You are on page 1of 10

JUDITH BUTLER

PENSAMENTO E CULTURA
1. Introdución
• O problema da IDENTIDADE é central na contemporaneidade, ao derrubarse as
fontes tradicionais que a definían e asignaban.
• As novas posicións son ANTI ESENCIALISTAS: non hai identidade herdada,
natural, integral, orixinaria nin unitaria.
• Co XIRO LINGÜÍSTICO pénsanse como CONTRUCIÓNS DISCURSIVAS, o cal
permite:
i. Comprendelas como construcións socio-culturais complexas, producidas por
prácticas significantes, como PERFORMATIVOS.
ii. Abordar a súa constitución a partires de loitas pola hexemonía.
iii. Alumear formas que permitan a súa TRANSFORMACIÓN.
2. O xénero en disputa
• Coa publicación de O xénero en disputa (1990) Butler convértese nun
referente nos ESTUDOS IDENTITARIOS, do NOVO FEMINISMO e da
teoría QUEER, ao entender á identidade, tamén a de xénero, como un
PERFORMATIVO.
• Parte da crítica ao esencialismo pero vai alén do construtivismo do feminismo
tradicional (Beauvoir), ao PROBLEMATIZAR a noción do SUXEITO, pois
i. No imaxinario herdado o suxeito, e referente, é o home-masculino é a
muller-feminino só ten sentido como o seu oposto.
ii. De acordo a Foucault, sostén que non hai SEXO NATURAL vinculado a un
xénero construído, senón que todo CORPO é PRODUCIDO pola
CULTURA: o corpo é sexualizado.


• Home/muller e masculino/feminino son PRODUCIÓNS DISCURSIVAS
definidas dende o binarismo que se SEDIMENTAN e se NATURALIZAN,
ocupando o lugar do “real”.
• Coa definición das persoas segundo o seu sexo-xénero:
i. XERARQUÍZASE entre home/muller.
ii. Esquécense outros factores que explican as identidades dos individuos: a
clase social, a etnia, a relixión, opción sexual…
iii. Créase unha FANTASÍA de ESTABILIDADE e coherencia identitaria.
iv. Instáurase un PATRÓN NORMATIVO que categoriza aos individuos.
• En cambio, para Butler, o sexo non é unha condición biolóxica, senón unha
SIGNIFICACIÓN performativamente realizada.
• NON hai ESENCIA NATURAL, nin IDENTIDADE VERDADEIRA, senón
que os corpos asumen unhas normas que os definen, que se poden
modificar, coa fin de evitar a hexemonía masculina e o heterosexismo.
• O obxectivo é MODIFICAR AS NORMAS NATURALIZADAS,
desprazándoas e dinamizándoas, amosando que non hai SEXO-XÉNERO
natural, senón que todo é COPIA.
• Todo sexo-xénero é unha FICCIÓN CULTURAL, cuxa orixe foi ocultada, por
iso:
i. non hai identidade preexistente que se realice (se volva real)
ii. Non hai sexo-xénero verdadeiro ou auténtico.

• Hai sexo-xéneros múltiples e diversos forzados a adoptar patróns normativos
e de conduta binarios.
• Trátase de:
i. LIBERAR aos CORPOS,
ii. Favorecer a emerxencia de identidades non-normativizadas: as “identidades
incribles”,
iii. Deconstruír a idea de que hai sexo-xéneros normais,
iv. Derrubar a xerarquización entre sexo-xéneros.
O sexo-xénero é unha PERFORMANCE, unha REPETICIÓN RITUAL de
REGRAS, pero estas poden mudar, poden ser diversas, múltiples.
3. Repensar o corpo.
• En Corpos que importan (1993) afunda na produción discursiva dos corpos
destacando o modo en que a tradición hexemónica confirma o binarismo.
• Sostén que a performatividade non é un acto individual senón un PODER
exercido polo discurso a través da súa REITERACIÓN: repetíndose as
normas socialmente conformadas se interiorizan e definen os corpos.
• O sexo-xénero é tamén PRODUTO da repetición de normas que se FIXAN, e
se aceptan como naturais.
• Para saír da normalización cómpre asumir o HETERONORMATIVO: non hai
orixinal, todo comportamento é unha PARODIA, unha FICCIÓN
RITUALIZADA.
4. A performatividade e o discurso.
• En Linguaxe, poder e identidade (1997), Butler conduce a teoría da
performatividade ao espazo do discurso político.
• A linguaxe na súa dimensión performativa (falar é facer) constitúe as
identidades: HABITAMOS AS PALABRAS porque as necesitamos para
dar intelixibilidade ás nosas vidas, e na mesma medida poden ferirnos.
• Butler cre que se pode RESIGNIFICAR AS PALABRAS, os insultos,
diluíndo o seu poder discriminatorio e despectivo, desviándoo cara
significados asumibles.
• Se unha fórmula se repite dun modo non convencional, que rompa co contexto
de orixe, o corpo onde sedimentou con sufrimento a inxuria poderá refacer
o efecto que produce nel.

5. Vida e precariedade.
• En Desfacer o xénero (2004) analiza a PRECARIEDADE, a categoría coa que
alude ás condicións que ameazan á vida ou que exercen control sobre os
corpos.
• Denuncia a marxinación e a discriminación de certos corpos, e se pregunta
polas razóns coas que se xustifica, de índole político (ter dereitos ou non
telos, poder decidir ou non poder facelo) e económicos (ter cartos ou non
telos).
• Céntrase na discriminación de sexo-xénero: a que sofren as mulleres: cando
asumen o rol socialmente asignado e cando non o fan.
• Pero tamén a que sofren os homosexuais, os transexuais, os travestis: en xeral
OS QUE NON SE REXEN POLA NORMA HEXEMÓNICA.
• Dende a perspectiva do sexo-xénero a vida se volve precaria cando
i. Alguén NON PODE DESENVOLVERSE na súa vida sexual-afectiva dun
modo libre e autónomo respecto da normativa,
ii. Cando A SOCIEDADE NON O RECOÑECE como suxeito depositario de
dereitos nas mesmas condicións que os demais por non responder o
canon do sexo-xénero normativizado.
• Para contrarrestalo cabe preguntarse: QUE FAI QUE UN CORPO SEXA
ACEPTABLE? QUE O FAI REXEITABLE? QUE CONDUTA É
DECOROSA E CAL IMPÚDICA?
• QUE CORPOS IMPORTAN? E CALES NON?
• BUTLER reclama a defensa do DISIDENTE, do DIFERENTE, do DIVERSO
e a implicación da sociedade na súa defensa.

You might also like