Lingua Galega 6

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 32

6

PRIMARIA

Tarefas e destrezas
comunicativas

O libro Lingua +, para sexto curso de Primaria,


é unha obra colectiva concibida, deseñada
e creada no Departamento de Edicións Educativas
de Santillana, S. L. U. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido
por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Ánxela Carril Caldelas


Rafael Fortes Otero
Sagrario Luna Rodríguez
Luísa March Soler
Xavier Molina Martí
Iñaki Moral Elola
Sonia Sellés Soler
Afonso Toimil Castro

ILUSTRACIÓN
Marta Colomer
Laura Miyashiro
Lu Paul
EDICIÓN EXECUTIVA
Afonso Toimil Castro
DIRECCIÓN DO PROXECTO
Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL
DE PRIMARIA
Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non se deben realizar


en ningún caso no propio libro. As táboas, os esquemas
e outros recursos que se inclúen son modelos
que se deberán trasladar a un caderno.
Presentación

é o novo proxecto de Obradoiro/Santillana destinado aos profesores


e ás profesoras que buscan un novo xeito de ensinar Lingua.
presenta un ENFOQUE FUNCIONAL da aprendizaxe, de carácter máis
comunicativo, que se centra nas destrezas básicas (falar, escoitar, ler e escribir).
Proponse un traballo por tarefas que facilita este enfoque, xa que os alumnos
e as alumnas saben o que están facendo e para que o fan.
ten unha ORGANIZACIÓN FLEXIBLE, que lle permite ao profesorado decidir
cando, que e como ensinar. O material estrutúrase en bloques de tarefas e en obradoiros,
que se poden combinar libremente.
Os bloques de tarefas constitúen o elemento central do material, xa que apuntan
aos aspectos esenciais da área. As bandas de cor situadas na marxe indican
a súa distribución no libro:

COMUNICACIÓN ORAL COMPETENCIA LECTORA


   

ESCRITURA COMPETENCIA LITERARIA


   

Nas tarefas do bloque de Comunicación oral inclúense actividades de comprensión


que se van realizar escoitando as gravacións dispoñibles en e.evocacion.es.
Estas actividades identifícanse no libro cunha icona.
As tarefas do bloque de Competencia lectora permiten traballar a comprensión sobre
un amplo banco de textos de distintos tipos e extensión, en que se inclúen contos,
poemas, textos teatrais, noticias, entrevistas, biografías, textos informativos...
No bloque de Escritura, a través da realización de actividades eminentemente prácticas,
guíase os alumnos e as alumnas para que sexan capaces de escribir distintos tipos
de textos de uso frecuente: noticias, contos, anuncios, carteis, descricións…
No bloque de Competencia literaria preséntanse os contidos esenciais de literatura
e propóñense actividades prácticas e de creación a partir da lectura de textos literarios.
Os obradoiros desenvólvense en fichas de traballo prácticas e sinxelas que serven
de complemento ás tarefas. Neste curso ofrécense o Obradoiro de vocabulario,
o Obradoiro de gramática e o Obradoiro de ortografía.
favorece unha APRENDIZAXE ACTIVA, en que a motivación e a emoción son
premisas fundamentais. Por iso, Obradoiro/Santillana ofrece un material onde se mesturan
o traballo oral e o escrito, o individual e o colectivo, o xogo e a creatividade…; un material
que vai máis alá da lectura e da resolución de actividades: o alumnado falará en público,
realizará as súas propias producións escritas e poderá gardar algúns dos seus traballos
nun porfolio ou carpeta persoal.
Táboa de contidos

COMUNICACIÓN ORAL COMPETENCIA LECTORA ESCRITURA

TAREFA 1.  Conversar por TAREFA 1.  Relato mitolóxico: TAREFA 1.  Confeccionar un


teléfono Aracné cómic
TAREFA 2.  Describir TAREFA 2.  Texto expositivo: TAREFA 2.  Elaborar o cartel
un personaxe Nunha vella cidade dun animal
TAREFA 3.  Contar un suceso maia perdido
en primeira TAREFA 3.  Autobiografía: TAREFA 3.  Participar
persoa Eu son Malala nun foro
TAREFA 4.  Participar TAREFA 4.  Conto: O mozo TAREFA 4.  Escribir
nunha discusión fanfurriñeiro a entrada
TAREFA 5.  Elaborar TAREFA 5.  Conto: Un susto dun blog
hipóteses por partida dobre de opinión
TAREFA 6.  Producir TAREFA 6.  Portada de xornal: TAREFA 5.  Redactar
unha noticia Vilatoxal ao día un texto preditivo
TAREFA 7.  Vender un TAREFA 7.  Cartel: Biblioteca TAREFA 6.  Compoñer
produto pública municipal a portada
dun xornal
TAREFA 8.  Facer unha TAREFA 8.  Conto: Muuu! escolar
cuña publicitaria TAREFA 9.  Aviso: A Axega TAREFA 7.  Elaborar
TAREFA 9.  Enriquecer presenta catro un slogan
unha noticia pautas para… publicitario
TAREFA 10. Predicir TAREFA 10. Artigo de divulgación: TAREFA 8.  Preparar
resultados O porqué un anuncio
TAREFA 11. Dar unha clase da vitalidade publicitario
e da enerxía
TAREFA 12. Dar as de nenas e nenos TAREFA 9.  Escribir
indicacións un artigo
dun itinerario TAREFA 11. Bases dun concurso: de opinión
Bases do concurso
TAREFA 13. Participar nunha infantil de cociña TAREFA 10. Facer unha
rolda de prensa predición
TAREFA 12. Correo electrónico: meteorolóxica
TAREFA 14. Narrar en directo Estimada presidenta
TAREFA 15. Dar instrucións da Comisión Europea TAREFA 11. Preparar
un traballo
TAREFA 16. Facer a crítica TAREFA 13. Conto: O caso do
dun espectáculo estraño empregado TAREFA 12. Facer unha
reclamación
TAREFA 14. Texto expositivo:
A Calzada TAREFA 13. Facer unha
dos Xigantes entrevista
TAREFA 15. Texto expositivo: TAREFA 14. Fixar unhas
Charles Chaplin, normas de
un xenio do cine funcionamento
TAREFA 15. Elaborar a crítica
dunha película
COMPETENCIA LITERARIA OBRADOIROS

Vocabulario Ortografía
TAREFA 1.  A casa
dos libros
FICHA 1.  Formación de palabras: FICHA 1.  O uso das
• Os xéneros
a prefixación e a sufixación maiúsculas
literarios
FICHA 2.  Sufixos diminutivos FICHA 2.  Repaso de
TAREFA 2.  Poesía
e sufixos aumentativos acentuación
porque si
• O verso FICHA 3.  Formación de palabras: FICHA 3.  Casos
e a estrofa a composición especiais de
FICHA 4.  Eufemismos e palabras tabú acentuación
TAREFA 3.  Con rima
FICHA 5.  Palabras polisémicas FICHA 4.  O acento
e con ritmo
• A rima FICHA 6.  Palabras homónimas diacrítico
FICHA 7.  Palabras parónimas FICHA 5.  Palabras
TAREFA 4.  Máxima
expresividade FICHA 8.  Palabras sinónimas con cc
• Os recursos FICHA 9.  Palabras antónimas e con ct
literarios FICHA 10. A precisión léxica FICHA 6.  Grupos
TAREFA 5.  Isto era FICHA 11. As frases feitas consonánticos
e non era FICHA 12. As siglas e as abreviaturas con l ou r
• A narración FICHA 13.  Os neoloxismos FICHA 7.  
Por que,
e os seus FICHA 14.  Os estranxeirismos porque
elementos e porqué.
TAREFA 6.  Non perder Gramática Se non
o fío da historia e senón
• A estrutura FICHA 1.  O grupo nominal: substantivo, FICHA 8.  Palabras con
da narración adxectivo e artigo dificultades
TAREFA 7.  Conto FICHA 2.  Os demostrativos ortográficas (I)
contado… FICHA 3.  Os posesivos FICHA 9.  Palabras con
• O narrador. FICHA 4.  Os numerais e os indefinidos dificultades
Tipos FICHA 5.  O verbo (I) ortográficas (II)
TAREFA 8.  Arriba o pano! FICHA 6.  O verbo (II) FICHA 10. A coma e os
• O teatro. FICHA 7.  O verbo (III) dous puntos
Texto e FICHA 8.  Os pronomes persoais FICHA 11. O punto
representación e coma
FICHA 9.  O adverbio. As locucións
TAREFA 9.  Puro teatro! adverbiais e os puntos
• O teatro. FICHA 10. Os enlaces: preposicións suspensivos
Acto e escena e conxuncións FICHA 12. As parénteses
TAREFA 10. Entre FICHA 11. Os enunciados. A oración. e as comiñas
bambolinas O suxeito FICHA 13. O guión
• O teatro. FICHA 12. O predicado nominal. e a raia
Equipo artístico O atributo
e equipo FICHA 13. O predicado verbal.
técnico Os complementos
FICHA 14. Clases de oracións
FICHA 15. As linguas de España.
O galego

* Ao final do Obradoiro de gramática inclúense modelos de verbos irregulares.


TAREFA 1.  Conversar por teléfono

COMUNICACIÓN ORAL
1 Quen precisa necesariamente usar o teléfono? Por que? Escolle e xustifica a elección.

Teño que avisar o veciño Teño que dicirlle a mamá Quero saber como lle van
de que mañá hai reunión. que mañá vén o técnico. as cousas a Roi por Lisboa.

ANTÍA BREIXO SABELA

Comenta co compañeiro ou coa compañeira outras situacións en que sexa indispensable


o uso do teléfono.

2 Escribe unha vantaxe e un inconveniente de comunicarse por teléfono.

VANTAXE        INCONVENIENTE  

   

Comparte a túa resposta coa clase e buscade entre todos e todas solucións
a cada inconveniente.

3 Quen é? Escoita e escribe no caderno M (Martiño) ou V (Violeta).


  Fai a chamada.   Propón un plan para o sábado pola tarde.

  Sabe falar romanés.   Suxire convidar a Malak, a nova compañeira.

  Falou con Chang.   Viviu a experiencia de se integrar nun lugar novo.

4 Escoita a información sobre o obradoiro e complétaa cos datos que faltan.

OBRADOIRO 

XUNTANZAS CADA   NO CENTRO   DO BARRIO

Que vos parece esta iniciativa? Gustaríavos participar nela? Por que? Comenta
cos compañeiros e coas compañeiras.

1
5 Que hai que facer cando chamas e che descolgan o teléfono?
Lembra o que fai Martiño e copia.
•  Saudar. •  Explicar desde onde chamas.

•  Dar as grazas. •  Indicar o motivo da chamada.

•  Identificarte. •  Preguntar pola familia.

•  Despedirte. •  Dicir con quen queres falar.

6 En parella, analizade a situación a partir das preguntas.

Si, Xela, perdón. • Que problema de comunicación


se produciu entre Xela e Alberte?
…daquela, Rita
marchou e... •  Por que credes que se produciu?
Ola? Alberte?
Óesme? • De que xeito se podería evitar?

7 Relaciona cada emoticona coa emoción que expresa.


1 2 3 4 5 6 7 8

 sorpresa   preocupación  alegría  anoxo

  aburrimento   alivio  tristeza  vergoña

Escolle unha das emoticonas anteriores e di a oración «O obradoiro vai comezar


ás cinco e media» expresando a emoción correspondente.
Os compañeiros e as compañeiras terán que adiviñar que emoticona elixiches.

TOMA A PALABRA

 Preparación e intervención. Mantén unha conversa telefónica cun compañeiro


ou cunha compañeira durante tres minutos.
1.  Decidide entre os dous cal vai ser o tema da conversa e quen a vai comezar.
2. Colocádevos de costas para non vervos as caras, como pasaría nunha conversa
telefónica real.
3. Conversade durante tres minutos coma se o fixésedes por teléfono. Non esquezades
expresar emocións coa voz e facerlle saber de cando en vez ao interlocutor
que estades a oílo perfectamente.

  Valoración e mellora. Pedídelle á clase que valore a vosa intervención.


•  Iniciamos a conversa de maneira axeitada?
•  Dialogamos con fluidez, respectando as quendas de palabra e mantendo a atención?
• Soubemos expresar emocións diferentes só coa voz?

2
FICHAS PARA A COMUNICACIÓN ORAL
TAREFA 10.  Predicir resultados

A horta urbana
A mediados de marzo, Xulia e Alberte botaron unhas cantas
sementes de hortalizas na súa horta urbana. Fíxate nos
datos e predí o resultado. Que plantas nacerán?

TEMPERATURA IDEAL

Leituga Entre 4 ºC e 23 ºC

Tomate Entre 21 ºC e 35 ºC MARZO ABRIL

Pemento Entre 18 ºC e 35 ºC Temperatura máxima 23 ºC 25 ºC

Cebola Entre 10 ºC e 32 ºC Temperatura mínima 10 ºC 12 ºC

Apio Entre 15 ºC e 21 ºC Temperatura media 14 ºC 17 ºC

O tempo
As nubes permiten saber o tempo que vai ir nun período breve de tempo.
Fíxate nos tipos de nubes e o que anuncian. Despois observa o ceo e fai
a túa predición. Que tempo vai ir nos próximos días?

1. Cirros 2. Cirrostratos 3. Cirrocúmulos 4. Altostratos 5. Altocúmulos

6. Nimbostratos 7. Estratocúmulos 8. Estratos 9. Cúmulos 10. Cumulonimbos

1. Illado, indica estabilidade; moitos xuntos, cambio de tempo. 06. Adoita anunciar chuvia.
2. Adoita indicar fronte cálida ou pouca chuvia. 07. Pode traer chuvia moi feble.
3. Se forma unha capa mesta, indica cambio de tempo. 08. Indica estabilidade no tempo.
4. Anuncia precipitacións pouco intensas. 09. Anuncia bo tempo.
5. Indica precipitacións a medio prazo. 10. Indica fortes precipitacións.

34
TAREFA 10.  Predicir resultados

COMUNICACIÓN ORAL
O campionato de balonmán
Faltan só dúas xornadas da liga de balonmán escolar e a parte alta da
clasificación está moi axustada. Observa a táboa e predí. Quen gañará?
PUNTOS PARTIDOS PARTIDOS PARTIDOS
TOTAIS GAÑADOS EMPATADOS PERDIDOS

Colexio O Galo 8 3 2 1

Colexio Raíces 8 4 0 2

Colexio A Paz 7 3 1 2

Colexio Prado 4 2 0 4

Colexio A Veiga 3 1 1 4

Os estudos do futuro
Cada cinco anos, no colexio O Souto fanlles unha enquisa a cincuenta alumnos
e alumnas de sexto sobre o que lles gustaría estudar no futuro. Observa os
resultados das enquisas de anos anteriores e predí. Que resultados se obterán
en 2025?
2010 2015 2020
10 10 10
9 9 9
8 8 8
7 7 7
6 6 6
5 5 5
4 4 4
3 3 3
2 2 2
1 1 1
0 0 0
ART HECS CET CNES ART HECS CET CNES ART HECS CET CNES

LENDA

ART Estudos artísticos  Rapazas


HECS Humanidades e Ciencias Sociais  Rapaces
CET Ciencia e Tecnoloxía 0, 1, 2, 3... Número de alumnos e alumnas
CNES Ciencias Naturais e da Saúde

35
TAREFA 12.  Dar as indicacións dun itinerario

COLEXIO
PRAZA

GRANDE
MUSEO PAR
QU
EV
ER
DE

AUDITORIO

CONCELLO

PRAZA
VELLA

PRAZA
MAIOR

IGREXA

HOSPITAL

PARQUE NOVO

Banco de palabras e expresións

PARA INDICAR ACCIÓNS PARA INDICAR DIRECCIÓNS

• saír • atravesar • desde... • á dereita


• chegar • dirixirse • ata... • á esquerda
• ir • continuar • cara a... • cara arriba
• xirar • cruzar • ao lado de... • todo recto

36
COMPETENCIA LECTORA • CUENTO

45
COMPETENCIA LECTORA
TAREFA 1

COMPETENCIA LECTORA • RELATO MITOLÓXICO


Vas ler un relato mitolóxico escrito por unha das grandes
autoras da literatura galega, Anisia Miranda.
Busca información sobre ela e escribe un texto en que ofrezas
datos sobre a súa vida e a súa obra.

Aracné
Nunha pequena aldea vivía unha fermosa doncela chamada Aracné.
Seu pai, tintureiro de profesión, traballaba na cidade, e a rapaza
moraba soa nunha cativa palloza, no cabo da aldea, preto do bosque.
Desde pequena, Aracné aprendera a fiar e a tecer e acadara
tanta lixeireza nas mans e tiña tan bo gusto que o seu nome
colleu sona en toda a comarca.
A popularidade de Aracné foise facendo cada vez maior,
e de moitas aldeas viña xente para vela fiar e tecer.
A tecedora non se gababa da súa habilidade,
pero achábase segura de si mesma e recibía
os eloxios como cousa natural.
No inverno tiña o seu tear dentro da palloza e, sentada
á beira do lume, collía a súa roca e comezaba a xirar
nos seus dedos o fuso e a la ata lograr o fío que máis
lle conviña ao que estaba facendo. Na primavera poñía
no xardín o seu tear e, á sombra dunha vella oliveira, tecía
desde o amencer ata que o sol se poñía no horizonte,
sen descanso e sen perder a súa axilidade. Era nesta época
do ano cando máis visitantes tiña, os cales se marabillaban
véndoa traballar e quedaban engaiolados coas obras acabadas.
Non faltaban comentarios, aos que a moza non lles facía caso.
Pero un día alguén dixo:
–Isto é cousa do Olimpo. A mesma deusa Atenea
debeulle de ensinar a tecer!
Aracné contestou ao eloxio.
–Non foi Atenea quen me ensinou; ensinoume meu pai
cando eu era meniña.
Pero foi inútil. Desde entón todos dicían que as mans
prodixiosas da tecedora foran adestradas por Atenea.
Isto anoxaba tanto a Aracné que unha tarde dixo:
–Non quero que se diga máis que Atenea me axudou
ou me axuda. Non é certo. Ademais, sei que podo tecer
mellor ca a deusa. Se viñese aquí, podería demostrarllo.

1
Chegaron as palabras do reto ao Olimpo, e a mesma
Atenea, poucos días despois, convertida en velliña,
presentouse onda a tecedora:
–Rapaza –dixo a suposta velliña–, oín as túas
palabras e podo dicirche que Atenea podería facer
ese labor con máis axilidade ca ti.
Aracné ergueu os ollos do traballo que facía,
mirou a muller e contestou:
–Señora, estou disposta a manter o que dixen.
Que veña Atenea para demostrarllo.
–Pois aquí a tes –dixo Atenea mentres
se despoxaba do seu disfrace–. Demóstramo.
Aracné non se perturbou pola presenza da filla de Zeus.
Sentía respecto pola deusa, pero estaba segura de si,
da súa habilidade. Así que preparou o seu tear. E, preto
do dela, dispuxo o seu Atenea e comezaron a tecer.
Atenea representou no seu tapiz as doce divindades
do Olimpo. Zeus estaba no centro sentado nun gran trono.
Arredor aparecían os outros deuses nos intres máis
culminantes das súas aventuras. Remataba o tapiz
cunha grilanda de follas de oliveira.
Aracné fixo outro tanto. Representou os doce deuses,
pero ridiculizándoos. Aqueles episodios en que padeceran
algunha desfeita foron aproveitados por Aracné para fixar
as súas imaxes no tapiz. No remate rodeouno dun marco de hedra.
Satisfeita quedou Atenea coa obra creada polos seus primorosos dedos, mais cando viu
a de Aracné, toda a carraxe que collía nos intres máis terribles apoderouse da súa cara
e das súas mans. Os ollos relucíanlle coa xenreira e dun saque rachou o tapiz de Aracné.
Endexamais a tecelá fora aldraxada desa maneira. Desesperada, a moza botou a correr
cara ao bosque e na súa fuxida caeu por un barranco e quedou enleada nas matogueiras
e gravemente ferida.
Atenea, que non agardaba tal reacción da tecedora, foi onda ela e díxolle:
–Non morrerás, rapaza, pero tampouco has vivir coa túa vida anterior. Condenareite
a tecer por toda a eternidade.
De súpeto, os brazos e as pernas de Aracné foron deformándose. A súa cabeza
e o seu corpo pequerrecho cubríronse dunha pelaxe viscosa. Atenea transformouna
en araña. E desde entón Aracné tece os seus encaixes nas pólas das árbores.
Anisia Miranda, Mitos e lendas da vella Grecia (Adaptación)

A TÚA ACHEGA

 Conta na clase algún relato mitolóxico que lembres da antigüidade.


Podes facer, previamente, un guión para non esquecer nada importante.

2
1 Conta, por escrito, os detalles persoais e familiares que ofrece o texto sobre Aracné.

COMPETENCIA LECTORA • RELATO MITOLÓXICO


2 Responde.
• 
Quen lle ensinou a tecer a Aracné? • Por que gañou Aracné tanta popularidade?
• 
Quen dicía a xente que lle ensinara? • Por que ían tantas persoas a visitala?

3 Que facía Aracné nestes lugares? Cando o facía? Explica en cada caso.

4 Explica como era Aracné. Utiliza os adxectivos que che parezan axeitados para describir
o seu carácter.

orgullosa atrevida prudente humilde


           

traballadora soberbia habilidosa amable


           

Localiza algunhas pasaxes do texto en que se observe con claridade a maneira de ser da moza.

5 Le os datos e escribe o nome propio que corresponde en cada caso.

Deusa da sabedoría Rei dos deuses e de toda Morada de deuses


e da intelixencia. a humanidade. e deusas.

6 Que eloxios non lle gustaba oír a Aracné? Por que? Explica.

7 Le e responde sobre as palabras que dixo a moza a continuación.


• 
Que dicía Aracné que podía facer
Non quero que se diga máis que Atenea mellor ca a deusa?
me axudou ou me axuda. Non é certo.
• 
A que retou Aracné á deusa?

En que actividade invitarías ti a competir a un compañeiro ou compañeira?


Comentádeo na clase.

3
8 Explica o significado que teñen no texto estas palabras. Se che cómpre, utiliza o dicionario.

gababa eloxio carraxe aldraxada


           

culminantes perturbou xenreira viscosa


           

9 Observa e responde.
• 
Que lle dixo a velliña a Aracné?
• 
Que lle contestou Aracné?
• 
Quen era a velliña en realidade?
• 
Que fixo tras a resposta da moza?
• 
Como se sentiu Aracné ao ver a deusa?
Por que se sentiu así?

Que fixeron despois Aracné e Atenea? Explica.

10 Describe en cada caso.

O tapiz de Atenea          O tapiz de Aracné    

11 Cal destas escenas non acontece na historia? Elixe e explica.

A                       B

Conta a reacción de Aracné e o castigo que lle impuxo a deusa.

12 Responde de xeito razoado.


•  Coidas que o castigo que recibiu Aracné foi demasiado duro? Por que?
•  Que outro escarmento se che ocorre a ti que merecería Aracné? Por que?

13 Comentade na clase.
•  Credes que Aracné fixo ben ao retar a deusa Atenea?
•  Pensades que é bo competir cos demais? Por que?

4
ESCRITURA
TAREFA 1.  Confeccionar un cómic

ESCRITURA
Os cómics contan historias a través de viñetas en que
os debuxos son os protagonistas e as palabras se escriben
dentro de globos. Pon en marcha a imaxinación; colle papel,
lapis e cores, e comeza a confeccionar o teu cómic.

1 Comenta cos compañeiros e coas compañeiras.


• Gústache ler cómics? Por que?
• Cando liches por última vez un cómic? Cal era o seu título? Gustouche?
• Que cómic aínda non liches e che gustaría ler? Por que?

2 Elixe o xénero do cómic que che gustaría confeccionar.

cómic de aventuras cómic humorístico cómic de terror

cómic policial cómic de ficción científica cómic fantástico

3 Fíxate no seguinte exemplo e inventa un personaxe protagonista para o teu cómic.


Non esquezas acompañar a ficha dun debuxo do personaxe.

NOME:  Nina Fortes


IDADE:  12 anos
PROFESIÓN:  estudante
TRAZOS FÍSICOS:  alta / forte / morena / pelo longo
TRAZOS PSICOLÓXICOS:  intelixente / valente / decidida

4 Inventa a historia que lle pasa ao personaxe anterior e escríbea de forma resumida,
seguindo esta estrutura.

PRESENTACIÓN     Presenta o protagonista e a situación actual.

Propón un problema que desencadea unha serie de feitos.    NÓ

DESENLACE     Resolve o problema e acaba a historia.

1
5 Observa esta viñeta e relaciona cada recurso do cómic coa función que fai.

Aquela noite… A   CARTELA OU CARTUCHO


Quen será???

B   GLOBO DE DISCURSO

C   GLOBO DE PENSAMENTO

1  Reproduce palabras dos personaxes.

Cólleo ti. 2  Explica información da historia.


3  Reproduce ideas que pasan pola cabeza
dos personaxes.

Cal destes recursos se utiliza na viñeta anterior? Elixe.


• Liñas para indicar un movemento. • Onomatopeas para reproducir sons.

6 Fíxate no exemplo e transforma o texto empregando os elementos do cómic.

Pola mañá, Ana saudou a Iria: Antes de cear, mentres Martiño pensaba:
«Bo día!». E Iria dixo para si: «Onde estará Xoán», Uxío preguntoulle:
«Será bo día!». «Viches a Xoán?».
LO
MP
EXE
Pola mañá…

Bo día! Será bo día!

7 Confecciona o cómic sobre unha cartolina a partir das actividades anteriores.


•  Estrutura a historia da actividade 4 en seis viñetas.
•  Incorpora ás túas viñetas os elementos das actividades 5 e 6.
Cando remates o cómic, revísao ben para corrixir os posibles erros.

 F
 AINO NO ORDENADOR.  Se optas por escribir o texto de cada viñeta no ordenador, ten
en conta que deberás usar recadros e globos, que podes atopar nas seguintes opcións.
1.  Selecciona o apartado Inserir. 2.  Abre a opción Formas.
Formas

2
COMPETENCIA LITERARIA
TAREFA 1.  A casa dos libros

COMPETENCIA LITERARIA
Libros por todas as partes
Entrar nunha biblioteca, por pequena que sexa, é entrar en contacto con libros de todo
tipo; uns contan historias, outros manifestan sentimentos, outros explican coñecementos
sobre unha materia... Polo tanto, calquera biblioteca dá acceso a un mundo enorme.

A biblioteca e a literatura
Nas bibliotecas atoparemos libros de temas e de formatos diferentes. Unha das seccións
máis amplas de calquera biblioteca é a dos libros de literatura, é dicir, a que reúne textos
cunha finalidade estética, que pretenden crear beleza e que buscan provocar emocións
nas persoas que os len.
Os libros de literatura organízanse segundo os xéneros literarios:
• 
Narrativa: textos literarios en prosa en que unha voz
narradora conta uns feitos que lles ocorren a uns
personaxes nun lugar e nun tempo.
• 
Lírica: textos literarios en verso que teñen un ritmo
e unha sonoridade especiais, e expresan emocións,
sentimentos…
• 
Teatro: textos literarios dialogados, destinados
a ser representados perante un público nun escenario.

1 Le estes textos e di se che gustan ou non e por que.

As letras… Libros…
As letras son os debuxos da voz; Libros pechados: que soños roubados!
o libro é o cadro das palabras. Libros abertos: sorrisos e acertos.
Unha palabra fermosa ben merece Libros pechados: barbeitos xeados.
estar enmarcada ricamente Libros abertos: outonos espertos.
e pendurada nas paredes do salón. Libros pechados: mil versos calados.
E non aí, nos dicionarios, Libros abertos: fermosos concertos.
amoreadas e esmagadas coma pasas. Libros pechados: tesouros gardados.
Gloria Sánchez, Libros abertos: abrazos ben certos.
O home Antonio G. Teijeiro / Juan C. Martín Ramos,
do impermeable amarelo Versos viceversos

Reflexiona sobre o que din estes textos e contesta.


• 
Que cousas positivas teñen os libros abertos?
• 
Que quere dicir que un «libro é o cadro das palabras»?
• 
Cal cres que foi a intención do autor e da autora ao escribir cada texto?

1
2 Le e explica a que xénero literario pertence este texto.

Un segredo compartido
Chámanme a Bruxa da Casa de Pedra e moi pouca xente se atreve a visitarme. […]
Desde pequena facía os pequenos conxuros que ía atopando nos libros da biblioteca.
Na casa dos meus pais había poucos libros, porque o meu pai pensaba que daban dor
de cabeza. Ademais, a mellor amiga da miña nai, a señora Pura, que fora secretaria
do alcalde durante toda a súa vida, opinaba que os libros eran perigosos, sobre todo
os libros dos estantes máis altos ou máis escuros, porque alguén escribira neles
os segredos que non se podían coñecer. Eses eran os libros que eu buscaba, así que,
de cando en vez, daba cun libro de maxia. Se o libro tiña un aire perigoso, levábao
agochado, pechábame no meu cuarto e líao cando caía a noite, para aprender ben
o que poñía. Despois, devolvíao, con cara de inocente, e ninguén sospeitaba nada…
agás o meu avó. […]
Unha tarde de outono, topei o meu avó cando saía da biblioteca. Agochado debaixo
da chaqueta, eu levaba un libro de maxia. Ao velo, quedei tan pasmada que o libro caeu
ao chan. O meu avó achegouse, recolleu o libro do chan, beliscoume o nariz con
dozura, colleume da man e levoume a dar un paseo.
—Non llo direi a ninguén —murmurou.
—O que? —pregunteille con cara de inocente.
—O teu segredo —e, cun xesto, sinalou o libro. […]
O meu avó era un poeta, por iso falaba raro. Eu aprendía del,
porque para a maxia hai que saber atopar a música nas
palabras, aínda que a miña avoa sempre lle berraba: «Non
te entendo! Non podes falar coma as persoas normais?». […]
Despois deste día, eu comecei a pasar máis tempo co meu
avó, e a falar coma el. A miña avoa botaba as mans á cabeza:
«Outra vaca no millo! Agora a nena tamén quere ser poeta!».
Eu protestaba: «Non, avoa, eu quero ser bruxa!». […]
Paula Carballeira, Bruxa e familia (Adaptación)

Contesta.
• 
Quen conta esta historia? Polo que liches no texto, que sabes dela?
• 
Que segredo comparte co avó? Por que cres que di que o avó é poeta?
• 
Gustaríache saber máis desta historia? Por que?

3 Conversa co resto da clase sobre lecturas literarias e costumes lectores.


• 
Que tipo de textos literarios che gusta máis ler: poesía, narrativa ou teatro? Por que?
• 
Cal é o libro de literatura dos que liches que máis che gustou? Por que?
• 
Onde consegues os libros de literatura que les: escolles dos que hai na casa,
pídelos emprestados na biblioteca, mércanchos na libraría…?
• 
Cando adoitas ler libros de literatura? Tes algún espazo e momento favorito para ler?

2
TAREFA 1.  A CASA DOS LIBROS

COMPETENCIA LITERARIA
4 Le este texto e responde.

Alucina, son unha vampira


Son unha vampira e vivo na biblioteca da Universidade
de Coímbra. E dirás ti: que fai unha vampira na biblioteca?
Pois sobre todo comer. Tamén leo libros. […]
Neste lugar inmenso e antigo, cheo de andeis altísimos
que cheiran a vello, viven uns bechos que son bibliófagos.
Chámanse así porque papan libros, […] perforan as follas
e pasan dunha a outra escavando túneles e cráteres. Son coma
toupas diminutas… E non o perdas: cando teñen moita fame, tamén papan
a encadernación, aínda que sexa de tampa dura. Non teñen fondo! […]
Na biblioteca existen exemplares moi valiosos, únicos no mundo, e debemos impedir
que rematen nos estómagos destes insectos. […]
Hai moitos anos a unha tipa bastante lista ocorréuselle unha idea para poñer a salvo
os libros. Ela pensou: «Se os insectos comen os libros, haberá que buscar alguén que
coma os insectos». […] Despois de consultar diversos libros… deu coa solución: morcegos.
Eu, no tempo libre, leo todo o que podo. De feito lin todos os libros sobre a miña
especie que hai nesta biblioteca. Algúns deles dúas ou tres veces. […]
Ledicia Costas, Vampira de biblioteca (Adaptación)

• 
Onde ocorre esta historia e quen a protagoniza?
• 
Que son os «insectos bibliófagos»? Por que cres que haberá tantos nese lugar?
• 
Que solución se atopou para protexer os libros do ataque destes bichos?
• 
Cres que esta historia é real ou fantástica? Por que?

Investiga en Internet sobre a «Biblioteca Joanina» da Universidade de Coímbra.


Busca imaxes do interior, información sobre a colonia de morcegos, curiosidades…
e conta o que máis te sorprenda do que descubras desta biblioteca.

5 Coa axuda da imaxe, ou cun libro de contido literario


que teñas á man, sinala onde se sitúan estas partes.

cuberta contracuberta lombo lapela

Despois explica.
• 
En cal destas partes aparecen o título e o nome
da autora ou do autor do libro?
•  Que información se inclúe na contracuberta?
Para que se utiliza a lapela?

3
6 Le o que lle conta Breixo a Icía e, despois, responde.

Sabes? A maior parte das bibliotecas públicas


do mundo comparten un método para ordenar os
libros, que se chama CDU ou «Clasificación Decimal
Universal». A cada libro póñenlle unha «sinatura»
no lombo, que é unha etiqueta cun código escrito.
Así é doado localizar calquera libro da biblioteca.

• 
Para que serve o código CDU?
• 
En que parte do libro se coloca ese código?
• 
Por que é importante que cada libro da biblioteca teña un código de identificación?

7 Fíxate na sinatura do libro Kibuko e descifra o código da sinatura coa axuda da información
que tes no cadro.

Cifra da CDU que corresponde aos libros


   
de Literatura.
Letra que indica o xénero literario do libro:
   
N (narrativa), P (poesía) e T (teatro).
As tres letras en maiúscula do apelido
   
8 do autor ou da autora.
N As tres letras en minúscula do título da obra.
   
EST
kib

Asocia estoutros códigos ao libro a que pertencen.


C
1 2 3 A B

8 8 8
P N T
SÁN JAU SÁN
dez bosq noé

8 Localiza a referencia dos textos que aparecen nas actividades 1, 2 e 4 desta tarefa
e escribe unha sinatura para o libro a que pertencen.
Sigue as indicacións que tes no cadro da actividade 7.  

9 Escribe un breve texto en que expliques os pasos que hai


que seguir para coller emprestado un libro na biblioteca pública.
Inclúe algunhas normas que é importante respectar
na biblioteca.

4
OBRADOIRO DE VOCABULARIO
FICHA 1. Formación de palabras: a prefixación

OBRADOIRO DE VOCABULARIO
e a sufixación
PREPARÁMONOS
  Axuda o rapaz e responde a pregunta que lle fai a rapaza.
Se antepenúltimo significa 'antes do
penúltimo�, que significará antesala?
? …

A prefixación consiste en engadir unha partícula chamada prefixo ao principio dunha


palabra para formar outra. Entre os prefixos máis usados destacan os que expresan
negación ou idea contraria (in-, des-) e os que indican situación, tanto no espazo
coma no tempo (sub-, pre-).
A sufixación consiste en engadir unha partícula chamada sufixo ao final dunha
palabra para formar outra. A maioría dos sufixos achéganlle un significado novo
á palabra á que se lle engaden e poden facer que cambie de clase (por exemplo,
de adxectivo a substantivo: doce dozura).

1 Copia a palabra de cada parella que contén un prefixo e arrodéao.


•  prexulgar / pregar •  realizar / reaparecer •  contradicir / contrariar

Busca no dicionario o significado dos prefixos arrodeados.

2 Volve escribir as oracións substituíndo por termos contrarios as palabras destacadas.


•  A historia de Uxío era crible. •  Hai que conxelar a comida.
•  É posible que gañen o partido. •  Esta tixola é adherente.

3 Clasifica os seguintes termos segundo o significado que lles achega o sufixo -eiro ou -eira.

castiñeiro     cociñeiro     betanceira     oliveira     barbeira     rianxeiro

LUGAR DE ORIXE PLANTA OU ÁRBORE PROFESIÓN

                       

1
OBRADOIRO DE GRAMÁTICA
FICHA 1. O grupo nominal: substantivo,

OBRADOIRO DE GRAMÁTICA
adxectivo e artigo
PREPARÁMONOS
 Que clase de palabras son as que anota o rapaz? Razoa.

•  artigos

e •  substantivos
xarop
caram
•  adxectivos
Antón, baixa á farmacia e merca •  verbos
un xarope contra a tose e aqueles
caramelos de menta tan bos que teñen.

Un grupo nominal é un conxunto de palabras agrupadas arredor dun substantivo.


Os grupos nominais poden estar formados por unha soa palabra ou por varias.
A palabra máis importante do grupo nominal é o substantivo.
Os grupos nominais están formados por diversas clases de palabras: substantivos,
adxectivos, artigos, demostrativos… Cada unha destas palabras realiza unha función
determinada.
• O substantivo desempeña a función de núcleo do grupo nominal.
• Os artigos (determinados: o, a, os, as e indeterminados: un, unha, uns, unhas) son
palabras que van diante do substantivo e concretan e delimitan o seu significado.
A súa función dentro do grupo nominal é a de determinante.
Outras palabras que poden facer de determinantes cando van diante do substantivo
son os demostrativos (este, esas…), os posesivos (miña, voso…), os numerais
(terceiro, catro…) e os indefinidos (algún, poucos…).
• Os adxectivos son palabras que expresan calidades ou estados do substantivo
que acompañan e que, por tanto, complementan o seu significado; por iso
dicimos que realizan a función de complemento. Os adxectivos funcionan
como complementos tanto se van diante do substantivo coma se van detrás del.
Tamén pode desempeñar a función de complemento un grupo nominal precedido
de preposición (a, de, en…).

1 Ordena as palabras para escribir grupos nominais e sinala o núcleo en cada caso.

A   o meu para ti regalo B   batido o de amorodo

C   tres verdes camisas D  a túa belga amiga

E   algún libre día F   caderno ese de notas

1
2 Cal dos grupos nominais da actividade anterior segue este esquema? Responde.

GRUPO NOMINAL

DETERMINANTE NÚCLEO COMPLEMENTO


+ +
posesivo substantivo grupo nominal con preposición

3 Copia todos os grupos nominais do seguinte texto.


Ten en conta as contraccións.
Unha enfermidade inoportuna
Desde que tiña sete anos practico tenis de mesa. Esta
semana, xusto cando tiña unha competición importante,
collín un arrefriado fortísimo e tiven que quedar na casa
durante tres días enteiros. Non puiden nin saír da cama!
Que mala sorte…

Copia un dos grupos nominais anteriores seguindo a estrutura indicada en cada caso.
•  demostrativo + substantivo •  numeral + substantivo + adxectivo
•  numeral + substantivo •  substantivo + grupo nominal con preposición

4 Que afirmación sobre o grupo nominal é correcta? Le e razoa.

A   B   C

Os elementos que Os determinantes e os adxectivos Os adxectivos


forman un grupo nominal que fan de complemento concordan en
non teñen ningún tipo concordan en xénero e número persoa e número
de concordancia. co substantivo que fai de núcleo. co substantivo.

5 De que grupo nominal se trata? Sigue as pistas e cópiao no caderno.

PISTA 1. Contén dous PISTA 2. O núcleo é un PISTA 3. Ten un demostrativo


complementos. substantivo en plural. como determinante.

dous abrigos o coche aquelas montañas un remedio boísimo


verdes con petos da nai grandes do fondo para a calor

2
Os verbos irregulares

OBRADOIRO DE GRAMÁTICA
O verbo estar

Hai verbos que nalgúns tempos non se conxugan igual ca o verbo modelo.
Estes verbos son irregulares.

FORMAS PERSOAIS
MODO INDICATIVO
PRETÉRITO IMPERFECTO PRETÉRITO PERFECTO
PRESENTE
(Copretérito) (Pretérito)
eu estou eu estaba eu estiven
ti estás ti estabas ti estiveches
el, ela está el, ela estaba el, ela estivo
nós estamos nós estabamos nós estivemos
vós estades vós estabades vós estivestes
eles, elas están eles, elas estaban eles, elas estiveron
PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO CONDICIONAL
FUTURO
(Antepretérito) (Pospretérito)
eu estivera eu estarei eu estaría
ti estiveras ti estarás ti estarías
el, ela estivera el, ela estará el, ela estaría
nós estiveramos nós estaremos nós estariamos
vós estiverades vós estaredes vós estariades
eles, elas estiveran eles, elas estarán eles, elas estarían
MODO SUBXUNTIVO INFINITIVO CONXUGADO
PRETÉRITO IMPERFECTO
PRESENTE
(Pretérito)
eu estea eu estivese eu estar
ti esteas ti estiveses ti estares
el, ela estea el, ela estivese el, ela estar
nós esteamos nós estivésemos nós estarmos
vós esteades vós estivésedes vós estardes
eles, elas estean eles, elas estivesen eles, elas estaren
MODO IMPERATIVO
está ti   estade vós

FORMAS NON PERSOAIS


INFINITIVO XERUNDIO PARTICIPIO
estar estando estado

31
OBRADOIRO DE ORTOGRAFÍA
FICHA 1. O uso das maiúsculas

OBRADOIRO DE ORTOGRAFÍA
PREPARÁMONOS
 Que palabra debería levar maiúscula inicial? Localízaa.

Ola, maruxa!
Como che vai?

A letra inicial dunha palabra escríbese con maiúscula nos seguintes casos:
• Ao principio dun texto: Todo comezou un martes 13 de…
• Despois de signos que pechan oracións, como o punto (.), o signo de interrogación (?),
o signo de admiración (!), etc.: Sabes onde vive miña nai? Vive nunha casa á beira
do río.
• Nos nomes propios de persoas, animais, lugares, etc.: Xocas, Laika, Vimianzo…
• Na primeira palabra dos títulos de contos, películas, cancións, etc.: Os horizontes
de Adar, O Apóstolo, A saia da Carolina…
• En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, empresas, etc.
formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia…
Non se escriben con maiúscula inicial nin os nomes dos días da semana nin os dos
meses do ano.

1 Despois de que signos de puntuación se escribe maiúscula? Pon exemplos do texto.


Unha maxia especial
Sabedes por que me gusta máis o teatro ca o cine?
Pois é porque, cando un actor ou unha actriz sae
ao escenario, está tan cerca e ten tanta presenza
que me sinto coma se me estivese falando a min.
É incrible! Claro que sei que o cine tamén pode ser
espectacular, pero o teatro ten unha maxia especial.

2 Escribe tres nomes propios de cada clase.


Lembra que as maiúsculas tamén levan acento gráfico.

De persoas. De animais. De cidades. De ríos.

1
3 Sinala cal das palabras destacadas en cada oración se debe escribir con maiúscula
inicial e explica por que.
•  A tía rosa mercoume unha preciosa rosa na floraría.
•  O meu can trono asústase moitísimo cando oe un trono.
•  A cantidade de terra fértil do planeta terra é cada vez menor.
•  A miña amiga mar foi de viaxe a unha vila situada na beira do mar.

4 Completa cada oración co nome propio que cumpra.


Lembra que cando unha palabra con maiúscula inicial comeza por un dígrafo,
só se escribe en maiúscula o primeiro elemento deste.

Chile Guillerme Lleida Quiroga

• Os habitantes de reciben o nome de ilerdenses.


• O concello de atópase ao sueste da provincia de Lugo.
• A nova alumna di que vén de , un país de América do Sur.
• O domingo pasado fun ao cine con , o meu mellor amigo.

Ocórreseche algún outro nome propio que comece por ch, gu, ll ou qu? Escríbeo.

5 Escribe.
•  O título do teu libro favorito e o nome do seu autor ou da súa autora.
•  O título da túa película favorita e o nome dos personaxes principais.
•  O título da túa canción favorita e o nome do grupo ou artista que a canta.

6 Escribe as seguintes oracións poñendo maiúscula cando sexa preciso.


•  o consello da cultura galega organiza unha exposición sobre a emigración.
•  se tes dúbidas lingüísticas podes acudir á páxina web da real academia galega.

7 DITADO. Prepara o ditado e escríbeo no caderno.


Comezan as festas da vila
Co tradicional pregón da alcaldesa, Ana Moure, comezaron
onte as festas do concello da Florida. Unha das concelleiras
animaba a veciñanza clamando entusiasmada: «Vide todas
e todos! Esperámosvos!». Pouco despois, as rúas comezaron
a encherse de xente.
Hoxe mesmo, o famoso grupo de folk Musicolandia ofrecerá
un concerto na praza da Concordia. Mañá, sábado, celebrarase
o concurso de baile e pasadomañá, o de canto. Seguro
que non queredes vir? Aínda quedan un par de días
para que rematen as festas… Dádelle unha volta!

You might also like