Actividades Rep Celular

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

ACTIVIDADES REPRODUCIÓN CELULAR.

1. A seguinte imaxe corresponde ao empaquetamento do ADN.

(a) Pon nome ás estruturas sinaladas. Nos números 4 e 6 indica o nome da estrutura e o seu diámetro.
(b) Explica como ten lugar o empaquetamento para formar a cromatina axundándote do debuxo.
(c) Explica a relación entre ADN, cromatina e cromosomas.
2. Dene cromátides irmás, par de cromosomas homólogos, célula haploide e célula diploide.
3. Indica para cada unha das seguintes parellas de cromosomas se son homólogas ou non, razoando a resposta.

4. Indica das seguintes células cales son haploides e cales diploides, razoando as respostas.

5. As seguintes grácas representan a variación na cantidade de ADN dunha célula ao longo do ciclo celular.

(a) En que se diferencian unha da outra?. Con que tipo de reprodución celular se corresponde cada unha?
(b) Indica con que fases do ciclo se corresponde cada segmento da gráca e explica que ocorre en cada unha.
6. A seguinte imaxe corresponde a unha preparación microscópica de células vexetais en mitose:

(a) Sinala na imaxe unha célula que se atope en cada unha das fases e explica brevemente que ocorre en cada
unha das fases por orde cronolóxica.
(b) Explica como ten lugar a citocinese nas células vexetais.
7. Representa unha célula diploide con 3 pares de cromosomas nas seguintes situacións:
(a) Metafase da mitose. (b) Anafase da meiose I. (c) Metafase da meiose II.
(a) Indica en cada caso se as células resultantes da división representada son haploides ou diploides e o seu
número de cromosomas e de cromátides por cromosoma.
8. As seguintes imaxes representan unha célula con dous pares de cromosomas que se está reproducindo.
(a) Indica a que tipo de reprodución (mitose ou meiose e se é meiose, I ou II) corresponde cada unha. Razona
a resposta.
(b) Indica o número de cromosomas e de cromátidas por cromosoma que terá cada unha das células llas ao
completarse a división que están sufrindo e se as células resultantes serán haploides ou diploides (0,75 ptos)

9. Os seguintes cromosomas pertencen a unha célula nai que se vai reproducir. Contesta as cuestións formuladas a
continuación.

(a) Cantas dotacións cromosómicas ten a célula nai? É haploide ou diploide? Cantos cromosomas ten cada
dotación cromosómica?
(b) En que consiste a duplicación do ADN? Cando ten lugar? A que dá lugar? Representa os cromosomas
despois da duplicación.
(c) Representa a mitose desta célula. Como serán as células llas entre si e respecto da célula nai?
(d) Representa a meiose da célula supoñendo que se produce entrecruzamento entre dúas cromátides do par 1
entre os xenes a e b.
(e) Indica todas as combinacións de alelos que terán os posibles gametos resultantes da meiose desta célula.
(f) Explica as diferenzas entre a mitose e a meiose no que respecta ao proceso e á súa nalidade nos organismos.
(g) Cal é a importancia biolóxica da meiose?

You might also like