Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACH

TEMAS SÉC XVI E XVII

TEMA 9. A NOVA MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS


(unión dinástica, reorganización político-administrativa)

O casamento entre Isabel de Castela e Fernando de Aragón en 1469 deu orixe a unha nova entidade política: a
monarquía hispánica entendida como a unión dinástica, persoal, das dúas coroas na que cada reino seguiu a rexerse
polas súas leis e institucións diferenciadas polo que se configurou un Estado non unitario, integrado por territorios
(Castela, Aragón, Cataluña e Valencia) que tiñan en común a mesma monarquía. Para goberno dos seus reinos Isabel
e Fernando acordaron repartirse competencias e administrar conxuntamente os territorios (tanto monta, monta tanto
Isabel como Fernando). Na súa titulación mantiveron os títulos tradicionais enumerando as súas posesións, se ben na
Corte e no exterior foi impoñendo o título de reis de España. A pesar deste aparente equilibrio, o maior peso
demográfico, territorial e económico de Castela orixinou unha crecente castelanización da monarquía.
Os RRCC son considerados como os monarcas que inician a transición do medievo á modernidade. Acometeron unha
serie de reformas administrativas e políticas orientadas a fortalecer o poder dos monarcas fronte o da nobreza, marcando
o nacemento dunha monarquía autoritaria e forte e extinguindo a feudal. Os Reis Católicos coincidiron na
necesidade de impoñer a súa autoridade fronte a nobreza que durante a Idade Media se levantara contra o poder real.
Para sometela adoptaron diversas medidas: suprimiron as encomendas dos nobres sobre os mosteiros, Fernando aboliu
os malos usos que reclamaban os remensa da Coroa de Aragón (Sentencia Arbitral de Guadalupe) e derrubaron as
fortalezas dos nobres rebeldes que apoiaran abertamente a Juana A Beltranexa e ó rei de Portugal, Alfonso V, durante
o conflito sucesorio (1475-1479) iniciado trala morte de Enrique IV de Castela. A nobreza galega participou dividida
na guerra de sucesión entre os partidarios de Isabel, encabezados polo arcebispo Fonseca, e os partidarios de Juana
capitaneados por Pedro Madruga, quen se tivo que exiliar en Portugal. A oposición ó novo estado tivo no mariscal
Pardo de Cela, apresado e executado en Mondoñedo en 1483, o principal símbolo da resistencia galega fronte ó
centralismo real.
Para someter o poder do clero, os Reis Católicos fomentaron as regalías que lles permitía intervir no nomeamento de
bispos e abades e levaron a cabo unha profunda reorganización dos mosteiros que quedaron integrados na
Congregación de Castela eliminando a súa autonomía e substituíndo os seus cargos por outros procedentes de Castela.
Para afirmar a súa autoridade acometen unha profunda reforma administrativa na que a nobreza ocupa importantes
cargos. A administración de xustiza organízase entorno ás chancelerías que tiveron sede fixa (Valladolid e Granada)
e as audiencias (Santiago e Sevilla). Fixeron dos correxidores un instrumento básico da súa política municipal. Eran
nomeados polo rei, convertéronse na autoridade suprema das vilas e cidades, presidían os concellos e tiñan funcións
de administración de xustiza, recadación de impostos e orde pública. Reforzaron o Consello Real (logo chamado de
Castela) convertido en órgano asesor dos reis formado por nobres e letrados con sólida formación xurídica. Crearon
outros consellos: da Inquisición, das Ordes Militares de Aragón que cobraron cada vez máis importancia. Mentres, as
Cortes, diferenciadas para Castela, Aragón, Cataluña, Valencia e Navarra, perdían protagonismo, sobre todo en Castela
onde se reunían unicamente para aprobar os recursos ou xurar o herdeiro ó trono. Na Coroa de Aragón e Navarra
instituíuse a figura do Vicerrei, representante do monarca que exercía a autoridade real de forma plena. Mantivéronse
as restantes institucións tradicionais como a do Xustiza Maior quen exercía de árbitro entre o rei e os súbditos. Crearon
un exército permanente e moderno integrado por mercenarios e organizado en unidades militares de infantería, os
terzos, equipados con armas modernas (artillería, arcabuces, lanzas e picas) e hospitais de campaña; epara garantir a
seguridade no rural organizaron a Santa Irmandade, milicia armada con atribucións policiais. Ademais dotáronse dun
amplo corpo diplomático para reforzar a política exterior.
Emprenderon a tarefa de ampliar os territorios dos reinos peninsulares mediante a conquista militar e a diplomacia. Tras
intensas e longas campañas militares incorporaron a Castela o Reino de Granada (1492), as illas Canarias (1496) e
Melilla (1497). O apoio á proposta de Colón de navegar cara o Oeste para buscar unha ruta que conducise ás Indias
concluiría co descubrimento de novas terras en América pola Coroa de Castela. Para a Coroa de Aragón incorporan os
territorio ó norte dos Perineos do Rosellón e Cerdaña (1493) e, tralos triunfos dos terzos mandados polo Gran Capitán,
do reino de Nápoles (1505). En 1515 Fernando aproveita os enfrontamentos con Francia para anexionar Navarra á
Coroa de Castela aínda que mantivo os seus privilexios forais e institucións propias. A intensa política matrimonial
pretendía estreitar os lazos con outros reinos (Portugal, Gran Bretaña, Austria) para illar a Francia.
Co desexo de impoñer nos seus dominios a ortodoxia católica (título de Reis Católicos concedido polo Papa) crearon
en 1478 o Tribunal da Inquisición, encargado de defender o dogma e a moral católica e perseguir a herexes e falsos
conversos e ordenaron a expulsión dos xudeus en 1492. O Cardeal Cisneros decreta en 1502 a conversión forzosa
(mouriscos) ou o exilio dos musulmáns de Granada.

You might also like