Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

CONTO GALLEGO (S-XIX) - ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro foi unha poetisa e novelista galega que escribeu, tanto en galego
como en español. Está considerada das mellores poetas do século XIX, que representa
xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez das figuras emblemáticas do Rexurdimento
galego. Unha das súas obras máis coñecida é Cantares Gallegos ou Follas Novas, nas
que en case todas as súas obras fala do amor que lle ten a Galicia e da morriña que ten
cando non está na súa terra.
SOBRE A OBRA…:
Era un día de inverno, e Xán e Lourenzo, dous amigos dende a escola, ían un a cabalo
dunha mula branca (Xan) e outro a andar (Lourenzo). Mentres avanzaban polo camiño,
Xan díxolle a Lourenzo que porque non compraba un come-toxos, que era unha mula,
e Lourenzo decía que era mellor ir andando xa que os pés non daban gastos. Mais
tarde, Xan dille: debíaste de casar! pra poder aforrar algo, pero a Lourenzo non lle
gustan as mulleres e non fai máis que falar mal delas, falando dese tema ían chegando
a un lugar no que había un enterro, e de súpeto crúzanse cun home e pregúntanlle que
de quen era o enterro, e dilles que é un home chamado Antón que deixa unha muller
ben nova e sen fillos. Cando o home se alexa deles, Lourenzo dille a Xan que vai
conquistar esa viuda para se casar con ela. Xan non cre que o vaia a conseguir e fan
unha aposta; se gaña Lourenzo, lévase a mula, e se gaña Xan, Lourenzo promete non
falar mal das mulleres.
Cando chegan á aldea, Lourenzo vai a donde o medio da xente e berrou con tristeza
hacia Antón e logo foi pa xunto da viuda. O acabar o enterro a viuda leva á casa a
Lourenzo e a Xan, que este temía pola súa mula xa que Lourenzo estabai conquistando
decíndolle que era sobriño de seu tío. Entre unha cousa e outra un tempo mais tarde a
viuda dalle palabra de se casar a Lourenzo e Xan perde a aposta. Ó final Lourenzo vaise
coa mula de Xan e dilles que volve de seguida; e ainda hoxe a viuda está a esperar polo
sobriño de seu tío. (A viuda referíase por seu tío ó seu antiguo home, Antón).

VALORACIÓN PERSOAL
A verdad é que me pareceu unha obra bastante interesante xa que a min os poemas
non me gusta moito lelos, e as obras de Rosalía de Castro creo que son case todas
poéticas. Este relato está moi ben a pesar de ser curto xa que esas conversacións
poden ser moi típicas de calquera persoa na actualidade. E enganchoume bastante
porque era algo “realista”.

You might also like