Texto e Comentario

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

AUDIO EN TEXTO

Ola son Isolina e teño 83 anos e veño a contarvos a vida que tiña cando eu era mas ou
menos cativa. Nacín cando se acabou a guerra, no 37 e daquela tiñamos unha vida
miserable porque foi aquel ano da guerra e…bueno… E tiñamos que traballar cando
éramos pequenas; eu teño dous irmaos e eu era a mas vella e cando meus país
traballaban eu tiña que coidar dos cativos, e despois cando fomos a escuela íbamos un
pouco a escuela e íbamos pouco porque estaba lonxe da casa e os caminos eran moi
malos que eran por donde pasaban os carros e as vacas, e a xente andaba a pé por
dentro dos prados e das chousas pa sacarnos da lama. Ahora todos esos carreiros e
camiños, todos se acabaron porque fixeron carreteras e xa non existen. E daquela
cando non había tractores nin nada deso as terras que tiñamos pa botar patacas,
nabos… labraban as terras coas vacas e despos nosotros tiñamos que cunha cada,
sachar pa quitar as malas herbas, e ahora solfatan e mas matan a vida da xente que
ahora con eses solfatos que votan ás terras, pois non sei porque pero hai moitas
enfermedades raras e despos pa ir a escuela, poñíannos a escuela de noite e nas casas
e éramos felices con esa miseria e esas cousas, xuntábamonos todos os da aldea, e
xogabamos eh…pos mas ou menos vos contei como era antes.
COMENTARIO
O galego central que é o que pertence a Guitiriz, é o menos unitario dos tres “bloques
que hai” e fálase no interior de Coruña, interior de Lugo e provincias de Pontevedra e
Ourense.
Utiliza un galego no que mete varias palabras en castelán sin o uso do seseo nin
gheada, e palabras como pantalos en vez de pantalóns ou pantalois; cas en vez de
cans…

You might also like