Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Informática Aplicada á Empresa

Prácticas - Excel
Boletín de exercicios (2)
Instrucións:

• Ler atentamente os enunciados dos exercicios e facer exactamente o que se indica en


cada un deles.
• Avisar ao profesor/a cando se remate completamente cada exercicio para ser avaliado.
En caso de ter algún erro, deberase corrixir e avisar novamente ao profesor/a.
• O/A profesor/a só revisará os exercicios durante as clases de prácticas, non se
poderán enviar nin por email nin por outro medio.
• Cada exercicio ten unha data máxima para ser presentada ao profesor/a. Despois desa
data, o exercicio non será avaliado.
• A data de presentación do exercicio por parte do/a alumno/a terá efecto na nota da
avaliación continua.

1. Funcións Diversas (data max: 19/03/2020)


Crear unha lista en Excel cos seguintes campos e seguindo o mesmo formato (nº de decimais,
formato moeda, etc.), cun mínimo de 7 rexistros (filas):

Código Título Director Idioma Prezo entrada Desconto actual


COD1295 Blade runner Ridley Scott Inglés 5,50€ 10%

Para que non se poidan meter datos incorrectos, debe validarse que:

• O valor do idioma sexa un dos seguintes: "Galego", “Español", "Inglés".


• O valor do prezo sexa positivo.
• O valor do desconto este a entre 0 e 20% (non se permite ofrecer descontos
maiores a un 20%) 1.

En caso de introducir un valor non válidos, durante a validación debe mostrarse unha mensaxe
de erro explicativa sobre o erro ocorrido. Por exemplo, “O prezo de entrada debe ser positivo”.

Debaixo da lista, débese copiar a táboa que se atopa a continuación. O campo Código e
Cantidade serán cuberto manualmente. Para o resto de campos e usando a función BUSCARV,
débese proporcionar a información precisa sobre a película e o custo das entradas a partir do
Código e da Cantidade de entradas a comprar. No Prezo por entraba debe terse en conta o
desconto aplicado a dita película, e tanto ese como o Prezo total deberán redondear a 2
decimais (mediante función) e mostrarse en formato MOEDA.

1
En Excel, os porcentaxes son representado mediante números decimais, onde:
• 1  100%, 0,5 50%, etc.
Boletín de exercicios Excel - Informática Aplicada á Empresa 2

Código COD1295
Cantidade 2
Título Blade runner
Director Ridley Scott
Prezo entrada 4,95€
Prezo total 9,90€

2. Listas (data max: 30/04/2020)


Neste exercicio o/a alumno/a deberá crear unha lista para rexistrar e almacenar as películas
proxectadas por varios cines durante este ano. Para iso, crear unha lista cos seguintes campos
e un mínimo de 20 rexistros:

CÓDIGO LOCALIZACIÓN PELÍCULA DATA HORA SALA ASISTENTES PREZO_ENTRADA INGRESOS

A descrición de cada campo que compón a lista é a seguinte. Débese engadir as validacións
que se indican, non se poden introducir datos inválidos, e cada columna deberá seguir o
formato definido.

• CÓDIGO: é o identificador de cada CINE. Pode ser C1, C2 ou C3.


• LOCALIZACIÓN: é a localización de cada cine . Calcúlase de xeito automático
(mediante función) a partir do código do cine. Os valores son:
o C1 -> A Coruña
o C2 -> Santiago de Compostela
o C3 -> Vigo
• PELÍCULA: o nome da película a proxectar. Pode ser calquera texto.
• DATA: Data na que se proxectou a película. Ten que ser no ano 2019, pero anterior ó
día actual (non se poden introducir datas futuras). Este filtro debe funcionar en
calquera día do ano.
• HORA: Hora da proxección da película. O valor só pode ser entre as 13:00 e as 23:30.
• SALA: A sala usada para proxectar a película. Pode ser “Sala 1”, “Sala 2”, “Sala MAX”
ou “Sala Infantil”.
• ASISTENTES: Número de asistentes. Debe ser un enteiro e positivo e menor que 150.
• PREZO_ENTRADA: Prezo da entrada da película. Debe ser un valor decimal e positivo,
formateado como moeda con dous decimais.
• INGRESOS: Ingresos totais obtidos pola película. Calcúlase automaticamente
(ASISTENTES x PREZO_ENTRADA). Formateado como moeda con 1 decimal.

Facer o seguinte traballo sobre a táboa anterior:

a) Acudir á orde autofiltro e aplicar os seguintes casos (non ten visualización


permanente, non é necesario gardar o resultado):
1. Películas proxectas en A Coruña na sala “Sala Infantil”.
2. Películas proxectas pola noite (entre as 21:00 e as 23:30).
3. Películas cunha asistencia inferior á media.
4. Ordenar por CÓDIGO, DATA e HORA.
Boletín de exercicios Excel - Informática Aplicada á Empresa 3

b) Desenvolver os seguintes filtros avanzados. Non é necesario gardar o resulta dos


filtros pero si a súa definición:
1. Películas proxectada na sala “Sala MAX”.
2. Películas con máis de 100 asistentes proxectas na sala “Sala 1”
3. Películas proxectadas durante os meses de marzo, abril e maio do ano 2019.
4. Películas proxectadas no primeiro mes de cada trimestre (xaneiro, abril, xullo e
outubro) do ano 2019.
5. Películas con menos de 100 asistentes proxectadas na “Sala Infantil” ou na sala
“Sala MAX”.
6. Películas con ingresos inferiores á media 2. A media pódese calcular mediante
unha función nunha cela separada, por exemplo, usando a función PROMEDIO.
7. Películas dos cines de Santiago ou de Vigo cun prezo de entrada inferior á 5€.

c) Aplicación de subtotais (non queda constancia de isto se non se copia o resultado a


outra parte da folla):
1. Obter a suma dos ingresos por cine.
2. Obter o prezo medio das entradas por cada sala.
3. Obter o prezo medio das entradas e a suma dos asistentes por cine.

d) Aplicación de funcións de base de datos:


1. BDPROMEDIO: media dos ingresos dun cine específico (por exemplo, C1).
2. BDSUMA: suma dos asistentes dun cine específico.
3. BDMAX: valor máximo do importe das entradas dun cine específico.
4. BDMIN: valor mínimo do importe das entradas dun cine específico.
5. BDCONTARA: número de películas proxectadas durante o mes de xaneiro.
6. BDCONTARA: número de películas proxectadas durante o mes de marzo na
sala “Sala 2”.

e) Traballo con táboas e gráficos dinámicos:


1. Suma dos ingresos por meses (en valor absoluto).
2. Suma de ingresos por cine e trimestre.
3. Suma de ingresos por cine, trimestre e sala (en porcentaxe sobre o total).
4. Asistencia máxima e asistencia mínima por mese e sala.
5. Asistencia media por meses e por cada sala, para as películas con máis de 100
asistentes.
6. Gráfico dinámico indicativo para o prezo medio das entradas por cine e sala
para os meses de febreiro e setembro.
7. Gráfico dinámico indicativo para o número de asistentes por cine e mes (en
porcentaxe sobre o total)
8. Gráfico dinámico indicativo co número de películas proxectadas por cada cine.
9. Porcentaxe de ingresos por cine en relación ao cine número 3.
10. Suma dos ingresos por localización e hora en porcentaxe sobre o total de
ingresos por localización.

2
Ver Filtro avanzado: criterios calculados
Boletín de exercicios Excel - Informática Aplicada á Empresa 4

3. Análise económico (data max: 14/05/2020)


Crear un modelo cas seguintes características:

a) Unha folla na que meteremos os datos e o modelo (MODELO). Os datos básicos do


problema son:
• Os produtos, cantidades, prezo de venta, prezo de custo (3 produtos)
• Os ingresos e custos por produto e totais derivados dos datos anteriores.
• Gastos de explotación (fixos)
o Persoal
o Alugares
o Outros
• Amortizacións e depreciacións
• Resultados financeiros
• Tipo imposto de sociedades
b) O modelo descríbese a continuación:

Concepto de gasto Descrición


1 Ventas Suma(Cantidades vendidas* Prezo de Venta)
2 Custo de ventas Suma(Cantidades vendidas * Prezo de Custo)
3 Marxe Bruto (1-2) Ventas – Custo de ventas
4 Gastos de Explotación Obtidos da relación de gastos
5 Resultado Operativo (EBITDA) (3-4) Marxe Bruto – Gastos de explotación
6 Amortizacións e Depreciacións Especificados na relación de gastos
7 Resultado de Explotación (EBIT) (5-6) EBITDA – Amortizacións e Depreciacións
8 Resultados Financeiros Especificados na relación de gastos
9 Resultado Antes de Impostos (7+8) EBIT + Resultados Financeiros
10 Impostos sobre Beneficios Resultado Antes de Impostos * tipo imposto de
sociedades
11 Resultado Neto (9-10) Res_Ant_Imp – Impostos sobre Beneficios

c) Sobre este modelo responder as seguintes cuestións de análise económico:


1. Táboas:
i. Analizar o resultado antes de impostos (9) en función da cantidade
vendida dun produto e do seu prezo de venta (só dun produto
específico)
2. Escenarios:
i. Crear diferentes escenarios (mínimo 3) para analizar o
comportamento do modelo en función da cantidade e prezo de dous
produtos e dos conceptos que forman os gastos de explotación.
ii. Crear un escenario (chamado libre) para analizar calquera concepto en
función de calquera outros datos (desenrolo totalmente libre).
iii. Facer o resumo de escenarios para ver o comportamento dos
conceptos 5,7,9 e 11.
Boletín de exercicios Excel - Informática Aplicada á Empresa 5

4. Funcións financeiras (data max: 14/05/2020)


a) De cara a comprar un coche que costa 18.000 €, nun concesionario puxéronme as
seguintes condicións:
• Pago inicial: 2.000 €
• 60 cotas mensuais de 250 €
• Pago final: 2.000 €
Calcular o tipo de xuro que me cobran.

b) Crear un cadro de amortización dun préstamo. O cadro debe despregarse so ata o


período que corresponda dependendo dos datos que lle demos. Os datos do traballo
son:
• Importe do préstamo
• Tipo de xuro anual
• Número de anos para amortizar o préstamo
• Número de pagos por ano

You might also like