Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 25

Bioloxía e xeoloxía 1º ESO IES NOSA SRA.

DOS OLLOS GRANDES

Tema 3. A xeosfera

O chan que pisas é moito máis complexo do que


pensas. Descobre que se esconde no interior da
Terra.
Tema 3. A xeosfera Bioloxía e xeoloxía
(modificado) 1º ESO IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

1 A xeosfera

1 A xeosfera

A xeosfera é a esfera sólida que constitúe a Terra. Está formada por rochas
e minerais, que se distribúen en varias capas concéntricas.

A xeosfera é a capa sólida que conforma a Terra, ten un radio de 6.370 km e está
formadapor distintas rochas e minerais. Estes materiais dispóñense en distintas capas en
funciónda súa densidade. Canto maior é a densidade de material, a maior profundidade
se encontra.

As tres capas en que se divide a xeosfera son a codia, o manto e o núcleo.

Unha esfera imperfecta


Do mesmo xeito que o resto dos planetas do sistema solar, dicimos que a Terra é
esférica, pero isto non é completamente certo. Se observamos o diámetro do
noso planeta, veremos que é 21 km máis longo á altura do ecuador, que á altura
dos polos, se o medimos de Polo Norte a Polo Sur. Con todo, estes 21 km son
case imperceptibles se os comparamos co diámetro total da Terra, duns 12.742
km. Por iso dicimos que A Terra é esférica.

Página 2 de 25
Tema 3. A xeosfera Bioloxía e xeoloxía
(modificado) 1º ESO IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

A formación da xeosfera
A densidade é a relación entre a masa e o volume dunha sustacia. Para calculala hai que

dividir a masa da substancia entre o volume, Densidade = . Se colocamos


area nun vaso de auga veremos que se afunde, mentres que se vertemos aceite o que
observaremos é que flota. Podemos axitar o contido do vaso e mesturar os ingredientes,
pero se os deixamos repousar veremos que de novo a area cae ao fondo e o aceite flota. A
característica que determina que un material se afunda ou non é a densidade.

Le a información anterior sobre a densidade, fíxache na imaxe e a continuación vai ao


noso curso en Edixgal e fai o exercicio co nome "Tarefa densidade"

Distribución segundo a densidade

Cando se formou a Terra, hai uns 4.570 millóns de anos, a xeosfera era unha masa de
rocha fundida. Co tempo, os materiais que constituían o noso planeta foron distribuíndose
por capas debido á súa diferenza de densidades.

Os materiais máis densos desprazáronse cara ao interior da Terra e formaron o núcleo;


mentres que os materiais menos densos, ao flotar por riba do resto, quedaron na
superficie da Terra e, ao arrefriar, formaron a codia terrestre.

Todo o material que quedou entre o núcleo e a codia agrupouse formando o manto.

Página 3 de 25
Tema 3. A xeosfera Bioloxía e xeoloxía
(modificado) 1º ESO IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

A Terra, na súa orixe, era unha esfera de rocha líquida.

As capas da xeosfera
A xeosfera está formada por tres capas concéntricas, con distinto grosor e composición: :

• A codia: é a capa máis externa e fina do planeta, e chega ata os 70 km de


profundidade.Divídese en codia continental, que é a parte emerxida, a rocha
máis abundante e o granito, e codia oceánica, que é a que se atopa cuberta por
mares e océanos, é menos densa e máis delgada que a codia continental; a rocha
máis abundante é o basalto.

• O manto: é a capa que se atopa por baixo da codia. Chega ata os 2.900 km
de profundidade e é a máis grosa, xa que ocupa un 82 % do volume da Terra.
Divídese no manto superior e o manto inferior:
• O manto superior: atópase a 1.500 ºC, o que provoca que as rochas que
forman esta capa estean en estado plástico. O manto superior chega ata os
700 km de profundidade.

• O manto inferior: atópase a 3.000 ºC. As rochas que o forman atópanse en


estado sólido debido á presión que sofren das capas superiores. O manto
inferior chega ata os 2.900 km de profundidade.

• O núcleo: é a capa máis profunda da Terra e alcanza os 6.371 km de


profundidade. Está formado por ferro e níquel. Divídese en núcleo externo e
núcleo interno:

Página 4 de 25
Tema 3. A xeosfera Bioloxía e xeoloxía
(modificado) 1º ESO IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

• O núcleo externo: está formado por elementos metálicos, como o ferro e o


níquel. Tamén contén grandes cantidades de xofre. Os materiais atópanse
fundidos, debido ás altas temperaturas e ás fortes presións.

• O núcleo interno: é unha esfera sólida formada por ferro e níquel. Do


mesmo xeito que no manto inferior, as grandes presións ás que está
sometido o núcleo interno fan que os materiais que o forman estean en
estado sólido, a pesar dos seus máis de 6.000 ºC.

Estructura interna da Terra

Crea
A representación da xeosfera

Normalmente as representacións que vemos do interior da Terra non se axustan


á realidade, xa que de cando en cando están feitas a escala.
Para ter unha idea exacta do aspecto e o grosor das capas da xeosfera, realiza
un debuxo ou unha maqueta a escala que respecte as súas proporcións. Non
esquezas incluír unha lenda onde figure a escala que elixiches.

Página 5 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Exercitación e competencia
Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Páxina 6 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

2 Os minerais
Os minerais non adoitan atoparse illados na natureza, senón formando parte de rochas. Os minerais
que forman as rochas a miúdo poden distinguirse a simple vista pola súa cor, por exemplo. Pero
noutras ocasións, as partículas minerais son tan pequenas que non se poden diferenciar.

Todos os minerais son sólidos, non existen minerais líquidos, e moitos deles presentan formas
xeométricas que chamamos cristais. Outra característica que os define é que son inorgánicos, é dicir,
non forman parte da materia viva.

Cada mineral caracterízase por ter unha composición química determinada, é dicir, os elementos
que o constitúen están combinados entre si dunha forma específica, propia de cada mineral. Estes
elementos, ademais, están distribuídos no espazo de maneira ordenada.

En resumo:

• Son sólidos, isto quere dicir que os líquidos e os gases non son minerais.

• Teñen orixe natural, isto exclúe calquera obxecto fabricado polo home.

• Son inorgánicos, isto significa que non poden formar parte dos seres vivos

• Posúen unha estrutura química específica, é dicir, os átomos que forman un mineral son sempre
do mesmo tipo e atópanse sempre nas mesmas proporcións. Así, por exemplo, o cuarzo está
formado pola combinación de átomos de silicio e osíxeno, cumpríndose que sempre hai o dobre
de osíxeno que de silicio.

• Dispoñen dunha estrutura cristalina característica. Os átomos que forman os minerais ordénanse e
distribúense de forma ordenada e regular. A estrutura interna pode manifestarse externamente con
formas xeométricas características. Os cristais son os minerais nos que a estrutura interna está
perfectamente ordenada. A maioría dos minerais aparecen en forma de cristais, visibles cando
menos ao microscopio.

As propiedades dos minerais

Os minerais posúen propiedades físicas e químicas específicas, como o brillo ou a densidade, que permiten
identificalos. Na maioría dos casos, a medición de dúas ou tres destas propiedades permite distinguilos.
Algunhas das súas propiedades físicas son as seguintes:

• A raia: é a cor da pegada que deixa o mineral ao ser fregado sobre unha superficie branca de
porcelana porosa. A cor da raia é moito máis característico que a cor
do propio mineral. Así, a augamariña, que é de cor verde azulado, deixa unha raia branca. Cando
un mineral é demasiado duro como para deixar unha marca de cor, ráiase o propio mineral cun
punzón máis duro ca el e obsérvase a cor que queda na súa superficie. En prácticas diremos que
os minerais que non deixan raia sobre a porcelana teñen raia branca.

• O brillo: é o modo en que a superficie do mineral reflicte a luz.O máis importante é distinguir entre
brillo metálico e non metálico:
• Minerais con raia negra ou coloreada oscura: brillo metálico.

• Minerais con raia branca ou coloreada clara: brillo non metálico

Páxina 7 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• A dureza: chámase así a resistencia que presenta un mineral a ser raiado por outro. A dureza mídese
utilizando a escala de Mohs. Para identificalos utilizaremos o seguinte criterio:
• Minerais que se raian coa uña: dureza < 2,5 (o símbolo < significa menor).

• Minerais que se raian coa navalla: dureza entre 2,5 e 5,5.

• Minerais que non se raian coa navalla: dureza > 5,5 (o símbolo > significa maior). Se o mineral ten
unha dureza maior que 5,5 podemos facer outra proba: intentamos raira unha placa de vidrio co
mineral, se non a raia a dureza está entre 5,5 e 6,6, se raia a placa de vidrio a dureza será igual ou
maior que 6,5.

• A cor: algúns minerais presentan cores características relacionadas coa súa composición química, como
a malaquita, que é de cor verde brillante. Nestes casos, a cor éútil para identificalos. Con todo, o máis
habitual é que presenten unha serie de cores variadas, debido á presenza de impurezas. Por exemplo, o
cuarzo puro é incoloro, pero pode presentar tamén unha cor branca, morada, amarela, etc., debido a
pequenísimas partículas doutros materiais incluídas no cristal durante a súa formación.
3
• A densidade: cada mineral ten unha densidade determinada; por exemplo, a do cuarzo é 2,65 g/cm ,
3
mentres que a da pirita é 5,2 g/cm . En xeral, os minerais en cuxa composición hai metais, son máis densos.
3 3
A densidade é o cociente entre a masa e o volume. Exprésase en g/cm ou en Kg/m .

• A exfoliación: é a propiedade dalgúns minerais de romperse deixando caras planas ou separarse en


follas ou láminas. A mica ten exfoliación en láminas ou follas, a galena, cando son golpeados por un
martelo, ten exfoliación en cubos..

A escala de Mohs está formada por dez minerais ordenados de menor a


maior dureza. Cada mineral pode ser raiado por outro que se atope por
riba del na escala.

• A fractura: Algúns minerais non presentan exfoliación, pero si rompen ao seren golpeados. A forma, o brillo
e a textura destas roturas, chamadas fracturas, axúdannos a identificar os minerais.

O ouro, por exemplo, presenta unha fractura ganchuda con bordes afiados e puntas dentadas; a
calcopirita, pola súa parte, presenta unha fractura desigual cunha superficie tosca e irregular.

A fractura tamén pode ser útil no estudo das rochas. Por exemplo, a obsidiana (vidro volcánico) como a da
imaxe, ten unha fractura concoidea característica.

Páxina 8 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Obsidiana (fractura concoidea)

• Outras características:
Os minerais presentan outras moitas características que nos poden axudar a diferencialos. Algunhas delas
son:

• Hábito: fai referencia á forma externa dun mineral. Moitos minerais presentan formas xeométricas
características, como cubos, prismas, pirámides... Interésanos distinguir dous tipos de hábitos:

• Cristalizado: presenta caras planas, polo menos unha.

• En masa: non presenta caras planas, aspecto irregular.

Exemplos de hábitos cristalizados

• Transparencia: é a capacidade que teñen os minerais de deixar pasar a luz a través deles. Se deixan
pasar a luz e podemos ler algo escrito situado detrás deles diremos que son transparentes, se deixan
pasar a luz, pero non podemos ler algo escrito situado detrás deles diremos que son traslúcidos e se non
deixan pasr a luz a través deles son opacos.

• Sabor: propiedad que teñen algúns minerais, para saber se teñen sabr molla o dedo con saliva, toca o mineral
e próbao. Fai esto soamente cando cho diga o profesor.

• Ademais destas propiedades, os minerais tamén se poden identificar polas súas propiedades químicas. A
máis coñecida é a reacción co ácido clorhídrico, utilizada para recoñecer os carbonatos. Cando poñemos
unha pinga deste ácido na superficie dun mineral e observamos a aparición de burbullas, sabemos que nos
atopamos ante un carbonato.

Páxina 9 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Os tipos de minerais
Os minerais clasifícanse en función da súa composición química, é dicir, segundo os compostos químicos que
os constitúen. A maioría de minerais están formados por combinacións de dous ou máis elementos e, moi
poucos, por un só elemento. Así, distinguimos os seguintes grupos:

• Os elementos nativos: dentro deste grupo inclúense os minerais formados por un só elemento químico e
que se atopan en estado libre na natureza. Por exemplo o ouro, a prata ou o diamante.

O diamante é o mineral máis duro de todos. Está formado por un só


elemento químico chamado carbono. Na imaxe, diamantes sen puír.

• Os silicatos: están formados por silicio, osíxeno e outros elementos químicos. Son os máis abundantes no
noso planeta, xa que constitúen o 95 % da codia terrestre. Entre eles, atopamos o cuarzo, o feldespato, a
O diamante é o mineral máis duro de todos. Está
olivina, o topacio ou a leucita.
formado por un só elemento químico chamado
carbono. Na imaxe, diamantes sen puír.

O cuarzo é o mineral máis A leucita é un silicato que contén O topacio é un mineral que se usa
abundante da codia terrestre. aluminio. como pedra preciosa e ás veces
Podemos atopalo en cor confúndese co diamante.
transparente ou nunha gran
variedade de tonalidades.

O topacio é un mineral que se


usa como pedra preciosaPáxina
e ás 10 de 25
veces confúndese co diamante.
A leucita é un silicato que contén
aluminio.
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• Os sulfuros: son minerais compostos polo elemento químico do xofre, combinado con outros elementos
químicos. Pertencen a este grupo a pirita, a galena ou a blenda.
• Os sulfatos: están formados por xofre, osíxeno e outros elementos químicos. Pertencen a este grupo
o xeso e a barita.

A pirita é un mineral cunha cor parecida ao do ouro, por


iso se lle chama “o ouro dos parvos”. Preséntase en O xeso é un mineral que se utiliza na construción.
forma de cristais cúbicos.

• Os haluros ou haloxenuros: conteñen algún dos elementos chamados halóxenos, como flúor, cloro, bromo
A pirita é unoumineral
iodo. Por exemplo,
cunha a halita ao
cor parecida está
doformada por cloruro de sodio,
O xeso e a silvina,
é un mineral que por cloruronadeconstrución.
se utiliza potasio.
ouro, por iso se lle chama “o ouro dos parvos”.
Preséntase
• Os en óxidos:
forma de cristais
están cúbicos.
formados por osíxeno combinado con algún outro elemento. Por exemplo, o corindón ou
a casiterita.

O corindón é un mineral formado


A halita é un mineral branco polo óxido de osíxeno e aluminio.
transparente e de sabor salgado. Éo máis duro, despois do
diamante. A súa variedade de cor
vermella chámase rubí, e a de cor
azul, zafiro.

O corindón é un
mineral formado polo
óxido de osíxeno e Páxina 11 de 25
aluminio. É o máis duro,
despois do diamante. A
súa variedade de cor
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

• Os carbonatos: son minerais formados por carbono e osíxeno combinados con algún elemento metálico.
Por exemplo, a calcita e a azurita.

• Os fosfatos: son minerais formados por osíxeno e fósforo, combinados con outros elementos. Por exemplo, a
turquesa.

A azurita é un mineral formado por cobre, osíxeno e


carbono. Ten una cor azul característica e adoita A turquesa é un mineral formado por osíxeno,
atoparse xunto a outros minerais do grupo fósforo, aluminio e cobre. Utilízase con fins
dos carbonatos. ornamentais, debido á súa cor inigualable.

•A azurita é un mineral
Os nitratos: formado
son minerais por cobre,
formados por osíxeno, nitróxeno e outros elementos. Un exemplo é o salitre.
osíxeno e carbono. Ten unha cor azul
característica e adoita atoparse xunto a outros
minerais do grupo dos carbonatos.
Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.


A turquesa é un mineral formado
por osíxeno, fósforo, aluminio e
cobre. Utilízase con fins
Consolidación ornamentais, debido á súa cor
inigualable.
Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Páxina 12 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

3 As rochas
As rochas son materiais compostos de minerais que se formaron a partir de procesos xeolóxicos. As rochas
son agregados de minerais compostos por un ou varios minerais. Por exemplo, o granito é unha rocha
formada por tres minerais: cuarzo, feldespato e mica; mentres que o mármore está formado por un único
mineral chamado calcita.

As rochas diferéncianse polo tipo de minerais que as compoñen e o aspecto que presentan. A súa
composición é variable, por iso non se clasifican segundo este criterio, como no caso dos minerais, senón
en función do proceso xeolóxico que lles deu orixe.
As rochas clasifícanse en tres grupos diferentes segundo o proceso de formación: rochas
sedimentarias, rochas magmáticas ou ígneas, e rochas metamórficas.

As rochas esóxenas
As rochas esóxenas son as que se forman na superficie da Terra debido á acumulación e sedimentación
de materiais provenientes doutras rochas, que foron erosionadas por axentes externos como a auga ou o
vento. As rochas esóxenas tamén se chaman rochas sedimentarias.

O proceso de formación das rochas sedimentarias comeza cando a choiva, o vento, os ríos, os seres vivos,
etc., erosionan as rochas da superficie terrestre. Entón, os anacos de rocha desgástanse e son levados a
outro lugar, onde se acumulan e forman as rochas sedimentarias. Este proceso chámase diaxenese:
Diaxénese
Proceso de facerse pétreo, de facerse "rocha". Proceso mediante o cal os sedimentos (os sedimentos son
materiais soltos, tales como areas, cantos, etc) se converten nunha rocha sedimentaria. Consta de dúas fases:

Compactación: os sedimentos situados en capas superiores exercen presión sobre os que están debaixo
compactándoos, o espazo entre os grans diminúe.

Cementación: a auga con sales disoltos infíltrase entre os sedimentos, os sales deposítanse e actúan como
un cemento unindo os grans.

Proceso de diaxénes: na primera imaxe vemos os minerais separados, na segunda


máis xuntos tras a compactación e na terceira os minerais están unidos por un
cemento.

Os sedimentos que forman estas rochas non sempre proveñen de rochas erosionadas, senón que tamén
poden orixinarse a partir de determinados procesos químicos ou da transformación de restos orgánicos. As
rochas sedimentarias clasifícanse segundo a orixe dos seus sedimentos en rochas detríticas e non
detríticas.

Páxina 13 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

Recorda
Os fósiles son restos orgánicos de organismos mortos que se atopaban
na superficie terrestre durante o momento da sedimentación. Estes restos
petrificáronse e así formaron parte das rochas sedimentarias.

As rochas sedimentarias detríticas


As rochas sedimentarias detríticas están formadas por detritos, que son fragmentos de rocha
erosionados. En función do tamaño dos detritos que as compoñen, clasifícanse en conglomerados,
areniscas e lutitas:

• Os conglomerados están formados por fragmentos chamados gravas, de tamaño superior a 2 mm, e
material máis fino, como area ou arxila, que se introduce entre os fragmentos de rocha, unindo uns con
outros por un cemento. Se os fragmentos son redondeados a rocha chámase pudinga e se son angulosos
chámase brecha.

Pudinga Brecha

• As areniscas están formados por anacos ou grans de area compactados, cuxo tamaño varía entre 2
mm e 1/16 mm. Os grans pódense observar a simple vista.

• As lutitas son as rochas de grans de moi pequeno tamaño, menor a 1/16 mm, conque non se ven a
simple vista. A arxila é un tipo de lutita.

As areniscas teñen Arxila, un exemplo de lutita


frecuentemente cor vermello.
Os grans de tamaño da area
aprecianse a simple vista.

Páxina 14 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

As rochas sedimentarias non detríticas


As rochas sedimentarias non detríticas son aquelas que non se forman pola sedimentación de
fragmentos doutras rochas, senón mediante un proceso químico. Así, as rochas non detríticas
clasifícanse, segundo o proceso químico que as orixina e os compoñentes que teñen, en evaporíticas,
carbonatadas e orgánicas:

• As evaporíticas: son as rochas que se forman pola evaporación da auga que contén sales
disoltos e mesturados con arxilas. Ao evaporarse a auga, en zonas de intensa calor, os sales
precipitan e forman estas rochas. Algúns exemplos son o xeso e a halita, que se forma pola
evaporación da auga salgada. Da halita extráese o sal común.

• As carbonatadas: son as rochas que conteñen carbonato de calcio, que pode provir da
precipitación ou da acumulación de esqueletos calcarios. Algúns exemplos son a calcaria e a
dolomita. As estalactitas que penden do teito dalgunhas grutas fórmanse polo goteo e
posterior evaporación de augas que conteñen carbonato de calcio disolto.

• As orgánicas: son as rochas formadas a partir da transformación de restos orgánicos, que se


acumulan tras a morte dos organismos e, debido á presión e ás altas temperaturas, se
transforman en rochas. Exemplos destas rochas orgánicas son o carbón e o petróleo.
A continuación, observa distintos exemplos de rochas sedimentarias de España neste vídeo [ver].

De esquerda a dereita: halita (evaporítica), dolomita (carbonatada) e hulla, un


tipo de carbón.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Páxina 15 de 25
IES NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES
Bioloxía e xeoloxía
Tema 3. A xeosfera 1º ESO

As rochas endóxenas
As rochas que se forman no interior da codia terrestre denomínanse endóxenas. Orixínanse pola
acción das elevadas temperaturas e presións existentes nas capas profundas da codia.

As rochas endóxenas clasifícanse en dous grupos: as magmáticas, que son aquelas formadas polo
arrefriamento do magma do interior da Terra, e as metamórficas, que proveñen da transformación
doutras rochas.

As rochas magmáticas ou ígneas


A codia terrestre atópase flotando sobre o manto, que está formado por unha mestura de rocha
fundida a altas temperaturas e gases denominada magma. Cando o magma atopa unha fractura
na codia, ascende, arrefría e solidifícase, o que forma as rochas magmáticas ou ígneas.

As rochas magmáticas poden ser de distintos tipos segundo a parte do volcán na que
se solidifiquen. As plutónicas fórmanse nas cámaras magmáticas (base do volcán);
as filonianas, nas ramificacións da cheminea; e as volcánicas no exterior do volcán.

Páxina 16 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

Segundo a forma e o lugar onde se solidifica o magma, estas rochas clasifícanse en plutónicas, filonianas e
volcánicas:

• As plutónicas: son aquelas que se forman en zonas profundas da codia a partir do magma encerrado nas
cámaras magmáticas, unhas cavidades situadas baixo os volcáns. Neste caso, o arrefriamento do magma é
moi lento, o que permite a formación de cristais grandes. Algúns exemplos deste tipo de rochas son o gabro,
o granito e a sienita.

• As subvolcánicas ou filonianas: son as rochas que se forman ao solidificarse o magma que ascende por
unha cheminea dun volcán. Este tipo de rocha magmática preséntase como un filón que atravesa outras
rochas, porque o magma introdúcese nas gretas e fisuras dunha rocha existente. Posto que o magma
arrefría máis rápido, os cristais son de pequeno tamaño; polo xeral, atópanse algúns grandes rodeados
doutros pequenos. Algúns exemplos son a pegmatita e o pórfiro.

• As volcánicas: son rochas que se forman nas erupcións volcánicas, cando o magma contido na cámara
magmática atopa unha saída ao exterior. A lava do volcán arrefría moi rápido, e non dá tempo a que se
formen cristais de tamaño apreciable. Algúns exemplos son o basalto, os piroclastos e a obsidiana.

Agora, observa distintos exemplos de rochas ígneas de España neste vídeo [ver].

De esquerda a dereita: granito rosa (plutónica), pórfiro vermello (filoniana) e


basalto (volcánica). Observa que no granito os cristais son grandes; no pórfiro
hai algúns cristais grandes xunto a outros máis pequenos; e no basalto, non se
observan cristais a primeira vista.

As rochas metamórficas
A arxila que se utiliza en traballos manuais é unha rocha sedimentaria. Pódese modelar, pero ao
aumentar a súa temperatura, seca e vólvese ríxida. Do mesmo xeito que a arxila, todas as rochas
poden transformarse noutro tipo de rocha con características diferentes debido ás altas
temperaturas, á elevada presión ou a ambas simultaneamente.

O proceso polo que unha rocha se transforma noutra distinta debido ao efecto da presión e a
temperatura no interior da codia terrestre, denomínase metamorfismo e pode durar millóns de anos.
As rochas resultantes chámanse metamórficas.

As rochas metamórficas fórmanse cando as rochas da superficie quedan sepultadas baixo


estratos de sedimentos, que exercen presión sobre elas e fan que aumente
a temperatura. Sen chegar a fundirse, a rocha orixinal transfórmase nunha rocha metamórfica con novas
características.

Así mesmo, as rochas metamórficas poden provir de rochas sedimentarias, magmáticas e, mesmo,

Páxina 17 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

doutras rochas metamórficas. Dependendo da rocha de orixe, obterase un tipo distinto de rocha metamórfica.

Existen dous grandes grupos de rochas metamórficas, as que teñen aspecto laminar, como a lousa, orixinada polo
metamorfismo dunha rocha sedimentaria chamada arxila; e as cristalinas, que non presentan ningún tipo de
laminación, como o mármore, produto do metamorfismo doutra rocha sedimentaria, a calcaria.

Agora, observa distintos exemplos de rochas metamórficas neste vídeo [ver].

A lousa (esquerda) ten aspecto laminar e pódese dividir con facilidade en follas.
O mármore (dereita) ten textura compacta e cristalina.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Consolidación
Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Páxina 18 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

O ciclo xeolóxico das rochas


A formación dos diferentes tipos de rochas e a transformación dunhas noutras obsérvase no ciclo xeolóxico
das rochas.

O ciclo empeza co magma das capas internas da Terra. Debido a procesos xeolóxicos internos (volcáns ou
terremotos), o magma ascende cara á codia e solidifícase formando as rochas magmáticas ou ígneas.

Se chegan a aflorar á superficie terrestre, as rochas magmáticas son erosionadas polo vento, a auga ou os
seres vivos. Os fragmentos son transportados a outros lugares onde sedimentan. Debido ásedimentación de
detritos ou ásedimentación por procesos químicos, fórmanse as rochas sedimentarias, que se acumulan
formando estratos onde as capas máis antigas se sitúan debaixo das máis modernas.

As rochas sedimentarias ou as rochas magmáticas poden formar parte dos estratos inferiores. A presión
dos estratos superiores e o aumento de temperatura fan que estas rochas sufran un proceso de
metamorfismo que as transforma en rochas metamórficas. Á súa vez, as rochas metamórficas tamén
poden sufrir metamorfismos e variar as súas características.

A erosión non só afecta ás rochas magmáticas, senón tamén ás sedimentarias e metamórficas da superficie
terrestre. Por último, as capas máis profundas da codia terrestre acaban fundíndose, debido á calor interna
da Terra, e volven transformarse en magma, o que inicia outra vez o ciclo.

Visita esta ligazón da Universidade Complutense de Madrid para observar os tipos de rochas e un gráfico sobre o
ciclo das rochas [ver].

Consolidación
Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Páxina 19 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

4 A obtención de minerais e rochas


Os minerais extráense da codia terrestre e procésanse para darlles diferentes usos. Algúns, como o xeso, son
moi utilizados na construción. Outros, chamados preciosos, semipreciosos ou xemas porque destacan pola
súa beleza, son empregados en xoiería, como o zafiro ou o diamante.

Outros moitos minerais son compostos que conteñen algún elemento metálico, por este motivo extráense e
procésanse para illar o metal. Este é o caso, por exemplo, da calcopirita, da que se obtén o cobre; a galena, da
que se extrae o chumbo; e a hematita, da que se extrae o ferro. O conxunto de procesos aplicados á extracción
de minerais denomínase minería.

Os minerais que se atopan dispersos son moi difíciles de extraer, por iso as extraccións adoitan levarse a cabo en
zonas que presentan grandes acumulacións dun determinado mineral. Estas zonas denomínanse filóns.

A explotación dun filón chámase mina. Unha mina pode ser subterránea, se o xacemento se atopa baixo
terra, ou a ceo aberto, cando está na superficie.

Na mina, un mineral adoita estar acompañado doutros. Chámase mena o mineral principal, obxecto da
explotación, e ganga os materiais que o acompañan, pero que non teñen utilidade. Un proceso fundamental
consiste en separar a mena da ganga.

As rochas extráense das canteiras, que son explotacións a ceo aberto. A continuación, observa como se
extraen e procesan as rochas ornamentais e as utilidades de rochas sedimentarias como as arxilas .

Cando os minerais
están en zonas
profundas
fanse minas
subterráneas.
Nelas vanse
abrindo túneles
a medida que se
perfora a rocha.

Páxina 20 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Consolidación
Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

.................................................................................................................................................................................... .....................

5 O uso das rochas e os minerais


As rochas e os minerais constitúen a materia prima coa que están feitos moitos dos obxectos que usamos a
diario.

No caso das rochas, adoitan utilizarse sobre todo en dous ámbitos:

• a construción: moitas rochas sedimentarias, como a arenisca, as calcarias ou os conglomerados, utilízanse


na construción de edificacións. Así, podemos atopalas en vivendas, escolas ou outro tipo de edificios
institucionais. Outras, como as metamórficas ou as volcánicas, utilízanse máis na ornamentación de
espazos. Por exemplo, o granito, o mármore ou a lousa son moi usados para adornar os nosos fogares.

• a enerxía: as rochas sedimentarias de orixe orgánica úsanse moito como combustible. Así o pon de
manifesto o alto consumo de carbón e petróleo na nosa sociedade.

O granito é un
material moi usado
nos mesados das
cociñas.

Páxina 21 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

Os minerais que adoitan utilizarse como materia prima na elaboración de produtos cotiáns denomínanse minerais
de interese económico. Estes teñen distintas aplicacións:

• obtención de metais: a partir dos minerais metálicos obtéñense moitos dos metais que se usan a miúdo
na construción ou a industria. Por exemplo, da galena extráese o chumbo; da siderita, o ferro; e do
cinabrio, o mercurio.

• construción: o xeso, por exemplo, é moi usado nas edificacións.

• obxectos cotiáns: o grafito utilízase, por exemplo, para elaborar as minas dos lapis.

• alimentación: a halita é o sal que usamos a diario.

• fonte de enerxía: os chamados minerais enerxéticos serven como combustible. Este é o caso, por exemplo,
da uranita, da que se extrae o uranio, usado como fonte de enerxía nos reactores nucleares.

• pedras preciosas: moitos minerais utilízanse polo seu valor como pedras preciosas ou xemas. Dentro deste
grupo atopamos o topacio, o diamante, os granates ou as ágatas, entre outros.

O grafito utilízase, entre


outras cousas, para elaborar
as minas dos lapis.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

A xestión sustentable das rochas e minerais


As rochas e os minerais son recursos non renovables que se extraen directamente da codia terrestre. Para
conseguilos ábrense grandes minas onde se escava o chan a gran profundidade. Estas escavacións xeran
un grande impacto sobre o terreo.

Páxina 22 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

Nas minas utilízanse


grandes máquinas
que permiten escavar
a granprofundidade.

Na extracción de minerais tamén hai que ter en conta o impacto ambiental xerado polos procesos posteriores á
extracción. Por exemplo, en moitos casos, para lavar ou extraer os minerais valiosos das rochas utilízanse substancias
que xeran refugallos tóxicos e que son prexudiciais para o medio ambiente e a saúde.

Ademais do impacto ecolóxico,Nasa sobreexplotación


minas utilízanse mineira
grandestamén é a causante
máquinas que de determinados problemas sociais.
permiten escavar a gran profundidade.
Gran parte das rochas e minerais proveñen do continente africano, onde son extraídos por traballadores en pésimas
condicións laborais. Doutra banda, os grandes beneficios que provocan estas explotacións, son detonantes nalgúns
casos de inestabilidades políticas e conflitos armados.

Por este motivo, debemos coñecer moi ben a historia que se atopa detrás de cada rocha e cada mineral que se
utiliza, e realizar unha boa xestión destes materiais para que poidan ser reaproveitados ao máximo.

Por exemplo, os compoñentes electrónicos conteñen uns metais que poden ser recuperados e ser usados de novo.
Así que é importante levar estes compoñentes electrónicos (televisores, computadores, radios, electrodomésticos)
aos correspondentes puntos de recollida.

Reflexiona
Paga a pena pagar o prezo do ouro?

O ouro é un metal moi prezado que comunmente se atopa incrustado nos


minerais. Para extraelo utilízanse grandes cantidades de compoñentes tóxicos
que poden provocar problemas no medio ambiente e na saúde.

No seguinte vídeo [ver] móstrase unha campaña en contra dunha


macroexplotación mineira de ouro que se quería desenvolver en Galicia.
Visualízao e reflexiona se paga a pena pagar o alto prezo que supón a extracción
do ouro. Expón os teus argumentos de forma ordenada nun artigo de opinión.

Páxina 23 de 25
Impreso por Profesor
Bioloxía e xeoloxía LTI.AMTEGA.1.LTI27006541.Profesor.113
A xeosfera 2 1º ESO Centro NOSA SRA.DOS OLLOS GRANDES

Consolidación
Actividades para consolidar o que aprendiches nesta sección.

Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

.........................................................................................................................................................................................................

6 Exercitación, proxectos e
competencias
Practica

Encontrarás actividades de ejercitación en la versión online.

Pon a proba as túas capacidades e aplica o aprendido con estes recur

Páxina 24 de 25
Páxina 25 de 6

You might also like