Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Resumo do tema: Revolucións liberais e nacionalismos

Nas décadas finais do século XVIII e iniciais do XIX, as sociedades europeas e


americanas protagonizaron violentos procesos de cambio e transformación que, pola
defensa que fan das liberdades individuais, coñécense como revolucións liberais. Así
mesmo, polo papel predominante que tivo a burguesía no seu desenvolvemento e por
ser ela a principal beneficiada dos cambios tamén se denominan revolucións
burguesas.

Estes procesos de ruptura co sistema anterior –o Antigo Réxime-, non se


desenvolveron ao mesmo tempo nin con igual intensidade en todas partes. En liñas
xerais pódense distinguir tres grandes focos revolucionarios:

• A revolución das colonias británicas de América do Norte, vinculada co


nacemento e formación dos EE.UU (1776-1789)
• A revolución francesa e a súa expansión por Europa con Napoléon (1789-
1815)
• A revolución no reino de España e a súa repercusión nas colonias americanas
(1808-1824)

1. A revolución americana: independencia dos EE UU

En 1776 representantes de 13 colonias británicas de Norteamérica reunidos en


Virxinia, proclamaron a súa independencia respecto de Inglaterra. Foi a primeira
revolución liberal do mundo, baseada nas ideas dos filósofos ilustrados. A ideoloxía
liberal inspirouse en Montesquieu e nos “pais fundadores” americanos que dirixiron o
proceso de independencia.

2. A Revolución Francesa

A Revolución Francesa está considerada como modelo de revolución liberal e a que


con maior intensidade afectou a toda a sociedade europea, tanto no seu ordenamento
político como nos aspectos xurídicos, económicos, relixiosos e culturais. Supuxo unha
ruptura moi violenta coa orde existente; derrubou o Ántigo Réxime; institucionalizou un
novo concepto de Estado, non como patrimonio dunha dinastía, senón como
expresión da soberanía popular, e creou un novo sistema baseado nos principios de
respecto aos dereitos do home (liberdade, igualdade e propiedade). A aplicación
destes principios orixinou importantes cambios sociais; permitiu a conquista do poder
pola burguesía e o desprazamento da aristocracia, e provocou a aparición dunha
sociedade moito máis dinámica e aberta na que os privilexios de nacemento deixan
paso á valía e ao traballo persoal como novos criterios de organización social.

3. A revolución liberal española

A revolución liberal iniciouse no Reino de España en 1808. Os ideais reformistas


estendéranse entre os círculos ilustrados e burgueses pero, a pesar de ter influencia
nos gobernos, as reformas levadas a cabo foron consideradas insuficientes por algúns
deles e comezaron a propugnar a necesidade dunha transformación radical do
sistema, alentados polo que sucedía en Francia. A presenza francesa e a reacción
fronte a esta, coa elaboración da Constitución de 1812 en Cádiz impulsarán o
pensamento liberal. Freado bruscamente pola volta de Fernando VII.

4. A independencia das colonias hispano-americanas

A derrota da armada franco-española na batalla de Trafalgar (1805) e a guerra de


 1


Independencia (1808-1814), significaron o colapso definitivo do imperio transoceánico
español e a emerxencia de repúblicas liberais nos territorios emancipados en América.

5. A Europa da Restauración. O Congreso de Viena e a Santa Alianza

Despois da conmoción que supuxo o Imperio napoleónico, derrotado definitivamente


por unha ampla coalición liderada por Inglaterra na batalla de Waterloo (1815), os
vencedores reuníronse nun gran Congreso internacional, en Viena (1814-1815)
convocados polo goberno absolutista austríaco (destaca a figura do seu chanceler –
Metternich-), tratando de realizar a imposible tarefa de borrar as influencias da
revolución francesa. Crearon o sistema da Restauración, restablecendo o principio da
lexitimidade das monarquías absolutas que foran depostas por Napoleón.

6. Liberalismo e nacionalismo tras o Congreso de Viena

6.1. O liberalismo.

Se a comezos do século XIX as experiencias revolucionarias liberais parecían remitir


en Europa fronte á Restauración dos réximes absolutistas, os acontecementos
posteriores amosarán que o liberalismo será a doutrina política que inspirará a
construción dos sistemas de goberno e do modelo de Estado predominantes dese
século (Revolucións liberais de 1820, 1830 e 1848). O obxectivo básico da doutrina
liberal é a salvagarda da liberdade do individuo que se converte así na
xustificación última da sociedade política.

6.2. Os nacionalismos

Desde finais do século XVIII o nacionalismo forma parte das ideoloxías presentes na
historia de Europa. A burguesía foi o grupo social que nos primeiros momentos asumiu
de maneira decidida a ideoloxía nacionalista que se consolidou en Europa como
resposta progresista á política reaccionaria do Congreso de Viena. Fronte aos intentos
da Restauración de fundamentar os Estados na orixe divina das monarquías absolutas
ante ás que non cabía máis ca unha actitude de submisión (súbditos do rei) érguense
os movementos nacionalistas que dan pulo á recuperación das propias linguas,
tradición literaria, costumes, dereito... como fonte de lexitimación das aspiracións de
cada pobo.

7. Cultura e arte. O Romanticismo.

O Romanticismo foi un movemento artístico e cultural que xurdiu a finais do século


XVIII no Reino Unido e Alemaña e desenvolveuse na primeira metade do século XIX.
Foi unha reacción fronte ao racionalismo da Ilustración e o neoclasicismo que
dominaba nos centros de formación artística. Foi o movemento artístico da burguesía
triunfante nas revolucións liberais.


 2


You might also like