4 Quincena Resumo

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Resumo do tema: A dominación europea do mundo

1. As grandes potencias europeas


Desde os anos setenta do século XIX, en Europa fóronse asentando progresivamente
o sistema democrático e os principios liberais-burgueses, cun desenvolvemento
paralelo ao auxe da segunda Revolución Industrial. Así, en 1914 a democracia estaba
consolidada nos países que gozaban dunha economía avanzada como Francia ,
Reino Unido ou Bélxica, e tamén en Alemaña en certo grado. Pola contra, no Imperio
Austrohúngaro, e sobre todo na Rusia tsarista, persistían os modelos de goberno
autoritarios próximos ao Antigo Réxime.
1.1. A Inglaterra vitoriana
Este período coñécese como era vitoriana por coincidir con parte do reinado da Raíña
Vitoria (1837-1901), aínda que continúa co reinado de Eduardo VII(1901-10).
O liberalismo identificouse co inglés, foi defendido por todos os partidos e proxectado
a todo o seu Imperio. O seu indubidable predominio económico, o seu prestixio
internacional demostrado e a seguridade do país no seu propio sistema achegáronlle o
papel de grande potencia mundial.
1.2. O Segundo Imperio francés e a III República:
A revolución de 1848 deu a presidencia da República francesa a Luís Napoleón
Bonaparte (sobriño de Napoleón), mais o seu goberno caracterizouse polo forcexo coa
burguesía e o seu autoritarismo. En 1852 promulgou unha nova constitución,
sancionada por un plebiscito, que lle outorgaba plenos poderes. Proclamou o Segundo
Imperio e intitulouse Napoleón III. O novo réxime tentará compaxinar un goberno
autoritario e personalista co mantemento dos principios liberais burgueses (igualdade
xurídica, liberdades públicas...). O seu Imperio afundiuse coa derrota en Sedán, en
1870, fronte á Prusia de Bismarck. Napoleón III abdicou, o que supuxo a fin do II
Imperio e a proclamación da III República.
Durante a III República consolidouse o sistema político republicano. A orde social e
económica da burguesía quedou imposta, aínda que persistiu a loita entre grupos de
tendencia dereitista e esquerdista.
1.3. O Segundo Reich alemán

Tras o proceso de unificación, en 1871 proclámase o Segundo Imperio alemán ou II


Reich. Este proceso político acompañarase dun forte crecemento industrial e dunha
transformación acelerada da sociedade que o leva a alcanzar, a principios do s.XX a
condición de potencia mundial.
1.4. Os imperios plurinacionais
O conxunto das grandes potencias europeas do último terzo do s. XIX completábase
con tres vellos imperios que tiñan en común a súa extensión territorial, a súa realidade
multiétnica e o feito de que neles o liberalismo case non se implantara, pervivindo
estruturas sociais e económicas tradicionais.
- O imperio austrohúngaro
- O imperio ruso
- O imperio otomano
2. As potencias emerxentes
Como xa vimos, no último terzo do s. XIX, especialmente entre 1870 e 1914, a
expansión industrial entrou nunha nova etapa con características propias, coñecida


 1


como Segunda Revolución Industrial ou segunda fase da industrialización. Foi a partir
destes anos cando o proceso industrial alcanzou aos Estados Unidos e mesmo a
Xapón, que xorden agora como potencias emerxentes.


3. A expansión colonial dos países industriais


Durante o último terzo do s.XIX e principios do s.XX as grandes potencias industriais
europeas, Estados Unidos e Xapón rivalizaron polo dominio do mundo.
Simultáneamente ao seu desenvolvemento industrial, estenderon o seu dominio
político e territorial sobre a case totalidade de África, Asia e as illas do Pacífico. Esta
situación deu lugar ao imperialismo moderno, diferente ao colonialismo europeo da
Idade Moderna baseado no modelo mercantilista de explotación de metais preciosos,
sedas e especias e no comercio de escravos.
3.1. Causas do imperialismo

- Causas económicas (busca de mercados, materias primas...)


- Causas demográficas (excedente poboacional europeo)
- Causas políticas (prestixio, estratexia...)
- Causas ideolóxicas (ideoloxía racista, supremacía “racial”, cristianización...)
- Causas científicas (exploracións, investigación científica...)
3.2. Colonización e reparto de África
Até 1870 a presenza europea en África limitábase a factorías costeiras ou pequenos
asentamentos coloniais en zonas próximas ao mar con valor estratéxico ou comercial.
No último terzo do século produciuse unha total ocupación do territorio: o continente
foi completamente desmembrado e quedou en mans das potencias europeas. As
principais zonas exploradas foron as concas dos ríos Níxer e Nilo, así como as terras
de África central. As principais potencias coloniais foron Inglaterra e Francia.
3.3 Colonización e reparto de Asia
A colonización en Asia foi distinta á africana. Non se trataba de pobos con escaso
nivel tecnolóxico e febles estruturas estatais, senón que, en xeral, en Asia existían
civilizacións desenvolvidas con cultura, relixión e costumes diferentes aos europeos.
Ademais, Asia fora zona de expansión para os europeos desde o s. XVI, de xeito que
a presenza colonial no continente era xa intensa. Ao longo do s. XIX os europeos
intensificaron a súa presenza no continente asiático, mais os límites de fronteiras
fixáronse entre 1885 e 1900.
3.4. A organización dos imperios coloniais europeos
• As colonias de explotación
• Os dominios ou colonias de poboamento
• Os protectorados 

• As concesións
3.5. As consecuencias do imperialismo europeo
A influencia do imperialismo nos países colonizados foi moi grande: construíronse
portos modernos, vías de ferrocarril, difundiuse a moeda, instaláronse hospitais e
conseguíronse vencer algunhas enfermidades tropicais. Porén, os pobos colonizados
sufriron un fondo impacto, pois viron transformada a súa economía, sociedade,
cultura, forma de vida, etc.
3.6. O imperialismo dos EE.UU e de Xapón

 2


A expansión imperialista dos EE UU diferénciase da europea en que non anexiona
amplos territorios, senón que exerce un control económico baixo a ameaza do uso da
forza. Irrompeu na esfera internacional nos anos noventa do s.XIX.
O imperialismo xaponés debeuse á presión demográfica, á necesidade de materias
primas das que carecía (ferro, carbón, petróleo, cobre, estaño...), cada vez máis
demandadas pola crecente industria logo da revolución Meijí, e a busca de mercados
exteriores para os seus produtos.
4. Tensións internacionais derivadas do imperialismo
Tras a Conferencia de Berlín sobre África de 1885, os estados interesados na
formación de colonias iniciaron unha carreira frenética para ocupar o máximo territorio
posible. As ambicións encontradas das nacións fortes podían provocar a guerra entre
elas. Este clima prebélico das potencias imperialistas permite entender o marco que
explica as complexas e múltiples causas da Primeira Guerra Mundial.


 3


You might also like