Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 30

Vocabulario 2º av.

Poboación Activa

Conxunto da poboación que se atopa en idade apta para traballar (en España 16
a 65 anos, ainda que se están a producir cambios nos últimos anos).

Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro,


poboación activa desocupada ou desempregada.

*Non forman parte da poboación activa: estudantes, discapacitados, adicados a


labores do fogar, prexubilados, voluntarios de ONG…
Esperanza de Vida

Cálculo do número de anos que unha persoa espera vivir desde que nace, ou dende
que acada unha determinada idade sempre que os niveis de mortalidade permanezan
constantes.

Obtense a partir das táboas de mortalidade.

A esperanza de vida, en España, é maior nas mulleres que nos homes, situándose
segundo o INE na actualidade en 79 para os homes e 85 para as mulleres.
Réxime Demográfico

Etapa na evolución do movemento natural dunha poboación cunhas características


determinadas en canto á natalidade, á mortalidade e ao crecemento natural ou vexetativo.
Soen distinguirse 3 etapas ou períodos, nos que ditas variables presentan trazos máis
uniformes ou homoxéneos:
réxime antigo (con altas taxas de natalidade e de mortalidade)
transición demográfica (con taxas de natalidade e de mortalidade en descenso)
e réxime moderno (con baixas taxas de natalidade e de mortalidade)
Censo de Poboación

É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento


determinado, apórtanos información sobre o volume de poboación dun lugar, a
súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de
estudos, renda, etc

En España reálizase cada 10 anos (anos rematados en 1), polo que é


considerado un documento estático.
Crecemento vexetativo

Ou natural.

É a diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións nunha


poboación nun período de tempo determinado, normalmente un ano.

Diferénciase do saldo migratorio, que resulta da diferenza entre as entradas e


saídas migratorias dunha poboación nun período de tempo determinado.
Taxa de Fecundidade

Taxa que pon en relación o número de nacidos vivos nun ano determinado co número de
mulleres en idade de pter fillos, isto é, entre os 15 e os 49 anos.

Exprésase en tantos por mil.


Padrón Municipal

Relación dos habitantes dun concello onde figura como información básica o nome,
apelidos e domicilio.

Vai acompañada dunha serie de datos particulares de cada habitante: sexo, data e
lugar de nacemento, estudos, estado civil, profesión, parentesco ou relación do cabeza
de familia, e o tempo de residencia no concello.

É un documento dinámico: está sometido a unha permanente actualización.


Acuicultura

Conxunto de actividades vinculadas á cría de animais ou vexetais acuáticos (mariños


ou de auga doce). Está restrinxida a un pequeno abano de especies, en función da
súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e
limitada a espazos moi concretos.

Auga doce: troita

Salgada; rodaballo ou linguado.

Moluscos: mexillón ou ameixas.

Vexetais: algas.
Agricultura ecolóxica
Conxunto de técnicas agropecuarias que empregan procedementos sustentables, na agricultura e
gandería, e exclúen o uso de produtos químicos de síntese, caso de fertilizantes, praguicidas,
antibióticos, etc, co obxectivo de preservar o medio ambiente, manter ou aumentar a fertilidade do
solo, e proporcionar alimentos con todas as súas propiedades naturais.

Agricultura promovida polas PAC. En Galicia ten importancia o selo CRAEGA (Consello regulador
da Agricultura ecolóxica.
Denominación de orixe

Distinción que se outorga a certos produtos, xeralmente de alta calidade, para distinguir a súa
procedencia, evitando así falsificacións e invasións de mercado. Os produtores comprométense a
uns estándares mínimos de calidade.

Exemplos: Terneira galega, Pemento de Herbón, Queixo do Cebreiro, e ten especial importancia
no mundo do viño: Rias Baixas, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira sacra….
Desagrarización
Concepto que fai referencia á perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como á
perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte
debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade.

En toda España tense producido este proceso, sobre todo dende a década de 1960-70, ao
rexistrarse unha crecente tendencia á urbanización polo éxodo rural. O sector primario perde peso
en favor dunha tercialización da economía.
Explotación intensiva

Forma de explotación agraria que permite obter altos rendementos nunha superficie relativamente
reducida.

O aproveitamento do solo é continuo e permanente, para o cal emprega fertilizantes químicos,


ampla mecanización do traballo, regadío e técnicas avanzadas.

Contrasta coas técnicas extensivas cun impacto ambiental moi inferior.


Política Pesqueira Comunitaria (PPC)

Política da UE que busca un abastecemento seguro de peixe, prezos competitivos de


cara aos consumidores e un nivel de vida xusto para os traballadores.

A principal aposta de cara o futuro é conseguir unha pesca sostible ao mesmo tempo
que contribúe ao desenvolvemento económico das rexións pesqueiras.
Silvicultura
Actividade que ten por obxectivo o cultivo, conservación e aproveitamento dos montes.

A práctica mais habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á


produción de madeira, leña, ou resinas.Ten importancia xa que actúa sobre a protección e
rexeneración de espazos naturais.

As PAC e o Plan Forestal Español teñen como obxectivo unha xestión responsable e fomentar o
espazo forestal para protexer o solo e pola importancia na absorción de CO2.

*Certificación forestal: explotacións xestionadas de forma sostible.


Enerxías renovables

Son aquelas que se obteñen de recursos inesgotables: ben sexa pola inmensa
cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por
medios naturais.

Exemplos: hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, mareomotriz, a biomasa e os


biocombustibles.

Vantaxes: causan menos alteracións no medio e son autóctonas polo que


permiten o autoabastecemento.
Fondos estruturais

Instrumento da Unión Europea para reducir as diferenzas rexionais. Estas axudas


son empregadas para modernizar os procesos produtivos e os territorios das
rexións menos desfavorecidas (aquelas que se atopan por debaixo do 75% do
PIB per capita da media da UE).

Teñen como finalidade reducir as desigualdades no desenvolvemento entre os


territorios da UE, investindo na mellora das comunicacións e infraestruturas, no
paro xuvenil…
Subcontratación

Relación económica pola que o titular dun contrato cede a un terceiro a prestación
dun traballo ou actividade (subcontratista).

A tendencia do mercado actual á especialización fai que os procesos producticos


descentralícense, subcontratando a fabricación de produtos e procesos a outras
empresas.
Industrias verdes

Industrias orientadas a actividades respectuosas co medio ambiente a través de


practicas sostibles e con mínimo impacto.
Estas industrias orientase cara enerxías renovables; a reutilización, revalorización ou
reutilización de residuos; ou á aplicación das novas tecnoloxías no campo
medioambiental.
Materias primas estratéxicas

Son materias que pola súa importancia son vitais para a economía ou política dos
estados, polo que inflúen nas decisións políticas globais.

Están relacionadas co sector enerxético como petróleo, uranio, gas …Na actualidade
cobran importancia as materias relacionadas coa industria tecnolóxica: coltán,
titanio…
Parque tecnolóxico

Espazo especialmente planificado no que se concentran diferentes empresas,


centros de investigación e servizos relacionados coa alta tecnoloxía e o I+D+I.

Exemplos de empresas: microeléctrica, telecomunicacións e informática, robótica,


biotecnoloxía…
Balanza comercial

Correspondese coa diferenza entre as exportacións e importacións realizadas


por un estado nun período de tempo determinado.

Pode ser positiva se as exportacións superan as importacións, ou negativa no


caso contrario.

A balanza comercial española é deficitaria: importa máis que exporta.


Economía somerxida
Actividade económica que funciona ilegalmente, sen coñecemento nin control das autoridades
fiscais.

A economía somerxida lastra o crecemento dun estado xa que non computa non PIB, escapa
das obrigas fiscais, soe estar relacionada con actividades ilegais. Os traballadores involucrados
non teñen recoñecidos dereitos con toda a problemática que implica.
Ecoturismo

Actividade turística levada a cabo en áreas naturais, rurais ou verdes, co


obxectivo de apreciar os recursos do medio, nun proceso onde prima a
conservación da contorna (incluíndo flora, fauna e a poboación autóctona).

Tamén chamado turismo ecolóxico.


Franquía

Sistema mediante o cal unha empresa (franquiciadora) cede unha concesión, por
un tempo determinado, dos dereitos de explotación dun produto a favor doutra
(franquiciada).

Trátase da cesión dunha actividade ou marca comercial, nunha zona


determinada, a cambio do pagamento dunha cantidade previamente acordada.
Taxas aeroportuarias

Imposto ou taxas que se cobra ós pasaxeiros e ás mercadorías do transporte


aéreo polo uso das instalacións e os servizos dos aeroportos.

You might also like