Repaso Xã - Nero e Nã - Mero

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

EXERCICIOS REPASO XÉNERO E NÚMERO DO SUBSTANTIVO E ADXECTIVO

1) Pon en plural as seguintes frases

- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.

- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.

.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

.- No local social dese organismo tómase moito café.

.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial

Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.

- Aquel capitel representa unha escena celestial.

- O martes sempre vén algún rapaz.

- O corazón senil tamén pode ser pasional.

- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.

- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.

- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.

- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.

2) Coloca nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles
corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias

1. En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).


2. Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).
3. En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel).
4. Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel).
5. Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección).
6. As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel, couce,
doloroso).
7. As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil, un,
difícil).
8. ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán, libro).
9. Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal).
10. ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco)
11. Boteille ............. á comida (pouco, sal).
12. A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe, luz).
13. Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).

You might also like