Conceptos Lingua e Sociedade

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

LINGUA E SOCIEDADE

Conceptos

•Lingua materna: é aquela que o individuo aprende na infancia e na casa, denomínase tamén
lingua inicial.
•Lingua habitual: é a que o individuo utiliza habitualmente coa familia, veciños, amigos, etc.
Nunha situación normal debera coincidir coa lingua materna, aínda que non sempre ocorre.
•Lingua morta: é a que xa deixou de falarse completamente, malia que poidan existir outras
linguas "fillas" da mesma, como ocorreu co latín e as linguas romances.
•Linguas en contacto: danse cando nun mesmo territorio conviven dúas ou máis linguas.
•Interferencia lingüística: derívase da situación definida no epígrafe anterior, xa que,
convivindo dúas linguas, sempre teñen influencia unha na outra. A interferencia prodúcese pois
cando palabras, expresións, ou mesmo trazos fonéticos dunha son traspasados á outra.
•Castelanismo: é o tipo de interferencia que se dá cando no galego se introducen trazos do
castelán, xa sexan fonéticos, morfosintácticos ou semánticos. Ás veces poden darse baixo unha falsa
galeguización, como por exemplo formas como "conexo" ou "baraxa".
•Préstamo lingüístico: consiste na introdución nun idioma de vocábulos procedentes doutro.
Non se consideran interferencias ao acompañaren a un concepto que non tiña no idioma que o
recibe un nome que o designe. Ex: "Iogur", prestamo do turco que chegou á nosa ligua cando este
produto se coñeceu aquí.
Pode ocorrer que ás veces se introduzan os chamados préstamos innecesarios ou barbarismos, é
dicir, termos que proceden doutra ligua e que desprazan á propia do idioma que vai perdendo uso.
Ex: "parking" por "aparcadoiro".
•Competencia lingüística: é a capacidade que ten un falante para desenvolverse nun idioma.
Téñense en conta catro variables: escoitar, falar, escribir e ler.
•Bilingüismo: capacidade que ten unha persoa ou sociedade para empregar unha dúas linguas en
situación de igualdade, é dicir, coa mesma corrección, o mesmo nivel de competencia e en calquera
situación. Cando falamos de sociedades, o bilingüismo dificilmente é total.
•Diglosia: derívase do concepto anterior, e ten lugar cando un falante ou grupo social emprega
dúas linguas facendo unha diferenza de usos que depende da situación na que se atope ou o
interlocutor ao que se dirixa, considerando una cun estatus superior á outra. Adoita haber tamén
diferente nivel de competencia.
•Prexuízo lingüístico: ten lugar cando se asocian a un idioma unha serie de connotacións
baseadas en factores alleos a ela, ben sexan económicos, sociais, etc.Ex: considerar un idioma de
cultos, ricos, refinados...ou ben todo o contrario.
•Lingua minorizada: aquela que se atopa en desvantaxe en relación con outra que actúa como
dominante, o que fai que vaia perdendo falantes, ámbitos de uso, e mesmo trazos dos que lle eran
propios.
•Normalización lingüística: é imprescindible para as linguas miorizadas, e consiste en
devolverlles o estatus que foron perdendo e conseguir de novo o seu uso en calquera situación ou
con calquera interlocutor.

You might also like