Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

8.

AS CRISIS BAIXOMEDIEVAIS

INTRODUCIÓN.

A Idade Media é o período da historia que abarca dende a caída do Imperio Romano
de Occidente no ano 476 ata o descubrimento de América en 1492, polo tanto abrangue
dende o século V ata o século XV.

Dentro dela, podemos diferenciar tres etapas fundamentais:

● Alta Idade Media. Entre os séculos V e X. Caraterízase pola transición do mundo


antigo ao mundo feudal.

● Plena Idade Media. Entre os séculos XI e XIII. Temos nesta etapa a consolidación
do feudalismo.

● Baixa Idade Media. Séculos XIV e XV. Atopamos nesta etapa a crisis do feudalismo,
marcada por unha fonda crise en toda Europa que afectou a todos os sectores da
sociedade.

A CRISE DEMOGRÁFICA E A PESTE NEGRA.

Durante a Plena Idade Media temos unha época de prosperidade, de crecemento,


especialmente ao que se refire a poboación grazas en parte ao aumento da producción de
alimentos.

A partir de finais do século XIII, no tránsito entre a Plena e a Baixa Idade Media,
producíuse en todos os reinos europeos un forte descenso da poboación debido ao
incremento da mortalidade catastrófica provocada polas fames e as epidemias de peste. A
finais do século XIII, a poboación incrementárase por enriba dos recursos dispoñibles e as
malas condicións climáticas provocaron a subalimentación; moitos morreron de fame e
outros quedaron moi debilitados, favorecendo a propagación das enfermidades e
epidemias. Nesta situación estendeuse por Europa en 1348 a Peste Negra procedente de
Oriente, provocando unha gran catástrofe demográfica. Entrou nos territorios peninsulares
dende a illa de Mallorca, provinte dos territorios do Mediterráneo Oriental. As cifras que se
manexan entre os historiadores varian, pero podemos dicir a Península pasa duns 6 millóns
de habitantes no 1300 ata uns 4 millóns no ano 1400.

CRISE ECONÓMICA E REVOLTAS NOBILIARIAS

O descenso de poboación paralizou o crecemento económico; os cultivos


retrocederon, as rendas e fortunas nobiliarias e eclesiásticas diminuíron, os negocios e as
vendas caeron progresivamente.

1
Esta combinación entre crise demográfica e económica tivo un forte impacto sobre
os grupos nobiliarios, que viron reducidos os seus ingresos. Para manter o seu nivel de
renda, nuns casos endureceron as cargas feudais (os malos usos); noutros, trataron de
obter rendas dos mosteiros e igrexas cobrándolles por protexelos, ou pelexaron cos outros
nobres para arrebatarlles patrimonio e riquezas.

As esixencias dos nobres tamén afectaron as monarquías, sobre as que fixeron


presión para conseguir dos reis novas mercés, rendas e terras. O enfrotamento entre a
nobreza e a monarquía orixinou nalgúns momentos graves conflictos internos entre os que
destacan:

● A guerra civil castelá entre Pedro I e Henrique II de Trastamara entre os anos 1366
e 1369, no que a nobreza apoiou a Henrque ante o centralismo e autoritarismo de
Pedro.

● A guerra civil en Navarra entre os anos 1450 e 1461.

● A guerra civil catalá entre o 1462 e o 1472.

● O enfrontameno da nobreza con Henrique IV de Castela entre o 1465 e o 1468.

CRISE E REVOLTAS SOCIAIS

Nos séculos XIV e XV, o empeoramento xeral das condicións de vida e explotación
señorial crearon un forte malestar entre os grupos non privilexiados, grupos que
protagonizaron diferentes revoltas, tanto no rural como nas cidades. Podemos destacar as
seguintes:

● A revolta foránea de Mallorca (1450-1452). Debido a rivalidade entre as


oligarquías da cidade de Palma contra os concellos rurais. As protestas do
campesiñado e artesáns, dalle o conflicto un carácter social.

● O enfrotamento da Busca e a Biga en Barcelona (1450-1462). Enfrontamento


entre o sindicato da Busca (formado polos artesáns e pequenos comerciantes) e a
Biga (controlado pola oligarquía da cidade de Barcelona) que controlan goberno da
cidade. A Busca apoiada polo rei faise co poder en 1453, pero en 1462 a Biga
retoma o poder e reprime con violencia os dirixentes da Busca, iniciándose a guerra
civil e o conflicto de remensa.

● O conflicto remensa de Cataluña (1462-1486). Os remensas (campesiños cataláns


suxeitos ao pago de impostos e que non podían abandoar a terra sen pagar
previamente o señor) esixían a súa liberación, que a consiguen en 1486.

2
A REVOLTA DOS IRMANDIÑOS

As dificultades vividas durante o século XIV provocaron unha diminución das rendas
dos nobres galegos. Para compensar esta perda de ingresos, actuaron con violencia
usurpando bens, impoñendo proteccións aos mosteiros e igrexas e esixindo novas taxas e
tributos á poboación. Ao mesmo tempo, enfrentáronse entre eles e realizaron numerosas
expedicións de saqueo, refuxiándose logo nas súas fortalezas.

Os reis permitiron a formación de irmandades (asociacións de persoas, grupos ou


concellos ligadas por un xuramento de fraterrnidade e de axuda mutua) para defender os
dereitos e liberades e opoñerse aos abusos, violencias e arbitrarierdades dos poderosos
nobres e bispos. As dúas guerras ou revoltas irmandiñas foron os movementos ou conflitos
nos que os campesiños e os habitantes das cidades formaron unha irmandade coa que
pretendia eliminar a violencia dos señores e os abusos que estes estaban impoñendo.

● A Irmandade fusquenlla, chamada así porque os seus inimigos dicían dos seus
compoñentes que estaban tolos, ofuscados (fusquenllos). Orixinouse en 1431 nas
terras de Pontedeume e Betanzos ante a dureza que amosaba Nuño Freire de
Andrade o Mao, cos campesiños que vivían nos seus señoríos. Os campesiños,
capitaneados polo fidalgo coruñés Roi Xordo, formaron irmandade e asaltaron e
destruíron diversas fortalezas e castelos. As forzas de Andrade, axudadas polas do
arcebispo de Santiago, derrotaron os irmadiños da fusquenlla e restableceron a
situación anterior.

● A Gran Guerra Irmandiña (1467-1469). Cansos dos abusos nobiliarios e dos seus
enfrontamentos bélicos, gran parte da poboación galega uniuse nunha grande
irmandade contra a nobreza dos cabaleiros (Andrade, Moscoso, Lemos, Ulloa,
Soutomaior…) e o arcebispo de Santiago. Calcúlase que participaron na irmandade
uns 80.000 e formaban parte dela, tanto campesiños, o grupo principal, como
habitantes das cidades e algúns clérigos e fidalgos. Os seus principais dirixentes
eran membros da baixa nobreza, entre os que destacaron: Pedro Osorio, que actuou
na zona central de Galicia; Alonso de Lanzós, na área norte, e Diego de Lemos, no
norte de Ourense e sur de Lugo. Os irmandiños levantáronse contra os símbolos
visibles do poder e dos abusos nobiliarios, as fortalezas, destruíndo rapidamente
moitas delas (calcúlase que máis de 130).

Inicialmente, os irmandiños dominaron a situación e impuxeron as súas demandas:


eliminación dos abusos nobiliarios, defensa das terras usurpadas e reforzamento da
xustiza do rei. Pero os nobres reorganizáronse e, dirixidos por Pedro Álvarez de
Soutomaior (alcumado Pedro Madruga porque lle gustaba iniciar de madrugada as
cabalgadas), iniciaron desde Portugal unha rápida campaña militar que lles permitiu
recuperar os seus territorios e someter os campesiños en 1469.

Á derrota dos irmandiños contribuíu a superioridade dos exércitos nobiliarios, os


diferentes intereses dos grupos que se xuntaron na irmandade, a violencia dos
campesiños e os seus intentos de tranformación da sociedade. Clérigos e fidalgos,

3
que inicialmente apoiaron a revolta, temerosos de perder a súa posición na
sociedade, chegaron a un acordo cos cabaleiros, abandonando a irmandade a
cambio de que lles respectasen a vida e os bens.

A vitoria nobiliaria foi seguida dunha dura represión. Recuperado o seu poder, os
cabaleiros axustizaron moitos líderes dos irmandiños e obrigaron os campesiños a
reconstruír as súas fortalezas. As testemuñas amosan o espírito vengativo dos
triunfadores.

DEFINICIÓNS.

MESTA

Institución fundada por Afonso X o Sabio en 1273 que agrupou a gremios xa existentes de
pastores e encargouse de velar polos intereses da gandeiria ovina castelá. Se lles
outorgaron toda unha serie de privilexios como a circulación libre, a posibilidade de pastar
nas terras comunais, execións de impostos de paso, protección xurídica, etc. Foi abolida en
1836.

You might also like